mércores, 19 de decembro de 2018

5 Inéditos de Manuel Melo



No 14 de maio do 2017, baixo a batuta de Eduardo Valente, iniciamos neste blog o seriado de «Problemas Inmortais» dedicados aos máis relevantes compositores da modalidade. Nese primeiro artigo foi homenaxeado o mestre Manuel Melo, campión de Portugal tanto de Producións como de Solucións, e para min o máis admirado analista no campo dos finais prácticos. Hai pouco recibímos con enorme satisfacción un «e-mail» de Eduardo Valente no que se adxuntaba unha folla de problemas ao estilo da revista «Enciclopédia Damista». Eran 5 inéditos do mestre Melo compostos especialmente para publicar neste blog. Un maravilloso agasallo que reservamos para compartir cos nosos lectores agora nestas datas tan sinaladas.



[As solucións aparecerán no próximo artigo que publicaremos o 7-1-2019]

Ningún comentario: