Chega o Nadal e como
orientador deste blog quero felicitarlle as festas aos amigos damistas e tamén desexarlles a todos un
próspero e ventureiro ano 2020.
Como nestes días case
sempre se dispón de máis tempo libre, preparamos unha serie de problemas para
que os nosos lectores tenten resolver. Un excelente exercicio para pulir a técnica, adestrar a rapidez de cálculo e aumentar os nosos coñecementos. Nunha
confrontación de damas, o que perde, sempre é o que máis aprende. Unha vez
terminado o xogo pode estudar onde cometeu os erros para non caer máis neles ou
noutros semellantes. Todas as posicións que aquí presentamos apareceron ou
están baseadas en xogos reais, así que o seu interese está asegurado. As
solucións serán publicadas o último día do ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario