Nestas datas tan sinaladas estamos a punto de cumprir 7 anos de publicación e seguimos traballando con ilusión nesta dificil misión de divulgar o xogo de damas. Desde aquí queremos mostrar o noso agradecemento a todos aqueles que dunha ou doutra maneira fan posíbel a existencia deste blog e sobre todo desexar a toda a familia damista un FELIZ NATAL E PRÓSPERO ANO NOVO.
A modo de pasatempo para estas festas seleccionamos 8 posicións procedentes de xogos disputados no 36º Campionato de Portugal que se celebrou en Vila da Feira no mes de xuño deste ano 2016. O lector pode contemplar o desenvolvemento dos xogos, analizar as posicións e demostrar a súa capacidade de visión tentando responder ás cuestións presentadas.
Nº 1
XOGAN NEGRAS E GAÑAN
Esta
posición foi alcanzada no enfrontamento Justino Miguel vs. Joaquim Silva (2º
xogo da 7ª sesión). O desenvolvemento foi o seguinte: 1.11-14, 21-18; 2.14x21, 25x18; 3.06-11,
18-14; 4.10x19, 22x06; 5.02x11, 27-22; 6.05-10, 23-19; 7.03-06, 24-20; 8.01-05,
28-24; 9.11-14�, 31-28; 10.14x23, 28x19; 11.10-13.
As
negras seguiron con 11.
... 26-21�; e aínda que acabaron gañando tras 12.12-16�, 21-17; 13.16x23, 17x03; [GN], non deberían conseguir
impoñer a súa vantaxe contra unha boa defensa.
Podería
o lector encontrar un camiño moito máis expeditivo que termine definitivamente
coa resistencia das brancas.
SOLUCIÓN
SOLUCIÓN
1. ... 22-18;
2.13x22, 29-25; 3.22x29, 25-21; 4.29x15, 20x02; [GN].
Nº 2
XOGAN NEGRAS E GAÑAN
O 2º xogo da 4ª sesión do encontro Delio
Nunes vs. Camilo Silva comezou cunha «Edimburgo Vertente»: 1.12-16, 22-18; que con 2.10-14, derivou para unha «Partida
Contra-Clásica» que seguiu 2. ... 23-19; 3.14x23, 28x19; 4.11-15,
19x12; 5.08x15, 32-28; 6.05-10, 28-23; 7.07-11, 26-22; 8.10-13... [Moi frouxa] 8. ... 21-17;
9.04-08, 17x10; 10.06x13, 18-14; 11.11x18, 23-20; 12.16x23, 27x11; 13.18x27,
30x23; 14.13-18, 23-20; 15.08-12, 20-16; 16.12-15, 16-12; 17.15-19, 12-08;
18.19-23, formando a posición do diagrama.
As negras non xogaron adecuadamente o final e tras 18. ... 08-04�;
19.23-28, 24-20; 20.28-32, 20-16; 21.03-07, 31-27; 22.07x14, 27-22; 23.18x27,
04x31; 24.01-05, 16-12; 25.05-10, 12-07; 26.10-13, 07-04; 27.13-17, 31-24;
28.09-13, 24-31; 29.02-06, 31x09; 30.17-21, 25x18; 31.06-11, 04x14; 32.32x10, tiveron que conformarse co empate.
Seleccionamos esta posición porque existe un plan
co que as negras poderían impoñer de forma rápida e clara a súa vantaxe.
Podería vostede indicar cal é este plan?
SOLUCIÓN
SOLUCIÓN
1. ... *25-21; 2.18x25,
24-20; 3.09-13, 08-04; 4.01-05, 04-08; [GN].
Nº 3
XOGAN BRANCAS E GAÑAN
Delio Nunes vs. Joao Oliveira desenvolveron o 1º xogo da 6ª sesión da seguinte forma 1.09-13, 23-19;
2.13-18, 21x14; 3.11x18, 22x13; 4.10x17, 28-23; 5.05-10, 25-21; 6.12-15, 19x12;
7.08x15, 21-18; 8.07-11, 23-19; 9.15x22, 26x19; 10.10-14, 19x10; 11.06x22,
27x18; 12.01-05, 32-28; 13.05-10, 28-23; 14.10-14, 18-13; 15.03-06, 24-20;
16.17-21, e nesta altura as negras fixeron a
perdedora 16. .. 31-27�; [Correcta era 16. ... 20-16; con xogo
igualado] coa que se alcanza a posición do diagrama.
Seguiu con 17.04-07�, 20-16; 18.11-15, e as negras salvaron o xogo cunha manobra moi vistosa. Neste caso imos
facer dúas preguntas.
Primeiro: Como se desenvolveu ese golpe que
permitiu ás negras empatar?
Segundo: Que tema típico do final poderían antes
utilizar as brancas para impoñer a súa superioridade?
SOLUCIÓN
1.*11-15 ... [No xogo as brancas optaron por 1.04-07, e tras 1.
... 20-16; 2.11-15, 23-19; 3.15x32, 29-25; 4.31x09, 25x04; EMP.] 1. ... 20x11; 2.06x15, 13-10; 3.*14-18,
29-25; 4.*04-08, 27-22; 5.18x27, 25x18; 6.27-31, 18-13; 7.31x09, 10-05; 8.09-31,
05-01; 9.02-05, 01x12; 10.08x15, [GB].
Nº 4
XOGAN BRANCAS E GAÑAN
A esta posición chegouse tras 1.11-14, 24-20;
2.10-13, 20-16; 3.13-17, 23-19; 4.14x23, 28x19; 5.05-10, 32-28; 6.12-15, 19x12;
7.08x15, 28-23; 8.10-14, 21-18; 9.14x21, 25x18; 10.01-05, 23-19; 11.15-20,
19-15; 12.05-10, 22-19; 13.10-13, 27-22; 14.20-23, 15-12; 15.06-11, 19-14;
16.02-05, 22-19; 17.13x22, 14-10; 18.05x14, 19x10; 19.22-27, 31x22; 20.23-28,
10-05�; no 1º xogo da 5ª sesión no
enfrontamento Joao Oliveira vs. Justino Miguel.
As brancas seguiron precipitadamente con 21.28-32�, e despois de 21. ... 05-02; 22.11-14, 02-24; 23.14-18, 22x13;
24.09x18, 24-06; 25.03x10, 12x03; 26.10-13, acordaron o empate.
No seu lugar dispoñían dunha poderosísima manobra
de ataque que lles permitiría rematar o xogo de forma inapelábel. Pode vostede
indicar cal sería esa continuación gañadora que non viron as brancas.
SOLUCIÓN
SOLUCIÓN
1.*03-06, 12x03; 2.28-32, 03x10; 23.11-14,
10x28; 2.32x01, [GB].
Nº 5
XOGAN NEGRAS E GAÑAN
A posición deste diagrama apareceu no 3º xogo da 3ª
sesión no enfrontamento Fernando Gonçalves vs. Manuel Cunha
sendo rapidamente construída con 1.12-16, 23-19; 2.09-13, 21-18; 3.05-09,
19-15; 4.11x20, 24x15; 5.07-12, 27-23; 6.12x19, 23x05; 7.01x10, 28-23; e 8.04-07�,
un tremendo deslice.
Despois deste lance, as negras puideron gañar de
forma fulminante pero infelizmente deixaron escapar a oportunidade e ata
acabaron perdendo o xogo.
Sería o lector capaz de indicar o extraordinario golpe
que ambos os dous protagonistas pasaron por alto.
SOLUCIÓN
1. ... 23-20; 2.16x23,
22-19; 3.13x22, 32-28; 4.23x32, 30-27; 5.32x14, 27x04; [GN].
Nº 6
XOGAN BRANCAS E GAÑAN
Neste diagrama podemos ver unha interesante
posición da 4ª sesión formada con 1.12-16, 22-18; 2.10-14, 23-20; 3.16x23,
28x10; 4.06x22, 26x19; 5.05-10, 32-28; 6.09-13, 28-23; 7.08-12, 21-18; 8.13x22,
27x18; 9.01-05, 25-21; 10.03-06, 30-26; [Frouxa] 11.12-16, 21-17�;
[Lance perdedor]
no 1º xogo do enfrontamento Fernando Gonçalves vs. Joaquim Silva
«Pardal».
No fragor da loita, as brancas non encontraron o
camiño correcto que conduce á vitoria. Analizando con máis calma, pode o lector
descubrir esa continuación gañadora?
SOLUCIÓN
SOLUCIÓN
1.05-09 ...
Agora se:
a) 1.
... 31-28; 2.16-20, 23x16; [2. ... 24x15; 3.11x27, 18-14; 4.02-05, GB.] 3.11-14, 18x11; 4.07x32, [GB].
b) 1. ... 26-22; 2.16-20,
23x16; 3.11-14, 18x11; 4.07x23, [GB].
c) 1.
... 26-21; 2.11-14, 18x11; 3.06x22, 23-19; 4.07-11, 19-15; 5.11x20, 24x15; 6.04-07,
15-12; 7.22-26, 29x22; 8.16-20, 12x03; 9.20-23, 03x13; 10.09x25, [GB].
d) 1.
... 24-20; 2.11-14, 18x11; 3.06x24, 19-15; 4.07-11, 15x06; 5.02x11, 23-19; 6.04-08,
26-21; 7.11-15, 19x12; 8.08x15, 21-18; 9.15-20, 17-13; 10.10x17, 18-14; 11.20-23,
14-11; 12.23-27, 31x22; 13.24-28, 11-07; 14.28-31, 22-19; 15.31-22, 19-14; 16.22-19,
14-11; 17.19-15, [GB].
Nº 7
XOGAN NEGRAS E GAÑAN
Este diagrama pertence ao 1º xogo do enfrontamento Manuel Cunha vs. Manuel Vaz
Vieira disputado na 7ª sesión. O seu desenvolvemento comezou do seguinte xeito: 1.11-14, 21-18; 2.14x21, 25x18; 3.07-11,
23-20; 4.12-15, 28-23; 5.10-14, 26-21; 6.05-10, 22-19; 7.15x22, 20-15; 8.11x20,
24x15; 9.06-11, 15x06; 10.02x11, 30-26; 11.03-07, 26x19; 12.08-12� ... [Lance perdedor. Correcto sería 12.07-12,
32-28; 13.12-15, 19x12; 14.08x15, 27-22; 15.04-08, 29-25; 16.08-12, 31-27;
17.12-16, 21-17; 18.14x21, 25x18; 19.10-14, 18-13; 20.09x18, 22x13; 21.15-19,
13-10; 22.19-22, 27x18; 23.14x21, 10-06; 24.11-14, 06-03; 25.21-26, 17-13;
26.26-29, EMP. Como no 1º xogo do duelo José Carlos Anjos vs. Fernando Gonçalves
disputado na mesma sesión deste 36º Campionato] 12. ... 32-28; 13.12-16, 28-24; 14.07-12, formando así a posición reflectida.
A
loita continuou con 14.
... 21-17�; 15.14x21, 29-26; 16.21x30, 27-22; 17.30x20, 24x06; 18.04-07, 22-18;
19.07-11, 06-02; 20.09-13, 02x08; 21.13x22, 19-15; 22.22-26, 08-04; 23.26-29,
17-13; 24.29x12, 13x06; 25.12-03, e nesta altura acordaron o empate.
A
superioridade das negras salta a primeira vista, pero o método gañador non
semella tan fácil conforme puidemos comprobar no transcurso real do xogo. Que
pensa o lector? Haberá algunha forma de conseguir a vitoria despois da
continuación táctica empregada polo Dr. Vaz Vieira, ou existirá outro plan
gañador completamente diferente?
SOLUCIÓN
SOLUCIÓN
1. ... 27-22; 2.04-08 ... [Se
2.04-07, 31-28; 3.01-05, 29-25; GN. Ou se 2.01-05, 29-26; 3.04-08,
21-17; 4.14x30, 22-18; 5.30x20, 24x06; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 06-02; 8.15-19,
18-13; 9.09x18, 02x15; 10.10-14, 17-13; 11.14-18, 15-26; 12.16-20, 13-10; 13.20-23,
10-06; GN.] 2. ... 21-17; 3.14x21, 29-26; 4.21x30,
22-18; 5.30x20, 24x06; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 06-02; 8.15-19, 02-15; 9.19-23,
15-12; 10.16-20, 12-16; 11.01-05, 18-14; 12.10x19, 31-28; 13.23x32, 16x01;
[GN].
Nº 8
XOGAN NEGRAS E GAÑAN
Un fascinante final pertencente ao 4º xogo do
enfrontamento Carlos Bastos vs. Justino Miguel acaecido na 6ª sesión. Despois dos seguintes lances constitutivos 1.11-15, 23-20;
2.10-14, 20x11; 3.06x15, 27-23; 4.05-10, 21-18; 5.14x21, 25x18; 6.07-11, 23-20;
7.12-16, 22-19; 8.15x22, 26x19; 9.16x23, 19-15; 10.11x20, 24x15; 11.10-13,
28x19; 12.13x22, 30-27; 13.22-26, 29x22; 14.09-13, 22-18; 15.13x22, 27x18;
16.03-06, 32-28; 17.01-05, 28-24; 18.06-10, 15-11; 19.05-09, 18-14; 20.09-13,
14x05; 21.02x09, 11-06; 22.13-18, 06-03; 23.18-21, 03-17; 24.21-25, 17-03;
25.09-13, 03x17; 26.25-29, 19-14; 27.29-19, 17-10; 28.19-15, formouse a posición que se pode ver no diagrama.
Neste punto aínda mesmo perdendo o control do
«río», as negras gañarían comodamente se conseguen promocionar o peón da casa
«14». O xogo seguiu con 28. ... 10-05�; 29.04-07, 14-10; 30.08-12 e acordaron o empate, pois se 30. ... 05-09; 31.15-19, 10-06; 32.12-16,
09-18; 33.19-08, 18x04; 34.16-20, 24x15; 35.08x19, [EMP].
A solución non é fácil. A partir da posición do
diagrama, cantos lances pensa o lector que precisan as negras para promocionar
o mencionado peón contra a mellor defensa das brancas?
SOLUCIÓN
SOLUCIÓN
1. ...*10-03; [O xogo seguiu con 1. ...10-05�; 2.04-07, 14-10; 3.08-12,
e acordaron o empate, pois se 3. ... 05-09; 4.15-19, 10-06; 5.12-16, 09-18;
6.19-08, 18x04; 7.16-20, 24x15; 8.08x19, EMP.] 2.15-19, 14-11; 3.19-05 ... [A defensa 3.19-15, sería refutada con 3. ... 03-12; 4.15x06, 12-15;
5.06x20, 24x15; 6.04-07, 31-28; 7.07-12, 15-11; 8.12-15, 28-23; 9.08-12, 11-06;
10.12-16, 06-02; 11.16-20, 23x16; 12.15-19, 02-09; 13.19-23, 09-31; GN.] 3. ... *03-16; [Se 3. ... 24-20�; 4.*05-23, 20-15; 5.*23-16, 03-10; (Ou se 5. ...
31-28; 6.*08-12, 15x08; 7.*16-20, 03-06; 8.*20-16, 28-24; 9.16-07, EMP.) 6.*16-20, 10-03; 7.20-16, EMP.] 4.05-10, 16-20; [A única forma de progresar] 5.10-03, 20-15; 6.03-12, 15-29; 7.12-03,
29-26; [Ameazando con ocupar
a casa «17» para apoiar o avance do peón] 8.03-17 ... [Se 8.03-12,
26-30; 9.12-03, 30-17; 10.03-16, 11-06; o peón vai a dama e GN.] 8. ... 26-19; 9.17-03, 19-29; 10.03-10 ...
[Se 10.03-17, 24-20; 11.17-10
... (Agora se 11.17-30, segue 11. ... 20-16; e o ataque 12.30-20, pode ser
contrarrestado con 12. ... 29-15; gañando facilmente) 11. ... 29-26; 12.10-23, 11-06; 13.23x16, 26-30;
14.16-07, 30-23; 15.07-03, 06-02; GN.] 10. ... 31-27; 11.10-13, 27-23; 12.13-03, 29-26; 13.03-12, 26-17;
14.12-22, 23-20; 15.08-12, 17-03; 16.12-15, 11-06; 17.15-19, 06-02; 18.22-09,
03-16; 19.19-23 ... [Ou
se 19.04-07, 16x03; 20.19-23, 03-10; 21.23-27, 20-15; 22.27-31, 15-12;
23.09-22, 12-07; 24.22-08, 07-04; GN.] 19. ... 20-15; 20.04-07, 16x30; 21.09-22, 02-05; 22.22x08, 30-16;
23.07-11, 16-07; 24.11-15, 07-12; [GN].
Ningún comentario:
Publicar un comentario