venres, 16 de marzo de 2012

VI Torneo de Romariz [2012]



Joaquim Silva "Pardal"
[Foto Jofedolgo]


Comezou a andar a tempada damista do 2012 en Portugal e xa se celebraron os primeiros eventos. O pasado sábado, día 10 de marzo, tivo lugar na "Casa do FC Porto" de Romariz [Vila da Feira] unha nova edición do seu prestixioso torneo que nesta ocasión contou con 60 participantes, entre os que se encontraban dous ex-campións nacionais e un bo feixe de damistas de elite. Resultou vencedor Joaquim Silva "Pardal" que cunha asombrosa actuación conseguiu a vitoria nas cinco sesións. O segundo premio foi para Sergio Bonifacio con 4,5 puntos e o terceiro para Víctor Lino que totalizou 4, tamén sen perder en ningunga das roldas. Amadeu Neves, Fernando Gonçalves e Carlos Bastos completaron a nómina dos que conseguiron sumar 4 puntos. Mentres Manuel Madureira, vencedor da pasada edición, finalizou en décimo lugar con 3,5 puntos.



Sergio Bonifacio e Víctor Lino
[Fotos Jofedolgo]
  
Na clasificación por equipos o primeiro premio foi para a potente escadra do CCD de Sao Joao da Madeira. A formación do Vai Avante de Sao Pedro da Cova [2º clasificado] e o Café Avenida de Ermesinde [3º] completaron o podio.

Comentamos a  continuación un espectacular xogo disputado nesta proba.

______________________________________________________________

XOGO COMENTADO
______________________________________________________________


Antonio Estrela vs. Justino Miguel
Torneo de Romariz, 2012
4º xogo da sesión

1.10-13 ...

Non están moi lonxe os tempos nos que practicamente todos os xogos comezaban con 1.10-14. Pero cada vez son máis os damistas que en partida libre se deciden por outras xogadas con idea de sacar do libro ao rival. Este lance dá lugar á «Partida Crítica», tamén coñecida como a «Bristol». As brancas non crean debilidades ao mover un peón do lado máis sólido, pero tampouco plantexan ningunha ameaza de ataque ao desprazalo en sentido lateral.  

1. ... 21-18

Con esta xogada queda configurada a «Apertura Crítica Cerrada» lixeiramente favorábel ás negras. Evítase así o  doble cambio na casa «18» que permitiría construír un «dique» de peóns na diagonal «4→25»; algo que en realidade non debería preocupar moito ás negras sempre e cando que no seu lugar respondan con 1. ... 23-19,  controlando o centro do taboleiro. 

 2.06-10 ...

 Unha liña escasamente documentada. Comezou a ser estudada a principios dos anos 30 do século pasado cando os americanos introduciron as aperturas sorteadas a 3 lances. En damas clásicas, houbo un tempo en que foi catalogada como moi mala, ata se pensou que era unha perdedora. Foi o mestre Herminio Medalha da Silva un dos primeiros en introducila no seu repertorio e con ela conseguiu sorprender a moitos adversarios. Na actualidade xa se considera como unha réplica aceptable, e como tal, figura no correspondente mapa de aberturas da Federación Portuguesa.

 2. ... 25-21;


POSICIÓN DESPOIS DE 2. ... 25-21

Nos primeiros xogos disputados con esta apertura adoitábase utilizar a máis natural e intuitiva 2. ... 23-19; pero co paso dos anos foron aparecendo novas variantes como 2. .... 24-20 [Favorita do mítico campión Marión Tinsley], ou 2. ... 25-21 [A escollida neste xogo] unha receita de Maurice Chamblee que ten por idea seguir con 23-19, pero evitando que as brancas poidan debilitarlle o flanco ao facer o troco para a casa «21» despois do típico corte con 10-14.

Chamblee foi un gran teórico e campión americano [na 17º edición en Paxton, 1950], que  pretendía casar coa irmá xemelga do Dr. Tinsley con quen forxou unha grande amizade. Faleceu dun derrame cerebral mentes dormía no interior do seu auto cando tiña tan só 28 anos.  

 

Final do Torneo Americano do 1950
[Foto do Checkers Museum]

Nesta histórica foto podemos ver a Maurice Chamblee [á dereita] xogando contra Alex Cameron na final do Campionato Americano do 1950. Observan sentados Kennet Grover [de camisa escura] e Walter Helman, de pé Marion Tinsley.

E explicados os antecedentes, vexamos como se poden desenvolver estas dúas alternativas:

♦♦ 2. ... 24-20; 3.12-15, 28-24; [ Preferible é 3. ... 20-16; e tras 4.10-14, 25-21; 5.13-17, o xogo traspón á variante do xogo troncal con 3. ... 24-20] 4.10-14, 32-28; 5.14x21, 26x10; 6.05x14, 22-18; 7.14x21, 25x18; 8.01-5, 27-22;  9.05-10, 20-16; 10.10-14, 29-25; 11.14x21, 25x18; 12.02-6, 23-20; 13.06-10, 31-27; 14.08-12, 30-26; 15.10-13, 28-23; coas brancas un pouco mellor.

♦♦  2. .... 23-19;  con estas posibles rutas:

·  3.02-06 [No xogo inglés a única que permite manter a posición sólida] e agora se:

a)      3. ... 28-23; 4.13-17, 18-13; 5.09x18, 22x13; 6.10-14 ... [Se 6.05-09 as negras rematan empregando unha manobra moi similar á dun dos máis célebres golpes do tratadista clásico Pedro Ruíz Montero: 6. ... 32-28; 7.09x18, 19-15; 8.12x19, 23x05; 9.01x10, 26-21; 10.17x26, 30x05 GN.] 6. ... 19x10;  7.05x14, 13-09 as negras teñen unha formidable posición.  

b)      3. ... 25-21; 4.13-17, 28-23; 5.10-14, 19x10; 6.05x14, 23-20; 7.12-15, 29-25; 8.01-05, 32-28; 9.06-10, 18-13; 10.09x18, 22x06; 11.03x10, 27-22; 12.07-12, 20-16; 13.10-13, 16x07; 14.14-18, 21x14; 15.11x27, 31x22; 16.04x11 EMP. [Milton Loew vs. Walter Hellman; Campionato Nacional Americano do 1990]. 

 ·   3.12-15, 19x12; 4.08x15 ...

a)      4. ... 27-23; 5.02-06, 23-19; 6.07-12 ... [Mellor que o 6.04-08 dado no «Tratado da Enciclopedia Damista»] 6. ... 28-23; 7.10-14, 19x10; 8.05x21, 26x10; 9.06x13, 25-21; 10.01-05, 23-20; con xogo igualado.

b)      4. ... 28-23; 5.10-14, 32-28; [o 5. ... 26-21 que recomenda o «TED» e ben contestado con 6.05-10. Igualmente se 5. ... 23-19; 6.14x21, 26x10; 7.05x23, 27x20; 8.01-05, 32-28; 9.05-10, 28-23; 10.10-13, 30-26 as brancas están un pouquiño mellor, mais nesta altura non valia a intuitiva 10. ... 25-21; por 11.11-14!, 20x11; 12.13-18, 22x13; 13.09x25, 24-20; 14.14-18 e gáñase un importante peón] 6.14x21, 26x10; 7.05x14, 23-19; 8.14x23, 28x12; 9.07x16, 32-28; 10.09-13, 25-21; con lixeirísima vantaxe das negras.

c)      4. ... 25-21; 5.13-17, 27-23; 6.07-12, 23-19; 7.10-14, 19x10; 8.05x14, 28-23; 9.02-06, 23-20; 10.04-08.

Un desenvolvemento estándar que se pode encontrar tamén na liña 1.10-13, 23-19; 2.05-10  en dúas variantes:

► 2. ... 21-18; 3.12-15, 19x12; 4.08x15, 25-21; 5.13-17 ...

► 2. ... 25-21; 3.13-17, 23-19; 4.12-15, 19x12; 5.08x15 ...

E agora seguindo con 6. ... 27-23; 6.07-12, 23-19; 7.04-08, 28-23; 8.02-05, 23-20; 9.10-14, 19x10; 10.05x14.

·  3.11-15, 28-23; 4.07-11, 32-28; 5.04-07, 18-14; 6.11-18, 23-20; 7.10-14, 20x04; 8.14x32, 04x21; 9.12-16, 24-20; 10.16x23, 27x20 e aquí as negras están un pouco mellor [Análise de Sena Carneiro].

·  3.13-17, 25-21;  traspón ao xogo principal.

3.13-17 …

Para quitar espazo ás negras e intentar bloquear o flanco do dobre curruncho.

O campión americano de orixe sueca,  Walter Hellman, un dos mellores xogadores de todos os tempos, popularizou o lance 3.12-15 que pode ser contestado con:

·  3. ... 23-19;  4.08-12 … [Formación que tamén se atingue con 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 21-18; 3.10-13, 25-21; 4.06-10]  e agora:

a)      4. ... 21-17; 5.10-14, 17x10;  [5. ... 19x10; 6.05x21, 17x10; 7.21-25] 6.14x23, 28x19; 7.05x23, 27x20; [Unha famosa posición que tamén se pode construir na «Variante Moderna» da «Partida Paralela»: 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 21-18; 3.10-14, 19x10; 4.05x21, 25x18; 5.06-10, 28-23; 6.10-14, 23-19; 7.14x23, 27x20;] o xogo está practicamente igualado.

b)      4. ... 27-23;  [Ata aquí chégase moitas máis veces co seguinte orde: 1.10-13, 21-18; 2.12-15, 23-19; 3.08-12, 27-23; 4.06-10, 25-21] 5.13-17 e agora:

▬ 5. ... 23-20; 6.10-14, 19x10; 7.05x14, 28-23; 8.02-05, 20-16; 9.05-10, 30-27; 10.01-05, 32-28; 11.03-06 ... [Debilita moito a estrutura. Aquí impoñiase 11.04-08 con xogo practicamente equilibrado] 11. ... 24-20!; 12.15x24, 22-19; 13.04-08, 27-22; 14.11-15, 18x04; 15.15-20, 16x07; 16.20x27, 07-03; 17.27-30, 03-16; 18.08-12, 16x03; 19.06-11, 04x18; 20.30-23, 03x13; 21.23x14, 18x07;  22.09x18, 31x22; 23.24x31, 07-04; 24.31x25,  26-21;  25.17x26, 29x22; GN. [Cap. Santos Deodato vs. Víctor Oliveira; 23º Campionato de Portugal; Faro, 2003]

▬ 5. ... 31-27; 6.10-14, 19x10; 7.05x14, 23-19; 8.14x23, 28x19; 9.01-05, 29-25; 10.02-06 [Dr. Vaz Vieira vs. Luís Sá; 28º Campionato de Portugal disputado en Odemira no 2008]. O lector debe notar que esta posición pode ser formada tamén na variante do «Dobre Torreón Branco» da «Partida Paralela»: 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 28-23; 3.10-13, 21-18; 4.06-10, 25-21; 5.13-17, 29-25; 6.02-06, 31-28; 7.10-14, 19x10; 8.05x14, 23-19; 9.14x23, 28x19; 10.01-05 como no xogo, xa publicado neste blog, Dr. Vaz Vieira vs. Nuno Vieira do Torneo da Baixa da Banheira do ano 2011.

c)      4. ... 28-23; 5.13-17, 23-20; 6.10-14, 19x10; 7.06x14, 20-16; 8.01-05, 32-28; 9.05-10, 28-23 [Unha formación alcanzada tamén no xogo principal na súa variante con 5. ...28-23].

·  Se 3. ...  21-17; 4.10-14, 17x10; 5.14x21, 26x17; 6.05x14, 23-19; 7.14x23, 28x12; 8.08x15, 32-28;  [xogo modelo en «Key Openings»,  o moderno libro de aperturas do campión inglés Richard Pask].

    Richard Pask
    [Foto da EDA]
3. … 23-19;

Outras posibles opcións son:

·  3. ... 23-20; 4.12-15, 28-23; 5.10-14, 22-19; 6.15x22, 26x10; 7.05x14, 20-15; 8.11x20, 24x15; 9.17x26, 18x11; 10.07x14, 30x21; 11.02-06, 29-26; 12.04-07, 27-22; 13.07-11, 22-18; 14.11x27, 18x02; 15.27-30 EMP.

·  3. ... 24-20; 4.12-15. 20-16; [Se 4. ... 28-24; traspón á variante anterior] 5.10-14, 23-19; 6.14x23, 28x12; 7.8x15, 29-25; 8.05-10, 18-13; 9.09x18, 22x06; 10.03x10, 21-18; [Ata aquí todo igual que nun xogo Alex Cameron vs. Marion Tinsley do Torneo de San Petesburgo (Florida) no ano 1954] 11.01-05, 18-13; 12.11-14, 13x06; 13.02x11, 32-28; 14.15-20, 27-23; 15.20x27, 31x22 con igualdade.

4.10-14 ...

Un dos puntos que ten a favor o movemento 2.06-10 é que permite este corte liberador, unha posibilidade da que as brancas non dispoñen se fan a máis habitual 2.05-10.

4. ... 19x10; 5.05x14, 27-23;


POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 27-23


Ou 5. ... 28-23; 6.01-05, 23-20; 7.12-15, 32-28; 8.05-10, 28-23; 9.08-12, 20-16; [Posición tamén alcanzada na variante 3.12-15 ou desde a Paralela: 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 28-23; 3.09-13, 21-18; 4.13-17, 25-21; 5.10-14, 19x10; 6.05x14, 23-20; 7.01-05, 20-16; 8.05-09, 32-28; 9.06-10, 32-28;] e agora:

► 10.02-06, 23-19; 11.14x23, 27x20; 12.10-14, 30-27; 13.06-10, 27-23; 14.03-06, 23-19; [Aínda que a posición das brancas é mellor, aquí debiase seguir con 14. ... 29-25] 15.14x23, 18-14; [Perde de xeito forzado] 16.11x27, 20x02; 17.23-28, 31x22; 18.12-15, 02x20; 19. 1507-11,  20x13; 20.09x27, 24-20; 21.28-32, 20-15; 22.32-14, 21-18; 23.14x30, 15-11; 24.27-31, 11-07; 25.04x11, 16-12; 26.30-16, 12-08; 27.31-18 GB [Dr. Vaz Vieira  vs. Eduardo Castelo; 10º Campionato de Portugal, Oliveira de Azeméis, 1990].

10.03-06, 22-19; 11.15x22, 26x19; 12.17x26, 30x21; 13.11-15, 18x11; 14.15x22, 27x18; 15.06x15, 21-17; 16.10-14, 18x11; 17.07x14, 16x07; 18.04x11, 23-20; 19.14-19, 20-16; 20.19-23, 16-12; 21.23-28, 12-07; 22.28-32, 17-13; 23.09x18, 07-04; EMP. [Veríssimo Dias vs. Antonio Russo; Torneo Pré-Nacional disputado en Lisboa no ano 1995]

6.01-05 ...

Achegando o peón ao centro de operacións.

6. ... 23-19;

Superior a 6. ... 23-20; pois tras 7.12-15, 28-23; 8.05-10, 20-16; 9.08-12 as negras están nunha situación un tanto incómoda.

7.14x23, 28x19; 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 32-28;

As negras tamén queren centralizar o seu peón afastado no simple curruncho.


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 32-28


10.05-10, 28-23; 11.10-13 ...

Aínda que estratexicamente falando debe ser un pouco mellor 11.07-12, o lance do texto resulta tremendamente atractivo en vista do que vai acontecer.   

11. ... 30-27;

·  Para Medalha a mellor continuación aquí é 11. ... 23-19; ao que pode seguir: 12.02-06, 19x12; 13.07x16, 22-19; 14.13x22, 19-15; 15.11x20, 26x19; 16.17x26, 24x15; 17.09-13, 29x22; 18.16-20, 15-11; 19.06x15, 19x12; [Nesta análise o Dr. Sena Carneiro xa indicou que se 20.04-08, 30-27!; 21.08x15, 22-19 GN.] 20.03-6, 22-19; 21.13-17, 19-15; 22.20-23, 12-08; 23.17-21, 15-12; 24.21-25, 12-7; 25.04x11, 08-04; 26.11-15, 04-08; 27.15-20, 08-19; 28.25-29, 19x32; 29.29-12 EMP.

·  Inferior é 11. ... 23-20; 12.07-12, 20-16; 13.04-08, 16x07; 14.03x12, 31-27; 15.02-06, 27-23; 16.12-16, 23-19; 17.06-10, 19x12; 18.08x15 e agora Medalha indica na «ED» que as negras teñen un empate seguro con 18. ... 18-14; 19.11x27, 30x23; 20.10-14, 23-19; 21.14x23, 21-18; 22.13x22, 26x12; 23.23-28, 12-07; 24.17-21, 07-04; 25.21-25, 04-18; 26.28-32, 24-20; 27.16x23, 18-31 EMP. Mais nun xogo Herminio Medalha da Silva vs. José Luís Guerra diputado en Almada no ano 1996, as negras seguiron con 18. ... 22-19; 19.15x22, 26x19; 20.13x22, 21x18; 21.17-21, 19-15; 22.11x20, 24x15; 23.16-20, 15-12; 24.20-23, 12-07; 25.23-28, 07-03; [Con 25. ... 07-04 aínda se salvaban, pero coa textual perden cun fermoso golpe] 26.22-27!, 03x26; 27.28-32 GB.

12.02-06, 23-19;

GOLPE DE ANTONIO ESTRELA
As Brancas xogan e gañan


POSICIÓN DESPOIS DE 12. ... 23-19


Aquí Justino, un grandísimo jogador e excampión portugués, máis preocupado polos labores organizativos do torneo que no propio xogo, comete un error. A xogada, bastante intuitiva por certo, permite un bonito golpe. O adecuado sería 12. ... 23-20;  podendo seguir 13.06-10, 27-23; 14.07-12, 20-16; 15.04-08, 16x07; 16.03x12, 23-19; 17.12-16, 19x12; 18.08x15, 31-28; 19.16-20, 22-19; 20.13x22, 19x12; 21.11-15, 26x19; 22.15x22, 24x15; 23.17x26, 12-08; 24.26-30, 15-11;  con empate inevitable.

13.11-14! ...

As brancas, conducidas polo veterano Antonio Estrela, non deixan fuxir a oportunidade e rematan con brillantez.


Justino Miguel e Antonio Estrela
[Fotos Jofedolgo]

13. ... 18x02; 14.15-20!, 24x15; 15.03-06, 02x11; 16.07x30  [Resultado: 1-0].


POSICIÓN FINAL

O xogo está decidido. Neste momento Justino recoñeceu a súa derrota e, amosando unha gran cabaleirosidade, felicitou ao rival.

O final gáñase facilmente: Se  16. ... 15-11; 17.30-20, 22-19; 18.20x02, 21-18; 19.13x22, 19-14; 20.02-20! ... [Para atacar os peóns pola retagarda] 20. ... 26x29; 21.20-23, 31-27; 22.23x30, 14-10; 23.30-23, 19-14; 24.23-28, 14-11; 25.28x05, 11-06; 26.05-02, 06-03; 27.02-05, 03x12; 28.04-07, 12x03; 29.05-10, 03x13; 30.09x18 GB.

Ningún comentario: