venres, 9 de setembro de 2011

Lembrando a Silva Pereira

José Silva Pereira
[Foto do Blog "Damas Classicas" de Lusodama]

José Antonio da Silva Pereira (1940-2011) natural do Laranxeiro no concello de Almada, foi un dos máis afamados damistas portugueses de finais do século pasado. Coñecido como o “Ze” ou José Pereira nos seus inicios, pasaron a chamarlle Silva Pereira para non confundilo con outros dous xogadores de nome similar. Comezou practicando o xadrez, mais sendo aínda un cativo ─non tiña máis de 11 anos─ mentres empurraba torres, cabalos e demais trebellos foi observado por Manuel Tavares, quen o convidou a mudar de modalidade. Este famoso cazatalentos, máis coñecido como o “Ti Manel”, ensinoulle as primeiras leccións e contaxioulle a paixón polo xogo de damas. A súa afección levouno a frecuentar a sede do club de Almada onde coñeceu a moitos dos mellores xogadores portugueses e así conseguiu mellorar notablemente o seu nivel. Axiña comezou a inscribirse en torneos e gañar en experiencia. Pouco a pouco foise facendo un oco na mítica escuadra do club coa que co paso do tempo chegou a conseguir 14 campionatos nacionais por equipos.

Era un xogador enormemente talentoso e dotado dunha gran facilidade de cálculo polo que se sentía máis cómodo nas partidas con apertura sorteada. Non posuía tratados, só algúns apuntamentos da “Enciclopedia Damista” que lle pasaban os compañeiros do equipo. Precisamente, nunha entrevista que lle fixo Ruaz Ramos para publicar nunha separata desta coñecida publicación denominada “Espazo Damista” [pódese ver nos blogs “Damas Clássicas” de Lusodama ou no de Jofedolgo], recoñeceu dous erros. Un foi abandonar os estudos académicos e o outro non se deixar operar do seu estrabismo, pero eu engadiría un terceiro baseado precisamente nesas lagoas que experimentaba na súa preparación e que notaba especialmente nos apuros de tempo. Isto non lle impediu colleitar soados éxitos, entre eles o enorme de conseguir alcanzar o título de campión individual de Portugal; pero tamén tivo que soportar as cariñosas tomaduras de pelo dalgún dos seus compañeiros cando, presa dos nervios, en Campionato Nacional non foi quen de rematar co bando forte dous finais técnicos: un «Saque de peón» contra Leopoldo Lopes no ano 1993 e, incriblemente, unha «Forzosa» contra Antonio Russo no 1996.

Silva Pereira conseguiu gañar en numerosos torneos como o do “Vai Avante” e outros de carácter aberto que se celebran en calquera recuncho de Portugal e chegou a participar en 20 ocasións no Campionato Nacional Individual. Desde a primeira edición deste prestixioso evento no 1981 ata que, por mor da artrose que padecía, se apartou das competicións no ano 2001, só estivo ausente no torneo de 1995. No 1986, curiosamente o ano en que grazas a unha nova lei lle concederon a xublilación anticipada do seu traballo de fundidor, a Federación adxudicoulle o título de “mestre” cando se clasificou en primeiro lugar no campionato disputado en Torres Vedras, máis como o Dr. Vaz Vieira sumou os mesmos puntos obrigáronlle a disputar un desempate que permitiu ao de Coimbra conservar o título que posuía desde que se creara oficialmente. Isto sentou un precedente e nos dous anos seguintes o campionato só serviu para adxudicar unha praza que daba dereito a loitar por ese titulo enfrontándose co campión. No 1987 Silva Pereira quedou segundo e no 1988 volveu empatar ao primeiro posto, esta vez con Medalha, pero foi este o que conseguiu praza para enfrontarse nunha finalísima co campión Vaz Vieira que revalidou o prezado galardón unha vez máis.

No 1991, cunha idade de 51, Silva Pereira acadou a gloria definitiva. Foi nun campionato disputado en Almada, a súa terra, cando por fin conseguiu o título de campión portugués ao quedar primeiro con medio punto de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Veríssimo Dias.

Silva Pereira faleceu con 71 anos a finais do pasado mes de agosto. Lembremos como xogaba:


José Antonio da Silva Pereira vs. Luís Sá
1º Campionato de Portugal, Lisboa, 1981
«Apertura Dereita Marxinal»

1.09-13, 21-17;

Este era o terceiro xogo da sétima sesión no que o sorteo deparou que se abrise coa «Apertura Dereita Marxinal» que concede unha pequena vantaxe ás negras. En apertura libre está considerada como a segunda peor saída, só lixeiramente superior ao outro movemento lateral 1.12-16. En cambio a resposta negra tratando de bloquear o flanco rival ostenta a mellor das consideracións.

2.05-09 ...

A estereotipada idea de tapar o burato para apoiar a liberación con 13-18.

2. ... 25-21;

Nos tratados clásicos españois só se estuda esta apertura no de Cecina Rica que aquí segue con 2. ... 23-19; unha xogada que non se opón á intención das brancas e permite o cambio en «18».

3.02-05 ...

A defensa máis xogada, persistindo na idea de liberación. Foi posta de moda polo americano Julius D´Orio que revitalizou a variante despois de estudala en profundidade durante a súa preparación para un match que disputou en Boston no 1911 contra Hugh Henderson.

Julius D´Orio
[Libro "Mysteries of Dama"]

Outra opción é 3.12-15, 23-20; 4.02-05 ... [4.10-14 tamén ten os seus partidarios] 4. ... 28-23; [Unha famosa celada téndese na variante 4. ... 27-23; que debe ser contestada con 5.10-14, pero non con 5.13-18 por 21x14; 6.11x27, 20x02; 7.08-12, 31x22; 8.12-15, 02x20; 9.07-11, 20x13; 10.09x27, 23-19; 11.27-31, 24-20 con vantaxe decisiva das negras como nun xogo Daniel Machado vs. Vaz Vieira deste 1º Campionato de Portugal] 5.08-12, 20-16; 6.13-18, 21x14; 7.10x28, 32x23; 8.04-08, 23-20; 9.15-19, 22x15; 10.12x19, 20-15; 11.11x20, 24x15 etc. con xogo máis ou menos equilibrado [Verissimo_D vs. Chigivara; Ludoteka, 2010].

3. ... 22-19;


POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 22-19

A xogada preferida de James Wyllie coa que adoitaba esmagar aos seus rivais que case sempre seguían con 4.12-15. D´Orio chegou á conclusión de que nesta altura o mellor era 4.12-16.

Interesante tamén é a elección 3. ... 23-19, favorita do gran teórico Herminio Medalha da Silva, compañeiro de equipo de Silva Pereira.

Mentres que 3. ... 21-18 ocupando a casa «dique», permite ás brancas saír da presión con 4.10-14, 17x10; 5.14x21, 26x17; 6.06x13, 17x10; 7.05x14, pero é unha variante moi utilizada na práctica. Nesta posición o xogo pode seguir:

a) 7. ... 22-19; 8.14-18, 23-20; 9.12-15, 19x12; 10.07x23, 28x19; 11.11-15, 19x12; 12.08x15, 32-28; 13.01-05, 28-23; 14.03-06 ... [Aquí o recomendable é seguir con 14.05-10] 14. ... 30-26; 15.05-10, 23-19; 16.15x22, 26x19; 17.10-13, 24-20; 18.18-22, 27x18; 19.13x22, 20-15; 20.09-13, 19-14; 21.13-18 ... [21.13-17 e aínda que a vantaxe negra é grande o xogo foi dado por empatado en José Calado vs. Silva Pereira; 5º Campionato de Portugal, Torres Vedras (1986)] 21. ... 14-11; 22.06-10, 11-06; 23.10-13, 06-03; 24.22-27, 03x17; GN. [Verísimo Dias vs. Silva Pereira; 14º Campionato de Portugal; Sines, 1994.

b) 7. ... 23-19; 8.14x23, 28x19; 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 32-28; 11.11-14, 28-23; 12.07-11, 30-26; 13.14-18, 22x13; 14.09x18, 27-22; 15.18x27, 31x22; 16.01-05, 22-18; 17.05-10, 23-19; 18.15x22, 26x19; 19.03-07, 19-15; 20.11x20, 24x15 EMP. [Abdeghani vs. Tiago Manuel Neves; Torneo Internacional de Mohammedia, 2011].

4.13-18 ...

Se 4.12-16 ... [A recomendación de Julius D`Orius que en damas clásicas non goza de boa fama debido a uns primeiros análises dos doutores OAL e Sena Carneiro. Hoxe debe considerarse como unha boa alternativa]. As negras poden escoller:

a)  4. ... 24-20; 5.13-18, 21x14; 6.11x18, 19-14; 7.10x19, 23x14; 8.16x23, 28x19; 9.06-11, 26-22; 10.11-15, 22x13; 11.09x18, 19x12; 12.08x15, 29-25; 13.04-08, 30-26; 14.08-12, EMP. [Marion Tinsley vs. Walter Hellman, xogo 21 do match de 1955 no que o mítico profesor de Ohio se proclamou campión do mundo].

b) 4. ... 19-15!; 5.11x20, 24x15; 6.07-11, 23-19!; 7.11x20, 28-24; 8.04-07, 24x15; 9.07-11, 27-22; 10.11x20, 21-18; 11.06-11, 19-14; 12.10x19, 22x06; 13.03x10, 26-22; 14.08-12, 32-28; 15.12-15, 30-27; 16.20-24, *29-25; 17.16-20, 25-21; 18.15-19, 22-15; 19.13x22, 27x18; 20.20-23, 28-19; 21.10-13, 17x10; 22.05x23, 15-11; 23.23-28, 11-06; 24.28-32, 06-02 EMP. [Joaquim Bravo vs. José Antonio Moreira; 2º Campionato oficioso de Portugal; Almada, 1977].

4. ... 21x14; 5.11x18, 19-14;

Con esta réplica permítese ás brancas igualar rapidamente. Aquí o mellor é 5. ... 24-20; 6.12-16, 19-14; 7.10x19, 23x14; 8.16x23, 28x19; 9.18-21, 17-13; 10.09x18, 26x17; 11.05-10, 14x05; 12.01x10, 19-14!; [mellor que o 12. ... 32-28 recomendado na Enciclopedia Damista] 13.10x19, 17-13! E as brancas só poden empatar con moitas dificultades.

6.10x19, 23x14; 7.06-11, 24-20;

7. .... 29-25; 8.12-15, 28-23; 9.18-22 ... [Moi interesante alternativa ao coñecido 9.08-12, 23-20; 10.05-10, 14x05; 11.01x10, 26-21; 12.10-14, 17-13; 13.03-06, 31-28; 14.04-08, 30-26; 15.12-16 ... (Errónea, o correcto é 15.15-19 con xogo equilibrado) 15. ... 27-22; 16.18x27, 26-22; 17.16x23, 28x03 GN, un xogo que nos tratados ven como disputado entre Birkenskow vs. Strudsvich, sen máis datos] 9. ... 26x12; 10.11x18, 30-26; 11.08x15, 26-21; 12.09-13, 21x14; 13.13-18 con igualdade, aínda que obriga ás negras a xogar con coidado.

8.12-15, 28-24; 9.05-10, 14x05; 10.01x10, 27-22; 11.18x27, 31x22; 12.08-12, 20-16; 13.11-14, 26-21; 14.14-19, 24-20; 15.19x26, 20x11; 16.07x14, 16x07; 17.04x11, 29x22; 18.09-13, 32-28; 19.11-15, 28-24;

Vale, pero máis doado era 19. ... 28-23; 20.03-07, 23-19; 21.14x23, 21-18; 22.23-28, 18x09; 23.28-31 ...[23.28-32, 09-05; 24.07-11, 05-01; 25.11-14, 22-18; 26.14x21, 01x25; EMP amosado por Sena Carneiro] 23. ... 22-19; 24.15x22, 09-05; 25.31-24, 05-01; 26.22-27, 01-04; 27.27-31 EMP. [Sena Carneiro].

20.03-07, 30-27; 21.07-12, 27-23; 22.12-16, 23-19;

As negras aínda se podían defender con 22. ... 21-18; 23.14x21, 23-19; 24.21-26, 19x12; 25.26-29, 12-08; 26.29-15, 08-04; 27.15-08, 04-21; 28.08-04, 21-30; 29.04-14, 30-27; 30.14-19, 27-23; EMP: [Sena Carneiro]

23.14x23, 21-18; 24.15-19, 18x09;

Non 24. ... 22x15; 25.13x22, 15-11; 26.23-28, 11-07; [Se 26. ... 11-06; 27.22-27, 02-06; 28.27-30 GB.] 27.28-31, 17-13; 28.10x17, 07-03; 29.31-28 GB. [Sena Carneiro].

25.19x26, 09-05; 26.26-29, 17-13;

Recurso desesperado en vista de que 26. ... 05-02 tamén perde por 27.23-28, 02-09; [Se 27. ...24-20; 28.16x23, 02x20; 29.28-31, 20-30; 30.29-19, GB. (Sena Carneiro)] 27.28-31, 09-02; 28.29-15 GB. [Sena Carneiro].

27.10x17, 05-01;


POSICIÓN DESPOIS DE 27. ... 05-01

28.29-15!! ...

Formidable. En contra do que algúns pensaban, Silva Pereira adoraba xogar finais se había tempo suficiente para poder pensar. Aquí remata de forma elegante. Parece que as negras están salvadas xa que non valía 28.23-27 por 24-20, nin 28.29-19 por 24-20 seguido de 20-15 con resultado de empate en ambos os dous supostos, pero o mestre atopa un bonito recurso.

28. ... 01x28; 29.16-20, 28-31;

Se a dama permanece na gran diagonal, as brancas coroan o peón de «17» e gañan co célebre final de Antonio Mirón y del Castillo publicado no 1635 nas últimas páxinas do Libro de Timoneda. Aproveitando que a dama negra ten que ir de canto a canto do «río» debido á ameaza de disparo da «bateria», fórmase un «gancho» levando a dama libre ao cadro «8» xusto despois de que as negras movan a «1». Deste xeito fórzase 01-32 e as brancas gañan con 20-23.

30.20-23, 31-18; 31.23-28, 18-14; 32.28-32, 14-18; 33.32-23, 18-25; 34.15-19, 25-29; 35.19-08, 29-25; 36.23-19, 25-07; 37.17-21, 07x25; 38.08-04  [Resultado: 1-0]

Ningún comentario: