sábado, 25 de setembro de 2010

Partida Clásica. Liña "D" [5. ... 23-20]

Unha semana máis continuamos co estudo que estamos a facer da popular Partida Clásica. Nesta ocasión examinaremos a Liña "D", coñecida desde os tempos do tratadista Lorenzo Valls que publicou o seu libro no ano 1597.

[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12, 20-16; 4.03-07, 28-23; 5.05-10 ... ]


5. ... 23-20

Invitando a que as brancas constrúan un centro superpoboado para deseguido intentar a súa inmobilización ou minado. A “Enciclopedia” portuguesa considéraa como fraca, con todo é unha das liñas máis xogadas.

POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 23-20;


6.15-19 ...

Aceptando a invitación.

O lance 6.01-05, que nalgún tempo foi considerado como bo non é tal. A resposta 6. ... 26-22! deixa as brancas nunha situación precaria: 7.15-19, 22x15; 8.12x19, 20-15; 9.11x20, 24x15; 10.10-13, 18x11; 11.07x14, 16-12; 12.06-10 como na partida entre Vaz Vieira e Vítor Cuhna do “XXI Torneo da Covilha”, 2005. Neste momento as negras poden gañar xogando 12. ... 21-18; máis o mestre setubalense continuou con 12. ... 27-23; e despois do cambio as brancas tiveron a oportunidade de igualar con 14. 14-18! que curiosamente non aproveitaron permitindo así a Cunha gañar o torneo.

6. ... 27-22

Comezando a traballar sobre o centro. Non obstante, as negras dispoñen doutras alternativas:

• 6. ... 21-17; (arriscada e interesante, aínda que pouco documentada) 7.14x21, 25x18; 8.11-15, 20x11; 9.07x21, 16x07; 10.04x11, 27-22; 11.19-23, 31-27; (non valen nin 29-25, nin 31-28 por 12. 23-27, G.B.) 12.10-14, 27x20; 13.14-18, 22x13; 14.09x18, 29-25; 15.11-15, 20x11; 16.06x15, 17-13; 17.01-05, 26x17; 18.08-12, 32-28; 19.15-19, as brancas teñen a iniciativa e poden gañar.

• 6. ... 27-23; [fuga que debilita o flanco de río] 7.19x28, 32x23; 8.01-05, 31-28; [As negras teñen que parar a ameaza 09-13 seguido da punteira 14-18. Para isto non é aconsellable 8. ... 26-22; 9.14-19, 23x14; 10.10x26, 29x22; 11.05-10, 31-27; (A contestación 11. ... 30-27; xogada en Elbert Lowder vs. Paul Davis do Cto. EEUU de 1981, en damas clásicas refútase con 12.10-14 que ten por idea seguir con 09-13 e a xudia con 02-05 e 06-10; pois a defensa con 21-17 perde polo tiro con 11-15 e 07x21) 12.10-14 ... (Aquí desviámonos da Guía de Lees) 12. ... 27-23; 13.09-13, 18x09; 14.02-05, 09x02; 15.06-10 e 17.12x26 e poden G.B.] 9.12-15, 26-22; [Única. Se 9. ... 30-27; 10.10-13 G.B. ou se 7. ... 21-17; 8.14x21, 25x18; 9.10-14, 26-21; 10.06-10, 30-27; 11.09-13 envio a dama e G.B.] 10.08-12! ... (Preferible ao 10.15-19 xogado nun dos encontros entre James Wyllie e Robert Martins no que se chegou a esta posición, por diferente orde, partindo dun atípico 4. ... 27-23) 10. ... 29-26; [Se 10. ... 30-27; 11.09-13, 18x09; 12.10-13 con moi forte posición. Por exemplo: 12. ... 21-17; 13.13-18, 22x13; 14.14-18, 29-26??; (14. ... 25-21!; parece mellor, pero con: 15.18x25, 29-26; 16.15-19, 23x14; 17.11x18, 26-21; 18.06-11, 21x14; 19.11x18, 27-23; 20.12-15 as brancas tamén teñen moi boas posibilidades) 15.15-19, 23x14; 16.18-21, 25x18; 17.05-10, 14x05; 18.06-10, 13x06; 19.11-15, 20x11; 20.07x30, 16x07; 21.30x01 G.B. Unha das combinacións máis fermosas que se poden presenciar no xogo de damas.] 11.14-19, 23x14; 12.10x19, *21-17; 13.06-10, *25-21; 14.02-06!, *18-14; 15.11x25, 20x02; 16.12-15, 02x20; 17.25-29, 22x15; 18.29x08, 20-27; 19.07-11, 27-31 Emp. Se 20.08-19, 30-27 e 27-22 con idea de 17-13 etc.

• 6. ... 20-15; [Unha xogada lóxica a primeira vista pero pouco recomendable. Na 1ª edición da Enciclopedia Damista ata chegou a ser cualificada como perdedora] 7.11x20, 18x11; [Obrigada, pois se 7. ... 20x14; que parece máis natural, as brancas aplican a famosísima combinación de Lorenzo Valls: 8.19-23!, 27x20; 9.12x19, 18x11; 10.06x24, e gañan un peón e o xogo] 8.06x15, e se agora 8. ... 32-28; 9.01-05, traspón á liña A. Outras opcións son:

▬► 8. ... 21-18; 9.10-13, 18-14; [se 9. ... 26-22; 10.19x26, 29x22; 11.15-19, 22x15; 12.13x22, 27x18; 13.12x19, 24x15; -Canalejas- 14.07-12 G.B.] 10.19-22, 27x18; 11.13x22, 26x19; 12.15x22, 24x15; 13.12x19, 30-27; 14.19-23, 27x18; 15.09-13, 18x09; 16.23-27 e segundo Canalejas gañan brancas con 07-12.

▬► 8. ... 21-17; 9.01-05, 27-22; [se fan 9. ... 32-28; párase a ameaza con 10.10-14 e se prefiren 9. ... 26-22; segue 10.19x26, 29 x22; 11.10-14, 32-28; 12.05-10, 25-21; 13.09-13 G.B.] 10.10-14, 22-18; 11.14x21, 25x18; 12.05-10, 18-14; [ou 12. ... 18-13; 13.09x18, 26-22; 14.18x27, 30x05; 15.02x09, 31-27; 16.15-19, 24x15; 17.19-23, 27x20; 18.12x19, 32-28; 19.19-22, e as brancas gañan] 13.02-05, 31-27; 14.19-23, 14-11; 15.07x14, 16x07; 16.04x11, 27-22; 17.14-19, 22-18; 18.10-14, 17-13; 19.14x21, 26x17; 20.09x18, 17-13; 21.18-22 e as brancas teñen posición gañadora.

▬► 8. ... 27-22; 9.10-13 ... [Nun famoso xogo da emocionante eliminatoria Robert Stewart vs. Harry Freedman do "8º Torneo Escocés" disputado no 1900, seguiu con 9.01-05, 21-18; 10.10-13, 31-27; e 11.19-23 que perde en damas clásicas polo golpe con 32-28 e 27-23. O adecuado movemento na nosa modalidade sería 11.13-17 para traspoñer á variante que aquí recomendamos] 9. ... 31-27!; [O autor clásico Juan García Canalejas xa indicou no 1650 que se 9. ... 21-17 as negras perden con 10.19-23 seguido de 11.23-27. Igualmente se 9. ... 21-18; 10.19-23, 22-19; 11.13x22, 19-14; 12.22-27, 31x22; 13.23-28, 32x23; 14.20x27, 30x23; 15.15-19, 22x15; 16.12x28 G.B.] 10.13-17, 21-18; [Se 10. ... 32-28; 11.19-23, 28x19; 12.20-23, 27x11; 13.07x23, 16x07; 14.04x11, 22-18; 15.09-13 e 16.23-28 con boas posibilidades] 11.01-05, 32-28; [11. ... 18-13; 12.09x18, 22x13; 13.05-10, 13x06; 14.02x11, 27-23; (non 14. ... 25-21; por 15.20-23!! e 16.19-22 G.B.) 15.19x28, 32x13; 16.20x27, 30x23; 17.11-14, 23-20; 18.15-19, 20-15 e as negras acaban por salvarse] 12.19-23, 28x19; 13.20-23, 27x11; 14.07x23, 16x07; 15.04x11, 24-20; 16.23-28, 22-19; 17.09-13, 18x09; 18.28-32, 19-15; 19.32-10, 15x06; 20.10x03, 20-15!; 21.03-06, 30-27! EMP.

7.12-15 ...

A mellor, xa que se no seu lugar o peón avanza a 23 clávase unha espiña na posición branca con 22-19.
No match Portugal-Marrocos de 2007, Víctor Oliveira xogou contra Elmostapha: 7. 01-05, 22x15; 8.12x19, 20-15; (minando o centro) 9.11x20, 24x15; 10.10-13 con posterior empate, pero as negras quedaron nunha situación moi cómoda. Na "Liña E" [5. ... 27-22] se as brancas escollen 6.01-05, chégase a esta mesma posición e alí, en vez de 10.10-13, recomendamos 10.06-11 coa que parece que se equilibra máis facilmente.

7. ... 31-27;

Ameaza con bloquear o centro. Efectivamente, se 8.01-05, 32-28; 9.08-12, 27-23, G.N. (Cecina Rica).

Con peor reputación, pero tamén como posible elección, as negras poden escoller:

• 7. ... 31-28; ao que segue 8.08-12, 28-23; 9.19x28, 32x23; 10.01-05, (nótese que se 10. 04-08, 21-17! deixa as brancas perdidas pola fraxilidade da base) 10. ... 21-17; (Lorenzo Valls xa indicou a inconsistencia de 10. ... 22-19; por 11.15x22, 26x19; 12.09-13, 22x09; 13.11-15, G.B) 11.14x21, 25x18; 12.10-14, (impide o bloqueo con 23-19) e agora:

▬► 12. ... 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.05-10, 26-21; (nun dos tratados clásicos, o de Garcez, xa explica que se 14. ... 30-27; 15.10-14, 18-13; 16.09x18, 22x13; 17.15-19, 13-10; 18.06x13, 17x10; 19.19x28, 10-06; 20.28-31, G.B.) 15.10-14, 17-13!; (para impedir 16.06-10) 16.04-08, 30-27; 17.15-19, 22x15; 18.12x28, 20-15; 19.11x20, 18-04; 20.09x25, 24x15; 21.06-10, 15-11; (21. ... 04-21 tamén empata [OAL] pero 21. ... 16-12; pensando en 15-11 e disparar con 11-06, é mala por 22.10-14!, 04x18; 23.25-29, 15-11; 24.08x15, 11-06; 25.02x11, 18x04; 26.15-20, 04-08; 27.29-25, G.B) 22.10-14, 27-22!; (Se 22. ... 27-23; 23.25-29, con gran vantaxe branca, de feito nunha partida amigable celebrada en Lisboa no 1965, o Dr. OAL bateu a António Costa) 23.28-32, 11-07; con empate fácil.

▬► 12. ... 26-21; 13.06-10!, 29-25; (Valls non considera esta xogada e facía gañar ás brancas despois de 13. ... 30-26; 14.09-13 e 14-19 e 11x27) 14.14-19, 23x14; 15.10x26, 18-13; 16.09x18, 21x14; 17.11x18, 30-14; 18.15-19, 20-15; 19.19-23, 15x08; 20.23-28, 24-20; 21.28-32, 20-15; 22.32x10, 15-12; 23.10-03, 25-21; 24.05-10, 21-18; 25.02-05, 17-13!!; 26.10x17, 18-13 e as negras conseguen salvarse coroando este peón. Un bonito empate concibido por Canalejas.

▬► 12. ... 22-19; 13.14x21, 26-22; 14.21-25, 22-18; 15.15x22, 30-27; 16.22x31, 23-19; 17.31x13, 17x03; 18.11-15, 20x11; 19.07x23, 16x07; 20.04x11, 03-07; 21.11-14 e a vantaxe das brancas non é suficiente para gañar (Antonio Santos Deodato vs. Leopoldo Lopes no XIX Cto. Nacional de Portugal celebrado en Setúbal no ano 1999).

A xogada non teórica 7. ... 21-17, quizais sexa perdedora.

• 7. ... 21-17; 8.14x21, 25x18; 9.10-14, 29-25; (9. ... 26-21; 10.19x26, 29x22; 11.14-19, 30-26; 12.19-23, G.B) 10.14x21, 25x18; 11.06-10, ...

▬► 11. ... 18-13; (11. ... 31-28; 12.10-14, 16-12; 13.07x23, 26-21; 14.19x26, 28x10; 15.26-29 con vantaxe decisiva) 12.09x27, 30x05; 13.01x10, 31-27; (13. ... 26-22; 14.10-14, 17-13; 15.14-19, 22-18; 16.19-22, 13-10; 17.22-26, 10-06; 18.15-19 G.B.) 14.15-19, 27-23; 15.19x28, 32x23; 16. 11-14 e as brancas poden gañar.

▬► 11. ... 18-14; 12.11x27, 30x05; 13.01x10, 20x11; 14.07x14, 24-20; (14. ... 26-22; 15. 02-06, con idea de 14-18) 15.14-19, 20-15; 16.10-14, 15-11; 17.14-18, 17-13; 18.18-22, 13-10; 19.22x29 e as brancas van gañar porque se o peón avanza, con 19-22 fórmase unha armadilla antipromoción.

▬► 11. ... 30-27; 12.19-23, 18-13; 13.23x30, 13x06; 14.30x21 B.G. Se agora o negro promociona segue 02-05 e 09-13.

8.08-12 ...

Anticípase ás pretensións do rival impedindo 8. ... 32-28. Non é o máis xogado polo que pode sorprender aos menos estudosos.
A continuación de García Canalejas 8. 19-23, tense por máis forte. Podería seguir con 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.10-14, 29-25; 11.14x21, 25x18; e 12.04-08, con vantaxe. Non 12.01.05, que permite 16-12 e compromete o xogo, tal como aconteceu no XVI Campionato de Portugal entre os mestres Silva Pereira e Veríssimo Dias. O xogo está gañado polas negras conforme xa temos amosado neste blog na entrada que leva por título "Veredictos dispares".
8. ... 21-17;

Para 8. ... 27-23; ver a liña 7. ... 31-28; 8.08-12, 28-23.

9.14x21, 25x18; 10.10-14 ...

Tamén é xogable 10.19-23, 26-21; 11.04-08, 29-25; 11.10-14, 22-19; 12.15x31, 30-26; 13.31x13, 17x03; e agora empátase con 14.02-05! refutando así a opinión de Cecina Rica que pensaba que as negras podían gañar.

10. ... 18-13

Sería inferior 10. ... 29-25; xogada que segundo a Enciclopedia portuguesa “talvez sexa perdedora”, aínda que para nós é de empate. 11.14x21, 25x18; 12.19-23, 18-14; 13.11x18, 20x11; 14.07x14, 27x20; (se eliminan o peón da casa 9 con: 14. ... 22x13; 15.09x18, 16x07; 16.04x11, 27x20; 17.18-21, favorece o xogo branco) 15.18x27, 16x07; 16.04x11, 30x23; 17.11-15, (Valls e os demais clásicos seguían por 17.14-18, 20-16; 18.18-21 e acababan gañando, pero 18. ... 17-13; igualaría facilmente) 17. ... 20x11; 18.06x15, 26-21; (18. ... 23-20; 19.15-19, 26-21; impide a penetración gañadora por 18 e 21, pero 20.19-23, vai igualmente a dama con moitas posibilidades) 19.02-06, 23-20; 20.15-19,20-16; 21.19-22, as brancas están moi ben, así e todo as negras deben salvarse.

11.09x18, 22x13; 12.19-23 ...



POSICIÓN DESPOIS DE 12.19-23


12. ... 26-22;


A intuitiva 12. ... 13-10; perde con 13.06x13, 17x10; 14.23-28, 32x23; 15.01-05 seguido de 16.04-08 e 17.15x31, G.B. (Golpe de Lorenzo Valls)

13.14-18!, 29-25;

Este movemento de espera resulta ser a mellor das continuacións.

• 13. ... 13-10; 14.06x13, 17x10; 15.02-05, 22x13; 16.05x14, (agora as negras deben xogar con coidado, pois se 16. ... 13-10; 17.23-28, 32x23; 18.01-05, 10x01; 19.04-08, 01x19; 20.15x31, estamos ante outro “gañan brancas” do tratado de Valls) 16. ... 29-25; [en caso de 16. ... 29-26; debemos contradicir ao tratadista alacantino, o xogo empátase despois de 17.23-28, 32x23; 18.15-19, 20-15!; (Valls seguía con 18. ... 13-10; 19.19-28, 10-06; 20.28-31, e gañaban as brancas) 19.11x20, 24x08; 20.19x28, 27-22; 21.28-32, 30-27; 22.14-18,13-09; 23.32-23, etc.] 17.23-28, 32x23; 18.15-19, 13-10; 19.19x28, 10-06; 20.12-15, 06-02; (Se 20. ... 06-03; 21.28-31, G.B. –Garcez-) 21.28-32, 27-22; un empate do “Libro nuevo” de Garcez.

• 13. ... 13-09; 14.18-21, 22-18; 15.06-10, 18-13; 16.10-14, 27-22; 17.14-18, 13-10; 18.18x27, 10-06; 19.23-28, 30x23; 20.15-19, 23x14; 21.11x18, 32x23; 22.02x11 e as brancas poden gañar.

14.01-05, 13-09;

Se 14. ... 13-10; 15.05x14, 22x13; 16.15-19, 13-10; 17.06x13, 17x10; 18.23-28, 32x23; 19.19x28, 10-06; Empate mostrado no "TED" polo eminente experto portugués Francisco Henriques.

15.04-08, 22x13; 16.15-19, 20-15;

A posición está interesante. As negras se o prefiren tamén poden seguir con: 16. ... 30-26; 17.23x30, 20-15; 18.11x20, 24x15; 19.30x21, 25x18; 20.19-22, 18-14; 21.12x19, 13-10; 22.06x13, 17x01; 23.22-26, 14-10; 24.19-22 Empate.

17.11x20, 24x15; 18.05-10, 27x20; 19.19-23, 25-21;

Se 19. ... 15-11; 20.06x24, 13x06; 21.02x11, 25-21; (21. ... 09-05; 22.24-28, 17-13; 23.28-31, 13-09; 24.12-15 Empate) 22.12-15, 09-05; 23.23-27 seguido do tiro 24.15-19 e o reparto do punto.

20.12x19, 21-18;

Non cambia o resultado 20. .... 20-15; 21.19-22, 21-18; 22.22-27, 09-05; 23.02x09, 16-12; 24.07x16, 15-11; 25.06x15, 13x06; 26.15-20, 06-03; 27.20-24 Empate.

21.19-22, 18-14; 22.10x19, 13-10; 23.06x13, 17x10; 24.22-27, 09-05;

As negras van a dama e o final está equilibrado tal como se indica no "Libro nuevo, Juego de damas" de Joseph Carlos Garcez publicado en Madrid no ano 1684.

sábado, 18 de setembro de 2010

Partida Clásica. Liña "C" [5. ... 21-17]

Seguindo co estudo da "Partida Clásica". Esta semana imos ver o plan que seleccionamos para encararnos coa Liña 5. ... 21-17.
[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12, 20-16; 4.03-07, 28-23; 5.05-10 ...]
5. ... 21-17

Unha decisión que permite ás negras compartir a ocupación central pero que leva a xogos desafogados con inclinación ao empate. Igual que na Liña "B" nesta ocasión tamén se tende unha pequena argucia.

POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 21-17
6. 14x21 25x18 7. 01-05 ...

O tradicional desenvolvemento do flanco de río que ademais nesta posición apoia un futuro 15-19.
As brancas caen na trampa se xogan 7.10-14, que sería replicada con 7. ... 18-13!; 8.09x18, 24-20; 9.15x24, 31-28; 10.24x31, 23-20; 11.31x22, 26x03; 12.01-05, 32-28; 13.05-09, 03-10; 14.18-22, 28-24; 15.09-13, 10-01; 16.13-18, 30-26; 17.22-27, 20-15; G.N. (Dr. Sena Carneiro).

7. ... 23-19

Unha permuta máis para continuar coa loita polas casiñas centrais. Ten o inconveniente de debilitar demasiado o flanco do dobre curruncho; aínda que esta falla queda compensada pola fraxilidade da base do rival.

Se 7. ... 32-28; 8.10-14, traspón a "Liña A".
Se 7. ... 31-28; 8.15-20, traspón á "Liña B".

Se 7. ... 29-25; 8.15-19, 23x14; 9.10x19, 31-28; 10.11-14, 18x11; 11.06x15, 26-22; 12.19x26, 30x21; 13.15-20!, 24x15; 14.12x19, 28-23; 15.19x28, 32x23; 16.02-06, 27-22; 17.06-11, o xogo queda igualdado.

Outras xogadas deixan a iniciativa nas mans das brancas:

• 7. ... 27-22; 8.15-19, 23x14; 9.10x19, 22x15; 10.12x19, 31-27; (se 10. ... 26-22; 11.19x26, 29x22; 12.05-10, 32-28; 13.10-14, 17-13; 14.14x21, 16-12; 15.09x27, 12x03; 16.21-25, 30x23; 17.25-29, 03x17; 18.08-12, 17-13; 19.11-14, 13-27; 20.12-16 as brancas pasan o peón de 2 e poden gañar) 11.11-14, 18x11; 12.06x15, 32-28; (12. ... 27-23; 13.19x28, 32x23; 14.05-10, e se agora 14. ... 23-19; 15.15x22, 26x19; 16.09-13, 30-27; 17.13-18, 19-15; 18.07-11, etc. Ou se 14. ... 26-22; 15.10-14, 29-16; 16.02-06, 30-27; 17.06-11, 23-20; 18.14-18, 22x13; 19.09x18, 17-13; 20.15-19, con vantaxe decisiva das brancas en ambos os dous casos) 13.05-10, 26-22; 14.19x26, 29x22; 15.10-14, 28-23; 16.15-20, 24x15; 17.14-18, 22x13; 18.09x18, 23-19; 19.18-21, 30-26; 20.21x30, 16-12; 21.30x06, 12x03; 22.06-24, e as negras sálvanse in extremis levando o peón a 11.

• 7. ... 26-22; 8.15-20, ... (para debilitar máis o flanco do dobre curruncho) 8. ... 24x15; 9.12x26, 29x22; 10.10-14, 18-13; 11.09x18, 22x13; 12.05-10, 27-22;13.11-15, 13-09; 14.15-19, 22x15; 15.14-18, 30-26;16.18-21, 32-28; 17.21x30, 16-12; 18.30x11, 12x03; 19.11-24, con un peón de máis pero con probable empate.

• 7. ... 23-20; 8.10-14, (ou tamén 8.15-19, pero a nosa continuación obriga ao negro a xogar moi fino). Agora dúas alternativas:

▬► 8. ... 29-25; 9.14x21, 25x18; 10.15-19, (ameaza tiro) 20-15 [non 10. ... 26-21; por 11.19-23, 20-15; (se 11. ... 27-22; 12.05-10, 31-28; 13.23-27, 30x23; 14.10-14, G.B.) 12.12x19, 27x20; 13.11-14, 18x11; 14.07x14, 20-15; 15.05-10, 16-12; 16.09-13 e o avance deste peón fai gañar as brancas] 11.11x20, 24x15; 12.19-23, 27x20; 13.12x19, 31-28; 14.06-10, 18-14; (ou 14. ... 28-23; 15.19x28, 32x23; 16.10-14, 18x11; 17.07x14, 20-15; 18.02-06, 16-12; 19.05-10, 26-21; 20.09-13, 30-27!; 21. 13-18, 23-19! EMP.) 15.19-22, 26x19; 16.07-12, 16x07; 17.04x18, 19-15; 18.18-21, 20-16!; (18. ... 15-11; 19.21-25, 11-07; 20.25-29, e aínda que as negras empreguen a mellor defensa con 17-13; 21.09x18; 20-16; 22.10-13 as brancas poden gañar) 19.21-25, 28-23; 20.09-13, 23-19; (non 20. ... 15-11; por 21.10-14 G.B.) 21.13-18, 15-11; 22. 18-22 etc. E o resultado cheira a EMP.

▬► 8. ... 26-21; 9.15-19, 20-15!; 10.11x20, 18x11; (Obrigado, pois se 10. ... 24x15; seguindo con 11. 05-10 pódese gañar) 11.06x15, 31-28; 12.*20-23!, (única) 27x11; 13.07x14, 16x07; 14.04x11, 30-27; 15.11-15, 27-23; 16.19-22, 23-19; 17.14x23, 28x12; 18.08x15, 29-26; 19.22x29 e as negras repetindo o envío a dama por 24-20 e 32-28 empatan con 21-18 que elimina unha das damas inimigas, elimina tamén o peón de "10" e coroa á súa vez na casa 1.

8. 15x22 26x19 9.11-14 18x11 10.06x22 ...

A alternativa 10.07x23, 16x07; 11.04x11, 27x20; 12.09-13, 20-15; ten un valor equivalente.

10. ... 27x18; 11.12-15 32-28; 12.10-14 18x11; 13.07x14 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 13.07X14 ...

13. ... 24-20;

Magnífico golpe defensivo aproveitando a debilidade da base rival.

14.15x24 17-13; 15.09x18 31-27; 16.24x31 30-26; 17.31x22 26x01; 18.18-22 01-23;

Segue 19.02-05 para levar o peón 22 a dama e deixar o combate nulo.

sábado, 11 de setembro de 2010

Partida Clásica. Liña "B" [5. ... 31-28]

Publicado o estudo da "Heroica", agora estámolo a facer coa "Partida Clásica". Os lectores máis espelidos seguro que xa notaron que para as brancas damos unicamente unha liña "fixa" e que só ofrecemos variantes para o xogo das negras. Estes estudos, por tanto, forman parte dun repertorio para utilizar coas pezas brancas. No seu debido momento e nas aperturas oportunas, faremos o mesmo pero á inversa. Aclarado isto, continuamos coa materia en curso lembrando unha vez máis as xogadas introdutorias.
PARTIDA CLÁSICA
[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12, 20-16; 4.03-7, 28-23; 5.05-10 ...]
5. ... 31-28
Nesta ocasión tócalle a quenda á Liña "B" do noso esquema. Ten a mesma idea que 5. ... 32-28; impedir o acceso momentáneo a casa 19. Debilita a base pero deixa latente a posibilidade dun golpe por envío a dama. Por exemplo se 6.10-13 contéstase con 21-17! seguido de 17-13 e 30-27.

POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 31-28

6.01-05 ...

Non hai outra, xa que se 7.15-20, 24x15; 8.11x20, 18x11; 9.06x15, 28-24 deixa as brancas co flanco esquerdo paralizado.

6. ... 21-17

A xogada que fixo famosa esta variante debido a un golpe no que caeu o mítico xogador portugués Medalha da Silva. Menos coñecida é 6. ... 23-20; que era a favorita do campión e gran tratadista británico Andrew Anderson. Esta liña pode seguir 7. 15-19, 27-22; (non 7. ... 28-23 porque despois dos cambios séguese con 9. 09-13 e as brancas gañan con 10. 14-18, un tiro típico ideado por Valls nunha situación similar desta Partida Clásica) 8. 12-15 ... (Parece máis interesante que 8.19-23, 28x19; 9.14x23, 22-19; 10.11-14, 18x11; 11.06x22, 26x19; 12.09-13, 20-15; 13.05-09, 21-17; 14.13-18, 17-13; etc. EMP.) 8. ... 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.08-12, (para preparar o avance 10. 10-14, que non vale de xeito directo, porque como sabemos desde os tempos de Canalejas, este movemento refútase cun fermoso golpe da súa autoría: 10. ... 16-12 seguido de 26-21 e 28x01 co que as negras gañan) 10. ... 28-23; 11. 19x28, 32x23; 12. 10-14! e a partir desta situación o xogo segue como o que publicaremos na liña "D" [5. ... 23-20] máis concretamente dentro da variante 7. ... 31-28, despois do duodécimo lance das brancas.

7.14x21, 25x18;

POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 25X18

8.15-20 ...

Interesante idea para saír do habitual 15-19. Pola contra, debido ao célebre golpe que antes mencionabamos, sería errónea 8.10-14, pois seguiría 8. ... 18-13; (quizás sexa máis forte a continuación con 23-19, 26-21 e 17x03) 9.09x18, 24-20; 10.15x31, 23-20; 11.31x22, 26x03; G.N. [Medalha vs. Viegas Nunes, Campionato da INATEL 1989]

8. ... 24x15; 9.12x19, 23x14; 10.10x19, 28-23;

Outras posibles opcións son:

• 10. ... 27-22; 11.05-10, 22x15; 12.11x20, 28-23; 13.20x27, 30x23; 14.10-14, 18x11; 15.07x14, 23-20; (se 15. ... 29-25; 16.06-11, 26-21; as brancas gañan coa manobra de Timoneda 17.08-12, 16x07; 18.14-19, 23x14; 19.11x18, 21x14; 20.04x18, 17-13; 21.02-05 etc.) 16.14-18, 29-25; 17.06-11, 32-28; 18.04-07, 17-13; 19.02-06, 28-24; 20.08-12, 26-21; 21.18-22, 20-15; 22.12x19, 24-20; 23.09x18, 21x14; 24.11x18, 20-15; as negras sálvanse polos pelos.

• 10. ... 27-23; 11.11-14, 18x11; 12.07x14, 26-22; (12. ... 28-24; 13.19x28, 32x23; 14.04-07, 23-20; 15.05-10, 20-15; 16.14-19, 30-27; 17.10-14, e as brancas poden conseguir a vitoria) 13.19x26, 30x21; 14.06-11, (o tiro non gaña) 17. ... 23-19; 15.14x23, 28x19; 16.05-10 con boa posición, aínda que as negras defendendo ben deben empatar.

• 10. ... 28-24; 11.11-14 ... (nun xogo do ano 2009 disputado na Ludoteka entre Nuno Vieira vs. Miloudouran seguiuse con 11.19-22) 18x11; 12.07x14, (se 12.06x15, pérdese un peón xa que despois de 27-22; non vale 13.19-23 por 16-12 G.N.) 12. ... 27-23; 13.19x28, 32x23; 14.05-10, 23-19; 15.15x22, 26x19; 16.09-13 e o xogo encamíñase ao empate.

11.19x28, 32x23; 12.11-14, 18x11; 13.06x15, 27-22; 14.05-10, 29-25;

Se 14. ... 22-19; con 15.15x22, 26x19; e 16.09-13, as brancas quedan en posición gañadora. Por exemplo se 16. ... 23-20; 17.13-18, 19-15; (17. ... 30-27; 18.10-13 e xudía con 02-06) 18.18-22, 29-25; 19.*02-06, 25-21; 20.22-26, 21-18; 21.26-29, 18-13; 22.29x12, 13-09; 23.06-11!, 09-05; 24.12-19, 30-27; 25.19-29, 05-01; 26.11-14, 01-05; 27.29-25, 05-02; (27. ... 17-13; 28.10x17, 05x19; 29.17-21!) 28.14-18, 27-23; 29.18-22, o peón vai a dama e G.B.

15.08-12, 26-21; 16.15-20, 22-19; 17.20x27, 30x23; 18.09-13, 23-20; 19.04-08, 20-15; 20.02-05 ...

E agora despois de 20. ... 15-11; 21.07x23, 16x07; chega o armisticio, [EMP].

sábado, 4 de setembro de 2010

Partida Clásica. Liña "A" [5. ... 32-28]

Para continuar co estudo da "Partida Clásica" iniciado o pasado luns, antes que nada debemos lembrar como se construía unha das súas máis coñecidas estruturas:
1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12, 20-16; 4.03-07, 28-23; 5.05-10 ...

De entre as posibles continuacións que agora teñen as negras, hoxe imos examinar a liña pioneira, a primeira que veu a luz nun tratado. Trátase da "Liña A" segundo o noso esquema.
5. ... 32-28

Para sustentar o peón de 23 e retrasar a ocupación da casa 19. Tanto despois de 6.15-19 coma de 6.15-20 e 7.12x19 o contraataque con 21-17 gaña material.

POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 32-28

6.01-05 ...

Única, pero suficiente para manter a iniciativa.
6. ... 21-17
Típico cambio na procura de máis mobilidade para as súas pezas.
Ao estar vedado o movemento 6. .. 26-22; por 7.09-13 e 8.14-19 seguido de 9.10x26 e o tiro con 10.15-20; as negras so dispoñen de dúas alternativas.

a) 6. ... 23-20; 7.15-19 ...

  • 7. ... 20-15; 8.11x20, 18x11 (non 8. ... 24x15; 9.19-23, 28x19; 10.14x23, 27x20; 11.12x19, un “Gañan Brancas” célebre, pois este é o único xogo do libro de Montero onde se presenta por vez primeira o esquema da "Partida Clásica". Debido á ameaza 10-14 as negras non poden evitar a perda dun peón) 9.6x15 ...

    ▬► 9. ... 21-17; (perde) 10.10-14, 26-21; (10. ... 25-21; 11.20-23, 27x11; 12.14-18, 21x14; 13.19-22, 6x19; 14.05-10, 14x05; 15.07x32, 16x07; 16.04x11, 05-01; 17.11-14 G.B. Golpe inédito.) 11.05-10, 21-18; (11. ... 17-13; 12.10x26, 30x21; 13.09-13, G.B. segundo Cecina Rica, aínda que 13.02-05! é mellor.) 12.14x21, 25x18;13.20-23, 27x11; 14.07x21, 16x07; 15.04x11, 29-25; -Cecina Rica-, 16.10-14, 25x18; 17.14x21, 31-27; 18.11-15! G.B evitando a trampa, pois a 18.21-25 seguiría 17-13! e 26-23 con empate.

    ▬► 9. ... 26-22; 10.19x26, 29x22; 11.10-13, 22-18; 12.13x22, 27x18; 13.09-13 (o ataque da Caparica) 18x09; 14.20-23, 28x19; 15.15x22, 21-18; 16.05-10 as negras están nunha posición moi delicada (estudo feito en colaboración por xogadores de Almada).

    ▬► 9. ... 21-18; 10.19-22, 26x19; 11.15x22, 24x15; 12.12x19, 25-21; (12. ... 18-14; 13.10-13, 27x18; 14.13x22, 30-27; 15.09-13, 27x09; 16.19-22, 16-12; 17.08x15, 25-21; 18.15-20, 28-24; 19.20-23, 24-20; 20.23-27, G.B. Dr. Sena Carneiro.) 13.07-11, 21-17; (13. ... 30-26; 14.04-07, 28-24;-Cecina- 15.10-13 con vantaxe decisiva) 14.04-07, (Cecina) 27-23; 15.10-14, 30-27; 16.14x21, 27x18; 17.02-06, 23x14; 18.06-10 e o Dr. OAL di que gañan brancas, mais as negras poden forzar o empate con 18. ... 16-12; 19.08x15, 28-24; 20.10x19, 24-20; 21.15x24, 31-28; 22.24x31, 29-25; 23.31x13, 17x01; 24.19-22, 25x18; 25.22-27, 18-14; 26.11x18, 01-14; empate.

  • 7. ... 27-23; (Unha boa alternativa á idea orixinal de minar o centro con 20-15, que como acabamos de ver no punto anterior non consegue os resultados apetecidos) 8.10-13, 20-15; 9.11x27, 31x15; 10.12x19, 18x11; 11.07x14 ... (a similar posición conduce 11.06x15 como se pode comprobar na BASE de DATOS Nº5 nun xogo da Ludoteka entre Veríssimo e Aadil) 11. ... 21-18; 12.13x22, 28-23; 13.19x28, 26x03; 14.28-32, como no Tratado de Lorenzo Valls. Agora a teoría recomenda a continuación de Cecina Rica 14. ... 25-21 para empate, xa que se 15.04-7, 03x12; 16.08x15, 16-12; o peón vai a dama e restablece o equilibrio.
    Emporiso o 14. ... 03-17 co que continuaba Valls e que parecía favorecer ás brancas, tampouco perde. En contra do publicado ata o de agora o xogo é de empate: 15.09-13, 17x01; 16.02-05!, 01x10; 17.32x05, 25-21!; 18.05-28!, (Se 18.05-09, 24-20) 29-26! (a nosa refutación); 19.28-31, 24-20; 20.31-24, 21-17; 21.24x19, 17-13; 22.29-19, 30-26; e empate.

b) 6. ... 27-22; (favorita do campión americano Walter Hellman) 7.15-19 ... (o gran mestre inglés Derek Oldbury xogou en certa ocasión 7.15-20 contra Hellman) 17. ... 22x15; 8.11x27, 18x11; (xogable é 8. ... 31x22; 9.14-19, 22x15; 10.12x19, 26-22; 11.19x26, 29x22; 12.10-14, 18x11; 13.06x15, 21-17; 14.05-10, 28-23; 15.07-12, 16x07; 16.04x11, 30-26; 17.08-12, 26-21; 18.10-14, 21-18; 19.14x21, 25x18; 20.02-06, 23-19; 21.06-10, 17-13; 22.10x17, 19-14; para empate; pero se 8. ... 30x23; as brancas montan unha formidable posición tras 9.12-15, 18x11; 10.07x14, 21-17; 11.09-13, etc.) 9.06x15, 31x22; 10.15-19 ... (mellor que 10.15-20, 24x15; 11.12x19, 22x15; 12.07-12 con empate fácil dado por Richard Fortman en "Basic Checkers") 10. ... 22x15; 11.12x19, 30-27; 12.10-14, 27-22; 13.09-13, 22x15; 14.13-17 ... (tras o sacrificio de peón, agora dous frean a catro polo que as brancas conservan unha lixeira vantaxe) 14 ... 24-20; (14. ... 15-11; 15.14-19, *11-06; 16.02x11, *21-18; 17.17-21, 26x17; 18.19-22, 17-13; 19.22-27, 13-09; 20.11-15, 09x02; 21.27-30, 02x20; 22.07-12, 16x07; 23.30x03, 18-14; 24.04-07, *25-21; 25.03-17, 21-18; 26.17-21 con empate) 15.05-10, 28-24; [15. ... 28-23; 16.07-11, 15x06; 17.02x11, 23-19; 18.14x23 e as brancas pode que gañen, por exemplo se 18. ... 21-18; 19.10-14, 18-13; 20.23-27, 13-10; 21.27-31, 10-05; 22.31-09, G.B.] 16.10-13, 15-12; (Se 16. ... 15-11; 17.14-19, 20-15; 18.07x14, 15-11; 19.19-23 G.B. como nun xogo Alex Moiseyev vs. Earl Morrison, Cto. Estados Unidos, 1999) 17.08x15, 20x11; 18.14-19, 24-20; 19.07x14, 20-15; 20.19-23, 15-11; 21.23-28, 16-12; 22.28-32, 12-07; 23.14-19, 07-03; 24.02-06, 03x23; 25.32x07, 21-18; 26.07x30, 29-26; 27.30x21, 25x09; [EMP].

7.14x21, 25x18; 8.10-14, 26-21!

Única. 8. ... 29-25 perde; 9.14x21, 25x18; 10.05-10, e agora:

• 10. ... 26-22; 11.15-20, 24x15; 12.12x16, 30x21; (Guía de James Lees) 13.08-12, 27-22; 14.11-15, 28-24; 15.06-11, 31-28; 16.02-05, 23-20; 17.10-14, 17-13; 18.14-19, G.B.

• 10. ... 26-21; 11.11-14, 18x11; 12.07x14, 16x07; 13.04x11, 23-20; 14.09-13, 27-22; 15.14-19, 30-26; 16.11-14, 20x11; 17.06x15, 24-20; 18.15x24, 22x15; 19.13-18, 15-11; 20.18x25, G.B.

• 10. ... 23-20; 11.10-14, 26-21; 12.06-10, (non vale 12.14-19, continuación de J. Sturges recomendada na Guía de Lees, porque en clásicas con 27-23 fórzase 13.19-22 e o empate co envío a dama 31-27) 12. ... 27-22; 13.14-19, 30-26; 14.02-05, 31-27; 15.19-23, 28x19; 16.11-14, 18x11; (16. ... 20x11; 17.14x30, 11-06; 18.12-15, 17-13; 19.10x17, 06-03; 20.15-20, 24x15; 21.07-12, 16x07; 22.04x20, 03-06; 23.20-24, 22-19; 24.30-23, G.B.) 17.07x30, 20x11; 18.10-14, 16x07; 19.30-16, G.B.

No Tratado da Enciclopedia Damista tamén se chega a este remate, pero facendo unha errada transposición. O Dr. Sena Carneiro xoga primeiro 12.02-05, 30-26; 13.06-10, sen decatarse que agora 13. ... 26-22!; conseguiría empatar; pois se 14.14-19, 17-13; 15.10x26, 18-14; 16.11x18, 22x13; 17.09x18, 20x11; 8.07x14, 16x07; 19.4x11, 27-22; seguido de 31x06; para ir a dama e comer un dos dous peóns flutuantes.

9.15-20 ...

POSICIÓN DESPOIS DE 9.15-20 ...

Recoñecida como a máis forte continuación. Tense xogado con asiduidade 9.15-19, recomendada nos tratados dos antigos teóricos españois, aínda que hoxe sábese que o branco queda moi mal despois de 29-26.

9. ... 24x15; 10.12x19, 23-20;

Lance considerado fraco na Enciclopedia Damista, mais non é tal como veremos.

• 10. ... 27-22; (a liña máis avalada polos teóricos) 11.19x26, 29x22; 12.11-15, 18x11; 13.07x14, 23-20;

Practicamente forzada, pois se:

▬► 13. ... 22-18; 14.15-19, 18x11; 15.07x14, 23x14; 16.08-12, G.B. (Lees´ Guide).

▬► 13. ... 16-12; 14.04-07, 12x03; 15.06-10, 03x13; 16.09x25, G.B. (Dr.OAL).

14.15x24, 31-27; 15.24x31, 22-18; 16.31x13, 17x03; (16. ... 17x01; 17.14-18, 21x14; 18.06-10, 14x05; 19.08-12, 16x07; 20.04x11, 30-26; 21.11-14, 26-21; 22.14-19, 21-18; 23.09-13,18x09; G.B. Dr. OAL) 17.04-07, 03x12; 18.08x15, e o xogo encamíñase ao empate segundo as indicacións do Dr. OAL.

• 10. ... 30-26; 11.08-12, 17-13!; (na Enciclopedia Damista segue con 11. ... 27-22, cunha análise de Francisco Henriques, 12.12-15, 29-25; 13.5-10, G.B.) 12.11-15, (non 12.05-10,27-22; G.N.) 18x11; 13.09x25, 23x14; 14.15-19, 28-24; 15.06x15, 27-22; (para si 16.19-23, 14-11 e 22-19; G.N.) 16.05-09, 24-20; 17.15x24, 22x08; 18.09-13, Empate.

• 10. ... 29-26; (perde) 11.06-10, 27-22; 12.09-13, 22x06; 13.13x29, 06-03; 14.05-09 G.B. (Dr.OAL)

11.19-22! ...

Sen dúbida a mellor. Coñecido é que 11.5-10, perde de golpe con 20-15. Igualmente a liña 11.08-12, recomendada nalgúns tratados e xogada con éxito en varias partidas de mestres, tamén debe ser mala. Segundo a nós nos parece, contestando con 27-23!! cércase o centro e déixase as brancas en situación desesperada.

11. ... 28-23

11. ... 28-24; 12.22-26, 29x22; 13.08-12!, 17-13; (13. ... 27-23; 14.05-10, 22-19; 15.09-13, 18x09; 16.11-15, 20x11; 17.06x22, 24-20; 18.22-26, 31-28; 19.07-11, 16x07; 20.02-05, 09x02; 21.26-29, 02x15; 22.29x03; G.B.) 14.11-15 ... (non valía 14.12-15 por 13-10 e G.N.) 14. ... 20x11; 15.06x15, 18x11; 16.09x25, 22-19; 17.07x23, 27x11; 18.12-15, 16-12; 19.25-29 e as brancas están mellor.

11. ... 27-23; (ameaza 31-27 pero compromete o xogo) 12.05-10 ... (mellor que 12.11-15, 18x11; 13.07x14, 20x11; 14.06x15, 28-24; 15.14-18, 21x14; 16.22-27, 31x22; 17.08-12, 16x07; 18.04x27, 17-13!; 19.09x18, 23-20; 20.27-31, 20x11; Empate. A dama non pode agora atacar desde 18) 12. ... 28-24; (12. ... 30-26; 13.22-27, 31x22; 14.14-19, 23x05; 15.09-13, 17x03; 16.02x09, 03x12; 17.08x31, 21-17; 18.11-14, 18x11; 19.31x07, 26-22; 20.07x14, 06x12; 21.09-13 G.B.) 13.22-26 ... (esta pode ser a refutación dunha variante que ata ten xogado o Campión Postal español José Manuel Morán.) 13. ... 29x22; 14.08-12, 22-19; 15.09-13, 18x09; 16.11-15, 20x11; 17.06x22, 24-20; 18.22-26, 31-28; 19.07-11, 16x07; 20.02-05, 09x02; 21.26-29, 02x15; 22.29x03, 28-24; 23.03-12, 20-16; 24.12-15, 23-20; 25.15-26, 17-13; 26.10x17, G.B.

11. ... 20-15; (a forma máis simple para igualar) 12.11x20, 18x11; 13.06x15, 27x18; 14.05-10, 30-27; (14. ... 29-26; 15.15-19, con vantaxe branca) 15.10-14, 18x11; 16.07x14, 16-12; 17.15-19, 12x07; 18.02x11, 28-23 e 31x06; Empate.

12.05-10, 30-26;

Ou mesmo tamén 12. ... 20-15; 13.11x20, 18x11; 14.06x15, 27x18; 15.20x27, 30x23; 16.08-12, 29-25; 17.02-05, 31-27 con igualdade. Pero a do texto tén boa pinta.

POSICIÓN DESPOIS DE 12. ... 30-26

13.14-19! ...

Marabilloso recurso táctico.

13. ... 23x05; 14.06-10, 26x19; 15.11-14, 18x11; 16.07x30, 29-26;

Unha boa continuación tamén é 16. ... 21-18, liña que a E.D. escolle para empate; pola contra 16. ... 05-01, entrando directamente en dama, sería inoportuno porque despois de 17.10-13, 17x10; 18.30x24, as brancas quedan cun final gañador, tal como aconteceu entre Viegas Nunes e Vaz Vieira na Final da INATEL de 1979 ou nun xogo de adestramento que enfrontaba ao campionísimo Víctor Cantalapiedra co Dr. J.Manuel Morán en Valladolid no ano 1988 (publicado na "Revista Internacional de Damas").

17.10-14, 26-22; 18. 08-12, 16x07; 19.30x03, 05-01;

O xogo está igualado. Naturalmente, as brancas segurían con 20.14-19! e 09-13 para asinar o reparto do punto.