domingo, 8 de novembro de 2020

Mida o seu nivel. «Test dos 14 Finais»

Para completar o estudo que nos dous anteriores artigos realizamos sobre os finais de 3 DAMAS vs. DAMA e PEÓNS nas casas «16» e «25», compuxemos agora 14 exemplos nos que se reflicten os temas máis importantes que poden aparecer neste tipo de finais. En vez de comentalos directamente, preferimos facer algo distinto e presentalos como un «TEST» no que o lector poderá comprobar os seus coñecementos e ao mesmo tempo verificar o seu nivel como damista.

Xogan sempre as brancas. O solucionista sen superar o tempo indicado nos reloxios nin mover as pezas nun taboleiro deberá averiguar se gañan as brancas ou se a posición é de empate.





TÁBOA DE RESULTADOS E SOLUCIÓNS



FINAL Nº 1

Xogan brancas e gañan
 
1.*31-24 ...
 
Construíndo unha famosa «armadilla anti-avance» que aparece por primeira vez nun problema de Amadeu Martíns Coelho publicado na «Enciclopédia Damista» de xullo do ano 1972 co número 1433, o cal presenta a seguinte disposición:
 
Xogan brancas e gañan
 
A súa solución sería: 1.*19-23, 24-20; 2.*23-28, 20-16; 3.*28-31, 12-29; 4.31-24 ... [Formando a mencionada «armadilla». Non obstante, neste caso ao ter a dama colocada na casa «30» permitiría un dual con 4.31-18, que ata gaña de modo máis rápido como despois poderemos comprobar ao ver os comentarios do FINAL Nº 11 no que aparece ese novo tema].
 
1. ... 16-12;
 
Se 1. ... 29-26; segue 2.27-18, 26-29; 3.18-04, 29-08; e as brancas gañan con calquera das bases coñecidas, sendo o máis rápido formar calquera dos dous «ganchos». Por exemplo 4.05-01, 08-29; 5.24-06, 29-08; 6.06-10, [GB].
 
2.05-19, 29x15; 3.24x11, 12-08; 4.11-04, [GB.]
 
[Anótese 1 punto se descubriu a «armadilla anti-avance»].
 
 
FINAL Nº 2
 
Xogan brancas e gañan
 
1.*28-10 ...
 
Formando «gancho» e ameazando con atrapar a dama. Así as brancas gañan un tempo necesario para poder cortar o pase do peón «16».
 
1. ... 16-12;
 
Se 1. ... 24-02; 2.17-26, [GB].
 
2.04-11, 24x13; 3.17x16, [GB].
 
[Sume 1 punto se acertou como gañan as brancas].
 
 
FINAL Nº 3

Xogan brancas e gañan
 
1.*27-23 ...
 
Igual que no final anterior, outra vez a formación dun «gancho» permite a vitoria branca.
 
1. ... 16-12;
 
a) 1. ... 29-15; 2.23-14, 16-12; [Ou 2. ... 15-29; 3.09-02, 29-26; 4.14-04, 26-08; 5.02-20, 08-29; 6.20-27, 29-08; 7.27-23, GB.] 3.09-02, 15-22; 4.32-19, 22x15; 5.02x20, 12-08; 6.14-04, [GB].
 
b) 1. ... 29-26; [Ou outra das restantes movidas de dama] 2.09-18, 26-29; 3.18-04, 16-12; [Se 3. ... 29-08; 4.23-20, 08-29; 5.20-27, 29-08; 6.27-23, GB. Ou se 3. ... 29-15; 4.04-08, 16-12; 5.23-16, GB.] 4.23-16, 12-08; 5.16-12, [GB].
 
2.09-22, 29x28; 3.32x08, [GB].
 
[Sume 1 punto se acertou a liña principal].
 
 
FINAL Nº 4
 
Xogan brancas e gañan
 
1.*09-05 ...
 
Non valía 1.02-05�, por 1. ... *25-21; 2.03-07, 29-25; 3.07-04, *25-29; [Non directamente 3. ... 16-12�; por 4.09-18, 21x14; 5.05x08, GB.] 4.04x25, 16-12; [EMP].
 
1. ... 29-12!; 2.02-11 ...
 
Para impedir a troca na casa «7».
 
2. ... 12-22; 3.11-04, 22-12; 4.05-01 ...
 
Movemento de espera para descolocar a dama negra.
 
4. ... 12-08; 5.01-14, [GB].
 
Formando a Base do Dr. Rodrigues Mascarenhas. Pero neste caso tamén se podería seguir coa «Base en gancho» con 5.03-10.
 
[Anote 1 punto se viu que non vale 1.02-05�. Se tamén se decatou que as brancas gañan só realizando o lance 1.09-05, sume outro punto adicional. Total: 2 puntos].
 
 
FINAL Nº 5
 
Xogan brancas e gañan
 
1.*30-23 …
 
Non vale 1.04-08�, por 1. … *25-21; [Se 1. … 02-05; 2.*30-21, 25x18; 3.31x02, GB.] 2.30x17, 02-05; [EMP].
 
1. … 16-12;
 
a) 1. … 02-20; 2.*31-27, 20-15; 3.04-08, 16-12; 4.*23-16, 15-02; 5.*08x19, [GB].
 
b) 1. ... 25-21; 2.04x25, 16-12; 3.*23-05, 02x09; 4.25-18, 09x22; 5.31x18, 12-08; 6.18-04, [GB].
 
2.*04-08, 12-07;
 
Se 2. ... 02-15; 3.*23-16, 15-02; 4.*08x19, [GB].
 
3.*23-05, 02x09; 4.*08-22, 09x27; 5.31x04, [GB].
 
[Sume 2 puntos se acertou a manobra completa da liña principal].
 
 
FINAL Nº 6

 
1.*27-18 ...
 
Contra 1.17-03, non vale 1. ... 15-11
; por 2.*03-17, e para non perder o dominio da diagonal de corte as negras deberían seguir con 2. ... 11-15; volvendo á posición inicial. Pero as negras poderían defender con 1. ... *25-212.27-09, 15-29; 3.09-02, 21-18; 4.02-24, 29-25; [EMP].
 
1. ... 16-12;
 
Se 1. ... 15-08; 2.18-04, 08-15; 3.17-03 ... [Ou 3.32-14, 15-29; 4.17-10, 29-08; 5.10-03, coa mesma posición. Pero non valía 3.04-08
, 25-21; EMP. Como veremos no FINAL Nº 7] 3. ... 15-12; 4.32-05, 12-08; 5.05-14, [GB]. Como na BASE do Dr. Bolivar Mascarenhas.

2.18-07, 12x03; 3.32-10, 03x13; 4.17x20, [GB].
 
[Sume 2 puntos se acertou a liña principal. Pero reste 1 punto se pensou que as negras empataban].
 
 
FINAL Nº 7

Xogan brancas e tan só poden empatar
 
1.04-08 ...
 
Evidentemente, non vale 1.17-10, por 1. ... 16-12; o peón pasa e as negras empatan sen ningunha dificultade. Pero co lance textual semella que as brancas van poder dominar o «río» e parar o avance do peón «16», mais todo é unha simple ilusión.
 
1. ... *25-21;
 
Defensa táctica que acaba coas esperanzas brancas. Incorrecto sería 1. … 15-29; por 2.*17-03, 25-21; 3.*03-10 ... [Non 3.27-31�, por 3. ... *16-12; 4.08x17, 29-19; EMP.] 3. ... 29-25; 4.27-31, 21-17; 5.10-19, 25-11; 6.08-04, 11-02; 7.19-08, 02-24; 8.04-14, 24-02; 9.14-05, 02x09; 10.08-22, 09x27; 11.31x22, [GB].
 
[Se despois de ver 1.04-08, decatouse que as negras empatan con 1. ... 25-21, gaña 2 puntos. Os demais casos non puntúan].
 
2.17x12, 16x07; [EMP].
 
 
FINAL Nº 8

Xogan brancas e gañan
 
1.*22-08 ...
 
Se 1.22-19�, as negras empatan sacrificando os dous peóns e despois ocupando o «río».
 
1. ... 30-23;
 
a) 1. ... 25-21; 2.11x25, 30-23; 3.08-12, 16x07; 4.04x32, [GB].
 
b) 1. ... 30-27; 2.*11-14, 27-09; 3.14-32, [GB].
 
2.*08-12, 16x07; 3.*11-21, 25x18; 4.04x32, [GB].
 
[Sume 2 puntos se acertou que gañan as brancas].
 
 
FINAL Nº 9

Xogan brancas e tan só poden empatar
 
1.27-31 ...
 
Dá o mesmo na casa que coroen. Nos dous casos é empate. Se 1.27-30, 25-21; 2.30x17, 29-25; [EMP]. As negras trocan damas ou pasa o peón «16».
 
1. ... *25-21; 2.31-24, 21-18; 3.10-05, 29-25; [EMP].
 
Outro exemplo no que non se pode impedir a entrega do peón «18» seguido da troca de damas sen permitir o pase do outro peón.
 
[Sume 3 puntos se descubriu que a posición é de empate coa manobra que comeza con 25-21 para levar a dama á casa «25» e a posterior troca na «7»].
 
 
FINAL Nº 10

Xogan brancas e gañan
 
1.*31-28 ...
 
Non 1.31-24�, por 1. ... *25-21; seguido de 2. ... 29-19; [EMP].
 
1. ... 16-12;
 
a) 1. ... 29-26; 2.*27-30, 26-29; [Ou 2. ... 26-17; 3.14-19, GB. Agora controlan o «río» e o avance do peón «16»] 3.14-04!, 29-15; [Se 3. ... 16-12; 4.30-16, 12-08; 5.16-12, 25-21; 6.04x25, 08-04; 7.12-08, GB. Por dobre bloqueo nas paralelas] 4.28-10! ... [A máis rápida] 4. ... 15-08; [Se 4. ... 16-12; 5.04-07, 12x03; 6.30-17, 03x13; 7.17x20, GB.] 5.30-23, 08-29; e as brancas gañan formando a BASE de expulsión da «paralela superior» creando un «gancho» en calquera das dúas partes do «río». Podería ser con 6.23-32, 29-08; 7.10-23, ou con 6.10-01, 29-08; 7.23-10.
 
b) 1. ... 29-15; 2.28-24, 15-29; [Se fan outra o proceso é similar] 3.27-23, 29-22; 4.14-04, 22-08; e as brancas gañan formando calquera dos 2 «ganchos».
 
c) 1. ... 29-08; 2.27-20 ... [Non 2.14-07� ... (Tentando impedir o avance do peón) por 2. ... 08-04; 3.07-03, 04-07; 4.03x12, 16x07; EMP.] 2. ... 08-22; [Se 2. ... 08-04; 3.14-19, 04-08; 4.19-29, 08-04; e dominando a diagonal de corte gañan facilmente. Se 2. ... 08-29; 3.14-04, 29-08; 4.28-32, 08-29; 5.20-27, 29-08; 6.27-23, formando «gancho» e obrigando á dama negra a abandonar a diagonal de corte] 3.28-32 ... [Non 3.14-04�, directamente por 3. ... 16-12; 4.20-15, *22-31; 5.15x08, 31x24; EMP.] 3. ... 22-26; [Se 3. ... 16-12; 4.20-15, GB.] 4.14-04, 26-29; 5.20-27 ... [Lance de espera para formar o «gancho» sempre despois de que a dama negra vaia á casa «8»] 5. ... 29-08; 6.27-23, [GB].
 
d) 1. ... 29-12; 2.27-20 ... [Entronca na «variante c»].
 
e) 1. ... 25-21; 2.14x25, 16-12; 3.*27-16, 12-08; 4.*16-12, 08-04; 5.*12-08, [GB].
 
2.*27-16, 12-08; 3.*16-12, 08-04; 4.*12-08, 04x18; 5.28-19, 29x15; 6.08x13, [GB].
 
[Sume 3 puntos se acertou a liña principal completa].
 
 
FINAL Nº 11

Xogan brancas e gañan
 
1.*09-18 ...
 
A única forma de poder opoñerse ao avance do peón «16». Nótese que a posición é moi similar á que aparece no problema de Amadeu Martíns Coelho referenciado nas notas do Final Nº 1 deste test. Pero agora coa dama na casa «9» non existe «armadilla» con 1.09-02�, xa que tras 1. ... 16-12; 2.01-19, 29x15; 3.02x24, 12-07; [EMP].
 
1. ... 16-12;
 
a) 1. ... 29-15; 2.01-10 ... [Tamén valería 2.30-17, coa mesma idea] 2. ... 16-12; [Se prefiren mover a dama manténdose na paralela, segue 3.18-04, como na «variante a» do FINAL Nº 10] 3.18-07, 12x03; 4.30-17, [GB].
 
b) 1. ... 29-08; 2.18-04, 08-29; 3.01-32, 29-08; 4.30-23, [GB].
 
2.30-16 ...
 
Con proceso idéntico ao empregado na liña principal do FINAL Nº 10.
 
2. ... 12-08; 3.16-12, 08-04; 4.12-08, 04x21; 5.01-19, 29x15; 6.08x17, [GB].
 
[Sume 2 puntos se acertou a liña principal completa e 1 punto adicional máis se viu como gañar na «variante a». Total: 3 puntos].
 
 
FINAL Nº 12

Xogan brancas e gañan
 
1.*01-14, 16-12;
 
a) 1. ... 25-21; 2.14x25, 16-12; 3.*23-16, 12-08; 4.*16-12, 08-04; 5.*12-08, [GB]. Bloqueo dobre nas paralelas.
 
b) 1. ... 29-15; [Se 1. ... 29-22; ou 1. ... 29-12; segue o mesmo proceso] 2.14-04, 15-08; 3.23-20, 08-29; 4.20-27, 29-08; 5.27-23, [GB].
 
c) 1. ... 29-26; 2.14-07 ... [Necesario para impedir o avance do peón. Non directamente 2.14-04�, por 2. ... 16-12; 3.04-08, 26-30; EMP.] 2. ... 26-12; [Se 2. ... 26-15; 3.07-04, 16-12; 4.04-08, GB.] 3.07-04, 12-08; [Entronca na variante anterior] 4.23-20, 08-29; 5.20-27, 29-08; 6.27-23, [GB].
 
d) 1. ... 29-08; 2.14-04, 08-15; 3.04-08, 16-12; 4.23-16, [GB].
 
2.*23-16, 12-08; 3.*16-12, 08-04; 4.*12-08, 04x18; 5.*32-19, 29x15; 6.08x13, [GB].
 
Outra vez o mesmo desenlace que na liña principal do FINAL Nº 10.
 
[Sume 3 puntos se acertou a liña principal].
 
 
FINAL Nº 13

Xogan brancas e tan só poden empatar
 
1.17-10 ...
 
a) 1.02-05, *25-21; 2.17x30, 29-25; [EMP]. Se as brancas escapan para impedir a troca de damas, o peón pasa.
 
b) 1.03-10, *25-21; [Non directamente 1. ... 16-12�; por 2.*10-19, 29x15; 3.02x24, 12-07; (Se 3. ... 12-08; 4.24-11, 25-21; 5.17x26, 08-04; GB.) 4.24-11, 07-03; (Ou se 4. ... 07-04; 5.11-18, GB.) 5.11-06, GB.] 2.17x30, 16-12; [EMP].
 
1. ... *25-21; 2.10-01 ...
 
Se 2.02-11, *29-25; 3.11-15, 21-18; 4.03-06 .. [Igual que na liña principal as negras ameazan o sacrificio do peón «18» e a troca de damas] 4. ... 18-13; 5.10x17, 25-14; [EMP].
 
2. ... *21-18; 3.02-24, 29-25; [EMP].
 
As brancas non poden evitar o sacrificio 4. ... 18-14; seguido da troca na casa «7». Se escapan coa dama da casa «3» permitirían o pase do peón «16».
 
[Sume 3 puntos se acertou o empate da liña principal. Os demais casos non puntúan].
 
 
FINAL Nº 14

Xogan brancas e tan só poden empatar
 
1.20-23 ...
 
O mellor intento branco nunha posición que a primeira vista semella de empate claro debido a dobre ameaza de ocupar o «río» ou trocar damas na casa «7».
 
1. ... 04-18;
 
Pero realmente, só con este sorprendente lance de espera 
[Ou con 1. ...25-21; directamente] é que as negras poden empatar. Nótese que non valían:
 
a) 1. ... 04-07�; 2.03x12, 16x07; 3.23-14, 07-03; [Se 3. ... 07-04; 4.14-18, GB.] 4.14-10, [GB].
 
b) 1. ... 04-11�; 2.*03-13, 11-15; 3.13-18, 16-12; 4.*18-07, 12x03; 5.23-10, 03x13; 6.17x20, [GB].
 
2.23-19 ... 
 
Se 2.17-21, 18-04; 3.21-17, 25-21; 4.17x26, 04-07; 5.03x12, 16x07; [EMP].
 
2. ... *25-21; 3.17x30, *18-07; 4.03x12, 16x07; [EMP].
 
[Sume 4 puntos se considerou que 2. ... 04-18; permitía empatar, pero en cambio, reste 2 puntos se pensou que as negras empataban xogando directamente 1. ... 04-07].

Ningún comentario: