Importantísimo final no que as brancas con dúas damas,
dominio do río e un peón na casa «9» enfróntanse contra unha dama e peón na
casa «17».
Ben xogado o resultado é de empate, pero na práctica
moitas veces o bando débil non acerta coa defensa correcta e acaba perdendo o
xogo. Deseguido imos amosar os dous intentos típicos dos que dispoñen as
brancas para intentar enganar ao seu rival.
PRIMEIRO INTENTO
XOGAN AS NEGRAS
1. ...*07-04;
Obrigada. Para unha mellor
comprensión, o lector debe lembrar que na nomenclatura damista o asterisco (*)
indica que o lance é único.
Tras a entrada en dama agora comeza realmente o final.
2.09-13 ...
A mellor opción. O intento de dominar as transversais seguindo con 2.32-19,
sería unha perda de tempo, pois tras 2. ... 04-25; tanto 3.19-08, como 3.19-29,
pode ser respondido con 3. ... 17-13; forzando o empate.
2. ... *04-25; 3.32-28,
*25-04; 4.28-24, *04-08;
A defensa exacta, aproveitando que nesta altura non vale 5.13-18 por 5. ...
17-13; 6.10x17, 08-19; ocupando o río [EMP].
Mala sería 4. .... 04-25�; coa que as negras irían caer na «Posición de Garcez» xa indicada por
este autor español no seu tratado do ano 1684.
5.*24-15, 25-29; [Se 5. ... 25-04; 6.*15-08,
04-25; e nada cambia] 6.*15-08, 29-25; 7.08-04, 25-29; 8.13-18!, 17-13;
9.10x17, 29-19; [As negras toman o control do río]
10.*17-26! ... [Pero tras este sacrificio quedan
atrapadas nas «transversais»] 10. ... 19x29; 11.04-08, 29-25; 12.08-04,
[GB].
5.24-31, 08-29; [EMP].
Non hai forma de progresar. As
negras moven sempre para as casas «08» ou «29» á espera de que o rival abandone
a diagonal «09&31». Nese caso conseguen o empate atacando o peón
desde a casa «22».
SEGUNDO INTENTO
XOGAN AS BRANCAS
Máis complicada resulta a tarefa cando as brancas dominan as transversais.
Neste caso as negras deben procurar defender situando a súa dama na
diagonal «02&24».
14-04, 02-20;
Ou 1. ... 02-24; que tanto ten.
2.19-01 ...
Ameazando o disparo da «batería» con 09-13.
2. ... 20-02;
Válida tamén é 2 ... 20-24; resgardándose no outro canto.
En cambio se 2. ... 20-16�; 3.04-11 ... [Non 3.04-21�,
por 3. ... 17-13; 4.09x18, 16-27; EMP.] 3. ... 16-30; 4.11-06, 30-16;
5.06-03, 16-30; 6.03-16, 30-26; 7.09-13, 17x10; 8.01x29, [GB].
Evidentemente tampouco vale 2. ... 20-30�; por 3.04-07, 30-16; 4.07-03,
16-30; 5.03-16, [GB].
3.04-07 ...
Se 3.04-18, *02-06; [Para poder tapar a entrada
4.18-31 con 4. ... 06-24] 4.18-22, *06-02; 5.22-12, *02-24; 6.12-19 ... [Ou 6.12-03, con posición igual que no tronco despois de
4.07-03] 6. ... *24-31!; [Un lance clave]
7.19-10, entroncando tamén. Neste caso despois de 10.23-10.
3. ... *02-24; 4.07-03,
*24-02;
Non vale 4. … 24-31�; coa que se alcanza una posición do tratado de Henrique da Cunha na que as brancas
xogan e gañan.
5.*01-10, 31-24; 6.09-13, 24-02; 7.03-16, 02-24; [Se
7. ... 02-09; 4.*10-23, 09x20; 5.16x27, GB.] 8.16-27, 24-31; 9.27-18,
31-24; 10.18-31, 24-02; 11.31-24, 02-09; 12.24-31, [GB].
5.03-16, *02-24; 6.16-27
...
Se 6.16-23, *24-31!; entronca.
6. ... 24-02;
Tamén vale 6. ... 24-06; e tras
7.27-22, *06-02; 8.22-31, *02-24; o xogo entronca.
7.27-22, *02-06;
Lance de espera para poder tapar na
casa «24» cando as brancas ataquen desde «31».
Se 7. ... 02-24�; 8.*22-31, 24-02;
9.31-24, [GB].
8.22-19 ...
Para intentar entrar na diagonal «2&24» pola casa «28».
8. ... *06-24;
● Se 8. ... 06-02�; 9.*19-28, 02-24;
10.28-31, 24-02; 11.31-24, [GB].
● Se 8. ... 06-20�; 9.*19-28!, e
agora se:
a) 9. ... 20-27; 10.28-31, 27-30; 11.31-18, 30-16;
12.18-22, 16-03; [Ou se 12. ... 16-30; 13.22-26, 30x21;
14.09-13, 17x10; 15.01x25, GB.] 13.22-26, 03-16;
14.26-30, [GB].
b) 9. ... 20-30; 10.28-10, 30-16; 11.10-03, 16-30;
12.03-16, [GB].
c) 9. ... 20-16; 10.28-10, 16-30; 11.10-06, 30-16; 12.06-03,
16-30; 13.03-16, [GB].
9.19-23, *24-31!;
A excepción. Cando as brancas teñen
as dúas damas no río ameazando entrar pola casa «28» débese
escapar xogando a «15», e tan só se non é posíbel ir a esta casiña se debe abandonar a diagonal «02&24» para ir a
«31».
Xa sabemos que se agora as negras
xogasen 9. ... 24-02; con 10.23-28, [GB].
10.23-10 ...
Se 10.01-10, impide a troca de peóns, pero permite 10. ... 31-22; ou 10.
... 31-18; e o dominio das transversais.
10. ... *31-24; 11.10-03
...
Se 11.10-14, *24-15!; como acabamos
de ver, escapando pola casa «15». O empate agora é máis fácil, pois as brancas
xa non teñen o dominio da transversal.
11. ... *24-02; [EMP].
Se 11. ... 24-31�; entran na
posición de Henrique da Cunha, [GB]. Pero despois do lance textual a posición volve
estar como ao principio. Ás negras tan só lles resta seguir a mesma técnica, contar as xogadas e ao chegar
ao seu lance número 20, reclamar o empate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario