O primeiro autor en estudar este tipo de final [3 Damas vs. 1 Dama e peóns nas casas «9», «16» e «32»] foi Francisco Henriques. A súa idea era presentalo na revista «Estrategia Damista», pero como esta terminou prematuramente cedeu os seus manuscritos ao Dr. Cándido de Sena Carneiro para que os publicase na «Enciclopédia Damista». O traballo saíu na primeira edición do Tratado dos «Finais Práticos Básicos» e posteriormente na segunda, modificado co selo didáctico de Manuel Melo e o propio Sena Carneiro.
Para os referidos autores a técnica vitoriosa consiste en colocar de inicio as damas nas casas «1», «4» e «8». Despois, segundo as negras vaian colocando a dama, empregan o seguinte proceso:
Fórmase así a «POSICION FUNDAMENTAL» que as brancas poden rematar seguindo estes novos pasos:
Realmente a clave do final reside en formar a posición do «TRIÁNGULO INTERMEDIO». A «POSICIÓN FUNDAMENTAL» é importante porque permite alcanzala contra as defensas máis resistentes, pero se as negras non o impiden o proceso aceleraríase formando o «TRIÁNGULO INTERMEDIO» sen preámbulos [Este sería, por exemplo, o caso indicado no esquema antes exposto con dama negra nas casas «17» ou «30»].
É de asombrar que
unha obra da magnitude dos «Finais Práticos Basicos», na que se seleccionan,
ordenan, clasifican e analizan de modo didáctico tal cantidade de posicións,
case non conteña erros. E algúns dos poucos que ten son erros moi relativos.
Tal é o caso do final referido neste artigo. Se tentamos seguir ese método na
posición do «Estudo» por nós composto, a solución tórnase imposíbel pois este
tipo de final non é o mesmo tratalo en casos particulares como o noso, que
facelo de modo xeral, como no libro dos «Finais
Práticos Básicos», xa que algunhas veces non é posíbel rematalo debido
á regra de empate dos «20 lances».
Despois de moitas horas de revisión do traballo básico realizado polos referidos grandes mestres portugueses [Henriques, Sena e Melo], atopamos tres detalles transcendentais que permiten perfeccionar a técnica resolutiva deste final: O primeiro foi a descuberta dunha agochada defensa que, despois de que as brancas teñen construída a «POSICIÓN FUNDAMENTAL», permite demorar a formación do «TRIÁNGULO INTERMEDIO». O segundo, baseado no coñecemento da devandita defensa e a correspondente análise retrospectiva, foi poder establecer que a formación da «POSICIÓN FUNDAMENTAL» non pode superar o límite dos 6 lances. E o terceiro foi conseguir un modo que con respecto ao método indicado nos «Finais Práticos Básicos», permite abreviar a formación da «POSICIÓN FUNDAMENTAL».
A posición que encabeza a publicación de hoxe constitúe unha excelente forma de dar realce á aplicación destas 3 descubertas. Trátase dun final práctico no que conseguimos colocar as pezas de tal xeito que o eleva á categoría de «ESTUDO» xa que as brancas non só gañan, senón que como esixen as normas da composición artística, tamén o fan empregando lances únicos.
Deseguido podemos
ver a súa solución aderezada coas oportunas explicacións:
1.*03-07 ...
Imprescindíbel para non perder o dominio das paralelas. Esta dama vai controlar a «4k25» para permitir á de «4» facelo na «8k29» relevando á de «19» que, por razóns estratéxicas, no seguinte lance vai ter que abandonar esa posición.
Falso sería 1.04-14�, polo golpe 1. … 32-28!; 2.19x32, 09-05; 3.14x01, 02-11; 4.03-10, 16-12; [EMP].
1. ... 02-24;
Non queda outra. A dama debe ir ao canto debido á ameaza de disparo con 2.07-12, [GB].
Nótese que se na posición inicial a dama de «19» estivese colocada na casa «23» non habería forma de que as brancas puidesen gañar.
Brancas xogan e negras empatan
Contra 1.03-07, 02-20; 2.23-01, seguiría 2. ... *20-24; 3.04-08, 24-31; 4.07-04, 31-24; EMP. Como se poderá deducir de posteriores explicacións, ás brancas fáltalles un tempo.
2.*19-01 ...
Obrigada para manter o dominio do río e ao mesmo tempo impedir o empate por ataque da dama negra na casa «28».
Resulta evidente que se agora 2. ... 24-28; as negras perden ipso facto con 3.07-12!, 16x07; 4.04x14, 28x10; 5.01x14, [GB].
As continuacións razoables nesta altura son 2. ... 24-31; [PRIMEIRA VARIANTE], 2. ... 24-02; [SEGUNDA VARIANTE] ou 3. ... 24-15; [TERCEIRA VARIANTE].
Variantes que,
curiosamente, se son defendidas da forma máis resistente acaban entroncando as
tres na «POSICIÓN FUNDAMENTAL».
PRIMEIRA VARIANTE
2. … 24-31;
3.*04-08, 31-27;
Se no seu lugar as negras optan por:
a) 3. ... 31-24; [Entronca na liña da «TERCEIRA VARIANTE»].
b) 3. ... 31-13; 4.07-11 ...
Neste caso tamén vale 4.07-04 ... [Formando a «POSICIÓN DE INICIO» recomendada no libro dos «Finais Práticos Básicos»] pois se:
4. ... 13-31; 5.08-26, 31-24; 6.04-18, forma igualmente a «POSICIÓN FUNDAMENTAL».
4. ... 13-17; 5.04-11, 17-13; 6.01-14, 13-31; 7.11-24, alcánzase a posición do «TRIÁNGULO INTERMEDIO» pero gastando 1 lance máis que os que se necesitarían empregar na liña textual.
4. ... 13-31; [Conflúe na liña tronco desta «PRIMEIRA VARIANTE»].
4.*07-11 ...
Agora non valería 4.07-04�, por 4. ... 27-13; e como veremos máis adiante non é posíbel formar a «POSICION FUNDAMENTAL» sen superar o máximo establecido dos 6 lances.
4. ... 27-31;
Para impedir o inmediato 5.01-14 ... [Sería repelido con 5. ... 31-28; con empate automático] e a formación do «TRIÁNGULO INTERMEDIO» con 6.11-24.
5.*08-26, 31-24;
A mellor, pois se:
a) 5. ... 31-27; 6.01-14, 27-31; 7.11-24, 31-13; 8.26-08, [Forma a «POSICIÓN do TRIÁNGULO INTERMEDIO» sen necesidade de pasar pola «POSICION FUNDAMENTAL»].
b) 5. ... 31-13; 6.26-17, [GB]. Cae a dama.
6.*11-18 ...
Configurando a desexada
«POSICION FUNDAMENTAL».
SEGUNDA VARIANTE
2. … 24-02;
3.*04-08, 02-06!;
A continuación distintiva. Non é a máis resistente, pero si a máis interesante desde o punto de vista práctico.
Outras posibilidades son:
a) 3. ... 02-20; 4.07-18!, 20-24; [Pois, como xa indicamos, se van a outra casa dispoñíbel segue 5.01-14, abreviando] 5.08-26 ... [«POSICION FUNDAMENTAL» tamén formada de modo abreviado].
b) 3. ... 02-24; [Esta sería a defensa que máis resiste. Entronca na liña da «TERCEIRA VARIANTE»].
4.*07-18!! ...
Un movemento que para o noso «Estudo» supón unha descuberta importantísima na técnica deste final [Se as brancas seguisen do modo indicado no libro dos «Finais Práticos Básicos» de Manuel Melo e Sena Carneiro, con 4.07-04 ... (Construíndo a súa «FORMACIÓN DE INICIO») as negras dispoñen da defensa 4. ... 06-13!; (Ou 4. ... 06-24!; colocando a dama na segunda das dúas casas clave que permiten prolongar a resistencia un lance máis) 5.08-29 ... (Lance de espera necesario pois coa dama negra colocada nas casas clave «13» ou «24» agora non valería directamente 5.08-26, porque as negras dispoñen da posibilidade de ir a «31» impedindo o posterior 6.04-18) 5. ... 13-31; 6.29-26, 31-24; 7.04-18, fórmase a «POSICION FUNDAMENTAL» excedendo o límite máximo requirido dos 6 lances, o que como despois demostraremos permitiría o empate].
4. ... 06-24;
A máis resistente. Agora se:
a) 4. ... 06-20; 5.01-14, 20-06; 6.18-31, 06-24; 7.08-29, 24-20; [Abreviando 2 lances por bando conflúe na liña resolutiva do tronco xusto despois de que as negras efectúan 9. ... 02-20]
b) 4. ... 06-13; 5.18-31, 13-06; 6.31-24, 06-13; 7.01-14 ... [Forma de modo abreviado a «POSICIÓN do TRIÁNGULO INTERMEDIO»].
5.08-26 ...
E temos a «POSICION
FUNDAMENTAL» aforrando un lance..
TERCEIRA VARIANTE
2. ... 24-15;
3.*04-08, 15-24;
A máis resistente. Resulta evidente que se 3. ... 15-29; segue 4.01-14, o que forza 4. ... 32-28; e tras 5.14x32, o final convértese noutro diferente de 3 Damas vs. Dama e peóns en «9» e «16» [Cuxa técnica consiste en formar a BASE con damas en «8», «14» e «24» xusto cando a negra estea colocada en «17». O seu desenvolvemento podería continuar con 5. ... 29-25; 6.08-04, 25-29; 7.07-25, 29-15; (Se 7. ... 16-12; 8.*04-08, 29-15; 9.*25-29, e cae outro peón, GB.) 8.25-29!, 15-02; 9.29-22, 02-24; 10.04-14, 24-02; 11.32-28, 02-24; 12.28-31, 24-06; 13.31-24, 06-03; 14.22-19! ... (Espera ata que a dama negra vaia a «17») 14. ... 03-17; 15.19-08 ... (Forma a mencionada BASE) 15. ... 17-13; 16.14-05! ... (A sutileza clave do final) 16. ... 09x02; 17.08-15, 02x20; 18.24x17, 16-12; 19.17-21, 12-08; 20.21-04, GB.]
Se neste terceiro lance as negras moven a «2»,«6» ou «20», segue 4.*07-18!, con técnica xa explicada na «SEGUNDA VARIANTE».
4.*07-04 ...
Configurando da forma máis favorábel a «FORMACIÓN DE INICIO» [De uso obrigatorio se a dama negra está colocada na casa «24»]. Agora as brancas non poderían xogar directamente 4.07-18�, debido ao ataque 4. ... *24-31; pero garanten a formación da «POSICION FUNDAMENTAL» ao 6º lance por imposibilidade de defensa na casa «31».
Tampouco valería 4.08-26�, pois agora pódese defender con 4. ... 24-20; é resulta imposíbel construír a tempo a «POSICION FUNDAMENTAL» xa que debe ser formada xusto despois de que as negras coloquen a súa dama na casa «24» [Se 5.07-18, *20-24; EMP. Ou se 5.07-21, 20-06; 6.21-18, 06-24; EMP.]
4. ... 24-31;
Se 4. ... 24-02; o proceso case non varía, pois segue igual 5.08-26 .... [Tamén valería 5.04-18, 02-24; (Se 5. ... 02-06; ou 5. ... 02-20; segue en ambos os dous casos 6.*01-14, para ir formar o «TRIÁNGULO INTERMEDIO» de xeito máis abreviado) 6.08-26, entroncando], e tras o obrigado 5. ... 02-24; conflúe na liña do tronco.
5.*08-26 ...
Para expulsar a dama negra da diagonal «9k31». Pois se esta vai a «13», as brancas poden atacar en «17».
O lector debe lembrar que este lance só é posíbel porque coas manobras previas evitamos que neste altura a dama negra estea colocada nas casas «13» ou «24», o que neste caso sería empate pois precisaríase perder un tempo xogando 5.08-29 e só despois ocupar a casa «26» ao seguinte lance co que non é posíbel construír a «POSICIÓN FUNDAMENTAL» no máximo dos 6 lances requiridos.
5. ... 31-24;
Se 5. ... 31-13; segue como indicamos na nota anterior 6.*26-17, e cae a dama [«Bloqueo Crítico». Se 6. ... 13-03; 7.01-10, 03x13; 8.17x10, GB. Ou se 6. ... 13-22; ou 6. ... 13-27; ou 6. ... 13-31; seguiría 7.04-18, Dx13; 8.17x03, GB.]. As negras poderían seguir tamén con 6. ... 09-05; 7.17x06, 05-02; [Convertendo o final nun de 3 damas vs. dama e peóns nas casas «16» e «32»] 8.06-24, 02-09; 9.01-23, 09-22; 10.04-08, 22-31; 11.08-15, 31-18; 12.15-22, 18x20; 13.24x15, [GB].
6.*04-18 ...
Alcanzando tamén a
«POSICIÓN FUNDAMENTAL».
DESENLACE A PARTIR DA
«POSICIÓN FUNDAMENTAL»
Formada pois a «POSICIÓN FUNDAMENTAL», que ten que ser alcanzada no momento xusto, cando a dama negra estes na casa «24», queda todo preparado para que a dama branca do río poida entrar en acción.
É norma de ouro construír a posición como máximo no 6º movemento. Usar mais, permite ás negras empatar pola «Regra dos 20 lances».
6. ... 24-06;
Non vale 6. ... 24-31; polo evidente 7.26-17, 31x13; 8.17x03, [GB].
O proceso sería similar ao do tronco se as negras xogan 6. ... 24-02; ou 6. ... 24-20; só que neste último caso as negras non terían a posibilidade de alongalo pois no seguinte lance non poderían empregar a defensa máis resistente ocupando a casa «20» por estar a dama xa aí colocada.
7.*01-14 ...
Para relevar á dama da casa «18» no control da paralela «4k25» e así poida ir a «31». O movemento ten que ser efectuado exactamente despois de que a dama negra abandone a casa «24» evitando así o empate fulminante que se produciría co ataque desde «28».
7. ... 06-20!;
A defensa máis fina, mellorando o publicado nos «Finais Práticos Básicos» que a considera como un caso xeral de defensa na diagonal «2k24» e segue directamente [Como se a dama negra estivese en «2» ou «24»] atacando xa na casa «31», sen facer a preparación que evitaría o fantástico empate que indicaremos ao comentar o seguinte lance.
Vexamos deseguido como as outras tentativas permiten abreviar o desenlace:
a) 7. ... 06-02; 8.18-31 ... [Conflúe na mesma posición do tronco despois do lance 9.13-31].
b) 7. ... 06-24; 8.18-31 ... [Conflúe na «variante a» de desvío do tronco con 8. ... 20-24; xusto despois de 9.13-31].
c) 7. ... 06-17; 8.26-15, con estas opcións:
➤ 8. ... 17-03; 9.18-21, 03-17;
[Se 9. ... 03-13; 10.21-17; adianta o proceso 1 lance por bando] 10.21-30 ... [Abrevia o proceso ao confluír na liña do tronco xusto despois de que as brancas efectúan o lance 17.26-30].
➤ 8. ... 17-13; 9.18-31, 13-03; [Se 9. ... 13-17; 10.31-22 ... (Conflúe na liña do tronco xusto despois de que as brancas moven 15.24-15)] 10.31-22 ... [Forma a «Variante A» da «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» con dama negra na casa «3» que, por ser unha posición de confluencia que tamén aparece en posteriores variantes, desenvolvemos no seguinte recadro:
10. ... 03-17; [Se 10. ... 03-13; conflúe na liña do tronco xusto despois de 15. ... 17-13;] 11.22-29, con estas ramificacións:
── 11. ... 17-03; 12.29-26 ... [Conflúe na «variante a» de desvío do tronco con 15. ... 17-03; xusto despois de 16.22-26].
── 11. ... 17-13; 12.29-26 ... [Conflúe ma liña do tronco xusto despois de 16.22-26].
── 11. ... 17-30; 12.15-06, 30-27; [12. ... 30-17; 13.06-03, 17-30; 14.14-23, 30x20; 15.29-12, 16x07; 16.03x23, GB.] 13.29-26 ... [Conflúe na liña do tronco xusto despois de 17.15-06].
➤ 8. ... 17-30; 9.18-13 ... [Con posición igual na «variante b» de desvío do tronco con 8. ... 20-30; xusto despois de que as brancas xogan 9.26-15]
d) 7. ... 06-03; 8.18-27, e agora se:
➤ 8. ... 03-06; 9.14-28, 32x23; 10.27x02, [GB].
➤ 8. ... 03-13; 9.27-20, con estas ramificacións:
── 9. ... 13-03; 10.20-15 ... [Conflúe na liña do tronco despois de 16.22-26].
── 9. ... 13-17; 10.20-30 ... [Conflúe, con 1 lance máis por bando na liña da seguinte opción con 8. ... 03-17; xusto despois de que as brancas xoga 9.27-30].
── 9. ... 13-31; 10.20-24, 31-13; [Se 10. ... 31-27; 11.14-23, 27x20; 12.24x02, GB. Ou se 10. ... 31-18; 11.14x25, 09-05; 12.25-14, GB.] 11.26-17 ... [Bloqueo crítico] 11. ... 13-18; [Se escapan coa dama é cando se produce o remate do bloqueo por troca da dama «14»] 12.14x25, 09-05; 13.17-10, [GB]. Dá igual na casa que coroen pois a dama cae inmediatamente.
➤ 8. ... 03-17; 9.27-30, 17-03; [Se a dama se coloca na casa «6» perde polo disparo con 10.14-28. Ou se 9. ... 17-13; segue 10.26-17, 13-18; (Evitando caer por permuta da dama «14» no propio remate do formado bloqueo crítico) 11.14x25, 09-05; 12.17-26, (Para evitar o avance do peón «16») 12. ... 05-01; (Contra 12. ... 05-02; pode seguir 13.25-04, 02-09; 14.26-08, 09-31; 15.30-20, 31-24; 16.20-02, 24-31; 17.02-24, 31-09; 18.04-14, 09-31; 19.14-23, 31-18; 20.08-22, 18x20; 21.24x15, GB.) 13.25-04, 01-28; 14.26-15, 28-01; 15.15-22, 01-28; 16.22-31, 28-24; 17.30-26, 24-02; 18.26-08, 02-24; 19.04-14, 24-06; 20.31-24, 06-13; 21.24-06, 13x03; 22.14-07, 03x12; 23.08x19, GB.] 10.26-29, 03-17; [Se van a «6» ou «13» os procesos son semellantes aos que imos indicar na nota seguinte. A única diferenza reside na colocación da dama da paralela na casa «8» en vez da «29», o cal non inflúe na execución] 11.29-08, 17-03; [Máis unha vez, se 11. ... 17-06; segue o disparo con 12.14-28, 32x23; 13.30x02, GB. Ou se 11. ... 17-13; 12.30-17, 13-18; (A máis resistente, entregando directamente a dama, para non caer no remate propio do bloqueo crítico coa troca da dama da casa «14») 13.14x25, 09-05; 14.25-14! ... (Na liña tronco aparece unha posición moi semellante, na que a dama da paralela superior está no aire na casa «15», o que varia o proceso ao non valer o lance textual debido á coroación negra no río que lle garante o empate ao non ser posíbel o bloqueo con 15.17-10, por 15. ... *32-28;16.14x32, 01x08; EMP.) 14. ... 05-02; (Agora se 14. ... 05-01; 15.17-10, GB. Bloqueo) 15.17-13, 02-20; 16.13-31, 20-24; 17.08-22, 24-20; 18.31-24, GB.] 12.30-17, [GB]. Bloqueo.
e) 7. ... 06-13; 8.18-31, e agora se:
➤ 8. ... 13-03; 9.26-15, 03-17; [Evidentemente, se 9. ... 03-13; 10.15-22, 13x27; 11.*31x22, GB.] 10.31-22 ... [Abrevia o proceso pois conflúe na liña do tronco despois de que as brancas efectúan o lance 15.24-15].
➤ 8. ... 13-06; 9.31-24, con estas ramificacións:
── 9. ... 06-03; 10.24-15 ... [Conflúe na «variante a» de desvío do tronco con 15. ... 17-03; xusto despois de que as brancas efectúan o lance 16.22-26]
── 9. ... 06-13; 10.26-17, [GB]. A dama cae por bloqueo crítico. Aínda que tamén pode entregarse en «18» convertendo o final noutro de 3 damas vs. dama e peóns en «16» e «32».
── 9. ... 06-17;
[Forma a «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» con dama en «17» atacando a dama «26»] 10.26-22, 17-03; 11.24-15 ... [Forma, usando 1 lance máis por bando, a «Variante A» da «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» con dama en «3» que xa desenvolvemos na anterior «variante c» (Desvío do tronco con 7. ... 06-17; opción 8. ... 17-13; xusto despois de que as brancas xogan 10.31-22)].
➤ 8. ... 13-17; 9.26-15, con estas ramificacións:
── 9. ... 17-03; 10.31-22 ...
[Máis unha vez, forma a «Variante A» da «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» con dama en «3» que xa desenvolvemos na anterior «variante c» de desvío do tronco con 7. ... 06-17; opción 8. ... 17-13; xusto despois de que as brancas xogan 10.31-22]
── 9. ... 17-30; 10.31-13 ... [Conflúe, con 1 lance máis por bando, na «variante b» de desvío do tronco con 8. ... 20-30; xusto despois de que as brancas xogan 9.26-15. (Pero nótese que non valería 10.31-22�, por 10. ... 16-12; 11.15x08, 30-23; 12.14x28, 32x23; EMP.)]
8.18-13! ...
Importantísimo lance de espera para evitar o empate que se produciría se as brancas xogan directamente 8.18-31� ... [Como na citada obra portuguesa] pois as negras trocan damas con 8. … *20-23!; 9.14x28, 32x23; e agora non valería 10.31-28, debido á pouco previsíbel defensa 10. ... *16-12; 11.28x08, 09-05; 12.08-19, 05-02; [EMP].
8. ...20-02;
A primeira vista semella ser a mellor, pero 8. ... 20-24; permite igualmente entroncar na defensa máis resistente. Vexamos esta e a outra posíbel alternativa da que dispoñen as negras neste punto:
a) 8. ... 20-24; 9.13-31, e agora se:
➤ 9. ... 24-02; 10.31-24, [GB]. Bloqueo frontal.
➤ 9. ... 24-06; [Conflúe na «variante b» correspondente ao desvío do 9º lance negro do tronco que segue con 10.31-24]
➤ 9. ... 24-20; [Conflúe na liña do tronco despois de que as negras xogan 9. ... 02-20].
b) 8. … 20-30; 9.26-15, 30-17; 10.13-03, 17-21!; [Se 10. … 17-30; 11.15-08, e agora se a dama vai a «20» ou «27» segue o disparo con 12.08-12, GB.] 11.14x25, 09-05; e final de distinta natureza que pode seguir 12.03-07, 05-01; [Ou 12. ... 05-02; 13.25-11, 02-05; 14.15-12, 05-01; 15.11-06, 01-28; 16.06-24, 28-31; 17.12-15, 31-09; 18.07-14, 09-27; 19.24-31, 27-30; 20.15-08, 30-17; 21.31-24, 17-13; 22.24-06, 13x03; 23.14-07, 03x12; 24.08x19, GB.] 13.15-12, 01-28; 14.25-11, 28-05; 15.11-06, 05-01; 16.06-13, 01-28; 17.13-31, 28-24; [Se 17. ... 28-01; 18.31-28, 32x23; 19.07-04, 16x07; 20.04x32, GB.] 18.12-22, 24-06; [Tanto se 18. ... 24-20; 19.07-14, 20-24; como se 18. … 24-02; 19.07-14, 02-24; conflúen en idéntica posición, que coincide tamén con 1 lance menos por bando na da liña base da variante despois de efectuado o lance 20º das negras] 19.07-04, 06-02; [Se 19. ... 06-17; 20.22-08, 17-30; 21.31-18, 30-17; 22.18-13, 17x03; (Contra 22. ... 17x10; ou 22. ... 17x06; segue 23.08-12, 16x07; 24.04x GB.) 23.04-07, 03x12; 24.08x19, GB. Ou se 19. ... 06-03; abrevia o proceso xa que despois de 20.22-08, 03-17; 21.31-13, GB.] 20.04-14, 02-24; 21.14-23, 24-20; 22.23-28, 32x23; 23.31-24 ... [Bloqueo por dobre caravilla] 23. ... 20-02; 24.22-15, 02x20; 25.24x15, [GB].
9.*13-31,
02-20!;
Novamente o movemento máis fino. As outras dúas posíbeis alternativas permiten abreviar ao branco, pois se:
a) 9. ... 02-24; 10.*26-08 ... [Desemboca na liña do tronco, usando un lance menos por bando, xusto despois de 11.19-08].
b) 9. ... 02-06; 10.*31-24, e agora se:
➤ 10. ... 06-13; 11.26-17, GB. Bloqueo de tipo crítico.
➤ 10. ... 06-03; 11.24-15 ... [Conflúe abreviando lances na «variante a» de desvío do tronco con 15. ... 17-13, xusto despois de que as brancas xogan 16.22-26].
➤ 10. ... 06-17; 11.26-22 ... [Forma, con 1 lance máis por bando, a «Variante A» da «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» con dama en «3» que xa desenvolvemos antes na «variante c» de desvío do tronco con 7. ... 06-17; opción 8. ... 17-13; xusto despois de que as brancas xogan 10.31-22]
10.*26-19 ...
Outro lance de espera tan importante como o anterior. De novo se directamente 10.31-24�, segue 10. ... *20-23!; 11.14x28, 32x23; 12.24-02, 23-20; 13.02x24, 09-05; [EMP].
10. ... 20-24;
Evitando que a dama de «31» ocupe directamente esa casa. Outras opcións permitirían ás brancas abreviar o proceso, Vexamos:
a) 10. ... 20-02; 11.31-24, [GB]. Bloqueo frontal.
b) 10. ... 20-06; 11.31-24, e aquí se:
➤ 11. ... 06-03; 12.19-22 ... [Conflúe na mesma posición da liña do tronco despois de 14.29-22].
➤ 11. ... 06-13; 12.19-29 ... [Conflúe abreviadamente na liña do tronco xusto despois de 13.08-29].
➤ 11. ... 06-17; 12.19-22 ...
[Forma a «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» con dama negra na casa «17» que será desenvolvida na «variante a» de desvío do tronco con 12. ... 06-17; xusto despois de 13.08-22].
c) 10. ... 20-30; 11.19-15, 30-17; 12.31-22 ... [Conflúe, aforrando lances, na liña do tronco xusto despois de que as brancas moven 15.24-15]
11.*19-08 ...
A posición agora conflúe nas liñas publicadas na citada obra portuguesa, pero evitando a posíbel defensa negra que modifica substancialmente a técnica deste final.
11. ... 24-06;
Aquí se:
a) 11. ... 24-02; 12.31-24, [GB]. Bloqueo Frontal.
b) 11. ... 24-20; segue igualmente 12.31-24, [GB]. Tamén por bloqueo, esta vez de tipo crítico. Nótese que agora non vale 12. ... 20-23; por 13.14x28, 32x23; 14.24-28, e ao estar unha dama branca na casa «8» non existe a posibilidade antes vista de entregar dous peóns para deixar paso libre ao da casa «9».
12.*31-24 ...
Forma a posición do «TRIÁNGULO INTERMEDIO» dos «Finais Práticos Básicos» con dama negra na casa «6».
12. ... 06-13;
Outras posibilidades son:
a) 12. ... 06-17; 13.08-22 ... [Forma xusto ao límite a «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» con dama negra na casa «17». Posición que ten que ser construída como máximo ao 13º movemento para non permitir o empate pola «Lei dos 20 lances». Neste caso existe a alternativa 13.24-20, tecnicamente equivalente] 13. ... 17-03; 14.24-15, 03-17; [Se 14. ... 03-13; conflúe na liña do tronco despois de que as brancas xogan 15. ... 17-13] 15.22-29, con estas opcións:
➤ 15. ... 17-03; 16.29-26 ... [Conflúe na «variante a» de desvío do tronco con 15. ... 17-13; xusto despois de que as brancas efectúan o lance 16.22-26].
➤ 15. ... 17-13; 16.29-26 ... [Conflúe na liña do tronco despois de que as brancas xogan 16.22-26].
➤ 15. ... 17-30; 16.15-06, 30-27; [Ou se 16. ... 30-17; 17.06-03, 17-30; 18.14-23, 30x20; 19.29-12, 16x07; 20.03x23, GB.] 17.29-26 ... [Conflúe na liña do tronco despois de 17.15-06].
b) 12. ... 06-03; 13.08-22 ... [Conflúe abreviadamente na liña do tronco xusto despois de 14.29-22, e como se indica forma a «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos»].
13.*08-29 ...
Lance de espera.
13. ... 13-03;
a) 13. ... 13-17; [Unha defensa que obriga ás brancas a seguir con moito coidado para evitar o empate]
14.*24-15!! ... [Nótese que agora non valería o intuitivo 14.29-22� ... (Forma a «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» con dama negra na casa «17», pero superando o límite requirido dos 13 lances) por 14. ... 17-03; 15.24-15, 03-17; 16.22-29, 17-13; 17.29-26, e temos idéntica posición que no tronco despois de 16.22-26, con 1 lance de máis o que permitiría o empate pola «lei dos 20 lances»]
➤ 14. ... 17-03; 15.29-26 ... [Formando a devandita posición da «Variante B»» da «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» ate con 1 lance menos do límite dos dezaseis].
➤ 14. ... 17-30; 15.15-06, 30-27; [Se 15. ... 30-17; 16.06-03, 17-30; 17.14-23, 30x20; 18.29-12, 16x07; 19.03x23, GB.] 16.29-26 ... [Conflúe, con 1 movemento de menos, na «variante a» de desvío do tronco con 15. ... 17-13; na súa opción con 16. ... 13-27; xusto despois de que as brancas efectúan o movemento 17.15-06].
➤ 14. ... 17-13; 15.29-26 ... [Conflúe, con 1 lance menos por bando, na «variante a» de desvío do tronco con 15. ... 17-13; xusto despois de que as brancas moven 16.22-26].
b) 13. ... 13-31; 14.29-26, 31-13; [Se 14. ... 31-27; 15.14-23, 27x20; 16.*24x02, 32-28; 17.26-19, 28-24; 18.*19-15, 16-12; 19.15x08, 24-20; 20.02x24, 09-05; 21.08-19, 05-02; 22.19-15, GB.] 15.26-17, [GB].
c) 13. ... 13-27; 14.14-23, 27x20; 15.24x02, [GB].
14.29-22 ...
Pero tamén valería 14.24-15 ... [Sen temor a formar a Base en posición incorrecta cando a dama negra está en «17»] que orixina as seguintes opcións:
➤ 14. ... 03-17; 15.29-22 ... [Conflúe na liña do tronco].
➤ 14. ... 03-13; 15.29-26 ... [Conflúe, empregando 1 lance menos, na «variante a» de desvío do tronco con 15. ... 17-13; xusto despois de que as brancas moven 16.22-26].
14. ... 03-17; 15.*24-15 ...
15. ... 17-13;
a) 15. … 17-03; 16.22-26 … [Forma a «Variante B» da «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» contra dama negra en «3»]
16. … 03-17; [Se 16. ... 03-13; 17.26-17, GB. Francisco Henriques] 17.26-30, 17-13; [Se 17. ... 17-03; 18.30-17, [GB]. Francisco Henriques. Bloqueo] 18.30-17, 13-18; [Entregando peón e cambiando o tipo de final, en vista de que se 18. … 13-03; 19.14-10, 03x13; 20.17x10, GB. Ou se 18. ... 13-27; ou 18. ... 13-31; segue en ambos os dous casos 19.14-18, e 20.17x10, GB. Sena Carneiro e Manuel Melo] 19.14x25, 09-05; 20.25-04 ... [Nótese que non valería 20.17-30�, por 20. ... *32-28; 21.15-19, 05-02; 22.19x32, 16-12; EMP.] con estas opcións:
➤ 20. ... 05-02; 21.15-08! ... [A máis sinxela. Se 21.15-19�, 32-28; 22.19x32, 16-12; EMP. Análise de Manuel Melo e Sena Carneiro. Os mesmos autores gañan con 21.15-29, pero permite a maiores unha transposición para a «Barca» con 21. ... 16-12; e a ocupación do río] 21. ... 02-24; [Ou 21. ... 02-09; 22.17-06, 09-02; (Se 22. ... 09-31; 23.06-02, 31-28; 24.02-24, 28-31; conflúe na liña do tronco despois de que as negras xogan 24. ... 09-31) 23.06-24, 02-09; 24.04-14, 09-31; 25.14-23, 31-18; 26.08-22, 18x20; 27.24x15, GB.] 22.17-13, 24-31; [Se 22. ... 24-02; 23.04-14, 02-20; (En caso de 23. ... 02-24; segue 24.13-31, e a posición, usando un tempo menos por bando conflúe na da liña principal ──presentada a cor verde── xusto despois de 25.04-14) 24.13-31, 20-24; 25.08-22, 24-06; 26.14-10, 06x27; 27.31x22, GB.] 23.13-09, 31-28; [Ou se 23. ... 31-24; 24.09-31, 24-02; 25.04-14, e aquí se 25. … 02-24; 26.08-22, e fórmase una «armadilla» pois se por exemplo 26. ... 24-06; 27.14-10, 06x27; 28.31x22, GB. Mentres que se 25. ... 02-06; conflúe na liña principal a verde que segue con 26.31-24] 24.09-31, 28-24; 25.04-14, 24-06; [Se 25. … 24-02; 26.14-05, 02x09; 27.08-22, 09x27; 28.31x22, GB. Ou se 25. … 24-20; 26.31-24, GB. Bloqueo] 26.31-24, 06-13; 27.24-06, 13x03; 28.14-07, 03x12; 29.08x19, GB.
➤ 20. ... 05-01; 21.17-30 ... [E estamos nun final novo de 3 damas contra 1 dama e 2 peóns. Esta concreta posición foi presentada por Julio dos Reis Fevereiro no ano 1943] 21. ... 01-28; [Se 21. ... 32-28; 22.15-12, 16x07; 23.04x32, GB. Se 21. ... 01-05; ou 21. ... 01-10; 22.15-12, 16x07; 23.04x01, GB. Ou se 21. … 16-12; 22.15x08 … (Cambiando de novo de final. Agora estamos na «Barca») 22. … 01-05; 23.04-11, 05-10; 24.30-21, 10-05; (Se 24. ... 10-23; 25.11-15, 23-28; 26.15-24, GB.) 25.11-15, 05-23; 26.21-07, 23-28; 27.15-24, 28-10; 28.24-28, 32x23; 29.07-14, 10x19; 30.08x22, GB.] 22.15-24, 28-31; 23.30-26, 31-09; 24.26-08, 09-31; 25.04-14, 31-13; [Ou se 25. … 31-09; 26.14-05, 09x02; 27.08-15, 02x20; 28.24x15, GB. Análise de Manuel Melo e Sena Carneiro] 26.24-06, 13x03; 27.14-07, 03x12; 28.08x19, GB. Análise de Manuel Melo e Sena Carneiro]
b) 15. ... 17-30; 16.15-06 ... [Conflúe na liña do tronco, xusto despois de efectuado o movemento 18.26-22].
16.*22-26 ...
Forma a «Variante B» da «Base 1036» dos «Finais Práticos Básicos» contra dama negra en «13».
16. ... 13-27;
Outras posibilidades son:
a) 16. ... 13-03; 17.26-17, [GB]. Bloqueo.
b) 16. ... 13-17; [Como na «variante a» de desvío do tronco con 15. ... 17-03; xusto despois de efectuado o lance 16. … 03-17].
c) 16. ... 13-31; [Ameazando o ataque no río pola casa «28» para empate] 17.15-24, 31-27; [17. ... 31-13; 18.26-17, GB.] 18.14-23, 27x20; 19.24x02 ... [Análise de Francisco Henriques] 19. ... 32-28; 20.26-19, 28-24; 21.19-15, 16-12; 22.15x08, 24-20; 23.02x24, 09-05; 24.08-19, [GB]. Análise complementaria de Manuel Melo e Sena Carneiro.
17.*15-06 ...
17. ... 27-30;
Se 17. ... 27-31; 18.06-24, conflúe con un lance de máis por bando na «variante c» de desvío do tronco con 16. ... 13-31; pero coas brancas gañando no límite da «lei dos 20 lances».
18.*26-22 ...
Formando a decisiva «baioneta» que acurrala a dama negra no «circuíto maior».
18. ... 30-17; 19.*06-03, 17-30;
Seguindo a liña temática de esgotar lances sen facer cambios. Pero o máis resistente era modificar o final con 19. ... 32-28; 20.14x32, 17-21; converténdoo nun de 3 Damas vs. Dama e Peóns en «9» e «16» que se gaña coa BASE tradicional formada polas damas nas casas «8», «14» e «24» [A mesma que se non existise o peón de «9»] ou coa máis moderna con damas en «11» e «15» e se as negras conseguen colocar a súa dama en «17» replicar levando xusto nese momento a branca do río para a casa «19».
20.*14-23 ...
Conseguindo realizar a decisiva combinación redutora no último instante.
20. ... 30x20;
Captura que anula a conta de 20 e a posibilidade das negras de reclamar o empate.
21.*22-12, 16x07; 22.03x23, [GB].
Un final de enorme
utilidade práctica que debe figurar nas listas de estudo de todos os bos
xogadores e repasado cada pouco tempo.