Víctor Nedio
[Foto de "Damas do Norte"]
Con data
21/04/2012 celebrouse en Setúbal o «XI OPEN DE DAMAS CLÁSICAS-25 DE ABRIL». O
torneo —organizado pola SMR Unión Setubalense e incluído no circuíto oficial de
partidas rápidas homologado pola Federación— estivo dividido en 5 sesións nas
que se empregou o «Sistema Suízo» para confeccionar os emparellamentos. Como
ven sendo habitual cada xogador dipoñía de 30 minutos para completar os 4 xogos
que se disputan por sesión.
Os 10 primeiros
clasificados recibiron como premio cabaces con produtos típicos da terra,
habendo tamén agasallos de presenza para os 28 participantes restantes. Resultou
brillante vencedor o xogador de Loures, Víctor Nedio [actual presidente da
Federación], totalizando 4½ puntos. Antonio Russo no segundo posto e o mestre Medalha da Silva no terceiro,
completaron o podio. Ambos os dous sumaron 4 puntos ao igual que Nuno Vieira e
Adelino Rosario aos que o desempate «Buchhols» relegou ás prazas cuarta e
quinta respectivamente.
Na modalidade
por equipos alzouse coa vitoria o «Capricho Setubalense», nesta ocasión integrado por Nedio, Russo, Arlindo Roda [13º/
3 ptos] e Manuel Custodio [15º/3 ptos].
Antonío Russo e Herminio Medalha da Silva
[Fotos de "Damas do Norte"]
* * *
XOGO COMENTADO
1.10-14 23-19;
Unha vez máis a inesgotábel «Partida do Río», favorita de
novatos e expertos, e que inevitabelmente se segue xogando torneo tras
torneo.
Comendo cara ao centro como indica a máis estrita
ortodoxia. Antiposicional sería a captura coa «peza vértice» debido ao burato
que deixa na casa «27». Non obstante,
esta fuga tan pouco explorada, pode coller por sorpresa a un mal preparado
xogador branco. Despois de 2. ...
27x20; 3.05-10, 21-18; 4.12-15, 25-21;
5.10-14, 20-16; non é moi
disparatado que cheguen a acontecer cousas curiosas coma esta: 6.01-05, 22-19; 7.14x23, 28x12; 8.08x15,
24-20; 9.15x24, 31-28; 10.24x31, 21-17; 31x13, 17x01; un coqueto golpe co
que as negras poden alegrar o día.
3.05-10 ...
Esta é á «Liña Antiga». A principal alternativa é 3.09-13 —coñecida como «Liña Moderna»—
aínda que ás veces tamén se xoga 3.11-14
para entrar na «Partida da Roña». Por contra, máis infrecuente resulta 3.12-16 contra a que as negras, se
quixeren, poden traspoñer á «Partida Contra-Clásica» con 3. ... 22-18.
3. ...
32-28;
O lance habitual e estratexicamente máis forte. Contra 3. ... 21-18; a réplica 4.01-05 xa non permite ás negras efectuar o lóxico desenvolvemento
do flanco de Río levando o peón «32» ata «23». Mais o xogo podería seguir
con 4.
... 25-21; 5.12-16, 27-23; unha posición que tamén se pode formar coa «Edimburgo Transversal» [1.12-16, 21-18; 2.10-14, 25-21; 3.05-10, 23-19; 4.14x23,
28x19; 5.01-05, 27-23] 6.10-13,
21-17; 7.05-10, 32-28 na que as brancas conservan unha lixeira vantaxe.
4.11-14 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 4.11-14 ...
Unha continuación de moda nos últimos anos, pero á que os
libros lle teñen prestado moi pouca atención. Por este motivo no «Tratado da
Enciclopedia Damista» está considerada como unha liña irregular e catalogada como a «Fuga Nº 15».
As continuacións tradicionais son:
● 4.01-05 Lance de espera que non define
aínda a estrutura pero que permite o dobre cambio e a conseguinte ocupación da
casa dique «15», beneficiando así ao
bando que lle interese o empate.
● 4.11-15
A variante «Oblicua», que impide a
devandita troca simplificadora.
● 4.12-16
entrando na «Lateral Esquerda», favorita dos xogadores máis agresivos e
combativos.
4. ... 28-23;
A réplica natural. Inferior resulta 4. ... 27-23 contra a que as brancas teñen a opción de pasar ás
liñas habituais da «Toledana» con 5.01-05
ou seguir 5.06-11, con mellor xogo
en ambos os dous casos.
5.12-16 ...
Aquí adoitan ser moi empregadas as continuacións 5.06-11 ou 5.07-11, pero a do texto tamén ten
o seu veleno e cada vez conta con máis partidarios.
POSICIÓN DESPOIS DE 5.12-16 ...
● O Tratado do Dr.
Cárceles Sabater [1904] únicamente presenta a continuación 5.07-11,
21-17; 6.04-07, 26-21; 7.02-05, 22-18; e
agora segue con 8.10-13 para facer gañar ás negras. No
«TED» dáse o empate para esa liña, pero aquí é preferíbel desviarse con 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 23-20; 10.10-13,
17x10; 11.06x22, 27x18; 12.07-12, 20-16; 13.05-10, 16x07; 14.03x12, 21-17;
15.14x21, 25x18; 16.01-05, 31-27; 17.10-14, 29-25; 18.14x21, 25x18; 19.05-10,
27-23; 20.10-14, 23-20; 21.14x21, 20-16 con fácil empate.
Pero contra 5.07-11
as negras tamén poden escoller calquera dos dous desprazamentos de peón á casa
«18» con estes posibles seguimentos modelo:
► 5. ... 21-18;
6.14x21, 25x18; 7.10-13, 23-20; 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 20-16; [Ou 9. ...
27-23; 10.01-05, 31-27; 11.05-10, 29-25; 12.13-17, 23-19; 13.04-07, 19x12;
14.07x23, 27x20; 15.11-15, 20x11; 16.06x15, 30-27; 17.10-13 que leva ao empate]
10.03-07, 26-21; 11.13-17, 29-25;
12.17x26, 30x21; 13.06-10, 27-23; 14.10-14, 31-27; 15.02-05, 21-17; 16.14x21,
25x18; 17.11-14, 18x11; 18.07x14, 23-20; 19.14-19, 20x11; 20.19x26 con
final igualado.
► 5. ... 22-18;
6.11-15, 18x11; 7.15x22, 27x18; 8.06x15, 21-17; [Ou 8. ... 23-20; 9.15-19,
26-22; 10.19x26, 29x22; 11.03-07, 20-16; 12.12-15, 21-17; 13.08-12, 31-27;
14.10-14, 18x11; 15.07x14, 16x07; 16.04x11 con xogo balanceado] 9.02-06, 26-21; 10.10-13, 17x10; 11.06x22,
30-27; 12.12-16, 27x18; 13.04-07, 21-17; 14.03-06, 31-28; 15.06-10, 18-14;
16.10x19, 23x14; 17.15-19, 29-26; 18.01-05 con posición simétrica e
equilibrada.
5. ... 22-18;
O experimentado mestre Herminio Medalha da Silva gusta
pouco de improvisar e case sempre trata de levar os xogos a variantes teóricas,
esperando o erro do rival.
● A continuación máis
representativa é: 5. ... 21-18; 6.14x21, 25x18; 7.08-12 pois aquí permite ás negras escoller:
► 7. ... 26-21;
8.07-11, 21-17; traspoñendo á unha
variante da «Lateral Esquerda» que se adoita construír con 1.10-14, 23-19; 2.14x23,
28x19; 3.05-10, 32-28; 4.12-16, 28-23;
5.08-12, 21-17; 6.11-14, 26-21; 7.07-11, 21-18; 8.14x21, 25x18. Curiosamente esta mesma
posición tamén se pode alcanzar con: 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.11-14, 28-23; [Como no xogo principal] 5.07-11, 21-18; 6.14x21,
26x17; 7.12-16, 25-21; 8.08-12, 21-18.
► Ou 7. ...
31-28!; [A variante distintiva que
da entidade propia á liña] 8.10-13 ... [As negras estaban ameazando o disparo
con 19-14] 8. ... 24-20!; 9.04-08,
20-15; 10.07-11, 28-24; 11.11x20, 24x15; 12.13-17, 18-14; 13.01-05 ...
[Para se 13. ... 14-11; contraatacar con 14.05-10!] 13. ... 26-21; 14.17x26, 30x21; 15.09-13, 21-18; 16.13-17, 29-26;
17.03-07, 18-13; 18.06-11, 15x06; 19.02x18, 13-09; 20.18-21, 09x02; 21.21x30
EMP.
● 5. ... 21-17; 6.08-12, 26-21; [Ou 6. ... 25-21; 7.07-11, 22-18; 8.04-08, 26-22; (a favorita de Medalha) 9.02-05!, 29-25; 10.12-15, 19x12; 11.08x15, 23-20; 12.16x23, 27x20; 13.10-13, 17x10; 14.06x13, 20-16; 15.14-19, 21-17; 16.19x26, 30x21; 17.13x22, 17-13; 18.09x18, 21x07; 19.03x12, 16x07 EMPATE como nun xogo Pirra vs. Khalidd disputado a 1'+5'' na Ludoteka no ano 2005] 7.07-11,
21-18; 8.14x21, 25x18 forma a mesma posición mencionada na variante
anterior [5. ... 21-18 e 7. ...
26-21]. Para máis detalles ver o xogo
Luís Sá vs. Manuel Cardoso do Distrital do Porto [2011] xa comentado neste
blog. [Clic aquí].
6.01-05 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 6.01-05 ...
Mais o Nuno, un dos damistas das novas xeneracións con
máis proxeción, escolle unha interesante alternativa ao 6.08-12 co que se
entroncaría noutra das liñas máis xogadas da «Lateral Esquerda».
6. ...
18x11; 7.06x22 26x19;
Para conseguir obxectivos tamén hai que facer concesións.
Aínda que deixa algo gretada a estrutura do seu flanco esquerdo, agora o peón
ocupa unha posición de privilexio no centro do taboleiro.
A outra alternativa resulta menos incisiva: 7. ... 27x18; 8.07-11!, 30-27; [Ou 8.
... 23-19; 9.11-15, 19x12; 10.08x15, 30-27; 11.03-07!, 27-23! (para poder responder con
26-22 se as brancas fan a troca 10-14) 12.15-19, 23x14; 13.10x19, 26-22;
14.19x26, 29x22; 15.05-10 con final nivelado] 9.10-14, 26-22; 10.05-10, 22-19; 11.08-12, 27-22; 12.04-08, 21-17;
13.14x21, 25x18; 14.02-06, 29-25; 15.10-13, 17x10; 16.06x13, 19-14; 17.11-15,
24-20; 18.15x24, 14-10; 19.12-15, 10-05; 20.15-20 con moi posíbel empate.
8.09-13 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 8.09-13 ...
Un dos principios básicos do medio jogo recomenda dirixir
as forzas cara ao lado menos protexido do rival. As brancas avanzan nesa
dirección intentando aproveitar a debilidade provocada pola anterior captura. A
alternativa 8.08-12 —movendo no
outro flanco— pode ser ben contestada
con 8. ... 21-17, desembocando nunha
liña moi frouxa, quizás perdente, da «Lateral Esqueda» [17-B no «Tratado da
ED»]. Segue 9.07-11, 27-22 e agora se:
● 10.03-07, 22-18; 11.11-14 ... [Se
11.11-15, 31-27 unha xudía coa que GN] 11. ... 18x11; 12.07x14, 24-20; 13.09-13,
20-15; 14.16-20, 23x07; 15.04x20, 19-15; 16.14-19 ... [Ou 16.13-18, 15-12;
17.14-19, 12-07; 18.19-23, 07-03; 19.10-14, 03-16; GN] 16. ... 15-11; 17.20-24 ... [No
«TED» dá 17.19-23, 30-27; 10.23x30, 11-06; 11.02x11, 29-26 GN] 17. ... 30-27; 18.13-18, 25-21; 19.18x25,
11-07; 20.10-14, 07-04; 21.19-23, 27x20;
22.14-19, 20-15; 23.19-23, 04-14; 24.24-28, 31x24; 25.23-27, 14x01; 26.27-31, 15-12; 27.31-18, 12-08; 28.18-04, 24-20 [GN].
● 10.09-13, 25-21; 11.05-09, 21-18; 12.02-06,
29-26; 13.04-08, 26-21; 14.11-15, 31-28; 15.06-11, 30-26; 16.16-20, 23x07; 17.03x12,
28-23; 18.12-16, 19x12; 19.08x15, 23-19; 20.10-14, 19x10, 21.15-19, 22x06;
22.13x29, 06-02; 23.29-08, 02-05; 24.08-15, 21-18; 25.15-22, 17-13; 26.22-08, 05-01; 27.08-04, 10-06; 28.04x25, 13-10; 29.09-13, 06-03;
30.13-17, 03-12; 31.25-18, 12-29; 32.18-13, 10-05; 33.17-21, 05-02 [GN].
● 10.04-08, 25-21; [Unha posición que
semella non ter defensa]. Vexamos dous fallidos intentos:
► 11.09-13, 21-18; 12.05-09, 29-25; 13.03-06
... [Se 13.02-06, 25-21 ou se
primeiro 13.11-15, 31-28!; 14.02-06 traspón á anterior ramificación] 13.
... 30-26; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 23-19; 16.16-20,
19x12; 17.20-23, 12-08 e as brancas poden seguir de varias maneiras pero
deben acabar perdendo.
► Ou a
continuación do «TED» 11.03-06, 21-18;
12.12-15, 19x12; 13.08x15, 23-19; 14.15-20 ... [Ou 14.16-20, 19x12;
15.20-23, 12-07; 16.23-28, 24-20; 17.28-32, 07-04; 18.11-15, 20x11; 19.06x15, 30-27; 20.02-06, 18-13; 21.09x18, 04x25;
GN] 14. ... 24x15; 15.11x20, 18-14;
16.20-23, 14-11; 17.06x15, 19x12;
18.16-20, 12-08; 19.20-24, 22-19; 20.23-28, 08-04; 21.09-13, 04-14 GN.
8. ... 27-22;
Moi interesante tamén é a continuación 8. ... 21-17; 9.13-18, 29-26; 10.03-06,
19-15; da que ofrecemos dúas posibles rutas para as brancas:
● 11.10-14, 17-13; 12.05-10, 13-09; 13.07-12,
15-11; 14.06x15, 26-22; 15.10-13, 23-20;16.16x23, 27x11; 17.18x27, 31x22;
18.14-19, 22x15; 19.12x19, 11-06; 20.02x11, 09-05; 21.08-12, 05-02; 22.11-15,
02x20; 23.19-22, 01x32; 24.13-17, 06-03; 25.22-26 [EMP].
● 11.07-11, 23-19; 12.11x20, 24x15; 13.04-07,
26-21; 14.18-22, 27x18; 15.07-11, 30-27;
16.11x20, 19-15; 17.20-23, 27x20; 18.16x23, 18-13; 19.05-09, 15-11; 20.06x15,
13x06; 21.02x11, 17-13; 22.09x18, 21x07; 23.15-19, 07-03; 24.19-22, 03-16; 25.22-27, 31x22; 26.23-28, 16-23; 27.28-31, 22-19; 28.31-18,
19-15; 29.18-07 [EMP].
9.13-17 21-18;
10.08-12 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 10.08-12 ...
No estudo da «Lateral Esquerda» incluído no «Tratado da
Enciclopedia Damista» presenta unha liña [28-H] formada con 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10,
32-28; 4.12-16, 28-23; 5.08-12, 22-18; 6.11-14, 18x11; 7.06x22, 26x19; 8.09-13,
27-22; 9.13-17, 21-18; 10.07-11. Nesta altura non dá ningunha variante,
mais se en vez do 07-11 movesen 10.01-05, a posición sería a mesma que a alcanzada
neste xogo.
10. ... 29-26;
Neste punto as negras dispoñen dunha
ampla gama de posibilidades. Amais da textual, outras opcións tamén moi interesantes serían:
● 10.
... 31-27; 11.07-11 ...
► 11. ... 18-13; [Frouxa] 12.03-06 ... [Impedindo a troca e ameazando co potente ataque
05-09] Agora se:
a) 12. ... 13-09; ver a variante con 10.
... 18-13 e a ramificación 12. ... 31-27.
b) 12.
... 23-20; 13.16x23, 27x20; 14.11-14 con abrumadora vantaxe das
brancas.
► 11. ... 18-14; 12.11x18, 22x06; 13.03x10,
25-21; 14.17x26, 29x22; 15.05-09, 22-18; 16.02-06, 23-20; [Se 16. ...
18-14; 17.12-15!] 17.16x23, 27x20;
18.10-13, 18-14; 19.13-18, 20-15; 20.18-21 con final de empate.
► 11. ... 29-26; 12.03-06 ... [12.05-09,
18-14] 12. ... 18-14; [Non 12. ...
18-13; por 13.05-09 e GB] 13.11x18,
22x13; [Chegando por trasposición ao tronco da Liña 28-H do «TED»] 14.05-09 ... [De todas as posibilidades
debe ser a mellor. Joaquim Bravo e Sena Carneiro prefiren 14.17-21. Tamén se
pode intentar con 14.04-07, 23-20; 15.16x23, 27x20; 16.05-09 pero agora tanto
16. ... 20-15 como 16. ... 20-16 levan a xogo igualado] 14. ... 26-22; [Ou 14. ... 24-20; 15.09x18, 26-21; 16.17x26, 30x05;
17.02x09, 27-22; 18.09-13, 20-15 EMPATE do Dr. Sena Carneiro] 15.09x18, 22x13; 16.17-21, 25x18; 17.10x17,
30-26; 18.06-11, 18-13; 19.11-15, 27-22; 20.02-06, 13-09; 21.06-10, 09-05; 22.10-13, 05-02;
[Se 22. ... 19-14; 23.16-20!] 23.13-18,
02x20; 24.18x27, 20-11; 25.27-31 con
final equilibrado.
● 10. ... 30-26; [Para formar unha estrutura que tamén se pode
construír facendo primeiro 10. ... 18-13] 11.07-11,
18-13; 12.03-06, 13-09 [Pensamos que esta é a mellor disposición de pezas
coa que as negras poden encarar esta variante] 13.10-13, 25-21; 14.05-10, 29-25; 15.04-08 ...
E agora atención ás seguintes posibilidades:
► 15. ... 24-20!
[A mellor xogada e clave do plan negro] 16.12-15,
19x12; 17.08x24, 31-28; 18.24x31, 23-19; 19.31x18, 21x05; 20.16-20, 05-01;
21.20-23, 19-15; 22.11x20, 01x32; 23.13-18, 32-28; con fácil empate.
► 15. ... 21-18;
16.12-15, 19x12; 17.08x15, 23-19; 18.16-20, 19x12; 19.10-14, 24x15; 20.14x30, 12-08; 21.11x20, 08-04; 22.30-27, 22-18; 23.13x22, 04-08; 24.22-26,
31x22; e as negras empatan pero
xogando con moito coidado.
► Malo sería 15.
... 31-28; por 16.11-14, 24-20; 17.13-18,
22x13; 18.12-15, 20x11; 19.06x29, 13x06; 20.02x11, 09-05; 21.17x26, 05-02;
22.11-15, 02x24; 23.26-30, 24-02; 24.30x20, 02x24; 25.29-19, 25-21; 26.19x32, 24-15; 27.14-19, 15x22; 28.16-20 [GB].
● 10. ... 18-13; 11.03-06, 13-09; 12.07-11
...
E agora se:
► 12. ...
30-26; a mellor [traspón a variante
anterior: 10. ... 30-26].
► 12. ... 31-27; 13.10-13 ... Con estas posibilidades:
a) 13. ...
29-26 [traspón ao xogo principal].
b) 13. ... 23-20;
16x23, 27x20; 15.13-18, 22x13; 16.11-15, 20x11; 17.06x22, 25-21; 18.17x26,
30x21; 19.*04-07!, 21-18; 20.*07-11, 24-20; 21.22-27, 20-16; 22.27-31, 16x07;
23.05-10 GB.
c) 13. ... 25-21;
14.17x26, 30x21; 15.05-10, 21-17 [Con posición complicada onde as negras
deben xogar con gran coidado para poder empatar].
11.03-06 ...
Aquí tamén se podía ensaiar 11.07-11, 31-27; [Ou 11. ... 18-13; 12.03-06, 13-09; 13.10-13 como
no xogo principal] 12.03-06, 18-14;
13.11x18, 22x13. Traspoñendo á variante con 10. ... 31-27; 11.07-11, 29-26.
11. ... 18-13;
POSICIÓN DESPOIS 11. ... 18-13
Unha pequena imprecisión. Con este lance as negras comezan
a enfraquecer o xogo. Tanto 11. ...
31-28 como 11. ... 18-14 eran mellores.
12.07-11 13-09;
13.10-13 31-27;
POSICIÓN DESPOIS DE 13. ... 31-27
Despois de dar unhas voltiñas, o xogo
finalmente foi desembocar, non no tronco, pero si nunha ramificación da famosa
liña da «Lateral Esquerda» á que faciamos referencia nos comentarios da décima
xogada branca. Se reproducimos os lances alí indicados, tras o 10.07-11
seguiría 10. ... 31-27; 11.03-06, 18-13;
12.01-05, 13-09; 13.10-13, 29-26 e teriamos así idéntica posición.
A pesar de non efectuar a mesma orde de xogadas, o ex-campión portugués segue a teoría e fíase do publicado
no «Tratado da ED». Pero despois do que imos ver, consideramos que a defensa máis adecuada era con 13. ... 25-21!; ao que pode seguir: 14.05-10, 21-18; [Ou tamén 14. .... 09-05; 15.02x09, 21-18;
16.11-15, 18-14; 17.06-11, 14x05; 18.13-18, 22x13; 19.15x29, 13-10; e as negras
empatan o final] 15.11-14, 18x11;
16.06x15, 31-27; 17.13-18, 22x06; 18.15x29, 06-03; 19.29-25, 27-22; 20.12-15,
03-12; 21.17-21, 12x19; 22.16-20, 24x15; 23.21-26, 30x21; 24.25x06 EMP.
Agora non valía 14.
... 25-21 por 15.11-14, 24-20; 16.06-11
e GB por bloqueo, pero entre o resto de opcións, a textual semella ser a mellor e
ademais é a que se indica no «TED» para empate.
15.16x23 27x20;
POSICIÓN DESPOIS DE 15. ... 27x20
16.12-16 ...
Este é o momento culminante do xogo. No «TED» segue co golpe 16.13-18, 22x13; 17.11-15, 20-11; 18.06x29, 13x06; 19.02x11, 09-05 e
aquí termina a exposición colocando un símbolo que indica que as brancas teñen
vantaxe no final, mais dando o xogo por empatado. En vista disto recomenda como
mellor a continuación escollida aquí por Nuno, aínda que non presenta o seu desenvolvemento.
O mergullarse sen présas na análise detallada de situacións coma esta constitúe unha das mellores formas de descubrir a maxia do xogo de damas e percibir así as súas fascinantes sensacións. Ao lector pódenselle chegar a poñer os pelos de punta se consegue encontrar que o correcto modo de seguir co ataque era con 16.13-18(!!). Joaquim Bravo
e o Dr. Sena Carneiro, autores do estudo, non se percataron da fortaleza real
do seu golpe. Tras a combinación, as negras nada poden facer ante 20.29-19. Vexamos:
POSICIÓN DESPOIS DE 20.29-19 ...
● 20. ... 05-02; [Así como a anterior xogada branca resulta intuitiva, esta —a primeira vista— semella de empate] 21.11-15!!, 02x20; 22.12-16
e non hai forma de evitar o cambio de damas con captura para «23» e GB.
● 20. ... 05-01; 21.19-32, 30-27; [A que
máis dificulta o remate] 22.12-16, 25-21;
23.17x26, 27-23; 24.32x19; 01x32; 25.26-29, 32-10; 26.29-26, 10-05; 27.11-15, 05-23; 28.26-30, 23-10; 29.04-08, 10-03; 30.30-17, 03-07;
31.16-20, 07-03; 32.17-21, 03-10; 33.21-30,
10-13; 34.20-23 GB.
16. ... 20-15;
17.11x20 24x15; 18.16-20
15-12;
POSICIÓN DESPOIS DE 18. ... 15-12
A posición é moi complicada e nun torneo de rápidas resulta difícil encontrar
as mellores xogadas. Pensamos que o único modo de salvarse era seguindo con 18. ... *15-11; 19.06x15, 19x12; 20.10-14
... [Ou 20.20-23, 22-19; 21.23-28, 19-15; 22.28-32, 15-11; 23.10-14, 11-06; 24.02x11, 09-05; 25.32-19, 12-07; 26.19x29, 07-03; 27.13-18, 05-01;
28.18-22, 01x26; 29.29x19, 03-07;
30.19-14, 30-26; 31.04-08, 26-21; 32.17x26, 25-21; 33.14x25, 07x30 EMP] 20. ... 26-21; 21.17x26, 30x21; 22.13-17 ... [Se 22.20-24, 21-17; 23.14-18, 17x10; 24.18x27, 10-06; 25.02x11, 09-05; 26.24-28, 12-07; seguido de 05-02 EMP] 22. ... 22-18; 23.17x26, 18x11;
24.26-29, 12-07; 25.29-19, 07-03; 26.20-24, 03-16; 27.19-32, 16-27; 28.32-19, 27-16; [EMP].
19.20-24 19-15; 20.24-28 22-19;
POSICIÓN DESPOIS DE 20. ... 22-19
21.02-05 ...
Unha xogada desafortunada. Nuno deixou escapar a última
oportunidade de gañar o xogo e o título de campión do Torneo. A perda de
concentración impediulle ver que para que o golpe resultase efectivo debía
xogar primeiro 21.17-21. Incluso ata se gañaba xogando de forma natural con 21.28-32.
Agora as negras poden aproveitarse da «cavilla» que
representa o peón branco en «17» e conseguen o empate.
24.16x21 25x09 [EMPATE].
Ningún comentario:
Publicar un comentario