venres, 30 de abril de 2021

Vitoria de Justino no XIX Campionato de Portugal de Rápidas


O pasado 10 de outubro do ano 2020 celebrouse na Torre da Oliva de São João da Madeira a XIX edición do Campionato de Portugal de Rápidas, un evento reservado para os 20 damistas mellor clasificados no cómputo xeral da temporada.

Disputáronse 5 sesións por sistema suízo con partidas de 4 xogos en apertura libre e un tempo de reflexión de 30 minutos.

O título foi parar ás mans do mestre Justino Miguel que despois de 13 anos volve subir ao máis alto do podio. O lisboeta Nuno Vieira, gañador da proba en 4 ocasións, tivo que conformarse coa segunda praza tras ser batido polo campión na 4ª sesión. Coa mesma puntuación que Nuno terminaron Luís Prazeres, que foi terceiro, e José Carlos Anjos, cuarto. O Sistema de desempate Bucholz determinou a posición final destes tres xogadores apartando a José Carlos, campión da pasada edición, das prazas de honra.






Deseguido comentamos tres xogos disputados neste campionato:



1.10-14, 22-18;
 
A «Apertura Clásica» así denominada por ser unha das favoritas dos tratadistas clásicos españois. Na moderna nomenclatura do Dr. OAL é designada como a «Diagonal Vertente».
 
2.05-10, 23-20; 3.01-05 ...


As brancas seguen os canons da «Formación Pioneira» desenvolvendo as pezas do río sen tocar as do outro flanco.
 
3. ... 20-16; 4.14-19, 21-17; 5.10-14, 25-21;


A continuación estándar, evitando a troca con idea de que o branco sobresature o centro para despois tratar de inmobilizalo. Con todo, tamén resultaría bastante interesante a hipótese 5. ...27-23; unha continuación que xa estudamos no artigo do 27/3/2019, denominada como «Fuga de McKenrow».
 
6.12-15 ...
 
Movemento habitual, aínda que tamén se podía optar por 6.05-10 ... [A «Fuga Nº 8», caracterizada polo atraso do movemento 12-15] tratada neste blog no artigo do 11 de marzo do 2014.
 
6. ... 27-22;
 
Así queda configurada a que se coñece como «Partida Española».
 
7.05-10, 30-27;


Formando a famosa «Encrucillada» na que as brancas poden escoller varias rutas, pero en todas as negras sempre conseguen algunha vantaxe.
 
8.19-23 ...
 
O «Gambito de García Canalejas», a continuación que Nuno emprega con máis frecuencia.
 
8. ... 28x12; 9.08x15, *32-28; 10.*14-19, 27-23!;


O ataque recomendado, única que permite ás negras conservar a superioridade.
 
11.10-14 ...


Un movemento que se pode alternar con 11.02-05 ... [Para o estudo desta liña o lector pode consultar os comentarios dun xogo que iniciado coa «Diagonal Marxinal» disputaron Nuno Vieira vs. Amadeu Neves no 18º Campionato de Portugal celebrado en Lisboa no ano 2019 e publicado neste blog con data 23/4/2020]. Calquera outra continuación conduce a unha derrota irremisíbel.
 
11. ... 23-20�;


Sá esquece a continuación correcta e no seu lugar realiza unha perdedora. O mellor sería seguir con 11. ... 29-25; como o lector pode ver no estudo que publicamos neste blog o 24/2/2018.
 
12.06-10, 31-27;


Agora 12. … 29-25
; sería replicada con 13.04-08, 31-27; 14.02-05* ... [O «TED» recomenda erroneamente 14.03-06�, 18-13; 15.09x18, 22x13; 16.08-12, alcanzando unha posición na que segundo Mario Diniz Vaz as brancas poden gañar, pero realmente son as negras as que terían a vantaxe. Podería seguir 16. ... 27-23; 17.19-22, 26x19; 18.15x22, 21-18; 19.14x21, 25x18; 20.10-14* ... (Malo sería o avance a dama co peón da casa «22» por 20. ... 23-19; e debido á ameaza 20-15; GN.) 20. ... 20-15; 21.11x27, 18x04; 22.12-15, 13-09; 23.27-31, 04-25; 24.06-11, 25x04; 25.15-20, 24x15; 26.31x06, EMP.] 14. ... 18-13; [Se 14. ... 27-23; 15.03-06, GB.] 15.09x18, 22x06; 16.03x10, 27-23; 17.05-09, 21-18; 18.14x30, 23x05; 19.07-12, 16x07; 20.30x03, 05-02; 21.03-16, [GB]. 
 
13.02-06, 29-25; 14.10-13, 17x10; 15.06x13 ...


Aquí as negras xa podían abandonar. Deben entregar material para evitar o bloqueo.

15. ... 21-17; 16.14x30, 17x10; 17.30x32, [GB].


1.10-14, 22-19;


A apertura «Diagonal Cruzada» teoricamente considerada como de prognóstico lixeiramente favorábel para as brancas. Aparece publicada por primeira vez no libro do autor clásico español Lorenzo Valls no ano 1597.
 
2.05-10 ...
 
As brancas seguen a mellor estratexia, evitando a troca de pezas para tratar de restrinxir a mobilidade negra no seu flanco de río.
 
2. ... 27-22;


A réplica tradicional que adoita alternarse con 2. ... 26-22; coñecida como «variante moderna» ou «variante inglesa».
 
3.11-15 ...


Manobra de pinzas sobre o peón central. De novo as brancas continúan da mellor forma posíbel aproveitando que debido ao burato da «casa vértice» sería frouxo liberar o xogo con 3. ... 23-20; como se fai na «variante moderna», porque se perde un peón e para poder recuperalo é necesario deteriorar a base.
 
3. ... 31-27;


Tapa o burato, pero crea unha nova debilidade ao formar un «cóbado» cos peóns de «19», «22» e «27». Esta continuación foi bastante popular hai algúns anos, pero realmente resulta moi perigosa se é atacada coa liña que veremos neste xogo. O mellor é seguir con 3. ... 21-18; e despois de 4.14x21, controlar a importante casa «14» retomando con 4. ... 25x18; para traspoñer nunha posición que tamén se pode formar desde unha «Diagonal Transversal» [1.10-14, 21-18; 2.14x21, 25x18; 3.05-10, 23-19; 4.11-15, 27-23].
 
4.07-11 ...


O célebre «Ataque de Hay», fortísima continuación que trastorna enormemente o xogo negro. Foi introducida polo tratadista británico William Hay nunha pequena guía titulada «The Game of Draughts» publicada no ano 1838.
 
Menos efectiva resulta a alternativa 4.06-11 ... [O ataque clásico presentado por Juan García Canalejas no seu libro do ano 1650] que aínda que reduce máis o campo de acción das negras [Obrigadas a seguir con 4. ... *21-18] pode ser neutralizada sen pasar por tantos atrancos.
 
4. ... 23-20;


Unha defensa que contrariamente ao que se indica no «TED» [Abreviatura habitualmente empregada nas publicacións especializadas para denominar o famoso «Tratado Enciclopédico» editado pola revista «Enciclopédia Damista»] non é perdedora. Con todo, presenta escasas posibilidades para poder sorprender e empata de forma moi apertada. 

Preferíbel sería 4. ... 21-18; unha alternativa que estudaremos no próximo artigo.
 
5.14x23, 28x19; 6.12-16 ...


Continuación que permite ás brancas conservar a vantaxe sen correr demasiados riscos. Outras opcións que poderían escoller serían:
 
a) 6.09-13 ... [Segura tamén, pero menos incisiva] 6. ... 27-23; [Ou se 6. ... 20-16; 7.01-05, 16x07; 8.03x12, 27-23; 9.05-09, 32-28; 10.13-17, 22-18; 11.15x22, 26x19; 12.17x26, 29x22; 13.12-16, 25-21; 14.11-15, 19x12; 15.08x15, 23-19; 16.09-13, 19x12; 17.06-11, 18x09; 18.02-05, 09x02; 19.11-15, 02x20; 20.16x32, 24-20; 21.32-14, 22-18; 22.14-23, 18-13; 23.23x25, 13x06; EMP.] 7.13-17, 21-18; 8.12-16, 19x12; 9.08x15, 18-13; 10.01-05, 13-09; 11.04-07, 25-21; 12.07-12, 32-28; 13.10-13, 22-19; 14.15x22, 26x19; 15.17x26, 29x22; 16.13-18, 22x13; 17.11-15, 20x11; 18.06x22, 24-20; [Non 18. ... 23-19�; como nun xogo Derek Oldbury vs. Elbert Lowder do match que disputaron en Dublín no ano 1979, porque na nosa modalidade seguiría o golpe 19.02-06, 09x02; 20.12-15, 02x20; 21.16x32, 19-15; 22.22-27, 30x23; 23.32x12, 13-09; 24.12-19, 24-20; 25.19-01, 20-15; 26.03-07, GB.] 19.22-27, 20-15; 20.12x19, 23x14; 21.27-31, 13-10; 22.31x24, 10x01; 23.24-06, 14-10; 24.06x13, 01-23; [EMP].
 
b) 6.04-07 ... [A máis forte. As brancas solidifican a súa estrutura no flanco aproveitando que non vale o contraataque 6. ... 19-14�; 7.10x19, 21-18; pois sería refutado con 8.09-13!, 18x09; 9.12-16, 27-23; 10.19x28, 32x23; 11.15-19, 22x15; 12.07-12, con vantaxe decisiva]. Para salvar o xogo as negras dispoñen de dúas defensas: 
 
u 6. ... 27-23; [Mantendo a presión sobre o «cóbado« formado polos peóns brancos das casas «7», «11» e «15»] 7.12-16, 19x12; 8.08x15 ...
Con estas ramificacións:
 
── 8. ... 22-19�; [Perde] 9.15x22, 26x19; 10.07-12, 30-26; 11.10-14, 19x10; 12.06x13, 26-22; 13.01-05, 22-19; [Ou se 13. ... 29-26; 14.*13-17, 22-19; 15.05-10, 21-18; 16.02-06, 18-14; 17.11x18, 20-15; 18.18-22, 15x08; 19.22x29, 19-15; 20.29x12, 08-04; 21.12-08, 04-18; 22.10-13, 18-14; 23.13-18, 14x21; 24.17x26, GB.] 14.05-10, 29-26; 15.03-06, 26-22; 16.13-17, 21-18; 17.17-21, 32-28; 18.02-05, [GB]. Análise de Fred Allen.
 
── 8. ... 21-18�; [Perde] 9.10-14 ... [Aínda que no «TED» di que non, tamén valería 9.15-19. Despois da troca 9. ... 23x05; 10.16x23, podería seguir 10. ... 22-19; 11.01x10, 26-22; 12.10-14, 19x10; 13.06x13, 24-20; 14.07-12, 20-16; 15.02-06, 16x07; 16.03x12, 25-21; 17.12-16, 29-25; 18.06-10, 21-17; 19.11-15, GB.] 9. ... 32-28; [Se 9. ... 25-21; 10.14-19, 23x14; 11.16x23, con vantaxe decisiva segundo o Dr. Sena Carneiro. Podería seguir 11. ... 22-19; 12.15x22, 26x19; 13.09-13, 18x09; 14.11x25, 24-20; 15.06-11, 19-15; 16.03-06, GB.] 10.14x21, 25x18; como nunha análise de Allen que pode seguir 11.*07-12 ... [Non 11.06-10�, como fai o citado damista británico porque na nosa modalidade as negras poden replicar con 11. ... 18-14; 12.11x27, 20x04; 13.02-06, 04-18; 14.27-31, 26-22; 15.06-11, 18x04; 16.31x13, 04-21; 17.13-22, 30-26; 18.22-31, 21-11; 19.09-13, 11-04; 20.03-07, 04x09; 21.10-13, 09x18; 22.31x09, 26-22; 23.09x20, 24x15; 24.16-20, 28-24; 25.20-23, EMP.] 11. ... 26-21; 12.06-10, 29-25; 13.02-05, 30-27; 14.10-14, 21-17; 15.14x21, 25x18; 16.05-10, 18-13; 17.09x18, 22x06; 18.03x10, 27-22; 19.10-14, 17-13; 20.14-18, 13-10; 21.18x27, 10-06; 22.27-30, 06-02; [Ata aquí a análise pertence ao Dr. Sena Carneiro] 23.30-17, 02-09; 24.17-03, 09-02; [Se 24. ... 09-18; 25.01-05, 18x04; 26.15-19, 23x14; 27.16x32, 14-11; 28.12-15, 04-08; 29.03-06 ... (Aquí Francisco Henriques remata con 29.03-07, pero a textual é máis rápida) 29. ... 08x01; 30.06x15, GB. Ou se 24. ... 09-22; 25.01-05, 22-09; (En caso de 25. ... 22-18; segue 26.11-14, 18x07; 27.15-19, 23x14; 28.16x32, 07x16; 29.32x10, GB. Ou se 25. ... 22-31; 26.03-07, 31-09; 27.05-10, 09-22; 28.10-13, 22x09; 29.15-19, 23x14; 30.16x32, 24-20; 31.32x01, GB.) 26.05-10, 09-22; 27.03-07, 22-09; 28.10-14, 09-13; 29.15-19, 13-10; 30.12-15, 10-05; 31.07-12, 05-09; 32.12-03, 09-05; 33.14-18, 23x07; 34.16x32, 07-04; 35.32x01, 04x25; 36.03-16, 25-29; 37.01-19, GB.] 25.03-06, 02-09; 26.06-02, 09-18; [Se 26. ... 09-27; 27.15-19, 23x07; 28.16x30, GB. Ou se 26. ... 09-13; (Contra 26. ... 09-22; remataríase do mesmo xeito) 27.11-14, 20x11; 28.02x09, GB. Ambas análises de Francisco Henriques] 27.01-05 ... [Francisco Henriques segue con 27.11-14, pero a textual abrevia dous lances] 27. ... 18x07; 28.15-19, 23x14; 29.16x32, 07x16; 30.32x10, [GB].
 
── 8. ... *21-17; 9.15-19 ... [Aquí tamén é moi interesante 9.02-05, 26-21; (A mellor defensa. Se 9. ... 25-21�; perde con 10.10-14, 23-19; 11.14x23, 21-18; 12.05-10, 18-14; 13.11x27, 20x02; 14.27-31, 24-20; 15.31-13, 26-21; 16.01-05, 29-25; 17.07-12, 02-11; 18.12-15, 11-14; 19.10x19, 17x01; 20.15x24, 30-26; 21.09-13, 21-17; 22.13-18, 26-21; 23.18-22, 21-18; 24.22-27, 18-14; 25.27-31, 14-10; 26.31-09, 17-13; 27.09x27, 01-05; 28.27-09, 05-02; 29.23-27, 02-15; 30.27-30, 15x29; 31.16-20, 29-08; 32.20-23, GB. A única alternativa posíbel sería 9. ... 23-19; 10.16x23, 19x12; 11.07x16, *24-20; 12.10-14, *26-21; 13.23-27!, 30x23; 14.14-19, 23x07; 15.03x12, 20-15; 16.12x26, 29x22; 17.06-10, *32-28; 18.16-20, 28-24; 19.20-23, 22-19; 20.23-27, 19-15; 21.27-30, 21-18; 22.30-27, 15-12; 23.27x13, 12-08; 24.13-27, 08-04; 25.09-13, 04-21; 26.27-16, 21-11; 27.05-09, 11-02; 28.13-18, 02-06; 29.09-13, 06-02; 30.16-23, 02-09; 31.23-30, 24-20; 32.30x16, 09-05; 33.10-14, 05x19; 34.16-03, 17x10; 35.03x17, 19-12; EMP.) 10.10-13, 17x10; 11.05x14, 21-18; 12.14x21, 25x18; 13.06-10, 29-25; 14.07-12 ... (Se 14.01-05, *25-21; 15.07-12, 23-19; 16.16x23, 21-17; e só se produce unha pequena transposición interna)
14.... *23-19!!; (Non 14. ... 25-21�; por 15.10-14, 30-27; 16.03-07, 32-28; 17.14-19, 23x14; 18.16x32, GB.) 15.16x23, 25-21; 16.01-05, 21-17; 17.03-06, 30-26; 18.23-27, 24-20; 19.15x24, 19-14; 20.10x19, 22x08; 21.27-30, 18-13; 22.09x18, 08-04; 23.30x21, 04x01; 24.21-30, 32-28; 25.24x31, 17-13; 26.18-21, 13-09; 27.21-26, 09-05; 28.06-10, 05-02; EMP. Ou se 9.07-12 ... (Como recomenda Allen) 9. ... 25-21; 10.02-05, 21-18; 11.10-14, *26-21; 12.05-10, 29-25; 13.01-05, 23-19; 14.14x23, 22-19; 15.15x22, 18-13; 16.09x18, 21x07; 17.22-26, 30x21; 18.23-27, 07-04; 19.16x23, 04-08; 20.12-16, 08-22; 21.27-31, 21-18; 22.06-11, 17-13; 23.10x17, 22-29; 24.31x09, 25-21; 25.17x26, 29x28; 26.11-15, 28x01; 27.09-27, 32-28; 28.03-06, 01-14; 29.27-30, 14-04; 30.15-19, 04-08; 31.30-23, 08x26; 32.23x32, 26-30; EMP.] 9. ... 23x05; 10.16x23, 22-19; 11.01x10, 25-21; [Corrixindo o «TED» que segue coa perdedora 11. ... 24-20�; (A citada publicación tamén dá 11. ... 19-15�; 12.11x20, 24x15; con vantaxe decisiva das brancas segundo análise de Francisco Henriques que segue con 13.06-11, pensando que é única, pero mellor é aínda 13.10-13!, que ata gaña de modo máis doado tras 13. ... 17x10; 14.06x13, 26-22; 15.13-18, 22x13; 16.09x18, 29-26; 17.07-11, 15x06; 18.03x10, 26-21; 19.18-22, 21-18; 20.22-27, 25-21; 21.27-31, GB.) 12.07-12, 20-16; 13.11-15, 16x07; 14.15x22, 26x19; 15.03x12, 30-27; 16.23x30, 29-26; 17.30x21, 25x18; 18.12-16 ... (Aquí o Dr. OAL segue con 18.09-13, 18x09; 19.06-11, 32-28; 20.11-15, 17-13; 21.10x17, 19-14; 22.15-20, 14-11; 23.20-24, 28-23; 24.24-28, 23-20; dando o final por empatado, pero realmente seguindo con 25.12-16, 20-15; 26.28-32, 11-07; 27.17-21, 07-04; 28.21-25, 15-11; 29.25-29, 11-07; 30.32-14, 07-03; 31.29-25, 04x18; 32.25x14, 03-12; 33.16-20, GB.) 18. ... 18-14; (Se 18. ... 19-15; 19.06-11, 15x06; 20.02x11, 32-28; 21.16-20, 28-24; 22.11-15, 17-13; 23.10x17, 18-14; 24.20-23, 14-11; 25.17-21, 11-07; 26.21-25, GB. Análise do Dr. Sena Carneiro) 19.02-05, 19-15; 20.10x19, 15-12; 21.19-22 ... (Falso sería 21.19-23�, por 21. ... 12-07; 22.16-20, *07-04; 23.23-27, e así conclúe o Dr. Sena Carneiro a súa análise no «TED» dando erroneamente o xogo por gañado.
Pero neste punto as negras dispoñen da defensa 23. ... *32-28; 24.20-24, 04-25; 25.24x31, 17-13; 26.09x18, 25x09; EMP.) 21. ... 12-07; 22.22-26, 07-04; 23.05-10, 32-28; 24.16-20, 04-07; 25.26-29, 07-16; 26.20-24, 16-23; 27.24x31, 23x05; 28.06-11, 05-23; 29.29-08, 23-32; 30.11-15, 32-14; 31.08-04, 14-32; 32.31-18, 32-28; 33.18-11, 28-01; 34.11-02, 01-32; 35.09-13, 17x10; 36.15-19, 32x14; 37.04x18, GB.] 12.10-13 ... [Aquí non vale 12.11-14�, polo golpe con 12. ... 21-18; 13.14x21, 32-28; 14.23x32, 29-25; 15.32x14, 25x04; GN.] 12. ... 17x10; 13.06x13, 24-20; 14.13-18, 21x14; 15.11x18, 19-14; 16.09-13, 20-16; 17.13-17, *14-11!; 18.07x14, 16-12; 19.18-21, 12-08; 20.23-27, 30x23; 21.21x30, 08-04; 22.30x20, 04x18; 23.20-23, 18-11; 24.23-01, 11-18; [EMP].
 
u 6. ... 20-16; 7.15-20, 24x15; 8.11x20, *27-23; [Se 8. ... 21-18�; 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 25-21; 11.*10-13, 27-23; 12.20x27, 30x23; 13.15-20, GB. Ou se 8. ... 21-17�; 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 25-21; 11.02-05, 29-25; 12.20-24, GB. Ambas as dúas análises de Fred Allen, esta última podería seguir con 12. ... 27-23; 13.15-20, 22-19; 14.20x27, 30x23; 15.24-28, 19-15; 16.28-31, 15-12; 17.31-28, 23-19; 18.28x14, 26-22; 19.14-11, 12-08; 20.07-12, 16x07; 21.11x04, 21-18; 22.04x21, 25x18; 23.10-13, 17x10; 24.05x21, 08-04; 25.21-25, 04-08; 26.06-10, 08-15; 27.25-29, GB.] 9.20x27, 30x23; 10.06-11 ... [Se 10.02-05, 32-28; 11.06-11, 28-24; 12.10-14, 19x10; 13.05x14, 22-18; 14.12-15, 23-20; 15.01-05, 26-22; 16.14-19, 18-14; 17.11x27, 20x04; 18.19-22, 16-12; 19.08x15, 04-08; 20.15-19, 29-26; 21.22x29, 08x31; 22.29-19, 24-20; 23.05-10, 20-16; 24.10-13, 21-18; 25.13x22, 31x18; EMP.] 10. ... 22-18; [Se agora 10. ... 32-28�; (Perde) 11.*09-13, 28-24; (Ou 11. ... 21-17; 12.11-15, 28-24; 13.15-20, 24x15; 14.13-18, 22x06; 15.02x27, GB. Análise de Francisco Henriques) 12.*11-14, 24-20; 13.*02-06, 20-15; 14.13-18, 22x13; 15.10x17, 19x10; 16.12x28, GB. Análise de Francisco Henriques] 11.02-05 ... [Se 11.12-15, 19x12; 12.08x15, 23-19; 13.15x22, 26x19; 14.10-13, 18-14; 15.11x18, 21x14; 16.13-18, 14-10; 17.18-22, 19-15; 18.22-27, 15-12; 19.02-06, 12-08; 20.06x13, 08-04; 21.27-30, 04x14; 22.13-18, 14x21; 23.30x17, 16-12; 24.09-13, 12-08; 25.13-18, 25-21; 26.17x30, 08-04; 27.30-21, 29-26; 28.21x30, 04x25; EMP.] 11. ... 32-28; 12.10-14, 19x10; 13.05x14 ...
13. ... 28-24; [Corrixindo o «TED» que segue con 13. ... 26-22�; 14.12-15, 28-24; 15.09-13, 18x09; 16.14-19, 23x14; 17.11x27, GB. Análise de Fred Allen] 14.12-15, 23-20; 15.01-05, 26-22; 16.14-19, 18-14; 17.11x27, 20x04; 18.19-22, 16-12; 19.08x15, 04-08; 20.15-19, 29-26; 21.22x29, 08x31; con equilibrio segundo se indica por José Luis González Sanz no seu «Tratado Hipermoderno del Juego de Damas». A análise podería completarse con 22.29-19, 21-18; 23.05-10, 25-21; 24.19-23, 31-22; 25.23-30, 22-19; 26.30x17, 19x05; [EMP].
 
6. ... 19x12; 7.16x23 ...
 
No 16º Campionato de Portugal de Rápidas [2017] José Carlos Anjos no seu enfrontamento contra o propio Nuno realizou aquí a captura alternativa 7.08x15, que normalmente tan só supón unha lixeira transposición, xa que tras 7. ... 21-18; 8.16x23, 27x20; 9.10-14, 32-28; 10.14x21, 25x18; o xogo acabou entroncando.
 
7. ... 27x20; 8.08x15, 32-28;

 
Con este lance Nuno aparta momentaneamente do publicado nos libros que seguen con 8. ... 21-18; ofrecendo as seguintes variantes:
 
a) 9.10-14, 25-21; [Mellor é 9. ... 32-28; entroncando na liña do xogo principal] 10.14-19, 32-28; con estas opcións:
 
u 11.06-10, 21-17; 12.10-14 ... [Se 12.03-07, traspón na liña da opción con 11.03-07, que segue con 12. ... 18-14; para empate] 12. ... 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.03-07, 30-27; [Preferíbel a 14. ... 18-14; 15.11x27, 30x14; 16.15-19, 14-10; (Ou 16. ... 20-15; 17.01-05, 24-20; 18.02-06, 28-24; 19.19-23, 15-11; 20.06x15, 20x11; análise do Dr. Sena Carneiro que podería seguir 21.23-28, 11-06; 22.28-32, 14-11; 23.07x14, 06-02; 24.05-10, 26-22; 25.09-13, 02-09; 26.14-18, 24-20; 27.18x27, 09x31; EMP.) 17.07-12, 10-06; 18.02x11, 20-15; 19.11x20, 24x08; 20.01-05, como nunha análise de William Hay que na nosa modalidade debe seguir con 20. ... *28-24; 21.19-23, 24-20; 22.23-27, 20-15; 23.27-30, 15-12; 24.30x21, 12-07; 25.04x11, 08-04; 26.21-14, 04-07; 27.05-10, 07-04; 28.09-13, 04-07; 29.13-18, 07-03; 30.10-13, 17x10; 31.14x05, 03-13; 32.18-21, 13-18; EMP.] 15.01-05, 17-13; 16.11-14 ... [Aquí John Drummond segue con 16.07-12, 20-16; 17.04-07, 27-23; dando o xogo por empatado. Segundo Francisco Henriques podería seguir 18.11-14, 18x04; 19.09x27, 16x07; 20.27-31, 23x14; 21.15-20, 24x15; 22.31x30, EMP.] 16. ... 18x11; 17.09x18, 22x13; 18.07x14, 20x11; 19.05-09 ... [Análise de John Bertie] 19. ... 13-10; 20.19-22, 27x18; 21.14x30, 10-06; [EMP]. Análise complementaria de Francisco Henriques.
 
u 11.01-05 ... [Só proporciona xogo igualado, aínda que no «TED» está erroneamente considerada como posíbel gañadora] 11. ... 21-17; 12.03-07 ... [Ou 12.06-10, 18-13!; 13.09x27, 30x07; 14.04x11, 17-13; 15.10x17, 28-23; 16.05-10, 23-19; 17.15x22, 26x19; 18.17-21, 20-16; 19.11-14, 19-15; 20.14-19, 15-12; 21.19-22, 12-07; 22.03x12, 16x07; 23.10-14, 07-04; 24.14-18, 04-08; 25.21-26, 08-04; 26.26-30, 04x25; EMP.] e agora se:
 
── 12. ... 30-27�; [Perde. Esta é a única continuación que nesta altura dá o «TED»] 13.05-10, 18-13; 14.09x18, 22x13; 15.07-12, 20-16; 16.*19-22, 27x18; [Se 16. ... 26x19; 17.15x31, 16x07; 18.31x09, 07-03; 19.11-15, 03-12; (Ou se 19. ... 17-13; 20.10x17, 03x10; 21.09-27, 29-26; 22.27-30, 10-03; 23.30x21, 03-12; 24.15-19, 12x29; 25.21-14, GB.) 20.15-20, 24x15; 21.04-07, 12x03; 22.06-11, 15x06; 23.02x11, 03x13; 24.09x24, GB. Ou se 16. ... 16x07; 17.22x31, 07-03; 18.31x09, 28-23; 19.09-18, 03-07; 20.11-14, 07-03; 21.18-31, 03-16; 22.04-07, 16x03; 23.06-11, 03x13; 24.31x09, 23-20; 25.14-19, 20-16; 26.19-23, 16-12; 27.23-28, 12-07; 28.28-32, 26-21; 29.02-06, 29-25; 30.32-19, GB.] 17.10-14, 16x07; 18.14x30, con vantaxe decisiva segundo William Hay. Podería seguir 18. ... 29-26; [Se 18. ... 07-03; 19.30-16, 03x10; 20.15-19, 10x23; 21.16x09, GB.] 19.30x21, 13-10; 20.06x13, 17x10; 21.21-14, 10-06; 22.14x32, 06-03; 23.*32-23!, 03-13; 24.*02-06, 13x03; 25.23-16, 03-17; 26.16x03, 17-30; 27.03-16, 30-17; 28.11-14, 17-30; 29.14-18, 30-17; 30.18-22, 17-10; 31.22-26, 10-32; 32.26-29, 32-10; 33.29-26, 10-14; 34.04-08, 14-28; 35.26-21, 28-31; 36.21-04, [GB].
 
── 12. ... 17-13!; [Igualando con comodidade] 13.11-14 ... [Non vale o ataque 13.05-10�, debido á réplica 13. ... *18-14; 14.11x27 ... (Se 14.09x27, 14x05; 15.02x09, 30x14; 16.11x18, 20x02; 17.09-13, 02-09; GN.) 14. ... 30x05; 15.09x18, 20x11; 16.07x14, 05-01; 17.06-10, 28-23; 18.10-13, 01x19; 19.18-22, 29-25; 20.22x29, 19-08; 21.13-17, 23-19; 22.29x15, 08x19; GN.] 13. ... 18x11; 14.09x27, 30x14; 15.06-10, 26-22; 16.10x26, 29x22; 17.07x14, 20x11; 18.05-09, 24-20; 19.14-18, 22x13; 20.09x18, 20-15; 21.18-22, 15-12; 22.22-26, 12-07; 23.26-29, 28-23; 24.02-06, 11x02; 25.04x11, 02x24; [EMP].
 
u 11.03-07, 21-17; 12.06-10, 18-14; [A recomendación de William Hay] 13.11x27, 30x05; 14.01x10, 20x11; 15.07x14, 28-23; 16.14-18, 29-25; 17.09-13, 24-20; 18.18-22, 26x19; 19.13-18, 19-15; 20.18-22, 20-16; 21.22-27, 23-20; 22.27-31 ... [Ou se 22.27-30, 15-12; 23.30-23, 20-15; 24.23-20, 12-07; 25.04x11, 15x06; 26.02x11, 16-12; 27.20-16, 12-08; 28.11-15, 08-04; 29.16-23, 04-11; 30.23-20, 17-13; 31.10x17, 11-14; EMP.] 22. ... 16-12; 23.31-24, 12-08; 24.10-14, 25-21; 25.14-19, 21-18; 26.19-23, 18-14; 27.23-27, 17-13; 28.24-28, 15-11; 29.28x17, 11-07; 30.04x11, 08-04; [EMP].                                      
 
b) 9.10-13, 25-21; 10.13-17, 22-19; 11.15x22, 26x19; 12.17x26, 29x22; 13.01-05, 20-15; [Lance que iguala o xogo. Frouxa é 13. ... 19-14; continuación de William Hay que na nosa modalidade pode ser fortemente contestada con 14.04-07, 20-16; 15.11-15, 32-28; 16.06-10, 22-19; 17.15x22, 24-20; 18.10x19, 20-15; 19.07-11, 15x06; 20.02x11, 16-12; 21.11-15, 12-08; 22.15-20, 08-04; 23.20-23, 18-14; 24.23x32, 14-10; 25.05x14, 04x27; 26.32-28, 27-18; 27.03-06, 18-21; 28.06-10, 30-27; 29.28-31, 21-25; 30.31x13, 25-14; EMP.] 14.11x20, 24x15; 15.05-10, 15-12; 16.06-11, 32-28; 17.11-15, 28-23; 18.10-13, 19-14; 19.15-19, 22x15; 20.13x22, 23-20; 21.09-13, 14-11; 22.13-17, 11-07; 23.04x11, 15x06; 24.02x11, 12-08; 25.22-26, 30x21; 26.17x26, 08-04; [EMP].
 
c) 9.01-05, 32-28; 10.10-14, 25-21; [Agora preferíbel a 10. ... 28-23; 11.14x21, 25x18; que conflúe na liña do desvío do xogo principal con 11.01-05] 11.14-19, 29-25; 12.06-10, 18-13; 13.09x27, 30x07; 14.04x11, 26-22; 15.10-13, 28-23; 16.13-17, 21-18; 17.17-21, 23-19; 18.21-26, 19x12; 19.26-29, 12-07; 20.03x12, 20-16; 21.29x19, 16x07; 22.19-08, 07-04; 23.11-15, 04-14; 24.02-06, 14x01; 25.06-10, 01x12; 26.08x09, 25-21; [EMP].
 
9.10-14, 21-18;
 
Con este lance volve canalizar o xogo para unha das variantes teóricas. Nótese que aquí non valía 9. ... 28-23�; polo golpe con 10.*15-19, 22x15; 11.14-18, 21x07; 12.03x28, [GB].
 
10.14x21, 25x18; 11.06-10 ...


Justino decídese por unha liña secundaria, mal analizada no «TED», coa que vai conseguir sorprender ao seu rival. A principal continuación aquí é 11.01-05, 28-23; [Ou 11. ... 22-19; 12.15x22, 26x19; 13.05-10, *20-15; 14.11x20, 24x15; 15.10-13 ... (Neste punto Francisco Henriques indica que a «xudía» con 15.09-13, 18x09; 16.02-05, 09x02; 17.03-07, 02x11; 18.07x32, simplifica a posición e só dá para EMP.) 15. ... 18-14; 16.13-18, 28-24; 17.09-13 ... (Se 17.18-22, 15-11; 18.06x15, 19x12; 19.09-13, 14-11; 20.13-18, 11-07; 21.04x11, 12-08; 22.18-21, 08-04; 23.03-07, 24-20; 24.22-26, 29x22; 25.21-25, 20-15; 26.11x20, 04x24; 27.25-29, 30-26; 28.29-25, 22-19; 29.25-07, 24-28; 30.02-06, 19-15; 31.07-03, 28-14; 32.06-11, 14x04; 33.03-10, EMP.) 17. ... 15-12; 18.18-22, 19-15; 19.13-18, 14-11; 20.18-21 ... (Ou se 20.22-27, 30x23; 21.18-22, 23-20; 22.22-27, 11-07; 23.04x11, 12-08; 24.27-31, 08-04; 25.03-07, 15-12; 26.07x23, 04x32; EMP. Análise de  Francisco Henriques) 20. ... 11-07; 21.04x20, 24x15; 22.22-26 ... (Non hai forma de desequilibrar o final. Se 22.21-26, 30x21; 23.22-27, 12-08; 24.27-30, 29-26; EMP. Análise de Francisco Henriques) 26. ... 29x22; 23.21-25, 22-19; 24.25-29, 12-07; 25.03x12, 15x08; 26.29x15, 08-04; EMP. Análise de Francisco Henriques] 12.05-10, 20-16; con estas variantes:
 
a) 13.15-20, 24x15; 14.11x27, 30x23; 15.06-11, 16-12; 16.10-14, 26-21; 17.04-08, 12-07; 18.03x12, 22-19; 19.11-15, 19x10; 20.12-16, 10-05; 21.15-20, 23-19; 22.20-23, 05-01; 23.23-27, 19-15; 24.27-30, 15-11; 25.30x17, 11-07; 26.17-13, 18-14; 27.13-03, 07-04; 28.02-05, 01x10; 29.03x13, 04-11; [EMP]. Como nun xogo que [Coa transposición indicada ao sétimo lance] disputaron José Carlos Anjos vs. Nuno Vieira no 16º Campionato de Portugal celebrado en Canelas-Gaia no ano 2017
 
b) 13.10-14, 29-25; 14.14x21, 25x18; 15.11-14, 18x11; 16.03-07, 16-12; 17.07x14, 26-21; [Se 17. ... 12-08�; (Perde) 18.09-13, 23-20; e aínda que nesta altura foi acordado o empate no 4º xogo do enfrontamento Herminio Medalha da  Silva vs. Vitor Sequeira do 21º Campionato de Portugal celebrado en Setúbal no ano 2001, as negras non teñen defensa. Podería seguir 19.14-18, 20x11; 20.06x15, 30-27; 21.02-06, GB. Bloqueo] 18.06-10, 21-17; 19.04-07, 12x03; 20.02-05, 03x13; 21.09x27, 17-13; 22.27-31, 13-10; 23.05-09, 10-05; 24.14-18, 05-01; 25.18-21, 23-20; 26.31-18, 20x11; 27.18x07, [EMP].
 
11. ... 28-23;


No «Tratado Enciclopédico» xoga primeiro 11. ... 20-16; e segue con:
 
a) 12.10-14, 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.02-06, 28-23; 15.01-05, alcanzando a mesma posición que no noso xogo.
 
b) 12.10-13 ... [Frouxa] 12. ... 28-23; 13.02-06, 23-20; 14.06-10, 16-12; con vantaxe negra segundo análise de Francisco Henriques que podería seguir 15.01-05, 20-16; 16.03-06, 12-08; 17.15-20, 24x15; 18.11x20, 16-12; 19.20-23, 12-07; 20.04x11, 08-04; 21.23-27, 04x14; 22.10x19, 30x14; 23.06-10, 14-11; 24.10-14, 26-21; 25.14-19, 22x15; 26.13x22, 11-06; 27.22-27, 21-18; 28.27-30, 06-03; 29.30-21, 18-13; 30.09x18, 03-17; 31.21-25, 17-21; 32.18-22, 21-04; 33.25-21!! ... [O sacrificio de dama que salva o xogo] 33. ... 04x25; 34.22-27, 25-14; 35.05-09, 15-12; 36.27-31, 12-07; 37.09-13, 14-05; 38.13-18, 07-04; 39.18-22, 04-21; 40.31-24, 21-30; 41.24-15, 05-28; 42.15-11, 30-23; 43.11-18, 23-30; 44.18-11, [EMP].
 
12.10-14, 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.01-05, 20-16; 15.02-06 ...


Nesta altura entróncase de novo na liña seguida no citado tratado.
 
15. ... 16-12; 16.05-10, 23-19�;


Nuno seguramente coñecía a liña teórica e comete aquí o mesmo erro que no «Tratado Enciclopédico». As negras agora están perdidas irremisibelmente. Correcto era 16. ... 23-20; 17.10-14, 26-21; 18.06-10 ... [Ou 18.14-19, 18-14; 19.11x25, 20x02; 20.19x26, 30x21; 21.25-29, 12-08; 22.29-19, 02-20; (Non 22. ... 21-17�; por 23.19-01, GB. Para non perder a dama, as negras están obrigadas a entregar o peón «17» e perden por inconsistencia) 23.09-13, 20-27; 24.13-17, 27-30; 25.17x26, 30x21; EMP.] 18. ... 20-16; 19.14-19, 30-26; 20.19-23, 12-07; 21.03x12, 16x07; 22.23-28, 07-03; 23.28-31, 03x17; 24.11-14, 18x11; 25.31x07, 17-06; 26.07x25, 06x20; 27.25-14, 26-21; 28.14x25, 20-23; [EMP].
 
17.*10-14!! ...


O inesperado lance que dita a derrota das negras e demostra a excelente preparación do novo campión. A análise da mencionada obra portuguesa, nesta ocasión pertencente a Francisco Henriques, segue coa intuitiva 17.15-20� ... [Desaproveitando a vantaxe] 17. ... 24x15; 18.11x20, 18-13; 19.09x27, 30x16; [EMP].
 
17. ... 19x10; 18.06x13, 26-21;


Agora se:
 
a) 18. ... 12-08; 19.03-06, 26-21; [Se 19. ... 30-27; o máis sinxelo é seguir con 20.06-10, 27-23; 21.10-14, 26-21; 22.13-17, GB.] 20.*13-17, 30-26; 21.06-10, [GB].
 
b) 18. ... 30-27; 19.15-19, 22x06; 20.13x29, 12-07; [Ou 20. ... 06-02; 21.29x08, 02-05; 22.09-13, 05-14; 23.13-17, 24-20; 24.08-12, 14-25; 25.12-16, 27-23; 26.16-07, 25-29; 27.07-14, 29-19; 28.14-01, 20-15; 29.17-21, 15-11; 30.21-25, GB.] 21.03x10, 07-03; 22.10-14, 03-06; 23.14-18, 06-17; 24.29-12, 17-30; 25.12-22, 27-23; 26.22-12, 24-20; 27.12-03, 20-15; 28.04-07, 15-11; 29.07x14, 23-20; 30.14-19, 20-15; 31.03-07, 30-26; 32.07-04, 26-17; 33.19-22, 17-13; 34.04-07, 13-03; 35.07-14, 03-13; 36.14-19, 15-11; 37.19-14, 11-06; 38.14-10, [GB].
 
19.13-17, 12-08; 20.17x26, 30x21; 21.03-07 ...


Tamén valía 21.03-06, pero a textual ata é máis rápida.
 
21. ... 22-19;
 
Se 21. ... 21-17; 22.11-14, 18x11; 23.07x14, [GB].
 
22.15x22, 21-17; 23.22-27 ...


Aquí era máis sinxelo rematar con 23.11-14, 18x11; 24.07x14, 24-20; 25.22-26, 20-15; 26.26-29, 15-11; 27.04-07, 11x04; 28.29-25, 04x18; 29.25x04, 17-13; 30.09x18, [GB].
 
23. ... 17-13; 24.27-31, 18-14; 25.11x18, 13-10; 26.18-21, 10-06; 27.31-27, 06-02; 28.21-25, 02-06; 29.25-29, 06-17; 30.27-23, 17-30; 31.23-10, 30-17; 32.10-03, 17-30; 33.29-26, [GB].

Despois de tres empates nos tres primeiros xogos, esta vitoria decidiu o enfrontamento particular e resultou decisiva na consecución do título.


1.12-15, 23-19;
 
Apertura «Paralela Ortodoxa» que ofrece posibilidades equivalentes para ambos lados.
 
2.08-12 ...


A continuación principal, evitando a troca para non enfraquecer o flanco.
 
2. ... 28-23; 3.09-13 ...

A liña favorita se as brancas tentan crear complicacións. A teoría recomenda 3.10-13, lance considerado como máis seguro. Outras posibilidades serían 3.11-14, ou 3.10-14, que tras 3. ... 19x10; 4.05x14, entronca nunha liña da variante do cambio que se forma máis habitualmente con 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 28-23; 4.08-12.
 
3. ... 21-17;


Con idea de bloquear o flanco, seguindo un plan similar ao que as brancas empregan na «Partida Heroica».
 
4.11-14 ...


Movemento habitual, aínda que tamén se podía optar por 4.05-09, que despois de 4. ... 26-21!; 5.11-14, entronca na liña do noso xogo.
 
Posíbel tamén era a alternativa 4.13-18, coñecida como «Gambito Doctor Acelerado», unha interesante continuación que o lector pode estudar no noso artigo do 13/7/2015.
 
4. ... 26-21;


Aceptando ás complicacións. Pero se as negras preferisen xogar de modo máis tranquilo, no «Master Play» recomenda seguir con 4. ... 23-20; a denominada «variante inglesa» que tamén desenvolvemos no artigo mencionado na nota anterior.
 
Frouxa sería 4. ... 32-28; que despois de 5.05-09, 26-21; pode ser ben contestada con 6.13-18, 22x13; 7.09x18, 30-26; 8.15x22, 26x19; 9.18-22, 27x11; 10.06x22, con gran vantaxe branca, aínda que finalmente as negras quizais poidan acabar salvando o xogo. Podería seguir 10. ... 23-19; 11.03-06, 28-23; 12.07-11, 21-18; 13.01-05, 25-21; 14.12-16, 18-13; 15.22-27, 31x22; 16.05-09, 22-18; 17.11-14, 18x11; 18.06x22, 13x06; 19.02x11, 21-18; 20.22-27, 29-26; 21.11-14, 18x11; 22.27-30, 11-07; 23.30x20, 24x15; 24.04x20, 26-22; 25.20-23, 22-19; 26.23-28, 19-15; 27.28-32, 15-11; 28.32-01, 11-06; 29.16-20, 06-02; 30.20-24, 02-06; 31.24-28, 06-02; 32.28-31, 02-24; 33.01-14, 24-15; [EMP].
 
5.14-18 ...


Para a menos ambiciosa continuación 5.05-09, o lector pode consultar o artigo antes referido do 13/7/2015.
 
5. ... 21x14; 6.06-11 ...


Unha continuación empregada con grande éxito polo Dr. Vaz Vieira e que constitúe a principal alternativa ao «Gambito Doctor» que, como saben os nosos lectores, quedaría configurado tras 6.13-18.
 
6. ... 30-26; 7.11x18, 32-28; 8.02-06, 23-20;
 

Aquí Justino aparta da liña seguida nun xogo do propio Luís Sá vs. Vladimir Skrabov disputado no Torneo Internacional da Copa do Mundo que se celebrou en Setúbal no ano 2016 o cal seguiu con 8. ... 19-14; e foi amplamente comentado no artigo deste blog publicado o 5/10/2016.
 
9.06-11, 28-23; 10.05-09 ...


Non vale 10.10-14�, por 10. ... *17x10; [A captura adecuada. Se 10. ... 19x10�; 11.05x14, 17x10; 12.12-16, 22x13; 13.14-19, 23x14; 14.16x30, GB.] 11.05-09, 22x13; 12.09x18, 25-21; 13.18x25, 20-16; 14.15x22, 27x18; 15.14x30, 31-28; 16.30x20, 24x06; [GN].
 
10. ... 26-21; 11.01-05 ...


Lance de empate introducido por Américo da Resurreiçao corrixindo a liña orixinal de Vaz Vieira que seguía con 11.04-08�, 21x05; 12.01x10, 25-21; 13.12-16, 19x12; 14.08x15, 21-18; 15.03-06, 29-25; 16.15-19, 23x05; 17.16x30, 17x03; [GN]. 
 
11. ... 21x14; 12.11x18, 20x11; 13.07x14, 24-20;

 
Aquí resulta moi interesante a hipótese 13. ... 29-26; que durante unha proba internacional lle foi mostrada a Sérgio Bonifácio por Víctor Oliveira e Tiago Manuel e casualmente puido aplicala no seguinte día de competición. Ese xogo seguiu con 14.04-08, 31-28; 15.12-15� ... [Correcto sería 15.*12-16, que podía replicarse con 15. ... 24-20; entroncando na liña de Américo da Resurreiçao que veremos nas notas do 15º lance branco, ou con 15. ... 19-15; 16.03-06, 26-21; 17.14-19, 21x14; 18.19x26, 27-22; 19.10x19, 17x03; 20.26-29, 23x14; 21.29x12, 28-23; 22.12-22, 14-11; 23.22-18, 11-06; 24.18-14, 06-02; 25.14x32, 03-17; (Se 25. ... 02-15; 26.16-20, 15-22; 27.20-23, 03-16; 28.23-28, 22-31; 29.09-13, 31x02; 30.28-31, EMP.) 26.05-10!!, 17x03; 27.08-12, 24-20; 28.16x23, 03x27; EMP.] 15. ... 19x12; 16.08x15, 26-21; 17.14-19, 21x14; 18.19x26, 27-22; 19.10x19, 17x01; 20.15-20, 23x16; 21.26-29, 22x15; 22.29x08, 01-10; [GN]. Como no duelo Miloud Smine vs. Sérgio Bonifácio do «IV Torneo Internacional da Federación Portuguesa de Damas» celebrado en Loures no ano 2010 e publicado no semanario «Cidade de Tomar» Nº 3923.
 
14.*12-16, 29-26; 15.03-07 ...


A análise de Américo da Resurreiçao segue con 15.04-08, 31-28; 16.03-06, 28-24; 17.06-11, 26-21; 18.08-12, 20-15; 19.11x20, 24x08; 20.16-20, 23x16; 21.14x30, 21x14; 22.10x26, 17x01; 23.26-29, 08-04; 24.29-08, [EMP].
 
15. ... 31-28; 16.07-11, 26-21;


Impedindo o corte co peón «18». Se 16. ... 19-15; 17.18-21, 15x06; 18.21x30, 06-02; 19.14-19, 22x15; 20.30-26, 15-11; 21.10-14, 17x01; 22.26-29, 01x19; 23.29x07 ... [Comendo 5 pezas] 23. ... 02-05; 24.07-11, 25-21; 25.11x25, 23-20; 26.16x23, 05x28; [EMP].
 
17.04-08� ...


Un erro que deixa ás brancas sen defensa. Aquí era obrigado 17.*04-07, 28-24; [Se 17. ... 19-15; segue 18.*14-19, 15x06; 19.19x26, 21x14; 20.10x19, 17x01; 21.26-30, 23x14; 22.30x03, 28-24; 23.16x23, 01x32; EMP.] 18.*07-12, entroncando na liña do propio xogo pero sen pasar pola posición perdedora que as negras non van aproveitar.
 
17. ... 28-24�;


Justino, que vencía por 1-0, desperdicia a ocasión de gañar por segunda vez e garantir xa o titulo aínda que perdese os dous xogos restantes.
 
Neste punto resultaba decisivo o ataque 17. ... *19-15; pois se 18.14-19, 21x07; 19.19x26, as negras podían replicar con 19. ... *27-22!; e agora se:
 
a) 20.26-29, *23-19!!; 21.16x32, 07-03; 22.32x14, 03-16; 23.29x12, 16x21; 24.08-12, 21-11; 25.12-16 ... [Ou se 25.13-18, 11x21; 26.12-15, 21-26; 27.15-20, 26-19; 28.09-13, 25-21; 29.05-09, 19x05; 30.20-24, 17x10; 31.24-28, 10-06; 32.28-31, 06-03; 33.31-24, 05-28; 34.24x31, 21-18; 35.31x13, 03x17; GN.] 25. ... 11-06; 26.16-20, 06x24; 27.13-18, 24-15; 28.10-14, 15-29; 29.05-10, 29-26; 30.09-13, 26-08; [GN].
 
b) 20.26-30, 15-11; 21.08-12 ... [Se 21.30-26, 23-19; 22.16x32, 07-04; 23.32x07, 04x30; GN.] 21. ... 07-04; 22.12-15 ... [De novo se 22.30-26, segue 22. ... 23-19; 23.16x32, 11-06; 24.32x14, 04x30; GN.] 22. ... 11-06; 23.15x31, 06-02; 24.31x18, 04x21; 25.30x20, 02x24; [GN].
 
18.08-12, 20-15; 19.11x20, 24x08; 20.16-20, 23x16; 21.14x30, 21x14; 22.10x26, 17x01; 23.26-29, 08-04; [EMP].
 

Nada hai xa que facer. As brancas seguirían con 24.09-13, e se 24. ... 04-08; 25.30-20, 01-19; 26.29x15, 08x09; 27.20-23, o empate resulta evidente.

Ningún comentario: