martes, 8 de maio de 2012

Por Xúpiter, como xogaba Buchanan!


Geordie o «Neno» Buchanan 
[Foto do libro do 1º Match UK vs. USA; Boston,1905] 

George Buchanan, coñecido como o «Neno» ou Geordie, foi un dos mais grandes xogadores de todos os tempos. Naceu no barrio de San Mungo en Glasgow [Escocia] o 12 de febreiro do ano 1876. Empezou a participar en competicións aos 15 anos e axiña alcanzou unha gran popularidade entre a elite dos círculos damistas. Posuía unha memoria fóra do común e unha extraordinaria destreza para calcular os lances, era un analista formidábel e cos ollos vendados podía xogar exitosamente contra varios adversarios á vez.

Desde a primeira edición no ano 1893, sempre participaba no «Torneo Escocés», un campionato de carácter aberto que se celebraba nos primeiros días do mes de xaneiro e que naquel tempo estaba considerado como o máis forte do mundo. Neste prestixioso evento conseguiu dous segundos postos nos anos 1895 e 1903, pero o seu máis grande éxito chegou cando logrou o famoso «Hat trick» vencendo sucesivamente nas edicións do 1905, 1906 e 1907. Tamén representou ao seu país en tres ocasións, ao ser seleccionado para disputar o 2º, 3º e 4º matches contra Inglaterra. Igualmente formou parte da grande escadra británica que derrotou aos americanos no famoso encontro internacional de Boston no ano 1905. A súa carreira truncouse de xeito inesperado co seu prematuro falecemento o 5 de agosto do ano 1910 a consecuencia dunha enfermidade pulmonar [posibélmente silicose] derivada da súa profesión de canteiro-marmorista.

Cando a selección escocesa de damas chegou a Londres para disputar o 2º Match contra Inglaterra, J. A. Kear, representante do equipo anfitrión quedou completamente extrañado ao ver entre os seus rivais a un descoñecido de curta idade e menuda estatura. Mirou para os seus compañeiros é exclamou: «Por Xúpiter!, pero este rapaz sabe xogar?».

Deseguido imos ver se ese rapaz sabía ou non sabía xogar.

* * * * *
_______________________________________ 

James A. Kear [pai] vs. George Buchanan
2º Match Escocia vs. Inglaterra
Primeira Sesión [14 de maio]
Salón do Café Cyprus [Londres, 1894]
________________________________________________________


1.10-14 ...

A movida recomendada polos teóricos como a máis forte. Este match foi disputado pouco antes da introdución das aperturas sorteadas a dous lances e nese tempo a gran maioría dos xogos comezaban deste xeito. Os mestres coñecían os segredos da teoría e, como imos ver, resultaba enormemente complicado poder sorprender ao rival.

1. ... 22-19

Unha das réplicas máis populares. A terceira en orde de preferencias, por detrás da habitual «Partida do Río» construída con 1. ... 23-19 ou da clásica 1. ... 22-18.

O peón desprázase en sentido cruzado con respecto ao movemento do primeiro xogador. Por tal motivo esta apertura, coñecida desde que Lorenzo Valls publicou o seu tratado no 1597, denomínase como a «Diagonal Cruzada». As negras crean un oco na parte do dobre curruncho, pero prepáranse para repeler o asalto branco a esa zona cunha reacción central.

2.05-10  ...

A experiencia demostrou que o ataque ao «dique» con 2.14-18 dirixíndose ao lado debilitado do rival non resulta demasiado produtivo cando as negras forman unha «frecha» con peóns nos cadros «19», «23» e «28». Kear, coñecedor destes pequenos detalles, emprega un plan totalmente diferente. Co lance efectuado pretende explotar o exceso de pezas negras no «Río» e xoga con idea de retardar a súa mobilidade.

Dúas interesantes alternativas son as liñas con 2.12-15 ou 2.11-15, aínda que permiten ao negro desenvolverse de modo máis desafogado.

2. ... 26-22


POSICIÓN DESPOIS DE 2. ... 26-22


A «Merengo» ou «Liña Inglesa», habitual na modalidade anglo-americana e agora xa bastante utilizada nas damas clásicas. Con todo, durante anos permaneceu inmerecidamente abandonada debido ás desfavorables referencias con que foi reseñada no «Tratado da Enciclopedia Damista».

  A defensa con máis tradición é 2. ... 27-22; [A liña dos tratadistas clásicos españois que no seu tempo utilizara con grande éxito Jacinto Alves, máis coñecido como «Nosa Amizade», sub-campión portugués no primeiro torneo oficioso que se disputou en Lisboa no ano 1957 e no que a punto estivo de arrebatar o título ao Dr. OAL] Correntemente segue con 3.11-15, 21-18; 4.14x21 e agora as negras poden escoller:


POSICIÓN DESPOIS DE 4.14x21 ...


a) 4. ... 25x18; [A captura natural formando unha posición que tamén se pode alcanzar desde a «Diagonal Transversal» con 1.10-14, 21-18; 2.14x21, 25x18; 3.05-10, 23-19; 4.11-15, 27-23] 5.10-13 ... [O célebre ataque de Juan García Canalejas (Tratado de 1650)] 5. ... 19-14; [Se 5. ... 18-14; 6.06-11!, 14-10; 7.11-14, 23-20; 8.14x23, 20x11; 9.07x14, 28x19; 10.14x23 con vantaxe branca. Ou se 5. ... 26-21; 6.13-17, 23-20; 7.17x26, 30x21; 8.07-11, 21-17; 9.06-10!, 20-16; 10.02-05, 16x07; 11.03x12, 29-25; 12.12-16 e as brancas están lixeiramente mellor] 6.13-17 ... [6.15-19, 22x15; 7.13x22, 26x19; 8.07-11, 14x07; 9.04x27, 31x22; 10.09-13, 28-23 con xogo equivalente como nun enfrontamento Luis Leite vs. Delfim Alves do Torneo de Romariz, 2011] 6. ... 23-19; 7.01-05, 28-23; 8.06-11, 32-28; [8. ... 30-27; 9.03-06, 23-20; 10.09-13, 18x09; 11.11x18, 22x13; 12.15x22, 26x19; 13.06-10, 13x06; 14.02x11, 09x02; 15.11-15, 20x11; 16.07x30 con final igualado] 9.09-13, 18x09; 10.11x27, 31x22 e aqui fou acordado o empate nun xogo Manuel Capote vs. Santos Deodato do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008].

b) 4. ... 26x17; 5.06-11, 31-27; [Unha posición que no «Tratado da Enciclopedia Damista» alcánzase coa variante: 1.10-14, 22-19; 2.05-10, 27-22; 3.11-15, 31-27; (A favorita do Jacinto «Nosa Amizade») 4.06-11, 21-18; 5.14x21, 26x17] 6.10-13, 17x10; 7.09-13, 10-06!; [Erroneamente catalogada como “perdente” no «TED» que recomenda 7. ... 19-14; 8.11x18, 29-26; 9.02-05, 23-20; 10.05x14, 20x11; 11.14-19, 22x15; 12.07x14, 24-20; 13.12x19, 20-15; 14.01-05, 28-23; 15.19x28, 32x23; 16.05-09, 15-11; 17.08-12, 23-19; 18.14x23, 27x20; 19.12-15, 11-06 EMPATE segundo unha análise de Joaquim Bravo e o Dr. Sena Carneiro] 8.03x10, 25-21; 9.13-17, 29-26; 10.02-05! ... [O citado tratado portugués segue coa máis frouxa 10.01-05] 10. ... 23-20; e agora 11.05-09 ... [Aínda que tamén é interesante o envío a dama con 11.12-16] 11. ... 21-18; 12.09-13, 18x09; 13.10-13, 19-14; 14.11x18, 20x11; 15.07x14, 28-23; 16.18-21, 22-19; 17.14-18, 09-05; 18.01x10, 24-20; 19.12-16, 20-15; 20.04-07 EMP. [Triturator 4.5 vs. Triturator 4.0; xogado nun torneo de programas para PC].

  Moi interesante é a réplica 2. ... 21-17; da que ofrecemos estes posibles seguimentos:

 3.01-05, 25-21 [Traspoñendo á «Arysire Lassie», unha liña da «Diagonal Marxinal» construída con 1.10-14, 21-17; 2.05-10, 25-21; 3.01-05, 22-18 ou 22-19 como no noso caso] e se:


POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 25-21


a) 4.09-13, 27-22; 5.14-18 ... [Ou 5.05-09, 29-25; 6.12-16, 31-27; con posibilidades equivalentes como no decisivo choque José Carlos Anjos vs. Fernando Gonçalves do Torneo de Setúbal do ano 2003] 5. ... 21x14; 6. 11x27, 31x22; 7.06-11, 29-25; 8.05-09, 24-20; 9.11-14 ... [Mala é 9.12-15 pois tras 9. ... 19x12; 10.08x31, 26-21; 11.31x18, 21x05; 12.13-18, 05-01; as negras teñen vantaxe. Pero en cambio 9.12-16 era unha boa alternativa] 9. ... 20-16; 10.12-15, 19x12; 11.08x15, 23-19; 12.14x23, 28x12; 13.04-08, 32-28; 14.08x15, 25-21;  15.02-06, 28-23; e xa nesta altura podemos dicir que a iniciativa branca está neutralizada. O xogo está equilibrado.

b) 4.12-16, 26-22; 5.14-18, 21x14; 6.11x18, 22x13; 7.09x18, 24-20; [ou 7. ... 19-14 como nun xogo Vaz Vieira vs. Víctor Oliveira do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008] 8.07-12, 20-15; 9.04-07, 28-24; 10.06-11, 15x06; 11.02x11, 27-22; 12.18x27, 31x22; 13.12-15, 19x12; 14.08x15, 30-26 con equilibrio.

c) 4.12-15, 19x12; 5.08x15, 23-19!; 6.15x22, 26x19; 7.14x23, 28x19; 8.11-14, 27-23; 9.06-11, 24-20; 10.04-08, 32-28; 11.09-13, 28-24; 12.05-09, 29-25 con xogo máis ou menos equivalente.

  3.12-15, 19x12; 4.08x15, 25-21; 5.02-05 ... [Ou 5.01-05 como na liña con 3.01-05, ramificación «c»] 5. ... 23-19; 6.15x22, 26x19; 7.14x23, 28x19; 8.07-12, 31-27; 9.11-15, 27-22; 10.06-11, 28-23; [As negras deben xogar con moito coidado pois hai moitos trucos nesta liña que favorecen ao primeiro xogador] 11.12-16, 19x12; 12.03-07, 12x03; 13.11-15, 03x13; 14.09x27, 23-19; 15.15x22, 30x23; 16.05-10, 21-18; 17.22-27, 29-25; 18.27-31, 25-21!; 19.31x13, 21-18; 20.13x20, 25x15 e as negras conseguen empatar.

 3.14-18, 19-14; 4.10x19, 23x14; 5.12-15, 26-21; 6.02-05, 28-23; 7.06-10, 32-28; 8.10x19, 23x14; 9.08-12, 29-26; 10.12-16, 17-13; 11.05-10, 14x05; 12.01x17, 21x14; 13.11x18, 28-23; 14.09-13, 23-20; 15.16x23, 27x11; 16.07x14, 24-20 con igualdade.

3.12-16 ... [Desembocando nunha variante da «Edimburgo» habitualmente construída con 1.12-16, 21-17; 2.10-14, 22-19; 3.05-10] 3. ... 19-15; [Ou 3. ... 25-21; 4.01-05 traspoñendo á liña 3.01-05 na súa ramificación «b»] 4.11x20, 24x15; 5.07-12, 26-21; 6.12x19, 21-18; 7.14x21, 23x05; 8.01x10, 25x18 tamén con equilibrio tal como nun xogo Delfim Alves vs. Luis Sá; Torneo Distrital do Porto, 2011.

  Máis frouxa é a fuga 2. ... 19-15; denominada no «TED» como a «Boston Cross» [a Cruzada de Boston], un nome tomado de antigos tratados do século XIX. Na literatura moderna é máis coñecida como a «Waterloo», en clara alusión a que as negras xogan con lixeira desvantaxe e, sen unha óptima preparación, poden ser estrepitosamente derrotadas tal como, na batalla do mesmo nome, lle sucedeu ás tropas napoleónicas.

Despois dos cambios con 3.12x19, 21-18; 4.14x21, 23x05; 5.01x05, 25x18 pódese comprobar que a estrutura branca manténse perfectamente sólida, mentres as negras quedan coa infantería de peóns moi retrasada e co flanco do dobre curruncho algo debilitado. A loita pode seguir con:


POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 25x18


6.10-14, 26-21; 7.08-12 ... [7. ... 28-23; 8.06-10, 27-22; (Ou 8. ... 23-20 traspoñendo á liña básica) 9.12-15, 32-28; 10.07-12, 23-20; 11.12-16,  28-23; 12.03-07, 30-26; 13.07-12, 22-19; 14.15x22, 26x19; 15.04-08, 20-15; 16.11x27, 18x11; 17.27-30, 11-06; 18.02x11, 31-28; 19.30x17, 29-26; 20.17x30, 28-23; 21.30x20, 24x06; 22.12-15, 19x12; 23.08x15, 06-02 EMPATE] 7. ... 24-20; 8.06-10, 23-20; 9.12-15, 32-28; 10.14-19, 20-16; 11.10-13 ... [A máis incisiva] 11. ... 30-26; 12.13x22, 27x18; 13.07-12 ... [Interesante é 13.11-14] 13. ... 16x07; 14.03x12, 21-17; [Ata aquí como no Tratado de John Drummond, edición do 1866] 15.11-14, 18x11; 16.02-06, 11x02; 17.12-16, 02x20; 18.16x32 ... [E parece que gañan as brancas e así consta no «Tratado da Enciclopedia Damista»] 18. ... 31-27!!; 19.32-28, 17-13 seguido de 26-22. Un sorprendente EMPATE mostrado por José Luis González Sanz no seu «Tratado Hipermoderno del Juego de Damas».

3.01-05 ...

A máis consecuente co plan, aínda que moitos xogadores prefiran 3.11-15, un lance que pode ser contestado con:

3. ... 23-20; [Abrindo o xogo para saír da presión] 4.14x23, 20x11; 5.07x14 ... e agora:

a) 5. ... 27x20; 6.10-13 ... [6.06-11, 20-16; 7.12-15, 28-23; 8. 10-13, 21-18 desemboca na mesma posición que tras 6.10-13]  6 ... 21-18; [6. ... 22-19; 7.14x23, 28x19; 8.01-05, 31-27; 9.13-17, 29-26; 10.05-10, 27-22; como en Tinsley vs. Banks do match do 1952, e agora con 11.12-16 as brancas teñen vantaxe] 7.14x21, 25x18; 8.6-11, 20-16; 9.12-15, 28-23; 10.01-05, 23-19; [10. ... 31-27; 11.05-10, 29-26] 11.05-10, 19x12; 12.08x15, 32-28; 13.02-06 con lixeira vantaxe branca como nun xogo Marion Tinsley vs. Richard Pask do 4º Match Internacional Estados Unidos vs. Gran Bretaña e Irlanda, celebrado en Petal [Misisipí] no ano 1983.

b) 5. ... 28x19; que tras 6.14x23, 27x20; [Traspón, coas cores revertidas, á unha variante da «Oblicua Ortodoxa» formada tras 1.11-15, 23-19; 2.10-14, 19x10; 3.05x14, 27-23; 4.07-11 e a inusual 22-19; 5.15x22, 26x10; 6.06x13] 7.10-14 ... [Aquí tamén se ten xogado 7.01-05 ou 7.06-11 pero polo xeral, en todos os casos, o xogo case sempre vai traspoñer na mesma posición que xorde tras a duodécima xogada das brancas] 7. ... 21-18; 8.14x21, 25x18; 9.01-05, 32-28; 10.05-10, 20-16; 11.12-15, 28-23; 12.06-11, 31-27; [12. ... 23-19; 13.02-06, 19x12; 14.08x15, 31-27; 15.10-14, 17-13!; para empate como nun xogo Veríssimo Dias vs. Medalha da Silva disputado en Almada na «1ª Copa da Enciclopedia Damista» no ano 1977] 13.10-13, 29-26; con xogo balanceado [Louis Ginsberg vs. Sam Gonotsky do 6º Torneo Americano disputado en Nova York no ano 1924].

  3. ... 22-18; 4.15x22, 18x11; 5.06x15, 27x18; 6.01-05 non representa máis que unha transposición de xogadas con respecto ao xogo principal. Aínda, que por suposto, as brancas teñen outras alternarivas como por exemplo 6.10-13.

3. ... 22-18


POSICIÓN DESPOIS DE 3. ... 22-18


Esta é a resposta máis habitual. Outras posibles son:

  3. ... 23-20; 4.14x23, 28x19; abrindo un pequeno abanico de posibles ramificacións.

a) 5.11-14, 31-28; 6.14x13, 28x19; 7.12-15, 19x12; 8.07x23, 27x20; 9.09-13, 21-18; 10.05-09, 32-28; 11.03-07, 28-23; e agora as brancas poden seguir con 12.06-11 ou con 12.10-14 pero ambas as dúas levan a finais practicamente igualados, neste último caso como nun xogo Luís Carvalho vs. Vaz Vieira do 21º Campionato de Portugal;  Caparica/Setúbal, 2001.

b) 5.12-16, 31-28; [Xogable é 5. ... 20-15; 6.11x20, 24x15; 7.07-11, 15-12; 8.08x15, 19x12; 9.11-14!, 12-08; 10.14-18, 22x13; 11.10x26, 29x22; 12.05-10, 22-18; 13.06-11, 32-28; 14.10-13, 28-23 etc.] 6.16x23, 27x20; 7.09-13, 21-18; 8.05-09, 20-15; 9.11x20, 24x15; 10.07—11, 28-24; 11.11x20, 24x15; 12.06-11, 15x06; 13.02x11, 30-27; 14.11-15 con final de EMPATE.

c) 5.12-15, 19x12; 6.07x23, 27x20; 7.08-12, 32-28; 8.10-14, 28-23; 9.12-15, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.05-10, 20-16; 12.15-20, 24x15; 13.11x27, 30x23; 14.03-07, 31-27; 15.10-14, 18x11; 16.06x15, 23-19; 17.15-20, 19-15; 18.07-11, 15x06; 19.02x11, 22-19, con final de EMPATE [Veríssimo Dias vs. Víctor Oliveira do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008].

d) 5.09-13, 20-15; 6.11x20, 24x15; 7.13-17, 32-28; 8.17x26, 30x21; 9.12-16 tal como nun xogo de simultáneas do excampión almadense Artur Gomes que xa publicamos neste blog [con data 27/11/2010] e no que agora o mellor é contestar con 9. ... 21-18.


Millar Hopper


  A defensa de Millard Hopper 3.... 29-26; en damas clásicas non é unha alternativa para ser recomendada pois permite un forte ataque con 4.14-18!, 21x14; 5.11x18, 22x13; 6.09x18 e agora:

  6. ... 19-14; [A preferida de Hopper] 7.10x19, 23x14; 8.06-10 e aquí cabe prestar moita atención pois chegamos ao punto culminante desta liña. Vexamos:  

a) 8. ... 27-23; [Intuitiva pero seguramente fatal] 9.10x19, 23x14; 10.12-15, 31-27; [Ou antes 10. ... 28-23; 11.08-12, 31-27; 12.03-06 como na primeira ramificación] 11.08-12 e pensamos que agora as negras están perdidas:

▬▬  11. ... 28-23; 12.03-06, 23-20; [12. ... 26-21; 13.15-19, 30-26; 14.19x28, 32x23; 15.12-15, 23-20; 16.15-19, 20-15; 17.06-10, 21-17; 18.19-23, 27x20; 19.10x19, 17-13; 20.18-22, 26-21; 21.22-27, 20-16; 22.04-08 GB] 13.15-19! ... [Nun match celebrado nas cidades de Nova York e Hartford no ano 1951 no que se disputaba o Campionato do Mundo de «Checkers» na modalidade de apetura libre, Tom Wiswell xogou 13.06-11 contra o propio Hopper, pero parece máis forte a textual. En cambio sería malo 13.06-10, 20x11; 14.10x19, 26-22; 15.19x26, 30x14; 16.*05-09 ... (Non vale 16.12-15, 25-21 GN como sucedeu nun enfrontamento Joe Schwartz vs. Leroy Adams do Torneo Americano do 2005) 16. ... 27-22; 17.09-13, 32-28; 18.12-15, 28-23; 19.13-18, 22x13; 20.15-19 e, con moitos apuros, as brancas conseguen salvarse]13. ... 20-15; 14.04-08, 32-28; [Ou 14. ... 24-20; 15.19-23, 15-11; 16.06x24, 27x20; 17.12-16, 20-15; 18.05-10, 14x05; 19.02x09, 26-21; 20.24-28!, 32x23; 21.07-12, 21x14; 22.12x28, GB] 15.12-16, 26-22; 16.19x26, 30x21; 17.07-12, 15-11; 18.06x15, 14-11; 19.18-22, 27x18; 20.02-06, 11x02; 21.05-10, 02x20; 22.16x32 GB.

▬▬ 11. ... 26-22; 12.03-06, 22x13; 13.06-10, 13x06; 14.02x11, 30-26; 15.07-11  e as brancas teñen unha posición envexábel tal como se demostrou nun xogo Karl Albrecth vs. Leroy Adams disputado tamén no Torneo Americano do ano 2005.

b) 8. ... 24-20; [Se ben as brancas conservan unha apreciábel vantaxe, esta é a continuación que debe levar ao empate] 9.10x19, 26-22; [Mellor que 9. ... 27-22; 10.18x27, 30x14; 11.07-11 con gran vantaxe das brancas] 10.19x26, 30x14; 11.07-11, 14x07; 12.04x11, 20-16; 13.12-15, 28-23; 14.05-10, 32-28; 15.11-14, 27-22; 16.10-13, 28-24; 17.02-06, 16-12; 18.06-11, 23-20!; [A única forma de activar as pezas e dando comenzo a unha bonita defensa] 19.14-19, 12-07; 20.03x12, 20-16; 21.19x26, 16x07; 22.13-18, 31-27; 23.26-29, 07-04; 24.11-14, 04-11; 25.15-20, 24x15; 26.29x12, 25-21; 27.18x25, 11x18; 28.12-19, 27-22 EMPATE.

6. ... 23-20; 7.10-13, 28-23; 8.12-16 ... e as negras quedan nunha moi delicada posición:

a) 8. ... 26-21; 9.06-11, 21x14; 10.11x18, 20-15; [10. ... 30-26; 11.05-09, 19-14; 12.02-05, 27-22; 13.18x27, 31x22; 14.07-11, 14x07; 15.04x11, 22-19; 16.13-17, 26-22; 17.09-13, 19-15; 18.11-14, 15-12; 19.08x15, 20x11; 20.14-18, 22-19; 21.18-22, 19-15; 22.22-26, 15-12;  23.26-29, 12-8; 24.05-09, 08-04; 25.29-08, 24-20; 26.08-15 e GB.] 11.07-12 ... [Se 11.05-10, 30-26; 12.13-17, 32-28; 13.18-27, 25x18; 14.16-20, 23x16; 15.10-13, 18x09; 16.02-05, 09x02; 17.03-06, 02x11; 18.07x30, 26-21; 19.17x26, 15-11; 20.30-27, 31x22; 21.26-29, 24-20; 22.29x31, 11-06 EMPATE tal como nun xogo Vítor Sequeira vs. Medalha da Silva; 21º Campionato de Portugal; Caparica/Setúbal, 2001] 11. ... 32-28; 12.05-09, 15-11; 13.12-15, 19x12; 14.08x15, 30-26; 15.03-07!, 26-21; 16.07x14, 21-17; 17.15-19, 17x10; 18.09-13, 24-20; 19.13-17, 20-15; 20.19-22, 15-11; 21.22-26, 27-22; 22.18x27, 31x22; 23.26-29 e a vantaxe branca semella decisiva [GB].

b)  8. ... 20-15; 9.05-09, 26-22; 10.13-17, 28-23; 11.09x18, 27-22; 12.18x27, 31x22; 13.07-12, 22-18; 14.04-07, 24-20; 15.07-11,32-28; 16.02-05, 30-26; 17.05-10, 18-13; 18.10-14, 19x10; 19.12x19, 23x07; 20.16x32, 07-04; 21.32x01 con vantaxe branca, aínda que cunha boa defensa as negras deben empatar este final.

  3. ... 21-17 [Foi moi usada nos primeiros tempos desta apertura á espera de 4.12-16 para aplicar o golpe con 4. ... 17-13; 5.09x18, 22x13; 6.10x17, 19x01 GN] é ben contestada con 4.14-18 e despois de 4. ... 22x13; 5.09x18, 19-14; 6.10x19, 23x14; 7.12-15, 28-23; 8.08-12, 29-26; 9.15-19, 24-20; 10.19x28, 32x23; 11.12-15, 20-16; 12.15-19 as brancas teñen unha forte posición.

4.11-15  ...

A «Enciclopedia Damista» nada trae desta continuación. Só di que a variante tórnase nun quebracabezas para o segundo xogador despois do cambio 4.12-15, 19x12; 5.08x15, pero tras 5. ... 23-20; 6.14-19 ... [A extravagante continuación 6.07-12, 28-23; (6. ... 20-16; 7.03-07, 28-23; 8.15-19 con xogo complicado tanto con 8. ... 32-28; 9.12-15, 29-26; 10.10-13 como con 8. ... 18-13; 9.10x26, 29x08; 10.05-10, 23-20; etc.) 7.12-16, 27-22 foi xogada no duelo Alfred Jordan vs. Newell Banks no 3º Torneo Americano (Chicago, 1915) alcanzando por trasposición unha variante da «Contra-Española» que habitualmente se atinxe así: 1.10-14, 22-18; 2.05-10, 23-20; 3.01-05, 28-23; 4.12-16, 26-22; 5.07-12, 22-19; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 27-22] as negras poden seguir:


POSICIÓN DESPOIS DE 6.14-19 ...


6. ... 27-23; con estas opcións:

a) 7.10-14, 20-16; 8.06-10, 23-20; [A empate fácil leva 8. ... 16-12; 9.07x16, 21-17; 10.14x21, 23x07; 11.04x11, 25x18; 12.10-14, 18-13; 13.09x18, 24-20; 14.15x24, 31-27; 15.24x31, 30-26; 16.31x22, 26x01; 17.18-22, 01-23 etc.] 9.09-13 ... [Se agora 9.03-06, 16-12; 10.07x23, 24-20; 11.15x24, 18-13;  12.10x26, 29x15; 13.11x20, 28x0; 14.20-23, 25-21; GN] 9. ... 18x09; 10.10-13, 21-18; 11.14x21 ... [Se 11.13x22, 30-26; 12.05-10, 28-23; 13.19x28, 26x12 (Vieira de Carvalho no «TED») e a posición das negras é preferíbel] 11. ... 25x18; 12.13x22, 28-23; 13.19x28, 32x23; 14.05-10, 23-19; 15.07-12, 16x07; 16.03x12, 30-26; 17.10-13, 20-16; 18.04-07, 26-21; 19.13-17, 21-18 con final igualado.

b) 7.10-13, 23x14; 8.13x22, 30-26; 9.11x18, 26x12; 10.07x23, 21x14; 11.23-27 ... [Vieira de Carvallo no «TED» dá 11.03-07, 28x19; 12.06-11, 29-26; 13.11x18, 26-22; 14.18x27, 31x22; 15.05-10, 22-18; 16.10-13, 18-14 EMP] 11. ... 31x22; 12.09-13, 28-23; 13.05-09, 32-28; 14.13-18, 22x13; 15.09x18, 29-26; 16.06-11, 14x07; 17.03x12, 24-20; 18.02-06, 28-24; 19.06-11, 20-16; 20.12-15, 26-21; 21.11-14, 23-20; 22.15-19, 20-15; 23.18-22, 15-11; 24.22-26, 11-06; 25.26-30, 21-18 leva ao EMPATE.

c) 7.19-22, 21-17; 8.09-13, 18x09; 9.10-14, 30-27; 10.14-18 ... [Lance de Joaquim Bravo no «TED», mellorando a liña de Vieira de Carvalho que seguía con 10.05-10] 10. ... 25-21; 11.18x25, 27x18; 12.06-10, 18-13; 13.03-06, 20-16; 14.15-19, 23x14; 15.11x18, 31-27; 16.18-21, 27-22; 17.21-26, 22-19; 18.07-12, 16x07; 19.04x11, 29x22; 20.25-29, 24-20; 21.29-26, 19-14; 22.26x31, 14x07 con final de EMPATE.

6. ... 29-26; 7.07-12 ... [Ou 7.10-14, 27-22; 8.05-10, 28-23; 9.19x28, 32x23; desembocando na ramificación «b» da variante «6. ... 28-23» que veremos no parágrafo seguinte] 7. ... 27-22; [Se 7. ... 28-23; 8.19x28, 32x23; 9.12-16, 21-17; 10.10-14, 26-22; 11.14x21, 25x18; 12.06-10 as brancas están mellor. Igualmente se 7. ... 18-14; 8.11x18, 20x11; 9.06x15, 21x14; 10.09-13 ...  (impedindo 10. ... 27-22; por 19-23! seguido de 13-18 e GB) 10. ... 14-11; 11.10-14 tamén é preferíbel a posición branca] 8.12-16, 18-13; 9.09x27, 30x07; 10.03x12, 20x11; 11.06x15, 21-17; 12.05-09, 31-27; 13.15-19, 28-23; 14.19x28, 32x23; 15.02-06, 23-19; 16.06-11, 26-21; 17.11-14, 27-23; 18.09-13, 24-20; 19.13-18, 20-15; 20.16-20, 23x07; 21.04x20, 19-15; e o final é de empate.

6. ... 28-23; 7.19x28, 32x23; 8.10-14, 27-22; e agora as brancas adoitan escoller unha destas dúas continuacións:

a) 9.06-10, 31-27; 10.14-19, 23x14; 11.10x26, 29x22; 12.05-10, 21-17; 13.10-14, 27-23; 14.14x21, 25x18; 15.07-12, 20-16; 16.04-08, 16x07; 17.03x12, 23-20; 18.12-16, 18-13; 19.09x27, 30x23 EMP.

b) 9.05-10 ... Un lance que dá lugar a unha posición sumamente interesante.

▬▬ Se 9. ... 31-28; nada chama á atención, as brancas teñen unha lixeirísima vantaxe e tras 10.10-13, 21-17; 11.14x21, 25x18; 12.06-10, 29-25; 13.02-06, 25-21; 14.07-12, 20-16; 15.04-08, 16x07; 16.03x12, 23-19; 17.11-14, 18x02; 18.12-16, 02x20; 19.16x32, 19-15; 20.32-14, 21-18; 21.14x25, 22-18; 22.25x20, 24x15; 23.13-18, 15-11; 24.18-21, 11-06; 25.21-25, 06-02; 26.25-29 pódese acordar o EMPATE tal como sucedeu nun enfrontamento Medalha da Silva vs. Luis Carvalho do 28º Campionato de Portugal [Odemira, 2008].

▬▬ Pero se 9. ... 29-26; prodúcese un caso de transposición bastante curioso. Despois do lance escollido polas negras, o xogo vai entroncar nunha coñecida liña da «Partida Paralela» coas cores revertidas [1.12-15, 23-19; 2.08-12, 21-18; 3.10-14, 19x10; 4.05x21, 25x18; 5.01-05, 28-23; 6.05-10, 23-19; 7.10-13, 32-28; 8.06-10, 28-23; 9.04-08]. Nesta altura é habitual seguir con 10.07-12, 20-16; 11.04-08, 16x07; 12.03x12, 21-17; 13.14x21, 25x18; 14.12-16 con xogo igualado como o disputado recentemente por Fernando Beça vs. José Carlos Anjos no Torneo comemorativo do «25 de Abril» [Oliveira de Azemeis, 2012]. Na imaxe tomada do video publicado en "DAMAS DO NORTE" podemos ver ese momento.


POSICIÓN DESPOIS DE 14. 12-16  ...


Un posible desenlace podería ser o seguinte: 14. ... 23-19; 15.02-05, 19x12; 16.08x15, 31-27; 17.16-20, 18-13; 18.09x18, 22x13; 19.05-09, 26-22; 20.09x18, 22x13; 21.15-19, 24x15; 22.11x20, 27-22; EMPATE.

4. ... 18x11  5.15x22  27x18  6.06x15  ...


POSICIÓN DESPOIS DE 6.06x15 ...


Menos común é 6.07x14, 18x11; 7.06x15. Neste caso as negras poden escoller:

7. ... 21-18; 8.10-13, 18-14; [Se 8. ... 23-20; 9.13x22, 20x11; 10.05-10, 28-23; 11.12-15, 23-19; 12.09-13, 19x12; 13.08x15, 25-21; 14.13-17 e o xogo das brancas é preferíbel] 9.13-18, 23-20; 10.15-19, 30-26; [No vixésimo segundo xogo do match polo cetro mundial Robert Stewart vs. Richard Jordan, disputado en Edimburgo no ano 1897, xogouse 10. ... 28-23; 11.19x28, 32x23; pero en damas clásicas as brancas dispoñen agora da continuación 12.18-21! e tras 25x18; 13.09-13, 18x09; 14.02-06, 09x02; 15.06-11, 14x07; 16.04x11, 02x15; 17.12x28 quedan cunha apreciable vantaxe, aínda que contra unha boa defensa o xogo debe terminar en empate] 11.04-07, 28-23; 12.19x28, 32x23; 13.09-13, 23-19; 14.18-22, 26-21; 15.22-26, 29x22; 16.13-17, 21-18; 17.17-21, 18-13; 18.21-26, 13-10; 19.05-09, 20-15!; 20.26-30, 15-11; 21.30-27, 11x04; 22.27x06, 24-20; 23.06x24, 19-15; 24.24x18, 04x21; 25.02-06 e xogando con precaución as brancas poden salvarse.

7. ... 31-27; 8.09-13, 27-22; 9.15-19, 22x15; 10.12x19, 23x14; 11.10x19, 28-23; 12.19x28, 32x23; 13.05-10, 29-26; 14.03-06, 26-22; 15.13-17, 21-18; 16.04-07, 23-19; 17.07-12, 18-14; 18.12-15, 14x05; 19.02x09,19x12; 20.08x15, 25-21; 21.17x26, 30x21; 22.09-13, 21-18; 23.15-19 EMPATE na «Guía de Robertson» [1889].

7. ... 23-20; a mellor como se pode apreciar nas seguintes continuacións:

a) 8.03-07, 20x11; 9.07x14, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.10-13, 18-14; 12.02-06, 28-23; 13.04-07, 23-19; 14.06-11, 24-20; 15.11x18, 19-14; 16.13-17, 31-27; 17.17-21, 32-28; 18.09-13, 28-23; 19.05-09, 23-19; 20.18-22, 27x18; 21.13x22, 20-15; 22.21-26, 30x21; 23.22-17, 15-11; 24.27-30, 11x04; 25.30x17, 04-11; 26.17-13, 11-20; 27.13-03, 29-25; 28.12-16, 20-24; 29.03-13, 19-15; 30.16-20, 24-28; 31.13-06, 14-11; 32.06-03, 28-32; 33.20-24, 32-19; 34.03-17, 11-07; 35.17-06 EMP.

b) 8.15-19, 28-23; 9.19x28, 32x23; 10.10-14, 30-27; 11.02-06, 27-22; 12.04-07, 20-16; 13.12-15, 21-18; 14.14x21, 25x18; 15.15-20, 24x15; 16.07-12, 16x07; 17.03x26, 29x22; 18.05-10, 23-19; 19.06-11, 31-28; 20.11-15, 19x12; 21.08x15, 28-24; 22.10-13, 18-14; 23.13-18 EMP.

6. ...  21-17 

6. ... 23-20; aínda que contén algún truco, non é tan xogado.

Se 7.07-11, 21-17; só supón unha trasposición.

En cambio 7.15-19, 20-15; [7. ... 21-17; 8.10-14 traspón á ramificación do xogo principal con 7.10-14 variante «b»] 8.03-06 ... [Curioso é que se 8.19-22, 15-11; 9.07x14, 18x11 que perde en «checkers» (Oldbury vs. Gigg, Torneo Inglés do 1963), dá lixeira vantaxe ás brancas na nosa modalidade] 8. ... 29-26; [8 ... 30-26?; 9.10-14 leva a un «Gañan brancas» dado por P. H. Ketchum no seu «Handy Manual» Nº2 do ano 1926. En damas clásicas podería seguir 9. ... 18x11; 10.07x14, 21-17; 11.05-10, 31-27; 12.09-13, 27-23; 13.13-18, 24-20; 14.12-16, 28-24; 15.19x28, 32x23; 16.18-22, 26x19; 17.14-18 etc e tamén G.B.] 9.12-16 ... [Mellor que 9.10-13 xogado nun enfrontamento Vítor Nedio vs. Luis Sá do 28º Campionato de Portugal disputado en Odemira no ano 2008, e que terminou con vitoria das negras] 9. ... 31-27; 10.10-13, 26-22; 11.19x26, 27-23; 12.13x22, 15-12; 13.08x15, 23-20; 14.16x23, 28x03; 15.05-10, 21-18; 16.22-27, 30x21; 17.27-30, 32-28; 18.30x17, 18-14; 19.10x19, 03x23; 20.09-13, 24-20; 21.13-18, 23-27; 22.17-30 con equilibrio.

7.07-11  ...

A última xogada negra reduciu moito a mobilidade dos peóns brancos do flanco de Río. Agora Kear reforza o control da casiña «14» para axudar na liberación da zona afectada.

  Xogable é 7.15-19, 23x14; 8.10x19 ...

a) 8. ... 29-26 [á espera de 9.12-15 para empatar co golpe 9. ... 24-20 seguido de 10. ... 31-27 e 11. ... 27-23] 9.05-10, 28-23;[Non é bo 9. ... 18-14; por 10.10-13, 17x10; 11.19-13, 28x19; 12.03-06, 10x03; 13.12-16, 03x12; 14.08x29 e deben GB] 10.19x23, 32x28; 11.07-11 ... [11. ... 26-21; 12.10-14, 31-27; con xogo igualado] 11. ... 23-20; 12.12-15, 26-22; 13.08-12, 20-16; 14.03-07, 31-27; 15.11-14, 18x11; 16.07x14, 16x07; 17.04x11, 27-23; 18.09-13, 25-21; 19.02-05, 21-18; 20.14x21, 23-19;  con final de empate.

b) 8. ... 25-21; 9.07-11, 29-25; [9. ... 28-23; 10.19x28, 25x18; 11.05-10, 29-25; 12.10-14, 31-27; 13.12-16, 17-13; 14.03-06, 21-17; 15.14x21, 25x18; 16.02-05, 24-20; 17.08-12, 23-29; 18.16x23, 27x20; 19.12-16, 18-14; 20.09x18, 14x07; 21.04x11, 19-14; 22.16x23, 14x07; 23.06-10, 07-04; EMP.] 10.02-06, 30-27; 11.06-10, 18-13; 12.09x18, 21x07; 13.04x11, 24-20; 14.19-23, 28x19; 15.12-15, 19x12; 16.08x24, 27-22; 17.11-15, 25-21; 18.10-14, 22-18; 19.14-19, 17-13; 20.05-10, 13x06; 21.03x10, 18-14; 22.10-13, 14-11; 23.13-17, 21-18; 24.17-21 con final de empate.

  Tamén se pode escoller 7.10-14, 18x11; 8.07x14, 23-20; con estas posibles maneiras de firmar o armisticio:

a) 9.03-06 permite empate rápido con 20x11 e o golpe 24-20 seguido de 17-13, 31-27 e 30-26 para 26x01.

b) 9.15-19, 31-27; [ou 9. ... 28-23; 10.19x28, 32x23; 11.04-07, 30-27; 12.02-06, 27-22; 13.12-16, 20-15; 14.14-18, 22x13; 15.09x18, 29-26; 16.05-10, 24-20; 17.10-13, 17x10; 18.06x13, 26-22; 19.18x27, 31x22; 20.07-12, 15-11; 21.12-15, 11-06; 22.15x24, 06-02; con EMP] 10.04-07, 20-16; 11.02-06, 28-23; 12.19x28, 32x23; 13.06-11, 23-20; 14.12-15, 30-26; 15.14-18, 26-22; 16.03-06, 22x13; 17.09x18, 17-13; 18.05-09, 27-23; 19.15-19, 23x14; 20.18-22, 14-10; 21.09x18, 10x03; 22.22-27, 03x12; 23.08x15, 16-12; 24.27-30, 20-16; 25.15-19, 12-07; 26.19-23, 07-03; 27.30-17, 29-26; 28.17x30, 03-13; 29.23-28 [EMP].

c) 9.05-10, 23x11; 10.03-06, 28-23; 11.06x15, 30-27; 12.04-07, 25-21; 13.02-06, 23-20; 14.15-19 con xogo igual.

7. ...  23-20 


POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 23-20


O lance habitual, pero aquí 7. ... 25-21 parece bastante interesante tamén. Vexamos:

a) 8.12-16, 29-26; 9.04-07, 26-22; 10.07-12, 24-20; 11.15x24, 22-19; 12.03-07, 23-20; 13.16x23, 19-14; 14.10x19, 31-27; 15.24x31, 27x20; 16.31x13, 17x01; 17.12-15, 01x23; 18.15x24, 23-16; 19.08-12, 21-18; 20.11-15, 18-14; 21.15-19, 14-11; 22.07x14, 16x18; 23.19-23, 18-31; 24.02-06 EMP.

b) 8.10-14, 17-13; 9.05-10, 13x06; 10.03x10, 31-27; 11.12-16, 23-20; 12.16x23, 28x12; 13.08x15, 27-23; 14.04-08, 23-20; 15.02-05, 32-28; 16.15-19, 20-15; 17.11x20, 24x15; 18.19-23, 18x11; 19.23x32, 11-07; 20.32-23, 07-04; 21.23-20, 29-26; 22.20x25, 26-21; 23.25x18, 04x21; 24.09-13, 30-27; 25.08-12, 27-23; 26.12-15, 21-17; 27.13-18, 17x20; 28.18-22 EMP.

8.12-16 ...

  Unha posible alternativa é 8.15-19, 20-15; 9.11x20, 24x15; 10.03-07 ... [Se 10.19-22, 30-27; 11.12x19, 27-23; 12.10-14, 18x11; 13.03-06, 23x14; 14.06x15, 25-21; 15.15-20, 21-18; 16.20-24, 28-23; 17.24-28, 31x24; 18.22-27, 23-19; 19.27-30, 32-28; 20.30-23, 17-13 con vantaxe das negras] 10. ... 30-27; 11.10-14, 18x11; 12.07x14, 15-11; 13.12-15, 28-23; 14.19x28, 32x23; 15.15-19, 23-20; 16.19-23, 20-15; 17.23x30, 11-07; 18.04x20, 29-26; 19.30x21, 25x11; 20.08-12, 11-07; 21.20-23, 07-04; 22.05-10, 04-08; 23.23-27, 08x05; 24.27-30 EMP.

 Pero non recomendamos 8.10-14, pois as negras montan un poderosísimo ataque tras 8. ... 20-16; 9.14x21, 16x07; 10.03x12, 25x18. O primeiro bando agora está obrigado a xogar con gran atención e coidado:

a) 11.05-10, 28-23; 12.12-16, 31-27; 13.04-07 ... [Non vale 13.10-14 por 23-19!, nin tampouco 13.02-06, 17-13; 14.10x17,18-14; 15.11x18, 23-20; 16.16x23, 27x02; e as negras gañan como nun xogo Manuel Madureira vs. José Carlos Anjos do Torneo «25 de abril»; Oliveira de Azemeis, 2011] 13. ... 29-25; [13. ... 27-22 tamén é moi forte] 14.15-20, 23-16; 15.12-15, 27-22; 16.15-20, 24x15; 17.11x20, 22-19; 18.07-11, 30-26 con idea de 26-21 e as  brancas están perdidas.

b) 11.15-19, 31-27; 12.12-15 ...[Se 12.12-16, 29-26!; 13.02-06, 27-23; 14.04-07,23x14; 15.06-10, 30-27; 16.10x19, 27-23; e as negras gañan un peón e o xogo] 12. ... 29-26; 13.19-22! ... [A mellor defensa. Con esta xogada as negras sálvanse de forma miragosa. Se 13.08-12, 24-20; 14.15x31, 27-23; 15.19x28, 32x23; 16.31x13, 17x01; 17.12-15 ... (ou 17.04-08, 23-20; 18.12-15, 01-14!! GN) 17. ... 01-10; 18.04-08, 10-06; GN] 13. ... 26x12; 14.08x15, 28-23; 15.05-10, 30-26; 16.10-14, 26-21; 17.02-06, 17-13; 18.04-07, 23-20; 19.15-19, 27-23; 20.19x28, 32x23; 21.07-12, 20-16; 22.12-15, 16-12; 23.15-19, 23-20; 24.19-23, 12-07; 25.23-28, 07-04; 26.11-15, 20x11; 27.28-32, 18x11; 28.09x25, 24-20; 29.25-29, EMPATE.

8. ... 31-27

Outros posibles ensaios son:

  8. ... 29-26;9.16x23, 28x12; 10.08x15, 31-27; e agora se:

a) 11.10-14, 24-20; 12.15x24, 32-28; 13.14x21, 25x18; 14.24x31, 27-23; 15.31x13, 17x01; 16.02-05, 01x07; 17.04x11, 26-21; 18.09-13, 21-17; 19.13-18, 17-13; 20.18-21, 13-09 EMP.

b)  11.03-07, 26-22; 12.11-14, 18x11;  13.07x14, 22-18; 14.14x21, 25x18; 15.04-08, 24-20; 16.15x24, 27-22; 17.08-12, 32-28; 18.24x31, 22-19; 19.31x13, 19-14; 20.10x19, 17x01; 21.19-22, 01-19; 22.12-16, 19x26; 23.16-20, 26-19; 24.09-13, 19-28; 25.20-24, 28-32; 26.13-18, 30-26; 27.02-06 EMP.

  8. ... 30-26; 9.16x23, 28x12; 10.08x15, 32-28; [Se 10. ... 26-22; 11.10-14 ... (Ou 11.03-06, 31-27 como na variante do xogo base con 11.03-06, 30-27) 11. ... 32-28; 12.14x21, 25x18; 13.05-10, 28-23; 14.02-06, 31-27; 15.10-14, 29-25; 16.14x21, 25x18 traspón ao xogo principal]

a) 11.02-06, 26-22; [11. ... 28-23; 12.10-14, 26-22; 13.14x21, 25x18; 14.05-10, 31-27; posición igual que a que se amosa na ramificación do tronco 14.02-06 despois da xogada 30-27] 12.10-14, 31-27; [Posible tamén é 12. ... 28-23; que obviamente, sería o mesmo que facelo na xogada anterior] 13.14x21, 25x18; 14.06-10, 27-23; [14. ... 28-23; 15.10-14, 29-25; 16.14x21, 25x18; 17.05-10 traspón ao xogo principal] 15.10-14, 24-20!; [Non vale 15. ... 29-25; pois tras 16.14x21, 25x18; 17.05-10, 23-19; 18.04-08, 19x12; 19.08x15, 17-13; (19. ... 28-23; 20.10-14, 17-13; 21.14x21, 13x10; 22.21-26, 22-18; 23.26-29, 10-05; 24.29-25 e GB) 20.10x17, 28-23; 21.17-21, 23-19; 22.21-26, 19x12; 23.26-29, 12-08; 24.29x19, 24-20; 25.19-05, 18-13; 26.09x18, 08-04; 27.11-15, 20x11; 28.18-22, 04-08; 29.01-19 GB] 16.15x31, 23-20; 17.14x21, 22-18; 18.31x13, 17x01; EMP.

b) 11.10-14, 26-22; 12.14x21, 25x18; 13.05-10, 28-23; 14.02-06, 31-27; 15.10-14 ... [Para 15.10-13 ver os comentarios da xogada troncal número 14] 15. ... 28-23; 16.14x21, 25x18 unha posición que tamén se vai alcanzar no propio xogo.

c) 11.03-07, 26-22; 12.07-12, 28-23; [12. ... 31-27; 13.02-06, 28-23; 14.12-16, 25-21; 15.15-20, 24x15; 16.11x20, 22-19; 17.20-24, 19-15; 18.24-28; 19.28-31, 23-19; 20.31x13, 19-14; 21.10x19, 17x01; 22.19-22 con final de EMPATE] 13.12-16, 25-21; 14.02-06, 23-19; 15.04-08, 19x12; 16.08x15, 29-25; 17.10-14, 31-27; 18.14-19, 18-13; 19.19x26, 27-23; 20.09x18, 21x07; 21.26-29, 07-04; [Non vale 21. ... 07-03; por 22.29-19! GB] 22.06-10, 04-18; 23.15-19 EMP.

d) 11.15-19, 26-22; 12.19x26, 29x22; 13.11-15, 28-23; 14.02-06, 23-20; 15.06-11, 31-27; 16.10-14, 20-16; 17.14x21, 25x18; 18.05-10, 16-12; 19.10-14, 18-13; 20.09x18, 22x13; 21.15-19, 13-09; 22.14-18, 09-05; 23.19-22 con final de EMP.

9.16x23  28x12  10.08x15  27-22


POSICIÓN DESPOIS DE 10. ... 27-22


  Se 10. ... 29-26 traspón ao xa visto 8. ... 29-26.

  Ou en caso de 10. ... 32-28; [con idea de se 11.10-14 efectuar o golpe 24-20; 12.15x31, 25-21; 13.31x13, 17x01 e deben GB] pode seguir:

a) 11.02-06, 28-23; 12.03-07, 30-26!; [12. ... 23-20; 13.15-19, 26-22; 14.19x26, 29x22; 15.07-12, 30-27; 16.10-14, 20-16; 17.14x21, 25x18; 18.12-15, 22-19; 19.15x31, 16-12; 20.31x13, 17x03; 21.11-14, 03-06; 22.*05-10, 06x17; 23.14-19 EMP] 13.07-12, 27-22; 14.04-08, 26-21; 15.12-16, 22-19; 16.15x22, 18-13; 17.09x18, 21x07; 18.22-27, 07-04; 19.27-31, 04-21 e as brancas deben xogar o final con moito coidado para conseguir o empate.

b) 11.03-07!, 27-22; 12.11-14, 18x11; 13.07x14, 28-23; 14.14-19, 23x14; 15.10x26, 29x22; 16.05-10, 30-27; 17.02-06, 27-23; 18.06-11, 23-20; 19.04-07, 25-21; 20.10-14, 22-18; 21.14-19, 17-13; 22.19-22, 13-10; 23.15-19, 10-05; 24.22-26, 05-01; 25.26-30 EMP.

c) 11.15-19, 17-13!; 12.10x17, 25-21; 13.17x26, 29x06; 14.02x11, 28-23; 15.11-15, 27-22; 16.05-10, 23-19;17.04-08, 19x12; 18.08x15, 30-27; 19.10-13, 27-23; 20.13-17, 23-19; 21.17-21, 19x12; 22.21-26, 12-08; 23.26-29 EMP.

11.10-14 ...

Difícil está, pero se as brancas pretenden conseguir algo máis que o empate, agora é preferible continuar con 11.03-06, 32-28; [11. ... 30-27; 12.04-07, 25-21; 13.10-14, 27-23; 14.06-10, 23-20; 15.02-06, 29-25; 16.14-19, 18-14; 17.11x27, 20x04; 18.27-30, 04-08; 19.19-23, 21-18; 20.06-11, 24-20; 21.23-27, 20-16; 22.27-31, 08-04; 23.31x13, 04x14; 24.10x19,17x01 EMP.] 12.15-20, 24x15; 13.11x20, 28-23; 14.20x27, 30x23; 15.10-14, 18x11; 16.06x15, 25-21; 17.05-10, 23-19; 18.04-08, 19x02; 19.08x15, 29-25; [As negras deben xogar con coidado. Se 19. ...21-18; 20.02-06, *17-13 tamén iguala, pero non valían nin 2. ... 29-25, nin 29-26, que perden] 20.09-13, 21-18; 21.15-19, con EMP. [George Buchanan vs. James Searight; Torneo Escocés, 1906]

11. ... 32-28

Xogando con ambición. O “hándicap” que presenta a undécima xogada das brancas é que agora permite o envío a dama con 11. ... 24-20; 12.15x24, 32-28; 13.14x21, 25x18; 14.24x31, 22-19; 15.31x13, 17x01; 16.02-05, 01x07; 17.04x11 e despois deste gran desbarato chegáse á nulidade.

12.14x21 25x18  13.05-10 28-23  14.10-14 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 14.10-14 ...


Ou se as brancas o prefiren 14.02-06, 30-27; 15.10-13 ... [15.10-14 traspón] 15. ... 17x10; 16.06x13, 23-19; 17.04-08, 19x12; 18.08x15, 27-23 EMP.

14. ... 29-25  15.14x21 25x18  16.02-06 30-27

O xogo está equilibrado. Tamén se podía xogar 16. ... 17-13; 17.04-08, 30-27; 18.08-12, 23-20; 19.12-16, 28-23; 20.06-10 para EMP.

17.06-10 23-19

Buchanan difire aquí do coñecido 17. ... 18-13; 18.09x18, 22x06; 19.03x10, 27-22; 20.11-14, 23-20; 21.14-19 EMP. [James Wyllie vs. Robert Martins; do 4º Match entre estes dous extraordinarios damistas; Glasgow, 1867].

18.04-07 ...

E James Kear, pai do famoso tratadista, busca un último recurso pois ve que se 18.04-08, 19x12; 19.08x15, as negras empatan rapidamente coa liquidación que se produce tras 19. ... 18-13, tal como indica a «Guía de James Lees» [1892] e posteriormente aconteceu nun xogo Richard Jordan vs. Robert Stewart do seu famoso match do 1897.

18. ... 19x12 19.07x16 22-19

Agora 19. ... 18-13 perde por bloqueo.

20.03-07 27-23  21.07-12 24-20


POSICIÓN DESPOIS DE 21. ... 24-20


Nesta altura son as brancas as que están bloqueadas. Ao ter que mover están forzadas a  entregar material, pero o xogador inglés pensaba recuperalo de inmediato.

22.10-14 ...

Así eliminan o dominio negro da casa «15» e poden continuar cargando sobre o peón de «20». Pero a defensa correcta sería facelo ao revés, entregar o peón de «12» e cargar sobre o de «18».

22. ... 19x10 23.12-15 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 23.12-15 ...


Todo parecía baixo control, pero ...

23. ... 18-14! [Resultado: 0-1]

As brancas quedan cun peón de menos e nada poden facer por salvar o xogo. Neste momento James Kear deuse conta do seu erro e deportivamente felicitou ao «Neno» Buchanan.

Na modalidade anglo-americana a vitoria non ofrece demasiada dificultade, pero nas damas clásicas o final resulta enormemente interesante.

Despois de 24.15x24 ... [Se 24.11x18, 20x11; 25.18-22, 10-05; 26.22-27, 05-01; 27.27-30, 23-20; 28.16x23, 01x32 GN. A técnica non precisa do «pase», basta colocar as damas en «19» e «25» forzando a entrega do peón branco] 24. ... 14x07 a posición —con cores revertidas— é a mesma que outra que xa coñecen os lectores deste blog publicada con data: 9/10/2010.

Referímonos ao final do xogo Silva Pereira vs Luis Sá do 1º Campionato de Portugal disputado en Lisboa no ano 1981, xusto cando as brancas fan 25.29x26.

No caso de hoxe tras 25.24-28, as negras gañan con: 25. ... *07-04; 26.16-20 ... [Se 26.28-31, 10-05 GN] 26. ... 23x16; 27.28-32 ...


POSICIÓN DESPOIS DE 27. 28-32 ...


27. ... 04-18!!; [Non valía 27. ... 04-14; por 28.09-13, 16-12; 29.13-18 EMP] 28.32x05, 16-20 GN.

Debido á ameaza de disparo da «batería» formada polas pezas de «15» e «20», a dama branca só pode ir aos cantos do “Río”, pois se 29.05-02 segue 20-23 e os dous peóns coroan comodamente.

As negras gañan levando o peón «16» a dama para despois manobrar colocando esta peza coroada na casiña «29» xusto despois de que as brancas se sitúen na do número «1». Así fórzase 01-32 e tras 29-25, 32-01 segue o gancho 13-10 e GN. 

Despois de tres longos días de loita, a selección escocesa na que con Buchanan xogaban outros afamados damistas como James Wyllie, Richard Jordan, Robert Stewart, A. B. Scott, William Bryden, Robert Martins ou James Moir, acabou gañando con 29 vitorias, 15 derrotas e 130 empates.

2 comentarios:

A. Gaspar dixo...

Meu Caro amigo.
Fiquei completamente extasiado com a análise deste jogo.
Os meus parabéns.

PS. Uma pergunta, para quando a Federação Espanhola de Damas? E para quando os Campeonatos Regionais e Nacionais. E entretanto, porque não vindes jogar a Portugal nos Torneios abertos ?
Meu novo Email: gutmann.gaspar@netcabo.pt

Henrique Guerra dixo...

Amigo Gaspar.

Gustáronme moito os seus eloxios. Eu igualmente son seguidor do seu blog e sérveme de moita axuda.Parabéns tamén pola súa dedicación.

No referente as preguntas, é con tristeza que lle respondo que o tema da Federación semella totalmente imposible pois aquí en España son moi escasos os afeccionados interesados no xogo. Non creo que se puidesen facer nin media centena de fichas.

Tampouco eu coñezo ningún afeccionado español que se poida enfrontar con garantías aos xogadores da elite portuguesa. En cuanto a min, inclúome no lote.

Mais eu tamén pregunto. Para que vale unha federación? Pomociónanse as damas organizando campionatos nacionais e despois agochando os xogos?

Un Abrazo e aqui estou se en algo podo axudar.

Henrique Guerra.