Continuando coa exposición dos máis brillantes golpes da historia que xa tiñamos iniaciado hai uns meses, presentamos hoxe tres novos exemplares para
acrecentar a colección.
_:_:_:_:_:_:_:_:_:_:_:_:_:_«A GUILLOTINA DE GOLDSBORO»
Comezamos cun golpe que anecdoticamente John T. Denvir na súa «Guide to Checkers» [Chicago, 1936]
atribuíu a A. J. Klinka, pero que a gran maioría dos expertos consideran que a
súa autoría pertence ao mestre inglés Tailor Tom Goldsborough.
Este xogador, coñecido no mundo damista por Goldsboro [Forma
abreviada do seu apelido] chegou a conseguir o título de campión nacional tras
proclamarse vencedor na 14ª edición do «Torneo Inglés» disputado en Sheffield no
ano 1923 e posteriormente representou ao seu país no «2º Match Internacional
Gran Bretaña vs. Estados Unidos» celebrado en Nova York no ano 1927. Publicou
un libro titulado «Como xogar ás Damas Cientificamente» [Bristall, 1922] e nese
libro incluíu o seu famoso golpe.
1.09-13, 21-17;
Apertura «Dereita Marxinal» que a teoría considera como
lixeiramente favorábel para as negras.
2.05-09, 25-21; 3.02-05
...
Apoiando o cambio na casa «dique».
3. ... 22-19; 4.12-16 ...
A liña tronco na «Enciclopedia de Kear», pero mellor
semella seguir coa idea temática 4.13-18.
4. ... 24-20;
Do mesmo xeito, aquí tamén é superior 4. ... 19-15.
5.13-18, 21x14; 6.11x18
...
Agora o xogo volve á liña principal que se forma con
4.13-18, 21x14, 5.11x18, 24-20; 6.12-16.
6. ... 19-14; 7.10x19,
23x14; 8.16x23, 28x19; 9.06-11 ...
Nesta altura o máis forte debe ser 9.06-10, aínda que moitos
seguen con 9.18-21, contra o que non vale 9. ... 29-25�; por 10.05-10, 25x18;
11.10-13, 17x10; 12.06x29, GB. Nin 9. ... 32-28�; polo golpe con 10.09-13,
17x10; 11.06x13, 26x10; 12.07-11, 14x07; 13.05x32, GB.
Pero nese caso as negras terían un xogo superior
respondendo con 9. ... 27-23!; 10.07-11, 14x07; 11.04x11, 32-28; 12.08-12,
28-24; 13.11-15, 26-22; 14.06-10, 29-25; 15.03-07, 25x18; 16.10-13, 17x10;
17.05x21, 23-20; 18.07-11, 20-16; 19.21-25, 16x07; 20.25-29, 19x12; 21.29x08,
07-04; 22.11-15, 04-11; 23.15-20, 24x15; 24.08x19, [EMP].
9. ... 27-23;
Agora o xogo está igualado. Con 9. ... 26-22; as negras
aínda conservaban unha lixeirísima vantaxe.
10.11-15, 19x12; 11.08x15,
32-28; 12.15-19 ...
Posíbel neste punto é estoutro golpe 12.09-13, 17x10;
13.15-20, 23x16; 14.18-22, 26x19; 15.07-11, 14x07; 16.05x32, *16-12; 17.04x11,
que aínda que non gaña, obriga ás negras a defender con moito coidado. Podería
seguir 17. ... 12-08; 18.03-06, 29-25; 19.06-10, 08-04; 20.10-14, 31-28;
21.32x19, 25-21; 22.19-22, 30-26; 23.22x29, 21-18; 24.14x21, 04x25; [EMP].
12. ... 17-13;
Con idea de atacar na casa «10», o que a primeira vista
ata semella moi forte, pero realmente supón un serio esvarón que complica
enormemente a defensa. A un desenlace máis seguro aínda que tamén moito máis aburrido
conducía 12. ... 31-27; 13.04-08, 29-25; 14.08-12, 23-20; 15.07-11, 14x07;
16.19-22, 26x19; 17.09-13, 17x10; 18.05x32, 07-04; 19.32-28, 04x21; [EMP].
13.18-22, 13-10�;
Sen decatarse do perigo. A posición é marcadamente
inferior pero aínda se podía defender con 13. ... 14-11; 14.07x14, 13-10;
15.14-18, 23x14; 16.04-07, 26x19; 17.07-11, 14x07; 18.05x32, 07-04; 19.32-14,
31-28; 20.14x32, 04x21; [EMP].
14.07-11 ...
Así comeza esta xenial manobra táctica que forza unha serie
de trocas que Willie Ryan no seu célebre «Tricks, Traps and Shots» bautizou
como a «Guillotina de Goldsboro».
14. ... 14x07; 15.*04x11 ...
A inesperada captura que esnaquiza o plan negro. O
verdugo tira da corda.
15. ... 23x07; 16.03x12,
26x19;
E agora cae sobre a posición branca o fulminante «corte»
da coitela.
17.05x32 ... [GB].
«O
GRANDE ERRO DE BARKER»
Estoutro golpe que presentamos en segundo lugar,
aconteceu nun importante xogo disputado en 1889, e con el o primeiro campión
americano, Charles F. Barker foi estrepitosamente derrotado por James P. Reed. tamén
campión e un dos seus máis encarnizados rivais. Estes dous magníficos xogadores
enfrontáronse polo «sistema de matches» na disputa de tan prezado título en 5
ocasións. As dúas primeiras en Boston no ano 1881 e en ambas gañou Barker por
4-1. A terceira en Pittsburgh no ano 1887 e Barker volveu saír vitorioso,
esta vez por 5-1. Foi xa no ano 1889 no cuarto enfrontamento disputado en
Chicago, no que Reed conseguiu arrebatarlle o título ao vencer por 9-7. O
último match disputado en 1892 tivo lugar outra vez en Chicago e Barker
recuperou a coroa vencendo por un contundente 5-0.
James Patrick Reed, o «Pequeno Xigante do Oeste»,
coñecido tamén por «J. P. Reed» ou «Jas Reed», naceu en Pittsburg en febreiro
do ano 1858 e morreu dunha doenza hepática na mesma cidade en decembro de 1899
á idade de 40 anos. Foi un destacado publicista e editor, realizou multitude de
exhibicións por toda América e ate chegou a viaxar a Inglaterra para
enfrontarse cos mellores damistas da época. Tamén era un experto xogando na
modalidade ás cegas. A súa afección pola bebida impediulle alcanzar o éxito que
polo seu talento realmente merecía.
1.11-15, 23-20;
Apertura «Oblicua Incidente» catalogada como lixeiramente
favorábel para as negras. Se 1. ... 23-19; permite igualar máis facilmente coa
troca do peón tras 2.10-14.
2.06-11 ...
O mérito da anterior xogada negra queda agora patente. O
primeiro bando para evitar un rápido cambio que enfraquecería a súa posición no
centro, deben tapar coa «peza vértice» desfacendo así o seu «pequeno triángulo
defensivo». De todos os xeitos, 2.07-11, aínda que crea un burato no flanco
esquerdo tampouco é marcadamente inferior.
2. ... 20-16;
A mellor réplica desde o punto de vista estratéxico, impedindo
3.12-16 e mantendo intacto o corpo principal da formación.
3.02-06 ...
Para apoiar a realización da manobra redutora con 15-20
tan pronto como as negras avancen cara ao centro o seu peón da casa «28».
O seu principal inconveniente é que desgornece parcialmente
a base do flanco dereito polo que seguramente debe ser preferíbel a alternativa
central 3.10-14, que xeralmente acaba traspoñendo a unha «Partida Clásica» tras
3. ... 28-23; 4.05-10, 21-17; 5.03-06, 22-18; 6.14x21, 25x18; ou incluso
3. ... 22-18; 4.05-10, 28-23; 5.03-06.
3. ... 28-23;
● Aquí tamén se
xoga moito 3. ... 21-18; que ten como mellor réplica 4.10-13!, á espera de 4.
... 28-23; para realizar a consabida troca con 5.15-20.
● Se 3. ... 21-17;
pode seguir 4.10-13, 17x10; 5.05x14, 22-18; 6.14x21, 25x18; 7.01-05, 28-23;
8.15-20, 24x15; 9.12x28, 32x23; 10.05-10, 26-22; 11.11-15, 23-19; 12.06-11,
19x12; 13.08x15, 30-26; 14.11-14, 18x11; 15.07x14, con posición equilibrada.
● A xogo igualado
tamén leva 3. ... 22-18; 4.10-13, 18-14; 5.11x18, 21x14; 6.06-11 ... [Interesante tamén é 6.13-17, 27-22;
7.09-13, 30-27; 8.05-09, como na «Enciclopedia de Kear»] 6. ... 26-21; 7.11x18, 21x14; 8.05-10, 14x05; 9.01x10, 28-23; 10.15-20,
24x15; 11.12x28, 32x23; 12.10-14, 29-26; 13.14-18, 27-22; 14.18x27, 31x22;
15.03-06, con fácil empate.
4.15-20 ...
Conforme ao plan establecido, as brancas eliminan
material na procura de gañar espazo para ás súas pezas. Con todo e seguindo coa
mesma idea de desafogar a posición, tamén é posíbel 4.15-19, 23x14; 5.10x19,
22x15; 6.12x19, 32-28; 7.05-10, 21-18;
[Ou 7. ... 27-22; 8.11-15, 21-17; (Se 8. ... 21-18; 9.10-13!, entronca na liña principal) 9.10-14, 25-21; 10.01-05, 29-25; 11.05-10, 31-27; 12.07-11! ... (Moi interesante para complicar o xogo) 12. ... *16-12!; 13.15-20! ... (A continuación da «Enciclopedia de Kear» 13.04-07�, non vale na nosa
modalidade por 13. ... 27-23; 14.07x16, 21-18; 15.14x21, 23x05; 16.06-10,
25x18; 17.11-14 ... {Igualmente ineficaz é 17.10-14, por 17.
... 05-01; 18.14x21, 17-13; 19.09x27, 30x23; 20.21x30, 23-19; 21.15x22, 28-23;
22.30x20, 24x06; 23.03x10, 01x26; GN.} 17. ... 18x11; 18.03-06, 11x02; 19.08-12, 02x20; 20.16x32, 05-02; 21.10-13,
17x10; 22.32x01, e aínda que no «TED» dá o xogo por empatado nesta altura, o
certo é que as brancas están perdidas. Un posíbel remate podería ser 22. ... 22-18; 23.01-28, 26-21;
24.28-10, 21-17; 25.10-32, 02-20; 26.12-16, 20-15; 27.32-28, 15-29; 28.28-05,
30-27; 29.05-32, 29-25; 30.32-01, 27-23!!; 31.01x32, 17-13; 32.32-28, 13-10;
33.28x01, 24-20; 34.16x23, 18-13; 35.09x18, 25x32; GN.) 13.
... *22x15; (Non vale 13. ... 24x15�;
xa que tras 14.11x20, 22x15; 15.20-24, 28-23; 16.24-28, 26-22; 17.28-31, GB.) 14.10-13, 17x10; 15.06x13, 15x06; 16.08x15, 27-22; (Non 16. ... 06-02�; por 17.03-06, 02x18; 18.13x31, GB.) 17.03x10, 21-18; 18.14x21, 26x17; 19.04-07, 25-21; 20.*07-12!, 21-18; (Ou se 20. ... 22-19; 21.15x22, 24x08; 22.22-26,
28-24; 23.26-29, 08-04; 24.10-14, 17x10; 25.29-25, 04x18; 26.09-13, 18x09;
27.25x01, EMP.) 21.12-16, 28-23; 22.20x27, 30x23;
23.16-20, 23x16; 24.15-19, 22x15; 25.13x22, 16-12; 26.22-26, 15-11; 27.26-29,
12-08; 28.29-19, 11-06; 29.10-13, 17x10; 30.19x01, EMP.] 8.10-13,
27-22; 9.11-15, 25-21; 10.13-17, 30-27; 11.01-05, e aquí se:
a) 11. ... 27-23; 12.06-10, 23x14; 13.10x19, 31-27; 14.03-06, 29-25;
15.08-12, 18-13; 16.09x18, 21x14; 17.06-11, 14-10; 18.05x14, 25-21; 19.04-08,
22-18; 20.19-22, 26x10; 21.17x26, 28-23; 22.26-29, 10-05; 23.29-22, 18-14;
24.11x18, 23-20; 25.22x31, 20x04; 26.31-28, 04x21; 27.28x01, 16x07; [EMP].
b) 11. ... 29-25; 12.07-12, 16x07; 13.03x12, 18-13; 14.09x18, 21x14;
15.12-16, 28-23; [Ou se 15. ... 27-23; 16.16-20, 23x16;
17.08-12, 16x07; 18.04x27, 31x22; 19.05-09, 22-18; 20.17-21, 26x17; 21.19-22,
18-14; 22.22-27, 14-10; 23.06x13, 17x10; 24.27-31, 10-05; 25.15-20, 24x15;
26.31x02, EMP.] 16.19x28, 14-10; 17.05x14, 24-20;
18.16x30, 31x24; 19.30x21, 25x02; 20.17-21, 02x20; 21.21-26, 22-18; 22.26-30,
20-15; 23.30-23, [EMP].
4. ... 24x15; 5.12x28,
32x23; 6.11-15 ...
Unha continuación moi apreciada nos primeiros xogos en
que esta liña foi usada. Pero tanto este lance como 6.11-14 ou 6.08-12, son as
principais alternativas. A continuación favorita nesta altura é 6.10-14.
LIÑA 6.10-14 ...
[1.11-15, 23-20; 2.06-11, 20-16; 3.02-06, 28-23; 4.15-20,
24x15; 5.12x28, 32x23]
6.10-14 ...
Neste punto as negras adoitan continuar con algunha das seguintes catro opcións:
a) 6. ... 22-19; 7.08-12, 19x10; 8.05x14. e
agora se:
u 8. ... 21-18; 9.14x21, 25x18; 10.01-05, 23-19; 11.06-10, 26-21; [No «TED» segue con 11. ... 27-23; 12.10-13, 26-22; 13.05-10, 30-27;
14.11-14, 18x11; 15.07x14, 16x07; 16.03x12, 31-28; 17.04-08, 28-24; 18.13-17,
24-20; 19.17-21, 20-16; 20.12-15, 19x12; 21.08x15, 16-12; 22.21-26, 12-08;
23.26-30, 08-04; 24.14-19, 23x05; 25.30x01, 04-11; EMP. Análise do Dr. Sena
Carneiro] 12.11-14, 18x11;
13.07x23, 16x07; 14.04x11, 27x20; 15.10-14, 30-27; 16.05-10, 27-22; 17.09-13,
21-17; 18.14-18, 29-25; 19.18x27, 31x22; 20.11-14, 25-21; e agora o máis doado
é 21.13-18, 22x06; 22.03x10, 20-15; 23.14-19, [EMP].
u 8. ... 26-22; con estas ramificacións:
▬ 9.12-15, 21-18; [Outras alternativas son inferiores. Por exemplo se 9. ... 30-26;
10.15-19, 22x15; 11.11x20, 26-22; 12.01-05, 22-18; 13.06-11, 29-26; 14.05-10,
26-22; 15.04-08, 22-19; 16.07-12, 16x07; 17.03x12, 23x07; 18.14x30, e nesta
altura acordouse o empate nun xogo John
Horr vs. Asa Long do match de Detroit disputado en 1923. Podería seguir 18.
... 07-04; 19.30x17, 04x01; 20.17-21, 01-14; 21.09-13, 18x09; 22.21x11, 09-05;
23.08-12, 05-01; 24.12-15, EMP. Ou se 9. ... 21-17; 10.15-19!, 22x15;
11.11x20, 30-26; 12.06-11, 26-22; 13.11-15, 22-18; 14.14x21, 25x18; 15.20-24,
29-26; 16.04-08, 23-20; 17.09-13, 20x04; 18.13x29, 04-25; 19.29-15, 17-13;
20.15-20, 27-22; 21.20-30, 13-09; 22.30-26, 22-18; 23.26-21, 09-05; 24.21x04,
05-02; 25.03-07, 02-20; 26.01-05, 20-02; 27.05-09, 02-20; 28.09-13, 25-29;
29.13-18, 29-26; 30.07-12, 16x07; 31.04x14, EMP.] 10.14x21, 25x18; 11.01-05, 23-19; 12.04-08
... [Ou 12.15-20, 19-14; 13.06-10, 29-26; 14.10x19, 22x06;
15.03x10, 18-14; 16.10x19, 27-23; 17.20x27, 31x15; 18.04-08, 26-22; 19.09-13,
30-26; 20.05-10, 26-21; 21.13-17, 21-18; 22.17-21, 15-11; 23.07x14, 18x11; EMP.
Análise do Dr. Sena Carneiro] 12. ... 19x12;
13.08x15, 27-23; 14.15-20 ... [Ata aquí como nun xogo Marion Tinsley vs. Newell Banks do
match que disputaron en Detroit no ano 1952] 14. ... 22-19!; [A única que crea problemas ás brancas] 15.20x27, 30x23!; 16.05-10, 18-14; 17.11x18, 19-15;
18.10-14! ... [Corrixindo o «TED» que dá a liña como
perdida ao seguir unicamente coa frouxa 18.18-22�, 15-12; 19.06-11, 12-08;
20.07-12, 16x07; 21.03x12, 23-20; 22.11-14, 20-16; 23.12-15, 08-04; 24.14-19,
04-11; GN. Aínda que a vitoria sería máis doada con 24. ... 04-14!] 18. ... 15-12; 19.06-11, 12-08; 20.07-12, 16x07;
21.03x12, 08-04; 22.12-15, 04-07; [Se 22. ... 29-26; 23.09-13, 26-22;
24.18x27, 31x22; 25.13-18, 22x13; 26.15-19, 23-20; 27.19-23, 13-10; 28.23-28,
10-05; 29.28-32, 05-01; 30.11-15, 01x12; EMP.] 23.15-19, 23-20; 24.19-23, 07-03; 25.18-22, 03-10; 26.14-19, 20-16;
27.11-14, 16-12; 28.23-27, 12-07; 29.27-30, 07-03; 30.30-16, 03-06; [Se 30. ... 10-17; 31.19-23, 17-26; 32.22-27, 31x22; 33.23-27,
26-21; 34.09-13, 03x17; 35.27-31, 21x04; 36.31x09, EMP. Ou se 30. ... 10-05;
31.14-18, 05x32; 32.18-21, 03-17; 33.22-26, 29x22; 34.16-30, 17x26; 35.30x21,
32-10; 36.21-07, EMP.] 31.16-23, 06-02;
32.22-26, 29x15; 33.23-32, 10x19; 34.32x01, [EMP].
▬ 9.01-05 ... [A mellor] 9. ... 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.05-10,
23-19; 12.10-14, 19x10; 13.06x13, 27-23; 14.12-15, 23-19; 15.04-08, 19x12;
16.08x15, 30-27; 17.15-20, 22-19; 18.13x22, 27x18; 19.20-23, 29-26; 20.07-12,
16x07; 21.03x12, 19-14; 22.09-13, 18x09; 23.11x18, 09-05; 24.12-15, 05-01;
25.15-19, [EMP].
b) 6. ... 21-17; 7.06-10 ...
[A mellor. O mencionado xogo Perfeito Aguiar vs. Joaquim Bravo seguiu coa
máis frouxa 7.09-13] 7. ... 22-19; [Ou se 7. ... 26-21; 8.08-12, 29-26; 9.12-15 ... (Ata aquí seguimos unha das liñas da «Enciclopedia de
Kear») 9. ... 21-18; (A posición é igual que na «variante c» con 6. ... 22-18 e desvío 7. ...
26-22) 10.14x21, 25x18; 11.10-14! ... (Mellor que a continuación do «TED» no se que indica 11.10-13,
17x10; 12.05x21, 26x17; 13.01-05, 23-20; {No libro de Richard
Fortman, «Basic Checkers» chega aquí coa orde de movementos da nosa «variante c»
e agora continúa con 13. ... 23-19; 14.04-08, 19x12; 15.08x15, 17-13; 16.09x18,
22x13; 17.05-10, 13x06; 18.03x10, 30-26; 19.10-13, 27-22; 20.11-14, 26-21;
21.14-19, 21-17; 22.19x26, 17x10; EMP. Como nun xogo Bobby Martin vs. Newell Banks do Torneo Americano do ano 1958} 14.15x24, 31-28; 15.24x31, 22-18; 16.31x13,
17x01; EMP.) 11. ... 17-13; 12.14x21, 26x17; 13.09x18,
22x13; 14.05-10, 13x06; 15.03x10, 16-12; 16.07x16, 23-19; 17.15x22, 27x18; (Nesta altura acordouse o empate nu xogo Robert Martins vs. Allan Hynd incluído
no «Master Play») 18.10-14, 18-13; 19.14-18, 13-10;
20.18-21, 10-06; 21.11-14, 06-02; 22.21-25, 02-11; 23.14-19, 11-14; 24.19-22,
14-18; 25.22-26, 30x21; 26.25-29, 18-14; 27.16-20, 17-13; 28.29-25, 21-18;
29.20-23, 14x32; 30.25x07, 13-10; 31.07-03, EMP.] 8.14-18 ... [Non directamente 8.09-13�, por 8. ...
16-12; 9.08x22, 27x02; GN.] 8. ... 26-22; 9.09-13, 29-26; 10.08-12! ...
[Se 10.11-14, 31-28;
11.08-12, 19-15!; (Frouxa é 11. ... 28-24;
que vai traspoñer nunha posición dun xogo Sam
Gonotsky vs. Alfred Jordan do 6º Torneo Americano disputado no «Hotel Alamac»
de Nova York no ano 1924, que na nosa modalidade pode ser ben contestada con 12.04-08,
e as negras tan só conseguen un apurado empate tras 12. ... 26-21; 13.05-09,
24-20; 14.03-06, 20-15; 15.01-05, *23-20!; 16.14x23, 21x14; 17.12x26, 30x21;
18.23x30, 20-15; 19.10x19, 17x01; 20.30x17, 01x28; 21.06-11, 15x06; 22.17x03,
28-14; 23.07-12, 16x07; 24.03x16, EMP.) 12.12x19, 22x15;
13.14-19, 23x14; 14.10x19, 17x10; 15.05x14, 26-22; 16.19x26, 30x21; 17.07-11,
15x06; 18.03x10, 16-12; 19.10-13, 21-17; 20.14-19, 17x10; 21.19-22, 12-07;
22.04x11, 25-21; 23.22x31, 21x07; 24.31x24, EMP.] 10. ... 19-14; [Inferior é 10. ... 31-28; 11.11-15!,
28-24; 12.05-09, 23-20; (Non 12. ... 26-21�;
por 13.10-14, 19x10; 14.04-08, 21x14; 15.15-20, 24x15; 16.12x28, 27-23;
17.28-31, 22-19; 18.31-18, 10-05; 19.18x11, 17x10; 20.11-24, 19-15; 21.24x17,
05-02; 22.17-10, 23-20; 23.10-19, 25-21; 24.19-22, 21-17; 25.08-12, 20-15;
26.12x19, 02-20; 27.22-31, 20-24; 28.19-23, GB.) 13.01-05,
20x11; 14.07x23, 16x07; 15.03x12, 27x20; 16.18x27, 30x23; 17.13-18, 23-19;
18.12-16, 26-21; 19.16x23, 21x14; 20.23-28, 14-11; 21.28-32, 17-13; 22.32x07,
13x06; 23.07-16, 06-02; 24.16-30, 02-06; 25.30-17, 06-11; 26.09-13, 11-02;
27.05-09, 24-20; 28.13-18, 02-15; 29.17-10, 15-29; 30.10-23, 20-16; 31.23-05, *29-26;
32.05-01, EMP. A técnica defensiva baséase en non avanzar o peón de «16» que
sería atacado e tras 12-08 a dama branca pode entrar na diagonal de corte, e
por suposto evitando o «gancho» con 01-19 que se produciría se a dama negra
atravesa o río para instalarse nas casas «8», «12» ou «15»] 11.10x28, *17x10; 12.05x14, 31x24; 13.01-05 ... [Ou 13.03-06, 22x13; 14.12-15, 25-21; 15.14-19, 13-10; 16.06x13, 21-17;
17.13-18, 17-13; 18.18-22, 27x18; 19.19-23, 13-10; 20.23-28, 10-06; 21.15-20,
24x15; 22.11x20, 18-14; 23.20-24, 14-10; 24.28-31 ... (Ata aquí a liña tamén está no «TED») 24. ... 16-12; 25.07x16, 06-03; 26.04-07, 03x12; 27.24-28, 10-06;
28.28-32, 06-02; 29.31-27, 30x23; 30.32x08, 26-21; EMP.] 13. ... 22x13; 14.05-10, 13x06; 15.03x10, 25-21; 16.14-19, 21-18; 17.11-14,
18x11; 18.07x14, 16x07; 19.04x11, 26-22; 20.19x26, 30x21; 21.14-19, 21-18;
22.19-22, 18-13; 23.22x31, 13x06; [EMP].
c) 6. ... 22-18; 7.08-12, 27-22;
[Ou se 7. ... 26-22; 8.06-10, 29-26; 9.12-15, 21-17;
10.14x21, 25x18; conflúe na «variante b» 6. ... 21-17; no seu desvío con 7 ...
26-21] 8.12-15, 31-28; [Ou se 8. ... 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.05-10, 23-19; 11.15-20, 26-21;
12.20-23, 31-28; 13.23x32, 19-15; 14.11x20, 22-19; 15.32x14, 18x02;
16.20-24, 02-05; 17.07-11, 05x07; 18.03x12, 16x07; 19.04x11, 29-25; 20.11-15,
17-13; 21.09x18, 21x14; EMP. Análise do Dr. Sena Carneiro] 9.14-19! ... [Mellorando a continuación 9.06-10 que foi
efectuada no famoso match Charles Barker
vs. Richard Jordan disputado en Boston no ano 1900] 9. ... 23x14; 10.06-10, 30-27; 11.10x19 ... ; e aquí atención:
u 11. ... 28-24�; 12.19-23, 27x20; 13.05-10, 21-17; 14.10-14, 25-21;
15.14-19, 17-13; 16.19-23, 22-19; 17.15x22, 26x19; 18.23-28, 19-14; 19.28-32,
13-10; 20.32-19, 21-17; 21.19-08, 29-25; 22.08-29, 17-13; 23.29-26, [GB].
u 11. ... 27-23�; 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 16-12; 14.09-13, 21-17;
15.04-07, 17x10; 16.07x16, 25-21; 17.15-20, 22x15; 18.20x27, GB. Como nun xogo Marion Tinsley vs. Herman Rudolph do
Torneo de Cedar Point disputado no ano 1948. Podería seguir 18. ... 21-17;
19.14-19, 15-12; 20.05x14, 12-08; 21.27-31, 28-24; 22.01-05, 08-04; 23.19-23,
04x21; 24.23-28, 21-11; 25.28-32, 11-25; 26.05-10, 26-21; [Ou se 6. ... 25-04; 27.03-07, 04x01; 28.31-27, 26-21; 29.27-22, 29-25;
30.22-09, GB.] 27.31-22, 21-18; 28.22x09, 29-26;
29.09-31, 25-29; 30.32-14, 29-25; 31.14-04, 25-29; 32.04-25, [GB].
u 11. ... 21-17; [A
mellor defensa] 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 17-13; 14.09x18,
22x13; 15.05-10, 13x06; 16.03x10, 28-24; 17.10-13, 25-21; 18.13-18, 16-12;
19.18x25, 27-22; 20.15-20, 24x15; 21.19-23, 15-11; 22.23-27, 12-07; 23.27-30,
07-03; 24.30x17, 11-06; 25.04-07, 03x16; 26.17x03, 22-19; 27.14x23, 16x30;
[EMP].
d) 6. ... 21-18; [Escasamente
utilizada]
7.14x21, 25x18; 8.06-10!, 26-21; 9.10-14,
29-25; 10.05-10, 22-19; 11.01-05, 18-13; 12.10x26, 19x01; 13.26-29, 27-22;
14.29x32, 31-28; 15.32x23, 01x28; 16.11-15, 28-05; 17.15-20, 25-21; 18.07-11,
21-18; 19.03-06, 05-32; 20.20-24, 30-27; 21.11-15, 27-22; 22.15-19, 32x03;
23.04-07, 03x12; 24.08x15, 16-12; 25.24-28, 12-07; 26.28-32, [EMP].
Para completar o estudo o lector pode consultar o artigo
que publicamos neste blog con data 30/3/2012, no que comentamos un xogo Perfeito Aguiar vs. Joaquim Bravo do 4º
Campionato de Portugal disputado en Odivelas no ano 1984.
6. ... 21-18;
● Aquí tamén se
pode xogar primeiro 6. ... 23-19; e se:
a) 7.06-11, 19x12; 8.08x15, 27-23; 9.15-20, 30-27; 10.10-14, 21-17; 11.05-10,
26-21; 12.01-05, 21-18; 13.14x21, 25x18; 14.10-14, 17-13; 15.14x21, 23-19;
16.09x18, 22x13; 17.20-23, 27x20; 18.05-09, 13-10; 19.03-06, 10x03; 20.04-08,
03x12; 21.08x22, 16-12; 22.21-26, 12-07; 23.26-30, 20-16; 24.11-14, 07-03;
25.22-26, 29x22; 26.14-18, 22x13; 27.09x18, [EMP].
b) 7.15-20, 21-18; 8.07-11 ... [Traspón ao xogo principal].
● Outra
interesante alternativa tamén é 6. ... 21-17; con estas posibilidades:
a) 7.06-11, 22-18; 8.10-13, 17x10; 9.05x21, 25x18; 10.01-05, 26-21;
11.05-10, 21-17; 12.15-20, 18-14; 13.10x28, 31x06; 14.03x10, 29-26;
15.08-12, 26-22; 16.12-15, 27-23; 17.10-14, 30-27; 18.04-08, 17-13; 19.09x18,
22x13; 20.15-19, 23-20; 21.19-23, 27-22; 22.14-18, 22-19; 23.23-28, 20-15;
24.18-21, 19-14; 25.21-26, 15-11; 26.26-30, 11x04; 27.30-17, 04-07;
28.17x12, 16x07; [EMP]. Como nun xogo Idalino
Lopes vs. José Silva Pereira do 11º Campionato de Portugal disputado en
Almada no ano 1991.
b) 7.07-11, 26-21; [Ou 7. ... 22-18; 8.04-07, 26-22; que ven
sendo o mesmo] 8.04-07, 21-18; 9.10-14 ... [Ou se 9.10-13, entronca na variante do xogo principal con 7.10-13] 9. ... 25-21; 10.14-19, 23x14; 11.06-10, 29-26; 12.10x19, 31-28; 13.05-10,
27-23; 14.01-05, 23x14; 15.10x19, 30-27; 16.19-23, 28x12; 17.08x15, 27-23;
18.07-12, 16x07; 19.03x12, 23-19; 20.05-10, 17-13; 21.10x17, 19-14; 22.09-13,
14x07; 23.15-19, 22x08; 24.13x29, [EMP].
7.07-11 ...
O habitual. Pero tamén se ten xogado 7.10-13, 26-21;
8.07-11, 21-17; 9.04-07, 17x10; 10.05x21, 25x18; 11.01-05, 23-19; 12.05-10,
19x12; 13.08x15, 27-23; 14.10-14, 29-25; 15.14x21, 25x18; 16.06-10, 23-19;
17.15-20, 30-27; 18.10-13, 19-15; [Ou se 18. ... 19-14; 19.13-17, 14-10;
20.20-23!, 27x20; 21.17-21, 10-05; 22.21-26, 05-01; 23.26-29, 01-19; 24.07-12,
19x08; 25.29x24, 08-19; 26.11-15, 19x08; 27.24-11, 08-19; 28.11x25, 16-12;
29.25-29, 19-15; 30.03-06, 15x02; 31.29x08, EMP.] 19.20-24,
15x06; 20.03x10, 22-19; 21.13x22, 27x18; 22.07-11, [EMP]. Como nun xogo John Alexander vs. Robert T. Ward
incluído no «Master Play» sen lugar nin data, pero que moi probabelmente foi
disputado nun dos campionatos ingleses de principios do século XX. Agora se 22.
... 16-12; 23.10-13, 19-14; 24.13x22, 14x07; e o equilibrio é evidente.
7. ... 23-19;
Nos tratados tamén se indica 7. ... 26-21; contra a que
as brancas poden elixir:
a) 8.04-07, e agora se:
u 8. ... 23-19; [A continuación popular] 9.15-20 ... [Entronca no xogo principal].
u 8. ... 21-17; [Conflúe na liña na que as negras desvían
do xogo principal con 6. ... 21-17; na súa «variante b»].
u 8. ... 29-26; [A interesante liña de J. C. Brown
mencionada no «Master Play»] 9.15-20! ... [No
devandito tratado segue con 9.15-19, 23x14; (Semella máis forte 9. ... 22x15; 10.11x20, 26-22;
11.08-12, 30-26; 12.*10-13, 18-14; 13.13-17, 21-18; 14.06-11, 22-19; 15.03-06,
18-13; 16.11x18!, 19-15; 17.12x28, 31x15; 18.07-11, 15-12; 19.11-14, 12-07;
20.06-11, 26-22; 21.18-21, 25x18; 22.14x21, 16-12; 23.09x18, 22x13; 24.21-26,
07-03; 25.26-29, 12-08; 26.11-14, 03-16; 27.29-25, 13-09; 28.14-19, 09x02;
29.01-05, 02x09; 30.19-22, 27x18; 31.25x14, EMP.) 10.10x19,
22x15; 11.11x20, 26-22; 12.05-10, 22-19; 13.10-13, con igualdade. Podería seguir
13. ... 18-14; 14.13-17, 19-15; 15.17x26, 30x21; 16.06-11, 15x06; 17.03x19,
27-23; 18.19x28, 31x15; 19.09-13, 21-17; 20.13-18, 17-13; 21.18-22, 13-10;
22.22-26, 10-06; 23.26-29, 06-03; 24.29x12, 03-10; 25.12-22, 10-14; EMP.] 9. ... 21-17; [A mellor das dúas réplicas xogábeis. Se 9.
... 23-19; as negras pasan apuros tras 10.11-15, 19x12; 11.08x15, 27-23;
12.20x27, 30x23; 13.10-13, 23-19; 14.07-12, 16x07; 15.03x12, 31-28; 16.15-20,
19-14!; 17.13-17, 28-24; 18.20-23, 24-20; 19.23-28, 20-15; 20.12x19, 22x15;
21.28-32, 14-11; 22.06-10, 11-07; 23.10-13, 18-14; 24.32x10, 07-03; 25.10-06,
03x10; 26.05x14, 15-11; 27.14-19, 11-07; 28.19-22, 26x19; 29.17x26, 07-03;
30.13-17, 19-14; 31.26-29, 14-10; 32.29-15, 25-21; 33.17x26, 10-05; 34.01x10,
03x30; EMP.] 10.10-13, 17x10; 11.05x21, 25x18;
12.01-05, 23-19; 13.05-10, 26-21; 14.11-15, 19x12; 15.08x15, 21-17; 16.06-11!,
30-26; 17.20-24, 18-13; 18.09x18, 22x06; 19.03x10, 26-21; 20.11-14, 27-22;
21.14-19, 22-18; 22.19-22, 18-13; 23.10-14, 13-10; 24.22-26, 10-05; 25.26-29,
05-02; 26.15-19, 02-11; 27.07-12, 16x07; 28.19-23, 11x18; 29.23-27, 31x22;
30.29x03, 18-14; 31.24-28, 14x32; 32.03-07, [EMP].
b) 8.10-13, 18-14; 9.11x18, 21x14; 10.08-12, 16x07; 11.04x18, 23-19;
12.15-20, 19-15; 13.06-11, 15x06; 14.03x10, 22-19; [Ameazando
«tiro» con 27-22] 15.20-24 ... [Con
idea de se 15. ... 19-15; 16.24-28!, 31x24; 17.18-21, 25x18; 18.13x31, con
vantaxe] 15. ... 25-21; 16.18x25, 19-15; 17.13-17,
15-11; 18.17-21, 11-06; 19.10-13, 06-02; 20.13-17, 02-15; 21.21-26, 29x22;
22.05-10, 22-19; 23.24-28, 31x24; 24.25-29, 15-08; 25.29x15, 08x05; 26.01x10,
24-20; 27.17-21, 20-15; 28.21-25, 15-11; 29.25-29, 11-07; 30.29-19, 07-04;
[EMP].
c) 8.10-14 ... [A máis frouxa] 8.
... 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.04-07 ... [Se 10.05-10, 18-13;
11.09x18, 22x13; 12.04-07, agora é moi forte 12. ... 23-19; (No «TED» segue con 12. ... 13-09; 13.10-14, 30-26;
14.15-19, 31-28; 15.11-15, 26-21; 16.15-20, 09-05; 17.01x10, 21-18; 18.14x21,
23x05; 19.20-24, 28-23; 20.21-25, 05-02; 21.06-11, 02x20; 22.24-28, 20-02;
23.28-32, 23-20; 24.32-23, 27-22; 25.23-14, EMP. Ou tamén 25.23-30,
02-05; 26.30-26, 22-18; 27.07-12, 29x22; 28.25-29, 16x07; 29.29x01, 07-04;
30.01-23, 20-15; 31.23-19, 15-11; 32.19-15, 18-13; 33.15x02, 13-09; 34.08-12,
04-14; 35.12-15, 14-10; 36.15-20, 10-32; 37.03-07, 32-10; 38.07-11, 10-32;
39.11-15, 32-10; 40.20-24, 10-32; 41.15-20, 32-14; 42.02-11, 14x07; 43.24-28,
09-05; 44.28-32, EMP.) pero nese caso tras 13.15x22, 27x18; pode
seguir 14.08-12, 30-26; 15.10-14, 26-21; 16.14-19, 13-09; 17.19-22, 18-13;
18.11-14, 13-10; 19.06x13, 17x10; 20.12-15, 09-05; e a espectacular defensa 21.22-27!!,
31x22; 22.03-06, 10x03; 23.01x10, 03x19; 24.14x23, 22-19; 25.23-28, 19-15;
26.28-32, 16-12; 27.10-13, EMP.] 10. ... 30-26; 11.15-20, 22-19; 12.06-10,
19-14; 13.10x28, 31x06; 14.03x10, 17-13; 15.10x17, 26-22; 16.07-11, 18-13;
17.09x18, 22x13; 18.05-09, 13-10; 19.11-15, 10-06; 20.15-20, 06-03; 21.20-24,
03-10; 22.17-21, 10-23; 23.09-13, 23-32; 24.13-17, 32-19; 25.21-25, 27-22;
26.17-21, 19-23; 27.21-26, 23-30; 28.24-28, 30x17; 29.28-32, [EMP].
8.15-20 ...
Evitando o cambio para non debilitar máis ese flanco.
8. ... 26-21; 9.04-07
...
As brancas de novo seguen do modo máis habitual. Outras
variantes son:
a) 9.10-14, 19x10; 10.06x13, 21-17; [Ou se 10. ... 29-26;
11.05-10, 21-17; 12.03-07, 18-14; 13.11x18, 26-21; 14.01-05, 21x14; 15.10x26,
17x01; 16.26-29, 01-10; con xogo igualado.] 11.03-07,
17x10; 12.05x21, 25x18; 13.11-14, 18x11; 14.07x14, 30-26; 15.09-13, 26-21;
16.13-17, 29-26; 17.08-12, 16x07; 18.04x11, 22-18; 19.01-05, 18-13; 20.05-09,
13-10; 21.20-23, 27x20; 22.09-13, 10-06; 23.13-18, 06-03; 24.18x25, 03-07;
25.25-29, 26-21; 26.17x26, 20-15; 27.11x20, 07x16; [EMP].
b) 9.10-13, 19-14; 10.04-07, 21-17; 11.11-15, 17x10; 12.06x13, 30-26;
13.05-10, 14x05; 14.01x10, 16-12; [Ou se 14. ... 25-21; 15.07-11, 22-19;
16.15x22, 26x19; 17.13x22, 27x18; 18.20-23, 21-17; 19.08-12, 16x07; 20.03x12,
29-26; 21.11-15, 26-22; 22.23-27, 18-13; 23.09x18, 22x06; 24.15x22, 06-03;
25.12-15, 03-06; 26.27-30, 06x24; 27.30-23, EMP.] 15.07x16,
22-19; 16.15x22, 26x19; 17.13x22, 27x18; 18.20-23, 18-14; 19.10-13, 14-10;
20.13-18, 10-05; 21.09-13, 25-21; 22.18x25, 05-01; 23.13-18, 19-15; 24.18-22,
01x32; 25.22-26, 29x22; 26.25-29, 32-19; 27.03-07, 15-12; 28.08x15, 19x03;
29.29x19, [EMP].
c) 9.11-15, 19x12; 10.08x15, 16-12; [Se 10. ... 21-17;
11.04-07, 25-21; 12.06-11, 29-25; (Ata aquí a liña
está na «Guía de Lees») 13.20-23!, 27x20; 14.15x24, 30-27;
15.11-15, 18-13; 16.09x18, 22x06; 17.03x10, 21-18; 18.05-09, 27-23; 19.15-20,
23-19; 20.20-23, 19-15; 21.23-28, 15-12; 22.07-11, 12-07; 23.28-32, 16-12;
24.32-23, 12-08; 25.09-13, 18x09; 26.01-05, 09x02; 27.23-20, 02x15; 28.20x04,
25-21; 29.04x25, 17-13; 30.10x17, 08-04; EMP.] 11.06-11,
21-17; [Se 11. ... 12-08; 12.20-23, 27x20; 13.15x24, 30-27;
14.03-07, 21-17; 15.10-13, 17x10; 16.05x21, 25x18; 17.11-14, 18x11;
18.07x14, 27-23; 19.14-18, 22x13; 20.09x18, EMP. Como nun xogo C. Barber vs. J. Dufficy incluído no
«Master Play»] 12.20-23, 27x20; 13.15x24, 30-27;
14.10-13, 17x10; 15.05x21, 25x18; 16.04-08, 12-07; 17.03x12, 18-13; 18.09x18,
22x13; 19.11-15, 13-10; 20.12-16, 10-06; 21.15-20, 06-03; 22.20-23, 27x20;
23.16x23, 03-10; 24.24-28, 31x24; 25.23-27, [EMP].
9. ... 18-14;
Mantendo unha lixeirísima vantaxe. A xogo igualado
conduce 9. ... 29-26; 10.11-15 ... [A mellor. No «Master
Play» prefire 10.10-13, 18-14; que entronca nunha liña do xogo principal na que
as brancas xogan a correcta 11.10-13 na súa «variante b»]
10. ... 19x12; 11.08x15, 27-23; 12.20x27, 30x23; 13.06-11, 23-19; 14.07-12,
16x07; 15.03x12, 31-27; 16.10-13, 27-23; 17.05-10, 21-17; 18.12-16, 19x12;
19.10-14, 17x10; 20.14x30, 10-06; 21.30x20, 22-18; 22.20-30, 06-02; 23.30-21,
02x24; 24.21x04, 12-08; 25.09-13, 24-31; 26.16-20, 31x09; 27.01-05, 09x24;
28.04-14, [EMP].
10.11x18, 21x14;
Ata aquí ambos os dous rivais seguiron unha liña teórica recomendada
nos tratados da época.
11.09-13� ...
NEGRAS XOGAN E GAÑAN
Pero este movemento que Tom Wiswell no seu libro «Aprenda
Damas Rápido», cualificou como o «Grande
Erro de Barker», foi o principal detonante que provocou que este xogo pasase
a formar parte da historia.
● A mellor forma
para tratar de equilibrar a lixeira superioridade que teñen as negras era con
11.10-13. Podería seguir:
a) 11. ... 22-18; 12.13x22, 27x18; 13.06-10, 25-21; 14.03-06, 29-26;
15.10-13, 26-22; 16.08-12, 14-11; 17.07x23, 16x07; 18.13-17, 22-19; 19.17x26,
30x21; 20.23-27, 31x22; 21.20-23, 07-03; 22.05-10, 03-16; 23.23-28, 21-17;
24.28-32, 19-15; 25.32-28, 15-12; 26.06-11, 12-07; 27.28-14, 07-04; 28.14x25,
04x05; 29.01x10, [EMP].
b) 11. ... 29-26; e neste punto se:
u 12.13-18, 22x13; 13.09x18, 26-22; 14.05-10 ... [Non
vale 14.05-09�, 22x13; 15.09x18, 27-23; 16.20x27, 31x13; 17.06-11, 14-10;
18.11-14, continuación típica na modalidade anglo-americana, por 18. ... 10-06;
19.03x17, 19x10; GN.] 14. ... 14x05; 15.01x10, 22x13; 16.10x17,
19-14; 17.08-12, 27-23; 18.20x27, 30x23; 19.12-15, 16-12; 20.07x16, 14-11;
21.06-10, 11-06; 22.10-14, 06-02; 23.14-18, 02x20; 24.17-21, 20-11; 25.03-06,
11x02; 26.21-26, 02-09; 27.26-30, 09x22; 28.30x20, 22-19; 29.20-11, [EMP].
u 12.06-11, 26-21; 13.11x18, 21x14; 14.05-10, 14x05;
15.01x10, 25-21; 16.13-17, 30-26; [Ou 16. ... 22-18; 17.17x26, 30x21;
18.07-12, 16x07; 19.03x12, 18-14; 20.10-13, 14-10; 21.13-17, 21-18; 22.12-15,
19x12; 23.08x15, 10-05; 24.17-21, 05-01; 25.21-26, 18-14; 26.20-24, 14-11;
27.26-30, 27-22; 28.30-27, 01-14; 29.27x13, 11-07; EMP.] 17.10-13,
19-15; 18.13-18, 21x14; 19.17-21, 26x17; 20.07-11, 14x07; 21.03x26 ... [Como nun xogo Kettleson vs. McKeller incluído no «Master Play» que na
modalidade anglo-americana gañan as brancas]
21. ... 17-13; 22.09x18, 27-23; 23.20x27, 31x13; [EMP].
u 12.05-10 ... [A mellor]
12. ... 14x05; 13.01x10, 26-21; 14.07-12, 16x07; 15.03x12, 22-18; 16.13x22,
27x18; 17.12-15, 19x12; 18.08x15, 21-17; 19.20-23, 30-26; 20.06-11, 26-21;
21.10-14, 17-13; 22.23-27, 31x22; 23.14-19, 13-10; 24.19x26, 18-13; 25.09x18,
21x07; 26.26-29, 10-05; 27.29-19, 05-01; 28.19-32, [EMP].
● Inferior aínda
que xogábel é a continuación de Richard Jordan 11.07-12, 16x07; 12.03x12,
29-26; 13.12-16, 27-23; 14.20x27, 30x23; 15.09-13, 31-28; [Ata
aquí seguimos a liña do «Master Play». Se 15. ... 25-21; 16.08-12, 31-28;
17.13-18, 22x13; 18.10x17, 28-24; (Ou 18. ... 21-18;
19.05-09, 28-24; 20.06-10, 14x05; 21.01x10, 24-20; 22.10-13, 26-22; 23.17-21,
20-15; 24.21-26, 15x08; 25.26-30, 18-14; 26.30x20, 14-10; 27.13-18, 22x13;
28.09x18, 08-04; 29.20-23, 04x25; 30.23x01, EMP.) 19.05-10,
14x05; 20.01x10, 21-18; 21.06-11, 24-20; 22.10-14, 19x10; 23.12-15, 18-14;
24.15x24, 14x07; 25.24-28, 07-04; 26.28-32, EMP.] 16.05-09,
14x05; 17.01x10, 25-21; 18.06-11, 21-18; 19.11-15, 19x12; 20.08x15, 23-19;
21.15-20, 28-24; 22.20-23, 18-14; 23.23-27, 14x05; 24.13-18, 22x13; 25.09x18,
19-15; 26.27-30, 15-11; 27.30x17, [EMP].
11. ... 14-11!!;
Reed, de quen se dicía que cando estaba sobrio era
practicamente imbatíbel, fai gala das súas extraordinarias dotes combinativas e
sorprende a rival e espectadores con esta chispa de enxeño.
12.07x23, 16-12; 13.08x15,
22-19; 14.15x22, 27x02; [GN].
As negras abandonaron despois de realizar uns poucos
lances máis. Na nosa modalidade o final precisa dunha moi fina condución, pero
a vitoria resulta incuestionábel. Un posíbel desenlace podería ser:
15.10-13, 02x24; 16.23-28, 24-02; 17.28-32, 02-09;
18.13-17, 30-27; 19.32-10 ... [A máis resistente. Se 19.03-07, 09-18;
20.07-12, 27-23; 21.32x21, 25x18; GN.] 19. ... 27-22;
20.10-23, 22-18; [Para ir á casa «13» ameazando
13-10 e capturar a dama negra no «niño»] 21.17-21
... [De novo o mellor intento. Agora se 21. ... 18-13�;
seguiría 22.*23-30!, 25x18; 23.30-17, recuperando o peón e garantindo o empate] 21. ... *09-02; [Non
21. ... 09-13�; por 22.*01-05, 13-09; 23.05-10, 09-02; 24.10-14, 18x11;
25.23-14, 25x18; 26.14x25, 02-05; 27.25x04, EMP.] 22.23-16 ... [Se 22.23-10, 02-24; 23.10-23, entronca] 22. ... 02-24; 23.16-23, 18-13; 24.23-30, 25x18;
25.30-21, 18-14; 26.21x04, 13-10; 27.04-21, 31-27; 28.21-25, 27-23; 29.25-18,
23-19; 30.18-04, 24-02; 31.04-21, 19-15; 32.03-07, 10-06; 33.21-11, 15-12;
34.07x16, 06-03; 35.11-25, [GN].
«PIRUETA
CARIBEÑA»
Este terceiro e último, seleccionado en homenaxe aos
afeccionados que nos seguen desde Hispano-América, foi executado nun xogo
disputado na Habana entre dous dos mellores damistas caribeños da década dos 50
do século pasado.
1.10-13, 21-18;
Apertura «Crítica Cerrada» que a teoría considera como
lixeiramente favorábel para as negras.
2.05-10, 25-21;
Permite ao rival equilibrar máis facilmente. Para tentar
manter a vantaxe, os libros recomendan como mellor a incursión central con 2.
... 23-19.
3.13-17 ...
Para impedir o avance negro a esa casa.
3. ... 23-19; 4.12-15 ...
● Unha alternativa
de popularidade semellante é 4.11-15, ao que pode seguir 4. ... 27-23; 5.01-05,
23-20; 6.06-11, 31-27; [Se 6. ... 20-16; 7.02-06!, para poder
replicar a 7. ... 28-23; con 8.15-20, evitando o bloqueo] 7.12-16,
coas negras ostentando unha mínima superioridade.
● Moi interesante tamén
resulta a xogada de espera 4.01-05, con idea de se:
a) 4. ... 28-23; 5.11-15! ... [Se 5.12-16, 31-28, traspón á «variante b»,
pero as negras teñen unha mellor resposta con 5. ... 32-28] 5. ... 31-28; [Ou se 5. ... 23-20;
6.12-16, 19x12; 7.16x23, 27x20; 8.07x23, con igualdade] 6.10-13!, 23-20; 7.05-10, 20x11; 8.07x23, 28x19; 9.06-11, e as brancas
dispoñen dun xogo moi cómodo.
b) 4. ... 27-23; 5.12-16!, 31-27; 6.10-13, 23-20; 7.16x23, 27x20; 8.11-15,
19x12; 9.07x23, 28x19; 10.08-12, e o primeiro bando tampouco ten problemas.
4. ... 19x12; 5.08x15 ...
Esta posición tamén se pode alcanzar nunha famosa liña
introducida nas damas clásicas polo setubalense
Francisco Lopes «Padeiro» e posteriormente popularizada nos torneos polo grande
mestre Víctor Oliveira. A súa construción habitual é con 1.10-13, 23-19;
2.05-10, 21-18; 3.12-15, 19x12; 4.08x15 e neste punto a variante negra 4. ...
25-21; [Coñecida como «Variante de Ferro», así denominada no
«Jornal de Almada» polo Dr. Jorge Gomes Fernandes en honor a Jacinto Ferro que
foi o seu principal impulsor] contra a que se adoita
replicar con 5.10-14, ou como no presente caso con 5.13-17.
5. ... 27-23;
A pesar de desfacer o «Pequeno Triángulo» esta é a
favorita dos teóricos para loitar pola preponderancia central. Agora as negras
están preparadas para realizar o corte que se vai producir ao seguinte
lance.
6.10-14, 23-19;
Aquí está o corte eliminando as dúas pezas mellor situada
das brancas.
7.14x23, 28x12; 8.07x16
...
Na liña mencionada na nota anterior: 1.10-13, 21-18;
2.05-10, 23-19; 3.12-15, 19x12; 4.08x15, se aquí as negras optan por 4. ...
27-23; [A «variante de Almada», posta de moda por Medalha e
Artur como grande alternativa ao orixinal 4. ... 28-23] pode seguir 5.10-14, 23-19; 6.14x23, 28x12; 7.07x16, 25-21; [Aquí para evitar unha «xudía» de empate que imos ver nos cometarios da novena xogada do xogo principal, pódese pospoñer a entrada na variante xogando 7. ... 32-28; 8.01-05, 28-23; 9.05-10, e agora si 9. ... 25-21; 10.13-17] 8.13-17,
e o xogo tamén conflúe na mesma posición. Aínda que neste caso o primeiro
xogador tamén dispón de 8.11-15, unha magnífica alternativa proposta polo campión lisboeta Leopoldo Lopes.
8. ... 32-28;
A continuación natural, pero como veremos permite «xudía»
é fácil empate. No seu lugar, aquí 8. ... 22-19! [Introducido
polo propio Jacinto Ferro] é o lance con máis
preferencias. O xogo adóitase seguir con 9.11-14, 18x11; 10.06x22, 26x19;
11.17x26, 30x21; [Máis combativo que
11. ... 29x22; 12.09-13, 32-28; 13.01-05, 28-23; 14.05-10, 30-26; 15.03-06,
19-15; 16.10-14, 15-12; 17.13-17, 24-20; 18.06-10, 20-15; 19.14-18, 22x06;
20.02x27, 31x22; EMP.] 12.09-13!, 32-28; [Se 12. ... 31-27; 13.01-05 ... (Ou 13.13-17, 29-26; 14.01-05, 32-28; 15.04-07, 21-18; 16.03-06, 28-23;
17.05-10, e aquí acordouse o empate nun xogo Víctor Cunha vs. Manuel Capote do 23º Campionato de Portugal
disputado en Faro no ano 2003. Para unha posíbel continuación pódese ver a
«variante b», pois xusto despois do último lance alcánzase a mesma posición) 13. ... 27-22; 14.13-17 ... (Frouxa é 14.03-06
porque tras 14. ... 21-17!; as brancas deben entregar o peón atacado, pois non
vale 15.05-10�, por 15. ... 19-14; 16.10x26, 17x03; 17.26-30, 32-28; 18.16-20, 24x15;
19.30-17, como nun xogo Herminio Medalha
da Silva vs. Manuel Capote do 8º Campionato de Portugal celebrado en
Marinha Grande no ano 1988, no que aínda que rematou en empate, as brancas
están perdidas. Como indicou Antonio Eduardo Igrejas no xornal «Diário» do
31/12/1988, seguindo agora con 19. ... 28-24!; a vantaxe negra tórnase
esmagadora) 14. ... 29-26; 15.03-07, 21-18; 16.05-09,
32-28; (Ou 16. ... 19-15; 17.16-20,
32-28; 18.04-08, 18-14; 19.08-12, 15x08; 20.07-11, 24x06; 21.02x27, 28-24;
22.27-31, 08-04; EMP.) 17.02-06, 19-14; (Se 17. ... 28-23; 18.06-11!, traspón a unha posición dun
xogo Cap. Santos Deodato vs. Veríssimo
Días do 23º Campionato de Portugal celebrado en Faro no ano 2003 que seguiu
18. ... 19-14; 19.09-13, 18x09; 20.11x27, 09-05; 21.27-31, 05-01; EMP.) 18.16-20, 24x15; 19.07-11, 14x07; 20.04x20, 28-24; 21.20-23, 24-20;
22.23-28, 20-16; 23.28-32, 16-12; 24.32-23, 12-07; 25.06-11, 07-03; 26.23-01,
03-06; 27.01-14, 06x24; 28.14x30, 24-28; EMP.] 13.01-05,
28-23; [Ou 13. ... 31-27; 14.03-06, 27-22; (Se 14. ... 28-23; 15.05-10, 27-22; 16.13-17, 29-26;
17.06-11, conflúe na liña do xogo José
Luís Guerra vs. Luís Carvalho do 19º Campionato de Portugal que veremos na
«variante c») 15.13-18, 22x13; (Se 15. ... 21x14; 16.16-20, 24x15; 17.06-11, 14x07;
18.04x20, 28-24; 19.20-23, 19-15; 20.23-28, 15-12; 21.28-31, 22-19; 22.31-22,
19-15; 23.05-10, 12-08; 24.22x12, 08-04; EMP.) 16.16-20,
24x15; 17.06-10, 13x06; 18.02x20, 19-14; 19.20-24, 14-11; 20.24x31, 11-06; EMP.
Como nun xogo Arlindo Roda vs. Luís Sá
do 34º Campionato de Portugal celebrado no ano 2014 en Santa María da Feira] 14.05-10 ... [Ou se 14.04-07, 31-27; (Interesante é 14. ... 19-14; con idea de se 15.13-18�,
23-19; 16.18x25, 24-20; 17.16x23, 14-11; 18.07x14, 19x01; GN. Correcto sería 15.03-06,
21-17!; {Se 15. ... 23-19�; 16.16-20, 24x15;
17.06-11, 15x06; 18.02x25, GB.} 16.13-18, 24-20; 17.18-22, 23-19; 18.16x23,
14-11; 19.06x15, 19x03; 20.23-27, 17-13; 21.05-10, 13x06; 22.02x11, 03-10;
23.27-30, EMP.) 15.02-06 ... (Con 15.05-10 entronca na «variante a») 15. ... 27-22; 16.13-17, 29-26; (Se 16. ... 21-18; 17.06-11, 24-20; 18.07-12, 19-14; 19.12-15, 14x07; 20.15x24,
07-04; 21.24-28, 18-13; 22.28-31, 13-09; 23.31x13, 09x02; 24.13-10, EMP.) 17.06-11, 21-18; 18.07-12, 24-20; (Se 18. ... 19-14; 19.*03-07, 22-19; 20.11-15, 26-22; 21.16-20, 23x16;
22.17-21, 18-13; 23.21-26, 13-10; 24.07-11!!, 16x07; 25.11x27, 19x12; 26.05x14,
07-04; 27.26-29, EMP.) e neste punto acordouse o empate nun xogo José Luís Guerra vs. Manuel Vaz Vieira
do 27º Campionato de Portugal que se celebrou en Odemira no ano 2007. Podería
seguir 19.05-09, 19-14; 20.12-15, 14x07; 21.15x24, 07-04; 22.24-28, 18-14;
23.03-06, 04-08; 24.28-32, 22-19; 25.16-20, 23x16; 26.06-11, 14x07; 27.32x04,
EMP.] 14. ... 31-27; e aquí se:
a) 15.04-07, 27-22; 16.07-11, 21-18; 17.13-17, 18-13; [Ou
se 17. ... 29-26; 18.02-05, 18-13; 19.05-09, 13x06; 20.03x10, 24-20; 21.10-13, 19-15;
22.11-14, 15-11; 23.13-18, 22x13; 24.09x18, 11-07; 25.14-19, EMP. Como nun xogo
Dr. Francisco José vs. Joaquim Rasgadinho
do ano 1985 disputado no 5º Campionato de Portugal en sesión desenvolvida en
Évora] 18.11-14, 13x06; 19.03x10, 24-20; 20.02-05, 20-15;
21.17-21, 22-18; 22.21-26, 29x22; 23.14x21, 15-11; 24.21-26, 11-06; 25.10-13,
06-02; 26.16-20, 02x18; 27.20x27, [EMP].
b) 15.13-17, 29-26; 16.04-07 ... [Non vale 16.02-05�,
por 16. ... 24-20; 17.04-08, 21-18; 18.05-09, 20-15; 19.10-13, 27-22; 20.03-06,
19-14; GN. Como nun xogo Artur Gomes vs.
Cap. Santos Deodato do 8º Campionato de Portugal disputado no ano 1998 en
Marinha Grande] 16. ... 21-18;
17.03-06 ... [Con igual posición
que no mencionado xogo Víctor Cunha vs.
Manuel Capote do 23º Campionato de Portugal] Podería seguir 17. …. 27-22; 18.07-11, 18-13; 19.16-20, 23x16; 20.11-14, 19-15; 21.14-18, 15-12;
22.18x27, 12-08; 23.27-31, 13-09; 24.31-18, 08-04; 25.18-25, 04-08; 26.10-13,
08-19; 27.06-10, 19x01; 28.25-29, 01-32; 29.29x08, 32-14; 30.08-04, 14-19;
31.17-21, 16-12; 32.21-25, 19-29; 33.13-18, 12-08; [EMP].
c) 15.03-07 ... [Bastante empregada na práctica, pero a
pesar de todo, seguramente máis frouxa que calquera das opcións anteriores]. As negras dispoñen de dúas meritorias réplicas:
u 15. ... 29-26; 16.07-12, 27-22; 17.04-08, 21-18; 18.*12-15! ... [Non 18.13-17�, por 18. ... *24-20!; (Se 18. ... 18-13�; 19.12-15, EMP. Como nun xogo José Silva Pereira vs. Herminio Medalha da Silva do 18º Campionato
de Portugal dirimido no Porto no ano 1998) 19.02-06
... (Ou se 19.02-05, *18-13; GN.) 19. ... 18-14; 20.10-13, *20-15; GN.] 18.
... 19x12; 19.08x15, 18x09; 20.10-13, 23-19; 21.13-18, 19x12; 22.18x27, 12-08;
23.27-30, 26-22; 24.30-26, 22-18; 25.16-20, 24x15; 26.26x12, [EMP].
u 15. ... 27-22; 16.13-17 ... [Malo é 16.07-12�, por 16. ... 21-18;
17.13-17, *18-14!; (Se 17. ... 29-26�;
18.02-06, 18-13; 19.04-08, 13-09; tal como nu encontro Mario Anjos vs. Medalha da Silva do Pre-Nacional de Lisboa do ano
1995 no que as brancas poderían salvarse con 20.*06-11, 09-05; 21.*11-15,
05-02; 22.15-20, 24x15; 23.10-14, 19x10; 24.12x28, EMP. Pero o xogo realmente seguiu
con 20.12-15�, 19x12; 21.08x15, 09-05�; {Aquí
21. ... 23-19; GN.} 22.10-14, 05-01; 23.16-20,
01x08; 24.20x27, 08-04; 25.27-31, 22-19; 26.31-28, 19-15; 27.06-10, 04-25;
28.28-23, 15-12; 29.10-14, 25x04; 30.23-19, 12-07; 31.19x29, 04-08; EMP.) 18.04-07, 14x05; 19.02x09, 19-14; 20.12-15, 14-10; 21.07-11, 22-18;
22.16-20, 23x16; 23.15-19, 10-05; 24.19-23, 05-02; 25.23-28, 02x20; 26.28-32,
16-12; GN.] 16. ... 29-26; 17.07-11, 21-18; 18.04-08,
18-13; 19.11-15, 19x12; 20.08x15, 13x06; 21.02x11, 23-19; 22.16-20, 19x12;
23.17-21, 24x06; 24.21x30, [EMP]. Como nun xogo José Luís Guerra vs. Luís Carvalho do 19º Campionato de Portugal que
tivo lugar en Setúbal no ano 1999.
9.01-05 ...
Se as brancas efectúan a «xudía» con 9.09-13, 18x09;
10.02-05, 09x02; 11.11-15, 02x20; 12.16x32, pode seguir 12. ... 21-18;
13.32-10, 29-25; 14.10-06, 18-13; 15.06-15, 13-09; 16.03-06, 31-27; 17.15-08,
27-23; 18.08-12, 23-19; 19.12-03, 26-21; 20.17x26, 30x21; 21.06-11, 22-18;
22.03-17, 09-05; 23.17x15, 05-02; 24.01-05, 02x09; 25.11-14, 18x11; 26.15x02,
[EMP].
9. ... 28-23;
Nesta altura tamén se ten xogado 9. ... 22-19; 10.05-10,
19-15; 11.11x20, 24x15; 12.10-13, 28-23; 13.13x22, 26x19; 14.17x26, 30x21;
15.09-13, 15-12; 16.04-08, 12-07; 17.03x12, 19-14; 18.06-10, 14x05; 19.02x09,
21-17; 20.13-18, 17-13; 21.18-22, 13-10; 22.12-15, 10-05; 23.15-20, 23-19;
24.20-23, 05-01; 25.16-20, 19-14; 26.20-24, 14-11; 27.24-28, 31x24; 28.23-27,
11-06; 29.27-30, 06-03; 30.22-27, 03-17; 31.09-13, 17x03; 32.27-31, 29-25;
33.31-09, 03-16; 34.30-17, 16-30; 35.17-03, 24-20; 36.09-02, 20-16; [EMP]. Como
nun xogo Joaquim Silva «Pardal» vs. Sergio
Bonifacio do 34º Campionato de Portugal disputado en Santa María da Feira
no ano 2014.
10.05-10, 23-19; 11.03-07
...
Outras alternativas son:
a) 11.10-14, 19x10; 12.06x13 ... ; e aquí se:
u 12. ... 30-27; 13.11-15!, 27-23; [Ata aquí igual que
nun xogo Deolindo Silva vs. Manuel
Custodio do 9º Campionato de Portugal disputado, coa modalidade de apertura
a 3 lances, en Almada no ano 1989] 14.02-05, 23-19;
15.04-08, 19x12; 16.08x15, 31-28; 17.16-20, 22-19; 18.15x22, 24x15; 19.22-27,
15-12; 20.13x22, 26x19; 21.17x26, 29x22; 22.27-31, 12-08; 23.31x13, 08-04;
24.13-10, 04-14; 25.03-07, 14x04; 26.10x32, [EMP].
u 12. ... 22-19; [A mellor] 13.13x22, 21-18; 14.11-14, 18x11; 15.09-13, 11-07;
16.04x11, 19-15; 17.11x20, 24x15; 18.03-06, 26x19; 19.06-11, 15x06; 20.02x11,
31-28; 21.17-21, 29-25; 22.21-26, 30x21; 23.16-20, 28-24; 24.20-23, 19-14;
25.11x18, 21x14; 26.23-28, 14-11; 27.28-32, [EMP].
b) 11.09-13 ... [Moi interesante] 11. ... 18x09; 12.11-14, 19-15; 13.14-19, 31-28; 14.16-20, 09-05; [Non 14. ... 30-27�; por 15.19-23, 28x19; 16.02-05,
09x02; 17.03-07, 02x11; 18.07x30, con vantaxe decisiva. Podería seguir 18. ... 22-18; 19.30-27, 15-11; 20.27x09, 24x15; 21.04-07, 11x04; 22.10-14, 04x18; 23.09x08, 21-18; 24.08-04, 18-13; 25.04-14, 29-25; 26.14-23, 25-21; 27.23-28, 21-18; 28.28-32, 13-09; 29.32-28, 26-22; 30.17-21, 18-13; 31.28-14. 22-18; 32.14-01, GB. Como nun xogo Artur Gomes vs. Joaquim Felicio disputado na «Incrível Almadense» no ano 1997 e posteriormente publicado no Nº 2540 do «Jornal de Almada»] 15.02x09,
30-27; 16.10-14, 22-18; 17.20-23, 18x02; 18.23x30, 24-20; 19.30x16, 15-11;
20.16-23, 21-18; 21.23x32, 26-21; 22.17x26, 29x15; 23.32-19, 18-13; 24.09x18,
11-06; 25.03x10, 02-06; 26.19x08, 06x27; [EMP].
c) 11.16-20, 24x15; 12.11x20, 18-14; 13.02-05, 30-27; 14.03-07, 21-18; 15.10-13, 19-15; 16.20-24, 22-19;
17.13x22, 27x18; 18.07-11, 14x07; 19.04x20, 18-14; 20.09-13, 19-15; 21.13-18,
14-11; 22.06-10, 11-07; 23.18-21, 26-22; 24.21-26, 07-04; 25.17-21, 04x25;
26.26-30, 25-04; 27.20-23, 22-19; 28.23-28, 15-11; 29.10-13, 29-26; 30.30x07,
04x02; [EMP]. Como nun xogo Víctor
Oliveira vs. Delfim Alves do 27º Campionato de Portugal celebrado en
Odemira no ano 2007.
11. ... 19-15;
Igualmente coñecido é 11. ... 19-14; 12.10x19, 22x15;
13.11x20, 24x15; [E aquí xa foi acordado o empate nun xogo Jorge Pereira vs. Manuel Vaz Vieira do
27º Campionato de Portugal disputado en Odemira no ano 2007] 14.16-20, 30-27; 15.20-24 ... [Un xogo Antonio Perú vs. Arlindo Roda do 14º Campionato de Portugal disputado en Sines no ano 1994 seguíu con 15.07-11�, 26-22�; 16.17x26, 18-14; 17.11x18, 22x13; 18.09x18, 29x13; 19.04-07, 13-09; 20.06-10, 27-23; 21.20x27, 31x22; EMP. pero as negras podían xogar mellor con 15. ... 15-12; e se 16.11-14 ... (Peor aínda é 16.11-15, por 16. ... 29-25; 17.20-24, 12-07; 18.04x11, 18-13; 19.09x18, 21x07; GN.) 14. ... 18x11; 17.06x15, 21-18; 18.20-24, 26-21; 19.17x26, 29x22; 20.02-05, 18-14; 21.24-28, 31x24; 22.09-13, 14-11; 23.13-17, 11-07; 24.04x11, 12-07; 25.17-21, 07-04; 26.21-25, 04x01; GN.] 15. ... 29-25; 16.06-11, 15x06;
17.02x11, 18-14; 18.11x18, 21x14; 19.07-11, 14x07; 20.04x11, 27-23; 21.11-14, [EMP].
Como nun xogo Justino Miguel vs. Delfim
Alves disputado no 34º Campionato de Portugal, evento que tivo lugar en Santa
María da Feira no ano 2014.
12.11x20, 24x15; 13.16-20
...
Outra posibilidade era 13.04-08, 22-19; 14.07-11, 15-12;
15.08x22, 26x19; 16.17x26, 29x22; 17.16-20, 18-13; 18.09x27, 30x16; 19.10-13,
16-12; 20.11-15, 19-14; 21.06-10, 14x05; 22.02x09, 12-07; 23.13-18, 07-04;
24.18-22, 04-08; 25.15-19, 08-15; 26.09-13, [EMP].
13. ... 22-19; 14.20-23
...
Aquí semella mellor 14.10-13, 15-12; 15.07x16, 18-14;
16.06-11, 14x07; 17.04x11, 21-18; 18.13x22, 30-27; 19.20-23, 27x18; 20.16-20,
19-14; 21.11-15, 14-10; 22.23-27, 31x22; 23.20-23, 10-05; 24.23-27, 05-01;
25.15-20, 01-10; 26.27-31, 26-21; 27.17x26, 10-17; 28.20-24, 17x30; 29.24-28,
18-13; 30.09x27, 30x32; [EMP].
14. ... 18-14; 15.02-05�
...
XOGAN AS NEGRAS E GAÑAN
A sorte xa está botada. «Enriquito» Rodríguez, sen
decatarse do perigo, impide a troca e ao mesmo tempo ameaza 16.07-11.
A defensa correcta era con 15.*09-13, 14x05; 16.02x09,
21-18; 17.13x22, 15-11; 18.06x15, 19x03; 19.22-27, 31x22; 20.23-28, 22-19;
21.28-32, 19-15; 22.32-28, 15-12; 23.28-31, 03-06; 24.31-18, 12-07; 25.04x11,
06x24; 26.18-14, [EMP].
15. ... *14-11!!;
Na época na que se disputou este xogo, Óscar Pernas coñecido
polo apelativo de «El Gallego de Matanzas» estaba considerado como un dos cinco
mellores xogadores cubanos de todos os tempos. A «pirueta» iniciada con este
lance representa un claro exemplo da súa habilidade.
16.07x14, 21-18; 17.14x21
...
Agora a posición está preparada para a estocada final.
17. ... 31-28!;
Una «xudía» ao máis puro estilo do célebre tratadista Juan
García Canalejas.
18.23x32, 29-25; 19.32x14,
25x02; [GN].
Magnífico xogo publicado na 2ª [Habana,
1961] e na 3ª [Miami, 1976] edicións
do libro «La Ciencia del Juego de Damas»
de Roberto Gómez.
Ningún comentario:
Publicar un comentario