O pasado 10 de outubro do ano 2020 celebrouse na Torre da
Oliva de São João da Madeira a XIX edición do Campionato de Portugal de
Rápidas, un evento reservado para os 20 damistas mellor clasificados no cómputo
xeral da temporada.
Disputáronse 5 sesións por sistema suízo con partidas de
4 xogos en apertura libre e un tempo de reflexión de 30 minutos.
O título foi parar ás mans do mestre Justino Miguel que despois de 13 anos
volve subir ao máis alto do podio. O lisboeta Nuno Vieira, gañador da proba en
4 ocasións, tivo que conformarse coa segunda praza tras ser batido polo campión
na 4ª sesión. Coa mesma puntuación que Nuno terminaron Luís Prazeres, que foi
terceiro, e José Carlos Anjos, cuarto. O Sistema de desempate Bucholz determinou
a posición final destes tres xogadores apartando a José Carlos, campión da
pasada edición, das prazas de honra.
Deseguido comentamos tres xogos disputados neste campionato:
1.10-14, 22-18;
A «Apertura Clásica» así denominada por ser unha das
favoritas dos tratadistas clásicos españois. Na moderna nomenclatura do Dr. OAL
é designada como a «Diagonal Vertente».
2.05-10, 23-20; 3.01-05 ...
As brancas seguen os canons da «Formación Pioneira» desenvolvendo
as pezas do río sen tocar as do outro flanco.
3. ... 20-16; 4.14-19, 21-17; 5.10-14, 25-21;
A continuación estándar, evitando a troca con idea de que
o branco sobresature o centro para despois tratar de inmobilizalo. Con todo, tamén
resultaría bastante interesante a hipótese 5. ...27-23; unha continuación que
xa estudamos no artigo do 27/3/2019, denominada como «Fuga de McKenrow».
6.12-15 ...
Movemento habitual, aínda que tamén se podía optar por 6.05-10
... [A «Fuga Nº 8», caracterizada polo atraso do movemento
12-15] tratada neste
blog no artigo do 11 de marzo do 2014.
6. ... 27-22;
Así queda configurada a que se coñece como «Partida
Española».
7.05-10, 30-27;
Formando a famosa «Encrucillada» na que as brancas poden
escoller varias rutas, pero en todas as negras sempre conseguen algunha
vantaxe.
8.19-23 ...
O «Gambito de García Canalejas», a continuación que Nuno
emprega con máis frecuencia.
8. ... 28x12; 9.08x15, *32-28; 10.*14-19, 27-23!;
O ataque recomendado, única que permite ás negras
conservar a superioridade.
11.10-14 ...
Un movemento que se pode alternar con 11.02-05 ... [Para
o estudo desta liña o lector pode consultar os comentarios dun xogo que
iniciado coa «Diagonal Marxinal» disputaron Nuno Vieira vs. Amadeu Neves
no 18º Campionato de Portugal celebrado en Lisboa no ano 2019 e publicado neste
blog con data 23/4/2020]. Calquera outra continuación conduce a unha derrota irremisíbel.
11. ... 23-20�;
Sá esquece a continuación correcta e no seu lugar realiza unha perdedora. O mellor sería seguir con 11. ... 29-25; como o lector pode ver no
estudo que publicamos neste blog o 24/2/2018.
12.06-10, 31-27;
Agora 12. … 29-25�; sería replicada con 13.04-08,
31-27; 14.02-05* ... [O «TED» recomenda erroneamente 14.03-06�, 18-13;
15.09x18, 22x13; 16.08-12, alcanzando unha posición na que segundo Mario Diniz
Vaz as brancas poden gañar, pero realmente son as negras as que terían a vantaxe.
Podería seguir 16. ... 27-23; 17.19-22, 26x19; 18.15x22, 21-18; 19.14x21,
25x18; 20.10-14* ... (Malo sería o avance a dama co peón da casa «22» por 20. ... 23-19; e
debido á ameaza 20-15; GN.) 20. ... 20-15; 21.11x27,
18x04; 22.12-15, 13-09; 23.27-31, 04-25; 24.06-11, 25x04; 25.15-20, 24x15;
26.31x06, EMP.] 14. ... 18-13; [Se 14. ... 27-23; 15.03-06, GB.] 15.09x18, 22x06; 16.03x10,
27-23; 17.05-09, 21-18; 18.14x30, 23x05; 19.07-12, 16x07; 20.30x03, 05-02;
21.03-16, [GB].
13.02-06, 29-25; 14.10-13, 17x10; 15.06x13 ...
Aquí as negras xa podían abandonar. Deben entregar material para evitar o bloqueo.
15. ... 21-17;
16.14x30, 17x10; 17.30x32, [GB].
1.10-14, 22-19;
A apertura «Diagonal Cruzada» teoricamente considerada
como de prognóstico lixeiramente favorábel para as brancas. Aparece publicada
por primeira vez no libro do autor clásico español Lorenzo Valls no ano 1597.
2.05-10 ...
As brancas seguen a mellor estratexia, evitando a troca
de pezas para tratar de restrinxir a mobilidade negra no seu flanco de río.
2. ... 27-22;
A réplica tradicional que adoita alternarse con 2. ...
26-22; coñecida como «variante moderna» ou «variante inglesa».
3.11-15 ...
Manobra de pinzas sobre o peón central. De novo as
brancas continúan da mellor forma posíbel aproveitando que debido ao burato da
«casa vértice» sería frouxo liberar o xogo con 3. ... 23-20; como se fai na
«variante moderna», porque se perde un peón e para poder recuperalo é necesario
deteriorar a base.
3. ... 31-27;
Tapa o burato, pero crea unha nova debilidade ao formar
un «cóbado» cos peóns de «19», «22» e «27». Esta continuación foi bastante popular
hai algúns anos, pero realmente resulta moi perigosa se é atacada coa liña que
veremos neste xogo. O mellor é seguir con 3. ... 21-18; e despois de 4.14x21, controlar
a importante casa «14» retomando con 4. ... 25x18; para traspoñer nunha
posición que tamén se pode formar desde unha «Diagonal Transversal» [1.10-14,
21-18; 2.14x21, 25x18; 3.05-10, 23-19; 4.11-15, 27-23].
4.07-11 ...
O célebre «Ataque de Hay», fortísima continuación que
trastorna enormemente o xogo negro. Foi introducida polo tratadista británico
William Hay nunha pequena guía titulada «The Game of Draughts» publicada
no ano 1838.
Menos efectiva resulta a alternativa 4.06-11 ... [O
ataque clásico presentado por Juan García Canalejas no seu libro do ano 1650] que aínda que reduce máis o
campo de acción das negras [Obrigadas a seguir con 4. ... *21-18] pode ser neutralizada sen
pasar por tantos atrancos.
4. ... 23-20;
Unha defensa que contrariamente ao que se indica no «TED»
[Abreviatura habitualmente empregada nas publicacións especializadas para denominar
o famoso «Tratado Enciclopédico» editado pola revista «Enciclopédia
Damista»] non
é perdedora. Con todo, presenta escasas posibilidades para poder sorprender e
empata de forma moi apertada.
Preferíbel sería 4. ... 21-18; unha alternativa que estudaremos no próximo artigo.
5.14x23, 28x19; 6.12-16 ...
Continuación que permite ás brancas conservar a vantaxe
sen correr demasiados riscos. Outras opcións que poderían escoller serían:
a) 6.09-13 ... [Segura
tamén, pero menos incisiva] 6. ... 27-23; [Ou se 6. ... 20-16; 7.01-05,
16x07; 8.03x12, 27-23; 9.05-09, 32-28; 10.13-17, 22-18; 11.15x22, 26x19;
12.17x26, 29x22; 13.12-16, 25-21; 14.11-15, 19x12; 15.08x15, 23-19; 16.09-13,
19x12; 17.06-11, 18x09; 18.02-05, 09x02; 19.11-15, 02x20; 20.16x32, 24-20;
21.32-14, 22-18; 22.14-23, 18-13; 23.23x25, 13x06; EMP.] 7.13-17, 21-18; 8.12-16, 19x12;
9.08x15, 18-13; 10.01-05, 13-09; 11.04-07, 25-21; 12.07-12, 32-28; 13.10-13,
22-19; 14.15x22, 26x19; 15.17x26, 29x22; 16.13-18, 22x13; 17.11-15, 20x11;
18.06x22, 24-20; [Non 18. ... 23-19�; como nun xogo Derek Oldbury
vs. Elbert Lowder do match que disputaron en Dublín no ano 1979, porque
na nosa modalidade seguiría o golpe 19.02-06, 09x02; 20.12-15, 02x20; 21.16x32,
19-15; 22.22-27, 30x23; 23.32x12, 13-09; 24.12-19, 24-20; 25.19-01, 20-15;
26.03-07, GB.] 19.22-27,
20-15; 20.12x19, 23x14; 21.27-31, 13-10; 22.31x24, 10x01; 23.24-06, 14-10;
24.06x13, 01-23; [EMP].
b) 6.04-07 ... [A máis
forte. As brancas solidifican a súa estrutura no flanco aproveitando que non
vale o contraataque 6. ... 19-14�; 7.10x19, 21-18; pois sería refutado con 8.09-13!,
18x09; 9.12-16, 27-23; 10.19x28, 32x23; 11.15-19, 22x15; 12.07-12, con vantaxe
decisiva]. Para
salvar o xogo as negras dispoñen de dúas defensas:
u 6. ... 27-23; [Mantendo a presión sobre o «cóbado« formado polos peóns brancos das
casas «7», «11» e «15»] 7.12-16, 19x12; 8.08x15 ...Con estas ramificacións:
── 8. ... 22-19�; [Perde] 9.15x22, 26x19; 10.07-12, 30-26; 11.10-14, 19x10;
12.06x13, 26-22; 13.01-05, 22-19; [Ou se 13. ... 29-26; 14.*13-17, 22-19; 15.05-10, 21-18; 16.02-06,
18-14; 17.11x18, 20-15; 18.18-22, 15x08; 19.22x29, 19-15; 20.29x12, 08-04;
21.12-08, 04-18; 22.10-13, 18-14; 23.13-18, 14x21; 24.17x26, GB.] 14.05-10, 29-26; 15.03-06, 26-22; 16.13-17, 21-18;
17.17-21, 32-28; 18.02-05, [GB]. Análise de Fred Allen.
── 8. ... 21-18�; [Perde] 9.10-14 ... [Aínda que no «TED» di que non,
tamén valería 9.15-19. Despois da troca 9. ... 23x05; 10.16x23, podería seguir
10. ... 22-19; 11.01x10, 26-22; 12.10-14, 19x10; 13.06x13, 24-20; 14.07-12,
20-16; 15.02-06, 16x07; 16.03x12, 25-21; 17.12-16, 29-25; 18.06-10, 21-17;
19.11-15, GB.] 9. ... 32-28; [Se 9. ... 25-21; 10.14-19, 23x14;
11.16x23, con vantaxe decisiva segundo o Dr. Sena Carneiro. Podería seguir 11.
... 22-19; 12.15x22, 26x19; 13.09-13, 18x09; 14.11x25, 24-20; 15.06-11, 19-15; 16.03-06,
GB.] 10.14x21, 25x18; como nunha análise de
Allen que pode seguir 11.*07-12 ... [Non 11.06-10�, como fai o citado damista británico
porque na nosa modalidade as negras poden replicar con 11. ... 18-14; 12.11x27,
20x04; 13.02-06, 04-18; 14.27-31, 26-22; 15.06-11, 18x04; 16.31x13, 04-21;
17.13-22, 30-26; 18.22-31, 21-11; 19.09-13, 11-04; 20.03-07, 04x09; 21.10-13,
09x18; 22.31x09, 26-22; 23.09x20, 24x15; 24.16-20, 28-24; 25.20-23, EMP.] 11. ... 26-21; 12.06-10, 29-25; 13.02-05, 30-27;
14.10-14, 21-17; 15.14x21, 25x18; 16.05-10, 18-13; 17.09x18, 22x06; 18.03x10,
27-22; 19.10-14, 17-13; 20.14-18, 13-10; 21.18x27, 10-06; 22.27-30, 06-02; [Ata aquí a análise pertence ao
Dr. Sena Carneiro] 23.30-17, 02-09;
24.17-03, 09-02; [Se 24.
... 09-18; 25.01-05, 18x04; 26.15-19, 23x14; 27.16x32, 14-11; 28.12-15,
04-08; 29.03-06 ... (Aquí Francisco
Henriques remata con 29.03-07, pero a textual é máis rápida) 29. ... 08x01; 30.06x15, GB. Ou
se 24. ... 09-22; 25.01-05, 22-09; (En
caso de 25. ... 22-18; segue 26.11-14, 18x07; 27.15-19, 23x14; 28.16x32,
07x16; 29.32x10, GB. Ou se 25. ... 22-31; 26.03-07, 31-09; 27.05-10,
09-22; 28.10-13, 22x09; 29.15-19, 23x14; 30.16x32, 24-20; 31.32x01, GB.) 26.05-10, 09-22; 27.03-07, 22-09;
28.10-14, 09-13; 29.15-19, 13-10; 30.12-15, 10-05; 31.07-12, 05-09; 32.12-03,
09-05; 33.14-18, 23x07; 34.16x32, 07-04; 35.32x01, 04x25; 36.03-16, 25-29;
37.01-19, GB.] 25.03-06, 02-09; 26.06-02,
09-18; [Se 26. ...
09-27; 27.15-19, 23x07; 28.16x30, GB. Ou se 26. ... 09-13; (Contra 26. ... 09-22; remataríase do mesmo xeito) 27.11-14, 20x11; 28.02x09, GB.
Ambas análises de Francisco Henriques] 27.01-05
... [Francisco
Henriques segue con 27.11-14, pero a textual abrevia dous lances] 27. ... 18x07; 28.15-19, 23x14; 29.16x32, 07x16;
30.32x10, [GB].
── 8. ... *21-17; 9.15-19 ... [Aquí tamén é
moi interesante 9.02-05, 26-21; (A mellor defensa. Se 9. ... 25-21�; perde con 10.10-14,
23-19; 11.14x23, 21-18; 12.05-10, 18-14; 13.11x27, 20x02; 14.27-31, 24-20;
15.31-13, 26-21; 16.01-05, 29-25; 17.07-12, 02-11; 18.12-15, 11-14; 19.10x19,
17x01; 20.15x24, 30-26; 21.09-13, 21-17; 22.13-18, 26-21; 23.18-22, 21-18;
24.22-27, 18-14; 25.27-31, 14-10; 26.31-09, 17-13; 27.09x27, 01-05; 28.27-09,
05-02; 29.23-27, 02-15; 30.27-30, 15x29; 31.16-20, 29-08; 32.20-23, GB. A única
alternativa posíbel sería 9. ... 23-19; 10.16x23, 19x12; 11.07x16, *24-20;
12.10-14, *26-21; 13.23-27!, 30x23; 14.14-19, 23x07; 15.03x12, 20-15; 16.12x26,
29x22; 17.06-10, *32-28; 18.16-20, 28-24; 19.20-23, 22-19; 20.23-27, 19-15;
21.27-30, 21-18; 22.30-27, 15-12; 23.27x13, 12-08; 24.13-27, 08-04; 25.09-13,
04-21; 26.27-16, 21-11; 27.05-09, 11-02; 28.13-18, 02-06; 29.09-13, 06-02;
30.16-23, 02-09; 31.23-30, 24-20; 32.30x16, 09-05; 33.10-14, 05x19; 34.16-03,
17x10; 35.03x17, 19-12; EMP.) 10.10-13, 17x10; 11.05x14, 21-18; 12.14x21, 25x18; 13.06-10, 29-25;
14.07-12 ... (Se 14.01-05, *25-21; 15.07-12, 23-19; 16.16x23, 21-17; e só se produce unha
pequena transposición interna)
14.... *23-19!!; (Non 14. ... 25-21�;
por 15.10-14, 30-27; 16.03-07, 32-28; 17.14-19, 23x14; 18.16x32, GB.) 15.16x23, 25-21; 16.01-05, 21-17;
17.03-06, 30-26; 18.23-27, 24-20; 19.15x24, 19-14; 20.10x19, 22x08; 21.27-30,
18-13; 22.09x18, 08-04; 23.30x21, 04x01; 24.21-30, 32-28; 25.24x31, 17-13;
26.18-21, 13-09; 27.21-26, 09-05; 28.06-10, 05-02; EMP. Ou se 9.07-12
... (Como recomenda Allen) 9. ... 25-21; 10.02-05, 21-18;
11.10-14, *26-21; 12.05-10,
29-25; 13.01-05, 23-19; 14.14x23, 22-19; 15.15x22, 18-13; 16.09x18, 21x07;
17.22-26, 30x21; 18.23-27, 07-04; 19.16x23, 04-08; 20.12-16, 08-22; 21.27-31,
21-18; 22.06-11, 17-13; 23.10x17, 22-29; 24.31x09, 25-21; 25.17x26, 29x28;
26.11-15, 28x01; 27.09-27, 32-28; 28.03-06, 01-14; 29.27-30, 14-04; 30.15-19,
04-08; 31.30-23, 08x26; 32.23x32, 26-30; EMP.]
9. ... 23x05; 10.16x23, 22-19; 11.01x10, 25-21; [Corrixindo o «TED» que segue coa perdedora 11. ... 24-20�; (A citada publicación tamén dá 11. ... 19-15�; 12.11x20, 24x15; con vantaxe decisiva das brancas segundo
análise de Francisco Henriques que segue con 13.06-11, pensando que é
única, pero mellor é aínda 13.10-13!, que ata gaña de modo máis doado
tras 13. ... 17x10; 14.06x13, 26-22; 15.13-18, 22x13; 16.09x18, 29-26;
17.07-11, 15x06; 18.03x10, 26-21; 19.18-22, 21-18; 20.22-27, 25-21; 21.27-31,
GB.) 12.07-12, 20-16;
13.11-15, 16x07; 14.15x22, 26x19; 15.03x12, 30-27; 16.23x30, 29-26; 17.30x21,
25x18; 18.12-16 ... (Aquí o Dr. OAL segue
con 18.09-13, 18x09; 19.06-11, 32-28; 20.11-15, 17-13; 21.10x17, 19-14;
22.15-20, 14-11; 23.20-24, 28-23; 24.24-28, 23-20; dando o final
por empatado, pero realmente seguindo con 25.12-16,
20-15; 26.28-32, 11-07; 27.17-21, 07-04; 28.21-25, 15-11; 29.25-29, 11-07;
30.32-14, 07-03; 31.29-25, 04x18; 32.25x14, 03-12; 33.16-20, GB.) 18. ... 18-14; (Se 18. ... 19-15; 19.06-11, 15x06; 20.02x11, 32-28;
21.16-20, 28-24; 22.11-15, 17-13; 23.10x17, 18-14; 24.20-23, 14-11; 25.17-21,
11-07; 26.21-25, GB. Análise do Dr. Sena Carneiro) 19.02-05, 19-15; 20.10x19, 15-12;
21.19-22 ... (Falso sería 21.19-23�, por 21. ... 12-07;
22.16-20, *07-04; 23.23-27, e así conclúe o Dr. Sena Carneiro a súa análise no
«TED» dando erroneamente o xogo por gañado.
Pero neste punto as negras dispoñen
da defensa 23. ... *32-28; 24.20-24, 04-25; 25.24x31, 17-13; 26.09x18, 25x09;
EMP.) 21. ... 12-07;
22.22-26, 07-04; 23.05-10, 32-28; 24.16-20, 04-07; 25.26-29, 07-16; 26.20-24,
16-23; 27.24x31, 23x05; 28.06-11, 05-23; 29.29-08, 23-32; 30.11-15, 32-14;
31.08-04, 14-32; 32.31-18, 32-28; 33.18-11, 28-01; 34.11-02, 01-32; 35.09-13,
17x10; 36.15-19, 32x14; 37.04x18, GB.] 12.10-13
... [Aquí non vale 12.11-14�,
polo golpe con 12. ... 21-18; 13.14x21, 32-28; 14.23x32, 29-25; 15.32x14,
25x04; GN.] 12. ... 17x10; 13.06x13, 24-20;
14.13-18, 21x14; 15.11x18, 19-14; 16.09-13, 20-16; 17.13-17, *14-11!; 18.07x14,
16-12; 19.18-21, 12-08; 20.23-27, 30x23; 21.21x30, 08-04; 22.30x20, 04x18;
23.20-23, 18-11; 24.23-01, 11-18; [EMP].
u 6. ... 20-16; 7.15-20,
24x15; 8.11x20, *27-23; [Se 8. ... 21-18�; 9.12-15, 19x12;
10.08x15, 25-21; 11.*10-13, 27-23; 12.20x27, 30x23; 13.15-20, GB. Ou se 8.
... 21-17�; 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 25-21; 11.02-05, 29-25; 12.20-24, GB.
Ambas as dúas análises de Fred Allen, esta última podería seguir con 12. ... 27-23;
13.15-20, 22-19; 14.20x27, 30x23; 15.24-28, 19-15; 16.28-31, 15-12; 17.31-28,
23-19; 18.28x14, 26-22; 19.14-11, 12-08; 20.07-12, 16x07; 21.11x04, 21-18;
22.04x21, 25x18; 23.10-13, 17x10; 24.05x21, 08-04; 25.21-25, 04-08; 26.06-10,
08-15; 27.25-29, GB.] 9.20x27, 30x23; 10.06-11 ... [Se 10.02-05, 32-28; 11.06-11,
28-24; 12.10-14, 19x10; 13.05x14, 22-18; 14.12-15, 23-20; 15.01-05, 26-22;
16.14-19, 18-14; 17.11x27, 20x04; 18.19-22, 16-12; 19.08x15, 04-08; 20.15-19,
29-26; 21.22x29, 08x31; 22.29-19, 24-20; 23.05-10, 20-16; 24.10-13, 21-18;
25.13x22, 31x18; EMP.] 10. ... 22-18; [Se agora 10. ... 32-28�; (Perde) 11.*09-13,
28-24; (Ou 11.
... 21-17; 12.11-15, 28-24; 13.15-20, 24x15; 14.13-18, 22x06; 15.02x27, GB.
Análise de Francisco Henriques) 12.*11-14, 24-20; 13.*02-06, 20-15; 14.13-18, 22x13; 15.10x17,
19x10; 16.12x28, GB. Análise de Francisco Henriques] 11.02-05 ... [Se 11.12-15,
19x12; 12.08x15, 23-19; 13.15x22, 26x19; 14.10-13, 18-14; 15.11x18, 21x14;
16.13-18, 14-10; 17.18-22, 19-15; 18.22-27, 15-12; 19.02-06, 12-08; 20.06x13,
08-04; 21.27-30, 04x14; 22.13-18, 14x21; 23.30x17, 16-12; 24.09-13, 12-08;
25.13-18, 25-21; 26.17x30, 08-04; 27.30-21, 29-26; 28.21x30, 04x25; EMP.] 11. ... 32-28; 12.10-14,
19x10; 13.05x14 ...
13. ... 28-24; [Corrixindo o «TED» que segue con 13. ... 26-22�;
14.12-15, 28-24; 15.09-13, 18x09; 16.14-19, 23x14; 17.11x27, GB. Análise de
Fred Allen] 14.12-15,
23-20; 15.01-05, 26-22; 16.14-19, 18-14; 17.11x27, 20x04; 18.19-22, 16-12;
19.08x15, 04-08; 20.15-19, 29-26; 21.22x29, 08x31; con equilibrio segundo se
indica por José Luis González Sanz no seu «Tratado Hipermoderno del Juego de
Damas». A análise podería completarse con 22.29-19, 21-18; 23.05-10, 25-21;
24.19-23, 31-22; 25.23-30, 22-19; 26.30x17, 19x05; [EMP].
6. ... 19x12; 7.16x23 ...
No 16º Campionato de Portugal de Rápidas [2017]
José Carlos
Anjos no seu enfrontamento contra o propio Nuno realizou aquí a captura
alternativa 7.08x15, que normalmente tan só supón unha lixeira transposición,
xa que tras 7. ... 21-18; 8.16x23, 27x20; 9.10-14, 32-28; 10.14x21, 25x18; o
xogo acabou entroncando.
7. ... 27x20; 8.08x15, 32-28;
Con este lance Nuno aparta momentaneamente do publicado
nos libros que seguen con 8. ... 21-18; ofrecendo as
seguintes variantes:
a) 9.10-14, 25-21; [Mellor é 9. ... 32-28;
entroncando na liña do xogo principal] 10.14-19, 32-28; con estas opcións:
u 11.06-10, 21-17; 12.10-14
... [Se 12.03-07, traspón na liña da opción con 11.03-07, que
segue con 12. ... 18-14; para empate] 12. ... 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.03-07, 30-27; [Preferíbel
a 14. ... 18-14; 15.11x27, 30x14; 16.15-19, 14-10; (Ou 16. ... 20-15; 17.01-05, 24-20;
18.02-06, 28-24; 19.19-23, 15-11; 20.06x15, 20x11; análise do Dr. Sena Carneiro
que podería seguir 21.23-28, 11-06; 22.28-32, 14-11; 23.07x14, 06-02; 24.05-10,
26-22; 25.09-13, 02-09; 26.14-18, 24-20; 27.18x27, 09x31; EMP.) 17.07-12,
10-06; 18.02x11, 20-15; 19.11x20, 24x08; 20.01-05, como nunha análise de
William Hay que na nosa modalidade debe seguir con 20. ... *28-24; 21.19-23,
24-20; 22.23-27, 20-15; 23.27-30, 15-12; 24.30x21, 12-07; 25.04x11, 08-04;
26.21-14, 04-07; 27.05-10, 07-04; 28.09-13, 04-07; 29.13-18, 07-03; 30.10-13,
17x10; 31.14x05, 03-13; 32.18-21, 13-18; EMP.] 15.01-05, 17-13; 16.11-14 ... [Aquí
John Drummond segue con 16.07-12, 20-16; 17.04-07, 27-23; dando o xogo por
empatado. Segundo Francisco Henriques podería seguir 18.11-14, 18x04; 19.09x27,
16x07; 20.27-31, 23x14; 21.15-20, 24x15; 22.31x30, EMP.] 16. ... 18x11; 17.09x18, 22x13;
18.07x14, 20x11; 19.05-09 ... [Análise de John Bertie] 19. ... 13-10; 20.19-22,
27x18; 21.14x30, 10-06; [EMP]. Análise complementaria de Francisco Henriques.
u 11.01-05 ... [Só
proporciona xogo igualado, aínda que no «TED» está erroneamente considerada
como posíbel gañadora] 11. ... 21-17; 12.03-07 ... [Ou 12.06-10, 18-13!; 13.09x27,
30x07; 14.04x11, 17-13; 15.10x17, 28-23; 16.05-10, 23-19; 17.15x22, 26x19;
18.17-21, 20-16; 19.11-14, 19-15; 20.14-19, 15-12; 21.19-22, 12-07; 22.03x12,
16x07; 23.10-14, 07-04; 24.14-18, 04-08; 25.21-26, 08-04; 26.26-30, 04x25; EMP.] e agora se:
── 12. ... 30-27�; [Perde. Esta é a única
continuación que nesta altura dá o «TED»] 13.05-10, 18-13; 14.09x18, 22x13;
15.07-12, 20-16; 16.*19-22, 27x18; [Se 16. ... 26x19;
17.15x31, 16x07; 18.31x09, 07-03; 19.11-15, 03-12; (Ou se 19. ... 17-13; 20.10x17,
03x10; 21.09-27, 29-26; 22.27-30, 10-03; 23.30x21, 03-12; 24.15-19, 12x29;
25.21-14, GB.) 20.15-20, 24x15; 21.04-07, 12x03; 22.06-11, 15x06;
23.02x11, 03x13; 24.09x24, GB. Ou se 16. ... 16x07; 17.22x31, 07-03;
18.31x09, 28-23; 19.09-18, 03-07; 20.11-14, 07-03; 21.18-31, 03-16; 22.04-07,
16x03; 23.06-11, 03x13; 24.31x09, 23-20; 25.14-19, 20-16; 26.19-23, 16-12;
27.23-28, 12-07; 28.28-32, 26-21; 29.02-06, 29-25; 30.32-19, GB.] 17.10-14, 16x07; 18.14x30,
con vantaxe decisiva segundo William Hay. Podería seguir 18. ... 29-26; [Se
18. ... 07-03; 19.30-16, 03x10; 20.15-19, 10x23; 21.16x09, GB.] 19.30x21, 13-10; 20.06x13,
17x10; 21.21-14, 10-06; 22.14x32, 06-03; 23.*32-23!, 03-13; 24.*02-06, 13x03;
25.23-16, 03-17; 26.16x03, 17-30; 27.03-16, 30-17; 28.11-14, 17-30; 29.14-18,
30-17; 30.18-22, 17-10; 31.22-26, 10-32; 32.26-29, 32-10; 33.29-26, 10-14; 34.04-08,
14-28; 35.26-21, 28-31; 36.21-04, [GB].
── 12. ... 17-13!; [Igualando con comodidade] 13.11-14 ... [Non vale o ataque 13.05-10�, debido á réplica 13. ... *18-14;
14.11x27 ... (Se 14.09x27, 14x05; 15.02x09,
30x14; 16.11x18, 20x02; 17.09-13, 02-09; GN.) 14. ... 30x05; 15.09x18, 20x11; 16.07x14, 05-01;
17.06-10, 28-23; 18.10-13, 01x19; 19.18-22, 29-25; 20.22x29, 19-08; 21.13-17,
23-19; 22.29x15, 08x19; GN.] 13. ... 18x11;
14.09x27, 30x14; 15.06-10, 26-22; 16.10x26, 29x22; 17.07x14, 20x11; 18.05-09,
24-20; 19.14-18, 22x13; 20.09x18, 20-15; 21.18-22, 15-12; 22.22-26, 12-07;
23.26-29, 28-23; 24.02-06, 11x02; 25.04x11, 02x24; [EMP].
u 11.03-07, 21-17; 12.06-10,
18-14; [A recomendación de William Hay] 13.11x27, 30x05; 14.01x10, 20x11; 15.07x14,
28-23; 16.14-18, 29-25; 17.09-13, 24-20; 18.18-22, 26x19; 19.13-18, 19-15;
20.18-22, 20-16; 21.22-27, 23-20; 22.27-31 ... [Ou se 22.27-30,
15-12; 23.30-23, 20-15; 24.23-20, 12-07; 25.04x11, 15x06; 26.02x11, 16-12;
27.20-16, 12-08; 28.11-15, 08-04; 29.16-23, 04-11; 30.23-20, 17-13; 31.10x17,
11-14; EMP.]
22. ... 16-12; 23.31-24, 12-08; 24.10-14, 25-21; 25.14-19, 21-18; 26.19-23,
18-14; 27.23-27, 17-13; 28.24-28, 15-11; 29.28x17, 11-07; 30.04x11, 08-04;
[EMP].
b) 9.10-13, 25-21; 10.13-17, 22-19;
11.15x22, 26x19; 12.17x26, 29x22; 13.01-05, 20-15; [Lance que
iguala o xogo. Frouxa é 13. ... 19-14; continuación de William Hay que na nosa
modalidade pode ser fortemente contestada con 14.04-07, 20-16; 15.11-15, 32-28;
16.06-10, 22-19; 17.15x22, 24-20; 18.10x19, 20-15; 19.07-11, 15x06; 20.02x11,
16-12; 21.11-15, 12-08; 22.15-20, 08-04; 23.20-23, 18-14; 24.23x32, 14-10;
25.05x14, 04x27; 26.32-28, 27-18; 27.03-06, 18-21; 28.06-10, 30-27; 29.28-31,
21-25; 30.31x13, 25-14; EMP.] 14.11x20, 24x15; 15.05-10, 15-12; 16.06-11,
32-28; 17.11-15, 28-23; 18.10-13, 19-14; 19.15-19, 22x15; 20.13x22, 23-20;
21.09-13, 14-11; 22.13-17, 11-07; 23.04x11, 15x06; 24.02x11, 12-08; 25.22-26,
30x21; 26.17x26, 08-04; [EMP].
c) 9.01-05, 32-28; 10.10-14, 25-21; [Agora
preferíbel a 10. ... 28-23; 11.14x21, 25x18; que conflúe na liña do desvío do
xogo principal con 11.01-05] 11.14-19, 29-25; 12.06-10, 18-13; 13.09x27, 30x07;
14.04x11, 26-22; 15.10-13, 28-23; 16.13-17, 21-18; 17.17-21, 23-19; 18.21-26,
19x12; 19.26-29, 12-07; 20.03x12, 20-16; 21.29x19, 16x07; 22.19-08, 07-04;
23.11-15, 04-14; 24.02-06, 14x01; 25.06-10, 01x12; 26.08x09, 25-21; [EMP].
9.10-14, 21-18;
Con este lance volve canalizar o xogo para unha das variantes
teóricas. Nótese que aquí non valía 9. ... 28-23�; polo golpe con 10.*15-19,
22x15; 11.14-18, 21x07; 12.03x28, [GB].
10.14x21, 25x18; 11.06-10 ...
Justino decídese por unha liña secundaria, mal analizada
no «TED», coa que vai conseguir sorprender ao seu rival. A principal
continuación aquí é 11.01-05, 28-23; [Ou 11. ... 22-19; 12.15x22,
26x19; 13.05-10, *20-15; 14.11x20, 24x15; 15.10-13 ... (Neste punto Francisco Henriques
indica que a «xudía» con 15.09-13, 18x09; 16.02-05, 09x02; 17.03-07, 02x11;
18.07x32, simplifica a posición e só dá para EMP.) 15. ...
18-14; 16.13-18, 28-24; 17.09-13 ... (Se 17.18-22, 15-11; 18.06x15, 19x12; 19.09-13, 14-11;
20.13-18, 11-07; 21.04x11, 12-08; 22.18-21, 08-04; 23.03-07, 24-20; 24.22-26,
29x22; 25.21-25, 20-15; 26.11x20, 04x24; 27.25-29, 30-26; 28.29-25, 22-19;
29.25-07, 24-28; 30.02-06, 19-15; 31.07-03, 28-14; 32.06-11, 14x04; 33.03-10,
EMP.) 17. ... 15-12; 18.18-22, 19-15; 19.13-18, 14-11; 20.18-21
... (Ou se 20.22-27,
30x23; 21.18-22, 23-20; 22.22-27, 11-07; 23.04x11, 12-08; 24.27-31, 08-04;
25.03-07, 15-12; 26.07x23, 04x32; EMP. Análise de Francisco Henriques) 20. ...
11-07; 21.04x20, 24x15; 22.22-26 ... (Non hai forma de desequilibrar o final. Se 22.21-26,
30x21; 23.22-27, 12-08; 24.27-30, 29-26; EMP. Análise de Francisco Henriques) 26.
... 29x22; 23.21-25, 22-19; 24.25-29, 12-07; 25.03x12, 15x08; 26.29x15, 08-04;
EMP. Análise de Francisco Henriques] 12.05-10, 20-16; con estas variantes:
a) 13.15-20, 24x15; 14.11x27, 30x23;
15.06-11, 16-12; 16.10-14, 26-21; 17.04-08, 12-07; 18.03x12, 22-19; 19.11-15,
19x10; 20.12-16, 10-05; 21.15-20, 23-19; 22.20-23, 05-01; 23.23-27, 19-15;
24.27-30, 15-11; 25.30x17, 11-07; 26.17-13, 18-14; 27.13-03, 07-04; 28.02-05,
01x10; 29.03x13, 04-11; [EMP]. Como nun xogo que [Coa transposición
indicada ao sétimo lance] disputaron José Carlos Anjos vs. Nuno Vieira no 16º
Campionato de Portugal celebrado en Canelas-Gaia no ano 2017
b) 13.10-14, 29-25; 14.14x21, 25x18;
15.11-14, 18x11; 16.03-07, 16-12; 17.07x14, 26-21; [Se 17. ... 12-08�;
(Perde) 18.09-13,
23-20; e aínda que nesta altura foi acordado o empate no 4º xogo do
enfrontamento Herminio Medalha da
Silva vs. Vitor Sequeira do 21º Campionato de Portugal celebrado
en Setúbal no ano 2001, as negras non teñen defensa. Podería
seguir 19.14-18,
20x11; 20.06x15, 30-27; 21.02-06, GB. Bloqueo] 18.06-10, 21-17; 19.04-07,
12x03; 20.02-05, 03x13; 21.09x27, 17-13; 22.27-31, 13-10; 23.05-09, 10-05;
24.14-18, 05-01; 25.18-21, 23-20; 26.31-18, 20x11; 27.18x07, [EMP].
11. ... 28-23;
No «Tratado Enciclopédico» xoga primeiro 11. ... 20-16; e segue con:
a) 12.10-14, 29-25; 13.14x21, 25x18;
14.02-06, 28-23; 15.01-05, alcanzando a mesma posición que no noso xogo.
b) 12.10-13 ... [Frouxa] 12. ... 28-23; 13.02-06,
23-20; 14.06-10, 16-12; con vantaxe negra segundo análise de Francisco
Henriques que podería seguir 15.01-05, 20-16; 16.03-06, 12-08; 17.15-20, 24x15;
18.11x20, 16-12; 19.20-23, 12-07; 20.04x11, 08-04; 21.23-27, 04x14; 22.10x19,
30x14; 23.06-10, 14-11; 24.10-14, 26-21; 25.14-19, 22x15; 26.13x22, 11-06;
27.22-27, 21-18; 28.27-30, 06-03; 29.30-21, 18-13; 30.09x18, 03-17; 31.21-25,
17-21; 32.18-22, 21-04; 33.25-21!! ... [O sacrificio de dama que salva o
xogo] 33. ...
04x25; 34.22-27, 25-14; 35.05-09, 15-12; 36.27-31, 12-07; 37.09-13, 14-05;
38.13-18, 07-04; 39.18-22, 04-21; 40.31-24, 21-30; 41.24-15, 05-28; 42.15-11,
30-23; 43.11-18, 23-30; 44.18-11, [EMP].
12.10-14, 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.01-05, 20-16;
15.02-06 ...
Nesta altura entróncase de novo na liña seguida no citado
tratado.
15. ... 16-12; 16.05-10, 23-19�;
Nuno seguramente coñecía a liña teórica e comete aquí o
mesmo erro que no «Tratado Enciclopédico». As negras agora están perdidas
irremisibelmente. Correcto era 16. ... 23-20; 17.10-14, 26-21; 18.06-10 ... [Ou 18.14-19,
18-14; 19.11x25, 20x02; 20.19x26, 30x21; 21.25-29, 12-08; 22.29-19, 02-20; (Non 22. ... 21-17�; por 23.19-01,
GB. Para non perder a dama, as negras están obrigadas a entregar o peón «17» e
perden por inconsistencia) 23.09-13, 20-27; 24.13-17, 27-30; 25.17x26,
30x21; EMP.] 18.
... 20-16; 19.14-19, 30-26; 20.19-23, 12-07; 21.03x12, 16x07; 22.23-28, 07-03; 23.28-31,
03x17; 24.11-14, 18x11; 25.31x07, 17-06; 26.07x25, 06x20; 27.25-14, 26-21;
28.14x25, 20-23; [EMP].
17.*10-14!! ...
O inesperado lance que dita a derrota das negras e
demostra a excelente preparación do novo campión. A análise da mencionada obra
portuguesa, nesta ocasión pertencente a Francisco Henriques, segue coa
intuitiva 17.15-20� ... [Desaproveitando a vantaxe] 17. ... 24x15; 18.11x20, 18-13;
19.09x27, 30x16; [EMP].
17. ... 19x10; 18.06x13, 26-21;
Agora se:
a) 18. ... 12-08; 19.03-06, 26-21; [Se
19. ... 30-27; o máis sinxelo é seguir con 20.06-10, 27-23; 21.10-14, 26-21;
22.13-17, GB.] 20.*13-17, 30-26; 21.06-10, [GB].
b) 18. ... 30-27; 19.15-19, 22x06;
20.13x29, 12-07; [Ou 20. ... 06-02; 21.29x08, 02-05; 22.09-13, 05-14;
23.13-17, 24-20; 24.08-12, 14-25; 25.12-16, 27-23; 26.16-07, 25-29; 27.07-14,
29-19; 28.14-01, 20-15; 29.17-21, 15-11; 30.21-25, GB.] 21.03x10, 07-03; 22.10-14, 03-06;
23.14-18, 06-17; 24.29-12, 17-30; 25.12-22, 27-23; 26.22-12, 24-20; 27.12-03,
20-15; 28.04-07, 15-11; 29.07x14, 23-20; 30.14-19, 20-15; 31.03-07, 30-26;
32.07-04, 26-17; 33.19-22, 17-13; 34.04-07, 13-03; 35.07-14, 03-13; 36.14-19,
15-11; 37.19-14, 11-06; 38.14-10, [GB].
19.13-17, 12-08; 20.17x26, 30x21; 21.03-07 ...
Tamén valía 21.03-06, pero a textual ata é máis rápida.
21. ... 22-19;
Se 21. ... 21-17; 22.11-14, 18x11; 23.07x14, [GB].
22.15x22, 21-17; 23.22-27 ...
Aquí era máis sinxelo rematar con 23.11-14, 18x11;
24.07x14, 24-20; 25.22-26, 20-15; 26.26-29, 15-11; 27.04-07, 11x04; 28.29-25,
04x18; 29.25x04, 17-13; 30.09x18, [GB].
23. ... 17-13; 24.27-31, 18-14; 25.11x18, 13-10;
26.18-21, 10-06; 27.31-27, 06-02; 28.21-25, 02-06; 29.25-29, 06-17; 30.27-23,
17-30; 31.23-10, 30-17; 32.10-03, 17-30; 33.29-26, [GB].
Despois de tres empates nos tres primeiros xogos, esta vitoria decidiu o enfrontamento particular e resultou decisiva na consecución do título.
1.12-15, 23-19;
Apertura «Paralela Ortodoxa» que ofrece posibilidades
equivalentes para ambos lados.
2.08-12 ...
A continuación principal, evitando a troca para non
enfraquecer o flanco.
2. ... 28-23;
3.09-13 ...
A liña favorita se as brancas tentan crear complicacións.
A teoría recomenda 3.10-13, lance considerado como máis seguro. Outras posibilidades serían 3.11-14, ou 3.10-14, que tras 3. ... 19x10; 4.05x14, entronca nunha liña da variante do cambio que se forma máis habitualmente con 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 28-23; 4.08-12.
3. ... 21-17;
Con idea de bloquear o flanco, seguindo un plan similar
ao que as brancas empregan na «Partida Heroica».
4.11-14 ...
Movemento habitual, aínda que tamén se podía optar por 4.05-09,
que despois de 4. ... 26-21!; 5.11-14, entronca na liña do noso xogo.
Posíbel tamén era a alternativa 4.13-18, coñecida
como «Gambito Doctor Acelerado», unha interesante continuación que o lector
pode estudar no noso artigo do 13/7/2015.
4. ... 26-21;
Aceptando ás complicacións. Pero se as negras preferisen
xogar de modo máis tranquilo, no «Master Play» recomenda seguir con 4. ...
23-20; a denominada «variante inglesa» que tamén desenvolvemos no artigo
mencionado na nota anterior.
Frouxa sería 4. ... 32-28; que despois de 5.05-09,
26-21; pode ser ben contestada con 6.13-18, 22x13; 7.09x18, 30-26; 8.15x22,
26x19; 9.18-22, 27x11; 10.06x22, con gran vantaxe branca, aínda que finalmente
as negras quizais poidan acabar salvando o xogo. Podería seguir 10. ... 23-19;
11.03-06, 28-23; 12.07-11, 21-18; 13.01-05, 25-21; 14.12-16, 18-13; 15.22-27,
31x22; 16.05-09, 22-18; 17.11-14, 18x11; 18.06x22, 13x06; 19.02x11, 21-18;
20.22-27, 29-26; 21.11-14, 18x11; 22.27-30, 11-07; 23.30x20, 24x15; 24.04x20,
26-22; 25.20-23, 22-19; 26.23-28, 19-15; 27.28-32, 15-11; 28.32-01, 11-06;
29.16-20, 06-02; 30.20-24, 02-06; 31.24-28, 06-02; 32.28-31, 02-24; 33.01-14,
24-15; [EMP].
5.14-18 ...
Para a menos ambiciosa continuación 5.05-09, o lector
pode consultar o artigo antes referido do 13/7/2015.
5. ... 21x14; 6.06-11
...
Unha continuación empregada con grande éxito polo Dr. Vaz
Vieira e que constitúe a principal alternativa ao «Gambito Doctor» que, como
saben os nosos lectores, quedaría configurado tras 6.13-18.
6. ... 30-26;
7.11x18, 32-28; 8.02-06, 23-20;
Aquí Justino aparta da liña seguida nun xogo do propio Luís
Sá vs. Vladimir Skrabov disputado no Torneo Internacional da Copa do
Mundo que se celebrou en Setúbal no ano 2016 o cal seguiu con 8. ... 19-14; e
foi amplamente comentado no artigo deste blog publicado o 5/10/2016.
9.06-11, 28-23;
10.05-09 ...
Non
vale 10.10-14�, por 10. ... *17x10; [A captura adecuada. Se 10. ... 19x10�; 11.05x14,
17x10; 12.12-16, 22x13; 13.14-19, 23x14; 14.16x30, GB.] 11.05-09, 22x13; 12.09x18, 25-21; 13.18x25, 20-16;
14.15x22, 27x18; 15.14x30, 31-28; 16.30x20, 24x06; [GN].
10. ... 26-21;
11.01-05 ...
Lance de empate introducido por Américo da Resurreiçao
corrixindo a liña orixinal de Vaz Vieira que seguía con 11.04-08�, 21x05; 12.01x10, 25-21; 13.12-16, 19x12; 14.08x15,
21-18; 15.03-06, 29-25; 16.15-19, 23x05; 17.16x30, 17x03; [GN].
11. ... 21x14;
12.11x18, 20x11; 13.07x14, 24-20;
Aquí resulta moi interesante a hipótese 13. ... 29-26;
que durante unha proba internacional lle foi mostrada a Sérgio Bonifácio por
Víctor Oliveira e Tiago Manuel e casualmente puido aplicala no seguinte día de
competición. Ese xogo seguiu con 14.04-08, 31-28; 15.12-15� ... [Correcto
sería 15.*12-16, que podía replicarse con 15. ... 24-20; entroncando na
liña de Américo da Resurreiçao que veremos nas notas do 15º lance branco, ou
con 15. ... 19-15; 16.03-06, 26-21; 17.14-19, 21x14; 18.19x26, 27-22;
19.10x19, 17x03; 20.26-29, 23x14; 21.29x12, 28-23; 22.12-22, 14-11; 23.22-18,
11-06; 24.18-14, 06-02; 25.14x32, 03-17; (Se 25. ... 02-15; 26.16-20, 15-22; 27.20-23,
03-16; 28.23-28, 22-31; 29.09-13, 31x02; 30.28-31, EMP.) 26.05-10!!,
17x03; 27.08-12, 24-20; 28.16x23, 03x27; EMP.] 15. ... 19x12; 16.08x15, 26-21;
17.14-19, 21x14; 18.19x26, 27-22; 19.10x19, 17x01; 20.15-20, 23x16; 21.26-29,
22x15; 22.29x08, 01-10; [GN]. Como no duelo Miloud Smine vs. Sérgio
Bonifácio do «IV Torneo Internacional da Federación Portuguesa de Damas»
celebrado en Loures no ano 2010 e publicado no semanario «Cidade de Tomar» Nº
3923.
14.*12-16, 29-26;
15.03-07 ...
A análise de Américo da Resurreiçao segue con 15.04-08,
31-28; 16.03-06, 28-24; 17.06-11, 26-21; 18.08-12, 20-15; 19.11x20, 24x08; 20.16-20,
23x16; 21.14x30, 21x14; 22.10x26, 17x01; 23.26-29, 08-04; 24.29-08, [EMP].
15. ... 31-28;
16.07-11, 26-21;
Impedindo o corte co peón «18». Se 16. ... 19-15;
17.18-21, 15x06; 18.21x30, 06-02; 19.14-19, 22x15; 20.30-26, 15-11; 21.10-14, 17x01;
22.26-29, 01x19; 23.29x07 ... [Comendo 5 pezas] 23. ... 02-05; 24.07-11,
25-21; 25.11x25, 23-20; 26.16x23, 05x28; [EMP].
17.04-08� ...
Un erro que deixa ás brancas sen defensa. Aquí era
obrigado 17.*04-07, 28-24; [Se 17. ... 19-15; segue 18.*14-19,
15x06; 19.19x26, 21x14; 20.10x19, 17x01; 21.26-30, 23x14; 22.30x03, 28-24;
23.16x23, 01x32; EMP.] 18.*07-12, entroncando na liña do propio xogo pero sen pasar pola posición
perdedora que as negras non van aproveitar.
17. ... 28-24�;
Justino, que vencía por 1-0, desperdicia a ocasión de
gañar por segunda vez e garantir xa o titulo aínda que perdese os dous xogos
restantes.
Neste punto resultaba decisivo o ataque 17. ... *19-15; pois
se 18.14-19, 21x07; 19.19x26, as negras podían replicar con 19. ... *27-22!; e
agora se:
a) 20.26-29, *23-19!!; 21.16x32,
07-03; 22.32x14, 03-16; 23.29x12, 16x21; 24.08-12, 21-11; 25.12-16 ... [Ou
se 25.13-18, 11x21; 26.12-15, 21-26; 27.15-20, 26-19; 28.09-13, 25-21;
29.05-09, 19x05; 30.20-24, 17x10; 31.24-28, 10-06; 32.28-31, 06-03; 33.31-24,
05-28; 34.24x31, 21-18; 35.31x13, 03x17; GN.] 25. ... 11-06; 26.16-20, 06x24;
27.13-18, 24-15; 28.10-14, 15-29; 29.05-10, 29-26; 30.09-13, 26-08; [GN].
b) 20.26-30, 15-11; 21.08-12 ... [Se
21.30-26, 23-19; 22.16x32, 07-04; 23.32x07, 04x30; GN.] 21. ... 07-04; 22.12-15 ... [De novo se 22.30-26,
segue 22. ... 23-19; 23.16x32, 11-06; 24.32x14, 04x30; GN.] 22. ... 11-06; 23.15x31,
06-02; 24.31x18, 04x21; 25.30x20, 02x24; [GN].
18.08-12, 20-15;
19.11x20, 24x08; 20.16-20, 23x16; 21.14x30, 21x14; 22.10x26, 17x01; 23.26-29,
08-04; [EMP].
Nada hai xa que facer. As brancas seguirían con 24.09-13,
e se 24. ... 04-08; 25.30-20, 01-19; 26.29x15, 08x09; 27.20-23, o empate
resulta evidente.