1.11-15, 21-18;
A «Oblicua Transversal» de prognóstico lixeiramente favorable ás negras. En apertura libre, tanto 1. ... 23-20 como a textual son os lances máis finos dos que dispón o segundo xogador para responder á inofensiva saída das brancas. En cambio 1. ... 23-19 pode ser replicado con 2.10-14 que remove a peza centralizada do rival e equilibra o xogo.
2.07-11 ...
Apoia o avance do peón «10». Este é o xeito máis adecuado de prepararse para loitar polo reparto do control central. O movemento do peón «6» —denominado por Teschleit como a «peza punta»— tamén compre co mesmo obxectivo, pero esta considerado levemente inferior porque desfai o pequeno triángulo defensivo formado polo devandito peón [no vértice ou punta superior] e os de «2» e «3» [na base]. Desde o punto de vista estratéxico, agora sería pouco recoméndabel a eliminación da peza central de «18» con 2.10-14 porque tras 2. ... 18x11; 3.07x14, 23-19; a estrutura branca queda coa vangarda bastante desguarnecida. Neste caso, incluso as negras poderían xogar 3. ... 25-21; con idea de se 4.06-11 seguir con 23-19; 5.14x23, 28x19; 6. 09-13, 21-18 traspoñendo a unha liña favorábel da «Dereita Marxinal» que se atinxe con 1.09-13, 21-17; 2.10-14, 17x10; 3.06x13, 23-19; 4.14x23, 28x19; 5.11-15, 25-21; 6.07-11, 21-18.
2. ... 23-20;
A «Oblicua Transversal» de prognóstico lixeiramente favorable ás negras. En apertura libre, tanto 1. ... 23-20 como a textual son os lances máis finos dos que dispón o segundo xogador para responder á inofensiva saída das brancas. En cambio 1. ... 23-19 pode ser replicado con 2.10-14 que remove a peza centralizada do rival e equilibra o xogo.
2.07-11 ...
Apoia o avance do peón «10». Este é o xeito máis adecuado de prepararse para loitar polo reparto do control central. O movemento do peón «6» —denominado por Teschleit como a «peza punta»— tamén compre co mesmo obxectivo, pero esta considerado levemente inferior porque desfai o pequeno triángulo defensivo formado polo devandito peón [no vértice ou punta superior] e os de «2» e «3» [na base]. Desde o punto de vista estratéxico, agora sería pouco recoméndabel a eliminación da peza central de «18» con 2.10-14 porque tras 2. ... 18x11; 3.07x14, 23-19; a estrutura branca queda coa vangarda bastante desguarnecida. Neste caso, incluso as negras poderían xogar 3. ... 25-21; con idea de se 4.06-11 seguir con 23-19; 5.14x23, 28x19; 6. 09-13, 21-18 traspoñendo a unha liña favorábel da «Dereita Marxinal» que se atinxe con 1.09-13, 21-17; 2.10-14, 17x10; 3.06x13, 23-19; 4.14x23, 28x19; 5.11-15, 25-21; 6.07-11, 21-18.
2. ... 23-20;
POSICIÓN DESPOIS DE 2. ... 23-20
As negras comezan o ataque dirixíndose ao sector
debilitado do rival, un plan que goza do favor da maior parte dos expertos.
Outras posíbels continuacións son:
A] 2. ... 26-21; unha xogada moi próxima en fortaleza
á textual. Pode ser replicada con:
● 3.10-14 que traspón a unha das liñas secundarias
da «Partida Anderson» [1.10-14, 22-18; 2.12-15, 26-22; 3.07-12]. A liña
habitualmente segue con 3. … 23-19; 4.14x23, 28x19; 5.05-10,
32-28; 6.12-16, 19x12; 7.08x15, 28-23; alcanzando a posición que podemos
ver no diagrama seguinte.
[Posición despois de 7. ... 28-23]
É moi interesante fixar ben esta disposición de pezas
pois pódese formar de varios modos diferentes:
— «Partida Contra-Clásica» con 1.10-14, 22-18; 2.12-16,
23-19; 3.14x23, 28x19; 4.11-15, 19x12; 5.08x15, 32-28; 6.05-10, 28-23; 7.07-11,
26-22.
— «Partida do Río» variante «Oblicua Clásica» con 1.10-14,
23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.11-15, 28-23; 5.07-11, 21-18; 6.12-16,
19x12; 7.08x15, 26-21.
— «Partida do Río» variante «Lateral Esquerda» con 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10,
32-28; 4.12-16, 28-23; 5.07-12, 21-18;
6.12-15, 19x12; 7.08x15, 26-21.
● 3.10-13, 21-17!; [Se 3. … 23-19; é ben contestado
con 4.06-10] 4.12-16, 17x10; 5.05x21, 25x18; 6.01-05, 23-20; 7.16x23, 28x12; 8.08x15, 32-28; 9.05-10, 28-23 con xogo igualado como nun
enfrontamento Manuel Vaz Vieira vs.
Manuel Capote do 23º Campionato de Portugal disputado no ano 2003 na cidade
algarvía de Faro. Como mostra curiosa do sorpresivo que ás veces pode resultar
o xogo de damas, o lector debe notar que esta liña foi entroncar nunha das
variantes do célebre «Xogo da Roña»: 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.11-14,
19x10; 4.05x14, 32-28; 5.01-05, 28-23; 6.05-10, 21-18; 7.14x21, 25x18; 8.07-11,
22-19; 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 26-22.
● 3.12-16, 23-19; 4.10-14, 19x10; 5.05x14, 21-17; 6.14x21,
25x18; 7.01-05, 28-23; 8.05-10, con xogo equilibrado.
[Posición despois de 8.05-10 ... ]
Novamente é importante resaltar que esta posición pódese
alcanzar tamén con estoutras liñas:
— Apertura «Oblicua
Ortodoxa» 1.11-15, 23-19; 2.10-14, 19x10; 3.05x14 … e agora de dous xeitos:
= 3. … 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.07-11, 28-23; 6.01-05,
26-21; 7.05-10, 21-17; 8.12-16.
= 3. … 22-18; 4.07-11, 28-23; 5.12-16, 21-17; 6.14x21,
25x18; 7.01-05, 26-22; 8.05-10, [que vai dar ao mesmo].
— Apertura
«Oblicua Marxinal» 1.11-15, 21-17; 2.07-11, 23-19; 3.10-14, 19x10; 4.05x14,
22-18; 5.14x21, 25x18; 6.01-05,
28-23; 7.05-10, 26-22; 8.12-16.
B] 2. … 25-21 con estas posibles contestacións:
● 3.12-16 ... [Igual que nunha liña da «Edimburgo Transversal» que se
forma con 1.12-16, 21-18; 2.07-12, 25-21; 3. 12-15] 3. ... 23-19; [Quizás sexa un pouco mellor
3. … 23-20 traspoñendo ao xogo principal] 4.10-14,
19x10; 5.05x14, 28-23; 6.08-12, 22-19; 7.15x22, 26x10; 8.06x22, 27x18; 9.01-05,
23-19; 10.05-10, 29-25; 11.12-15 ... [Ou 11.11-14,
18x11; 12.03-06, 11-07; 13.04x11] 11. ... 19x12; 12.04-08, 32-28; 13.08x15, 28-23; 14.02-06
e aquí, coa
posición practicamente nivelada, acordouse o empate nun xogo Vítor Cunha vs. Luís Carvalho do 19º Campionato
de Portugal disputado en Setúbal no ano 1999.
● 3.10-13, 23-19; 4.06-10, 21-17; 5.10-14, 19x10; 6.05x21,
17x10; 7.02-05 ... [7.21-25] 7. ... 26x17; 8.05x14 con brancas un pouquiño
peor.
● 3.10-14 ... Con estas dúas réplicas:
a) 3. ... 23-20; 4.12-16,
29-25; [Despois
de 4. ... 28-23; 5.05-10 ou 5.08-12 as negras están en inferioridade] 5.16x23, 28x12; 6.08x15, 32-28; 7.05-10, 28-23; 8.
8.01-05, 23-20; 9.03-07, 20-16; 10.14-19, 21-17 [Traspoñendo á variante do xogo
principal con 6. ... 28-23; na súa
ramificación «c» (8. ... 20-16)].
b) 3. ... 23-19; 4.14x23,
28x19; 5.05-10 ... [Igual que na «Partida do
Río» variante «Oblícua Clásica
Acelerada» na liña 1.10-14, 23-19;
2.14x23, 28x19; 3.11-15, 21-18; 4.05-10, 25-21; 5.07-11] e agora as negras
poden optar por:
▬ 5. ... 27-23; 6.12-16!, 19x12; 7.08x15, 23-19; 8.04-08,
19x12; 9.08x15, 22-19; 10.15x22, 26x19; 11.10-14, 19x10; 12.06x22 con lixeira vantaxe das
brancas.
▬ 5. ... 32-28; 6.12-16, 19x12; 7.08x15, 28-23; [Con posición que tamén se
pode construír na «Partida do Río» variante «Lateral Esquerda» con 1.10-14,
23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28;
4.12-16, 28-23; 5.07-12, 21-18; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 25-21;] 8.10-14, 22-19; 9.15x22, 26x10; 10.06x22, 27x18; 11.01-05 ... [As brancas deben xogar con coidado,
pois se 11.11-15, 31-27; perden material xa que agora non valería 12.03-06, por
23-19; con envío a dama e GN] 11. ... 23-19;
12.05-10, 29-25; 13.11-15, 19x12; 14.04-08 para empate como nun duelo entre os
veteranos xogadores barreirenses —e tamén
populares problemistas— Fernando Bernardo e Joaquim Lobato [21º Campionato de
Portugal; Setúbal, 2001].
C] 2. ... 23-19; 3.10-14
... [Neste
caso non é estratexicamente recomendábel 3.10-13, pois pode ser ben contestada
con 3. ... 27-23 que ameaza coa incursión no cadro «14» provocando algunhas
debilidades no corpo de peóns inimigo; con todo tras 4.11-14, 19x10!; 5.05x21,
26x10; 6.06x13, 25-21; 7.01-05, 23-19; 8.13-17, 30-26; 9.05-10, 28-23;
10.03-07, 21-18; 11.07-11, 31-28; as brancas recompoñen algo a estrutura e
podemos dicir que a posición é case equivalente] 3. ... 19x10;
4.05x21, 25x18; 5.01-05, 28-23; 6.05-10 e agora se:
▬ 6. ... 23-19; 7.12-16,
19x12; 8.08x15 ... [Unha liña xa indicada no «Tratado de Kear» á que tamén se pode chegar
desde a «Edimburgo» con 1.12-16, 21-18; 2.07-12, 23-19; 3.10-14, 19x10;
4.05x21, 25x18; 5.01-05, 28-23; 6.05-10, 23-19; 7.12-15, 19x12; 8.08x15] 8. ... 22-19; como nun xogo Joaquín
Silva vs. Medalha da Silva do 18º Campionato de Portugal, disputado na
cidade do Porto no ano 1998, e que rematou en empate tras 9.15x22, 26x19; 10.10-14, 19x10; 11.06x22, 27x18;
12.03-07, 31-27; 13.02-05, 27-22; 14.05-10, 32-28; 15.11-15, 28-23; 16.10-14,
18x11; 17.07x14, 22-28; 18.14x21, 29-25; [EMP].
▬ 6. ... 23-20; 7.12-16,
31-28; 8.16x23, 28x12; 9.08x15, 32-28; 10.10-14, 28-23; 11.14x21, 26x17;
12.06-10, 22-18; [Aínda que empregando menos lances, a posición é igual a esta que se forma
co «Xoguiño da Roña»: 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.11-14, 19x10; 4.05x14,
32-28; 5.12-15, 27-23; 6.06-10, 21-18; 7.14x21, 25x18; 8.07-11, 23-19; 9.01-05,
19x12; 10.08x15, 28-23; 11.10-14, 31-27;
12.14x21, 26x17; 13.05-10, 22-18] 13.02-06, 27-22; 14.10-14 con igualdade.
3.12-16 ...
A liña orixinal, recomendada como mellor nos tratados. As
brancas opóñense ao plan negro de atacar no flanco co avance do peón a «16». Menos utilizada é a continuación 3.10-14,
introducida polo campión inglés Ralph T. Ward, a finais dos anos 20 do século pasado.
● Contra 3.10-14, o segundo xogador pode replicar con estas publicadas
continuacións:
► 3. ... 25-21 traspón á variante do xogo
principal con 2. ... 25-21; 3.10-14 que xa amosamos anteriormente.
► 3. ... 26-21; [Unha posición igual á
dunha liña irregular da «Partida Anderson» ou da «Clásica Recusada» que se
forma con 1.10-14, 22-18; 2.12-15 e agora 2. ... 26-22; 3.07-12, no primeiro caso; ou 2. ... 23-20; 3.07-12,
26-22, no segundo] 4.12-16 ... [Se 4.05-10 é ben contestado con 4.
... 27-23] 4. ... 28-23; [Unha vez máis, podemos
chegar á altura por diferentes rutas. Coa apertura «Oblicua Vertente»: 1.11-15,
22-18; 2.07-11, 23-20; 3.12-16, 28-23; 4.10-14, 26-22; ou tamén coa «Partida
Heroica»: 1.10-14, 24-20; 2.12-16,
28-24; 3.07-12, 22-18; 4.12-15, 26-22] e agora con 5.08-12 ou 5.05-10 as brancas están un pouco mellor.
► 3. ... 28-23; 4.14x21,
25x18; 5.12-16 ... [Formándose unha moi coñecida posición da «Partida Heroica»:1.10-14,
24-20; 2.12-16, 28-24; 3.07-12, 21-18; 4.14x21, 25x18, 5.12-15] con xogo máis ou menos equilibrado despois de
5. ... 22-19 ou 5. ... 31-28.
► 3. .... 20-16!; [Recoñecida como a mellor
polos teóricos] 4.14x21, 16x07; 5.03x12, 25x18; 6.05-10,
28-23; 7.10-14, 26-21; 8.15-19, 22x15;
9.12x28, 32x23; 10.08-12, 23-20; [Aquí é moi interesante 10. ... 27-22 que, como indicou o
Dr, Sena Carneiro, impide 11.12-15 polo envío a dama con 11. .. 24-20;
12.15x24, 31-28 seguido de 22-19 e 19x03 GN. Mellor era 11.06-10 aínda que as
negras con 30-26 teñen unha moi forte posición]
11.12-15, 20-16; 12.04-07 ... [Todo igual que a liña
principal da «Enciclopedia de Kear»] 12. ... 24-20; [Se 12. ... 26-22; 13.06-10
as brancas non teñen problemas] 13.15x24, 31-28; 14.24x31,
21-17; 15.31x13, 17x03; 16.02-05, 03x12; 17.11-15, 12x10; 18.05x14 e as negras non poden gañar este final.
► 3. ... 27-23; [Unha boa alternativa ao 3. ... 20-16] 4.14x21, 25x18; 5.05-10 ... [Se 5.06-10 é ben contestado con 5.
... 26-21] 5. ... 23-19; 6.12-16, 19x12;
7.16x23, 28x19; 8.08x15, 19x12; 9.04-08, 12-07; 10.03x12 ... [Esta é unha das liñas da
«Enciclopedia de Kear» na que segue con 32-28 para empate] e aquí o mellor
parece 10. ... 22-19; xogada coa que as negras
manteñen unha pequena vantaxe.
3. ... 25-21;
De novo o lance considerado polos expertos como o máis
axeitado. Consolida a estrutura de peóns nesa zona do taboleiro, mentres espera
pola troca que vai abrir novas rutas de ataque
no outro flanco.
Outras opcións con algo menos de protagonismo son:
● 3. ... 26-21; 4.16x23, 28x12; 5.08x15 ao que se pode responder con:
► 5. ... 21-17; [Traspón para a «Oblicua
Marxinal» na seguinte liña: 1.11-15, 21-17; 2.07-11, 23-20; 3.12-16, 22-18;
4.16x23, 28x12; 5.08x15, 26-22] 6.10-13 ... [Se 6.10-14, 32-28; traspón
a 5. ... 32-28] 6. ... 17x10; 7.05x21, 25x18; 8.01-05,
32-28; 9.05-10, 28-23; 10.10-14 con xogo máis ou menos equivalente como nun enfrontamento
Leopoldo Lopes vs. Medalha da Silva
da 3ª sesión do 21º Campionato de Portugal [Charneca da Caparica, 2001].
► 5. ... 32-28; 6.10-14, 28-23; [Se 6. ... 21-17; 7.14x21, 25x18;
8.05-10, 28-23; só supón un pequeno cambio na orde de movementos con respecto á
primeira ramificación] 7.05-10 ... con estas interesantes
ramificacións:
▬ 7. ... 21-17; 8.14x21,
25x18; [Unha
posición que tamén se pode alcanzar desde a «Paralela Marxinal» 1.12-15, 21-17;
2.10-14, 23-19; 3.14x23, 28x12; 4.08x15,
32-28; 5.11-14, 22-18; 6.14x21, 25x18;
7.05-10, 28-23; 8.07-11, 26-22;] 9.10-14, 29-25; 10.14x21,
25x18; 11.06-10, 18-13 para empate; pero non 11. ... 23-19 por 12.10-13 seguido de 13.02-05, unha
sinxela combinación coa que Veríssimo
Dias sorprendeu a Pedro Chipenhe
no 22º Campionato de Portugal xogado en Odemira no 2002]
▬ 7. ... 29-26; [Na variante
2. ... 25-21; na súa liña «B» (3.10-14), na ramificación «a» (3. ... 23-20)
tamén se chega a alcanzar esta mesma posición]. Curiosamente seguindo agora con
8.01-05, 23-20; 9.03-07, 20-16; 10.14-19, 21-17; vai entroncar noutro dos
desvíos do xogo principal, neste caso na variante con 6. ... 28-23, na súa
ramificación «c» (8. ... 20-16).
▬ 7. ... 23-20; 8.01-05 ... [Ou 8.14-19, 18-14;
9.11x18, 21x05; 10.01x10, 20x11; 11.19x26, 29x22; 12.06x15, 27-23; 13.02-06 con
xogo igualado] 8. ... 20-16; 9.03-07, 21-17; [9. ... 29-26; traspón á
ramificación anterior] 10.14x21, 25x18; 11.11-14,
18x11; 12.07x14, con vantaxe branca como nun enfrontamento Veríssimo Dias vs. Viegas Nunes do 15º Campionato de Portugal;
Montemor-o-Novo, 1995].
● Ou 3. ... 28-23; 4.10-14, 31-28; que desemboca nunha moi famosa liña
da «Partida Heroica» [1.10-14, 24-20; 2.12-16, 28-24; 3.07-12, 31-28; 4.12-15,
21-18] na que tras 5.14x21, 25x18; adoitase proseguir con 6.08-12 ou 6.05-10 e a contestación 6. ... 23-19 en ambos os dous casos.
● A inusual 3. ... 27-23; aínda que ten
sido experimentada en competición, resulta bastante frouxa. Despois de 4.08-12 ...
► O Dr. Vaz Vieira seguiu unha vez con 4. ... 23-19; 5.16x23, 19-14; 6.10x19, 24-20; 7.15x24,
22x08; 8.05-10, 28x19; [Permitindo que as brancas poidan forzar a ganancia de material] 9.03-07, 18-14; 10.11x18, 32-28; 11.06-11, 28-23;
12.18-22, 25-21; 13.22-27, 31x22; 14.24-28, 23-20; 15.28-31, 30-27; 16.09-13,
19-15; 17.13-17, 15x06; 18.02x11 e G.B. [Dr. Victor
Oliveira vs. Dr. Manuel Vaz Vieira; 22º Campionato de Portugal celebrado en
Odemira no ano 2002].
► Máis axeitado
era 4. ... 31-27; 5.10-14, 23-19;
6.14x23, 28x19; 7.16x23, 27x20; 8.12-16 ... [No «Tratado da ED» continúa con
8.05-10, 20-16; 9.11-14, 18x11; 10.03-07, 25-21; 11.07x23, 16x07; 12.04x11,
22-19; 13.15x22, 26x19; 14.09-13, 24-20; 15.11-14, 20-15; (Se 15. ... 20-16;
16.06-11 con bo xogo) e agora con 16.01-05, que perde a vantaxe. Preferíbel era
16.06-11 con mellor posición] 8. ... 19x12; 9.16x23,
22-19; 10.09-13 ... [Ou 10.11-14, 18x11; 11.06x22 con superioridade das brancas] 10. ... 18x09; 11.11-14, 19x10; 12.05x14, 25-21; [Impedindo a fortísima
13.14-18] 13.04-08, 12-07; 14.03x12 e o primeiro xogador dispón
dun interesante ataque.
4 .16x23, 28x12; 5.08x15, 32-28;
POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 32-28
"A favorita de Medalha”, así resalta con letras ben visíbels o «Tratado da ED» esta xogada que case sempre se
fai con idea de seguir con 27-23, polo que a realización destes dous movementos
é moitas veces permutado.
● Así pois, se 5. ... 27-23; 6.
10-14 o habitual é responder con 6. ...
32-28; pero as negras tamén poderían
optar por 6. ... 23-20; con este posíbel desenvolvemento 7.05-10, 20-16; [Un lance distintivo pero inferior a 7. ...
32-28 co que se entroncaría na variante 7. ... 23-20 do xogo principal] 8.03-07, 32-28; 9.14-19, 31-27; [9. ... 21-17; 10.10-14, 29-25; 11.14x21,
25x18; 12.06-10, 24-20; 13.15x24, 22x06; 14.02x11, 30-27; 15.10-14, 18-13; 16.09x18,
17-13; 17.04-08, 28-23; 18.08-12, 23-20; 19.12-15, 13-10; 20.24-28, 31x24;
21.15-19, 10-06; e a vantaxe branca non é suficiente para conseguir a vitoria] 10. 10-14, 21-17;
[Non 10. ... 27-23; por 11.15-20, GB] 11.14x21,
29-25; 12.06-10, 25x18;13.10-14, 18-13; 14.09x18, 22x13; 15.14-18, 16-12;
16.07x16, 27-22; 17.18x27, 30x07; 18.04x11, 28-23; con mellor final para o primeiro xogador,
aínda que ben defendido é de empate.
6.10-14, 27-23;
● Ou 6. … 28-23;
7.05-10, 23-20; 8.14-19 ... con estes posibles
desvíos:
a) 8. ... 21-17; [Extravagante] 9.19-23,
17-13; 10.10x17, 18-14; 11.11x18, 20x11; 12.06x15, 27x11; 13.18x27, 31x22; 14.03-07, 11-06; 15.02x11,
22-19; 16.01-05, 24-20; 17.05-10, 19-15;
18.11-14, 15-11; 19.14-19, 11-06; 20.19-23, 20-15; 21.23-28, 06-03;
22.28-32, 03x16; [EMP].
b) 8. ... 31-28; 9.10-14 ... [Nótese que de xogar antes 9.03-07 pode ser ben contestada con 9. ... 21-17; e agora se 10.10-14, 18-13; ou se 10.01-05, 18-14] 9. ... 29-25; [Ou 9. ... 27-23; 10.03-07, 29-25; 11.01-05, 21-17; 12.14x21, 25x18; unha pequena alteración na orde das xogadas que conduce directamente ao brillante empate que se produce na ramificación 12. ... 27-23 ] 10.03-07, 21-17; [Se 10. ... 27-23; 11.01-05, 21-17; 12.14x21, 25x18; repítese
a mesma situación que no anterior comentario] 11.14x21,
25x18; [No
seu momento veremos que se no xogo principal desviamos con 7. ... 23-20; pódese
chegar a alcanzar esta mesma posición] 12.01-05 ... [Aquí non vale 12.07-12 por 20-16; 13.04-07 e agora
gáñase, tanto coa espetacular xogada táctica 13. .. 24.20!!, como coa
posicional 13. ... 27-23; 14.01-05,
23x14; 15.06-10, 30-27; 16.10x19, 17-13 GN como nun xogo F. Brown vs. George Buchanan do Torneo Escocés, 1902]. Dando lugar a estes coñecidos
desenlaces:
► 12. ... 18-13;
13.09x18, 22x13; 14.05-10 ... [Ou 14.07-12, 20-16; 15.04-07, 27-22; 16.05-09, 30-27;
17.09x18, 22x13; 18.11-14, 27-23; 19.14-18, 23x14; 20.15-19, 14-10; 21.06-11
con empate como nun xogo Veríssimo_D vs
Adil_B; disputado na Ludoteka no 2007 con tempo de 5'+20"] 14. ... 27-23; 15.04-08, 23x05; 16.02x18, 17-13;
17.15-19, 30-27; 18.11-14, 20-15;
19.07-11, 13-10; 20.06x13, 15x06; 21.13-17, 06-03; 22.08-12, 03x16; 23.18-21,
27-22; 24.21x30, 22x15; 25.17-21,
15-12; 26.14-19, Empate [KHALIDD vs Veríssimo_D; na Ludoteka no ano 2007 e tempo de
5'+20"].
► 12. ... 20-16;
13.05-10, 18-13; 14.09x18, 22x13;
15.15-20 ... [Inferior a 15.04-08 co que as brancas conservan una mínima vantaxe] 15. ... 24x15; 16.11x20, 27-23 para empate [Medalha da Silva vs Daniel Machado do 15º Campionato de Portugal;
Montemor-o-Novo, 1995]
► 12. ... 27-23; 13.11-14! ... [As brancas quedan moi mal se 13.06-10,
23x14; 14.10x19, 17-13; 15.02-06, 18-14; 16.09x27, 30x23; 17.11x18, 20x02] 13. ... 18x11; 14.07x14, 20x11; 15.06x15, 23-20;
16.05-10, 20x11; 17.19-23, 28x19; 18.14x23 ...
18. ... 22-19; 19.23-28, 19-14!; [E as negras obrigan a
asinar o armisticio cunha bonita combinación] 20.10x19, 17-13; 21.09x18,
11-07; 22.04x11, 26-22; 23.18x27, 30x07; [EMP]. Este desenlace aconteceu nun
xogo José Luís Guerra vs. Daniel Luz
Freitas do Pre-Nacional de Lisboa do ano 1995. Ao ano seguinte, no 16º CNI,
o propio Medalha vs. Leopoldo Lopes
xa decretaron a nulidade despois do movemento 15.06x15. Pero curiosamente uns
anos máis tarde, no 21º CNI disputado en Setúbal no 2001, Vítor Cunha perdeu contra o Dr.
Vaz Vieira o 4º xogo da 9ª sesión porque
—presionado polo reloxo— non puido ver a manobra salvadora.
[Posición despois de 18.14x23 ...]
c) 8. ... 20-16; 9.03-07 ... [9.10-13, 21-17; 10.02-05, 17x10;
11.05x21, 26x17; 12.19x26, 29x22; 13.01-05, 27-23; 14.15-20, 24x15; 15.11x27,
30x23; 16.05-10, 22-19; 17.09-13, 31-28; 18.06-11, 23-20; 19.13-18, 19-15;
20.11-14, 15-11; 21.18-22, 11-06; 22.22-26, 06-02; 23.26-29, 02-06; 24.29-08,
06x13; 25.03-06, 13x03 EMP.] 9. ... 21-17; 10.01-05,
29-25; [Unha
posición que como xa indicamos no seu momento, tamén se pode dar na variante
con 3. ... 26-21] 11.10-14, 31-28; 12.14x21, 25x18;
13.05-10, 18-14; 14.11x18, 22x13; 15.09x18, 27-22; 16.18x27, 30x05; 17.02x09,
26-22; 18.06-10, 28-23; 19.10-14, 23-20; con final de empate [Vieira de Jesús vs. Veríssimo Dias; 16º Campionato de Portugal
disputado en Almada no ano 1996].
7.05-10 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 7.05-10 ...
O cambio 7.15-19 permite ás negras desenvolver un ataque moi forte tras 7. ... 22x15; 8.11x27, 18x11; 9.06x15, 31x22. A pesar de que os tratados xa indicaban a súa debilidade foi empregado por Harry Moulding contra Newell Banks no 2º Match Internacional que se disputou no “Hotel Alamac” de Nova York no ano 1927 entre as seleccións de Gran Bretaña e Estados Unidos. O xogo seguiu con 10.02-06, 28-23; 11.06-11, 23-19; 12.04-07, 19x12; 13.07x16, 21-18; 14.05-10, 22-19; 15.03-07 ... [Mellor 15.01-05, 26-22; 16.10-13, 30-26; 17.05-10, 19-15; 18.11x20, 24x15; 19.16-20, 15-12; 20.20-23, 12-08; 21.23-27, 08-04; 22.10-14, 18x11; 23.13-18, 22x13; 24.09x18 EMP.] 15. .... 26-22; 16.01-05, 29-26; 17.10-13, 19-14; [GN]. Non vale 18.13-17 por 22-19 con bloqueo, nin tampouco 18.11-15 polo tiro con 14-11.
7. ... 22-19;
● 7. … 31-27; [No primeiro xogo da sesión todo transcorreu igual ata chegar a esta posición. Mais nesa altura, Veríssimo —conducindo as pezas negras— optou por variar usando esta fínisima continuación] 8.02-05! ... [E Medalha demostrou coñecer os pormenores, pois esta réplica é superior ás xogadas mecánicas 8.03-07 ou 8.01-05, típicas en case todas as variantes] 8. ... 23-20; 9.10-13, 27-23; 10.13-17, 20-16; 11.04-07, 23-20; 12.05-10, 28-23; 13.10-13, 23-19; [Mellor era 13. ... 22-19; 14.*15x22, 26x10; 15.13x22, 30-26; 16.06x13, 26x19; 17.17x26, 29x22; 18.13-17, 19-15; 19.17-21, 15x06; 20.03x10, 20-15; 21.21-26, 15-12; 22.07-11, 12-08; 23.26-29, 22-19; 24.29x15, 23-20; 25.10-13, 08-04; 26.15-08, 04x25; EMP.] 14.14x23, 18-14; 15.11x27, 20x04; 16.27-31, 21-18; 17.13x22, 26x19; 18.23-28, 19-15; 19.28-32, 30-26; 20.06-10, 15-11, 21.03-07 ... [Aínda que Medalha intenta expremer a posición, non hai forma de progresar. Interesante tamén era 21.32-14 contra a que as negras con 22. ...*11-07 empatan comodamente; mais con calquera outra resposta deben quedar en posición perdedora] 21. ... 11-06; 22.07-11 ... [Se agora 22.09-13, empátase con *04x05; 23.01x10, 16-12;] 22. ... 04x05; 23.01x10, 16-12; 24.32-14, 12-08; 25.14-04, 06-02; 26.10-13, 02-20; 27.31-18, 20-30; 28.18-25, 24-20; 29.25-18, 20-16; 30.18-07, 26-22; 31.07-03, *29-26; [A única forma de defenderse do ameazante «gancho» que se formaría con 32.21-26. Se 31. ... 30-27 permite o avance do peón «17» a dama, ou se 31. ... 30-23 ou 31. ... 30-
[Instante no que Veríssimo acaba de xogar
*31. ... 29-26]
[Foto de «ADP_Damas»]
32.03-07,
22-19; 33.13-18, 26-22; 34.18x27, 30x23; Empate. [Medalha da Silva vs Veríssimo Dias; 1º xogo da 2ª sesión do 32º
Campionato de Portugal (Setúbal, 2012)].
● 7. … 23-20;
8.14-19, 29-25; 9.10-14, 31-27; 10.03-07, 21-17; 11.14x21, 25x18; [Con posición que xa vimos
na variante do xogo principal 6. ... 28-23, na súa ramificación «b» (8. ...
31-28)]
8.15x22, 26x19; 9.10-13 ...
A «carga ao descoberto», típica neste tipo de posicións.
9. ... 19x10; 10.13x22, 30-26; 11.06x13, 26x19;
POSICIÓN DESPOIS DE 11. ... 26x19
12.04-07 ...
Infrinxindo o principio estratéxico que aconsella non mover os peóns do flanco no que se posúan menos unidades que o rival. Así evítase un maior deterioro da posición nese sector do dameiro. Terminado o xogo, Veríssimo recoñeceu que cometera un erro de cálculo e indicou que o correcto sería seguir con 12.02-05! nesa altura. Efectivamente con esa xogada as brancas conservan a iniciativa e gozan dun xogo máis activo. Podería seguir con:
● 12. ... 31-27; 13.11-14, 19x10; 14.05x14, 21-17; 15.13-18, 29-25; 16.03-06, 24-20; 17.06-11 ... [Ou se 17.01-05, 20-15; 18.06-10, 23-20; 19.14-19, 15-11; 20.19-22, 11-06; 21.22x31, 06-03; 22.31x11, 03x27; 23.11-06, 25-21; 24.04-07, 21-18; 25.06-24, 27-23; 26.24-11, 23x01; 27.11x21, 01-05; 28.07-12 EMP] 17. ... 28-24; 18.18-21, 25x18; 19.14x21, 20-15; 20.11x20, 24x15; 21.04-07, 23-19; 22.21-26, 19-14; 23.26-30, 14-10; 24.30x13, 17x10; e as negras consenguen o empate.
● 12. ... 24-20; 13.11-14, 19x10; 14.05x14, 21-17; 15.13-18, 31-27; 16.18-21, 20-15; 17.21-25, 15-11; 18.14-18, 23-20; 19.18-21, 27-23; 20.21-26, 29x22; 21.25-29, 22-18; 22.29-25, 18-14; 23.25-18, 23-19; 24.18-21, 20-16; 25.21-26 ... [Se 25.21-25 ou 25.01-05 segue 25. ... 17-13; 26.09x18, 11-07 EMP.] 25. ... 14-10; 26.26x13, 17x10; 27.09-13, 28-23; 28.13-18, 23-19; 29.18-22, *19-15; [A xogada precisa, pois a intuitiva 29. ... 19-14 refútase con 30.04-07, GB] 30.22-27, 15-11; 31.27-31, 11-06; 32.04-07, 06-02; 33.31-09, 02-15; 34.09-05, 10-06; 35.03x10, 15-12 [EMP].
12. ... 23-20;
POSICIÓN DESPOIS DE 12. ... 23-20
13.13-18
...
A intención da xogada 12.04-07 era apoiar este avance,
pero era mellor esquecerse da idea para non desprazar o peón «11» da defensa do
flanco e continuar con:
● 13.11-14!, 19x10; 14.13-17!!, 21-18; 15.02-06, 18-14; 16.06x13,
28-23; 17.13-18, 23-19; 18.17-21, 20-15; 19.03-06, 24-20; 20.18-22, 20-16;
21.06-10, 14x05; 22.01x10, 19-14; 23.10x19, 15-12; 24.21-26, 12x03; 25.26-30,
03-10; 26.30-23, 10-06; 27.23-30, 16-12; 28.19-23, 06-17; 29.23-27, 12-08;
30.09-13, 17x03; 31.30-17, 08-04; 32.27-30, [EMP].
13. ... 21x14; 14.11x18,
20-16; 15.03-06, 19-15;
POSICIÓN DESPOIS DE 15. ... 19-15
16.06-11, 15x06; 17.02x11, 24-20; 18.18-22 ...
Instalando un «peón cravo», unha importante figura estratéxica, así denominada porque unha soa peza inmoviliza a dúas inimigas e ao mesmo tempo constrúe un «túnel» na casa «26» que pode permitir o paso doutro peón a dama. Porén neste caso no que as brancas teñen o flanco do «dobre curruncho» enormemente debilitado, o ataque das negras por ese sector vai resultar moito máis rápido.
18. ... 28-23; 19.09-13, 23-19; 20.13-17, 19-15;
Instalando un «peón cravo», unha importante figura estratéxica, así denominada porque unha soa peza inmoviliza a dúas inimigas e ao mesmo tempo constrúe un «túnel» na casa «26» que pode permitir o paso doutro peón a dama. Porén neste caso no que as brancas teñen o flanco do «dobre curruncho» enormemente debilitado, o ataque das negras por ese sector vai resultar moito máis rápido.
18. ... 28-23; 19.09-13, 23-19; 20.13-17, 19-15;
POSICIÓN DESPOIS DE 20. ... 19-15
21.17-21 ...
Un peón sempre está perdido. Se 21.11-14, 15-11; 22.14-19, 11x04; 23.19-23, 16-12; 24.23-27, 04-25; as negras gañan movendo a dama de
canto a canto mantendo sempre a «armadilla antipromoción» hasta que as brancas
esgoten os movementos. A especial colocación dos peóns en «12» e «20» impide
27-30 porque a dama negra vai a «7» e atrapa á súa homónima.
21. ... 15x06; 22.21-26
...
POSICIÓN DESPOIS DE 22.21-26 ...
Aínda que o xogo está perdido, aquí podíase seguir con 22.22-26, 29x22; 23.21-26, 20-15; 24.26-29, 22-19; entrando nun final que obrigaría ao mestre Medalla a lucir toda a súa depurada técnica.
[Posición despois de 24. ... 22-19]
25.*29-26,
16-12‼; [Se
25. … 06-02; 26.01-05, 02x09; 27.07-11, 15x06; 28.26x02, 16-12; 29.02-15,
12-07; 30.15-19, EMP.] 26.07x16, 06-02; 27.26-21 … [Escapando do «gancho» con
15-11] 27. … 15-12;
28.*21-26, 19-15.
Agora as brancas teñen que manobrar para expulsar a dama negra
da transversal e así poder coroar os peóns. Dispoñen de
dous plans:
1) Perder tempos para que o
branco, se quere permanecer nesa diagonal, teña que abandonar o «Río» e permita
á dama negra entrar e colocarse na casiña «19».
2) Ocupar a casa «25» para infiltrarse por «29».
Imos escoller o segundo, que semella máis directo.
Vexamos como se aplicaría dependendo da defensa que fagan as brancas:
► 29.26-19, 02-11; 30.01-05,
11-25; 31.05-09, 25-29;
— 32.16-20, 15-11; 33.19x08, 11-07; 34.09-13, 07-04; [GN].
— 32.09-13 ... [Nesta ramificación o peón chega a
tempo de evitar a combinación anterior] 32. ... 12-08!!; [Pero as negras dispoñen destoutro
recurso] 33.19x12, 08-04;
34.12-03, 04-07; 35.03x12, 29x08; [GN].
► 29.16-20, 02-11; 30.20-23, 11-25;
— 31.23-27, 31x22; 32.26x19, 15-11!; 33.19x08, 25-29;
34.01-05, 11-07; 35.05-10, 07-04 [GN].
— 31.01-05, 25-29; 32.26-19, 15-11; 33.19x08, 11-07;
34.05-10, 07-04; [GN].
22. ... 20-15!
Ben xogado, sen precipitarse. Non valía 22. ... 06-02; porque tras 23.26-30 ... [Coas ameazas de
«gancho» movendo 01-05 ou 07-11] as
negras están obrigadas a desfacer o «niño» adiantando calquera dos peóns da base
e permitindo 24.07-12 [EMP].
23.22-27 ...
En caso de 23.26-30 segue 06-03 con fácil vitoria negra.
23. ... 29x22; 24.27-30,
06-02; 25.01-05, 02x09; 26.30-26 ...
POSICIÓN DESPOS DE 26.30-26 ...
26. ... 22-18;
Evidentemente se 26. ... 22-19; 27.07-11, 15x06; 28.26x02, 16-12; 29.02-15 [EMP].
27.26x12, 09-05; 28.12-08, 18-13; 29.08-04,
05-19; 30.04-08, 19-32 [Resultado: 0-1]
Esta foi a única derrota de Veríssimo durante todo o
campionato. Perdeu tamén a sesión ao terminar os outros tres xogos en empate,
mais no último desaproveitou unha boa ocasión
para equilibrar a balanza.
Veríssimo Dias vs. Medalha da Silva
32º Campionato de Portugal [Setúbal, 2012]
3º xogo da 2ª sesión
1.12-15, 23-19; [Apertura «Paralela Ortodoxa» de prognóstico equilibrado] 2.08-12, 28-23; 3.11-14, 23-20; [A «carga ao descuberto», a mellor segundo os tratados] 4.14x23, 20x11; 5.07x14, 27x20; 6.10-13 ... [A posición do diagrama. Ata esta altura ambos os dous jogadores van repetir os lances no 4º xogo] 6. ... 21-18; 7.14x21, 26x10; 8.05x14, 22-18; 9.14x21, 25x18; 10.01-05 ... [Aquí desvía do Manuscrito do mítico campión lisboeta Luis Antonio David que segue con 10.06-11] 10. ... 32-28; 11.05-10, 28-23; 12.06-11, 23-19; [12. ... 20-16 é unha boa alternativa] 13.09-13, 18x09; 14.11-14, 19-15; 15.12x19, 20-15; 16.19-23, 24-20; 17.14-18, 15-11; 18.10-14, 29-26; 19.03-06, 20-15; 20.14-19, 09-05; 21.02x09, 11x02; 22.04-07, 02-06; 23.18-22, 26-21; 24.22-27, 31x22; 25.19x26, [EMPATE].
Medalha da Silva vs. Veríssimo Dias
32º Campionato de Portugal [Setúbal, 2012]
4º xogo da 2ª sesión
1.12-15, 23-19; [Apertura «Paralela Ortodoxa»] 2.08-12, 28-23; 3.11-14, 23-20; 4.14x23, 20x11; 5.07x14, 27x20; 6.10-13, 20-15; [A máis incisiva segundo a opinión do Dr. Orlando Lopes no «Tratado da ED»] 7.12x19, 22x15; 8.13-18, 24-20; 9.06-11, 15x06; 10.02x11, 32-28; 11.09-13 ... [Un lance moi cuestionábel, mellor era 11.04-07 para tras 28-24 poder xogar 12.07-12 e impedir o asalto á casa dique de «15»] 11. ... 28-24; 12.05-10, 31-27; 13.03-06, 21-17; 14.01-05, 20-15; 15.11x20, 24x15; 16.04-07 ... [Ver o diagrama] 16. ... 26-22; [Segundo comentou Veríssimo, un erro que permite o empate, cando con 16. ... 26-21 as brancas quedarían indefensas, pois se 17.07-11, 15-12; 18.11-15, 12-07; 19.06-11, 07-03; 20.05-09, 03-06; prodúcese o bloqueo e GN] 17.14-19, 29-26; 18.06-11, 15x06; 19.05-09, 22x15; 20.18-21, 25x18; [EMPATE].
Ningún comentario:
Publicar un comentario