O lector xa debeu decatarse de que desde hai unhas semanas aumentamos o número de enlaces nos que se poden ler ou mesmo baixar libros de damas anglo-americanas. Coñecidas como "checkers" en Estados Unidos ou "draughts" en Gran Bretaña" tamén se xogan de forma federada en Irlanda, Canadá, Australia, Nova Zelandia, Alemaña, Dinamarca e Italia. O campionato mundial da modalidade [con aperturas sorteadas a 3 lances], que se disputa cada 4 anos, está en poder do gran mestre ruso-americano Alexander Moiseyev que en agosto do 2011, revalidou o seu título derrotando nun match celebrado en Cleveland ao temible aspirante italiano Michele Borghetti polo resultado de 7 xogos gañados, 6 perdidos e 26 empates. Os dous eventos máis importantes son o Torneo Americano e o Torneo Británico nos que poden participar xogadores de calquera nacionalidade. De forma alternada, os gañadores adquiren o dereito de xogar polo título mundial contra o vixente campión. Con similar sistema tamén se disputan os títulos "GAYP" [Go As You Please], denominación pola que se coñecen os eventos con apertura libre.
Aínda que varía o regulamento con respecto ás damas clásicas a estratexía de xogo é moi similar en ambas as dúas versións. Os libros da literatura damista en lingua inglesa son unha axuda moi interesante para os estudosos das damas clásicas. A maior parte das aperturas constrúense de xeito idéntico e incluso moitos xogos coinciden de forma completa como se pode apreciar lendo este blog, onde presentamos infinidade de exemplos.
Os peóns moven do mesmo xeito que nas damas clásicas. A diferenza máis notable está no movemento das damas, que na versión anglo-americana só se desprazan unha casiña para adiante ou para atrás. Tampouco contemplan as leis da cantidade e da calidade, polo que en caso de múltiples capturas poden elixir a que máis lle interese. Descartando os finais de damas e algunha que outra apertura onde se presente a mencionada alternativa para comer, os xogos de "checkers" ou "draughts" deben ser perfectamente válidos nas damas clásicas e viceversa.
Para poder estudar estes libros, o lector aínda debe saber algo moi importante:
- O taboleiro [de cor verde e amarelo] colócase de xeito inverso, co cadro escuro na esquerda.
- A saída correspondelle ás negras [ou vermellas no actual regulamento].
- A numeración das casiñas é diferente tal como se pode apreciar no seguinte diagrama:
Numeración do taboleiro de "Draughts" ou "Checkers"
Para poder reproducir os xogos directamente sen o inconveniente de ter que colocar o noso taboleiro ao revés, o mellor truco é numeralo do seguinte xeito:
Taboleiro de damas clásicas coa numeación das "Draughts" ou "Checkers".
Agora xa só resta explicalo cun exemplo:
Notación de "Draughts" ou "Checkers"
* * *
Notación de "Damas Clásicas"
Michele
Borghetti vs. Alex Moiseyev
Match polo Campionato do Mundo 2011,
Cleveland
Xogo Nº 1
1.12-15, 23-19; 2.10-13 ...
Estes son os 3 lances que deparou o sorteo. Unha variante da «Partida Paralela
Ortodoxa» que en apertura libre e máis habitual formar comezando con 1.10-13.
2. ... 19x12; 3.08x15, 21-18; 4.05-10 …
Unha
liña introducida por Víctor Oliveira e agora bastante utilizada nos torneos
portugueses.
4. … 27-23;
Tanto a
textual como 4. … 28-23; son as xogadas con máis preferencias.
5.10-14,
23-19; 6. 14x23, 28x12; 7.07x16, 25-21;
POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 25-21
Ata aquí
todo moi coñecido, mais nesta altura 7. … 32-28 é a alternativa habitual.
8.13-17, 29-25;
Nun
xogo José Luis Guerra vs. Vaz Vieira do 27º Campionato de Portugal, as negras
seguiron con 8. … 22-19. Tamén se ten xogado 8. … 31-28.
9.01-05 …
Mellor parece mover primeiro 9.11-15 para manter o control
da casa central de «19».
9. … 30-27;
Máis forte
é 9. … 22-19 ocupando esta importante casiña.
10.11-14 …
As
brancas impiden o movemento do peón «22» e ao mesmo tempo eliminan un posible
corte con 18-13. Pero 10.11-15 directamente era tan boa.
10. … 18x11; 11.06x15, 21-18;
As
negras insisten en preparar o corte, pero en damas clásicas era mellor 11. …
27-23.
12.05-10 …
Na nosa
modalidade dispoñían da «xudía» con 12.09-13, 18x09; 13.17-21, 26x17; 14.02-06,
09x02; 15.06-10, 02x20; 16.16x30 con gran superioridade, aínda que quizás as negras poidan salvarse.
12. … 18-13; 13.09x18, 22x06; 14.02x11, 32-28; 15.11-14 …
Interesante
era 15.15-19.
15. … 28-23; 16.03-06 …
Con
idea de replicar a 16. … 27-22; con 17.06-10 alcanzando unha moi forte posición.
16. … 23-20!!;
Pero
Moiseyev pon fin á loita cun artístico
empate.
17.16x30 [EMP.]
En ambas as dúas modalidades
seguiría 17. … 31-28: 18.30x21, 25x02 con xogo nulo.
1 comentario:
Enrique muito bem.Tiveste um excelente ideia ao fazer este trabalho.Ajuda muito para quem queira consultar livros de damas anglo-americanas damas clássicas ou checkeres e passar para damas clássicas.
Muito obrigado...
Abraço
Publicar un comentario