venres, 31 de decembro de 2021

XX Campionato de Portugal de Rápidas. [Lisboa, 2021]


O pasado 6 de novembro tivo lugar no «Polo Cultural da Freguesía de Sāo Vicente» en Lisboa a XX edición do Campionato de Portugal de Partidas Rápidas.
 
Como ven sendo habitual este evento divídese en 5 sesións con emparellamentos realizados por sistema suízo. En cada enfrontamento son disputados 4 xogos con apertura libre e un tempo de reflexión de 30 minutos.
 
O vencedor da proba foi o xogador lisboeta Nuno Vieira que, tras perder na terceira sesión con Alcides Ferreira, conseguiu remontar para con 4 puntos adxudicarse o cetro por 5ª vez na súa carreira. O sub-campionato foi parar ás mans de Víctor Nédio que finalizou coa mesma puntuación, mentres que o principal favorito, Tiago Manuel Neves, tivo o titulo ao seu alcance ata o último momento, pero infelizmente foi desaproveitando sucesivas oportunidades acabando no terceiro posto con 3,5 puntos.






 

1.10-14, 23-19;


A carismática apertura «Diagonal Ortodoxa» que, a pesar de ser tan coñecida e estudada, presenta tal cantidade de variantes e transposicións que ningún xogador pode estar seguro de dominar.
 
2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.12-16 ...


Lance que define a «Lateral Esquerda» unha das máis famosas «Partidas do Río» na que curiosamente tamén veremos implicado a Tiago en dous xogos da 5ª sesión, aínda que nese caso conducindo o bando das negras.
 
4. ... 28-23; 5.07-12 ...
 

Menos común que 5.08-12, pero tamén moi atractiva. O seu estudo xa foi amplamente cuberto neste blog no artigo que publicamos o 8 de maio do ano 2018.
 
5. ... 21-17;


Diferindo da vía que usou no Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos do ano 2016 en São João da Madeira, no que Alcides contra o propio Tiago optou por 5. ... 21-18.
 
6.11-15, 26-21; 7.03-07, 21-18; 8.07-11, 25-21;


No noso estudo de maio do 2018 seguiamos con 8. ... 29-26; ou con 8. ... 23-20; esta última tamén escollida polo condutor das negras no 3º xogo da sesión que seguiu de modo teórico con 9.16x23, 27x20; 10.12-16, 19x12; 11.08x15, 31-27; 12.16x23, 27x20; 13.01-05, 30-27; 14.10-14, 27-23; 15.14x21, 25x18; 16.05-10, 23-19; 17.04-08, 19x12; 18.08x15, 20-16; 19.15-20, 24x15; 20.11x20, 16-12; acordando o empate nesta altura.
 
9.01-05, 23-20;


Frouxa. Mellor era 9. ... 29-26; 10.15-20, 24x15; 11.11x20, 18-14; 12.12-15, 19x12; 13.10x28, 31x15; 14.16-20, 27-23; 15.20x27, 30x23; 16.04-07, 12x03; 17.06-10, 03x13; 18.09x27, 15-11; 19.27-30, 23-19; 20.30-23, 19-14; 21.23x10, 11-07; 22.10-19, 07-04; 23.19x29, EMP. Como nun xogo Nuno Vieira vs. José Dias Pereira do 18º Campionato de Portugal de Partidas Rápidas celebrado en Casal Vistoso, Lisboa no ano 2019. Podería seguir 23. ... 17-13; 24.29-19, 21-17; 25.08-12, 04-14; 26.19x10, 13x06; 27.02x11, 17-13; 28.05-09, 13-10; 29.09-13, 10-05; 30.13-18, 05-02; 31.12-15, [EMP].
 
10.16x23, 27x20; 11.12-16, 19x12; 12.08x15, 31-27; 13.16x23, 27x20; 14.10-14, 29-25;


Agora a posición é a mesma que nun xogo Nuno Vieira vs. Camilo Silva disputado este ano no pasado mes de xuño no 1º Open Cidade de Lisboa-Santo Antonio que curiosamente foi celebrado nas mesmas instalacións. Nesa ocasión as negras tiñan escollido a variante con 4. ... 21-17; e o xogo seguiu con 5.07-12, 28-23; 6.11-15, 25-21; 7.03-07, 21-18; 8.07-11 ...


8. ... 23-20; 9.16x23, 27x20; 10.12-16, 19x12; 11.16x23, 31-27; 12.08x15, 27x20; 13.01-05, 29-25; 14.10-14, 26-21; confluíndo neste punto.
 
15.05-10, 20-16�;


Erro de Alcides que o deixa en posición perdedora. Obrigado era seguir con 15. ... *30-27; 16.14-19 ... [Interesante tamén resulta 16.09-13, 18x09; 17.14-19, 22-18!; 18.10-14 ... (Se 18.19-22, 27-23; 19.22-27 ... {Ou 19.10-14, 23-19; 20.14x23, 09-05; 21.02x09, 18-14; 22.11x18, 20x02; 23.23-28, 21x14; 24.28-32, 02-15; 25.32x01, 15x29; EMP.} 19. ... 09-05; 20.02x09, 18-13; 21.09x18, 21x05; 22.27-31, 05-01; 23.31-09, 01-14; 24.11x18, 20x02; 25.18-22, EMP. Ou se 18.19-23, 09-05; 19.02x09, 18-13; 20.23x30, 20-16; 21.09x18, 21x05; 22.11-14, 17-13; 23.14-18, 13-09; 24.18-22, 05-02; 25.04-08, 02x20; 26.08-12, 16x07; 27.30x03, 09-05; EMP.) 18. ... 20-16; 19.15-20, 24x15; 20.11x20, 18x11; 21.06x15, 17-13; 22.19-23, 27-22; 23.23-28, *13-10; 24.28-32, *09-05; 25.02x09, 10-06; 26.20-24, 22-18; (O modo máis sinxelo) 27.15-19, 16-12; (O complemento do movemento anterior) 28.19-22, 12-07; 29.04x11, 18-13; 30.09x18, 21x07; EMP.] 16. ... 18-14; 17.19x26, 14x05; 18.26-30, e agora se:
 
a) 18. ... 27-22�; [Perde] 19.30x16, 05-01; 20.16-03, 22-18; 21.04-08, 01-14; e atención ao remate:
 
u 22.09-13� ... [Semella gañador, pero permite un inesperado recurso defensivo] 22. ... *14x07; 23.03x16, 17x03; 24.15-19, 18-13; 25.08-12, 24-20; 26.16x10, 03x13; [EMP]. Deste modo finalizou o mencionado xogo do Open de Lisboa-Santo António.
 
u 22.*06-10, 14x04; [Se 22. ... 14x01; 23.11-14, 01x12; 24.08x15, GB.] 23.10-13, 17x10; 24.03x30, 04-14; [Ou 24. ... 18-14; 25.09-13, 14-11; 26.02-06, 11x02; 27.30-17, 02x20; 28.13-18, 04x21; 29.17x16, GB.] 25.*30-17, 14-04; [Se permanecen no «río» segue 26.17-21 e cae o peón e GB.] 26.17-10, 25-21; 27.10-17, 18-14; 28.17x26, 14-10; 29.26-29, 10-05; 30.29-25, 05-01; 31.02-05, 01x12; 32.08x15, [GB].
 
b) 18. ... *27-23; 19.06-10, *20-16; [Obrigada. Se 19. ... 05-01�; 20.10-13, 17x10; 21.30x03, 25-21; 22.15-19, 23x07; 23.03x17, GB. Ou se 19. ... 21-18; 20.*10-13, 17x10; 21.30-27, 18-13; 22.09x18, 10-06; 23.02x09, 06-03; 24.04-08, 20-16; 25.27x20, 16-12; 26.20-16, 03-07; 27.09-13, 07x21; 28.16x03, 21-14; 29.03-12, 14-10; 30.13-18, 10-23; 31.12-16, 23-01; 32.16-30, 01-10; 33.18-22, 10-05; 34.22-27, 05-23; 35.27-31, 23-01; 36.31-18, 01-28; 37.18-04, GB.] 20.30x20, *05-01; [De novo obrigada. Se 20. ... 16-12�; 21.20-30, 21-18; 22.10-13, 17x10; 23.30-17, 12-08; 24.17x03, 05-01; 25.02-05, 01x12; 26.03x16, 25-21; 27.16-07, GB. Ou se 20. ... 21-18�; 21.20-23, 05-01; 22.11-14, 18x11; 23.15-19, 01x14; 24.23-32, 14x23; 25.32x07, 24-20; 26.04-08, 20-15; 27.07-11, 15x06; 28.02x11, 25-21; 29.11-14, GB.] 21.11-14, 21-18; 22.14x21, 01x08; 23.20-11, 25x18; 24.11x21, 08-19; 25.09-13, 17x10; 26.21-14, 19-15; 27.14x01, [EMP].
 
16.*15-20 ...


O camiño gañador. Nótese que non valía 16.14-19�, por 16. ... 18-14; 17.11x27, 30x05; 18.15-19, 05-01; 19.19-22, 16-12; 20.22-26, 12-07; 21.04x11, 17-13; 22.09x18, 21x07; [GN].
 
16. ... 24x15; 17.11x20, 18x11; 18.06x15, 22-18; 19.04-07� ...


Unha medida profiláctica que impide o avance ao cadro «12» e posterior sacrificio en «7» para realizar o «tiro» con 18-13, pero que realmente constitúe unha importante imprecisión que concede un tempo decisivo pois a citada manobra non salvaría ás negras.
 
Correcto sería 19.20-23, 16-12; 20.23-28, 12-07; 21.04x11, 18-13; 22.09x18, 21x07; 23.15-20, 07-04; 24.28-31, 04-08; 25.20-23, 30-26; [Se 25. ... 08-29; 26.23-28, 29-08; 27.28-32, 08-29; 28.32-14, 29-08; 29.02-06, 08-26; 30.06-11, 26-08; 31.14-32, 08-04; (Se 31. ... 08-29; 32.32-19, 29x13; 33.31x09, GB. Ou se 31. ... 08-12; 32.31-27, 30x23; 33.32x08, GB.) 32.31-09, 04x01; 33.09-22, 25-21; 34.22-31, GB.] 26.23-28, 26-21; 27.10-14, 08-26; 28.31-09, 26-29; 29.28-31, 29-26; 30.09-05, 26-30; 31.05-01, 30-16; 32.31-09, [GB].
 
19. ... 18-13�;


Desperdicia a ocasión de recuperar a consistencia. A defensa estaba algo agochada pero era posíbel. O xogo agora  podía salvarse con 19. ... *30-27; 20.20-24, 18-13; 21.09x18, 21x05; 22.02x09, 27-23; 23.24-28, 25-21; e neste punto se:
 
a) 24.28-31, 21-18; 25.31x13, 17x10; 26.15-20, 10-05; 27.20x27, 05-01; [EMP].
 
b) 24.28-32, 16-12; 25.32x25, 12x03; 26.25-14, 03-06; 27.15-19, 06-15; 28.19-23, 15-19; [EMP].
 
c) 24.07-11, 16-12; 25.28-32, 12-07; 26.32x25, 07-03; 27.15-19, 03-10; 28.11-14 ... [Se 28.25-14, 10-06; 29.11-15, 06x24; 30.19-22, 24-15; (Se 30. ... 24-31�; para se as brancas avanzan o peón atacado seguir coa troca na casa «13», sería refutado con 31.*14-04, GB.) 31.22-27, 15-06; 32.27-31, 06-15; e o pase «09/17», aínda que resulta un pouco complicado, é de empate técnico] 28. ... 10-06; 29.14-18 ... [Se 29.19-23, *17-13!!; 30.09x18, *06-13; 31.18-21, *13-10; 32.14-19, *10-17; EMP. Se 29.25-29, *06-20; 30.19-22 ... (Ou 30.29-22, 20-11; 31.22-18, 11-15; 32.18-22, 15-11; EMP.) 30. ... 20-11; 31.14-19, 11-14; EMP. Ou se 29.25-21, *06-03; 30.19-23 ... (A clave do anterior lance é que se agora 30.14-18, as negras poden ir a dama con 30. ... *17-13; pois agora o peón non pode ser atacado desde «17») 30. ... *17-13; 31.09x18, 03-13; EMP.] 29. ... 17-13; 30.19-23, 13-10; 31.23-28, 10-05; 32.28-32, *06-10; 33.09-13, 10x17; 34.32x01, *17-13; 35.18-21, *13-17; [EMP].
 
20.09x18, 21x05; 21.02x09, 25-21; 22.20-23, 21-18; 23.23-28, 18-14; 24.28-32, 14-11; 25.07x14, 16-12; 26.14-18� ...


Intuitiva neste tipo de finais para desafogar a dama do «río», pero neste caso un novo erro. A técnica correcta era seguir con 26.*14-19, 12-07; 27.*19-23, 07-04; 28.*23-28, 04-11; 29.15-19, 30-26; 30.*28-31, 11-20; 31.*31-24, 20-27; 32.24-11, 17-13; 33.09x18, 27x13; 34.32-28, 13-27; 35.11-14, 27-31; 36.28-24, 31-27; 37.24-31, 27-30; 38.14-01, 30-16; 39.31-18, 16-03; 40.19-23, [GB].
 
26. ... 12-07; 27.18-21, 07-04; 28.21-25, 04-11; 29.15-19, 30-27; 30.25-29, 11-24; 31.19-23 ...


Non hai modo de impoñerse. Con todo, aquí as brancas deberían seguir con 31.29-25, para obrigar a defender con 31. ... *17-13; 32.09x18, *27-23; 33.19x28, 24x09; [EMP].
 
31. ... 27x20; [EMP].
 
Un xogo que afectou psicoloxicamente a Tiago, quen xa non puido sacar da cabeza como deixou escapar este final.
 
 
 

1.10-14, 23-19;


A «Diagonal Ortodoxa» considerada como a mellor forma estratéxica de iniciar os xogos, de aí a súa popularidade nos torneos con apertura libre.
 
2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.12-16 ...


A «Lateral Esquerda», unha das «Partidas do Río» máis utilizadas. O seu principal obxectivo é evitar o «Ataque á Frecha» [Casa «15»] que as negras poderían usar como manobra redutora contra 4.01-05. 
 
4. ... 28-23; 5.11-14 ...


Na denominada como «Fuga Nº15» na que as brancas realizan este movemento ao cuarto lance, se tras 4. ... 28-23; replican con 5.12-16, tamén atopamos esta mesma posición.
 
Co lance textual as brancas desvían do principal camiño no que se segue con 5.08-12, ou da liña 5.07-12, empregada por Tiago no primeiro xogo comentado neste artigo.
 
5. ... 21-18;


Adiantándose na ocupación do centro. Esta é a Liña «D2» do estudo que publicamos neste blog o 4/6/2015.
 
6.14x21, 25x18;


A captura natural, aínda que 6. ... 26x17; tamén ten os seus partidarios podendo a liña ir confluír con outras que se forman se ao sétimo lance do noso xogo principal as negras xogan 7. ... 26-21; seguido de 8. ... 21-17.
 
7.08-12, 31-28!;


A mellor, ameazando o disparo na casa «14».
 
Na alternativa 7. … 26-21; se 8.07-11, 21-17; entraríase nunha das posíbeis liñas que se mencionan no comentario anterior. A posición  ate tamén incluso se podería formar na variante de desvío do noso xogo con 5. ... 21-17; seguindo nesa altura con 6.08-12, 26-21; 7.07-11, 21-18; 8.14x21, 25x18.
 
8.10-13 ...


O tratamento máis habitual. Outras formas de seguir aquí poden ser:
 
a) 8.10-14, 19x10; 9.06x13, 23-19; e agora se:
 
u 10.07-11� ... [Perde] 10. ... *28-23; [Non 10. ... 19-14�; por 11.04-08, 14x07; 12.16-20, 24x15; 13.12x19, 22x15; 14.*13x31, 07-04; 15.31x06, e quen gañan son as brancas] 11.03-06 ... [Se 11.01-05, 19-14; 12.04-07, 14-10; 13.05x21, 26x10; 14.09-13, 29-25; 15.11-14, 22-19; 16.14-18, 19-14; 17.13-17, 10-05; 18.02x09, 14-10; 19.07-11, 10-05; 20.12-15, 05-01; 21.03-06, 23-20; 22.16x23, 01x28; 23.18-21, 25x18; 24.17-21, 27-23; 25.21-25, 23-20; 26.25-29, 18-14; 27.11x18, 20x02; 28.18-21, 28-14; 29.21-25, 14-04; 30.29-19, 30-26; 31.19x29, 04-08; EMP.] 11. ... 19-14;


12.12-15, 14x07; 13.04x11, *23-20; 14.16x23, 27x20; 15.01-05, como no 1º xogo da 7ª sesión do enfrontamento Nuno Vieira vs. Dmitri Ganopolski disputado no Torneo Internacional da Copa do Mundo que tivo lugar en Portimão no ano 2019 no que as negras teñen vantaxe decisiva, pero descoñecemos o desenvolvemento restante. Podería seguir 12.12-15, 14x07; 13.04x11, 23-20; 14.16x23, 27x20; 15.01-05, 20-16; 16.15-20, 24x15; 17.11x20, 16-12; 18.20-24, 12-07; 19.24-28, 07-03; 20.06-11, 03x17; 21.11-15, 18-14; 22.15-20, 14-10; 23.05x14, 22-18; 24.14x21, 30-27; 25.21x30, 27-23; 26.20x27, 29-26; 27.30x21, 17x32; [GN].
 
u 10.02-06 ... [A mellor] 10. ... 28-23; 11.06-10, 29-25; 12.03-06, 26-21; 13.13-17, 30-26; 14.10-13, 19-14; 15.07-11, 14x07; 16.04x11, 18-14; 17.11x18, 21x14; 18.13-18, 22x13; 19.09x18, 26-22; 20.12-15, 22x13; 21.15-19, 14-10; 22.19x28, 10x03; 23.16-20, 24x15; 24.28-31, 27-23; 25.31x09, 15-12; 26.01-05, 03-07; 27.05-10, [EMP.].
 
b) 8.04-08, 23-20!; [Manobra redutora. Agora sería fraca 8. ... 24-20; por 9.07-11, 28-24; 10.09-13, 18x09; 11.02-05, 09x02; 12.10-14, 19x10; 13.06x13, 02x15; 14.12x19x28, 26-21; 15.16x23, 27x20; 16.08-12, 29-25; 17.28-32, 20-16; 18.03-07, 21-18; 19.32-28, 18x09; 20.28-31, 30-27; 21.12-15, 24-20; 22.15x24, 25-21; 23.31-28, 21-17; 24.28-14, 17-13; 25.14-11, 13-10; 26.24-28, 22-18; 27.11x25, 10-06; 28.28-32, 06-02; 29.25-29, 27-22; 30.29x19, 02-06; 31.32-23, 06-10; 32.19x05, 09x02; EMP.] 9.16x32, 26-21; 10.32x14, 18x04; 11.06-11, 04x05; 12.01x10 ... [Alcanzando un final de seis peóns contra seis] 12. ... 24-20; 13.02-06, 27-23; 14.10-13, 22-19; 15.06-11, 20-16; 16.11-15, 16x07; 17.03x12, 19-14; 18.15-19, 23-20; 19.19-23, 14-10; 20.23-28, 10-05; 21.12-16, 20-15; 22.16-20, 21-17; 23.13-18, 17-13; 24.20-23, 13-10; 25.18-22, 15-11; 26.28-32, 11-06; 27.22-27, 06-02; 28.27-31, 05-01; 29.31-24, 29-26; 30.23-27, 30x23; 31.32x29, 10-06; [EMP].
 
8. ... 24-20; 9.04-08 ...


Anticipándose ao ataque na casa «15». Para impedir o referido avance as brancas dispoñen das seguintes alternativas:
 
a) 9.07-11 ... [Frouxa] 9. ... 28-24; 10.04-08, 19-14!; 11.03-07, 23-19; 12.16x23, 27x20; 13.13-17, 19-15; 14.12x19, 22x15; 15.09-13, 18x09; 16.11x18, 29-25; 17.17-21, 26x17; 18.01-05, 20-16; 19.05-10, 30-27; 20.10-14, 27-23; 21.07-11, 23-20; 22.18-21, 25x18; 23.14x21, 16-12; 24.21-26, 12-07; 25.26-30, 07-03; 26.30x16, 03x10; 27.11x20, 24x15; 28.*16-07, 10-23; [Se 28. ... 17-13; 29.07-12, 15-11; 30.12-03, 10-01; 31.03x17, EMP.] 29.07-21, 23-10; 30.21-18, 10-28; 31.18-07, [EMP]. As negras non teñen forma de progresar.
 
b) 9.06-11, 28-24; 10.04-08, 29-25; [Ou se 10. ... 26-21; 11.13-17, 29-25; 12.17x26, 30x21; 13.02-05, 21-17; 14.09-13, 18x02; 15.11-14, 19x10; 16.07-11, 02x15; 17.12x19x28, 20-15; 18.28-32, 10-06; 19.03x10, 15-11; 20.10-13, 17x10; 21.32x05, 11-07; 22.16-20, 24x15; 23.05-02, 22-18; 24.02x30, 07-03; 25.30-23, 18-13; EMP.] e nesta altura se:
 
u 11.01-05� ... [Perde] 11. ... 26-21; 12.13-17 18-14; 13.17x26, 30x21; 14.11x18, 21x14; e a ameaza de tiro resulta definitiva [GN].
 
u 11.13-17, 20-15; [Interesante é 11. ... 18-14; 12.11x18, 22x13; 13.09x18, 26-21; 14.17x26, 30x14; 15.*03-06, 25-21; 16.06-10, 14x05; 17.01x10, 21-18; 18.07-11, 20-15; 19.11x20, 24x15; 20.02-05, 18-14; 21.10-13, 27-22; 22.*05-09, 14-10; 23.13-18, 22x13; 24.09x18, 10-05; 25.18-22, 05-02; 26.22-27, 15-11; 27.27-31, 11-06; 28.12-15, 19x12; 29.08x15, 02-05; 30.31-28, EMP.] 12.11x20, 24x15; 13.07-11, 15x06; 14.02x11, 18-13; 15.09x18, 22x13; 16.11-15, 27-22; 17.15-20, 19-14; 18.20x27, 30x23; 19.12-15, 23-19; 20.16-20, 19x12; 21.08x15, 14-11; 22.20-24, 11-06; 23.03x10, 13x06; 24.24-28, 06-02; 25.28-31, 02x24; [EMP]. Como nun xogo Nuno Vieira vs. José Dias Pereira do Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos disputado en Vizela no ano 2019.
 
u 11.02-06 ... [A mellor. Continuación empregada no noso estudo que publicamos no 4/6/2015] 11. ... 26-21; [Máis incisiva que 11. ... 19-14; 12.06-10, 14x05; 13.01x10, 26-21; 14.13-17, 22-19; 15.17x26, 30x21; 16.12-15, 19x12; 17.08x15, 27-22; 18.10-14, 21-17; 19.14x21, 25x18; 20.07-12, 17-13; 21.03-06, 18-14; 22.11x27, 20x02; 23.09x18, 02-11; 24.18-22, 11-04; 25.27-31, 04-08; 26.31-28, 08x29; 27.28x14, EMP.] 12.06-10, 20-15; [Se 12. ... 21-17; 13.12-15, 19x12; 14.08x15, e as brancas están mellor. Podería seguir 14. ... 25-21; 15.07-12, 23-19; 16.16x23, 27x20; 17.12-16, 19x12; 18.16x23, 12-08; 19.23-28, 24-20; 20.28-31, 08-04; 21.31-24, 04x05; 22.24x26, 17x10; 23.26x06, 05-19; 24.06-11, 18-13; 25.09x18, 19-14; 26.11-04, 14x25; 27.03-06, 25-29; 28.06-10, 29-26; 29.04-07, 30-27; 30.10-13, 27-22; 31.13-17, 22-19; 32.07-11, 26-22; EMP.] 13.11x20, 24x15; 14.13-17, 15-11; 15.07x14, 18x11; 16.17x26, 30x21; 17.12-15, 19x12; 18.08x15, 11-06; 19.10-13, 06-02; 20.13-17, 02x20; 21.17x26, 22-19; 22.26-29, 27-22; 23.01-05, 20-11; 24.29-26, 11-15; 25.09-13, 15-02; 26.16-20, 02x18; 27.20x27, 18-14; 28.27-31, 14-04; 29.31x09, 04-08; 30.26x15, 08x19; [EMP].
 
9. ... 28-24;


Aquí tamén son interesantes:
 
a) 9. ... 20-15; [A elixida no noso estudo do 4/6/2015] 10.07-11, 28-24; 11.11x20, 24x15; 12.13-17, 18-14; 13.01-05, 26-21; 14.17x26, 30x21; 15.09-13, 21-18; 16.13-17, 29-26; 17.03-07, 18-13; 18.06-11, 15x06; 19.02x18, 13-09; 20.18-21, 09x02; 21.21x30, [EMP].
 
b) 9. ... 19-14; con estas posibilidades:
 
u 10.06-11�, 22-19; 11.13x31, 28-24; 12.11x18, 30-27; 13.31x15, 20x04; 14.12-15, 04x25; [GN].
 
u 10.01-05, 28-24; 11.06-11, 14-10; 12.05x21, 26x10; 13.09-13, 22-19; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 27-22; 16.*13-18, 22x13; 17.15-19, 23x14; 18.16x23, 13-09; 19.11x18, 10-05; 20.23-28, 05-01; 21.28-31, 01-14; 22.18-22, 14x04; 23.03-07, 04x18x27; 24.31x22, 24-20; 25.22-19, 30-26; 26.19-23, 20-15; 27.23-30, 15-12; 28.30x21, 12-08; 29.21-04, 29-26; 30.04-14, [EMP].
 
10.13-17 ...


Se 10.07-11, ou 10.06-11, entroncaría en liñas xa vistas nas notas correspondentes ao noveno lance branco. Para 10.06-10, o lector pode ver o 3º xogo que tamén comentaremos neste mesmo artigo.
 
10. ... 29-25;


As negras aquí dispoñen de varias rutas máis ou menos equivalentes. Vexamos outras hipóteses:
 
a) 10. ... 20-15; 11.07-11, 29-25; 12.11x20, 24x15; 13.01-05, 25-21; 14.06-11, 15x06; 15.02x11, 19-14; 16.12-15, 14x07; 17.03x12, 23-19; 18.16-20, 18-14; 19.12-16, 19x12; 20.08x15, 14-11; 21.20-23, 27x20; 22.16x23, 11-06; 23.23-28, 22-18; 24.15-19, 06-02; 25.28-32, 02-20; 26.19-22, 26x19; 27.17x26, 30x21; 28.32x10, [EMP].
 
b) 10. ... 26-21; 11.17x26, 30x21; 12.07-11, 29-25; 13.09-13, 18x09; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 21-17; 16.01-05, 22-18; 17.05-10, 18-13; 18.10-14, 13-10; 19.06x13, 17x10; 20.15-19, 10-05; 21.19x28, 05-01; 22.16x30, 01x32; 23.11-15, 32-10; [EMP].
 
c) 10. ... 18-14; 11.09-13, 14-10; 12.07-11, *19-14!; 13.11x18, 22-19; 14.06-11, 20-15; 15.11x20, 24x15; 16.03-07, 15-11; 17.07x14, 10-06; 18.02x11, 19x10; 19.17-21, 26x17; 20.12-15, 10-06; 21.11-14, 17x10; 22.01-05, 10x01; 23.08-12, 01x19; 24.15x31, 06-03; 25.18-21, 23-19; 26.31-28, 03-17; 27.28x14, 17x08; [EMP].


Para ser campión, Nuno precisaba gañar a Tiago e esperar que Alcides Ferreira [Que o tiña derrotado na 3ª sesión] perdese con Vitor Nédio. Pola súa parte Tiago, se gañaba era campión, pero podía valerlle o empate sempre que Alcides non gañase a Nédio.
 
11.06-10 ...
 

Moi cómoda para as brancas é aquí a liña 11.07-11, 19-14; [Ou 11. ... 20-15; entroncando na liña da variante «a» do comentario anterior] 12.03-07, 22-19; 13.09-13, 18x09; 14.11x18, 26-21; 15.17x26, 30x14; 16.06-10, 14x05; 17.01x10, 25-21; 18.02-05, 09x02; 19.07-11, 02x15; 20.10-14, 19x10; 21.12x28, 27-22; 22.16x23, 10-05; 23.28-31, 05-01; 24.31x25, 01x32; [EMP].
 
11. ... 18-13; 12.09x18, 22x06; 13.02x11 ...

 
Complicando enormemente o futuro do xogo. Adecuado era 13.03x10, 25-21; 14.07-11, 21-18; 15.12-15, 19x12; 16.08x15, 27-22; 17.10-14, 26-21; 18.17x26, 30x21; 19.01-05, 18-13; 20.05-09, 13-10; 21.09-13, 10-06; 22.13-17, 06-03; 23.17x26, 03-07; 24.26-29, 22-18; 25.14x21, 07x25; 26.15-19, 23x14; 27.16x23, [EMP].
 
13. ... 25-21; 14.12-15� ...


Isto xa deixa ás brancas en posición perdida. A defensa agora só era posíbel seguindo con gran precisión: 14.*01-05, 21-18; 15.*05-09, 27-22; 16.*12-15, 19x12; 17.08x15, 26-21; 18.17x26, 30x21; 19.*07-12, 21-17; 20.*03-07... [Se 20.03-06�, *17-13; 21.11-14, *20x02; 22.14x21, 13-10; 23.09-13, 10-05; 24.13-17, 02-11; 25.21-26, 05-02; GN.] 20. ... 17-13; 21.*11-14, 18x04; 22.09x27, 20x11; 23.*12-15, 11-06; 24.*27-30, 06-02; 25.30x20, 04-08; 26.*20-30, 08x19; 27.*30-21 ... [Se 27.30-17�, 19-32; 28.17-03, 02-15; 29.03-17, 15-11; 30.17-30, 11-07; 31.30-17, 07-03; 32.17-30, 32-23; 33.30x20, 24x15; 34.16-20, 03-10; GN.] 27. ... 02-06; 28.21-04, [EMP].
 
14. ... 19x12; 15.08x15, 21-18; 16.07-12, 18-13; 17.11-14 ...


Un intento desesperado, en vista de que se 17.03-06, 27-22; as brancas están forzadas a seguir con 18.01-05, e o peón avanzado das negras vai a dama.
 
17. ... 20x11; 18.14-18 ...
 

Se 18.12-15, 11-07; 19.03x12, 23-20; 20.16x23, 27x11; 21.14-18, 11-07; 22.18-21, 07-03; 23.21-25, 03x16; 24.25-29, 26-21; 25.17x26, 30x21; [GN].
 
18. ... 11-07; 19.18-21, 07-04; 20.21-25, 26-22; 21.17-21 ...
 

Se 21.25-29, 22-19; 22.29x15, 23-20; 23.16x23, 27x11; 24.17-21, 04-08; [GN].
 
21. ... 22-19; 22.21-26, 30x21; 23.25-29, 27-22;


Neste punto Tiago consumiu bastante tempo e se ben segue cun lance que mantén a esmagadora vantaxe, desperdiciou a oportunidade de gañar fulminantemente cun fermosísimo golpe.


O xogo podería pasar a formar parte de calquera antoloxía se fose rematado con 23. ... 13-10!!; 24.29x15, *23-20!!; 25.16x30, *24-20; 26.30x06, 20x02; [GN].
 
24.12-15, 19x12; 25.29x08, 04-14�;


Tremendo deslice pensando só que non vale a «luneta» con 26.08-19�, por 27. ... 14-07; [GN].
 
Un posíbel modo para definir o xogo podería ser 25. ... 21-17; 26.08-22, 13-09; 27.22-15, 04-21; 28.15-29, 17-13; 29.29-22, 13-10; 30.22-15, 21-30; 31.15-08, 09-05; 32.08-04, 05-02; 33.04-18, 02-09; 34.18-04, 24-20; 35.04-08, 20-15; 36.08x28, 30-27; 37.28x05, 09x02; [GN].
 
26.*08-04 ...


Nuno non desaproveita o «agasallo» para salvar o xogo.
 
26. ... 21-18; 27.03-06, 14-10; 28.04x25, 10x03; 29.01-05, 03-12; 30.05-09, [EMP].


Neste punto acordaron o empate.
 
 

1.10-14, 23-19;


A mesma apertura do 1º xogo que vai seguir de modo completamente igual ata o décimo lance no que as brancas varían.
 
2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.12-16, 28-23; 5.11-14, 21-18; 6.14x21, 25x18; 7.08-12, 31-28; 8.10-13, 24-20; 9.04-08, 28-24; 10.06-10 ...

 
Nesta altura Nuno aparta do camiño seguido no enfrontamento inicial da sesión.
 
10. ... 29-25; 11.07-11 ...


Con 11.13-17, as brancas aínda poderían reconducir a liña á do referido 1º xogo.
 
11. ... 26-21; 12.13-17, 18-14; 13.17x26 ...


Moi frouxa, as brancas agora van pasar serios apuros para poder salvarse. O mellor era seguir con 13.11x18, 22x06; 14.17x26, 30x21; 15.02x11, 20-15; 16.11x20, 24x15; 17.03-06, 21-18; 18.06-10, 15-11; 19.12-15, 19x12; 20.08x15, 11-07; 21.10-13, 27-22; 22.15-20, 23-19; 23.13-17, 07-03; 24.20-23, 19-14; 25.23-27, 14-11; 26.16-20, 11-06; 27.27-30, 06-02; 28.20-24, 03-10; 29.17-21, 10-32; 30.21-26, 18-14; 31.30-27, 22-18; 32.27x13, 02-05; 33.01x19, 32x30; 34.24-28, [EMP].
 
13. ... 14x07; 14.*09-13 ...


Única. Se 14.26-29�, 22-18; 15.29x15, 20x11; 16.12-15, 07-04; [GN].
 
14. ... 30x21; 15.13-17, 21-18; 16.17-21, 18-13!;


A que máis dificulta a defensa.
 
17.10x17, 25x18; 18.17-21, 07-04; 19.21-26, 18-13; 20.26-30� ...


Lance inadecuado nunha posición na que tan só valía 20.*03-06, 04-25; 21.26-30 ... [Entronca na liña do xogo sen pasar pola situación perdedora] 21. ... 22-18; [Máis incisiva que o 21. ... 13-09; efectuado por Tiago] 22.01-05, 18-14; 23.12-15, 19x12; 24.08x15, 20x11; 25.06x15, 13-10; 26.30-17, 10x01; 27.15-20, 24x15; 28.02-05, 01x10; 29.17x24, 25-29; 30.24-28, 23-19; 31.16-20, 27-22; 32.20-23, 19-15; 33.23-27, 22-19; 34.27-31, 15-12; 35.31-18, [EMP].
 
20. ... 04-25�;


Imprecisión de Tiago que permite traspoñer á liña defensiva indicada na nota anterior. O ataque correcto sería con 20. ... *13-10!; 21.02-06 ... [Se 21.02-05, 04-14; 22.05-09, 14-04; 23.09-13, 04-18; 24.13-17, 18-25; e agora a dama branca aínda que dispón da casa «26», cae tras 22-18 con doada vitoria negra] 21. ... *10-05!; 22.01x10, *22-18; 23.30-17, *18-13; [Se 23. ... 18-14�; 24.*06-11, 14x05; 25.12-15, 19x12; 26.08x15, 04x14; 27.17-10, 20x11; 28.10x28, 05-01; 29.28-31, 27-23; 30.31-09, e as brancas empatan] 24.17-30, 13-09; 25.10-13, 09-05; 26.13-17, 05-02; 27.06-10, 04-25; 28.12-15, 19x12; 29.08x15, 20x11; 30.10-14, 23-19; [Manobra tipo «Alonso Guerra»] 31.30x06, 02x18; [GN].
 
21.03-06, 13-09;


Máis problemas causaría 21. ... 22-18; que como vimos vai entroncar nunha posición xa analizada nas notas do vixésimo lance das brancas.
 
22.12-15� ...


Segundo erro grave de Nuno que así volve  estar en posición perdida.
 
22. ... 19x12; 23.08x15, 20x11; 24.06x15, 25-04�;


Tiago desaproveita esta nova oportunidade. Correcto sería 24. … *23-20; 25.30x23 ... [O mal menor para non perder un peón] 25. ... 20x11; 26.23-27, 22-19; e agora se:
 
a) 27.27-23, 19-15; 28.23-19, 25-29; 29.19x08, 11-07; 30.01-05, 07-04; 31.05-10, 04-07; 32.10-13, 07-12; 33.08x15, 29x12; 34.13-18, 12-26; [GN].
 
b) 27.27-22, 19-15; 28.22x08, 25-29; 29.01-05, 11-07; 30.05-10, *07-03; [Non 30. ... 07-04�; por  31.*02-06, 04-07; (Ou se 31. ... 09-05; 32.10-14, 04x25; 33.16-20, 24x15; 34.08x01, GN.) 32.10-14, 07x25; 33.08-04, 29-15; 34.04-08, 15x02; 35.16-20, 24x15; 36.08x19, EMP.] 31.08-04, 03x13; 32.04-14, 29-08; 33.14-01, 08-04; 34.01-32, 13-03; 35.32-01, 24-20; 36.16x23, 03-06; 37.02x11, 04x32; [GN].
 
25.30-26 ...


O final agora empátase de modo sinxelo e non precisa máis explicacións.
 
25. ... 22-18; 26.26-22, 04-08; 27.22x31, 08x22; 28.01-05, 22-19; 29.31x13, 19x01; 30.13-22, 01-10; 31.22-15, 10-17; 32.15-22, 17-21; 33.22-15, 21-25; 34.15-29, 24-20; 35.29-22, 25-29; 36.22-31, [EMP].
 
 

1.10-14, 22-19;


Apertura «Diagonal Cruzada» de prognóstico lixeiramente favorábel para o primeiro bando.
 
2.12-15 ...


A variante do cambio, principal fuga ao habitual 2.05-10.
 
2. ... 19x10; 3.05x14, 21-17;


Apartando das principais liñas teóricas que son 2. ... 23-19; ou 2. ... 23-20.
 
4.08-12 ...


Aquí o máis habitual é 4.01-05, 23-19; [Un xogo Marion Tinsley vs. Elbert Lowder disputado no 27º Torneo Americano que se celebrou en Houston no ano 1970 seguiu con 4. ... 23-20; 5.14-18, 28-23; 6.05-10, entroncando nunha liña da variante con 3. ... 23-20; que segue 4.01-05, 28-23; 5.05-10, 21-17; 6.14-18, alcanzando así o punto de confluencia. O desenvolvemento podería continuar con 6. ... 32-28; 7.10-14, 20-16; 8.06-10, 26-21; 9.02-06, 23-20; 10.18-22, 27x18; 11.10-13, 17x10; 12.06x22, 30-27; 13.22-26, 29x22; 14.14-19, 22-18; 15.19-22, 18-14; 16.11x18, 21x14; 17.22-26, 20x11; 18.26-30, 28-23; 19.08-12, 14-10; 20.07x14, 16x07; 21.03x12, 27-22; 22.30x16, 22-18; 23.14x21, 25x18; 24.16-23, 10-06; 25.23-01, 06-03; 26.12-16, 24-20; 27.16x23, 03-16; EMP.] 5.14x23, 28x12; 6.08x15, 32-28; 7.05-10, 28-23; 8.11-14, 26-22; 9.06-11 ... [Formando unha posición que tamén pode aparecer na variante do cambio da «Paralela Ortodoxa» construída con 1.12-15, 23-19; 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 22-19; 4.14x23, 28x19x12; 5.08x15, 32-28; 6.01-05, 28-23; 7.05-10, 21-17; 8.10-14, 26-22; 9.06-10. ] 9. ... 30-26; 10.07-12, 25-21; [Ou 10. ... 17-13; 11.09x18, 22x06; 12.03x10, 26-22; 13.02-05, 25-21; 14.05-09, 21-17; 15.12-16, 22-19; 16.15x22, 27x18; 17.14x21, 29-26; 18.21x30, 31-28; 19.30x20, 24x06; 20.16-20, 06-02; EMP. Como nun xogo que (Iniciado coa mencionada variante da «Paralela Ortodoxa») disputaron José Ramalho vs. Fernando Gonçalves no Torneo Aniversario do C.C.D. de Sāo Joāo da Madeira no ano 2018] 11.12-16, 22-19; 12.15x22, 26x19; 13.04-08, 19-15; 14.11x20, 24x15; 15.03-06, 27-22; 16.06-11, 15x06; 17.02x11, 31-28; 18.*08-12 ... [18.11-15�, 28-24; 19.09-13, 29-25; 20.15-19, 22x15; 21.13-18, 23-19; 22.14x23, 21x05; 23.23-28, 05-01; 24.28-31, 15-11; GN. Como nun xogo José Rocha vs. Fernando Gonçalves do 5º Torneo de Lousado celebrado no ano 2012] 18. ... 28-24; 19.09-13, 29-25; 20.12-15, 21-18; 21.14x21, 25x09; 22.11-14, 09-05; 23.14-19, 23x14; 24.10x26, 17-13; 25.26-29, 05-01; 26.15-20, 24x15; 27.29x08, [EMP].
 
4. ... 26-21; 5.01-05, 29-26�;


Permite golpe. Nesta altura era mellor xogar primeiro 5. ... 23-20; ao que podía seguir 6.14-18, 21x14; 7.11x18, 20x11; 8.07x14, 24-20; 9.06-11, 20-16; 10.04-07, 27-23; 11.05-10, 30-26; 12.02-05, 28-24; 13.12-15, 32-28; 14.09-13 ... [Ou se 14.18-21, 25x18; 15.14x30, 23-19; 16.15x22, 28-23; 17.30x20, 24x06; 18.10-14, 06-02; 19.14-18, 16-12; 20.07x16, 02-11; 21.16-20, 11x24; 22.03-07, 24-28; 23.18-21, 28x01; 24.21-26, 01-14; 25.26-30, 14x04; 26.30-23, 04-07; 27.09-13, 17x10; 28.23x05, EMP.] 14. ... 23-20; 15.05-09, 26-21; 16.18-22, 21-18; 17.14x21, 25x18; 18.15-19, 28-23; 19.19x28, 20-15; 20.11x20, 24x15; 21.28-32, 15-12; 22.32-19, 12-08; 23.07-12, 16x07; 24.03x12, 08-04; 25.10-14, 17x10; 26.14x21, 04x25; 27.19x05, 25-18; [EMP].
 
6.06-10� ...


Tiago aquí dispoñía de 4:35 minutos pero xoga ao toque sen ver que con 6.*09-13, 17x01; 7.04-08, 01x19; 8.15x29, [GB].
 
6. ... 23-20; 7.12-16, 17-13; 8.*16x23 ...
 

Única.
 
8. ... 28x12; 9.10x17� ...


Das tres capturas, esta é a única que perde. Agora son as brancas as que permiten golpe.
 
9. ... 31-28;


E Nuno non desaproveita a ocasión.
 
10.07x16, 24-20; 11.16x23, 28x01; 12.02-05, 01x07; 13.04x11, 21-18; [GN].
 

Agora a vantaxe negra resulta máis que evidente e as brancas abandonan.