O vindeiro día 24 imos publicar o último artigo do ano no que informaremos do Campionato de Portugal de Rápidas gañado brillantemente polo excelente xogador da Covilha, Tiago Manuel Neves. Mentres tanto aproveitamos para felicitar o Nadal a todos os damistas, especialmente aos seguidores deste blog, aos que dedicamos o problema ilustrado na tarxeta. Trátase dunha composición inédita na que aparece o tema coñecido como "implosión" ou "demolición" [Building Stroke nas damas angloamericanas] raras veces encontrado no xogo práctico.
O número de movementos necesarios para resolvelo é relativamente curto polo que se miramos directamente a solución pode ata semellar fácil, pero temos o presentimento de que se realmente esta posición aparecese en competición, a sólución pasaría desapercibida para a gran maioría dos damistas.
Foi por casualidade, analizando un xogo, que me encontrei cunha situación bastante similar. Nese caso, o resultado era un empate que ata se podía conseguir de forma completamente diferente. A miña sorpresa aconteceu cando ao querer comprobar co computador, observei que o programa tentaba realizar unha "manobra" totalmente incomprensíbel a primeira vista. Fixen uns retoques para poder transformar a posición en gañadora, eliminei as pezas "figurantes", as duplas solucións e así saiu a posición do problema.
Esa noite falando co gran mestre Víctor Oliveira a través da "net" amoseille a posición (coas cores revertidas) e quedou tan fascinado que me pediu se podía presentar o problema aos participantes do 34º Campionato de Portugal de partidas lentas, que por ventura, comenzaba ao día seguinte en Sao Joao da Madeira. En situación distendida, sen a necesaria concentración e sen levar unha contabilidade cronométrica exacta, parece ser que o máis rápido solucionista foi o Dr. Vaz Vieira cun tempo aproximado de 10 minutos. E vostede, querido lector, canto tempo precisa?

2 comentarios:
1-14 y ganan!!
Há algum tempo que não visitava o seu espaço, mas acredite que assim que olhei para o problema vi de imediato a solução: 1-14 11-06, 09-13 18x11 e 13-18 GB. Boas Festas Um abraço!
Publicar un comentario