Sabemos deste final porque Pedro Ruíz Montero no seu «Libro
del Juego de las Damas, vulgarmente nombrado El Marro» publicado no ano
1591, refírese a el indicando que aparece nun tratado escrito antigamente en
Valencia.
Segundo datos recompilados no volume de información
bibliográfica «Bibliotheca Hispana Nova» [Roma, 1672.
Tomo I, páxina 165] de Nicolás Antonio, no ano 1547 publicouse un tratado titulado «El
ingenio, o juego de Marro, de punta, o Damas», que atribúa ao autor leonés
Antonio de Torquemada.
Tradicionalmente sempre se considerou que esta podía ser
a obra á que aludía Montero, pero iso resulta difícil de demostrar pois na
actualidade non se conserva ningún exemplar. Ademais, recentemente os
historiadores Govert Westerveld e José Antonio Garzón Roget lanzaron a teoría
de que existe un erro na obra de Nicolás Antonio e o «Ingenio» non pertence a
Torquemada, senón que se trata dunha primeira edición do libro de Juan de
Timoneda cuxo texto chegou ata nós grazas a que si se conserva unha reedición
de 1635 na que o final en cuestión non aparece. Por esta razón inclinámonos a
pensar que Ruíz Montero refírese a outra obra totalmente descoñecida.
1.17-30 …
Instalándose na diagonal «16↗30», primeiro paso para
poder resolver favorabelmente o final, cuxa solución definitiva débese a José
Carlos Garcez que a presentou no seu tratado publicado no ano 1684.
A clave reside en construír esta BASE colocando unha
dama na casa «4» e a outra na «30». Esta segunda dama tamén podería estar en «20»
ou incluso en «16».
Nótese que se neste punto fosen as brancas a xogar
bastaría realizar un movemento de espera, por exemplo na casa «16», e o proceso
sería o mesmo. Deseguido imos ver como gañan as brancas contra todas as posíbeis resposta negras.
1. … 32-19;
2.30-26! …
Expulsando a dama para poder dominar a diagonal do medio
e gañar polo «saque de peón». Non hai outro procedemento.
Lorenzo Valls, que no seu tratado do ano 1597 consideraba
o «saque» como empatado, pensaba que aquí as brancas poderían gañar seguindo
con 2.02-06�, *09-05; 3.06-10, *05-02; [Se 3. ... 05-01�; 4.*04-14, GB.] 4.04-14, pero non se
decatou que neste punto poderíase defender con 4. ... 19-08!; 5.24-28, *08-04;
6.14-19 ... [Para evitar que a dama negra de «2» ocupe a casa «15»
dominando as dúas transversais e garantindo o empate] 6. ... *04-08; [Con
este ataque sistemático á dama branca o empate é inevitábel. Ben, por defensa nas
transversais, ou ben por tripla repetición] 7.19-14, *08-04; 8.14-23, *02-15;
[EMP]. Defensa de Fernando Manuel Martins publicada no xornal "Diario" no 21/10/1984.
2. … 19x29; 3.24-28, [GB].
1. … 32-10;
2.02-06, 10x03; 3.30-23, [GB].
Un final elemental que xa foi estudado nun dos capítulos
anteriores que dedicamos ao «saque».
1. … 32-01;
2.02-06! …
Un movemento clave no momento xusto. Como ben indicou
Garcez, o peón só debe saír canda a dama negra está nas casas «1» ou «5».
2. … 09-05;
Se 2. … 01-19; [Contra as alternativas 2. ...
01-05; ou 2. ... 01-32; segue igualmente 3.06-11, coa mesma idea] 3.06-11! ... [Así
queda formando o «gancho»] 3. ... 09-05; [Se moven a dama para calquera das casas accesíbeis
do río, o «gancho» funciona de modo similar] 4.*24-28, 19x32; 5.*30-23, 32x07;
6.*04x01, [GB].
3.*04-14 ...
3. ... 05-02; 4.*14-32, 02x15;
O proceso sería o mesmo se capturan para a casa «11».
5.*30-23, 01x28; 6.32x12, [GB].
1. … 32-05;
2.02-06!, 05-01;
O modo distintivo con respecto á «variante C». Se 2.
... 05-19; ou 2. ... 05-32; xa vimos que con 3.06-11, as brancas
gañan.
Evidentemente, tampouco valía 2. ... 05-02; por 3.30-20,
02x15; 4.20x02, [GB].
3.30-16! …
Lance de espera [Tamén valía facelo na casa «20»]. Como tamén xa explicaba Garcez,
endexamais xogue 06-11 se a dama negra está en «1». Agarde movendo de «30» a «16»,
ou se a dama xa estivese na casa «16», indo a «30».
3. … 01-19;
Se 3. ... 01-05; ou 3. ... 01-32; segue igual
que na liña textual 3.*06-11, e o gancho funciona de modo semellante, [GB].
4.*06-11 ...
Unha posición moi semellante a outra xa vista na «variante C» na que a dama do cadro «16» estaba en «30».
4. ... 09-05;
Se escapan do río coa dama, as brancas coroan e gañan
facilmente. Outras opcións caen na acción do «gancho»:
➤ 4. ... 19-32; 5.24-28, 32x07; 6.*04x14,
[GB].
➤ 4. ... 19-10; [Evidentemente,
se 4. ... 19-05; ou 4. ... 19-01; o proceso sería idéntico] 5.24-28, seguido de 6.*16-23,
32x07; 7.*04x14, [GB].
5.*24-28, 19x32; 6.*16-23, 32x07; 7.*04x01, [GB].
1.*24-02 ... [Impedindo que a dama negra vaia a «2» cortando definitivamente o avance do peón «16»] 1. ...
19-23; [Evita
o mencionado avance] 2.*08-12 ... [Obrigada polo motivo indicado na
primeira nota] 2. ... 23-14; [Se moven a outra dama segue 3.16-20 e as brancas
empatan ocupando o río] 3.16-20, 09-22; 4.*12-16, 22-08; 5.*20-24, [EMP].
Por norma xeral e tal como acontece no final que acabamos
de ver, nas posicións de «saque» se o bando defensor ten un peón a maiores debe
ser empate. Non obstante existen contadísimas excepcións que é interesante coñecer
e dese tema imos tratar a continuación.
1.*15-06 ... [Necesario para impedir 1.
... *17-13; que conduciría inexorabelmente ao empate] 1. ... 31-22; [Sempre que movan nesta
diagonal, a casa de destino resulta indiferente] 2.06-24! ... [Mover a outra dama non
serve máis que para perder tempo. A clave da vitoria reside no lance textual] 2. ... 22-31!;
[Impedindo que
a dama branca se coloque en «31»] 3.28-14! ... [O complemento do lance anterior. Agora
evitar o avance de peón a «13» con 3.28-10� sería nefasto debido a 3. ... *25-21;
e as negras garanten o EMP.] 3.
... 17-13; [Se moven a dama segue 4.24-31, cortando
o avance do peón «17» e a vitoria xa non ofrece ningunha dificultade]
4.*24-06, 13-09; [Agora temos unha das
excepcións. As negras alcanzan unha das posicións de saque con peón a maiores,
pero non conseguen salvar o xogo] 5.*06-17, 25-21; [Obrigado para salvar a dama] 6.17x30, [GB]. Polo «saque de peón».
1.*12-07
...
Formando unha «armadilla»
que ameaza a troca de damas con 2.07-18.
Nótese que non vale
o ensaio 1.03-13�, por 1. ... *09-05; 2.13x31, *05-01; [EMP].
1. ...
27-30;
Lance forzado para
escapar da citada ameaza.
2.*07-14,
23-20; 3.*03-06 ...
Transferindo a «armadilla» da diagonal «3&17» para a «2&24».
3. ...
30-26;
A mellor, para
facer xogar ás brancas un «saque de peón» nunha das posicións máis difíciles. Outras
posibilidades menos resistentes podían ser:
a) 3. ... 20-16; 4.*14-23, 30x20; 5.06x24, 16-12; 6.*24-11, 12-08; 7.*11-04,
[GB].
b) 3. ... 30-27; [Outro final
con «saque de peón» pero moi cómodo para as brancas] 4.06x24,
27-22; [Se 4. ... 27-13;
5.02-05!, 09x02; 6.14-11, 02x15; 7.24x17, GB.] 5.02-06,
22-29; [Se 5. ... 22-13; perde
pola típica «xudía» do saque con 6.14-05, 09x02; 7.06-11, 02x15; 8.24x17, GB.
Se fan outra calquera segue sempre 6.06-11, con proceso similar ao da liña
principal desta variante] 6.06-11, 29-12; [Se 6. ... 29-25; permite accionar o «gancho» con
7.11-15, 25x20; 8.24x02, GB.] 7.*24-31, 12-26; 8.14-01,
[GB]. O peón agora vai a dama sen problemas.
c) 3. ... 30-17; [Unha nova
posición do «saque», na que as negras aguantan dous lances menos que na do
tronco] 4.06x24, con estas opcións:
u 4. ... 17-13; 5.02-05, 09x02; 6.14-11, 02x15; 7.24x17, [GB].
u 4. ... 17-30; [Se 4. ...
17-26; segue igual con 5.02-06 e o proceso é similar] 5.02-06,
30-17; 6.06-11, 17-03; 7.*24-31, 03-12; 8.14-01, e como na anterior «variante
b», o peón coroa con comodidade.
u 4.
... 17-03; 5.24-20, 03-16; [Se
5. ... 03-17; 6.20-16, como no «Suposto Terceiro» do meu método, xusto
despois do lance 1.01-14. Ou se 5. ... 03-13; 6.20-23!, 13-22; (Se 6. ... 13-03; 7.14-21, 03-12; e só se produce unha lixeira
transposición interna. Ou en caso de 6. ... 13-31; tras 7.14-21, 31-22;
8.02-06, 22-15; 9.21-11, 15-12; 10.*23-32, conflúe nunha posición da «Hipótese
Dama negra en “12”» da «Encrucillada», xusto despois de que as brancas xogan
1.*01-32) 7.14-21, 22-12;
8.23-10, 12-15; 9.10-01, e temos a «Posición de Arranque»] 6.20-30,
16-03; [Se 6. ... 16-12;
7.30-16, 12-22; (Ou 7. ... 12-26; 8.14-28, 26-22; 9.16-07,
e temos a «BASE 2») 8.16-03,
formando a «BASE 3»] 7.14-19! ... [Aforrando un tempo con respecto a 7.30-17, 03-16; que
entroncaría na hipótese «DAMA NEGRA EN 20» dos métodos de David Fernando
Martins (Tras 8.14-10, 16-20) ou do Cap. Evaristo Borges (8.14-28,
16-20)]
7. ... 03-13; 8.19-23, e estamos na Base inicial doutro dos métodos do Cap.
Evaristo Borges, neste caso o publicado no ano 1943 [Base con damas en «23» e «30»].
4.06x24,
26-17;
Impedindo a saída do peón que permitiría as brancas gañar con gran
comodidade. Se por exemplo 4. ... 26-22; seguiría
5.02-06, 22-26; 6.06-11, 26-12; 7.*24-31, 12-26; 8.14-01, e a coroación
alcánzase sen problemas.
5.24-28! ...
O lance máis fino tecnicamente. Se 5.24-20, 17-30; 6.20-16, 30-17; 7.16-30,
17-03; entronca nunha posición xa vista na liña do desvío con 3. ... 30-17; e
opción 4. ... 17-03; e faría gastar un lance máis para ganar.
5. ... 17-03;
Nesta altura as negras dispoñen tamén das seguintes alternativas:
a) 5. ... 17-13; 6.14-21 ... [Conflúe nunha posición da «BASE 2» xusto despois de que as brancas xogan
2.07-21].
b) 5. ... 17-26; 6.14-07, 26-22; [Confluíndo na liña principal da «BASE
1» xusto despois de 1. ... 15-22. Se as negras van a outra casa da transversal,
deriva para o correspondente desvío da da «BASE 1». Ou se 6. ... 26-17;
7.07-03, 17-21; 8.02-06, 21-18; 9.28-01, 18-21; 10.03-12, 21-18; 11.12-29,
18-25; fórmase a «Posición de Expulsión»].
c) 5. ... 17-30;
6.14-10, e agora se:
u 6. ... 30-17;
7.10-03, e o peón arranca como acabamos de ver.
u 6. … 30-20; [Conflúe na variante «B» do método de García
Canalejas xusto despois de que as negras xogan 7. ... 15-20].
u 6. … 30-26; [Conflúe na variante «F» do método de García
Canalejas xusto despois de que as negras xogan 7. ... 15-26].
u 6. ... 30-27;
7.28-24, 27-18; [Conflúe na variante «D» do
método de García Canalejas xusto despois de que as negras xogan 8. ... 22-18].
u 6. … 30-21; 7.10-17, 21-11; [E estamos no suposto con «DAMA NEGRA EN “11”» do
método do Cap. Evaristo Borges publicado no ano 1957 no folleto «Passatempo Cruzadista»].
u 6. …
30-16; 7.10-17 ... [Entronca].
6.14-21, 03-16;
7.21-17 ...
Ou tamén 7.21-30 ... [Unha alternativa que gaña no mesmo número de lances] 7. ...
16-12; 8.28-23, 12-07; 9.23-10, 07-11; 10.10-01, 11-15; 11.30-21, formando a
«Posición de Arranque».
7. ... 16-20;
Agora a posición é a mesma que no suposto «DAMA NEGRA NA CASA “20”» do
método do Cap. Evaristo Borges publicado no ano 1957 no folleto «Passatempo
Cruzadista» [Base con damas en «17» e «28»].
Ningún comentario:
Publicar un comentario