xoves, 31 de decembro de 2015

Brancas gañan en media xogada

No anterior artigo dedicado ao "Humor no xogo de damas" retabamos ao lector a resolver o seguinte problema:


A pesar de que qualificamos a proposta como "O problema máis sinxelo do mundo", non recibimos resposta algunha.  Realmente non é un problema ao uso e quizais os lectores pensaron que era unha broma. 

Presten agora atención e fíxense vostedes na posición que segue: 


Son as negras a xogar e están obrigadas a mover 24-20. Despois dese lance a situación queda así:


As brancas teñen que comer unha das dúas pezas e van facelo coa da casa "20". Para iso saltan por riba e colocan o seu infante na "24". Deste xeito fan media xogada e alcánzan a posición do problema. Deseguido retiran a peza negra da casa "20" e completan a outra media xogada. 

Como se pode comprobar, non era ningunha broma, pero dá para rir un pouco.

Ningún comentario: