Chámase
golpe á combinación decisiva constituída por unha serie de lances forzados a
partir de determinada posición de xogo.
Estas
posicións son case sempre oriúndas de lances erróneos, mais xeralmente de
efectos tan ocultos, remotos ou imprevisíbeis, que ninguén, por mellor xogador
que sexa, está libre de cometer tales deslices.
[Francisco
Henriques. "Enciclopédia Damista", Nº62. Abril, 1962]
Xa temos publicado bastantes golpes neste blog, algúns deles merecentes de formar parte da antoloxía como o «Calote de Wyllie» na "Partida Heroica", o «Tiro Longo de Canalejas» na "Partida Española", a «Dobre Xudía» de Artur na "Partida Cruzada", o «Golpe de Saukell» na "Partida Contra-Española" e moitos outros. Agora acrecentamos a colección con tres máis.
GOLPE DE VALLS
Saíu á luz por primeira vez no ano 1597 no «Libro del Juego de las Damas por otro nombre el Marro de Punta» do autor clásico español Lorenzo Valls, coñecido tamén como o «Valenciano», xa que así era como lle chamaron os sucesivos tratadistas que foron aparecendo con
posterioridade.
Un dos máis famosos golpes da historia que, a pesar de contar con máis de 400 anos de antigüidade, aínda segue creando vítimas. Recentemente e tal como vimos publicado no semanario «Cidade de Tomar», volveu estar de actualidade cando foi executado polo Dr. Vaz Vieira no Torneo Internacional da «5ª Copa do Mundo». Este foi o xogo:
Manuel Vaz Vieira vs. Andrey Gnelitskiy
Torneo Internacional da «5ª Copa do Mundo »
Lisboa, 2/11/2014
1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; [Formando a célebre «Partida do Río»] 3.05-10, 32-28; 4.12-16 ... [A variante «Lateral Esquerda»] 4. ... 28-23; 5.08-12,
21-17; [Con 5. …
21-18; 6.11-15, 25-21; 7.07-11, 21-17; que era a orde de movementos seguida no libro de Valls, alcánzase a mesma posición que se vai producir neste xogo despois do sétimo lance negro] 6.11-15,
25-21; 7.07-11, 21-18; [Unha coñecida transposición
prodúcese na apertura «Edimburgo Transversal» 1.12-16, 21-18; na que seguindo agora
con 2.10-14 … (Ou 2.08-12, 25-21; 3.10-14,
que ven sendo o mesmo) 2. … 25-21; 3.08-12,
23-19; 4.14x23, 28x19; 5.11-15, 32-28; 6.05-10, 28-23; 7.07-11, 21-17; alcánzase a posición que temos agora no noso taboleiro e tamén a de Valls que indicabamos anteriormente] 8.04-08 ... [A mellor. Valls
seguía con 8.01-05, 26-21; 9.04-08, 29-25; 10.15-20, 24x15; 11.11x20,
que entronca. Pero neste caso o segundo xogador dispón dunha máis forte
continuación con 8. ... 31-28; que forza a defender con 9.*03-07 e tras
9. ... 19-14; 10.10x19,
23x14; 11.*04-08, efectuando a xudía 11. ... 22-19!;
12.15x31, 28-23; 13.31x13, 17x01; 14.11x18, 23-19; as negras teñen vantaxe no
final] 8. ... 26-21; [Ou primeiro 8. ... 29-25; 9.15-20,
24x15; 10.11x20, e agora 10. ... 26-21] 9.15-20 ... [Aquí as brancas, se o prefiren, poden xogar antes 9.01-05, e
tras 9. ... 29-25; seguir con 10.15-20, 24x15; 11.11x20, evitando a variante do
xogo principal con 10. ... 18-14] 9. ... 24x15; 10.11x20, 29-25; [Interesante é 10. ... 18-14; ao que pode seguir 11.01-05,
21-18; 12.12-15, 19x12; 13.10x28, 31x15; 14.06-11, 15x06; 15.08x15, 27-23;
16.02x11, 22-19; 17.15x22, 30-27; 18.22x31, 29-26; 19.31x13, 17x01; 20.11-15,
23-20; 21.15x24, 01-32; EMP.] 11.01-05, 18-13; 12.09x18, 22x13;
13.12-15, 19x12; 14.08x15, 13-09; 15.10-14, 21-18; 16.14x21, 25x18; 17.05-10,
18-13; 18.03-07, 30-26; 19.07-11, 26-22; 20.20-24, 23-19; 21.15-20, 19-15;
22.20-23, 27x20; 23.16x23, 15-12; 24.11-15, 12-07�; [O desliz que provoca o golpe. O correcto sería 24. ... 12-08; con final equilibrado. O damista ruso dálle un xeitiño, pero como podemos comprobar, non está ao tanto da nosa teoría].
25.24-28, 31x24; 26.02-05,
09x02; 27.23-28, 02x20; 28.28-31, 13x06; 29.31x27, [GB].
GOLPE DE JACQUES
Este fantástico golpe aconteceu nun xogo disputado en Malvern (Ontario)
entre un damista chamado Campbell (Descoñécese o nome) e o campión canadiense E. R. Jacques.
Foi presentado por primeira vez no libro de «Problemas Selectos» de Henry
Darius Lyman no ano 1881 para posteriormente dar a volta ao mundo reproducido
en infinidade de publicacións.
Parafraseando a Willie Ryan, o lector debe notar que na nosa modalidade se
é reproducido tal como foi xogado, non é diferente a quen escoita a un músico
cos dedos reumáticos tratando de interpretar unha bonita rapsodia cun
instrumento enferruxado e fóra de ton. Mellor é ver a adaptación que explicamos
nos comentarios.
Campbell vs. E.
R. Jacques
Ontario [Canadá], 1869
1.10-13, 21-18; [Apertura «Crítica Transversal»
tamén coñecida como «Crítica Cerrada»] 2.05-10, 25-21; 3.13-17, 23-20;
4.12-16, 20-15; [Unha posición que se adoita construír
máis habitualmente desde unha Apertura «Esquerda Transversal» 1.12-16, 21-18; 2.10-13,
23-19; 3.05-10, 25-21; 4.13-17, 19-15] 5.11x20, 24x15; 6.10-13, 28-24;
7.07-12, 22-19; 8.13x22, 27x18; 9.01-05,
32-28�; [Lance malo na nosa modalidade debido a
un pequeno detalle que pasou desapercibido cando no ano 1962 o golpe foi
publicado por primeira vez na «Enciclopédia
Damista». Efectivamente, contra o lance textual as brancas poden replicar
con 10.09-13!, 18x09; 11.06-11, 15x06; 12.02x11, 09x02; 13.11-15, 02x20;
14.16x32, G.B. Por sorte, a natureza do golpe non cambia esencialmente se
realizamos unha pequena licenza que consiste en xogar primeiro 9. ... 18-14; para seguir con 10.06-10 ...
(Mellor sería 10.09-13, aínda que despois de
10. ... 31-27!; tamén se empata. Se 11.13-18, 29-25; 12.03-07, 26-22;
13.17x26, 30x21; 14.07-11, 14x07; 15.04x20, 24x15; 16.06-10, 22x06; 17.02x20,
19-14; 18.20-23, 27x20; 19.16x23, 14-11; 20.23-27, 11-06; 21.27-31, 06-02;
22.05-10, 02-20; 23.10-13, 20-16; 24.12-15, 21-17; 25.13-18, 16-12; 26.15-20,
12-16; 27.20-24, 16-30; EMP. Ou se 11.16-20!, 32-28; 12.13-18, *28-23;
13.18x25, 23x07; 14.04x18, 26-21; 15.17x26, 30x14; 16.03-07, 24-20; 17.06-11,
15x06; 18.02x18, 20-16; 19.05-10, 19-15; 20.10-13, 27-23; 21.18-22, 23-19;
22.22-27, 19-14; 23.27-30, 15-11; 24.30-23, 11x04; 25.23x10, EMP.) 10. ... 32-28; 11.16-20,
30-27; entroncando na correspondente
posición do xogo principal sen pasar pola perdedora. Este arranxo xa aparece no
volume de «Golpes, Armadilhas e Manobras»
que a mencionada revista editou posteriormente.] 10.16-20� ... [Na modalidade
anglo-americana como a dama só pode desprazarse unha casa, non vale a «xudía»] 10. ... 30-27; 11.06-10, 18-14; [Esta é a posición de entronque] 12.12-16, 28-23; 13.09-13,
14-11; 14.03-06� ... [O movemento perdedor. O empate
era con 14.*13-18, 21x14; 15.*03-06, 26-21; 16.17x26, 29x22; 17.*08-12, 15x08;
18.06x15, 19x12; 19.10x26!, 24x15; unha análise de William Ryan que pode seguir
con 20.26-30, 15-11; 21.16-20, 23x16; 22.30x06, 12-07; 23.04x11, 08-04; EMP].
14. ... *26-22!!; 15.17x26, *15-12; 16.08x15 ... [Ou se
16.06x15, *12-07; 17.04x11, 19x12; 18.08x15, que leva ao mesmo desenlace] 16.
... 19x12; 17.06x15, *12-07; 18.04x11, *22-19; 19.15x22, *24x06; 20.02x11,
27x02; [GN].
GOLPE DE ELSER TAJÉ
Para finalizar, presentamos
agora unha brillantísima creación do italiano Elser Tajé extraída do seu
libro «Giocare a Dama, oltre trecento
tiri per imparare e divertirsi» [Xogar ás Damas, máis de trescentos golpes para
aprender e divertirse] publicado no ano 1985.
1.11-14, 22-18;
Apertura «Central Vertente»
considerada na teórica clasificación de forza como de posibilidades iguais para
ambas as dúas cores.
2.14-19 …
Posición igual que na «Oblicua
Vertente» 1.11-15, 22-18; se as brancas seguen con 2.15-19.
2. … 23x14; 3.10x19, 21-17;
Os
tratadistas clásicos españois Canalejas, Garcez e Cecina Rica seguían aquí con
3. ... 18-14.
Actualmente
a réplica máis utilizada na práctica é 3. ... 24-20; que moitas veces, tras 4.05-10,
18-14; 5.01-05, 20-15; 6.12-16, acaba entroncando na «Partida Contra-Española».
4.05-10, 18-14; 5.01-05, 27-22;
O
avance 5. ... 24-20; segue sendo a principal continuación.
6.12-15 ...
Agora
as brancas xa teñen mellor posición.
6. ... 22-18;
A
defensa máis interesante debe ser 6. ... 25-21; que despois de 7.06-11!, *21-18;
obriga ao primeiro xogador a abrir o xogo coa troca 8.*09-13! ... [Se 8.03-06�, 24-20!; 9.15x24, 22x15;
10.10x19, 30-27; 11.11x20, 27-23; 12.20x27, 31x15; 13.24x31, 26-21; 14.31x13,
17x03; GN.] 8. ... 18x09; 9.11x27, 30x14; 10.10x19, 31-27; 11.07-11 ... [En caso de 11.05-10, 27-23; 12.10-14, as
negras poden simplificar con 12. ... 26-22; 13.19x26, 29x22; que permite o
golpe 14.14-19, 23x14; 15.15-20, 24x15; 16.07-11, 14x07; 17.03x26, pero que
conduce a un final de empate técnico tras 17. ... 17-13; 18.26-30, 13-10;
19.08-12, 09-05; 20.02x09, 10-06; 21.30-20, 06-03; 22.12-16, 28-24; 23.20-23,
03-06; 24.23-19, 06-17; 25.19-08, 17-30; e agora se 26.08-15, 30-27;
27.15-11, 27-23; 28.09-13, 32-28; 29.13-18, 23-01; 30.18-22, 28-23; 31.22-27,
23-20; 32.16x23, 01x32; EMP. Ou se 26.09-13, 24-20; 27.16x23, 30x20;
28.08-19, 20-27; 29.13-17, 27-18; EMP.] 11. ... 28-23; 12.19x28, 32x23;
13.08-12 ... [Se 13.05-10,
26-21; 14.10-14, 27-22; 15.03-07, 23-20; 16.14-19, 21-18; 17.19x26, 29x22;
18.08-12, 18-13; 19.12-16, 13-10; 20.16x23, 10-05; 21.23-27, 05-01; 22.27-30,
01-32; EMP. Mantendo a dama branca no río, as negras non teñen forma de
progresar] 13. ... 26-21; 14.11-14, 27-22; 15.12-16, 29-25; 16.05-10, 21-18;
17.14x21, 25x18; 18.03-06, 23-19; 19.16-20, 19x12; 20.20-23, 22-19; 21.23-28,
12-07; 22.04x11, 19-15; 23.11x20, 24x15; 24.28-31, 15-12; 25.31x13, 12-07;
26.13-18, 07-03; 27.18-13, 03-16; 28.06-11, 16-07; 29.11-15, 07-14; 30.10x19,
17x10; 31.19-23, 09-05; 32.02x09, 10-05; 33.23-28, 05-02; 34.15-19, 02-15;
35.19-23, 15-20; [EMP].
7.08-12, 30-27�;
O
movemento negro que permite a execución do golpe.
●
Tampouco vale 7. ... 24-20�; 8.15x24, 17-13; 9.10x17, 26-21; 10.17x26, 29x08; pois
sería replicado con 11.09-13, 18x09; 12.06-11, que lles proporciona unha
vantaxe esmagadora. Se 12. ... 28-23; [Ou se 12. ... 14-10; 13.05x14, 28-23; 14.14-18, 30-26;
15.11-14, 32-28; 16.07-11, 23-20; 17.14-19, 20-16; 18.18-22, 26-21; 19.22-26,
21-17; 20.26-29, 17-13; 21.19-22, 28-23; 22.22-27, 31x22; 23.29x32, GB.] 13.11x18, 23-20; [Se 13. ... 30-26; 14.07-12, 23-20;
15.12-16, 20-15; 16.16-20, 32-28; 17.03-07, 26-21; 18.18-22, 21-18; 19.05-10,
25-21; 20.22-27, 31x22; 21.24x31, 21-17; 22.31-28, 18-13; 23.28-31, 13x06;
24.31x03, GB.] 14.18-22, 20-15; 15.05-10, 32-28; 16.10-13, 28-23; 17.22-26, 30x21;
18.13-18, 21x14; 19.07-11, 14x07; 20.03x28, [GB].
● A
continuación adecuada semella ser 7.
... *26-21; e agora se:
a) 8.06-11, 30-27;
9.12-16, 27-23; 10.02-06, 31-27; 11.15-20 ... [Se 11.19-22, 23-19; 12.22x31, 19x12;
13.31x13, 29-26; (Mellor que 13. ... 12-08; 14.10x19, 17x01; 15.19-22, e o
peón vai a dama con vantaxe. Se 15. ... 01-23; seguiría 16.11-15, ameazando
17.15-20, 24x15; 18.16-20, 23x16; 19.22-26, 29x22; 20.07-12, 16x07; 21.03x26,
GB.) 14.11x18, 21x14;
15.10x19, 17x01; 16.19-23, 28x19; 17.06-10, 01x14; 18.04-08, 14x04; 19.08x29,
EMP.]
11. ... 24x15; 12.11x20, 29-26; 13.07-11 ... (Errado sería 13.20-24�, por 13. ... 27-22;
14.24x31, 22x15; 15.10x28, 32x23; 16.31x13, 17x01; GN.) 13. ... 14x07;
14.03x12, 23x14; 15.10x19, 18-14; 16.12-15!, 28-23; (Non 16. ... 14-11�; por 17.05-10, 11x02;
18.20-24, 02x20; 19.16x30, 28-23; 20.30x16, GB.) 17.19x28, 32x23;
18.20-24 ... [Ou 18.15-19,
14-11; 19.06x15, 23x14; 20.20-24, 21-18; 21.24-28, 26-22; (Ameazando facer «xudía»
con 22-19) 22.15-20,
17-13; 23.20-23, 27x20; 24.16x23, 13-10; EMP.] 18. ... 26-22; 19.15-20
... [Se 19.24-28, 22-19;
20.15x31, 21-18; 21.31x13, 17x03; 22.28-31, 25-21; 23.31-24, 21-18; 24.04-08,
03-10; 25.24-20, 10x01; 26.20x13, 14-11; 27.13-03, 01-23; 28.09-13, 23-10;
29.13-18, 11-06; EMP.] 19. ... 22-19; 20.06-10, 14-11; 21.24-28, 11-06;
22.28-31, 19-15; 23.31x12, 06-03; 24.20x27, 03x31; 25.12-03, 31-27; 26.03-10,
27-31; 27.16-20, 21-18; [EMP].
b) 8.12-16, *14-11; [Agora sería malo 8. ... 30-27�; 9.19-22, 14-11; 10.07x14,
18x11; 11.22-26, 29x22; 12.04-07, 11x04; 13.03-07, 04x20; 14.16x30, 22-19;
15.30-26, 28-23; 16.26x08, con vantaxe decisiva, GB.] 9.07x14, 18x11;
10.09-13 ... [Ou 10.03-07, 31-27; 11.07x14, 21-18;
12.14x21, 25x18; 13.09-13 ... (Non 13.19-22�, 24-20; 14.15x31, 18-14; 15.10x19, 27x18; 16.31x13,
17x01; 17.19-22, 01-19; GN.) 13. ... 18x09;
14.04-07, 29-26; 15.10-14, 27-23; 16.14-18, 23x14; 17.18-21, 26-22; 18.06-10
... (Se 18.21-25,
14-11; 19.07x14, 22-19; 20.14x23, 28x12; 21.25-29, 12-08; e as negras teñen un
peón de máis) 18. ... 22-19; 19.15x22,
14-11; 20.07x14, 17-13; 21.10x17, 24-20; 22.16x23, 28x01; 23.21-26, 30x21;
24.17x26, EMP.] 10. .... 31-27; 11.05-09 ... [Se
11.03-07, 27-22; 12.19x26, 29x22; 13.07x14, 21-18; 14.14x21, 25x09; 15.06-11, 30-26;
16.11-14, 26-21; 17.14-19, 22-18; 18.19-22, 18-13; 19.15-19, 13x06; 20.02x11,
09x02; 21.11-15, 02x20; 22.16x23, 17-13; 23.23-27, 28-23; 24.19x28, 32x23;
25.27-30, 21-18; 26.30x16, 13-09; 27.16-23, 24-20; 28.23x16, 09-05; 29.16-23,
05-01; EMP.] 11. .... 27-22; 12.19x26, 29x22; 13.16-20 ... [Mellor que 13.03-07, *22-19; 14.07x23, 28x12; 15.02-05,
30-27; 16.13-18, 21x14; 17.10x19, 27-23; 18.19x28, 32x23; 19.05-10, 23-19;
20.06-11, 19-15; 21.11x20, 24x15; 22.16-20, 12-07; 23.04x11, 15x06; 24.20-23,
06-02; 25.23-28, 17-13; 26.10x17, 02-15; EMP.] 13. ... 28-23; 14.20x27,
30x23; 15.10-14! ... [Se 15.03-07, 32-28; 16.07x14,
21-18; 17.14x21, 25x18; 18.06-11, 23-19; 19.04-08, 19x12; 20.08x15, 28-23;
21.10-14, 17x10; 22.14x21, 10-05; 23.21-26, 05-01; 24.09-13, 23-20; 25.26-30,
01-19; 26.30x16, 19x08; 27.13-17, 08-04; 28.11-15, 04-08; EMP.] 15. ... 17x10;
16.06x13, 21-18; 17.14x21, 25x18; 18.13-17, 23-19; 19.04-08, 19x12; 20.08x15,
18-14; 21.17-21, 14-10; 22.21-26 ... [Ou 22.09-13,
10-06; 23.03x10, 11-07; 24.13-17, 07-03; 25.10-13, 03-16; 26.21-25, 16-23;
27.17-21, 24-20!; 28.15x24, 32-28; 29.24x31, 23-30; 30.31x18, 30x10; EMP.]
22. ... 10-05; 23.26-30, 05-01; 24.09-13, 11-07; 25.03x12, 01-14; 26.13-17,
32-28; 27.12-16, 28-23; 28.30x20, 22-19; 29.15x22, 24x15; [EMP].
8.10-13!!, 17x01; 9.06-10 ...
O complemento da xogada anterior, encerrando
a dama e preparando o tiro decisivo. Aínda que o esquema de afogamento é
evidente, semella imposíbel que con tantas fichas no taboleiro, o final
resultante sexa gañador. Unha espectacular creación do mestre cremonense.
9. ... 14x05; 10.19-23, 27x11; 11.07x30, [GB].
Un
posíbel desenlace pode ser 11. ... 28-23; 12.30x16, 25-21; 13.03-06, 21-17;
14.06-10, 29-26; 15.12-15, 26-22; [Con idea de liberar a dama con 17-13 que obriga a comer a maioría] 16.16-27, 22-18;
17.27x13, 32-28; 18.15-19, 24-20; 19.19-22, 28-23; 20.22-27, 31x22; 21.13x27,
[GB].
2 comentarios:
Enrique publicaste este artigo no dia em faço anos 28 de fevereiro.
Grande coencidência! ainda por cima
"Golpes de antologia"
Parabéns pelo teu artigo!
abraço
José Boino
Pois espero que tiveres um bom e feliz aniversario.
Outro abraço para ti
Henrique
Publicar un comentario