venres, 30 de marzo de 2012

Lembrando a Joaquim Bravo



Joaquim Bravo 
[Foto de: ???]


Joaquim Dias Pinto Bravo naceu no Porto [Portugal] o 16 de outubro do ano 1933. Fillo dun policía, aprendeu os rudimentos das damas vendo como xogaban os compañeiros do seu pai, mentres —á espera de ter que prestar algún servizo— facían as gardas no cuartel. Mais nos seus anos de xuventude prefería mellor outro tipo de entretementos como son o billar ou o dominó. Posuía unha gran habilidade para xogar aos naipes e tamén ten pasado moitas noites entre os fumes do tabaco a carón do verde tapete. Só de forma esporádica, cando esgotaba os cartos refuxiábase no xogo das damas para intentar divertirse.

A súa gran paixón polo danza, gañando innumerábels concursos, levouno a montar unha escola de baile de salón da que saíron algunhas das figuras máis famosas do folclore portugués. Debido a un enfisema pulmonar empezou a notar problemas respiratorios e esta actividade que tanto lle gustaba non semellaba xa ser a máis apropiada. Por sorte arranxou un emprego na compañía eléctrica portuguesa [EDP], na que traballou ata que alcanzou o retiro.

Comezou a tomar o xogo de damas máis en serio cando un amigo lle deixou o libro italiano de Avigliano, a «Enciclopedia de Kear» e o «Master Play» de Francis Teschleit debidamente transcritos á notación de damas clásicas. Tamén pasou noites enteiras estudando a «Enciclopedia Damista» e xogou centos de partidas de adestramento no antigo “Café Palladium”.

Xa recoñecido como un teórico de renome pasou a frecuentar o “Sport“, onde nas tardes dos sábados se reunía con Sena Carneiro y alí perfeccionaron multitude de liñas e cociñaron outras novas que posteriormente o doutor publicaba na súa prestixiosa revista. 

No seu palmarés figuran infinidade de premios en todo tipo de competicións. Foi un puntal importante nos dous matches que se celebraron entre os equipos de Porto e Almada, destacando as súas vitorias sobre Artur Gomes e Veríssimo Dias; gañou un dos Torneos Nacionais da INATEL;  adxudicouse a “2ª Copa da Enciclopedia Damista”, un triangular disputado en Coimbra no que tamén participaron o enxeñeiro Veríssimo e o Dr. Vaz Vieira, derrotando a este último por un rotundo 2-0. Tamén quedou campión nos Distritais dos anos 1992, 1993 e no de 1995.

A súa maior fazaña foi a consecución do 2º Campionato Oficioso de Portugal nun torneo disputado en Almada no ano 1977. Nun total de 7 partidas de 4 xogos cada unha, venceu en 4, empatando nas outras 3 e terminando invito. Empatou 0-0 con Adelino Ribeiro, Santos Deodato e Veríssimo; derrotou a Vaz Vieira por 2-0 e a José Moreira, Medalha e Artur Gomes por 1-0.


Medalha vs. Bravo no 2º Campionato oficioso de Portugal [Almada, 1977]
[Foto da Enciclopedia Damista]


Despois da creación da Federación Portuguesa participou noutros 3 campionatos nacionais:

No ano 1983 no 3º CNI celebrado nas localidades de Almada, Río Tinto e Coimbra alcanzou o 3º lugar a medio punto do Dr. Vaz Vieira e empatado con Medalha que foi segundo. Participaron 6 damistas máis cos que firmou os seguintes resultados: Empate 0-0 con Vaz Vieira, Medalha e Silva Pereira; vitorias sobre Viegas Nunes e Jorge Ferreira por 2-0 e sobre Orlando Fonseca por 2-1.

No ano 1984 no 4º CNI disputado en Almada, Río Tinto, Odivelas e Algés consegue o 2º posto. Empatou 1-1 con Jorge Gomes Fernandes e 0-0 con Medalha e Lino Tralhao; derrotou por 2-0 a Silva Pereira, e por 1-0 a Perfeito Aguiar e a Vaz Vieira. E na última rolda, bastándolle o empate para ser campión, perde por 0-1 co enxeñeiro Veríssimo.

Problemas de saúde impídenlle xogar en novos campionatos, pero aínda uns anos máis tarde conseguiu participar no 18º CNI celebrado no Porto. Aquí quedou en 4º lugar pero acabando o torneo sen perder ningún xogo. Empatou 0-0 con Veríssimo, Medalha, Víctor Oliveira, Silva Pereira e Manuel Custodio. Derrotou por 2-0 a Jorge Moreira e por 1-0 a Osorio Santos, Joaquim Silva e José Almeida.

Bravo foi un dos máis grandes xogadores de todos os tempos e ten un «score» favorable contra todos os seus principais rivais. Despois de que quedou viúvo, marchou a vivir coas súas fillas en Francia onde morreu o 18 de xaneiro do ano 2009.

Para relembrar como xogaba, deseguido comentamos un dos seus míticos xogos.



1.11-15 …

A «Oblicua», unha saída que non concorda con dous dos principios básicos recomendados, pois faise en dirección lateral e cun dos peóns do flanco máis débil.

1. ... 23-20;

O sorteo deparou a réplica «Incidente», unha das  máis acertadas. Agora as brancas están practicamente obrigadas a desfacer o «pequeno triángulo» ao ter que mover a que Teschleit denominou como «peza punta», o estratéxico peón situado no cadro «6» que xunto cos de «2» e «3» debuxan a estrutura desa importante figura defensiva.

A continuación «Transversal» 1. ... 21-18, xogando cara ao centro, tamén concede unha pequena vantaxe ás negras.

Mentres que a «Ortodoxa» 1. ... 23-19, comunmente aceptada como boa, non debe ser tan forte xa que se pode contestar con 2.10-14, 19x10; 3.05x14 e agora tanto: 3. ... 28-23; 4.15-19, 22x15; 5.12x28, 32x23; 6.01-05, como 3. ... 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.07-11,28-23; 6.01-05 [traspoñendo á liña máis común da "Partida Anderson" coas cores revertidas] non semellan ser demasiado perigosas para ás brancas

2.06-11 ...

Algunhas veces tense xogado 2.15-19, pero este cambio só provoca máis debilidades. O mellor é tapar o burato como fai Perfeito con 2.06-11, aínda que 2.07-11 [unha formación que tamén pode ser atinxida desde a «Partida Paralela» con: 1.12-15, 23-20; 2.07-12] non sería unha alternativa tan desatinada.

2. ... 20-16;


Mantendo intacta a armazón principal do seu corpo, presionando no flanco debilitado do rival e impedindo unha posible reacción con 12-16.

3.02-06 ...

A pesar de que debilita a base este é o lance máis seguro e o que habitualmente se xoga con máis frecuencia.

A alternativa é 3.10-14 ... [Unha liña introducida a finais do século XIX polo inglés J. Bell, que a xogaba regularmente aínda que, curiosamente, case sempre con resultados desastrosos. A súa popularidade chegoulle cando foi adoptada polos mestres escoceses como Wyllie, Ferrie e outros]. Xeralmente é respondida con:

3. ... 22-18; 4.03-06  pasando a unha «Partida Clásica». Pero tamén se pode xogar 4.02-06 e tras 4. ... 28-23; 5.15-20, 24x15; 6.12x28, 32x23 entroncamos na variante 6. ... 22-18 do xogo principal.

3. ... 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.05-10, 27-23; [Se 5. ... 28-23 entronca na variante «a» da liña con 3. ... 28-23] 6.10-14, 23-19; 7.14x21, 26x17; 8.02-06, 29-25; 9.09-13, 17x10; 10.06x13, 28-23 [Se 10. ... 25-21; 11.11-14, 19x10; 12.15-20, 24x15; 13.12x26 un gañan brancas xogado por Silva Pereira vs. Idalino Lopes no 11º Campionato de Portugal de Almada, 1991] 11.13-18, 22x13; 12.15x22, 24-20; 13.12-15, 30-27; 14.15x24, 27x18; 15.11-14, 18x11; 16.07x14, 23-20; 17.14-19, 16-12 con final de empate.

3. ... 21-17; 4.05-10, 25-21; [Se 4. ... 28-23 tamén vai parar á liña 3. ... 28-23, pero na variante «b»] 5.01-05, 29-25; 6.03-06, 22-18; 7.15-20, 24x15; 8.12x19, 28-24 con xogo igualado.

3 ... 28-23;  4.05-10 ... [Se 4.02-06, 32-28! Traspón á variante do tronco: 3.02-06, 32-28; 4.10-14 que comentaremos oportunamente] con estas posibles rutas:

a)      4. ... 21-18; 5.14x21, 25x18; 6.10-14, 23-19; 7.14x23 ... [Ou 7.14x21, 26x17; 8.02-05, 29-26; 9.09-13 ... (Con 9.05-10 as negras quedan moi ben tras 26-21, pero se 9. ... 32-28 xogado nun enfrontamento Veríssimo vs. Medalha do 28º Campionato portugués de Odemira, as brancas puideron agora montar un fortísimo ataque con 10.10-13! seguido de 11-14 coa ameaza 14-18, que lles proporcionaría unha gran vantaxe) 9. ... 17x10; 10.05x23, 27x20; 11.11-14, 20x11; 12.14-19, 22x15; 13.12x19, 24-20; 14.07x14 con lixeira vantaxe negra] 7. ... 27x20; 8.03-06 ... [Se 8.01-05, 32-28; 9.03-06, 28-23; 10.15-19, 23x14; 11.09-13, 18x09; 12.11x27, 31x22; 13.06-11, con lixeira vantaxe negra pero acordando o empate en José Carlos Anjos vs. Medalha da Silva, xogo pertencente ao 20º Campionato portugués] 8. … 32-28; 9.15-19, 22x15; 10.12x19, 20-15; 11.11x20, 24x15; 12.07-12, 16x07; 13.04x20, 28-23; 14.19x28, 31x15; 15.06-11, 15x06; 16.02x11, 26-22 con final equilibrado.

b)      4. ... 21-17; 5.03-06 ...  [Esta posición pode ser atinxida tamén pola «Oblicua Marxinal»: 1.10-15, 21-17; 2.10-14, 23-20; 3.06-11, 20-16; 4.03-06, 28-23; 5.05-10 como por exemplo sucedeu no xogo Veríssimo Dias vs. Abdesalan Krioulhi do famoso match Portugal-Marrocos do 2007] e agora:

▬ 5. ... 22-19; 6.15x22, 26x19; 7.11-15, 30-26; 8.15x22, 27x11; 9.06x15, 32-28; [Tras 9. ... 23-20 foi dado por empatado un xogo Medalha da Silva vs. José Carlos Anjos no 20º Campionato de Portugal disputado en Amadora no ano 2000] 10.10-14, 26-21; 11.07-11! ... [As brancas saen da súa difícil situación aplicando a «Manobra de Timoneda»] 11. ... 16x07; 12.14-19, 23x14; 13.11x18, 21x14; 14.04x18, 28-23; 15.18-22, 25-21; 16.02-05, 21-18; 17.05-10, 23-20; 18.15-19, 20-16; 19.19-23, 24-20; e agora o empate chega indo a dama co peón de «23», mais é preciso intercalar o sacrificio 20.09-13, pois se xogan directamente 20.23-27 perden de golpe con 18-14!; 21.10x19, 29-26; 22.22x29, 31x15; 23.29x12, 16x07 GN.

▬ 5. ... 23-20; 6.01-05, 25-21; 7.14-18, 21x14; 8.10x19, 22-18; 9.19-23, 18-14; 10.11x18, 20x11; 11.07x14, 16x07; 12.04x11, 27x20; con posición máis ou menos equivalente, tal como no mencionado xogo de Veríssimo do match de Mohamedia, 2007.

▬ 5. ... 22-18; 6.14x21, 25x18; unha orixinal forma de desembocar na «Partida Clásica». Se agora 7.01-05, 32-28 estamos nunha das súas máis estudadas variantes.

c)      4. ... 23-20; 5.03-06 e aquí o mellor para o negro é 5. ... 22-18 trasformando o xogo nunha «Partida Clásica».

d)     4. ... 32-28; 5.01-05 ... [5.03-06, 22-19; 6.15x22, 26x19; 7.11-15, 30-26; 8.15x22, 27x11; 9.07x14, 16x07; 10.04x11, 26-22; 11.11-15, 21-18; 12.14x21, 25x18; 13.06-11, 23-19; 14.02-06, 19x12;  15.08x15, 28-23; 16.10-14, 29-25; 17.14x21, 25x18; 18.01-05, 23-19; 19.15-20, 24x15;   20.11x20, 19-15; 21. 20-23, 22-19; 22.06-10, 15-12; 23.10-13, 18-14; 24.13-18, 12-07;   25.18-22 EMP. Como nun xogo Medalha da Silva vs. Veríssimo Dias do 28º Campionato de Portugal disputado en Odemira no ano 2008] 5. ... 21-17; [Se 5. ... 22-18; 6.03-06 e temos unha vez máis a «Partida Clásica»] 6.03-06, 22-19; [6. ... 22-18 aínda traspoñía á «Clásica»; pero a textual é unha continuación estratexicamente moi interesante pois obstaculiza o desenvolvemento do flanco esquerdo do rival] 7.15x22, 26x19; 8.11-15! ... [A apropiada continuación para liberar o flanco. Malo sería 8.09-13 pois despois de 8. ... 24-20; 9.05-09, 27-22; 10.11-15, 20x11; 11.06x15, 28-24; 12.14-18, 30-27; 13.15-20, 24x15; 14.10-14 nun xogo Luís Sá vs. Víctor Oliveira do 28º Campionato de Portugal disputado en Odemira no ano 2008, as negras puideron agora continuar 14. ... 19x10 con vantaxe decisiva] 8. ...  30-26; 9.15x22, 27x11; 10.07x14, 16x07; 11.04x11 e as brancas conseguen o empate.

3. ... 28-23;
 
Desprazándose cara ao centro e apuntalando a posición.

  3. ... 21-17 atacando indirectamente o flanco de río do rival tamén resulta interesante. Efectivamente despois de 4.15-19 ... [Tamén se pode chegar aquí coa apertura 1.11-14, 21-17; 2.06-11, 23-20; 3.02-06, 20-16; 4.14-19. Así comézase a construír unha típica estrutura coñecida no xogo anglo-americano como a «Formación do Muiñeiro», onde mediante troca se sitúa un peón no cadro «19», a modo de ariete, e dous segmentos de pezas, un nos cadros «5», «10» e «14», o outro nos de «8», «12» e «15».] 14. ... 22x15; 5.12x19, 27-22; 6.11-15, 30-27; [Se as negras fan primeiro 6. ... 25-21 pode seguir 7.10-14, 30-27; 8.06-10, 22-18; 9.08-12, 18x11; 10.07x14, 16x07; 11.03x12, 27-22; 12.19x23, 28x19; 13.14x23, 22-18; 14.04-07 e as brancas están mellor segundo unha vella análise de Francis Teschleit publicada no xornal inglés “Northern Leader” no ano 1890] 7.07-11 ... [Agora 7.10-14 atópase co sorprendente sacrificio 16-12; 8.07x16, 24-20; 9.16x30, 28-24; 10.30x21, 25x02; 11.19x26, 29x22 GN] 7. ... 25-21; 8.04-07, 22-18; [As negras apertan. Se 8. ... 28-23; 9.19x28, 32x23; pode seguir 10.15-20 como no famoso xogo Sam Cohen vs. George O´Connor disputado no match do ano 1926, ou 10.10-13 xogado en N. Banks vs. M. Tinsley no match de 1952, pero mellor é 10.10-14 e as brancas quedan ben]  9.10-13, 17x10; 10.06x22, 27x18; 11.05-10, 28-23; 12.19x28, 32x23; 13.10-14, 24-20; 14.15x24, 26-22; 15.01-05, 23-20; 16.08-12, 21-17; 17.14x21, 31-28; 18.14x31, 22-18; 19.31x13, 17x01; 20.21-26, 29x22; 21.12-15 as brancas conseguen o empate.

  3. ... 21-18; é ben contestado con 4.10-13, podendo seguir 28-23; 5.15-20, 24x15; 6.12x28, 32x23; 7.05-10, 23-19; 8.11-15, 19x12; 9.08x15, 27-23; 10.15-20, 23-19; 11.13-17, 30-27; 12.20-24, 18-13; 13.09x18, 22x13; 14.07-11, 16-12; 15.11-14, 19-15; 16.14-19, 12-08; 17.10-14, 13-09; 18.03-07, 15-12; 19.07x16, 26-21; 20.17x26, 29x15; 21.14-19, 15-12; 22.06-11 e aquí asignouse o empate nun xogo Víctor Cunha vs. Vaz Vieira do 20º Campionato de Portugal; Amadora, 2000. Se agora 22. ... 12-07 hai xudía con 23.01-05.

  3. ... 22-18; 4.10-14 ... [Interesante é 4.10-13] 4. ... 27-23; [4. ... 28-23; 5.15-20 leva á variante 6. ... 22-18 do xogo tronco] 5.15-19, 21-17; 6.14x21, 25x18; 7.06-10, 23x14; 8.10x19, 18-13; 9.09x18, 17-13; 10.18-21, 26x17; 11.05-10, 13x06; 12.03x10, 30-26; 13.11-15, 31-27; 14.01-05, 26-21; 15.05-09, 29-26; 16.09-13, 27-22; 17.10-14, 17x10; 18.19-23, 28x19; 19.14x23, 10-05; 20.15-20, 24x15; 21.12x19, 22x15; 22.23-28, 32x23; 23.07-12, 16x07; 24.04x27 EMP. [José Almeida vs. Joaquim Silva; 18º Campionato de Portugal disputado no Porto no ano 1998].

4.15-20 ...


O cuarto movemento na diagonal «2→24» característico da variante. Nesta altura pódese apreciar a utilidade do lance anterior 3.02-06 para apoiar este corte que permite ás brancas gañar espazo e desafogar o xogo.

Se 4.10-14, 32-28; 5.15-20 ... [Imprecisa é 5.15-19 pois tras 5. ... 22x15; 6.12x19, 24-20; 7.08-12, 27-22 as brancas quedan mal, agora non vale 8.12-15 porque as negras poden aplicar o golpe 8. ... 21-18! e GN] 5. ... 24x15; 6.12x19, 22x15; 7.11x20, 26-22; 8.20-24, 23-20; 9.05-10, 28-23; 10.06-11, 29-26; 11.08-12, 22-19; 12.12-15, 19x12; 13.10-13, 26-22; 14.13-18, 22x13; 15.09x18, 20-15; 16.11x20, 21-17; 17.04-08, 23-19; 18.08x22, 25-21; 19.18x25, 27x04; 20.20-23, 04-14; 21.03-06 para EMP. 

4. ... 24x15; 5.12x28, 32x23;


Así  queda formada a que podemos considerar como a «Encrucillada da Oblicua».

6.10-14 ...

A xogada máis natural e quizais a que mellor perspectivas presenta. Con todo, as brancas tamén teñen provado estoutras rutas:

   6.11-15 ... [Foi moi xogada nos tempos en que empezou a usarse esta apertura. Diríxese ao flanco máis débil das negras, porén non conta co beneplácito dos teóricos máis puristas porque descoida a loita polo control central].

Vexamos algunhas das ramificacións das que dispoñen as negras:   

▬ 6. ... 21-17; 7.07-11 ... [A xogo equilibrado leva 7.06-11, 22-18; 8.10-13, 17x10; 9.05x21, 25x18; 10.01-05, 26-21; 11.05-10, tal como nun enfrontamento Idalino Lopes vs. José Silva Pereira  do 21º Campionato de Portugal  disputado en Almada no ano 1991] 7. ... 26-21;  8.04-07, 21-18; [Aquí apartamos do «TED» e da «Enciclopedia de Kear» que seguen con 8. ... 29-26]  9.10-14, 25-21; 10.15-20, 29-25; 11.08-12, 18-13; 12.09x18, 22x13; 13.05-09, 13-10; 14.06x13, 17x10; 15.09-13, 23-19; 16.14x23, 30-26; 17.23x30, 21-17; 18.30x21, 25x09; 19.11-14, 09-05; 20.14-19, 05-02;  21.12-15 e xogando con coidado as brancas empatan o final.

▬ 6. ... 21-18; 7.07-11, 26-21; 8.10-14, 21-17; [Se 8. ... 18-13; 9.09x18, 22x13; 10.05-09 aquí as negras poden forzar o empate de golpe con 16-12 seguido da secuencia: 12-07, 23-20, 31-28, 30-26 e 26x03. Pola contra se 10. ... 29-26; 11.09x18, 26-22; 12.15-19 as brancas quedan nuna moi satisfactoria posición tal como aconteceu nun xogo George Buchanan vs. J. MacGeorge do Torneo Escocés de 1897] 9.14x21, 25x18; 10.05-10, 18-13; 11.09x18, 22x13; 12.04-07 ... [Dr. Sena Carneiro] e agora resulta interesante 12. ... 30-26; con lixeira vantaxe das negras tras 13.15-20, 13-09; 14.10-14, 26-22; 15.20-24, 22-19; 16.14-18, 23-20 etc.

▬ 6. ... 23-19; 7.15-20, 21-18; 8.07-11, 26-21;  con estas probábels continuacións:

a)      9.10-13, 29-26; 10.11-15, 19x12; 11.08x15, 18-14; 12.05-10, 14x05; 13.01x10, 21-17; 14.10-14, 17x10; 15.06x13, 26-21; 16.13-17, 21-18; 17.14x21, 25x18; 18.17-21, 18-13 con final de empate.

b)      9.10-14, 19x10; 10.06x13, 29-26; [Ata aquí como no «TED»] 11.05-10, 21-17; 12.03-07, 18-14; 13.11x18, 26-21; 14.01-05, 21x14; 15.10x26, 17x01; 16.26-29, 01-05 con final igualado.

c)      9. 04-07, 18-14; 10.11x18, 21x14; 11.09-13 ... [O famoso fallo de Barker. Correcto era 11.10-13, 29-26 (Kear); 12.05-10, 14x05; 13.01x10, 26-21; 14.07-12, 16x07; 15.03x12, 21-18; 16.12-15, 19x12; 17.08x15, 27-23; 18.20x27, 30x23; 19.13-17, 23-19; 20.17-21, 19x12; 21.21-26, 12-07; 22.26-29, 07-03; 23.29x19, 18-14; EMP] 11. ... 14-11; 12.07x23, 16-12; 13.08x15, 22-19; 14.15x22, 27x02; GN [Charles F. Barker vs. James P. Reed; Campionato Americano na modalidade de match, celebrado en Chicago no 1889]. Unha linda execución de Reed, de quen se dicía que cando estaba sobrio era invencíbel.

  6.08-12 ... [A máis flexible, esperando a ver que xogan as negras] 6. ... 23-19; 7.10-14, 19x10; 8.05x14, 27-23; 9.12-15, 30-27; 10.06-10, 22-19; 11.15x22, 26x19; 12.09-13, 21-17; 13.07-12, 16x07; 14.03x12, 25-21; 15.12-16, 27-22; 16.01-05, 21-18; 17.14x21, 23-20; 18.16x23, 31-28; 19.23x32, 29-25; 20.32x14, 25x02 EMP.

  6.11-14, 22-19;  ao que as brancas poden replicar:

► 7.06-11 ...  E agora se:

  7. ... 21-17 traspón á liña do tronco.

  7. ...  26-22; 8.08-12 vai desembocar na ramificación seguinte.

► 7.08-12, 26-22; con estas opcións:

 8.06-11, 29-26; 9.11-15, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.10-13, 26-21; 12.04-08, 31-28; 13.15-20, 28-24; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 23-19; 16.07-12, 16x07; 17.03x12, 19-14; 18.05-10, 14x05; 19.01x10, 21-17; 20.15-19, 22x08; 21.13x31, 24x15; 22.31-24, 15-12; 23.24-15, 12-07; 24.15-29, 08-04; 25.29-12, 07-03; 26.12-16 EMP.

  8.14-18 ... [Frouxa, as negras van quedar cunha moi apreciable vantaxe] 8. ... 21x14; 9.12-15, 19x12; 10.10x28, 31x24; 11.4-8, 27-23; 12.08x15, 23-19; 13.07-12, 16x07; 14.03x12, 25-21; 15.06-10 ... [Mellor era 15.05-10] 15. ... 21-18; 16.10-13, 30-27; 17.13-17, 29-26; 18.05-10, 27-23; 19.01-05, 23-20 GN [A. B. Scott vs. Louis Ginsberg; 2º Match Internacional; Nova York, 1927]

► 7.07-11, 26-22; 8.04-07, 29-26;  e agora:

▬ 9.10-13, 19x10; 10.05x14, 23-20; 11.14-18, 21x14; 12.11x18, 26-21; 13.06-11, 21x14; 14.11x18, 22-19; 15.18-22, 27x18; 16.13x22, 20-15; 17.09-13, 15-12; 18.08x15, 19x12; 19.13-17 con idea de 22-26 EMP.

▬ 9.14-18, 21x14; 10.11x18, 22x13; 11.09x18 ... [Ata aquí como na Liña 47 da «Enciclopedia de Kear»] 11. ... 26-21; 12.06-11, 21x14; 13.11x18, 27-22; 14.18x27, 31x22; 15.10-14, 19x10; 16.05x15, 22-18; 17.14x21, 25x18; 18.01-05, 23-19; 19.05-10, 18-14; 20.10-13, 14-10; 21.03-06, 10x03; 22.13-17, 03x12; 23.08x22 EMP.

6. ... 21-17;


Xogada de espera antes de tomar unha decisión no centro.

 6. ... 22-19; 7.08-12, 19x10; 8.05x14, 26-22; [Se 8. ... 27-22 entronca no xogo que amosamos na variante 6.08-12] 9.12-15, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.01-05, 23-19; 12.15-20 … [12.04-08, 19x12; 13.08x15, 27-23; 14.15-20 … (Ata aquí como no xogo 34 do match Newell Banks vs. Marion Tinsley, 1952) 14. ... 22-19; 15.20x27, 30x23; 16.05-10, 18-14; 17.11x18, 19-15; 18.10-14! ... (No «TED» segue 18.18-22, 15-12 e acaban GN) 18. ... 15-12; 19.06-11, 12-08; 20.07-12, 16x07; 21.03x12, 08-04; 22.12-15, 04-07; 23.15-19, 23-20; 24.19-23 e as brancas conseguen salvarse] 12. … 19-14; 13.20-24, 30-26;  14.11-15, 22-19; 15.15x22, 26x19; 16.06-10, 29-25; 17.10-13, 25-21; 18.13x22, 27x18; 19.09-13, 18x02; 20.07-12, 16x07; 21.04x25, 02-15; 22.03-06 EMP.

   6. ... 22-18; 7.08-12 ...

► 7. ... 27-22; 8.12-15, 31-28; [Interesante xogada de espera con máis ambicións que 8. ... 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.05-10, 26-21; 11.04-08, 23-19; 12.01-05, 19x12; 13.08x15, 31-27; 14.15-20, 27-23; 15.20x27, 30x23; 16.11-15, 23-19; 17.15-20, 19-15; 18.20-23, 15-12 desembocando nun final de empate] 9.14-19! ... [Unha idea introducida polo lendario Marion Tinsley que mellora obstensiblemente a tradicional continuación 9.06-10, 22-19; 10.15x22, 26x19; 11.04-08 ... (Corrixindo o «TED» que segue erroneamente con 11.07-12 tal como no 7º xogo do match Charles Barker vs. Richard Jordan disputado en Boston no ano 1900, sen percatarse que en damas clásicas as brancas perden despois de 11. ... 16x07; 12.03x12, 30-26; 13.12-16, 28-24; 14.04-08, 26-22; 15.08-12, e agora en vez do 24-20 xogado por Jordan, resulta decisivo 15. ... 29-26!!; 16.10-13, 19x10; 17.05x14, 21-17; 18.14x30, 17x10; 19.30x20, 24x08 GN) 11. ... 30-26; 12.10-13, 19x10; 13.13x22, 26x19; 14.05x14, 19x10; 15.11-15, 28-24; 16.15-20, 24x15; 17.07-12, 16x07; 18.03x28 EMP] 9. ... 23x14; 10.06-10, 30-27; 11.10x19 ... e as negras deben xogar con coidado:

▬ 11. ... 27-23; [a xogada intuitiva que debe ser perdedora] 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 16-12; 14.09-13, 21-17; [Ata aquí como nun xogo Marion Tinsley vs. H. L. Rudolph do Torneo de Cedar Point do ano 1948. Se 14. ... 12-08; 15.13-17, 22-18; 16.03-07, 18x11; 17.07x14, 26-22; 18.19x26 GB] 15.14-18, 17x10; 16.18x27, 23x14; 17.27-31 e as brancas teñen final gañador.

▬ 11. ... 21-17; 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 17-13; 14.09x18, 22x13; 15.15-20, 28-24; 16.20-23, 27x20; 17.05-09, 13-10; 18.19-23, 20-15; 19.23-28, 10-06; 20.03x10, 15-11; 21.14-19, 11-06; 22.19-23, 06-03; 23.10-14, 26-22; 24.28-32, 22-18; 25.14x21, 25x18; 26.23-27, 03-17; 27.27-30, 18-14; 28.32x05, 29-26 EMP.

► 7. ... 26-22; 8.06-10, 29-26; [Ou 8. ... 22-19; 9.10-13, 19x10; 10.13x22, 27x18; 11.05x14, 29-26; 12.01-05, 26-22; 13.05-10, 30-27; 14.11-15 con xogo equivalente] 9.12-15, 21-17; 10.14x21, 25x18; 11.10-14, 17-13; con igualdade [Como nun xogo Robert Martins vs. Allan Hynd que Teschleit incluiu no seu Master Play]. Pode seguir: 12.14x21, 26x17; 13.09x18, 22x13; 14.05-10, 13x06; 15.03x10, 23-19; 16.15x22, 27x18; 17.11-14, 18x11; 18.07x14, 30-27; 19.04-08, 27-23; 20.14-18, 23-20; 21.18-22, 23-20; 22.18-22, 20-15; EMP.

7.09-13 ...

Unha liña da que se teñen moi poucas referencias e que foi catalogada como frouxa no «TED».

  Xogable é 7.05-10, 26-21; 8.08-12, 22-19; 9.12-15, 19x12; 10.04-08, 27-22; 11.08x15, 21-18; 12.14x21, 25x18; 13.15-20, 30-27; 14.10-14 ... [Ata aquí como no «Tratado de Kear»] 14. ... 29-25; 15.14x21, 25x18; 16.01-05, 23-19; 17.05-10, 18-13; 18.09x18, 22x13; 19.11-14, 19-15; con vantaxe negra.

    Un pouco mellor resulta 7.08-12, 26-21; 8.14-18, 21x14; 9.11x18, 22x13; 10.09x18, 29-26; 11.12-15, 26-22; 12.05-09, 22x13; 13.09x18, 17-13; 14.06-10, 13x06; 15.03x10, 30-26; 16.01-05, 26-22; 17.10-13, 22-19; 18.15x22, 25-21; 19.18x25, 27x02; 20.25-29, 31-27; 21.29-25, 23-19; 22.25-18, 27-23, 23.18-22 EMP.

     Pero a continuación máis sólida é 7.06-10 que pode ser contestada con:

7. ... 25-21; 8.08-12, 29-25; 9.12-15, 21-18; 10.14x21, 25x18; Con posición exactamente igual que no xogo Martins vs. Hynd mencionado na variante do xogo troncal con 6. ... 22-18; 7.08-12, 26-22.

► 7. ... 22-19; 8.14-18 ... [Como indicou Sena Carneiro, se as brancas fan primeiro 8.09-13, como no «Tratado de Kear», perden con 8. ... 16-12; 9.08x22 e o tiro 27x02 GN] 8. ... 26-22; 9.09-13 ... [Ata aquí como nun xogo do match Sam Gonotsky vs. Mike Lieber; Long Island, 1928] 9. ... 29-26; 10.08-12, 19-14; 11.10x28, 17x10; 12.05x14, 31x24; 13.01-05, 22x13; 14.05-10, 13x06; 15.03x10, 25-21; 16.14-19, 21-18; 17.11-14, 18x11; 18.07x14, 16x07; 19.04x11, 26-22; 20.19x26, 30x21; 21.14-19, 21-18; 22.19-22, 18-13; 23.10x17, 27x18 EMP.

7. ... 17x10; 8.06x13 ...



8. ... 25-21;

A única referencia que atopei no meu arquivo é un xogo C. Lawson vs. Samuel Gonotsky do Campionato Americano do ano 1924. Nesta altura Sam seguiu con 8. ... 26-21!; e tras 9.13-17, 21-18; 10.14x21, 25x18; chegouse ao punto culminante no que as brancas deben tomar unha importante decisión:

► 11.17-21 ... [A continuación que escolleu Lawson] 11. ... 18-13!; [Decisiva en damas clásicas. O campión americano optou por 11. ... 18-14; e despois de 12.11x18, 22x13; 13.05-09, 13-10; 14.21-25 quedou cunha pequena vantaxe que puido ir aumentando pouco a pouco ata que finalmente acabou por ganar o xogo] 12.05-10, 13x06; 13.03x10, 23-19; 14.*21-25, 22-18; 15.08-12, 19-14; 16.10x19, 18-13; 17.12-15, 13-10; 18.04-08, 10-06; 19.15-20, 06-02 GN.

► 11.*05-10! , 18-13; 12.11-14, 13x06; 13.03x10, 22-19; 14.07-11, 27-22; 15.11-15, 19x12; 16.08x15, 16-12; [Se 16. ... 30-27; 17.15-20 tamén deixa o final igualado] 17.01-05, 30-26; 18.14-19, 23x14; 19.10x19, 12-08; 20.19-23, 22-18; 21.05-09, 18-14; 22.09-13 e o final é de EMPATE.

9.13-17, 22-19;


Se 9. ... 22-18; 10.05-09, 26-22; 11.17x26, 30x21; 12.01-5, 29-25; 13.08-12, 21-17;  14.14x21, 25x18; 15.11-14 con xogo nivelado.

10.05-10, 26-22;

Ou 10. ... 27-22; 11.01-05, 29-25; 12.05-09, 21-18; 13.14x21, 25x18; 14.08-12, 26-21; 15.17x26, 30x21; 16.11-14, 18x11; 17.07x14, 16x07; 18.04x11, 22-18; 19.03-07, 19-15; 20.11x27, 18x04; 21.27-30 [EMP].

11.17x26, 30x21; 12.01-05 ?? ...


Un gran desliz nunha posición balanceada. Curiosamente no xogo no que Bravo levaba as pezas brancas tamén escolleu esta variante, pero agora optou por 12.08-12.

Despois de 12.08-12, 21-17; 13.12-15, 19x12; 14.04-08, 29-25; 15.08x15, 22-18; 16.14x21, 25x18; 17.01-05, 27-22; tanto 18.15-20 [xogado na partida] como a máis incisiva 18.10-14 conducen ao empate. Neste último caso pode seguir 18. ... 17-13; 19.14x21, 13-09; 20.05-10, 23-19; 21.07-12, 16x07; 22.03x12, 09-05; 23.21-26, 05-02; 24.26-29, 22-18; 25.15x22, 02x18 [EMP].

12. ... 21-17;

Xa no seu elemento, Bravo ameaza furar a posición do rival con 17-13. Despois disto as brancas están perdidas.

13.05-09 ...


Para frear a ameaza.

13. ...  *17-13;

Pero o ataque negro é imparable.

14.09x18, 22x06; 15.03x10, 27-22;


Dominando totalmente o taboleiro. As brancas pouco a pouco están quedando sen movementos útiles.

16.08-12, 31-28; 17.11-15 ...

Tampouco vale o desesperado intento 17.10-13 porque tras 19x10; 18.12-15, 10-05; 19.11-14, 05-02; 20.14-18, 02x20; 21.18x27, 23-19; 22.27-30, 28-23; 23.07-11, 20x17; 24. 30x20, 19-14; 25.20-23, 14-11; 26.23-20, 17-06;   27.20-30, 11-07; 28.04x11, 06x20 GN.

17. ... 28-24;



18.14-18 ...

Co xogo totalmente obstaculizado, Perfeito debe entregar material.

Se 18.10-13, 19x10; 19.04-08, 23-20; 20.15-19, 22x15; 21.12x19, 10-05; 22.19-23, 05-01; 23.23-27, 20-15; 24.27-31, 01-23; 25.13-17, 29-26; 26.31-09, 23-05; 27.09x20, 24x15 GN.

18. ... 22x06; 19.15x22, 06-03; 20.22-27 ...


O Dr. Sena Carneiro xa indicou que se 20.07-11, 16x07; 21.22-27, 23-19; 22.27-31, 03-10; 23.11-14, 07-03; 24.14x23, 10-32 e GN.

20. ... 03-13;

No «TED» colocóuselle un asterisco a esta xogada, dando a entender que era a única que levaba á vitoria, pero realmente aquí tamén se podía gañar empregando a forza bruta: 20. ... 23-19;  21.27-31, 19-15; 22.12x19, 03x26; 23.31-28, 24-20; 24.28-05, 20-15; 25. 05-02, 15-12; 26.02-05, 26-15; 27.05-28, 29-25; 28.28-10, 15-02; 29.10-32, 25-21; 30.32-01, 21-17; 31.01-10, 02-11; 32.10-28, 17-13; 33.28-23, 12-07; 34.23-01, 07-03; 35.01-19, 13-09; 36.19-32, 3-6; 37.32-01, 16-12; 38.01-32, 12-07; 39.32-01, 07-03; 40.04-08, 11-15 GN.

21.27-31 ...


Obrigada para non caer no «niño» que as negras teñen preparado no cadro «20».

21. ... 29-26!!;

Sorprendente. Semella que as negras esquecen que a dama está atacada.  

22.31x09, 26-22;


Pero Bravo con todo baixo control e facendo gala das súas portentosas dotes para o xogo táctico, tiña calculada unha das combinacións máis bonitas que se poden ver sobre un dameiro.

23.09x20 ...

Agora si, a dama branca vai parar ao «niño».

23. ... 24x08;


As brancas están en «Zugzwang».  A obrigación de mover fainas perder.

24.07-11, 16-12; GN.

Tras 25.11-15 [Ou 11-14], 12-07; 26.04x11, 08-04 caen os peóns rematando así un final digno de figurar en todas as antoloxías do xogo prático.
______________________
Este xogo antes saiu publicado no “Diário” con data 16-12-84, en “Cidade de Tomar” o 8-9-2000 e no “Tratado da ED” no tomo VII, páx. 997.