Escollemos en primeiro lugar un xogo extraído do libro "Gould´s Historic and Memorable Matches" (1888), no que está implicado un dos máis celebres mestres de todos os tempos, o escocés James Wyllie (1818-1899).
Retrato de James Wyllie
[wylliedraughts.com/portrait]
Conducía as brancas o afamado teórico e tratadista John Robertson, que despois dunha arriscada apertura na que sacrificou un peón tiña acurralado a Wyllie. A crítica posición, despois do décimo sétimo movemento das brancas, pódese ver no seguinte diagrama:
Robertson vs. Wyllie
Segundo recolle Gould no seu libro, parece ser que neste momento, Peter Rule, un dos amigos de Wyllie, entrou na sala de xogo e despois de facer un precipitado inventario da situación espetoulle: "Ou, meu!, ti que fas?, como é que te metiches nunha lea coma esta?". Ao que Mr. Wyllie replicou con arrogancia: "Se eu teño un peón de máis!". De súpeto moveu 17. ... *17-13, procedendo a entregar seis pezas que desapareceron do taboleiro tan rápido como Mr. Robertson podía ir coméndoas: 18.10x26, 18-14; 19.11x18, 20x11; 20.07x14, 16x07; 21.04x11, 27-22; 22.18x27. Finalmente, o astro escocés xogou 22. ... 31x06, conseguindo así un sorprendente empate que arrancou a admiración e os aplausos dos presentes.
O seguinte modelo foi tomado dunha análise do portugués Francisco Henriques (1917-2002). O xogo está incluído na Enciclopedia Damista no estudo da variante toledana da Partida Bilateral.
As negras acaban de efectuar a súa vixésimo primeira xogada entrando en dama tal como se pode observar no diagrama que expoñemos a continuación.XOGAN BRANCAS
Dado que non vale 1.04-08 por 03-13; e se 2.11-07, 13-31; 3.07-11, 26-22; 4.11-25, 31-27; 5.25-29 ... [con idea de 24-28 e 08-12] 5. ... 27-16; 6.29-25, 19-15; 7.25-04 ... [Se 7.25-14, 22-19] 7. ... 22-09 G.N. Cal pode ser a continuación, curiosa por ser pouco frecuente no xogo práctico, coa que as brancas conseguen empatar?
Ningún comentario:
Publicar un comentario