Vifigueiredo vs. Tinsley_Peru
Xogo disputado «on-line» na Ludoteka no ano 2009
Xogo disputado «on-line» na Ludoteka no ano 2009
1.10-14, 23-19
Esta é a «Apertura do Río» tamén
coñecida como «Apertura Real», a forma máis empregada de abrir o xogo. As
negras imitan o movemento inicial das brancas e estas conservan unha case
imperceptible vantaxe só grazas a que teñen a vez.
2.14x23, 28x19; 3.09-13
...
A «Liña moderna» tan boa como a orixinal 3.05-10. A idea básica das brancas e situar máis favorablemente este peón no cadro «17» aproveitando que se o rival xoga agora 3. ... 21-17; pode ser replicado con 4.12-16, 17x10; 5.05x23, 27x20; 6.16x23, 31-28; 7.23-27 deixando moi debilitada a formación negra.
3. ... 32-28; 4.13-17 ...
Tamén se pode
xogar antes 4.12-16 seguido de 5.13-17 e o xogo non difire do desta partida.
Así entrariamos na variante que OAL bautizou como a «Bilateral» porque se fan
sucesivos movementos por ambos os dous lados do taboleiro. Outra boa opción era
4.11-15 entrando na «Oblicua Moderna».
4. ... 28-23
Menos
ofensiva é a «Defensa Andaluza» 4. ... 19-15; que leva a moitos empates polo
que hai xogadores que a esquivan movendo primeiro 4.12-16.
En cambio se
as negras escollen a «Defensa Toledana» 4. ... 27-23; pode ser ben contestada
con 5.05-10, 21-18; 6.01-05, 25-21; 7.05-09, o ataque típico da «Lateral
Dereita».
5.12-16
...
Se 5.05-10,
21-18; 6.01-05 traspoñemos a unha xenuína «Lateral Dereita». Porén coa xogada
da partida, como xa dixemos, éntrase na «Bilateral» unha variante que foi
primeiramente presentada por John Drummond na 4ª edición do seu tratado (1866)
e que el denominou como a «Flora Temple».
5. ...
21-18
Serían moi
boas alternativas:
• 5. ...
19-14; 6.07x18, 21x14; 7.06-11, e agora tanto con 7 ... 23-19; 8.11x18,
22x13; 9.05-09, 26-22; 10.09x18, 22x13; 11.01-05, como con 7. ... 22-18;
8.08-12, 23-19; 9.05-09, 23-19; 10.02-06, 27-23; 11.01-05, ou incluso 7. ...
26-21; 8.17x26, 30x21; 9.11x18, 21x14; 10.03-06, os xogos tenden a
equilibrarse.
• 5. ...
22-18; 6.08-12, 18-14; 7.11x18, 21x14; 8.06-11, 26-22; 9.11x18, 22x13;
10.07-11, 27-22; 11.03-06, 05-09; 12.05-10, 29-26; con posición máis ou menos
igualada.
6.08-12
...
O «Ataque de Maize».
6. ... 18-13
6. ... 18-13
Unha
réplica moi xogada. Interesante é a troca 6. ... 18-14; que retrasa o
ataque no centro. Outra posible liña é 6. ... 25-21; que se pode
proseguir con 7.05-10, 29-25; 8.11-15, 31-28!; 9.01-05. Mentres que a intuitiva
6. ... 19-14; precisa dunha delicada condución para non caer en moitas
das variantes perdedoras.
7.05-10, 13-09
Tamén
se podía seguir con 7. ... 22-18; non permitindo a colocación do peón branco en
"13".
8.10-13, 25-21;
9.01-05, 21-18; 10.05-10, 29-25 [??]
Neste
momento a única forma de que dispón o negro para salvarse é co sacrificio 10.
... 09-05*; 11.02x09, 24-20; 12.12-15, 19x12; 13.10-14, 29-25; 14.14x21, 25x18;
15.06-10, 20-15; 16.11-20, 23-19; para empate, unha continuación que xa viña no
tratado do Dr. Cárceles Sabater.
Non
valía 10. ... 18-14; por 11.11x18,
31-28; [Se 11. ... 29-25; 12.12-15,
19x12; 13.10-14, 24-20; 14.06-11, 22-19; 15.18-22, 19x10; 16.22x19, 12-08;
17.03-06, 10x13; 18.17-21! G.B.] 12.12-15, 19x12; 13.06-11!, 29-25; [Se 13. ... 12-08;
14.07-12, 29-25; 15.18-21!, 25x18; 16.10-14 G.B. Ou se 13. ... 24-20;
14.17-21, 26x17; 15.10-14, 17x10; 16.04-08, 22x13; 17.08x31, 30-26; 18.31x18,
10-05; 19.18-31, G.B.] 14.10-14, 22-19; 15.18-22, [GB].
POSICIÓN
DESPOIS DE 10. ... 29-25;
11.12-15 ...
Aquí as brancas
inclínanse polo «Gambito de Bassani», a liña principal que dá a «Enciclopedia
Damista». Mais como veremos isto é un erro que pode deixar fuxir a vitoria. Adecuado
era 11.11-14, 18x11; 12.07x14 e se agora:
•
12. ... 09-05; 13.02x09, 31-28; 14.12-15, 19x12; 15.04-08, 26-21; 16.08x15,
24-20; 17.15x31, 22-18; 18.17x26, 18x02; 19.31x22, 30x21; 20.22-08, con xogo
gañador.
•
12. ... 31-28; recibe o mesmo trato que 12. ... 24-20. As brancas gañan con
13.13-18 seguido de 14.17-21. Curiosamente a última destas dúas opcións xogouse
nun enfrontamento Dr. Orlando Lopes vs. Valentín Duarte das Neves do Torneo do
«Grupo Xadrez Alekhine» de Lisboa no ano 1952, pero o golpe escapóuselle ao que
logo sería primeiro campión portugués.
•
12. ... 25-21; 13.06-11, 23-20; [13. ... 24-20; 14.03-06 G.B.] 14.16x23, 27x20; 15.14x23, 20-15; 16.11x20, 24x08;
17.03-07, 22-19; 18.07-11, 26-22; 19.17x26, 30x21; 20.23-27, G.B. [Francisco
Henriques].
11. ... 19x12; 12.10-14, 12-08 [??]
A
gran fisura do gambito está en que as negras agora podían seguir con 12. ...
09-05; 13.02x09, 24-20; 14.14x21, 25x18; 15.06-10, 20-15 e empátase despois de
realizar a mesma manobra que xa indicamos na xogada décima.
XOGAN
BRANCAS E GAÑAN
Pero
se 12. ... 25-21; [Ver o
Diagrama] as brancas gañan co golpe de Brooklin 13.14-19 ... [13.04-08
gaña tamén] 13.
... 23x14; 14.16-20, 24x15; 15.07x16, 14x07; 16.03x19, 24x15; 17.13x29, [G.B.]
O
resto do xogo no que se segue unha liña de Francisco Henriques publicada no
"Tratado da Enciclopedia Damista", non merece comentarios ao haber
antes a posibilidade de empate.
13.14x21, 25x18; 14.06-10, 23-19; 15.11-14, 18x11;
16.07x23, 27x20; 17.16x23, 24-20; 18.10-14, 22-19; 19.23-28, 19x10; 20.28-32, [GB].
Ningún comentario:
Publicar un comentario