domingo, 23 de outubro de 2011

Había golpe!

Veríssimo Neves Dias vs. José Antonio Vieira de Carvalho
3º Campionato de Portugal por correspondencia [oficioso], 1976
«Partida do Río [Defensa Toledana]»


1.12-16, 21-18

Apertura «Esquerda Transversal» de prognóstico igualado. Os lectores xa saben que contra a frouxa saída das brancas, o mellor é responder con 1. ... 23-19.

2.10-14, 23-19; 3.14x23, 28x19;

Deste xeito o xogo traspón á famosa «Partida do Río».

4.05-10, 27-23; 5.10-13, 25-21; 6.01-05, 32-28; 7.05-10 ...

A esta posición tamén se pode chegar nunha liña da «Toledana». Esta defensa caracterízase polo movemento negro 27-23 en lugar de 28-23 e foi primeiramente estudada polo tratadista español Luis Soler y Rovira no seu libro "Armas contra la espada y broquel de D. Pablo Cecina Rica y Fergel ..." no ano 1798. O seu desenvolvemento habitual é o seguinte: 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 27-23; 5.10-13, 21-18; 6.05-10, 25-21; e agora 7.12-16 como neste xogo ou, aínda,  7.13-17 que aquí parece preferible.

7. ... 21-17;


POSICIÓN DESPOIS DE  7. ... 21-17

Dentro da liña que indicamos antes: 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 27-23; nun enfrontamento Chygivara vs. Verisssimo_D da Ludoteka (2010) seguiuse con 5.09-13, 21-17; 6.05-09, 25-21; 7.12-16, 31-27; pero se as negras efectúan aquí o movemento 7. ... 21-18 outra vez a posición sería a mesma que a do xogo que presentamos hoxe.

8.11-14, 18-11; 9.07x14, 24-20; 10.13-18, 22x13; 11.09x18 ...

As brancas teñen unha lixeira vantaxe.

11. ... 26-22 ??

Isto perde. Segundo a teoría publicada na Enciclopedia Damista, as negras deberían continuar con 11. ... 28-24; ao que pode seguir 12.08-12, 26-22 [agora si]; 13.18x27, 31x22; 14.04-08 ... [Ou se 14.06-11, 30-27; 15.02-06, 29-26; 16.04-08, 26-21; 17.12-15, 19x12; 18.08x15, 22-18; 19.15-19, 20-15; 20.19x28, 27-22; 21.11x20, 18x02 con final de EMP.] 14. ... 29-25; [ou 14. ... 29-26 e estamos nunha mesma posición que despois se vai dar nesta partida] 15.12-15, 20x11; 16.06x15, 19x12; 17.08x15, 22-18 con igualdade. Ou aínda se 17. ... 25-21 volve traspoñer á partida.

12.18x27, 31x22;

O GOLPE
Xogan brancas e gañan



POSICIÓN DESPOIS DE 12. ... 31x22

13.08-12 ?? ...

Veríssimo influenciado pola teoría intenta levar o xogo á liña coñecida e non se decata da imprecisión do seu rival. Nótese que se trataba dun xogo por correo e que cada xogador podía pensar e mexer no taboleiro o que quixese. A partida foi publicada na Enciclopedia Damista e unha vez máis aquí temos un claro exemplo da dificultade do xogo de damas, pois o Dr. Sena Carneiro que facía os comentarios tampouco advertiu o erro.

As brancas agora podían gañar cun preciso e fermosísimo golpe: 13.10-13!! que leva á seguinte bifurcación:

a) 13. ... 17x10; 14.06x13, 19x10; 15.13-18 ... [Para que despois do envío a dama o negro non dispoña da opción de comer este peón de «13»] 15. ... 22x13; 16.03-06, 10x03; 17.04-07, 03x12; 18.08x31 GB.

b) 13. ... 19x10; 14.03-07, 10x03; 15.07-11!, 17x10; 16.04-07, 03x12; 17.08x31, 30-27; 18.31-28, 22-19; 19.11-14, 29-26; [Se 19. ... 27-22; 20.28-31 GB] 20.16-20, 23x16; 21.14x30, 26-22; 22.28x05 GB.

Poderiamos aquí terminar cos comentarios pero, como xa indicamos, pódense alcanzar posicións posteriores sen pasar polo golpe. Debido a este detalle o xogo aínda mantén o seu interese.

13. ... 29-26; 14.04-08, 28-24;

Moito máis segura e mellor é a continuación 14. ... 20-15; 15.16-20*, 23x07; 16.14x32, 07-04; 17.10-13, 17x10; 18.32x05, 04-25; 19.05-01, 25-21 EMP.

15.12-15, 19x12; 16.08x15, 20x11; 17.06x15, 26-21; 18.02-06 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 18.02-06

18. ... 21-18;

Aquí é moi complicado decidir que facer: Un empate heroico prodúcese tras 18. ... 30-27; 19.06-11, 21-18; 20.14x21, 23-19; 21.21-26, 19x12; 22.11-14, 17-13!!; [Se 22. ... 12-08; 23.26-29, 08-04; 24.29x15, 04x18; 25.10-14, 18x20; 26.16x30 GB] 23.10x17, 12-08; 24. 26-29, 08-04; 25.29x08, 04x25; 26.08-04, 25-29; EMP.

O propio Vieira de Carvalho xa apuntou na Enciclopedia que se 18. ... 22-18; 19.06-11, 18-13; 20.15-19, 13x06; 21.19x28, 06-02; 22.11-15 GB.

19.14x21, 23x19; 20.15-20 ...

Un Veríssimo sen a experiencia de hoxe, pois naquel tempo contaba con 21 anos, decídese por este floreo que seguramente permite ás negras empatar. Pero nada se pode reprochar, nesta posición é terriblemente difícil atopar as mellores xogadas. O xogo debe gañarse con 20.21-25, 19x12; 21.25-29, 12-08; 22.29x15, 08-04; 23.03-7, 04x20; 24.16x23, 24-20; 25.23-28, 20-15; 26.28-32, 15-12; 27.32-14, 30-27; 28.14-04, 27-23; 29.04-21, 12-08; 30. 21-04, 23-20; 31. 6-11, 20-16; 32.11-15, 16-12; 33.15-19, 12-07; 34. 04x25, 08-04; 35.19-22, 04-08; 36. 25-29, 08x26; 37. 29x19 GB.

20. ... 24x15; 21.21-25, 15-12 ?

Novamente encontrámonos ante un gran dilema. Vieira de Carvalho, na citada Enciclopedia Damista, dicía que se empata con 21. ... 15-11; 22.06x15, 19x12; 23.25-29, 30-26; 24.10-14, 12-08; e segue con 25.14-18, 22x13; 26.29x09, 08-04; 27.09-05, 04-11 [EMP]. Pero a análise está furada porque con 25.16-20, 17-13; 26.14-18 ou 14-19 GB.

Nós cremos que o verdadeiro empate debería producirse con 21. ... 15-11; 22.06x15, 19x12; 23.25-29 e agora:

23. ... 12-08; 24.29x19, 08-04; 25.16-20, 30-27; 26.10-13 ... [Se non fan este cambio, as negras deben facer xogadas de espera coa dama] 26. ... 17x10; 27.19x01, 04-18; 28.20-24, 18-11; 29.24-28, 27-23; 30.28-32, 23-20; 31.32-19, 20-16; 32.19-08, 11-07; 33.03x12, 16x07 EMP.

22.25-29 [1-0]

As negras abandonaron. Unha posible forma de rematar o xogo podería ser 22. ... 30-26; 23.06-11, 12-08; 24.29-25, 17-13; 25.10x17, 19-15; 26.11x20, 8-4; 27.25-29, 04-14; 28.20-24, 14-32; 29.29-25, 22-19; 30.25-04, 19-15; 31.04-08, 15-11; 32.08x29, 32-05; 33.29-25, 11-6; 34.3x10, 05x32 GB.

Este Campionato, que se disputou por eliminatorias, iniciouse no 1976 e rematou no 1979. Proclamouse campión Herminio Medahla da Silva e o xogo que hoxe comentamos pertencía aos oitavos de final. Posteriormente Veríssimo Dias empatou 1-1 en cuartos de final con Joaquim Ribeiro pero declinou xogar o desempate. El tivo que desistir de seguir no campionato por motivos académicos. Recibiu unha bolsa e marchou uns anos a estudar en Rusia.

Ningún comentario: