XOGAN AS BRANCAS
Circula por aí unha famosa lenda na que se conta que o final representado no diagrama superior aconteceu nun dos moitos torneos que se disputan na veciña Portugal. Os xogadores non se poñen de acordo, uns pensan que as brancas gañan, namentres outros son da opiníon de que a posición é de empate. Vostede que cre amigo lector? Eu de momento sobre isto non vou dicir nada.
Todos saben que se non existise ese «tixolo» formado polos peóns de «4» e «8» as negras conseguirían o empate de modo doado. Igualmente é coñecido, porque tamén xa foi explicado neste blog, que se nas manobras de execución as negras conseguen sacrificar o peón de «31» para poder facerse co dominio do «río» a posición tamén é de empate, pois o peón de «24» xa está moi avanzado. As brancas só poderían conseguir a vitoria se ese peón estivese retrasado para poder ir ao cadro «15» e con el formar unha «armadilla» que lembramos no seguinte diagrama.
BRANCAS GAÑAN
[Dá igual o bando que xogue]
Con todo aínda que as brancas teñan o peón en «24» existe unha excepción. Vexamos o caso no diagrama que segue onde as negras acaban de sacrificar o péon que tiñan en «31» para facer á dama branca que estaba en «23» ir a «30» e posteriormente ocuparon o «río» instalándose no cadro «14»:
Bloqueo co tema de Timoneda (1635)
XOGAN BRANCAS E GAÑAN
Aquí as brancas se permiten ás negras escapar da «paralela» o xogo é de empate, mais neste caso haI un pequeno detalle que permite a vitoria branca. O tema sen o peón branco de «24» (que agora resulta innecesario) ten xa moitos anos. Pertence ao antigo «Libro llamado ingenio» de Juan de Timoneda (1635). O seu desenlace é como segue:
1.30-21!!, 14x25; 2.03-07, 25-29; 3.07-12, 29-25; 4.12-29, 25-14; [por exemplo] 5.04-07, 14x04; 6.29-25, 04x21; 7.25x04 [GB].
* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
Volvendo á situación que presentamos no primeiro diagrama, nesta entrega non imos revelar o segredo, porén si presentaremos dúas importantes BASES que poden servir de gran axuda para desvelar o enigma.
Dr. Vaz Vieira
[Do blog de Delio Nunes]
Segundo se indica na «Enciclopedia Damista» a autoría das devanditas bases pertence ao campión portugués Manuel Alberto Vaz Vieira e foron publicadas no Número 367 da revista en abril do ano 1995 e posteriormente no «Tratado de Finais Prácticos» do Dr. Sena Carneiro. Realmente isto non é certo de todo, pois existe un estudo de Alexander Chochin do ano 1895 [Curiosamente tamén republicado na propia «Enciclopedia Damista» nunha antoloxía rusa que apareceu no seu 4º Volume] no que xa se amosa a posición da «Base 1» xusto despois do primeiro lance negro.
«BASE 1»
[Vaz Vieira]
XOGAN AS NEGRAS
1. ... 30-21;
A mellor forma de tratar de aguantar. A posición neste punto coincide con outra que vai aparecer [Despois de 2º lance negro] no estudo de Alexander Chochin.
Claro está que se:
• 1. ... 30-17; 2.19-10, 17x06; 3.03x13 [GB].
• Igualmente se 1. ... 30-16; 2.19-12 a dama tamén cae [GB].
Tampouco é difícil ver que se:
• 1. ... 30-27; 2.03-16 non se pode evitar o cambio da dama negra pola branca de «19» [GB].
• 1. ... 30-20; 2.03-16 e a «coroa» negra sucumbe de xeito parecido [GB].
Evidentemente non vale:
• 2. ... 21-30; por 3.19-26 [GB].
Outros intentos tamén teñen a súa refutación:
• 2. ... 21-25; 3.19-29 con idea de aplicar o tema de Timoneda consistente en encerrar a dama negra tras o sacrificio 4.04-07 e 5.29-25 [GB].
• 2. ... 21-11; 3.17-30 e as negras están bloqueadas:
► 3. ... 11-18; 4.19-22 [GB].
► 3. ... 11-06 (ou 11-02); 4.19-15 [GB].
► 3. ... 11-25; 4.19-29 ... [A primeira vista parece que con idea de aplicar o «Encerro de Timoneda», porén o remate aínda vai ser máis sinxelo] 4. ... 25-14 (ou 25-11); [Se 4. ... 25-18; 5.29-22 captura xa a dama inimiga directamente] 5.30-27 concluíndo o xogo cun fermoso disparo de «batería» [GB].
Descartando as entregas do peón ou da dama negros que levan a vitorias elementais, só resta intentar:
• 3. ... 18-11; 4.19-15 [GB].
• 3. ... 18-13 (ou 18-09); 4.19-22 [GB].
4.19-29 ...
Xa visto nos comentarios da segunda xogada na súa ramificación 3. ... 11-25. Mais para maior comodidade repetímolo agora.
4. ... 25-14;
• Se 4. ... 25-11; o desenlace é o mesmo que no tronco con esa bonita entrega de dama en «27» [GB].
• Se 4. ... 25-18; 5.29-22 con captura de dama inmediata [GB].
5. 30-27, 31x22; 6. 29x01 [GB].
* * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * * *
«BASE 2»
[Vaz Vieira]
XOGAN AS NEGRAS
1. ... 26-22;
• 1. ... 26-15; 2.23-20 ... [Bloqueo] 2. ... 15-02; [Se moven 2. ... 15-19 ou a calquera casa desatacada da diagonal «09/29» gáñase con 3.20-15] 3.03-06 e [GB].
• 1. ... 26-21; 2.13-17 ... coas seguintes posibilidades:
► 2. ... 21-30; 3.23-16 ... [E novo bloqueo] 3 ... 31-27; 4.16-12 [GB].
► 2. ... 21-25; 3.23-19, 25-18 (ou 25-11) [Se 3. ... 25-29; 4.19-12, 29-25; 5.12-29 con idea de gañar encerrando a dama negra na casa «4» tras 04-07 e 29-25] 4.17-30, 18-25 (ou 11-25); [Escapando momentaneamente do cambio de damas] 5.19-29, 25-14 (ou 25-11); [Naturalmente se 5. ... 25-18 as brancas gañan con 6.29-22] 6.30-27 a «batería» dispara [GB].
► 2. ... 21-11; 3.23-19 ...
▬ 3. ... 11-02 (ou 11-20); 4.17-30 e as negras non poden impedir o cambio da súa dama pola branca do río [GB].
▬ 3. ... 11-25; 4.19-25, 25-14; [ou se as negras van a «18» ou «11» sería o mesmo] 5.04-07, 14x04; 6.29-25 e a dama negra queda encerrada como na famosa posición de Timoneda [GB].
▬ 3. ... 11-18; 4.17-30, 18-25; [Única para evitar o inmediato cambio de damas] 5.19-29, 25-14 (ou 25-11); [obviamente 5. ... 25-18; perde con 6.29-22] 6.30-27 e a «batería» dispara rematando o xogo sen necesidade de empregar o tema do «Encerro de Timoneda» con 04-07 e 29-25 [GB].
► 2. ... 21-18; 3.23-19 ...
▬ 3. ... 18-09 (ou 18-27); 4.17-30, e as negras non poden impedir a troca de súa dama pola branca do «río».
▬ 3. ... 18-25; 4.19-29, 25-14; [Se moven a «11» ou a «18» segue igual] 5.04-07, 14x04; 6.29-25 [GB].
▬ 3. ... 18-11; 4.17-30, 11-25; [Impedindo o cambio pola ameazante dama de «19»] 5.19-29, 25-14 (ou 25-11); [Por suposto se 5. ... 25-18; 6.29-22 GB.] 5.30-27 con disparo e captura das dúas pezas negras flutuantes [GB].
2.03-12 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 2.03-12 ...
[As negras perden]
2. ... 22-09*;
Obrigado. A dama non pode quedar no aire. Se 2. ... 22-13 ou 2. ... 22-18 segue 3.24-28! e a «batería» dispara despois de 4. 23-20! [GB].
Elemental é que se 2. ... 22-29; 3.23-19 [GB].
3.23-19 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 3.23-19 ...
[As negras perden]
Ameazando o bloqueo con 12-16 se as negras van ás casas «2» ou «27».
3. ... 09-18;
Efectivamente se:
• 3. ... 09-27; 4.12-16, 27-13 [Sería o mesmo que a dama movese ás casas «9» ou «18». Ou no caso de 4. ... 27-30; a vitoria chega con 5.19-23] 5.19-22 [GB].
• 3. ... 09-02; 4.12-16, 02-09; [De optaren as negras por 4. ... 02-06 ou 4. ... 02-11; gáñase con 5.19-15] 5.19-22 GB.
Intentando ofrecer algo máis de resistencia que nas ramificacións anteriores pódese xogar:
• 3. ... 09-13; [Pero as brancas non tardan en facer efectiva a vantaxe] 4.12-03, 13-18*; [Xa sabemos que se 4. ... 13-09 ou 4. ... 13-27 prodúcese o bloqueo con 5.03-16] 5.03-17 ... e as negras poden escoller:
► 5. ... 18-09; [Con bloqueo, mais está vez pola casa «30»] 6.17-30 forzando o cambio da dama negra pola branca de «19» [GB].
► 5. ... 18-11; 6.17-30, 11-25; [Para fuxir ao cambio inmediato de damas] 7.19-29 ... [E unha vez máis temos esta posición] 7. ... 25-14 (ou 25-11) [Se 7. ... 25-18; 8.29-22 con vitoria inmediata] 8.30-27 e remate automático por «batería» [GB].
► 5. ... 18-25; 6.17-30, 25-29; [Se van a «18» ou a «11» hai remate por entrega e cambio da dama de «19»] 7.19-12, 29-25; 8.12-29, 25-14; 9.30-27 e novo disparo de «batería» [GB]
4.12-03 ...
• 4. ... 18-11; 5.03-17 ...
► 5. ... 11-02 (ou 11-20) 6.17-30 e non se pode impedir o cambio de damas [GB].
► 5. ... 11-18; 6.17-30, 18-25; [para escapar ao cambio de damas] 7.19-29, 25-14 (ou 25-11); 8.30-27 [GB].
► 5. ... 11-25; 6.19-29 con intención de 7.04-07 seguido de 8.29-25 [GB].
• 4. ... 18-21; 5.03-17 ...
► 5. ... 21-30; 6.19-26 [GB].
► 5. ... 21-25; 6.19-29, e como antes sacrifícase o peón con 7.04-07 seguido de 8.29-25 [GB].
► 5. ... 21-18; 6.17-30, 18-25; [para escapar ao cambio de damas] 7.19-29, 25-14 (ou 25-11); 8.30-27 [GB].
► 5. ... 21-11; 6.17-30, 11-25 [como sabemos, única para impedir que se troquen as damas] 7.19-25, 25-14 (ou 11); 8.30-27 [GB]
• 4. ... 18-09 (ou 18-27); 5.03-16 e bloqueo [GB].
• 4. ... 18-25; 5.03-07, 25-29; 6.07-12 [GB].
Ningún comentario:
Publicar un comentario