luns, 5 de agosto de 2013

Bonifacio na crista da onda

Coa temporada damista bastante avanzada en Portugal, xa foron disputados 15 dos 22 torneos programados para este ano. No seguinte cadro podemos ver a súa relación con datas e vencedores.


Todos estes eventos realízanse nun só día —concretamente os sábados pola tarde— e constan de 5 sesións nas que se van emparellando os xogadores utilizando o Sistema Suizo.   

Este sistema que organiza aos damistas segundo o seu nivel e en forma descendente, divide o grupo en dúas metades para que se enfronten entre sí na primeira sesión. Despois ordena todos os xogadores que gañaron, reparte o novo grupo noutras dúas partes e volve a enfrontalos entre sí, facendo o mesmo cos participantes que empataron e cos que perderon. Este proceso de ir emparellando xogadores coa mesma puntuación repétese despois de cada sesión, resultando vencedor o que máis puntos totalice [1 punto por cada sesión gañada, ½ punto por cada sesión empatada e 0 puntos por sesión perdida]. No caso de que dous ou máis xogadores terminen igualados, na clasificación final primará o que máis méritos teña alcanzado segundo un criterio de desempate previamente elixido [xeralmente a suma de puntos dos damistas cos que se enfrontou].

Tan só en 4 destes torneos non foi preciso acudir ao sistema de desempate para dilucidar o campeón. Nomeadamente no 4º Torneo dos Amarelos de Setúbal onde se impuxo Manuel Custodio con 4½ puntos, no 5º Torneo da Casa do F.C. Porto de Sao Joao da Madeira gañado por Luís Sá con 5 puntos, no Torneo «25 de Abril» de Oliveira de Azemeis que se adxudicou Sergio Bonifacio tamén con 5 puntos e no 7º Torneo de Romariz no que Manuel Cardoso venceu alcanzando igualmente a máxima puntuación.

O caso máis curioso aconteceu no 6º Torneo da Casa do Povo de Lousado onde 5 xogadores terminaron empatados con 4 puntos: o vencedor José Carlos Anjos e Fernando Gonçalves, Sergio Bonifacio, Camilo Silva e Luís Miguel, que ocuparon respectivamente os postos do segundo ao quinto. 

Nas demais probas o desempate polo primeiro posto sempre afectou a dous xogadores, sendo o Torneo de Figueiró dos Vinhos o único onde o vencedor (Sergio Bonifacio) terminou igualado a 5 puntos co segundo clasificado (José Carlos Anjos).

Como ten sucedido noutras ocasións nas que se produciron empates coa máxima puntuación, unha vez máis o xogador perxudicado amosou con razón o seu descontento. É difícil de entender que facendo todo o máximo posíbel que se pode facer, un damista non poida optar ao primeiro posto. Non caben desculpas de ningún tipo para obviar semellante inxustiza, a Federación Portuguesa e os organizadores deben reconsiderar seriamente a posibilidade de recuperar as finalísimas a 5 minutos. Perder media hora máis contemplado un destes duelos sería un magnífico regalo para o resto de participantes e o mellor modo de promoción para os torneos.

Nós, pola nosa parte, seguimos intentando divulgar a modalidade dedicando o artigo de hoxe a un representante do núcleo damista do Café Avenida de Ermesinde. Referímonos a Sergio Bonifacio, ata o momento, único damista que conseguíu anotar dous plenos de 5 puntos na presente temporada.



XOGOS COMENTADOS



1.12-15, 23-19;

A «Paralela Ortodoxa» unha apertura de prognóstico virtualmente equilibrado.


2.08-12 ...

Aínda que 2.10-14 tamén ten moita presenza, esta é a continuación favorita. As brancas evitan cambios e solidifican o seu flanco debilitado. Outra posibilidade era 2.07-12 traspoñendo na «Oblicua» (1.11-15, 23-19; 2.07-11).

2. ... 28-23;

Aquí tanto 2. ... 27-23, como a liña moderna 2. ... 21-18 ou a continuación de John Drummond 2. ... 21-17 tamén gozan de marcada popularidade. Menos protagonismo esperta a «Bronx Express» caracterizada pola dobre troca con 24-20 e 19-14, que fai desaparecer gratuitamente o semi-bloqueo que as negras exercen sobre o flanco esquerdo do primeiro xogador.

3.10-13 ...

O desenvolvemento considerado como máis adecuado desde o punto de vista estratéxico.

Moi xogado tamén é 3.09-13. Incluso aínda era posíbel 3.10-14 para trapoñer á mesma ruta na que este corte se efectúa no movemento anterior. Mentres que 3.11-14 é máis axeitado se as negras teñen xogado 2. ... 27-23.

3. ... 21-17;


Invitando á troca na casa «18» con idea de xogar posicións pouco exploradas, pois os tratados consideran a liña desfavorábel para as negras e préstanlle moi pouca atención. Na altura a continuación habitual é 3. ... 21-18.

4.05-10 ...

As brancas recusan o reto e coa súa xogada entroncan nunha regular posición da liña 3.09-13 comunmente construída do seguinte xeito: 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 28-23; 3.09-13, 21-17; 4.05-09.

Pero o asalto á «casa dique» debe ser moito máis forte. Vexamos:

4.13-18, 22x13; dando lugar a estas dúas variantes:

a)    5.09x18 ... [Aínda que esta é a liña principal no «Tratado da Enciclopedia Damista», consideramos que a outra captura debe ser superior] 5. ... 19-14; e aquí se:

§   6.15-19, 32-28; 7.12-15 ... ; [Mellor é 7.12-16, traspoñendo á seguinte ramificación] 7. ... 17-13!  [A xogada que trastoca o plan blanco. Se 7. ... 26-21; 8.19-22, 23-19; 9.04-08, 19x12; 10.08x15, 27-23; (No «TED» tan só indica 10. ... 30-26; 11.15-19, 24-20; {Igualmente se 11. ... 17-13; 12.05-10, 14x05; 13.01x17, 21x14; 14.11x18, 27-23; 15.02-05, 23x14; 16.06-11, 26x19; 17.18-22, 28-23; 18.11x18, 24-20; 19.17-21, 20-15;  20.05-10, 23-20; 21.10-13, 20-16; 22.21-26, 15-12; 23.26-30, 12-08; 24.13-17, 19-14; 25.30-20, 14-10; 26.20-02, 25-21;  27.18x25, 08-04;  28.02-05, 04x27;  29.05x30, 16-12; 30.30-21, 12-08;  31.21-04, 31-27; 32.17-21, 27-23; 33.03-07, 23-20; 34.21-26, 29x22; 35.25-29, 22-18; 36.29-15, 20x11; 37.07x21, GB.} 12.07-12, 14x07; 13.12-16, 21x14; 14.16x32, 27x18; 15.03x12, GB. Como nun xogo Dr. Mendes dos Santos vs. Joaquim Biscaia) 11.05-09, 14-10; 12.06x13, 17x10; 13.09-13, 21x14; 14.11x18, 23-20; 15.15-19, 20-16; 16.13-17, 24-20; 17.17-21, 20-15; 18.21-26, 30x14; 19.22-27, 31x22; 20.19x26, 29x22; 21.07-11, 14x07;  22.03x26, 16-12; 23.26-29, 12-07;  24.29-19, 28-24;  25.19x05, EMP]  8.05-09, 26-21; 9.19-22, 23-19; 10.04-08, 19x12; 11.08x15, 21-17; 12.02-05, 13-10; 13.06x13, 17x10; 14.22-26, 29x13; 15.11x18, 28-23; 16.05x14, 23-19; 17.15x22, 25-21; 18.18x25, 27x04; 19.09x18, 04x21; 20.25-29, e as brancas conseguen un apurado empate.

§  6.12-16, 32-28; 7.15-19 ... [Ou 7.05-09, 23-19; (Inferior é 7. ... 17-13; 8.02-05, 23-19; 9.15x22, 26x19; 10.05-10, 14x05; 11.01x17, 19-15; 12.11x20, 24x15; 13.06-11, 15x06; 14.03x10, 28-23; 15.10-14, 23-20; 16.16x23, 27x20; 17.14-19, 20-15; 18.09-13, 30-27; 19.19-22, 27-23; 20.22-27, 31x22; 21.18x27, 23-19; 22.27-31, GB. Como nun xogo do Torneo de Bristol do ano 1995 no que o programa informático SAGE derrotou a George Miller) 8.15x22, 26x19; 9.06-10, 14x05; 10.01x10, 28-23; 11.07-12, 29-26; 12.02-06, 17-13; 13.10x17, 26-21; 14.17x26, 30x07; 15.04x11, 25-21; 16.09-13, 21-18; 17.13x22, 27x18; 18.11-15, 19-14; 19.15-19, 14-11; 20.19x28, 11x02;  21.12-15, 02x20; 22.16x23, 18-13; 23.28-32, 24-20; 24.23-27, 31x22; 25.32-05, 13-09;  26.05-28, 22-18;  27.03-07, 20-15;  28.28-23, 18-13; 29.23-01, 13-10; 30.01x08, 09-05; EMP.] 7. ... 26-21; [Se 7. ... 17-13; 8.11-15, 26-21; 9.19-22, 23-19; 10.16-20, 19x12; 11.07x16, 24x15; 12.05-10, 14x05; 13.01x26, 30x14; 14.22-26, GB. Como nun famoso xogo de finais do século XIX no que se enfrontaban James P. Reed vs. Harvey L. Hopkins publicado na «Enciclopedia de Kear» sen máis datos] 8.11-15, 30-26; 9.06-10 ... [Ou 9.06-11, 17-13; 10.03-06, 13-09; 11.18-22, 27x18; 12.15-20, 24x15; 13.11x27, 31x15; 14.07-11, 14x07; 15.04x20, 28-24; 16.20-23, 24-20; 17.06-11, 18-14;   18.11x18, 21x14; 19.05-10, 14x05; 20.01x10, 20-15;  21.16-20, 15-12;  22.23-27, 12-07;  23.27-30, 25-21;  24.20-23, 07-03;  25.10-13, 03x17; 26.23-28, 26-22;  27.30-26, 22-18;  28.26-19, 17-03;  29.28-32, EMP] 9. ... 24-20; 10.15x24, 26-22; 11.19x26, 29x06; 12.02x18, 21x14;  13.16-20, 23x16; 14.07-12, 16x07; 15.04x18, 17-13; 16.05-10, 13x06; 17.03x10, 28-23; 18.10-14, 23-20; 19.14-19, 20-16; 20.19-22, 25-21; 21.18x25, 27x18; 22.25-29, 18-14; 23.29-15, 14-10; 24.15-20, 16-12; 25.20-16, 12-08; 26.16-03, 08-04; 27.03x13, [EMP].

b)     5.15x22! ... ; e aquí preséntase unha nova bifurcación:

§       5. ... 27x18; agora con estas opcións:

  6.05-10 ... [Traspoñendo á liña 3.09-13. Esta vez á variante formada con 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 28-23; 3.09-13, 21-17;  4.13-18, 22x13; 5.15x22, 27x18; 6.05-09, coñecida como a «Doctor»] 6. ... 30-27; [Na «Enciclopedia de Kear» dá como liña de empate 6. ... 32-28; 7.10-14, 23-20; 8.14x21, 25x18; 9.11-15, 20x11; 10.07x21, 31-27; 11.09x18, 26-22; 12.01-05, 22x13; 13.21-25, 27-22; 14.12-15, 28-23; 15.05-10, 30-26; pero nas damas clásicas, debido á lei da cantidade seguiría 16.15-19, 23x05; 17.02x27, GB. Por isto é mellor  15. ... 23-20; 16.04-08, 20x11; 17.06x15, 13x06; 18.03x10, 30-27; 19.10-14, 27-23; 20.08-12, 17-13; 21.14-18, 23-20; 22.18x27, 20x11; 23.27-31, 11-07; 24.31x09, 07-03; 25.12-16, 03-10; EMP.] ttt [Outra posibilidade tamén é 6. ... 31-27; 7.01-05, 26-22; 8.12-16, 29-26; 9.07-12, 26-21; 10.04-08. 23-20; 11.16x23, 27x20; 12.12-16, 20-15; 13.11x20, 24x15; 14.16-20, 15-11; 15.06x15, 13x06; 16.03x10, 32-28; 17.02-06, 30-27; 18.20-24, 18-14; 19.10x26, 21-18; 20.24x31, 27-23; 21.31x13, 17x03; 22. 26-29, 03-06; 23.29-26, 06x24; 24.09-13, 23-20; 25.26-12, 20-16; 26.12-03, 25-21; EMP.] 7.10-14, 26-22; 8.14x21, 25x18; 9.01-05, 22-19; 10.05-10, 32-28; 11.12-15, 19x12; 12.07x16, 23-19; 13.03-07, 28-23; 14.07-12, 24-20; 15.04-08, 20-15; 16.11x20, 27-22; 17.20x27, 18-14; 18.09x18, 14x05; 19.02x09, 22x13; 20.09x18, 31x13; 21.12-15, 19x12; 22.08x15, 13-09; 23.16-20, 09-05; 24.20-23, 05-01; 25.23-27, 17-13; 26.27-31, 13-09; 27.06-10, 01x12; 28.31-28, [EMP].

  6.11-14! ... [Moito máis forte quea anterior opción] 6. ... 18x11; 7.09x18, 32-28; 8.07x14, 24-20; 9.05-10 ... [Tamén dá vantaxe 9.04-07, 28-24; 10.05-09, 20-16; 11.01-05, 26-21; 12.06-11, 17-13; 13.02-06, 29-26; 14.12-15, 31-27; 15.05-10, 21-17; 16.15-19, 23-20; como nun xogo Hugh Burton vs. Tim Laverty do Torneo de Florida do ano 1983 que na nosa modalidade podería seguir con 17.19-23, 26-21; 18.23-28, 27-22; 19.18x27, 30x23; 20.09x18, 23-19; 21.14x23, 21x05; 22.28-31, 20-15; 23.11x20, 24x15; 24.23-28, 15-12; 25.28-32, 05-02; 26.06-10, 12-08; 27.10-14, 02-11; 28.14-19, 11x04; 29.19-22, 04-21; 30.22-27, 21-07; 31.03x12, 16x07; EMP.] 9. ...  26-22!; [Se 9. ... 30-27; 10.01-05, 28-24; 11.05-09, 20-16; 12.03-07, 26-22; 13.12-15, 22x13; 14.09x18, 27-22; 15.18x27, 31x22; 16.06-11, 22-18; 17.14x21, 25x18; 18.11-14, 18x11; 19.07x14, 23-20; 20.15-19, 20-15; 21.19-23, 16-12; 22.23-28, 24-20; 23.14-19, 17-13; 24.10x17, 15-11; 25.19-22, 20-16; 26.28-31, 12-07; 27.22-27, 07-03; 28.27-30, 11-07; 29.04x11, 03-07; 30.11-15, 07-04; 31.31-24, GB.] 10.18x27, 31x22; 11.01-05, 25-21; 12.05-09, 28-24; 13.06-11, 20-16; 14.12-15, 30-27; 15.04-07, 23-20; 16.09-13, 27-23; 17.13-18, 22x06; 18.03x10, 29-25; 19.15-19, 21-18; 20.19x28, 20-15;  21.14x21, 25x18; 22.11x20, 24x15; 23.28-31, 17-13; 24.10x17, 18-14; [EMP].

§      5. ...  26x19; [Aínda que as negras quedan en desvantaxe, esta continuación debe ser a mellor] 6.09x18, 19-14; 7.12-15, 32-28;  8.05-10, 14x05; 9.01x10, 23-20; 10.10-14, 17-13; 11.15-19, 20-16; 12.11-15, 29-26; 13.07-12, 16x07; 14.03x12, 27-22; 15.18x27, 30x23; 16.12-16, 25-21; 17.16-20, 23x16; 18.14-18, 21x14; 19.06-10, 13x06; 20.02x18, 31-27; 21.04-07, 27-23; 22.18-22, 23x14; 23.22x29, 16-12; 24.07x16, 14-10; 25.29-19, 10-06; 26.19x32, 06-03; 27.32-19, [EMP].

4. ... 26-21; 5.11-14, 21-18; 6.14x21, 25x18; 7.06-11 ...


Moi frouxa sería 7.07-11 que despois de 7. ... 23-20!; deixa ás brancas indefensas.

7. ... 30-26;

Non vale 7. ... 31-28; por 8.10-14, 19x10; 9.15-19, 22x06; 10.13x31, GB.

A textual é unha xogada introducida por Tiago Manuel para esquivar as máis coñecidas liñas con 7. ... 29-25 ou 7. ... 29-26. Vexamos:

a)   7. ... 29-25; 8.11-14, 18x11; 9.07x14, 25-21; [Non vale 9. ... 32-28; por 10.03-06, 22-18; 11.15x22, 18x11; 12.06x15, 27x18; 13.13x22, 23-20; 14.15-19, 20-15; 15.12-16, 15-12; 16.02-06, 12-08; 17.01-05, GB.] 10.01-05 ... [10.02-05, 24-20; 11.15x24, 22-18; 12.13x22, 27x11; 13.10-14, 19x10; 14.05x14, 30-27; 15.01-05, 27-22; 16.05-10, 11-06; 17.12-15, 22-18;  18.03-07, 18x11; 19.07x14, 23-20; 20.15-19, 06-02; 21.19-22, 02-05; 22.14-19, 05x23; 23.22-26, 23-30; 24.26-29, 21-18; 25.04-07, 30-26; 26.29x13, 17x10; GN. Como nun xogo Orlando Fonseca vs. Joaquim Bravo do 3º Campionato de Portugal; Coimbra, 1983] 10. ... 23-20; 11.14x23, 20x11; 12.03-07 ... [12.12-16, 27x20; 13.16x23, 22-19; 14.13-18, 21x14; 15.03-06, 19-15; 16.10x19, 31-27; GN. Análise de John Drummond] 12. ... 27x20; 13.07x14, 31-27; [Ou 13. ... 31-28; 14.12-16, 20-15; (Moi coñecida tamén é 14. ... 28-23; 15.14-18, 21x14; 16.10x28, 17x01; 17.16x23, 22-18; 18.28-31, EMP.) 15.14-19, 30-26; 16.04-07, 15-12; 17.13-18, 22x06; 18.02x11, 12x03; 19.05-10, 03x13; 20.09x25, 17-13; 21.25-29, 28-23; 22.29x09, 23x07;  23.09-02, EMP. Como no tronco do TED que toma por modelo un xogo Joaquim Nicolau vs. Veríssimo Días disputado en Lisboa no ano 1977 e anteriormente publicado no xornal «Diário» con data 7/8/1977] 14.02-06, 22-19; 15.14x23, 20-16; 16.06-11! ... [16.23-28, 16x07; 17.04x11, 32x23; 18.11-15 ... (18.11-14 EMP.) 18. ... 23-20; 19.06-11, 27-22; 20.11-14, 20x11; 21.14-18, 21x14; 22.10x26, 17x01; 23.26-29, 11-07; 24.09-13, 07-04; GN. Como nun xogo Silva Pereira vs. Delfim Alves; Pre-Nacional de Lisboa, 1995] 16. ... 16x07; 17.23-28, 32x23; 18.13-18, 21x14; 19.10x28, 17-13; 20.09x18, 07-03; 21.28-32, 24-20; 22.05-09, 20-15; 23.11x20, 27-22; 24.18x27, 30x16; EMP.

b)      7. ... 29-26; 8.11-14, 18x11; 9.07x14, 23-20; 10.14x23, 20x11; 11.03-07, 27x20; 12.07x14, 20-15; 13.12x19, 22x15; 14.14-18 ... [Ata aquí como nun xogo John T. Denvir vs. Richard Jordan do 1º Match USA vs. Inglaterra e Escocia disputado en Boston no ano 1905] 14. ... 26-22; 15.18x27, 31x22; 16.02-06, 15-11; 17.06x15, 30-27; 18.01-05, 27-23; 19.15-19, 23x14; 20.10x26, 17x01; [EMP].

8.11-14, 18x11; 9.07x14, 26-21; 


10.03-07, 29-25; 11.07-11, 21-18; 12.14x21, 25x18; 13.02-05, 31-28; 14.04-08 ...


As brancas conservaban unha lixeira vantaxe con 14.10-14, 17x10; 15.14x21, 10-06; 16.21-25, 06-03; 17.25-29, 03x16; 18.09-13, 19x12; 19.29x08, 16-07; 20.11-15, 07-12; 21.13-17, 12x29; 22.05-10, 27-22; 23.08x26, 29x05; 24.01x10, 23-19; 25.17-21, 28-23; 26.21-25, 32-28; 27.10-13, 19-14;  28.13-18, 14-10; 29.18-22, 10-05; 30.22-27, 05-01; [EMP].

14. ... 18-14; 15.11x18, 23-20; 16.18-21, 20x11; 17.13-18 ...


Agora coa posición igualada, esta é unha boa continuación para eliminar material e evitar complicacións.

17. ... 22x06; 18.09-13, 17x10; 19.05x30, 06-03; 20.30-16, 24-20; 21.16x30, 03x16; 22.30-26, 11-06;  23.21-25, 06-02; 24.26-21, 28-23; 25.08-12 ...


Parece que as brancas intentan dominar as paralelas para asegurar o empate.

25. ... 16x03; 26.21-04 ...

Pero con esta xogada complican máis a salvación. Evidentemente non valía directamente 26.25-29 polo disparo con 26. ... 02-05; GN. Pero non comprendemos porque non seguiron con 26.01-05 e 27.25-29 completando o plan defensivo.

26. ... 03-12!; 27.25-29, 12-08; 28.29-25, 08-29; 29.04-18, 23-20; 30.18-27...

Perde. As negras cometen un novo erro que esta vez o seu rival non vai desaproveitar.

Unha posíbel defensa podía ser 30.18-14, 20-16; 31.14-07, e tendo coidado de que este peón de «16» non avance libremente e impedindo a ocupación da diagonal 4¦25, as brancas empatan.

30. ... 20-16;

Agora non se pode impedir a coroación do peón. Se  31.25-07, 29-25; 32.07-04 ...[Ou 32.07-03, 25-07; GN.]  32. ... 16-12; 33.27-16, 12-08; 34.16-07, 02-09; 35.07-03, 09-18; 36.04x21, 25x14; [GN].

31.27-09, 16-12; 32.01-05, 12-08; 33.05-10, 29-19; 34.10-13, 19-26; 35.13-17, 08-04;

Forzando a entregar o peón ou a cambiar unha das damas. O resto é simple cuestión de técnica.

36.09-18, 04x21; 37.25x14, 02-15; 38.14-21, 26-30; 39.21-18, 15-29; 40.18-11, 29-25; 41.11-15, 30-23; 42.15-24, 23-19; 43.24-20, 19-29; 44.20-02, 32-28; 45.02-24, 28-23; 46.24-28, 29-19; 47.28-24, 19-22; 48.24-02, 23-19; 49.02-05, 25-14; 50.05-02, 22-31; 51.02-09, 31-24; 52.17-21, 14x25; 53.09-05, 25-14; [GN].



1.10-14, 23-19;

Apertura «Diagonal Ortodoxa» de prognóstico igualado.

2.14x23, 28x19;

A captura habitual entrando na superfamosa «Partida do Río».

3.05-10, 32-28; 4.12-16 ...


A variante «Lateral Esquerda», favorita de Bonifacio, que ten por obxectivo primordial evitar a dobre troca na «casa dique».

4. ... 28-23; 5.08-12, 21-17; 6.11-14 ...

Unha liña con movidas críticas e armadillas para ambos os dous bandos que é preciso coñecer para xogar con garantías. Esta é a principal alternativa ao máis habitual 6.11-15.

Ata aquí tamén se podía chegar xogando previamente 4.11-14, 28-23;  5.12-16, 21-17; e agora tras 6.08-12, temos a mesma posición.

6. ... 26-21;


¥      Se 6. ... 22-18; 7.14x21, 25x18; 8.07-11, 26-22; prodúcese unha pequena trasposición interna.

¥     Ou se 6. ...  25-21; 7.07-11, 22-18; 8.04-08, 27-22; [Nesta punto tamén é interesante a recomendación do mestre Medalha da Silva 8. ... 26-22; unha liña que podería seguir con 9.02-05!, 29-25; 10.12-15, 19x12; 11.08x15, 23-20; 12.16x23, 27x20; 13.10-13, 17x10; 14.06x13, 20-16; 15.14-19, 21-17; 16.19x26, 30x21; 17.13x22, 17-13; 18.09x18, 21x07; 19.03x12, 16x07; EMPATE como nun xogo Pirra vs. Khalidd disputado a 1'+5'' na Ludoteka no ano 2005] 9.12-15, 19x12; 10.08x15, 22-19; 11.15x22, 26x19; 12.16-20, 24x15; 13.11x27, 30x23; 14.01-05, 18x11; 15.06x22, 23-19; 16.03-07 ... [A similar desenlace leva 16.03-06, 19-14; 17.10x19, 31-27; 18.22x31, 21-18; 19.31x13, 17x01; 20.19-22, 01-23; 21.06-11, 23-20; 22.11-14, 20-11; 23.14-18, 11x21; 24.22-27, EMP.] 16. ... 31-27!; [Aquí é importante indicar que a continuación do Dr. Sena Carneiro e Joaquim Bravo dada no «TED» para empate 16. ... 21-18; sería contundentemente refutada con 17.09-13!, 18x09; 18.07-11, 31-28; 19.22-27, 28-24; 20.27-30, 19-15; 21.11x20, 24x15; 22.30-20, 15-12; 23.20-11, 29-26; 24.10-14, 26-22; 25.05-10, 12-08; 26.11-04, GB.] 17.22x31, 21-18; 18.31x13, 19-14; 19.10x19, 17x01; 20.19-22, 01-14; 21.22-27, 14x04;  22.27-30, 04-14; [EMP].

7.07-11, 21-18; 8.14x21, 25x18;

A posición que antes temos indicado que se podía tamén formar na liña 6. ... 22-18.

9.03-07 ...

Nesta altura tamén se pode probar con 9.11-15, 30-26; 10.02-05 ... [10.03-07, entronca no xogo principal] 10. ... 18-13; [Se 10.. ... 26-21; sería penalizada co golpe 11.15-20!, 24x08; 12.16-20, 23x16; 13.10-13, 17x10; 14.05x30, GB.] 11.09x18, 22x13; 12.15x22, 27x18; 13.05-09, 23-19; 14.04-07, 24-20; 15.16x23, 31-28; 16.23x32, 26-21; 17.32x14, 18x02; 18.09x25, 02-05; 19.12-16, 05x04; 20.16-20, 04-14; 21.03-07, 14x04; 22.20-23, [EMP].

9. ... 30-26;


¥      Outra continuación era 9. ... 29-25; 10.11-14, 18x11; 11.06x15, 17-13; 12.10x17, 19-14; 13.07-11, 14x07; 14.04x11, con lixeira vantaxe branca como xa temos comentado neste blog ao analizar un xogo Luís Sá vs. Manuel Cardoso do Distrital do Norte disputado en Lousado no ano 2011.

¥      Se 9. ... 18-13; 10.09x18, 22x13; e aquí se:

a)   11.01-05, 13-09; 12.11-15, 27-22; 13.07-11, 29-25; 14.04-08, 30-27; 15.15-20, 24x15; 16.11x20, 25-21; [Se 16. ... 22-18; 17.12-15, 19x12; 18.08x15, 18-13; 19.20-24, 27-22; (Non 19. ... 25-21; 20.15-19, 23x14; 21.10x19, 21-18; e aquí no «TED» dáse o xogo por empatado, pero se 22.06-11 ou incluso 22.06-10, GB.) 20.15-20, 23-19; 21.20-23, 19-15; 22.23-27, 15-11; 23.06x15, 13x06; 24.02x11, 09x02; 25.27-30, 22-19; 26.15x22, 02x26;  27.30x21, 25x18; 28.16-20, 18-13; 29.20-23, 13-10; 30.23-27, 31x22; 31.24-28, 10-05;  32.28-31, 22-19; 33.31-22, 19-14; 34.22-18, 14-10; 35.18-11, EMP.] 17.12-15, 19x12; 18.08x15, 21-18; 19.20-24, 18-13; 20.*06-11!, 13x06; 21.*15-19, 23x07; 22.02x11, 09x02; 23.11-15, 02x20; 24.16x30, 07-04; 25.30-23, [EMP]. Análise de Medalha da Silva en colaboración con Víctor Calixto publicado no «Jornal de Almada» e posteriormente no «TED».

b)   11.11-14, 13-09; 12.14-18, 23-20; [12. ... 31-28; 13.07-11! ... (Sen caer na trampa, pois se 13.18-21, seguiría 13. ... 09-05!; 14.02x09, 23-20; 15.16x32, 29-25; 16.32x14, 25x02; GN. Tal como indican Bravo e Sena) 13. ... 19-15; 14.12x19, 23x07; 15.04x11, 28-23;  16.01-05, 17-13!; (Corrixindo o «TED» que dá a liña como perdida) 17.10x17, 23-19; 18.18-22, 27x18; 19.16-20, 24x15; 20.11x20, 19-15; 21.20-24, 15-12; 22.24-28, 12-07; 23.06-11, 07-04;  24.11-15, EMP.] 12. ... 23-20; 13.16x23, 27x20; 14.12-16, 20-15; 15.02-05, 09x02; 16.18-22, 02x11;  17.07x23, 15-11; 18.22-27, 31x22; 19.23-28, 11-06; 20.28-31, 30-27; 21.10-14, 06-02; 22.14-19, [EMP]. Análise do Dr. Sena Carneiro e Joaquim Bravo no «TED».

10.11-15 ...


Unha novidade introducida polo inesquecíbel ex-campión portugués José Silva Pereira nos anos 90 do século pasado. O coñecido ata aquel momento era o corte con 10.11-14, 18x11; 11.06x15 e, nesta altura, se:

a)   11. ... 26-21; [Frouxa] 12.02-05, 22-18; 13.15x22, 18-13; 14.09x25, 27x18; 15.05-09, 23-19; 16.07-11, 31-27; 17.12-15, 19x12; 18.09-13, 18x09; 19.01-05, 09x02; 20.11-15, 02x20; 21.16x30, GB. Como nun xogo Víctor Cunha vs. Mario Silva do 22º Campionato de Portugal disputado en Odemira no ano 2002]

b)   11. ... 22-18; [A liña tronco no «TED»] 12.15x22, 26x19; 13.02-05, 29-25; 14.07-11, 27-22; 15.10-13 ... [Ou 15.04-08, 25-21; 16.12-15, 19x12; 17.08x15, 23-19; 18.16-20, 19x12; 19.20-23, 12-08; 20.23-27, 17-13; 21.10x26, 18-14; 22.11x18, 22x13; 23.09x18, 31x13; EMP. Como no «TED»] 15. ... 17x10; 16.05x21, 25x18; 17.01-05, 19-14; 18.04-07, 23-19; 19.11-15, 31-27; 20.16-20, 18-13; 21.09x18, 22x13; 22.15x31, 24x08; 23.31x09, 08-04; EMP. Análise de Joaquim Bravo e o Dr. Sena Carneiro.

c)  11. ... 31-28; [Unha boa xogada que, como se indica no «TED», ata pode sorprender] Curiosamente foi utilizada no recente Torneo «25 de Abril» de Oliveira de Azemeis no terceiro xogo do enfrontamento Sergio Bonifacio vs. Camilo Silva que continuou 12.07-11 ...  [Confirmando o acertado comentario do tratado portugués, pois tras este distraído lance as brancas seguramente estar perdidas. Para manter a igualdade era necesario seguir con 12.02-05, 19-14; 13.10x19, 23x14; 14.05-10, 14x05; 15.01x10, 27-23; 16.07-11, 26-21; 17.10-14, 29-25; 18.04-08, 21-18; 19.14x21, 25x18; 20.11-14, 18x11; 21.15-20, 24x15; 22.12x26, 11-06;  23.16-20, 23x16; 24.26-29, 06-02; 25.08-12, 16x07; 26.29-19, 28-24; 27.09-13, 17x10; 28.19x01, EMP.] 12. ... 19-14!; 13.11x18, 22x06; 14.02x11, 26-21; [Un tremendo erro que reverte totalmente a valoración. As negras dispoñían agora dun potentísimo ataque con 14. ... 27-22; ao que podía seguir 15.04-08, 23-19!; (Superior á continuación do «TED» 15. ... 22-18; 16.01-05, 26-22; 17.05-10, 29-26; 18.10-14, 26-21; 19.14-19, 23x07; 20.15-20, 24x15; 21.12x26 que nesta altura dá por finalizada a análise con vantaxe negra. Mais neste caso resulta insuficiente para conseguir a vitoria: 21. ... 07-03; 22.16-20, 18-14; 23.26-30, 03-16; 24.20-23, 28x19; 25.09-13, 17x10; 26.30x06, 16-03; 27.06-20, 14-10; 28.20-23, 19-14; 29.23-19, 03-06; 30.19-28, 06-15; 31.28-23, 15-19; 32.23-32, EMP.) 16.01-05, 28-23; 17.05-10, 26-21; 18.10-14, 19x10; 19.11-14, 22-18; 20.15-19, 18x11; 21.19x28, 11-07; 22.28-32, 10-06; 23.12-15, 07-03 (Non 23. ... 07-04�; por 24.32-10, 06-03; 25.15-19, 03x13; 26. 09x25, 04-14; 27.19-22, 14-23; 28.08-12, 23-30; 29.12-15, 17-13; 30.16-20, 30x16; 31.22-26, 29x22; 32.25-29, 22-18; 33.29-25, 18-14; 34.25x11, 16-23; 35.11-06, 13-09; 36.15-20, 23x16; 37.06-10, EMP.) 24.15-19, 03-07; 25.19-22, 07-18;  26.32-10, 18x31; 27.10x03, 21-18; 28.08-12, 18-14;  29.03-07, 31-18; 30.07-03, 14-11; 31.12-15, 18-14; 32.09-13, 17x10; 33.03x13, 11-07; 34.13-09, 07-03; 35.09-02, 29-25; 36.02-09, 03-12; GN. Pero despois da xogada efectuada por Camilo, son as brancas as que están perdidas] 15.11-14 ... [Incribelmente Bonifacio dilapida a oportunidade deixando pasar este vistoso golpe 15.09-13!, 17x10; 16.01-05, 10x01; 17.11-14, 01x19; 18.15x31, GB.] 15. ... 27-22; 16.01-05, 22-18;  17.15-19, 18x11; 18.19-22, 11-06; 19.05-10, 06-02; 20.22-27, 02-20;  21.10-14, 20-11; 22.14-19, 23x14; 23.27-30, 17-13; [Entregando o xogo. Aínda era posíbel a salvación con 23. ... 11-07!; 24.04x25, 28-23; 25.30x20, 24x08; EMP.] 24.30x32,  [GB].

10. ... 18-14;

Interesante tamén é 10. ... 18-13; 11.09x18, 22x13; 12.15x22, 26x19; 13.07-11, 27-22; 14.11-15, 29-25; 15.04-08, 13-09; 16.06-11, 25-21; 17.11-14, 24-20; 18.15x24, 22-18; 19.12-15, 19x12; 20.08x15, 18x11;  21.10-14, 11-07; 22.15-20 ... [Ou 22.15-19, 21-18;  23.14x21, 23x14; 24.21-26, 07-04; 25.26-29, 04-08; 26.16-20, 17-13; 27.20-23, 13-10; 28.24-28, 31x24; 29.23-28, 14-11; 30.28-31, 10-06; 31.31-22, 08x26; 32.29x08, 06-03; 33.08-04, EMP.] 22. ... 07-04; 23.20x27, 31x22; 24.24-28, 04x18; 25.28-31, 22-19; 26.31x13, 17x10; 27.16-20, 19-14; 28.20-23, 21-18; 29.23-28, 10-06; 30.02x11, 14x07; 31.28-32, 18-13; 32.01-05, 09x02; [EMP].

11.09-13 ...


¥  Máis combativa que 11.06-11, 14x05; 12.01x10, 22-18; 13.15x22, 26x19; 14.11-14, 18x11; 15.07x14, 27-22; 16.04-08, 24-20; 17.02-06, 22-18; 18.14x21, 20-15; 19.21-26, 29x22; 20.10-14, 19x03; 21.12x26, 03-07; 22.*26-29, 07-25; 23.29-22 ... [As brancas tamén podían seguir con 23.29-26, pero calquera outra xogada perde debido ao tiro con 17-13. Se 23.29-12, xogan primeiro 23-20 ou se 23.08-12, 23-19.] 23. ... 25-18; 24.22x13, 17x10; 25.09-13, 10-06; 26.13-18, 06-02;  27.18-21, 02-15;  28.21-25, 15-29; 29.08-12, 29x08; 30.16-20, 23x16; 31.25-29, 31-28; 32.29-25, 08-29; 33.25-14, [EMP].

¥  Mala era 11.01-05, por 11. ... 14-11!; 12.07x14, 24-20; [Necesaria, pois se as negras xogan directamente 12. ...17-13; seguiría 13.09x18, 22x13; 14.15x22 e GB.] 13.15x24, 17-13; 14.10x17, 19x01; GN.

11. ... 14x05; 12.01x10, 26-21;


Frouxa é 12. ... 19-14; que foi xogada nun dos torneos de Gondomar nun enfrontamento Víctor Oliveira vs. Veríssimo Días no que as negras acabaron perdendo.

13.06-11 ... 

Curiosamente na variante con 5.11-14, se as negras optan por 5. ... 21-18; tras 6.14x21, 25x18; 7.08-12, 26-21; 8.06-11, 21-17; 9.03-06, 30-26; 10.11-15, 18-14; 11.06-11 ... [Ou 11.09-13 primeiro] 11. ... 14x05; 12.01x10, 26-21; 13.09-13, chegamos a idéntica posición.

13. ... 29-25;

Semella que as brancas perden un peón. Nótese que non valía directamente 13. ... 21-18; por 14.16-20! seguido de 11-14 e GB.

14.11-14 ...


Nesta altura as brancas tamén dispoñían de outra interesante continuación:

14.02-05 … ;  e agora se:

a)     14. … 21-18; 15.05-09, 19-14; 16.10x28, 17x10; 17.28-32, 10-06; 18.11-14, 18x11; 19.07x14, 06-03; 20.14-18, 22x13; 21.09x18, 27-22; 22.18x27, 31x22; 23.32-23, 03-13; 24.23-10, 13x20; 25.16x23, 22-18; 26.23-28, 18-14; 27.28-32, 14-11;  28.32-10, 24-20;  29.12-15, 20-16; 30.15-20, 16-12; 31.20-24, 12-07;  32.10-03, 25-21;  33.03x12, 11-06;  34.24-28, [GB].

b)      14. ... 19-14; 15.10x26, 17x01; 16.26-29, 27-22; 17.29x32, 31-28; 18.32x23, 01x28; 19.16-20, 21-17; 20.12-16, 17-13;  21.07-12, 28-05; 22.20-23, 05x32; 23.15-19, 32x07;  24.04x11, 13-10; 25.11-14, 10-05; 26.14-18, 05-01; 27.18-22, 01-19; 28.22-27, 19x08;  29.16-20, 24x15;  30.27-31, 15-11;  31.31-28, [EMP].

c)     14. ....  23-20; 15.16x30, 31-27; 16.30x14, 21-18; 17.14x21, 25x02; 18.10-14, 02-05;  19.04-08, 05x19;  20.11-14, 19x01;  21.15-20, 24x15;  22.12x26, [EMP].

14. ... 21-18; 15.14x21, 25x09; 16.07-11 ...

Pero esta xogada obriga ás negras a devolver o material.

16. ... 24-20;

Se 16. ... 31-28; as brancas replicarían con 17.04-07! con gran vantaxe.

17.15x24, 22-18; 


18.12-15 ...

Aquí aparta do máis coñecido 18.04-08, 18-13; 19.24-28, 31x24; 20.11-15, 13x06; 21.15x31, 06-03; [EMP]. Como nun xogo Silva Pereira vs. Medalha da Silva do Campionato de Portugal disputado en Setúbal no ano 1993.

18. ... 19x12; 19.10-14 ... 



19. ... 12-07;

Ou 19. ... 18-13; 20.11-15, 13-10; 21.15-19, 10-05; 22.19x28, 17-13; 23.28-32, 13-10; 24.32-19, 05-01; 25.19x08, 10-06; 26.02x11, 01x23; 27.08-26, 09-05; 28.26-21, 05-02; [28. ... 05-01;  29.21-30, 23-05; 30.30x20, EMP.] 29.11-15, 02x20; 30.21-14, 23x10; 31.16x30, [EMP].

20.14x21, 07-03; 21.21-25, 03-07; 22.11-15, 07-21; 23.25-29, 21-30; 24.15-20, 17-13; 25.29-15, 27-22;

Se 25. ... 13-10;  26.24-28, 31x24;  27.15-08, 24x15; 28.08x05, 23-20; 29.16x23, 27x20; [EMP].

26.15x29, 13-10; 27.20x27, 30x23; 28.16-20, 23x16; 29.29-19, 09-05; 30.02x09, 10-06; [EMP]. 

2 comentarios:

Henrique Guerra dixo...

Con data 15/08/2013 contactou con nós Nuno Vieira, actual campión de Portugal de rápidas, comentando algúns dos pormenores do xogo Bonifacio vs. Gonçalves.

A raíz desta conversación decidimos engadir os aditamentos á xogada 14 das brancas

Henrique Guerra dixo...

Con data 16/08/2013 recibimos un e-mail do gran mestre portugués Víctor Oliveira notificando que a variante 14.02-05 que se puido dar no xogo Bonifacio vs. Gonçalves non está incluída no TED, pero que el xa a coñece desde hai aproximadamente uns 15 anos, cando lle foi amosada polo inesquecíbel mestre almadense José Silva Pereira.