O final ao que hoxe
facemos referencia, a pesar de que ten bastantes posibilidades de aparecer na
práctica, non chamou a atención dos antigos tratadistas españois. O primeiro
traballo do que temos constancia parece ser que pertence ao Dr. Carlos Rodríguez
Lafora que no ano 1945 enviou unhas análises ao seu colega portugués Francisco Henriques,
aínda que infelizmente delas nada se sabe pois nunca foron publicadas. Precisamente
nese mesmo ano sae á luz na fugaz revista portuense «Estratégia Damista»
o que podemos considerar realmente como o traballo pioneiro. Trátase dun final
práctico presentado polo Cap. Evaristo Antonio Borges, quen xa naquel tempo era recoñecido
como un eximio técnico na materia.
Na histórica foto da cabeceira pódese ver
este final na parte superior esquerda da folla da dereita. Aquí ofrecémolo de
novo representado no seu propio diagrama co destaque que merece.
Deseguido, anticipando que contén algunhas imprecisións que retardan o desenlace e omite varias hipóteses, transcribimos a solución tal como
foi amosada polo seu autor. No próximo artigo faremos un estudo completo no que o lector poderá comprobar o modo máis sinxelo de resolver este final e outros similares, incluíndo os casos máis complicados nos que as negras dominan a paralela «8&29»
SOLUCIÓN DO AUTOR
Conquistar
o circuíto medio no que exerce a súa acción a dama negra, obrigándoa a refuxiarse
no circuíto maior; manter o dominio do río; non consentir o desprazamento do
peón «16»; deixar libre o do peón «25», porque os lances que entretanto este
faga simplifican a solución.
1.04-18, 24-31;
2.18-09, 31-24; 3.09-31, 24-02; 4.08-22, 02-24; 5.10-01, 24-11; 6.31-24, 11-04;
7.24-15, 04-21;
8.01-19 ...
«Posición-base».
8. ... 21-30; 9.19-10, 30-17;
Ou
9. ... 30-21;
10.10-23, e agora se:
a) 10. ... 21-17; 11.15-11, 17-21; [Ou 11. ... 17-03; 12.11-04, 03-17; que desemboca na mesma posición] 12.11-04, 21-17; 13.22-08, [GB].
b) 10. ... 21-04; 11.15-06, 04-07; 12.06-17, 07-03 ...
13,22-12, 16x07;
14.23-10, [GB].
c) 10. ... 21-07; 11.15-06, 07-04; [Se 11. ... 07-03; 12.06-17, GB.] 12.06-17, 04-08; 13.23-19 ...
13. ... 16-12; 14.17-30, 08-04; 15.19x08, 25-21; 16.30x17, 04-14; 17.17-21, 14x25;
18.08-04, [GB].
10.10-23, 17-21; 11.15-06, 21-17; 12.06-03, 17-21;
13.03-17, 21-30;
14.17-03, [GB].
Ningún comentario:
Publicar un comentario