sábado, 9 de outubro de 2010

Partida Clásica. Liña "F" [5. ... 26-22]

Concluímos esta semana o estudo das liñas da "Partida Clásica" que comezan con:

[1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3.07-12, 20-16; 4.03.07, 28-23; 5.05-10 ...]

5. ... 26-22

Coñecida en Portugal como "Defensa José Carlos" debido a un estudo que este magnífico xogador portuense publicou no Tratado da Enciclopedia Damista.

POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 26-22;

Vixía a importante casiña 19, pero a diferenza de 5. ... 27-22, ten a vantaxe de manter intacto durante algún tempo o “pequeno triángulo” formado polos peóns 30, 31 e 27.

6.15-19 ...

Un cambio que debilita o flanco de río inimigo. A troca con 6.15-20 deixa as brancas en inferioridade ao perder control sobre a casa 19. Tampouco convén 6.01-05 por 23-20!; 7.14-19!, 29-26; 8.19-23!, 21-17; 9.15-19, 22x15; 10.12x19, 26-21; 11.10-14 ... (se 11.19-22, 31-28; G.N.); 11. ... 20-15; as brancas vense obrigadas a loitar polo empate.)

6. ... 22x15 7.12x28 32x23; 8.01-05 ...

Apoiando o avance 14-19 e ao mesmo tempo creando a consabida ameaza de tiro con 09-13 seguido de 14-18.

8. ... 23-20

• 8. ... 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.10-14, 29-25; 11.14x21, 25x18; 12.05-10, 23-19; 13.11-14, 18x11; 14.06x22, 27x18; 15.07-11, e seguindo con 10-14 as brancas gañan.
• 8. ... 27-22; traspón á variante 8. ... 26-22 da liña "E".

9.14-19 ...

Cara ao lado débil do rival.
Menos ambiciosa é 9.08-12, 27-22; 10.12-15, 31-27!; 11.14-19, 21-17; 12.19x26, 29x22; porque agora non vale 13.10-14, para tratar de traspoñer á variante principal da liña E, xa que co envío a dama 13. ... 22-19; gañan as negras como xa quedou alí explicado. Débese escoller 13.11-14! e aínda que as negras están mellor, pouco a pouco pódese ir chegando á igualdade. Non vale 13.10-14, 22-19; 14.15x31, 20-15 e como indica José Carlos gañan as negras. No "Torneo Escocés" de 1897, no encontro entre F. Brown vs. James Ferrie xogouse 13.04-08, que tamén perde. O mítico Ferrie anotouse o punto con 13. ... 27-23; 14.10-14, 30-27; 15.14x21, 25x18; 16.05-10, 23-19; G.N.

9. ... 21-17

• 9. ... 27-22; traspón a liña "E", coa vantaxe de que evita a elección branca de tomar para "27" na xogada sétima.

• 9. ... 20-15; 10.11x20, 24x15; 11.10-13 ... (Se 11.07-12 ver a "Base de Datos" Nº 10 neste blog) 11. ... 18-14; 12.19-22, 27-18; 13.13x22, 30-27; (13. ... 16-12; 14.07x16, 30-27; 15.08-12, 15x08; 16.06-10 con vantaxe lixeira das brancas) 14.22-26, 29x22; 15.06-11, para empate.

10. 19-22! ...

POSICIÓN DESPOIS DE 10.19-22 ...

A máis incisiva, aproveitando que non vale o ataque 10. ... 30-26 por 11. 08-12 e 12.11-15 ou 11-14.

Tamén se pode probar con 10.10-14, 20-15; (Se 10. ... 25-21; ver a xa mencionada "Base de Datos" Nº10) 11.11x20, 24x15; 12.14x21, 25x18; 13.07-12, 16x07; 14.04x20, 27-23; 15.19x28, 31x15; 16.06-11!, 15x06; 17.02x11, 18-13; 18.09x18, 17-13; 19.18-22, 13-09; 20.08-12, 09-02; 21.22-27, 02x08; 22.27-31 con empate (José Carlos)

10. ... *25-21

Única. Xa que se 10. ... 20-15; 11.11x20, 24x15; 12.07-12, 16x07; 13.04x20, 30-26; 14.20-23, 27-20; 15.22-27, 31x22; 16.10-14, 18x11; 17.06-24, unha variante de James Lees [publicada na súa "Guía" do ano 1892] que no xogo angloamericano é de empate, pero en damas clásicas gañan as brancas como xa advertiu José Carlos.

11.11-15, 20x11; 12.06x15, 27-23; 13.15-20 ...
As brancas teñen que ter coidado de non baleirar a casa "10" mentres exista a ameaza de xudía enviando o peón de "22" a "31". Como nesta altura o xogo xa está nivelado, non hai nada mellor que efectuar a simplificación que se produce tras a xogada do tronco.
13. ... 24x15; 14.07-12, 16x07; 15.04x27, 30x23; 16.08-12, 23-19;

POSICIÓN DESPOIS DE 16. ... 23-19;
17.22-26! ...

Un fino e brillante recurso. O xogo de damas require sempre dunha vixilancia extrema, pois o lance natural 17.12-16 contrarrestaríase con 31-27! e G.N. (José Carlos)

17. ... 29x22 18.02-06 31-28 19.06-11 28-24 20.11-15 18-14 21.12-16 con empate segundo análise do propio José Carlos Anjos no T.E.D. [Aditamentos da 2ª Edición].

Ningún comentario: