A teoría dos finais segue sendo o tema de estudo menos
valorado polos damistas. Nos enfrontamentos condicionados polos curtos controis
de tempo, son innumarábeis os finais nos que cometemos algunha imprecisión
debido á abafante presión do reloxo. Así, xogos que temos gañados, convértense en vulgares
empates ou xogos nos que se mantén o equilibrio transfórmanse en inesperadas derrotas.
Por isto é necesario e de vital importancia dominar a técnica dos finais
prácticos máis frecuentes e ir, pouco a pouco, aumentando o arsenal de
coñecementos neste campo. Canto máis
familiarizados esteamos cos métodos desta fase final do xogo maior será o noso
rendemento e maior será a cantidade de medios puntos que
sumaremos na clasificación final dos torneos.
«FINAIS PRÁCTICOS
BÁSICOS» Nº47
[Corrección]
Este final foi publicado no libro do Dr. Sena Carneiro
«Finais Prácticos Básicos» [1º tomo] co Nº47 e no seu pé di: “Xogan as brancas e
gañan as negras”, un enunciado totalmente equivocado tal como imos demostrar agora.
Para poder gañar, as negras teñen que intentar coroar primeiro
os dous peóns máis avanzados e logo ocupar o «Río» con unha das damas e
finalmente facer a promoción do péon de «32» para rematar coa « Forzosa».
1.*01-19 ...
Evitando o avance do peón a «15» que permitiría ás negras
realizar o seu plan sen moitos problemas.
1. ... 17-13;
O mellor intento,
pois se 1. ... 20-16; 2.19-22 obriga a mover a ficha «32» e as brancas apodéranse do «Río».
2.19-23 ...
Curiosamente nesta altura, menos entregar a dama, vale
calquera xogada. Sena Carneiro segue con
2.19-22, 13-09; 3.22-12, 09-05;
e agora, por lápsus, dá o xogo por perdido seguindo con 4.12-16,
20-15 GN.
2. ... 20-16;
Se 2. ... 20-15; 3. 23-19, 15-11; 4.19-14, 11-06; 5.14-10 e cae un dos peóns [EMP].
3.*23-19 ...
Agora é imprescindíbel cortar o paso do peón «16».
3. ... 13-09; 4.19-15 ...
As negras deben menterse na diagonal «8→29».
4. ...
09-05; 5.15-22, 05-01; [EMPATE].
Así chegamos á posición do famoso «Empate de Timoneda»
que os lectores deste blog xa coñecen [Ver entrada do 15 de marzo do 2011]. Non
se pode coroar o peón «16» sen perder o dominio do «Río». As brancas só teñen
que continuar xogando pola diagonal de corte e mantendo sempre a dama flutuante.
Deste modo dispoñen da opción de taponar á homónima negra no momento en
que tente entrar por «25» ou «4».
BRANCAS XOGAN E GAÑAN
A esta interesante situación chegouse nun dos múltiples
xogos que habitualmente se poden ver na «Ludoteka», un sitio que ofrece a
posibilidade de xogar en tempo real a través da Internet. Levaba as brancas,
Aasman, xogador marroquí que case sempre consegue unhas posicións formidables
na apertura pero que, sen ser frouxo en finais, por veces falla nesta
última fase da partida. Baixo o meu parecer, nótaselle que basea todo na súa
portentosa visión de xogo porén non lle concede demasiada importancia ao estudo
dos finais.
Nesta ocasión perdeu a oportunidade de derrotar a un dos
rivais con máis alto «ranking» na clasificación de xogadores. O Desenlace foi o
seguinte: 1.31-28?? ... [Sen
percatarse das sutilezas e só pensando no erro do rival] 1. ...
*06-03; [As negras non poden entrar
na casiña «2» pois quedarían bloqueadas
tras 2.28-24, GB.] 2.28-31,
03-06; [2. ... 03-16; tamén vale xa que se 3.31-27 non se pode evitar o cambio de pezas con 3.
... 32-20] 4.31-27 ... [Se 4.31-22
segue tamén *06-17 coa ameaza de ataque en «30»] 4. ... *06-17; 5.27-30, 17-10; 6.23-27, 32-28 e aquí non lle quedou
máis remedio que aceptar o empate.
O método vitorioso consistía en promocionar o peón «23»
pero asegurando previamente o dominio do «Río».
1.*31-18! ...
Esta é a única forma de conseguilo.
1. ... 06-03;
2.18-14 ...
Ocupando a gran diagonal no momento e no sitio preciso.
Agora o ataque ao peón con 2. ... 03-16
refútase fulminantemente con 3.14-18, 20x13; 4.09x18 GB.
2. ... 03-12;
Non hai forma de obstaculizar o avance do peón «23».
3.23-27 GB.
Agora é fácil. As brancas promocionan os dous peóns e
colocando as damas en «23», «24» e «31» forman un «gancho» que obriga a
entregar o peón negro e gañan coa «Forzosa».
BRANCAS XOGAN E GAÑAN
Nestoutro caso, a primeira vista, semella que as negras
poden empatar pois se 1.17-13 ... [Para defender os ataques
ao peón desde «16» ou «19»] 1. ...
12-03; [Igualarían tamén xogadas
tranquilas como son os desprazamentos para «7», «8», «26» ou «29» porque non
valen 2.23-27 que perde o dominio da gran diagonal, nin 2.13-10 polo ataque
dobre en «19», nin tampouco 2.13-27 que permite a ocupación da diagonal «17→30»
ameazando o ataque desde a oitava fila] 2.
13-27, 03-17; [EMP]. A posición é a mesma na que caeu
Aasman no exemplo anterior.
Pero se facemos unha análise un pouco máis profunda,
axiña poderemos ver que as brancas teñen a posibilidade de aproveitarse desa
colocación flutuante da dama negra.
1.23-27!! ...
Efectivamente, grazas a ese detalle e á existencia do
peón en «32», as brancas poden ceder momentaneamente a posesión do «Río». A construción potencial dunha das bases da
«Barca» —famoso final incluído por Pedro Ruíz Montero no seu Tratado do 1591—
garántelles a vitoria.
1. ... 12-19;
Se a dama estivese segura, por exemplo no cadro «8». Agora
as negras poderían salvarse con 1. ... 32-28; e tras 2.27-30 sacrificar o peón para poder ocupar o «Río»,
pero neste caso non é posible esa defensa.
2.27-30,
19-14;
Non se pode avanzar o peón pola «luneta» con 30-23 que
gana peza e o dominio da rúa maior.
3.17-26,
14-28;
Non 3. ... 14-10 por 4.09-13 e cae a dama.
4.09-13,
28-14; 5.13-17, 14-10; 6.17-21, 10-14; 7.21-25, 14-28; 8.26-22,
28-10; 9.30-21 ...
As brancas poden aplicar o remate de Montero que xa
coñecen os lectores deste blog. Mais hoxe imos escoller un novo método.
9. ... 10-05; 10.25-29 ...
Formando un gancho que obriga á dama negra a buscar
refuxio nas casas «23» ou «28».
10. ... 05-23;
Se 10. ... 05-28; segue 11.22-31 directamente.
11.21-07 ...
Xogada de espera para forzar á dama negra a ir a «28».
11. ... 23-28; 12.22-31,
28-10;
Se 12. ... 28-23 segue 13. 07-16 GB.
13.31-28!, 32x23; 14.07-14, 10x19; 15.29x15 GB.
BRANCAS XOGAN E GAÑAN
Outro xogo disputado na Ludoteka o pasado 12 de maio do ano
en curso. Esta vez enfrontabanse ACL50 vs. Karlb na modalidade 3ʹ+10ʺ. Vexamos que é o que aconteceu:
1.04-08 ...
Tamén valía 1.15-20 directamente. Pois tras 1. ...
03x23; 2.01x28, 22-18; [Se 2. ... 27-23; 3.*28x26! adianta o proceso]
3.28-32, 27-23; 4.*32x21!, 09-05; 5.21-17!,
05-02; 6.17-06 e cae a dama negra, GB.
1. ... 03x16; 2.15-20,
16x23; 3.01x32, 27-23;
Ou se 3. ... 22-18; 4.32-28, 27-23; 5.28x21,
09-05; 6.*11-15!!, 05-02; [Para no caer no «gancho» que se
produciría tras 6. ... 05-01 con 7.21-14 GB] 7.21-11!!, 02-05; 8.11-14, GB.
4.32x29, 09-05;
Podemos dicir que ata o momento foi ben xogado.
5.11-14?? ...
Aquí escápaselle a vitoria ás brancas. Correcto era a
sorprendente 5.29-15!!, pois agora se:
● 5. ... 05-01;
6.11-14, 01x12; 7.08x15 GB.
● 5. ... 05-02;
6.15-24, 02x15; 7.24x02 GB.
5. ... *05-02;
6.29-19, 02-11 [EMP].
«FINAIS PRÁCTICOS
BÁSICOS» Nº278
[Corrección]
XOGAN AS BRANCAS
Este Final de xogo foi primeiramente publicado na revista
portuguesa «Vida Mundial Ilustrada» polo Capitán Evaristo Borges e
posteriormente o Dr. Sena Carneiro incluíuno co Nº 278 no seu magnífico «Finais
Prácticos Básicos», unha obra imprescindíbel na biblioteca de calquera damista.
O Capitán Borges tiña o costume de asistir diariamente a
infinidade de xogos amigables que se disputaban no «Café Palladium» da cidade portuguesa
do Porto. Cando observaba algo interesante tomaba nota e despois analizaba na
casa os pormenores. Moitos dos seus traballos están inspirados neses xogos e
seguramente esta posición tamén xurdiu nalgún deles.
En contra da opinión do publicado, a vantaxe branca non vai
ser suficiente para gañar. Aínda que o Capitán descubriu un hábil recurso,
omitiu unha defensa non menos enxeñosa.
Vexamos:
1.04-07 ...
O lance co que se cría que gañaban as brancas.
● Se 1.04-08, *05-02;
2.15-19, 02-06 [Ou 2. ... 02-24] 3. 19-23, 06-11; 4.14-19, 11-15; [EMP].
● Ou se 1.15-19,
05-02; 2.14-18, 02-15; 3.18-22, 15-08; 4.04-11, 08-12; 5.11-15, 12-07; 6.15-20, 07-12; 7. 20-23, 12-16 e non hai maneira de que as
brancas progresen. [EMP].
1. ... *05-02;
Non 1. ... 05-01 xa que tras 2.15-19, 01-05; 3.07-11, 05-02;
4.11-24, 02-05; 5.24-02, 05-10; 6.02-09,
10-01; 7.09-13, 01-05; 8.13-10, 05-09; 9.19-23, 09-31; 10.14-19 GB.
2.07-11 ...
Tampouco nada arranxa
2.15-19 porque con 02-15 as negras forzan a ganancia dun peón.
2. ... *02-09!;
Esta é a defensa que escapou a Borges, quen só
consideraba a continuación 2. ... 02-05??; 3.15-19, 05-02; 4.11-24, 02-05;
5.24-02, 05-10; 6.02-09, 10-01; 7.09-13, 01-05; 8.13-10, 05-9; 9.19-23 GB.
Tras a textual as brancas teñen dúas interesantes
continuacións:
5. ... 16-07;
Non 5. ... 16-12 por 6.22-27 GB.
6.06-11, 07-03; 7.14-19,
03-12;
8.11-04 ...
Ou 8.11-15, 12-07; 9.19-23, 07-18; 10.22-26, 18-22; e EMP.
10. ... *12-08;
Nótese que se 10. ... 12-15; 11.04-08 GB.
11.04-11, 08-12; 12.11-15, 12-07; 13.19-23, *07-18;
14.22-26, 18-22; [EMPATE].
— B —
3. 11-02, 09-22;
Aquí tamén valía 3. ... 09-27.
4.14-19 ...
Se 4.15-20, 22-27; 5.20-24, 27-23 EMP.
4. ... 22-26;
Non 4. ... 22-29; por 5.02-11, 29-26; 6.11-14, 26-29; 7.14-21, 29-25; 8.21-04, 25-29; 9.04-08, 29-25; 11.15-20, 25-14; 12.20-23,
14-10; 13.08-15, 10-14, 14.15-02, 14-10; 15.02-11, 10-05; 16.11-14 GB.
5.02-05, *26-21!!;
Coidado con 5. ...
26-29; por 6.05-01, 29-26; 7.01-14, 26-29; 8.14-21,
29-25; 9.21-04, 25-29; 10.04-08 e gañan
brancas como vimos no comentario anterior.
6.15-20 ...
Se 6.19-23, 21-11; 7.15-19, 11-15; [EMP].
6. ...
21-14; [EMPATE].
Nótese que se na xogada anterior tivesen feito 5. ...
26-17??, esta manobra salvadora da dama non se podería realizar.
«A POSICIÓN DE XAVIER»
XOGAN AS BRANCAS E EMPATAN
Concluímos o artigo de hoxe cun curiosísimo estudo. Nun
dos vídeos da 1ª Fase do Campionato de Portugal [2012] que ofrece o Facebook «DAMAS
DO NORTE», podemos observar como Luís Xavier —árbitro principal do torneo e famoso
problemista— presenta a posición ao Dr. Vaz
Vieira. Nun principio pensamos que podía ser un final que aconteceu durante o
torneio, mais parece improvábel porque nese momento aínda está disputándose a
primeira sesión. Tampouco creo que sexa unha composición propia, pois aparece
coas cores trocadas. Non sei de onde a sacaría Xavier pero é unha posición
de coñecemento obrigatorio xa que pode acontecer con bastante asiduidade na práctica e non
esta incluída no libro de finais do Dr. Sena Carneiro.
A armadilla montada polas negras impide a ocupación do «Río»,
xa que se 1.30-23 segue 22-19 e a dama
cae. Dispoñen pois as brancas de dúas alternativas nas que non se ve un perigo
inmediato. Estas son 1.30-16 e 1.30-20, mais antes de xogar debemos prestar
moita atención porque unha perde,
namentres a outra si que vale para conseguir o empate. Vexamos:
PRIMEIRA
ALTERNATIVA
1.*30-20! ...
Se as negras manteñen a armadilla formada polas fichas de
«15» e «16», e chegan a coroar o peón de «22» gañarían con absoluta comodidade.
Coa xogada textual, as brancas intentan dificultar o plan enemigo evitando o
avance do peón pola casa «15». Esta é a defensa correcta.
1. ... 22-19;
Se 1. ... 18-14;
2.*20-24!, 17-30; [Se 2. ... 22-18; 3.24-15 traspón á liña principal. Posible
tamén era 2. ... 22-19; 3.24-20, 17-03; (Se 3. ... 17-30; 4.20-06 traspón á variante do tronco
con 2. ... 18-14) 4.20-02, 03-12; 5.09-13, 12-16;
6.13-18, 14-10; 7.18-31, 16-30; 8.02-11, 30x17; 9.11-14 EMP.] 3.24-31, 22-19;
4.09-13 ... [Non 4.31-22, 30-26; 5. 5.22x08, 14-11;
6.09-13, 11-07; 7.13-18, 07-04;
8.18-22, 26x19; 9.08x22, 29-26;
10.22x29, 04-08 GN.] 4. ... 14-10; 5.31-22 e o peón negro queda indefenso [EMP].
2.*20-02, 19-14;
Co paso cortado por «15», as negras buscan outra vía.
En caso de 2. ... 18-14; 3.02-24, 17-30; 4.24-06, 30-23;
5.09-13, 14-10; 6.06-02, 23-30;
7.13-18, 30-21; 8.18-22, 21-30;
9.02-11, 10-05; 10.11-06, 05-01;
11.06-17, 19-14; 12.22-26, 29x22; 13.25-29, 22-18; 14.29-22 [EMP].
3.02-15, 14-10; 4.15-19 ...
Ao non poder evitar a coroación só resta intentar
desfacer a armadilla.
4. ... 10-06;
Se 4. ... 18-14;
5.09-13, 17-26; 6.19-32, 26-22;
7.13-17, 22-19, 8.17-21, 10-05; 9.21-26, 29x22;
10.25-29, 05-01; 11.29-26, 01-10;
12.26-17, 10-03; 13.17-30, 03-16; 14.30-21, 22-18; 15.21-26, 19x29; 16.32x01 [EMP].
5.19-10, 06-02; 6.09-13!! ...
Perfecto. As brancas
conseguen desfacer a armadilla e ao mesmo tempo manteñen o dominio do «Río».
6. ... 18x09; 7.10-01 e as negras non teñen forma de progresar [EMPATE].
SEGUNDA
ALTERNATIVA
Permite ás negras xogar sen obstáculos.
1. ... 22-19!; 2. 16-30 ...
Agora a armadilla resulta determinante e as brancas non
poden parar o avance á casa «15», pois a 2.16-13 seguiría 2. .... 19-15 e a dama morre, GN.
Se 2.16-03, 19-15!; 3.09-13 ... [Forzado] 3. ... 18x09; 4.03-07, 09-05 GN.
2. ... *19-15!
As negras teñen o camiño libre. A vitoria non ofrece
dificultades e non son precisos máis comentarios.
3. 30-23, 15-12; 4. 23-05, 12-07; 5.05-19, 07-03;
6.19-32, 03-12; 7.32-05, 12-22;
8.05-02, 22-27 GN.
2 comentarios:
«FINAIS PRÁCTICOS BÁSICOS» Nº47
1.1-19 17-13 2.19-26 e se:
1) 2. … 13-9 3.22-19 Emp.
2) 2. … 13-10 3.26-17 10-5 4.17-6 20-16 5.6-15 Emp.
"Sena Carneiro segue con 2.19-22, 13-09; 3.22-12, 09-05; e agora, por lápsus, dá o xogo por perdido seguindo con 4.12-16, 20-15 GN."
2.19-22 e se:
1) 2. … 13-9 3.22-19 EMP;
2) 2. … 13-10 3.22-19 10-6 4.19-23 20-16 (4. … 20-15 5.23-19 15-11 6.19-14 EMP) 5.23-19 EMP.
Você pode e 2.19-12 13-10 (2. … 13-9 3.12-19 EMP) 3.12-3 10-5 4.3-6 20-16 5.6-15 EMP. Qualquer 2 lance no casa do Parallela 8-29, exceto para tomar seus cantos, dá um empate.
Publicar un comentario