Borghetti vs. Scarpetta
Entre o 17 e o 22 de Agosto deste ano 2012 celebrouse en Lille [Francia] a «2ª Olimpíada dos Xogos de Mente» [World Mind Sports Games]. Nesta competición inclúense o Xadrez, Damas Internacionais, Damas Anglo-americanas, Go e Bridge.
O gran mestre italiano Michele Borghetti conseguiu a medalla de ouro na modalidade de Damas Anglo-americanas [Agás nos finais, moi semellantes ás Damas Clásicas] despois de vencer nun torneo de 9 sesións, con partidas de 4 xogos e apertura sorteada a 3 lances, no que participaron 20 damistas en representación de 9 países. Con esta vitoria tamén adquiriu o dereito a enfrontarse ao campión mundial, o ruso-americano Alex Moiseyev, co título en xogo.
O tamén italiano, Sergio Scarpetta, gañou a medalla de prata e o damista de Turkmenistan, Bashim Durdyev, colgouse o bronce. Ron King, campión mundial en apertura libre, só puido ser cuarto cos mesmos puntos que o terceiro con quen perdeu o duelo particular disputado na 9ª sesión.
CLASIFICACIÓN
_____________________________
XOGO COMENTADO
_____________________________
1.11-15 ...
Unha das saídas que conta con menos preferencias. Desprázase un peón do
flanco débil e ademais faise en dirección lateral, alonxándoo do centro.
1. ... 23-19;
«Apertura Oblicua Ortodoxa» de
prognóstico máis ou menos equilibrado. A teoría recomenda como máis fortes as
réplicas 1. ... 23-20 ou 1. ... 21-18.
2.07-11 ...
En apertura libre está mellor valorada 2.*10-14, que
elimina o peón central das negras e iguala o xogo; pero esta competición xógase
na modalidade de sorteada a 3 lances. A posición, lixeiramente favorábel ás
negras, tamén se pode formar desde a «Paralela» con 1.12-15, 23-19; 2.07-12.
2. ... 28-23;
A única forma de aproveitar a pasividade da anterior xogada branca. Agora
as negras están preparadas para consolidar o control central despois do cambio
do seu peón de «19».
3.10-14 ...
Xogada habitual, sen demorar máis a troca. Outra posíbel alternativa é 3
12-16 coa mesma idea.
3. ... 19x10; 4.05x14 ...
Nótese que ata aquí tamén se pode chegar pola seguinte liña da «Paralela»:
1.12-15, 23-19; 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 28-23; 4.07-12.
4. ... 23-20;
● Segundo a teoría, neste punto 4. ... 32-28 está considerada como a
réplica máis forte e a única que non alivia a presión na posición branca.
Tras 5.04-07, 21-18; 6.14x21, 25x18; 7.01-05, 23-19; [Entronca nunha
posición que recentemente foi alcanzada —con cores revertidas— nun duelo Camilo
Silva vs. Mario Silva pertencente á 4ª sesión do «Torneo 25 de Abril» disputado
en Oliveira de Azemeis no ano 2011. O enfrontamento comezou con 1.10-14, 22-18;
2.12-15, 26-22; (A «Partida Anderson») 3.05-10, 23-19; 4.14x23, 28x12; 5.08x15,
32-28; 6.01-05, 28-23; 7.10-14, 29-26 e así queda formada a devandita posición]
8.05-10, 28-23; 9.10-13, 26-21; 10.13-17, 29-25; 11.17x26, 30x21; 12.12-16,
19x12; 13.08x15, 21-17; 14.15-20, 24x15; 15.11x20, 22-19; 16.07-11, 19-15; 17.06-10,
15x06; 18.02x11, un desenvolvemento igual ao que sostiveron os dous Silvas que
nesta altura acordaron o empate.
● Evidentemente, se 4. ... 21-18; 5.14x21, 25x18; estamos tamén nunha
«Partida Anderson» con cores revertidas, aínda que nunha fase menos avanzada
que na variante anterior.
● 4. ... 22-18; [Máis común desde a
liña con (1.11-15, 23-19) 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 22-18; 4.07-11, 28-23] 5.12-16
... [Ou 5.01-05, 23-20 entroncando no xogo principal, porén neste caso as
negras poden optar tamén polo golpe con 5. ... 24-20; 6.15x24, 18-13; 7.09x18,
31-28; 8.24x31, 23-20; 9.31x22, 26x01; 10.18-22, 01-28 dado como un «gañan negras» na Enciclopedia Damista, mais a situación é
de equilibrio tras 11.03-07!, 20-16; 12.12-15, 28-31; 13.15-20, 31x12; 14.08x15
etc.] 5. ... 21-17; [Na «Enciclopedia de Kear» aconsella 5. ... 31-27; 6.06-10, 26-22 pero as brancas quedan un pouco
mellor seguindo aquí con 7.10-13!] 6.14x21, 25x18; 7.01-05, 26-22; 8.05-10 unha
posición que se pode formar coas seguintes liñas:
1ª] 1.11-15, 21-18; [Oblicua Vertente] 2.07-11, 26-21; 3.12-16, 23-19;
4.10-14, 19x10; 5.05x14, 21-17; 6.14x21, 25x18; 7.01-05, 28-23; 8.05-10.
2ª] 1.11-15, 21-17; [Oblicua Marxinal] 2.07-11, 23-19; 3.10-14, 19x10;
4.05x14, 22-18; 5.14x21, 25x18; 6.01-05, 28-23; 7.05-10, 26-22; 8.12-16.
5.01-05, 22-18;
Se 5. … 20-16; 6.04-07, 22-18; 7.05-10 non supón máis que unha simple
transposición interna.
6.05-10 ...
Aquí se 6.15-19, 21-17; 7.14x21,
25x18; 8.12-16, 20-15; o xogo desemboca nunha variante da «Edimburgo» formada
así:
1.12-16, 23-19; 2.09-13, 21-17;
3.05-09, 25-21; 4.01-05, 19-15; 5.11x20, 24x15; 6.13-18, 21x14; 7.10x19, 22-18;
8. 07-11, 28-24.
6. ... 20-16; 7.04-07 …
Alcanzando así unha posición da variante do cambio da «Partida Paralela
Ortodoxa» que se adoita construír do seguinte xeito: 1.12-15, 23-19; 2.10-14,
19x10; 3.05x14, 28-23; 4.08-12, 23-20; 5.01-05, 20-16; 6.04-08, 22-18; 7.05-10.
7. ... 27-22;
Ao final do encontro Borghetti relatou que tan pronto como King realizou esta xogada, apareceu na súa mente unha páxina de cor vermella pertencente a un dos números do ano 1983 da revista «Damasport» onde se publica un xogo comentado do mestre palermitano Lo Galbo no que se emprega esta variante.
● 7. ... 32-28!; [A resposta máis precisa]
8.02-05, 27-22; 9.15-19, 22x15; 10.12x19, 21-17; 11.14x21, 25x18; 12.10-14,
29-25; 13.14x21, 25x18; 14.*19-22
... [Se 14.11-15, 31-27; con gran vantaxe das negras como no
xogo Nº32 do match polo título mundial Alex Moiseyev vs. Michael Borghetti;
Cleveland, 2011] 14.
... 26x19; 15.05-10, 30-27; 16.11-15, 19x12; 17.08x15, 28-23; 18.06-11, 24-20;
19.15x24, 23-19; 20.07-12, 16x07; 21.03x12, 27-22; 22.12-16, 19-15; 23.11x20,
22-19; 24.20-23, 18-14; [EMP].
● 7. ... 21-17; 8.14x21, 25x18;
9.10-14, 26-21; 10.15-19, 17-13; 11.12-15, 30-26; 12.06-10, 13x06; 13.03x10,
27-23; 14.19x28, 32x23; 15.15-19, 24-20 con xogo igualado.
● 7. ... 27-23; unha familiar
formación que tamén pode derivar desde estas dúas aperturas:
1ª] 1.11-15, 23-19; [Oblícua Ortodoxa] 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 27-23;
2ª] 1.10-14, 22-19; [Partida Cruzada] 2.11-15, 19x10; 3.05x14, 27-22;
Seguindo agora con 4.07-11, 23-20; 5.01-05, 20-16; 6.04-07, 22-18; 7.05-10,
28-23; e aquí temos a posición. Un posíbel desenvolvemento podería ser:
8.15-20 ... [8.15-19, 24-20; 9.19x28, 31x24; 10.02-05, 32-28; 11.14-19,
21-17; 12.10-14, 20-15 con lixeira vantaxe das negras] 8. ... 24x15; 9.12x28,
32x23; e agora se:
► 10.02-05 ... [Moi frouxa] 10. ... 23-20;
a) 11.14-19, 21-17; 12.19-23, 26-22; 13.10-14, 25-21; 14.14-19, 22x15; 15.05-10, 30-26; 16.07-12 ... [Mellor 16.10-14,
aínda que as brancas continúan en posición
moi delicada] 16. ... 16x07; 17.03x19, 29-25; GN como nun xogo Leonard
Rabin vs. Richard Fortman do Torneo de Illionis do ano 1952.
b) 11.08-12, 31-28; 12.14-19, 18-14; 13.11x18, 21x14; 14.06-11, 30-27;
15.11x18, 26-22; 16.19x26, 29x06; Con
gran vantaxe negra no final [George O´Connor vs. August Heffner; 2º Match
Internacional Gran Bretaña vs. América disputado no Hotel Alamac de Nova York
no ano 1927].
► 10.08-12!, 26-22; 11.12-15 ...
Con estas ramificacións:
a) 11. ... 31-28; e agora se:
▬ 12.15-20, 28-24; 13.20x27, 30x23; 14.07-12, 16x07; 15.03x12, 21-17;
16.14x21, 25x18; 17.10-14, 29-25; 18.14x21, 25x18; 19.06-10, 23-19; [Todo moi
coñecido. Nesta altura asinaron o empate no 3º xogo da 8ª sesión do
enfrontamento Leopoldo Lopes vs. Víctor Oliveira do 20º Campionato de Portugal;
Amadora, 2000] 20.09-13, 18x09; 21.11-15 e a nulidade está clara [Hugh Burton
vs. Marion Tinsley; «Torneo dos Estados do Sur», ano 1975].
▬ 12.02-05, 21-17; [A recomendación de Tinsley] 13.14x21, 25x18; 14.10-14,
29-25; 15.14x21, 25x18; 16.05-10, 23-19;
17.15-20, 28-23; 18.20x27, 30x23; 19.10-13, 17x10; 20.06x13, 19-14;
21.11-15, 14-10; 22.15-20, 23-19; 23.20-23,
10-05; 24.23-27, 05-02; 25.27-30, 19-15; 26.07-11, 15x06; 27.03x10 [EMP]
Medalha da Silva vs. Veríssimo Dias; 11º Campionato de Portugal; Almada 1991.
b) 11. ... 30-27; 12.15-20, 21-17; 13.14x21, 25x18; 14.10-14 ... [14.10-13
é unha boa alternativa] 14. ... 29-25; 15.14x21, 25x18; 16.06-10, 18-13; [16.
... 23-19; 17.03-06, 27-23; 18.20x27, 18-14; 19.11x18, 22x13; 20.09x18,
31x13; 21.07-11, 13-09; 22.11-14, 19-15;
23.14-18, 16-12; 24.18-21, 12-07; 25.21-25, 15-12; 26.25-29, 12-08; 27.29-25,
07-03; 28.25-04, 03-12; 29.10-14, EMP.] 17.09x18, 22x06; 18.03x10, 23-19;
19.11-14, 19-15; 20.14-19, 15-12; 21.19-23, 12x03; 22.23x30, 03x13; 23.30-26,
13-10; 24.02-06, 10x03; 25.20-23, 03-13;
26.23-27, 31x22; 27.26x19 [EMP].
8.15-19!, 22x15; 9.12x19, 31-27;
● Se 9. ... 26-22; 10.19x26,
29x22; como nun xogo Dr. Orlando Lopes vs. Adelino Ribeiro do 1º Campionato
oficioso de Portugal disputado no 1957, agora as brancas poden seguir con 11.10-13!
... [En lugar do 11.08-12 que xogou o Dr. OAL] 11. ... 21-17; 12.14x21, 25x18; 13.06-10,
24-20; 14.02-06 con gran vantaxe das brancas.
● Se 9. ... 24-20; 10.19-22! ... [Aquí, como
indicou OAL, non vale 10.10-13 por 20-15!; 11.13x22, 30-27 GN] 10. ... 26x19; 11.14x23,
31-28; 12.23-27!, 30x23; 13.10-13, 18-14; 14.11x18, 21x14; 15.06-11, 14-10; 16.03-06,
10x03; 17.13-18, 03x12; 18.08x31, 16-12; 19.18-22, 12-07; 20.11-14 e as brancas
teñen moitas posibilidades neste final.
10.10-13! ...
Unha xogada recomendada nos comentarios da citada revista Damasport
[Nº2/1983]. O xogo referido seguiu con 10.07-12, 16x07; 11.03x12, 27-23;
12.19x28, 32x23; e aínda que as negras están mellor, o resultado foi un empate
[Santo Lo Galbo vs. Giovanni Chinellato; 42º Campionato Italiano, 1982].
10. ... 27-22;
Se 10. ... 27-23; 11.13x22, 24-20; 12.19x28, 26x10; 13.06x13, 32x23; 14.11-14,
21-17; 15.13-18, 30-27; 16.07-11, 17-13; 17.02-06, 29-26; 18.18-21, 26x17; 19.09x18,
17-13; 20.06-10, 13x06; 21.03x10 ... [E agora as negras conseguen salvarse «in extremis»] 21. ... 20-15!; 22.11x20, 16-12; 23.08x15,
23x16; 24.14-19, 16-12; 25.19-22, 25-21; 26.18x25, 27x18; 27.25-29, 12-07; 28.15-20,
07-03;[EMP].
11.06-10! ...
Unha preciosa continuación que dá gran vantaxe ás brancas. Na modalidade coa
que se disputou este torneo [Damas angloamericanas, tamén coñecidas como «Checkers» en Norteamérica ou «Draughts» nas Illas Británicas] as negras están
perdidas. Nas damas clásicas, debido á gran mobilidade das pezas coroadas,
dispoñen dun sorprendente recurso para poder conseguir un empate.
Curiosamente, nun xogo do «48º Campionato Americano» celebrado dúas semanas antes en Lebanon [Tennessee], o campión mundial
Alex Moiseyev tamén derrotou con esta variante a Lubabalo Kondlo, un fortísimo
xogador sudafricano que no
ano 2009 fora aspirante ao título de Ron King.
11. ... 22x06; 12.13x22, 26x19; 13.14x23 ...
13. ... 29-26[??];
A única defensa é 13. ... *30-27; [Unha continuación que non é nada fácil de
ver] 14.23x30, 32-28; 15.02x11, 28-23;
16.30x17, 25-21; 17.17x20, 24x06; 18.10-14, 06-02; 19.14-19, 02-05; 20.19-22,
05-23; 21.07-12, 16x07; 22.03x12, 23-16; 23.12-15, 16-23; [EMP].
14.02x11, 26-22;
Se 14. ... 21-17; 15.11-15, 30-27; [As brancas ameazaban cun «tiro» en «zig-zag» tras 16.15-20 seguido de 17.23-28 e 18.07-12
GB.] 16.23x30, 32-28; 17.30x21, 25x18; 18.07-12, 16x07; 19.03x12, 17-13;
20.10x17, 18-14; 21.17-21, 14-10;
22.21-26, 10-05; 23.26-30 con final gañador para as brancas.
15.11-15, 22-18;
● Ou 15. ... 16-12; 16.07x16, 22-18; 17.03-07,
21-17; 18.07-12, 17-13; 19.10x17, 18-14; 20.23-28, 32x23; 21.15-20, 24x15; 22.12x28,
14-10; 23.28-32, 10-06; 24.16-20 [GB].
● Igualmente se 15. ... 21-18; 16.15-20, 24x15;
17.07-12, 16x07; 18.03x26, 30x21; 19.23-27, 21-17; 20.27-31, 17-13; 21.10x17, 18-14; 22.09-13, 14-11; [Para
tratar de entrar en dama escapando da acción da batería que van formar as
brancas despois de colocar o peón no cadro «18»] 23.13-18, 11-07; 24.08-12, 07-03; 25.31-22,
03x16; 26.22-12, 16x21; 27.17x26, 32-28; 28.26-30, 28-24; 29.30-16, 25-21; 30.16-07,
21-17; 31.07-03 [GB].
16.08-12 ...
No noso xogo é máis rápido 16.15-20, 24x15; 17.23-28, 32x23; 18.07-12, 16x07;19.03x28
[GB].
16. ... 21-17; 17.07-11, 16x07; 18.03x12, 30-26; 19.23-27, 18-13; 20.09x18,
26-22;
21.18-21 ... [Resultado: 1-0]
As negras seguiron aínda
unhas xogadas máis, pero non tardaron en levantar a bandeira branca. Despois da 21. ... 25x18; a xogada 22.27-31 sería determinante na nosa modalidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario