Os
días 2 e 3 do pasado mes de agosto celebrouse na cidade marroquí de Fes o seu
«2º Torneo de Damas». O local elixido para a disputa das partidas foi o «Café
Express» no que se reuniron un total de 28 damistas, entre os que se
encontraban case todos os mellores do país.
Como
ven sendo habitual, cada enfrontamento constou de 4 xogos, 2 con apertura libre
e 2 con apertura sorteada, sen límite de tempo para pensar, pero cos árbitros
sempre pendentes de apercibir aos xogadores lentos.
Os
participantes foron divididos en 7 grupos de 4 xogadores pasando á seguinte
fase os 2 primeiros de cada grupo e os 2 mellores terceiros.
Na 2ª
fase repartíronse os 16 clasificados en 4 grupos de 4, pasando os 2 primeiros
de cada un deles a unha seguinte fase que se celebrou o segundo día con
eliminatorias de cuartos, semifinal e final.
Nunha
das semfinais Adil Belyamani
derrotou a Slimane Toumi por 1-0. Na
outra Brahim El Hamdami venceu a Mamoune Al Atifi tamén polo resultado
de 1-0.
No
encontro polo 3º e 4º posto, gañou Slimane
a Mamoune por 2-1 e na gran final Adil derrotou a El Hamdami por 1-0, proclamándose vencedor do torneo.
XOGOS COMENTADOS
1.12-16, 23-19;
Apertura «Edimburgo
Ortodoxa» favorábel para as negras. Seguramente a máis desequilibrada das 43
aceptadas para entrar no sorteo.
2.11-14 ...
A coñecida como «Defensa
Henderson», na actualidade considerada como principal continuación en
detrimento da alternativa 2.09-13, coa que ten compartido popularidade.
2. ... 28-23;
A favorita nos últimos
tempos. Aínda que o rápido ataque á «casa dique» con 2. ... 19-15; tamén é unha
moi interesante posibilidade.
3.08-12 ...
A continuación 3.07-11,
empregada para evitar o natural desenvolvemento do flanco de río con 3. ...
32-28; ou 3.06-11, son as alternativas que o estudante debe ter en conta neste
punto. Menos frecuentes son 3.07-12 ou 3.10-13.
3. ... 31-28;
Mamoune é un xogador
ao que lle gusta fuxir o máis rápido posíbel das liñas coñecidas. Nesta ocasión
traspón nunha liña secundaria da «Edimburgo Cruzada» que se forma con 1.12-16,
22-19; 2.08-12, 27-22; 3.11-14, 31-27. [Nótese tamén
que a posición pode ser incluso alcanzada nestoutra liña 1.12-16, 23-19;
2.11-14, 27-23; 3.08-12, 31-27].
● No xogo anterior deste mesmo enfrontamento,
no que Adil conducía as pezas negras, aquí optou por 3. ... 24-20; ao que
seguiu 4.06-11 ... [A liña máis coñecida é 4.07-11, 32-28;
5.10-13, 19x10; 6.05x14, 21-18; 7.14x21, 26x10; 8.06x13, 22-19; 9.04-08, como
nun xogo Veríssimo Días vs. Tiago Manuel do 33º Campionato de Portugal
disputado en Setúbal no ao 2013, tal como xa indicamos neste blog nun artigo
dedicado a «O mellor xogo do 2013»] 4. ... 22-18; 5.10-13, 19x10; 6.13x22, 26x19; 7.05x14, 19x10; 8.12-15,
21-18; 9.15x24, 25-21; 10.16-20, 23x16; 11.02-05, 32-28; 12.05x14, 28-23;
13.01-05, 23-20; 14.05-10, 27-23; 15.07-12, 16x07; 16.03x12, 20-16; 17.04-07,
23-20; 18.12-15, 30-27; 19.10-13� ... [Aquí
era obrigado 19.24-28, para tras 19. ... 31x24; poder seguir con 20.10-13,
27-22; 21.13-17, 29-26; 22.14-19, 18-14; 23.11x25, 20x04; 24.25-29, 22x15;
25.29x08, EMP.] 19. ...
29-25; 20.13x22, 27x18; 21.09-13, 18x09; 22.15-19, 09-05; GN. [Mamoune
Al Atifi vs. Adil Belyamani, 3º xogo da 2ª rolda deste mesmo Torneo de
Fes, 2014].
● Para a continuación estándar 3. ... 32-28;
así como para as alternativas 3. ... 22-18; ou 3. ... 21-17; o lector pode
consultar tamén o mencionado artigo que dedicamos a «O mellor xogo do 2013».
4.07-11, 19-15;
O ataque na «casa
dique». Única continuación que permite manter una mínima vantaxe.
● Se 4. ... 21-18; permite a liberación 5.14x21, 25x18; 6.10-14, 19x10;
7.05x21, 26x17; 8.01-05, e as brancas ata quedan con mellor posición.
● Frouxa é 4. ... 21-17; por 5.11-15, 23-20; 6.16x23, 27x11; 7.06x15, 28-23;
8.12-16, 19x12; 9.03-07, 12x03; 10.04-08, 03x13; 11.09x27, con gran
superioridade das brancas.
● Tampouco é recomendábel 4. ... 24-20�; por 5.10-13, 19x10; 6.05x14, 21-18;
7.14x21, 26x10; 8.06x13, 22-19; 9.12-15, 19x12; 10.04-08, 28-24; 11.08x15,
27-22; 12.13-18, 22x13; 13.09x18, 23-19; 14.15x22, 20-15; 15.11x20, 24x15;
16.22-27, 30x23; 17.18-22, 15-12; 18.22-27, 12-08; 19.27-31, 23-19; 20.31-22,
19-14; 21.22-19, 14-11; 22.19-15, e as brancas gañan o final.
5.12x19, 22x15; 6.11x20, 24x15; 7.09-13 ...
Esta debe ser a mellor
forma de entrar no «medio xogo». Lixeiramente inferior semella a alternativa 7.14-19,
23x14; 8.10x19, 27-23; e agora 9.04-07 ... [9.06-11,
obriga ás brancas a xogar con máis coidado] 9. ... 23x14; 10.06-11, 15x06; 11.03x19,
21-18; 12.05-10, 28-23; [Ou se 12. ... 25-21;
13.10-13, 28-23; 14.19x28, 32x23; 15.13x22, 26x19; 16.09-13, 29-26; 17.01-05,
26-22; 18.05-09, 19-15; 19.07-11, 15x06; 20.02x11, 22-19; 21.13-17, 21-18;
22.17-21, 19-14; 23.09-13, 14x07; 24.13x22, 07-04; 25.22-26, 04x25; 26.26-29,
EMP.] 13.19x28, 32x23;
14.10-13, 18-14; 15.02-05, 25-21; 16.05-10, 14x05; 17.01x10, 26-22; 18.13-17,
21-18; 19.07-11, 22-19; 20.17-21, 29-25; 21.10-13, 19-14; 22.13x22, 14x07;
23.22-26, 25x18; 24.26-29, 07-04; 25.29-22, 18-14; 26.22-19, 14-11; 27.19x32,
[EMP].
7. ... 21-17;
Permite máis
simplificacións, pero non hai nada mellor.
8.14-19, 23x14; 9.10x19, 17x10; 10.05x14, 25-21;
11.06-10, 27-23; 12.01-05, 15-11;
Perde a vantaxe. Preferíbel
era 12. ... 29-25; 13.03-06, 21-18; 14.14x21, 25x18; e aquí as brancas deben
defenderse con 15.*06-11, 23x07; 16.04x20, 28-23; 17.20x27, 30x23; 18.05-09,
32-28; 19.02-06, 28-24; 20.06-11, 24-20; 21.10-13, 26-22; 22.13-17, 22-19;
23.17-21, 19-15; 24.21-26, 15x06; 25.26-29, 06-03; 26.29-25, 18-13; 27.09x18,
03-13; 28.18-21, 13-17; 29.21-26, 17x30; 30.25-14, [EMP].
13.03-07, 21-17�;
O erro que vai
ocasionar a derrota das negras. Correcto era 13. ... 26-22; 14.19x26, 29x22;
15.05-09, 11-06; 16.02x11, 21-18; 17.14x21, 30-26; 18.21x30, 28-24; 19.30x20,
24x06; 20.10-14, 06-02; 21.14-18, 22x13; 22.09x18, 32-28; 23.18-21, 28-23;
24.21-26, 02-05; [EMP].
14.16-20, 23x16; 15.19-22, 26x19; 16.14x23, 28x19;
17.07x23, 29-26; 18.04-07, 26-22; 19.02-06, [GB].
Adil gañou este
enfrontamento por 2-0.
1.10-14, 22-18;
Apertura «Diagonal
Vertente» tamén coñecida como Apertura «Clásica» de prognóstico igualado.
2.05-10, 27-22; 3.12-15, 23-20;
Outra posibilidade era
3. ... 23-19; entrando na «Partida Confluente», pero a textual é a continuación
máis popular.
4.07-12 ...
Un seguimento moi
divulgado e utilizado en infinidade de ocasións. Agora as brancas pretenden xogar
unha «Partida Clásica» que quedaría
constituída tras 4. ... 20-16; 5.03-07.
4. ... 28-23;
Pero as negras teñen
outra idea e rexeitan a proposta.
5.12-16 ...
Agora nunha posición
que tamén pode aparecer na «Partida Contra-Clásica» con 1.10-14, 22-18;
2.12-16, 27-22; 3.05-10, 24-20; 4.07-12, 28-24; 5.12-15. Posíbel tamén sería na «Heroica» con 1.10-14, 24-20; 2.12-16, 28-24; 3.05-10, 22-18�; 4.07-12�, 27-22; 5.12-15, aínda que neste caso ten menos lóxica, pois xa temos demostrado neste blog que con 4.08-12. GB.
5. ... *31-27;
A continuación
correcta e única que permite manter o xogo. As negras prepáranse para cortar
con 21-17 e tras os cambios poder responder a 10-14 con 17-13.
Neste punto non valen:
a) 5. ...
21-17�; 6.14x21, 25x18; 7.*10-14, con estas
opcións:
u 7. ... 29-25; 8.14x21, 25x18; 9.01-05, e aquí se:
— 9. ... 26-21;
10.05-10, 23-19; [O mellor intento] 11.16x23, 19x12; 12.08x15, 31-28; 13.04-08!,
28x12; 14.08x15, 32-28; 15.10-14, 28-23; 16.06-10, 23-20; 17.14-19, 30-26;
18.19-23, 20-16; 19.03-07, [GB].
— 9. ... 31-27;
10.05-10, 18-13; 11.09x18, 22x13; 12.10-14, 13-09; 13.14-18, 17-13; 14.08-12,
26-22; 15.04-08, 30-26; 16.03-07, [GB].
— 9. ... 31-28;
10.05-10, 23-19; 11.16x23, 19x12; 12.08x15, 28x12; 13.10-14, 26-21; 14.04-08,
12-07; 15.03x12, 24-20; 16.14-19, 22x15; 17.12x19, 20-16; 18.19-22, 32-28;
19.22-26, 28-23; 20.11-14 ... [Non 20.26-29�, por 20. ... 16-12;
21.08x15, 23-20; 22.15x24, 30-26; 23.29x13, 17x03; EMP.] 20. ... 18x11; 21.06x15, 16-12; 22.26-29,
23-19; 23.15x22, 12-07; 24.*22-27!, 30x23; 25.29-25, 07-04; 26.25x32, [GB].
u 7. ... 26-21; 8.06-10, 30-26; 9.08-12, 22-19; 10.15x22,
26x19; 11.04-08, 31-28; 12.12-15, 19x12; 13.08x15, 29-25; 14.15-19, 20-15;
15.11x27, 18x11; 16.09-13, 28-23; 17.19x28, 32x23; 18.27-31, 23-19; 19.31-28,
19-15; 20.28-14, 15-12; 21.14x04, 12-08; 22.03-07, [GB].
b) 5. ... 31-28�; 6.04-07, e agora se:
u 6. ... 22-19; 7.15x22, 26x19; 8.10-13,
19x10; 9.13x22, 30-26; 10.06x13, 26x19; 11.13-18, 21x14; 12.11x18, 29-26;
13.02-06, 19-15; 14.07-11, 26-21; 15.18-22, 21-18; 16.09-13, 18x09; 17.22-27,
15-12; 18.08x15, 23-19; 19.15x22, 20-15; 20.11x20, 24x15; 21.16-20, 15-12;
22.20-23, 28x19; 23.03-07, 12x03; 24.27-31, 03x27; 25.31x15, 32-28; 26.15-02,
28-23; 27.02-11, 23-19; 28.11-04, 19-15; 29.04-07, [GB].
u 6. ... 21-17; 7.14x21, 25x18; 8.07-12,
26-21; 9.02-05, 29-25; 10.10-14, 17-13; 11.05-10, 21-17; 12.14x21, 25x18; 13.01-05,
30-26; 14.10-14, 26-21; 15.05-10, 22-19; 16.15x22, 20-15; 17.11x27, 18x02;
18.09x25, 24-20; 19.16x23, 28x19; 20.25-29, [GB].
c) 5. ...
22-19�; 6.15x22, 26x19; 7.08-12 ... [Traspoñendo na
«Liña A» da «Heroica Derivada» 1.10-14, 24-20; 2.12-16, 28-24; 3.05-10, 22-18�; 4.*08-12!, 27-22;
5.12-15, 22-19; 6.15x22, 26x19; 7.07-12, que como acabamos de indicar é
perdedora negra] 7. ...
31-28; 8.09-13, 18x09; 9.11-15, 20x11; 10.06x22, 23-19; 11.14x23, 28x19;
12.04-07, 21-18; 13.07-11, 25-21; 14.11-15, 32-28; 15.22-27, 30x23; 16.15x22,
23-19; 17.22-27, 28-23; 18.10-13, 18-14; 19.27-31, 14-11; 20.31-28, 11-07;
21.12-15, 19x12; 22.28x04, [GB].
6.08-12 ...
Así coas estruturas de
ambas as dúas formacións practicamente definidas podemos dar por rematada a
fase de apertura. Moitas veces sucede
que para formar este tipo de posicións consideradas como estándar, os
contrincantes empregan diferentes ordes de movementos sen percibir que non
sempre todos os camiños son adecuados. Neste blog vimos claros exemplos nos
estudos dedicados á «Confusa» ou á «Cruzada do Norte», onde experimentados
mestres alcanzaron estas posicións pasando por alto xogadas gañadoras. Neste
caso podemos indicar un exemplo máis acontecido no 20º Campionato de Portugal
[Amadora, 2000] nun xogo Silva Pereira vs. José Carlos Anjos no
que se tomou a seguinte vía: 1.10-14, 22-18; 2.12-16, 27-22; 3.08-12, 24-20;
4.12-15, 28-24; 5.05-10, 31-27; e agora 6.07-12�, construíndo así a referida posición, nun punto no que
dispoñían da fortísima 6.*02-05!, que como saben os lectores de «Tres e Dama»,
deixa ás negras en situación desesperada [Ver o artigo da «Liña D» da
«Heroica Derivada» no que tamén se chega a idéntica posición].
6. ... 21-17; 7.14x21, 25x18; 8.10-14 ...
Debe ser a mellor.
Outras posibilidades eran:
a) 8.04-08,
17-13; 9.10x17, 18-14; 10.11x18, 22x13; 11.09x18, 20x11; 12.06x15, 23-20;
13.16x23, 27x11; 14.12-15, 32-28; 15.01-05, 28-23; 16.17-21, 26x17; 17.18-22,
23-20; 18.15-19, 20-16; 19.19-23, 11-07; 20.03x12, 16x07; 21.22-27, 17-13;
22.08-12, [EMP]. Como nun xogo Veríssimo Días vs. Joao Oliveira do
22º Campionato de Portugal disputado en Odemira no ano 2002.
b) 8.01-05, 26-21; 9.10-14, 22-19; 10.15x31,
23-19; 11.14x23, 29-26; 12.31x13, 17x01; 13.23-27, 30x23; 14.09-13, [EMP]. Como
no xa mencionado xogo José Silva Pereira vs. José Carlos Anjos
do 20º Campionato de Portugal celebrado en Amadora no ano 2000. Podería seguir
14. ... 21-17; 15.13-18, 17-13; 16.18-22, 26x19; 17.11-15, 20x11; 18.06x22,
23-19; 19.04-08, 19-15; 20.12x19, 01x23; 21.22-26, 13-10; 22.26-30, 24-20;
23.30-17, 10-06; 24.02x11, 23-30; 25.16x23, 30x02; [EMP].
8. ... 17-13;
Fouxa é 8. ... 26-21;
9.06-10, 29-25; 10.03-06, 18-13; 11.09x18, 22x13; 12.15-19, 21-18; 13.19x28,
32x23; 14.14x21, 25x18; 15.10-14, 27-22; 16.14x21, 13-10; 17.06x13, 17x10;
18.11-14, 22-18; 19.14-19, 23x14; 20.16x23, 14-11; 21.21-25, 10-06; 22.25-29,
18-14; 23.04-07, 11x04; 24.02x18, 04x21; 25.23-28, [GB].
A textual debe ser a
preferida, aínda que 8. ... 29-25; tamén é suficiente para poder manter o xogo.
Neste caso tras 9.14x21, 25x18; podería seguir 10.06-10, 18-13; 11.09x18,
22x06; 12.03x10, 27-22; 13.01-05, 26-21; 14.05-09, 21-18; 15.02-05, 30-27;
16.10-14, 18-13; 17.09x18, 22x13; 18.14-19, 23x07; 19.16x30, 07-03; 20.05-10,
13x06; 21.15-19, 03x16; 22.19-23, 16x27; 23.30x02, 17-13; 24.02-05, 24-20;
25.05-01, 20-15; 26.04-07, 13-09; 27.01-19, 15-11; 28.07x14, 09-05; [EMP].
9.14x21, 26x17; 10.09x18, 22x13; 11.01-05 ....
11.06-10, 13x06;
12.03x10, 27-22; 13.10-14, 17-13; 14.14-18, 30-27; 15.02-06, 29-25; 16.04-08,
32-28; 17.15-19, 23x07; 18.16x32, 13-10; 19.32x05, 22x13; 20.05-09, 07-03;
21.09x31, 03x16; 22.06-11, 16-20; 23.11-14, 20-23; 24.14-18, 23-19; 25.31-27,
19-28; 26.27-31, 28-19; [EMP].
11. ... 27-22; 12.05-10, 30-26; 13.11-14, 20x11;
14.06x15, 13x06; 15.03x10, 26-21; 16.02-05, 22-18; 17.14-19, 23x14; 18.10x19,
17-13; 19.19-23, 18-14;
Non vale 19. ...13-09�; por 20.23-27, 09x02; 21.27-30, 02x20;
22.16x23, [GB].
20.05-09, 13-10; 21.23-27, 10-06; 22.16-20, 14-10;
23.20-23, 10-05; 24.27-31, 05-02; 25.12-16, 06-03; 26.04-07, 03x28; 27.16-20,
24x15; 28.31x25, [EMP].
Neste enfrontamento os
4 xogos remataron en empate.
1.10-14, 22-19;
Apertura «Diagonal Cruzada» de prognóstico lixeiramente favorábel para as
brancas. Unha das aperturas máis utilizadas en partida libre.
2.05-10, 26-22;
A «Merengo» ou «Liña Inglesa» agora tanto ou máis popular que a «Liña
Clásica»: 2. ... 27-22, que ata hai pouco tempo estaba considerada como a
principal nos tratados.
3.11-15 ...
A teoría considera como mellor 3.01-05, como lle xogou Rachid ao propio Belyamani
na edición do ano pasado deste mesmo torneo. Agora ben, a textual tamén
conta con elevado número de partidarios..
3. ... 29-26;
Tal como xa temos explicado neste blog, cando as brancas teñen xogado
3.01-05, resulta dubidosa a réplica 3. ... 29-26; coñecida como «Defensa de
Hopper». Pero no presente caso semella bastante interesante e ata pode resultar
sorprendente, pois a liña está practicamente inexplorada. As continuacións máis empregadas son 3. ...
23-20 ou 3. ... 22-18.
4.06-11 ...
Interesante tamén é 4.07-11, 23-20; 5.14x23, 28x19; 6.12-16, 19x12;
7.16x23, 27x20; 8.08x15, 32-28; 9.10-14, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.01-05, 28-23;
12.05-10, con lixeira vantaxe das brancas.
4. ... 23-20;
Moi cómoda semella a variante con 4. ... 21-18; 5.14x21, 26x17; 6.11-14,
23-20; 7.14x23, 20x11; 8.07x14, 28x19; 9.14x23, 27x20; 10.10-14, 22-18;
11.14x21, 25x18; 12.03-07, 18-14; 13.02-05, 30-27; 14.05-10, 14x05; 15.01x10,
32-28; 16.07-11, 28-23; 17.10-14, 27-22; 18.14-18, 22x13; 19.09x18, 17-13;
20.18-21, 13-10; 21.21-26, 10-06; 22.12-16, 06-03; 23.26-29, 23-19; 24.29x12,
03-06; 25.16x23, 06x30; [EMP].
5.14x23, 28x19;
6.12-16, 19x12; 7.16x23, 27x20; 8.07x23, 31-27; 9.08-12, 27x20; 10.12-16,
20-15; 11.11x20, 24x15; 12.16-20, 22-19;
Outra posibilidade para ter en conta era 12. ... 21-17; 13.03-07, 17-13;
14.09x27, 30x16; 15.07-11, 15x06; 16.02x11, 26-22; 17.11-15, 16-12; 18.10-13,
25-21; 19.13-17, 21-18; 20.17-21, 18-14; 21.21-26, 22-18; 22.26-29, 12-07;
23.04x11, 14x07; [EMP].
13.20-23,
15-11;
Con este lance as negras comezan a enfraquecer a súa posición. Unha boa
alternativa era 13. ... 21-17; preparando o «niño» para facer a «xudía». O xogo
podería seguir: 14.03-07, 15-11; 15.07x14, 30-27; 16.23x30, 19-15; 17.30x21,
25x11; 18.10-14, 15-12; 19.14-19, 12-08; 20.19-22, 11-07; 21.04x11, 08-04;
22.11-15, 04-08; 23.15-19, 32-28; 24.02-06, 08-12; 25.06-11, 12-07; 26.11-15,
07-25; 27.22-26, 28-23; 28.19x28, 17-13; 29.09x18, 25x31; [EMP].
14.09-13, 19-15�;
E despois deste xa quedan perdidas. A defensa correcta era con 14. ... 11-06!;
[Ou primeiro 14. ... 30-27; coa mesma
intención] 15.02x11, 30-27; 16.23x30, 21-17; 17.30x21, 25x09;
18.11-15, 19x12; 19.10-14, 17-13; 20.03-06, 32-28; 21.14-19, 12-08; 22.19-22,
28-23; 23.22-26, 23-19; 24.26-29, 19-14; 25.29-12, 14-10; e as brancas non
poden impedir o empate.
15.04-08,
26-22; 16.13-17, 21-18; 17.10-14� ...
Para gañar había que seguir con 17.*17-21!, 22-19; 18.*21-26, 30x21;
19.23-27, 11-07; [O mellor
intento] 20.03x12, 15-11; 21.27-31, 11-07; 22.31x13, 07-04; [Ou 22. ... 21-17; 23.13-09, 07-04; 24.02-06, 04-21; 25.06-11, 21x16;
26.08-12, 16x13; 27.09x15, 32-28; 28.15-19, 28-24; 29.19-23, 17-13; 30.23-27,
13-10; 31.27-13, GB.] 23.13-17, 21-18; 24.12-15, 19x12; 25.08x15, 04-11; 26.15-19,
11-15; 27.19-23, 15-08; [Ameazando co disparo 18-14, se as brancas avanzan o peón a «27»] 28.02-05, 08-15;
29.05-09, 15-12; 30.17-13, 18-14; 31.10x19, 12x29; 32.23-27, 32-28; 33.27-30,
28-24; 34.13-18, 29-12; 35.09-13, 12-15; 36.13-17, 15-19; 37.17-21, 19-29;
38.30-16, 29-08; 39.16-03, 08-29; 40.01-05, 29-08; 41.05-09, 24-20; [Se 41. ... 08-29; 42.21-26, 29x13; GB.] 42.03-16, 20-15; 43.16-20, 15-12;
44.20-16, [GB].
17. ... 22-19;
18.14x21, 25x18; 19.17-21, 11-07; 20.03x12, 15-11�;
Perde. O final é complicado e as negras volven errar.
Mellor era 20. ... 18-14; 21.12-16, 14-11; 22.21-25, 11-07; 23.25-29,
07-03; 24.29-25, 03-13; 25.01-05, 13-31; 26.16-20, 31-22; 27.25-04 ... [Non 27.25-29�, 32-28; 28.23x32, 22-27; 29.32x14, 27x16; 30.29x12,
16x21; GN.] 27. ... 15-12; 28.08x15, 19x12; 29.20-24, 22-31;
30.05-09, 12-08; 31.02-06, 31-27; 32.23-28, 32x23; 33.24-28, 23-19; 34.06-10,
27-20; 35.10-13, 20-06; 36.13-17, 19-14; 37.04x25, 08-04; 38.17-21, 30-26;
39.21x30, 06-11; 40.25x07, 04x32; [EMP].
21.21-25,
11-07; 22.12-16, 07-03; 23.25-29, 19-14; 24.16-20� ...
Agora son as brancas as que cometen unha segunda equivocación. Aquí era
imprescindíbel evitar o avance do peón negro da casa «14».
Un bo plan podía ser 24.29-25, 03-07; 25.02-06, 07-04; 26.25-29, 18-13;
27.29-19, 14-11; 28.06x15, 04-11; 29.16-20, 13-09; 30.08-12, 11-06; 31.19-29,
06-11; 32.12-16, 11-18; 33.15-19, 18-13; 34.20-24, 13-03; 35.19-22, 03-06;
36.29-25, 06-03; 37.22-26, 30x21; 38.25x11, [GB].
24. ... 14-11;
25.20-24, 18-14;
Aínda que o condutor das brancas pensaba que a súa vantaxe era suficiente
para conseguir a vitoria. Nesta posición o empate é inevitábel.
26.24-28 …
Aquí comenta Belyamani que durante o xogo tamén analizou 26.29-19, 03-16;
27.19x10, 16x27; 28.10-14, 11-06�; 29.02x11, 27-20;
30.08-12, 20x06; 31.14-23, [GB]. Pero escolleu a textual pensando que gañaba
máis facilmente.
Na análise «post mortem» comprobou que calquera dos dous camiños conducen
ao empate. Na ruta antes indicada as negras, en lugar de 28. ... 11-06�; dispoñían da
seguinte defensa: 28. ... *27-23; 29.14x28, 32x23; 30.24-28, 11-07;
31.28-32, 23-20; 32.32-23, 20-16; 33.23-05, 07-03; [EMP].
26. … 11-07;
27.28-31, 07-04; 28.31-09, [EMP].
A loita continuou uns lances máis, pero non se pode impedir a coroación do
peón e o xogo terminou en empate.
1.09-13,
24-20;
Apertura «Dereita
Límite» teoricamente considerada como de prognóstico equivalente.
2.12-15,
28-24; 3.05-09, 23-19; 4.13-17 ...
Agora nunha liña da
«Crítica Ortodoxa» que se forma con 1.10-13, 23-19; 2.05-10, 28-23; 3.13-17,
23-20; 4.12-15. Con todo a posición tamén se pode formar doutras maneiras,
destacando especialmente esta da «Crítica Incidente» na que as brancas rexeitan
xogar a «Partida do Dique»: 1.10-13, 23-20; 2.12-15 ... [En lugar do habitual ataque á casa «dique»
2.13-18] 2. ...
28-23; 3.05-10, 23-19; 4.13-17,
4. ...
19x12; 5.07x23, 27x20; 6.10-14 ...
Nun enfrontamento Daniel
Machado vs. Medalha da Silva
disputado no 1º Campionato de Portugal en Lisboa no ano 1981 as brancas
preferiron 6.01-05 e tras 6. ... 32-28; 7.08-12, 20-15; 8.12x19, 22x15;
9.11x20, 24x15; 10.10-14, 21-18; 11.14x21, 25x18; 12.05-10, 28-23; seguise aquí
con 13.06-11, 15x06; 14.02x11, 23-19; 15.04-08, 30-27; 16.11-15, 19x12;
17.08x15, 27-23; 18.03-06, 31-28; 19.06-11, acordando o empate nesta altura.
Pero, curiosamente, tamén se podía optar por 13.03-07, que ata é máis
combativa, e así o xogo confluía con este que estamos a comentar.
6. ...
32-28; 7.08-12, 20-15; 8.12x19, 22x15; 9.11x20, 24x15; 10.03-07, 28-23;
11.01-05, 21-18; 12.14x21, 25x18; 13.05-10, 23-19;
Impedindo o corte con 14.06-11�, pois tras 14. ...15x06; 15.02x11, seguiría o golpe con
15. ...19-14; 16.10x19, 26-21; 17.17x26, 29x06; [GN].
14.10-13
...
Con este lance as
brancas comezan a enfraquecer o xogo. A mellor e máis segura continuación era 14.07-11!,
garantindo o equilibrio. Podería seguir 14. ... 15-12; 15.*17-21, 26x17;
16.11-14, 18x11; 17.06x22, 30-27; 18.04-08, 27x18; 19.08x15, 29-26; 20.02-06,
26-22; 21.06-11, 31-27; 22.10-14, 18-13; 23.09x18, 22x13; 24.15-19, 13-09;
25.19-22, 27x18; 26.14x21, [EMP].
14.
... 30-27; 15.13x22, 27x18; 16.06-11, 15x06; 17.02x11, 31-28; 18.07-12, 19-14;
Máis incisiva era 18.
... 28-24; ao que podía seguir 19.12-16, 19-14; 20.11-15, 14-11; 21.16-20,
11-06; 22.20-23, 06-02; e aquí as brancas tan só dispoñen da defensa 23.*15-20!,
24x15; 24.23-28, 02-06; 25.28-32, 06-03; 26.32-28, 15-11; 27.28-24, 03-06; 28.04-07,
11x04; 29.24x02, 18-14; 30.02-06, 04-08; 31.06-20, 14-10; 32.20-23, 10-06;
33.17-21, 26x17; 34.09-13, 17x10; 35.23x01, [EMP].
19.11-15
...
Aquí é preferíbel
19.12-16, 14x07; 20.04x11, 28-24; 21.11-15, 18-14; 22.16-20, 14-11; 23.20-23,
11-06; 24.23-27, 06-03; 25.27-31, 03-10; 26.09-13, 10-23; 27.13-18, 23-27;
28.31x22, 26x12; 29.18-22, 12-07; 30.22-27, 07-03; 31.27-31, [EMP].
19.
... 28-24; 20.04-08� ...
Perde. Era obrigada
20.12-16, 14-10; 21.16-20, 10-05; 22.20-23, 05-02; co mesmo final que vimos nos
comentarios da decimo-oitava xogada.
20.
... 14-10; 21.15-19, 10-05�;
Imprecisión de Adil
que perde a vantaxe. Exacto era 21. ... *10-06; [Para coroar atacando o peón da casa «12»] 22.19-23, 06-03; e agora se:
a) 23.23-28,
03x16; 24.28-32, 16-30; 25.32-01, 24-20; 26.01-23, 20-15; 27.23-01, 15-11;
28.08-12, 30-16; 29.12-15, 11-06; 30.01-32, 06-02; 31.15-19, 26-21; 32.17x26,
29x15; [GN].
b) 23.12-16, 03-10; 24.23-27, 10-23;
25.27-30, 23-14; 26.30x21, 14-04; 27.21x14, 04x18; 28.17-21, 18x25; 29.08-12,
25-14; [GN].
22.19-23,
05-01; 23.23-27, 01-23; 24.*27-30 ...
Non valía 24.27-31,
por 24. ... 23-30; 25.31x13, 26-21; 26.17x26, 30x16; [GN].
24.
... 23-14; 25.30x21, 14-04; 26.21x14, 04x18; 27.*12-15, 18-14;
Ou se 27. ... 18-11;
28.15-19, 11-14; 29.19-22, 14-18; 30.22-26, 29x22; 31.09-13, 18x09; 32.17-21,
22-18; 33.21-26, 18-13; 34.26-30, 09-05; 35.08-12, 13-09; 36.12-15, 05-28;
37.30-26, 28-23; 38.15-20, 23x16; 39.26-19, [EMP].
28.08-12,
29-26;
Se 28. ... 14-04; [Con idea de se 29.15-19, *04-21!;
30.17x26, 29x08; 31.09-13, 08-04; GN.] 29.*09-13, 04-14; 30.*12-16, 29-26; 31.*13-18, 14x21;
32.*15-19, 21-14; 33.*17-21, 26x17; 34.19-22, [EMP].
29.12-16
...
Segundo indicou Adil,
o mellor era 29.09-13 con posición de empate.
29.
... 14-10; 30.16-20� ...
E en situación de
poder salvar o xogo, as brancas volven efectuar por segunda vez unha perdedora.
Nesta altura aínda era posíbel o empate seguindo con 30.*17-21!!, 26x17; 31.*09-13,
10-03; 32.*15-19, 17x10; 33.*19-22 ... [Nótese que non vale 33.19-23�, por 33. ... *10-05; 34.23-27, *03-10!; 35.27-31,
*10-32!; 36.31-09, *05-02; 37.09-31, 02-09; GN.] 33. ... 03-12; 34.22-27, 10-05; 35.27-30, [EMP].
30.
... *10-05!; [GN].
Única. Agora as
brancas xa non teñen defensa. Belyamani indica estes dous posíbeis desenlaces:
a) 31.09-13, 05-09; 32.17-21, 26x10;
33.20-23, 10-05; 34.23-28, 24-20; 35.15x24, 09-31; 36.28-32, 05-01; [GN].
b) 31.17-21, 26x17; 32.09-13, 17x10;
33.20-23, 10-06; 34.23-27, 06-03; 35.27-31, 03-06; [GN].