sábado, 28 de decembro de 2024

Especial Nadal 2024-2025. Nº 28


Problema orixinalmente publicado como «Estudo 1219» na revista «Dambrete» no ano 1971.

Aparece na páxina 572 do volume de «Composición Artística» editado pola «Enciclopedia Damista» co Nº 583 como un dos exemplos do tema «Ataque simultáneo a dúas damas flutuantes» con esta solución:

1.25-29 …

Con estas variantes:

a) 1. ... 26-08; 2.10-19, 08x22; 3.29x06, [GB].

b) 1. … 26-30; 2.10-23, 30x20; 3.16x27, 31x22; 4.29x06, [GB].

c) 1. ... 26-21; 2.10-13, 17x10; 3.16-27, 31x22; 4.29x26, [GB].

Pero realmente o problema é insolúbel pois existe unha variante «d» non publicada na que as negras poderían defenderse con:

d) 1. ... *26-15; 2.29x12, 17-13; 3.10x17, 11-14; [EMP].

O problema está demolido. Pero quixemos usalo como unha broma aos nosos lectores por ser hoxe o día dos «Inocentes» que se celebra en España e Hispanoamérica. [Ben sendo como o dia 1 de abril en Portugal, Brasil ou paises de fala inglesa].

Os lectores deben notar a presenza do típico boneco que estaba para dar una pista.




1 comentario:

Mário Silva dixo...

Este problema mostra a beleza e dificuldade deste desporto.
Feliz ano 2025 , para todos aficionados.