Fernando Beça
[Foto de ADP-Damas]
Continúa con gran entusiamo a actividade damista en Portugal. O pasado
sábado, día 21, a pequena localidade norteña de Oliveira de Azemeis no distrito de Aveiro acolleu unha nova edición do
Torneo Nacional de partidas rápidas comemorativo do «25 de Abril». Neste xa tradicional
evento no que se repartiron cuantiosos premios, inscribíronse ata 41 participantes
que protagonizaron emocionantes duelos. A clasificación final quedou encabezada por un magnífico Fernando Beça que asinou un total de 4´5 puntos nas 5
sesións. Tamén sensacional foi a actuación de José Carlos Anjos que coa mesma
puntuación, pero con peor Bucholz, conseguiu o segundo posto. A terceira praza foi para o ex-campión nacional Justino Miguel que cos seus 4 puntos completou o podio.
José Carlos Justino Miguel
[Foto Damas do Norte] [Foto Damas do Norte]
Na modalidade por equipos resultou, unha vez máis, vencedora a escadra do CCD de Sao Joao da
Madeira. O segundo lugar correspondeulle á formación do “Vai Avante” de S.
Pedro da Cova e o terceiro foi para o “Ginásio Clube Vilacondense”.
Así quedou a clasificación individual nos 20 primeiros postos:
* * *
Unha das máximas fundamentais deste blog está en que todos os artigos teñen que conter unha parte práctica. Se non dispoñemos de xogos para publicar non podemos dar ningunha información sobre calquera torneo, por iso é que precisamos da colaboración de todos os damistas.
Grazas ao videos que ofrece o Facebook de Jofedolgo hoxe podemos amosar un estudo relacionado cun dos emocionantes enfrontamentos deste Torneo Nacional de Oliveira de Azemeis, 2012. Todo está baseado na posición representada no seguinte
diagrama que sen máis dilación pasamos a comentar.
AS BRANCAS MOVEN
Non sabemos a orde exacta de xogadas con que se chegou a
formar, pero procede dunha apertura «Paralela Ortodoxa»
na súa «Liña Clásica» ou moi posibelmente dalgunha das súas frecuentes trasposicións. O seu desenvolvemento máis xenuíno é o seguinte:
1.12-15,
23-19; 2.08-12, 27-23;
O lance que caracteriza a «Liña Clásica», nomeada así
polo Dr. OAL porque era a preferida dos antigos tratadistas españois.
3.10-13 ...
A continuación orixinal que deixa a iniciativa nas mans
das negras. A teoria actual recomenda como mellor 3.11-14.
3. ... 21-18;
4.06-10, 25-21; 5.13-17 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 5.13-17 ...
Mais, como xa indicamos, existen múltiples formas de construír esta singular
disposición de pezas. Velaiquí temos algunhas delas:
● A] 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 21-18; [A «Liña Moderna» unha denominación que tamén debemos ao Dr. Orlando Augusto Lopes] 3.10-13 ... [Neste
caso o máis adecuado é seguir coa troca
3.10-14] 3. ... 27-23; 4.06-10, 25-21; 5.13-17.
● B] 1.10-13, 21-18; [Apertura «Crítica Pechada»] 2.12-15,
23-19; 3.08-12, 27-23; [Ou incluso 3. ... 25-21; 4.13-17, 27-23;
5.06-10] 4.06-10, 25-21; 5.13-17.
● C] 1.10-13, 21-18; 2.06-10,
25-21; [Xogada
introducida polo antigo campión americano Maurice Chamblee] 3.12-15 ... [A contestación favorita de Walter Hellman] 3. ... 23-19; 4.08-12, 27-23; 5.13-17.
5. ... 23-20;
A máis incisiva. Outras posibilidades son:
● 5. ... 31-27; 6.10-14, 19x10; 7.05x14, 23-19;
8.14x23, 28x19; 9.01-05, 29-25; 10.02-06, con posición igual á que se deu nos
xogos —xa comentados neste blog— Dr. Vaz Vieira vs. Luís Sá [28º Campionato de
Portugal; Odemira, 2008] ou Dr. Vaz Vieira vs. Nuno Vieira [Torneo da Baixa da Banheira, 2011].
● 5. ... 24-20; [A dobre permuta temática nesta
clase de estruturas] 6.15x24, 19-14;
7.10x19, 22x08; 8.05-10, 30-27; [Ou a trasposición 8. ... 23-20; 9.01-05,
30-27; 10.10-13, 27-22; 11.05-10, 28-23; 12.10-14, pero aquí as brancas se o
desexan tamén poden seguir coa interesante 12.11-14] 9.01-05 12.27-22; 10.10-14, 23-20 [Se 10. ... 23-19??; 11.14x23,
28x19; 12.05-10, 19-14; 13.10x19, 22x06; 14.02x11, 31-27; (Tamén perde 14. ... 32-28; 15.11-14, 18x11; 16.07-14,
28-23; 17.09-13, 23-20; 18.14-19, 20-15; 19.03-07 GB como indica OAL na
«Enciclopedia Damista» ao que engadimos este posible remate: 19. ... 31-27;
20.24-28, 27-22; 21.19-23, 22-19; 22.23-27, 19-15; 23.07-12, 16x07; 24.04x20,
08-04; 25.28-32 etc.) 15.11-14, 18x11; 16.07x14, 27-22; 17.03-06, 22-18; 18.14-19, 18-14;
19.24-28, 32x23; 20.19x28 GB como nun xogo Dr. Orlando Lopes vs. Artur Gomes do
10º Campionato de Lisboa disputado no ano 1958] 11.05-10, 28-23; 12.10-13 ... [A mesma posición que na ramificación
8. ... 23-20] 12. ... 20-16; 13.14-19
... [Mellor que 13.07-12 recomendada por OAL] 13. ... 22x06; 14.02x11, 23-20;
15.13x22, 26x19; 16.17x26, 29x22; 17.09-13, 19-15; 18.11-14, 15-11; 19.13-17,
11-06; 20.03x10, 20-15; 21.14-19, 15-12; 22.19x26, 12x03; 23.10-13, 03-12;
24.26-30, 12-22; 25.17-21, 22x09; 26.26-29, 22-15; EMPATE.
6.10-14,
19x10; 7.05x14, 28-23;
Mantendo momentaneamente a iniciativa. Se 6. ... 20-16;
7.01-05 dá lixeira vantaxe ás brancas.
8.12-16 …
POSICIÓN DESPOIS DE 8.12-16 ...
Unha variante que conleva o sacrificio dun peón dando
lugar a terríbels complicacións tácticas. Valente decisión nun torneo de
rápidas onde cada xogador debe administrar tan só 30 minutos para completar
unha sesión de 4 xogos.
● Outra idea é 8.09-13,
18x09; 9.14-19, 23x14;
10.11x25, 20x11; 11.07x14 pero o
xogo favorece ás negras que teñen unha forte posición.
● A continuación
máis natural parece 8.02-05, 20-16; 9.05-10 … ; e agora se:
==► 9. ...
30-27; 10.01-05 ...
a) 10. ... 23-20; 11.14-19, 18-14; [O correcto era 11. ...
27-23; 12.19x28, 32x23; 13.10-13, 23-19; 14.05-10, 29-25; 15.11-14, 20x11;
16.14x23, 11-06 con final de empate
segundo o Dr. Sena Carneiro] 12.11x25, 20x11; 13.07x14,
22x08; 14.09-13, 16-12; 15.14-18, 27-22;
16.18x27, 31x22; 17.10-14, 24-20; 18.14-18, 22-19; [No volume de «Campionatos,
Torneios e Matches» editado pola «Enciclopedia Damista» di que aínda se podía
empatar con 18. ... 20-16; 19.18x27, 12-07; pero pensamos que quizais non sexa certo, pois
tras 20.04x11!, 08-04; 21.11-15, 32-28; 22.05-09, 04-08; 23.27-30, 08x19; 24.30x21, 16-12; 25.13-18, 19-10; 26.18-22, 12-08; 27.21-04, 28-23; 28.22-27, 23-19; 29.17-21, 19-15; 30.27-30,
10-01; 31.30-27, 01-19; 32.03-07, 19-01; 33.07-11, 15x06; 34.21-26, 29x22; 35. 27x03 GB] 19.18-21, 26-22; 20.21-26, 20-16;
21.13-18, 22x13; 22.05-09, 29x22; 23.09x27, 12-07; 24.04x11, 32-28;
25.27-30, 28-24; 26.25-29, 08-04;
27.29x08, 04x25; GB [Daniel Machado vs. Antonio Perú; 2º Campionato de
Portugal; Lisboa, 1982]
b) 10. ... 32-28; 11.03-06 ... [Debilita moito a estrutura. Aquí
impoñiase 11.04-08 con xogo practicamente equilibrado] 11. ... 24-20!; 12.15x24, 22-19; 13.04-08, 27-22; 14.11-15, 18x04;
15.15-20, 16x07; 16.20x27, 07-03; 17.27-30, 03-16; 18.08-12, 16x03; 19.06-11,
04x18; 20.30-23, 03x13; 21.23x14, 18x07; 22.09x18, 31x22; 23.24x31, 07-04;
24.31x25, 26-21; 25.17x26, 29x22; GN. [Cap. Santos Deodato vs. Víctor
Oliveira; 23º Campionato de Portugal;
Faro, 2003]
c) 10. ... 31-28;
[Moi interesante] 11.14-19, 23x14; 12.10x19, 27-23; 13.03-06,
23x14; 14.06-10, 22-19; 15.15x22, 26x19;
16.17x26, 29x22; 17.10-13, 24-20; 18. 13-17, 28-24; 19. 17-21, 20-15; 20.11x20,
24x08; 21.21-26, 19-15; 22.07-12, 16x07;
23. 04x20, 08-04; 24.26-29, 22-19;
25.29x15, 4-7; 26.15-26, 14-11; EMPATE.
==► 9. … 22-19; 10.15x22, 26x19; 11.17x26, 29x22;
12.14x21, 30-26; 13.21x30, 32-28; 14.30x20, 24x06; 15.10-13, 06-02; 16.13-17, 22-18;
17.17-21, 19-14; 18.21-26, 28-23;
19.12-15, 02x24; 20.09-13, 18x09; 21.07-12, 16x07; 22.04x18 EMP. [Daniel Machado
vs. Vaz Vieira; 2º Campionato de
Portugal; Lisboa, 1982].
8. … 22-19;
9.15x22, 26x10; 10.17x26, 30x21;
POSICIÓN DESPOIS DE 10. ... 30x21
11.07-12 …
● Se 11.04-08??,
31-27; 12.08-12, 27-22; 13.12-15, 10-06; 14.03x10, 23-19; 15.16x23, 19-13;
16.23-27, 03x17; 17.27-30, 22-19; 18.02-06, 17x03; 19.30x17, 03x16; GN.
● Igualmente, a
intuitiva 11.02-06 … [Perde con
golpe publicado na revista «Todo Lar» e posteriormente reproducido na «Enciclopedia Damista»] 11. … 10-05; 12.01x10, 23-19;
13.16x23, 32-28; 14.23x32, 24-20; 15.32x14, 20-15; 16.11x20, 18x02 GN como
nun xogo Antonio García da Mota vs. Alberto Rocha disputado no ano 1943.
● Pero unha aceptable alternativa pode ser: 11.02-05, 31-27;
12.05x14, 20-15; 13.11x20, 24x15;
14.14-19, 23x14; 15.07-11, 15x06; 16.03x19, 27-23; 17.19x28, 32x23; 18.04-08,
18-14; 19.08-12, 14-11; 20.12-15, 11-07;
21. 15-20 con final de EMPATE.
11. … 29-25;
As negras non deben confiarse. Agora sería frouxa 11. … 31-27??; por esta posible continuación: 12.12-15, 27-22; 13.02-05, 10-06; 14.03x10,
23-19; 15.16x23, 19x12; 16.23-27, 12-7;
17.27-30, 29-26; 18.09-13, 18x02; 19.11-15, 02x20; 20.30x03 GB.
A textual é máis evidente e tamén máis correcta. Tras esta
xogada alcanzamos a posición obxecto de estudo.
Foi por un casual que vendo no Facebook: DAMAS DO NORTE un xogo Manuel Cardoso vs.
Mario Silva observei no taboleiro da dereita algo que me chamou poderosamente a
atención [na foto de abaixo recollemos ese momento]. Tal como están colocadas
esas pezas pensei que se podía tratar da posición en cuestión. Despois de
comprobar minuciosamente o que nesas imaxes foi acontecendo puiden comprobar
que non ía moi descamiñado e ata incluso conseguín completar o desenlace final do
xogo.
A CURIOSA POSICIÓN
[Foto tomada do vídeo]
Os protagonistas deste apaixonante duelo son Sergio
Bonifacio, un xogador de extraordinario talento que está realizando un gran comezo
de campaña, e o veterano e non menos talentoso Delfim Alves.
Para máis comodidade, vexamos de novo o diagrama:
Oliveira de
Azemeis, 2012
Sergio
Bonifacio vs. Delfim Alves
XOGAN AS
BRANCAS
Impresionante. Bonifacio non se conforma cunha defensa
pasiva e sacrifica un segundo peón na busca de contraxogo.
Na LUDOTEKA no ano 2007 puidemos contemplar un xogo disputado
con tempo: 1'+5" que continuou de forma menos arriscada:
12.02-05,
18-14; 13.11x18, 21x14; 14.04-07, 31-27; 15.09-13, 27-22; 16.13-18, 22x13; 17.05-09, 32-28; 18.09x18, 20-15; 19.12x19, 10-06; 20.03x10, 14x05; 21.01x10, 23x05; 22.18-22, 05-02; 23.22-26, 25-21; 24.26-29, 28-23; EMPATE [Aasman vs. Verissimo_D].
12. … 18x11;
13.09-13 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 13.09-13 ...
13. ... 11-06!;
O comezo dunha sorprendente combinación. Aínda que tamén era moi interesante a alternativa
13. … 21-17; que conduce a un endemoniado final. Por exemplo se 14.12-15,
31-28; [14. ... 25-21 tamén ten o seu veleno] 15.13-18, 17-13; 16.18-22, 13-09; 17.22-27, 09-05; 18.02x09, 11-06; 19.27-31, 20x11; 20.31-18, 11-07; 21.04x11, 06-02; 22.11-14, 02-11; 23.18-13, 11x21; 24.13x06,
21-04; 25.09-13, 25-21; 26.13-17, 04-08; 27.17x26, 08x29; aínda a situación
favorece ás negras, máis ben xogado pode ser de empate.
14.02x11,
23-19; 15.16x23, 32-28; 16.23x32, 21-18; 17.32x21 ...
Se 17. 32x05,
18x02; 18.11-14 ... [As
brancas están perdidas, tampouco valía 17.32x05, 18x02; 18.03-06, 24-20;
19.12-15, 25-21; 20.15x24, 21-18; 21.04-08,
18-14; 22.11x18, 02x21 GN] 18. ... 24-20; 19.04-08 ... [Se 19.14-19, 02-12 GN] 19. ... 02-11; 20.14-19, 11-15; 21.19-23, 15-26; [Aqui cabe poñer moita atención,
pois se 21. ... 15-19; segue 22.23-27!!, 31x22 e 23.03-06 forzando o empate ao caer a
dama] 22.12-16, 26-19 GN.
17. ... 25x09;
18.12-16 ...
Con idea de se 18.
... 09-05; 19.11-15 ... [impide a coroación] 19. ... 31-27;
20.04-08, 27-22; 21.08-12, 22-18; 22.15-19,
18-14; 23.19-22, 14-11; 24.22-26, 11-07; 25.26-30, 07-04; 26.12-15, 04-18; 27.30-17
EMPATE. Igualmente
tanto 18.11-14 como 18.11-15 levaban a similar desenlace.
18. ... 24-20!;
Para desfacer o niño e entrar en dama.
19.16x23,
09-05; 20.11-14, 05-02;
Na seguinte fotografía pódese ver a situación:
S. Bonifacio vs. D. Alves
[Foto tomado do vídeo ]
21.23-28 ...
Non é obrigado pero nalgún momento hai que facelo para
abrir camiño. Non valía 21.14-19 por 02-15 GN. Pero 21.14-18 tamén empataba: 21.
... 02-20; 22.23-28 ... (Agora obrigado) 22. ... 31x24; 23.*18-21, 20-15; 24.21-25, 15-29; 25.04-7, 24-20; 26.07-11, 29-15; 27.25-29 e as negras non
poden progresar.
21. ... 31x24;
22.14-19?? ...
POSICIÓN DESPOIS DE 22.14-19 ...
Isto perde inevitabelmente. A salvación producíase despois de 22.14-18, 02-15;
23.18-21, 15-29; 24.04-07, 24-20!; 25.*07-11, 29-08; 26.21-25, 08-29; 27.11-14,
29-08; 28.14-18, 08-29; 29.03-07, 29-08; 30.07-12, 08x09; 31.25-29, 09-31; 32.29-12
EMPATE.
22. ... 02-09;
23.19-23, 24-20 GN.
Agora xa non hai nada que facer.
● Se 24.23-28, 09-31; 25.28-32, 31-09 GN.
● Ou 24.04-07, 09-31; [Non 24. ... 20-15; por 25.03-06!,
10x03; 26.23-28, 03x12; 27.01-05, 09x02; 28.28-32 EMPATE] 25.07-11 ... [Se 25.07-12, 20-16; 26.12-15
é o mesmo] 25. ... 20-16; 26.12-15, 16-12; 27.15-20,
12-08; 28.20-24, 08-04; 29.24-28, 31x24;
30.23-27, 04-18 e dá o mesmo onde as brancas entren en dama pois hai gancho
e GN.
Ningún comentario:
Publicar un comentario