Xogan
brancas e empatan
A situación
representada no diagrama pode facilmente aparecer nun xogo pero seguramente moi
poucos damistas poderían conseguir o empate coas brancas. Nos «Finais
Prácticos Básicos» editados pola «Enciclopédia
Damista» nada trae ao respecto e só foi ao revisar
unha posición procedente dun estudo do Dr. OAL republicado por Luís Xavier no
semanario «Cidade de Tomar» [Nº
3660 do 29/7/2005] o que nos fixo reparar na dificultade
que ten este final.
No apartado
seguinte podemos ver ese estudo e a solución do autor, que por certo é un dos
mellores compositores de todos os tempos.
Dr. Orlando Augusto Lopes
Publicación orixinal: «Gazeta do Sul» 1/12/1958
Xogan brancas e gañan
[Demolido]
Solución
do autor: 1.03-10, 24-31; [Se 1. ... 20-15; 2.12x19,
24-28; 3.10-14, 28-32; 4.07-11, 32-28; 5.11-15, 28-24; 6.14-11, 24-31; 7.19-23,
GB.] 2.10-06, 31-18; [Se 2. ... 31-24;
3.06-02, 24-31; 4.02x24, GB.] 3.06x24,
18x04; 4.24-06, 16x07; 5.06-03, [GB]. Prisión.
A simple vista
semella todo correcto, pero na variante con 2. ... 31-24; ao tentar comprobar
como gañan as brancas, puidemos verificar que a misión resulta imposíbel
conforme demostraremos ao explicar o final que aparece na cabeceira.
A exposición
didáctica seguindo o habitual sistema de hipóteses, tórnase bastante confusa,
así que decidimos aplicar un método diferente que, pensamos, permite ao
defensor empatar comodamente sen ter que gastar demasiado tempo na procura dos
lances.
As negras para
poder progresar deben manobrar con idea de ocupar a diagonal de corte [«9&31»].
Mentres tanto o
defensor [Xeralmente situado
na diagonal de corte] debe proceder seguindo estas catro
normas de ouro:
PRIMEIRA
REGRA:
Se a dama negra ocupa
algún dos catro cadros inferiores da diagonal «8&29» [«8», «12», «15» ou «19»] preparando o avance 21-18 [Que precisa desta prevía
protección ante un posíbel ataque ao peón «26»], as brancas para poder empatar teñen sempre que impedir
ese avance colocándose nunha casa dispoñíbel da diagonal de corte [«9», «13», «27» ou «31»].
Excepcionalmente:
Se
a dama negra estivese en «15» tamén valerían os ataques desde «2» ou «24» xa que tras 15-22, aínda poderían
defender con 02-09 ou 24-31.
Se
a dama negra non tivese impedimento [Por estar desocupada a
diagonal de corte] e fose instalarse en «22», as brancas
só poderían empatar se tivesen a posibilidade de ocupar as casas «2», «5», «24»
ou «28», como se verá no momento oportuno. [Nese
caso estarían preparadas para impedir o avance 21-18, co ataque desde «9» ou
«31»].
SEGUNDA
REGRA:
Se a dama negra
está na casa «4» [Como na posición inicial do noso final] para poder empatar é obrigado impedir o avance 21-18 desde as dúas casas
superiores da diagonal de corte [«31» ou «27»].
TERCEIRA REGRA:
Se a dama negra vai a «28» con idea de entrar na diagonal de corte por
«31», as brancas teñen que defender colocando a súa dama nos cadros «2», «6»,
«20» ou «24» [Para en caso de 28-31 poder colocarse na casa «11» (A única válida como
comprobaremos na táboa defensiva que amosaremos no apartado referido ao
desenvolvemento) ou se as negras avanzan 21-18 poder atacar o peón «26»].
CUARTA
REGRA:
Se a dama negra vai
a «24» con idea de entrar na diagonal de corte por «31», as brancas teñen que
defender colocando a súa dama nos cadros «2», «5», «10» ou «23» [Para en caso de 24-31 poder colocarse nas casas «11» ou «14» (Únicas válidas como comprobaremos na táboa defensiva que amosaremos no apartado
referido ao desenvolvemento) ou se as negras avanzan
21-18 poder atacar o peón retrasado de «26» (No
caso da dama branca en «2» atacando primeiro con 02-09 e tras o avance negro a
«14» seguir con 09-05 e 05-19)].
Pero se tivesen a posibilidade, sería mellor facelo en «31», entorpecendo aínda
máis os intentos negros de progresar.
DESENVOLVEMENTO:
1.*31-27 ...
Impedindo o
decisivo avance de peón á casa «18» seguindo a «Segunda Regra». Nótese que o lance é único, pois se:
a) 1.31-13� ... [Se 1.31-09�,
as brancas perden por similar proceso] 1. ... *21-18; 2.13x29, 04-08; 3.17-21, 25x18; 4.29-25, 08-04;
[GN].
b) 1.31-28� ... [Se 1.31-24�,
as brancas perden por similar proceso] 1. ... *21-18; [As negras dispoñen de vía libre para avanzar o peón] 2.28-23 ... [Coa dama negra
preparada para poder entrar na diagonal «8&29» o ataque 2.28-19, sería refutado con 2. ...
18-13; 3.19x29, 04-08; 4.17-21, 25x18; 5.29-25, 08-04; GN.] 2. ... 18-13; 3.23-28, 26-22!; [O
modo máis sinxelo] 4.28-05, 04-08; 5.05-28, 22-18; e
agora se:
u
6.28-32, 08-29; [A posición é a
mesma que no «Final Práctico 563» do «Tratado Enciclopédico»] 7.17-21, 13-09; 8.32-10, 29-22; 9.10-17 ... [Se as brancas quedan no río segue 9. ... 18-13; e cae o
peón «21»] 9. ... 09-05; [GN].
u
6.28-31, 08-22; 7.31-28, 22-26; 8.28-05 ... [Ou 8.28-31, 25-21; 9.31-24, 13-09; 10.24-02, 18-14;
11.02-24, 09-05; GN.] 8. ... 26-29; 9.17-21, 13-09;
10.05-10 ... [Entronca na mesma
posición da opción anterior tras 8.32-10].
1. ... 04-14;
Iniciando a manobra
para expulsar a dama branca da diagonal de corte.
2.27-31 ...
Impedindo
momentaneamente que a dama negra se instale na casa «28» e a posterior entrada
por «31».
2. ... 14-05;
Lance de espera
para descolocar a dama inimiga.
3.31-09, 05-28;
Obriga á dama
branca a abandonar a diagonal de corte.
Outros movementos
negros para unha casa do río serían respondidos con 4.09-31, retrasando o
proceso.
E se 3. ... 05-02;
pode seguir 4.09-13 ... [Ou
4.09-27, coa mesma idea. Pero non 4.09-31�, por 4. ... *02-24; 5.31-13 ... (As brancas non dispoñen de ningún dos cadros de defensa indicados na
«Cuarta Regra». Contra 5. ... 31-27 ou contra 5. ... 31-09; o
proceso é similar) 5. ... 24-31;
6.13-10, 21-18; 7.10-01, 18-13; 8.01-05, 31-18; 9.05-01, 18-04; 10.01-23,
26-22; 11.23-05, 04-08; 12.05-28, 22-18; e entronca nunha posición que xa vimos
na variante con 1.31-28, e desvío con 6.28-31, xusto despois de que as negras
xogan 6. ... 08-22] 4. ... 02-09; e defensa branca
segundo se explicará na última nota.
4.*09-02 ...
Seguindo a defensa indicada na «Terceira Regra». Non valía 4.09-31�, por 4.
... 28-24; [Con posición igual que na nota anterior despois de 3.
... 05-02; na opción perdedora con 4.09-31�, *02-24; que GN.]
4. ... 28-31;
Se 4. ... 28-24;
5.*02-05 ... [Única casa
dispoñíbel das indicadas na «Cuarta Regra». Entronca na mesma posición que a
que se forma despois do sexto lance da liña tronco].
Evidentemente, se as negras fosen a outra casa do río o mellor sería volver á
diagonal de corte con 5.02-09.
5.*02-11 ...
Obrigada para
impedir o letal avance 5. ... 21-18.
Se 5.02-15�, 31-27;
6.15x29, 27-23; 7.17x26, 23-30; [GN]. Encerro.
5. ... 31-24;
Se moven a un cadro da diagonal «9&31» a defensa será segundo
se explicará na última nota. Ou se 5. ... 31-28;
6.11-02, repetindo posición [Aínda
que tamén valería mover ás casas «6», «20» ou «24», conforme se indica na
«Terceira Regra»].
6.*11-02 ...
Obrigada. Esta a
única casa dispoñíbel das cinco indicadas na «Cuarta Regra».
Non 6.11-14�, por
6. ... *24-15; [Preparando o
inevitábel avance 21-18, agora posíbel ao evitar co seu lance posteriores
ataques ao peón de «26»] 7.14-05 ... [As brancas non dispoñen da posibilidade de ir a
un dos cadros salvadores indicados na «Primeira Regra»] 7
. ... 21-18; 8.05-10, 18-13; 9.10-01, 26-22; 10.01-28, 22-18; 11.28-24, 15-19;
12.24-31, 19-22; e entronca nunha posición que xa vimos na variante con
1.31-28, e desvío con 6.28-31, xusto despois de que as negras xogan 6. ...
08-22.
6. ... 24-28;
Se moven a «31»
repítese posición con 7.*02-11. Ou se 6. ... 21-18; 7.02-09, 18-14; 8.09-05,
14-11; 9.05-19, cae o peón de «26» e [EMP].
7.02-06 ...
Coa mesma idea
tamén valerían 7.02-20, ou 7.02-24, sempre seguindo a «Terceira Regra».
7. ... 28-31; 8.*06-11, [EMP].
Repite a posición.
Agora igual que despois do quinto lance.
A partir desta
altura as negras poden tentar o engano movendo lance tras lance a calquera das
casas da diagonal «9&31» e as brancas deben defender de modo que impidan o avance 21-18, xa sexa
de forma directa ou de forma diferida, sempre segundo se explica na seguinte
táboa movendo para un cadro con cruz e contando os lances para reclamar o
empate ao chegar ao número 20. [Se
as negras abandonasen a diagonal de corte, esta debería ser ocupada polas
brancas tan pronto como fose posíbel, aínda que prioritariamente sería sempre
preciso seguir as catro normas de ouro expostas ao principio].
Nos dous últimos casos, con dama negra en «13» ou «9», o avance 21-18 permite o ataque branco ao
peón retrasado de «26» con empate claro.
No terceiro caso, con dama negra en «22», ese avance 21-18 tórnase máis perigoso. A defensa
obrigada sería indo á casa «9» ou á «31», segundo a dispoñibilidade. Vexamos os
posíbeis desenvolvementos:
DEFENSA CON DAMA BRANCA NA CASA «9»
1.
... 25-21; 2.09-05, 22-08; [Se 2. ... 18-13;
3.*05-14, 22-18; 4.14-19,
18-22; 5.19-14, EMP. Se 2. ... 22-12; 3.05-09, 18-14; 4.09-18, 14-10;
5.18x25, EMP. Ou se 2. ... 22-15; 3.05-09, 18-14; 4.09-05, 15-19;
5.05-01, 21-18; 6.01-05, 18-13; 7.05-09, 13-10; 8.09-22, 19-23; 9.22x29, 14-11;
10.17-21, EMP.] 3.05-10 ... [Non
3.05-09�, por 3. ... *26-22; 4.17x26, 22-19; 5.09x15, 08x29; GN.] 3. ... 18-13; [Ou 3. ... 08-15; 4.10-05, 18-13;
5.05-14, 13-09; 6.14x25, 09-05; 7.25-29, EMP.]
4.10-23 ... [Non 4.10-14�, por 4. ... 13-09; 5.14x25,
08-04; GN.] 4. ... 21-18; [Agora
se 4. ... 13-09; 5.23-14, EMP.] 5.23-16!, 13-09; [Se 5. ... 18-14; 6.*16-07, 14-10; 7.*07-14, 10-06; 8.*14-21, 26-22; 9.*21-18, 13-10; 10.18x27, 10-05;
11.17-21, EMP. Ou se 5. ... 13-10; 6.16-07, 18-13; segue 7.07-14, con idéntico desenlace] 6.16-07, 18-13; 7.*17-21,
26x17; 8.07-14, 08-04; 9.14-01, [EMP].
DEFENSA CON DAMA BRANCA NA CASA «31»
1.
...25-21; 2.31-28, con empate similar. Agora se:
b) 2. ... 18-13; 3.28-14 ... [Entronca na liña
correspondente da anterior opción con Dama en «9»].
c) 2. ... 22-12; 3.28-31, 18-14; 4.31-18 ... [Entronca na liña
correspondente da anterior opción con Dama en «9»].
d) 2. ... 22-08; 3.28-10 ... [Como no tronco da
anterior opción con Dama en «9»].
Para facer máis
sinxelo o estudo da táboa, o mellor é lembrar só as cruces dos cadros
coincidentes.
Se a dama negra vai
a «31» ou «27» [As dúas casas
superiores da diagonal] as brancas deben defender
colocándose en «11» ou «14».
Se a dama negra vai
a «22», «18», «13» ou «9» [As catro casas inferiores da diagonal] as brancas deben defender colocándose en «24» ou «28».
Ningún comentario:
Publicar un comentario