Esta posición foi alcanzada no 3º xogo da 4ª rolda do
enfrontamento Vítor Cunha vs. Víctor Oliveira do 20º Campionato
de Portugal celebrado en Amadora no ano 2000.
O lector pode con este exemplo constatar de forma totalmente fidedigna a vital importancia que pode chegar a ter o dominio exhaustivo da técnica nos finais. O condutor das brancas recoñeceu que non sabía que facer e despois de aplicar unha desacertada tentativa tivo que conformarse co empate. Pero non foi isto o peor, pois gastou inmensidade de tempo e con tan só 10 minutos de remanente acabou por perder o 4º xogo, que resultou decisivo no desenlace final.
Segundo explica Luís Xavier na súa sección de damas do semanario «Cidade de Tomar» [Nº 3395, publicado o 30/6/2000], este final orixinou unha divertida discusión entre varios damistas que analizaron a posición unha vez terminada a sesión. Alguén propuxo un método que semellaba ser gañador, pero namentres outro dos asistentes encontrou unha defensa para as negras. Foi finalmente, o Dr. Vaz Vieira quen demostrou como as brancas poderían impoñer a súa vantaxe.
Antes de explicar o método imos amosar outros finais con posicións relacionadas que nos van servir de grande axuda para entender mellor a súa resolución. A clave está en construír unha posición «BASE» que vai aparecer en todos os exemplos.
O PRINCIPAL ANTECEDENTE
Problema orixinal de Mario Diniz Vaz publicado no Nº 2482 do «Jornal de Almada» [18/12/1998] na súa sección «Saiba Finalizar».
1.*26-29, 01-32; 2.*29-25, 32-01; 3.25-04, 01-05; 4.04-08, 05-01;
Así alcánzase unha importante posición coa que se forma a BASE FUNDAMENTAL que estudaremos no exemplo seguinte.
BASE FUNDAMENTAL
Este final foi presentado co Nº 577 na 2ª edición da obra «Finais Prácticos Básicos» que o Dr. Sena Carneiro editou en separata da súa revista «Enciclopédia Damista». As brancas teñen aquí formada unha base, ideada por Mario Diniz Vaz, que resulta fundamental para resolver este tipo de posicións.
1.24-28 ...
A situación da dama negra no río resulta indiferente, as brancas gañan sempre. Se estivese en «28» ou «32» a vitoria resulta elemental tras 1.20-23, GB. Se ocupase as casas «5», «10» ou «14» o proceso sería o mesmo que no caso textual.
1. ... 31x24;
Evidentemente se 1. ... 01x32; funciona o «gancho» con 2.20-23, 32x12; 3.08x19, [GB].
2.20-23, 01x32; 3.09-13, 17x10; 4.15-20, 24x15; 5.08x01, [GB].
Bloqueo Bipolar.
UN CASO EXCEPCIONAL
Este é outro exemplo extraído dos «Finais Prácticos Básicos» do Dr. Sena Carneiro. Nesta ocasión trátase do Nº 576-A, un caso excepcional, pois cun peón colocado na casa «8», as brancas só gañan se teñen a dama en «4» e son elas a xogar.
Sempre que fose posíbel, as brancas nunca deben tentar esta formación, pois imaxinemos que acaban de mover a dama para a casa «4». Se agora xogan as negras, en vez de ir coa súa dama a «1» [Como no diagrama], poderían defender colocándose na casa «19» forzando o empate, tal como explicaremos máis adiante ao comentar o primeiro lance do noso final.
1.*08-12, *01-19; 2.*04-08, 19-01; 3.12-15, 01-14!; 4.*08-04 ...
Un movemento moi importante. Non vale 4.16-20�, con idea de gañar como no Final «Base», pois as negras agora poderían abandonar o río e empatar situándose en calquera das casas da «transversal», excepto na «25» que permitiría 5.*24-28, 31x24; 6.08-04, [GB]. Sena Carneiro.
Efectivamente, se o bando forte adoita a mesma disposición que no «Final Base», as negras poden empatar se defenden colocando a súa dama nunha das casas sinaladas con cruz.
Vexamos como se consuma este empate:
a) 4. ... 14-04; [DAMA NEGRA EN «4»]
Con estas opcións:
u 5.20-23, 04-25!; [Ameazando o disparo con 17-13. Nótese que se as negras xogasen 5. ... 04-14�; seguiría 6.24-28, 31x24; 7.23-28, 14x32; 8.09-13, 17x10; 9.15-20, 24x15; 10.08x01, GB.] 6.15-19, *31-27; 7.23x30, 17-13; 8.09x18, 25x32; [EMP]. Sena Carneiro.
u 5.15-19, 04-14; 6.19-22, 14-19; 7.20-23, *19x29; 8.23-28, 29-25; 9.28-32, 17-13; 10.09x18, 25x11; [EMP].
u 5.08-12, e agora para empatar as negras poden escoller:
── 5. ... 04-25; 6.12-03, 25-14; [Posición final do noso xogo que se poderá ver máis adiante]
── 5. ... 17-13; 6.09x18, 04x21; 7.15-19 ... [Ou 7.20-23, 21-14; 8.15-19, 31-27; 9.23x30, 14x32; EMP. Sena Carneiro] 7. ... 21-14; 8.19-22, 14-19; [EMP]. Sena Carneiro.
b) 4. ... 14-07; [DAMA NEGRA EN «7»]
Con estas posíbeis opcións:
u 5.08-04, 07-25; [Tamén valen 5. ... 07-12 ou 5. ... 07-16; coas que cae un peón garantindo o empate] 6.04-08, 17-13; [Aquí quizais sexa máis práctico e sinxelo seguir con 6. ... 31-27; pois se 7.08-04, 27-23; 8.20x27, 17-13; 9.09x18, 25x30; EMP.] 7.09x18, 25x14; 8.08-04, 14-01; [EMP].
u 5.20-23, 07-25; [Entronca na «primeira opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «4»].
u 5.15-19, 07-14; [Entronca na «segunda Opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «4»].
c) 4. ... 14-11; [DAMA NEGRA EN «11»]
Aquí as brancas poden optar por:
u 5.15-19, 11-14; [Entronca na «segunda opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «4»].
u 5.08-04, 11-25; [Entronca na «primeira opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «7»].
u 5.08-12, e agora as negras empatan con:
── 5. ... 11-25; 6.12-03, 25-14; [Alcanzándose a posición final do xogo real].
── 5. ... 17-13; 6.09x18, 11x21; [Entronca na «terceira opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «4»].
d) 4. ... 14-18; [DAMA NEGRA EN «18»
As brancas aquí poden probar con algún destes intentos:
u 5.08-04, 18-25; [Entronca na «primeira opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «7»]
u 5.20-23, 18-25; [Entronca na «primeira opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «4»].
u 5.15-19, 17-13; [Ou 5. ... 18-14; que entronca na «segunda opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «4»] 6.20-23, 31-27; 7.23x30, 18-25; 8.09x18, 25x32; [EMP].
u 5.08-12, 18-27; [Ou mesmo 5. ... 18-25; 6.12-03, 25-14; e temos a posición final do noso xogo] 6.12-16, 17-13; 7.09x18, 27x09; 8.20-23 ... [Se 8.15-19, 09-05; 9.19-22, 05-19; EMP. Sena Carneiro] 8. ... 09-05; 9.15-19, 31-27; 10.23x30, 05x32; [EMP]. Sena Carneiro
e) 4. ... 14-21; [DAMA NEGRA EN 21]
Con estas posibilidades:
u 5.08-12, 21-30; [Tamén se podería empatar con 5. ... 21-25; 6.12-03, 25-14; alcanzando a posición final do noso xogo] 6.12-16, *31-27!!; [Non vale 6. ... 30-26�; (Un grave erro cometido no libro dos «Finais Prácticos Básicos») 7.*20-23, 26x08; 8.23-28, 08-04; 9.*16-03 ... (No citado libro segue con 9.28-32�, permitindo 9. ... 17-13; 10.09x18, 04x25; EMP.) 9. ... 04-14; 10.28-32, 14-04; 11.32-10, 04-11; 12.09-13, 11-04; 13.03-12, 04-08; 14.12-29, 08-04; 15.29-08, 04-25; 16.08-04, 25-29; 17.13-18, GB.] 7.15-19, *17-13; 8.09x18, 27-22; 9.19x26, 30x14; [EMP].
u 5.20-23, 21-25; [Entronca na «primeira opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «4»].
u 5.15-19, 21-14; [Entronca na «segunda opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «4»].
u 5.08-04, e as negras para empatar poden escoller:
── 5. ... 21-25; [Entronca na «primeira opción» da Hipótese DAMA NEGRA EN «7».
── 5. ... 21-30; 6.15-19, 30x16; 7.04-14, 16-12; 8.19-23, 12-16; [Non 8. ... 12-19�; por 9.*24-28!, 19x10; 10.28-32, 10x28; 11.32x23, GB.] 9.23-28, 16-23; 10.14-11, 23x32; [EMP].
4. ... 14-01;
Outras opcións dignas de mención poden ser:
a) 4. ... 14-25; 5.04-14, 25x20; 6.16x23, [GB].
b) Se vai a calquera das outras casas do río segue sempre 5.16-20 e [GB]. Como se indica no final de Dinis Vaz.
5.16-20 ...
E temos a posición «BASE» de Mario Dinis Vaz.
Estudados os exemplos imos agora ver como se podería resolver o final. O truco non está só en formar a posición «BASE» senón en facelo seguindo os movementos máis adecuados.
1.04-07 ...
O camiño máis sinxelo e directo. Levar este peón á casa «15» pasando por «11».
Outros modos son máis dificultosos e incluso ata poden fracasar. Vexamos:
a) 1.04-08� ... [Un erro tremendo tentando conseguir a posición do terceiro dos exemplos expostos anteriormente, a do Nº 576-A dos «Finais Prácticos Básicos»] 1. ... 32-01; 2.25-04, *01-19!!; [Impedindo o avance de peón á casa «12» xusto cando a dama branca se coloca na casa «4»] Agora se:
u 3.16-20, 19-01; 4.08-12, 01-19; 5.04-08, *19-14!!; [Se van a outra casa do río permiten formar a BASE] 6.12-15, 14-04; [Non 6. ... 14-25�; por 7.*24-28, 31x24; 8.08-04, 25-29; 9.04-08, 29x12; 10.08x15, GB.] 7.20-23, 04-25; [EMP].
u 3.04-25, 19-01; 4.16-20, 01-05; 5.08-12, *05-10!!; 6.12-15, *17-13; 7.09x18, 10-13; 8.18-21, 13-17; 9.24-28, 17x08; 10.28-32, 08-15; [EMP].
b) 1.25-11 ... [Este lance nin axuda, nin prexudica. As brancas non fan progreso ningún, pero foi así como xogou Vítor Cunha] 1. ... 32-01; 2.16-20 ... [Necesario para formar a «BASE», pero é recomendábel pospoñer este movemento ata o final evitando así posíbeis ataques que poden permitir o empate ás negras] 2. ... 01-05; e agora se:
u 3.04-08� … [O desacertado movemento efectuado no xogo. Agora xa vai ser imposible formar a «BASE» e as brancas perden a vantaxe] 3. … 05-32; 4.11-02, 32-14; 5.02-15, 14-01; 6.15-06, 01-14; 7.06-03, 14-32; 8.08-12, 32-01; [Tamén valía 8. ... 32-19; que forza 9.12-16, e mantendo a dama no río o empate resulta evidente] 9.12-15, *01-14; [EMP]. Este foi o desenlace real do xogo [Vítor Cunha vs. Víctor Oliveira do 20º Campionato de Portugal disputado en Amadora no ano 2000]. Non hai forma de facer progresos. Con todo, Luís Xavier no «Cidade de Tomar» pensa erroneamente que aínda é posíbel formar a «BASE» e propón seguir con 10.03-12, sen decatarse que as negras poderían defender con 10. ... 14-25; [E non 10. ... 14-32�; 11.12-08, 31-27; (Ou 11. … 32-01; 12.24-28, 31x24; 13.20-23, 01x32; 14.09-13, 17x10; 15.15-20, 24x15; 16.08x01, GB. Luís Xavier) 12.08-04, 27-22; 13.04-07, 32-01; 14.07-03, 22-18; 15.03-07, 01-14; 16.07-04, 17-13; 17.20-23, 14x32; 18.04x25, 13-10; 19.25-14, GB. Luís Xavier] 11.12-08, 17-13; 12.09x18, 25x14; [EMP].
u 3.04-07� … [Agora co peón «16» xa avanzado permite un golpe táctico de empate] 3. ... *17-13!!; 4.09x18, 05-09; 5.18-21, 09-27; [EMP].
u 3.11-15 ... [A mellor forma de progresar. Así a dama pódese colocar na casa «8» permitindo o avance de peón pola casa «7» para formar a «BASE» sen impedimentos] 3. ... 05-32; 4.15-08, 32-01; [Se 4. ... 32-14; 5.24-28, 31x15; 6.08x10, GB.] 5.04-07, 01-32; [De novo se 5. ... 01-14�; segue 6.*24-28 ... (Un golpe necesario, pois se 6.08-04�, *14-10!!; 7.07-11, *10-03; 8.11-14, *17-13; 9.09x18, 03-10; 10.18-21, 10x16; EMP.) 6. ... 31x15; 7.08x10, GB.] 6.07-11, 32-05; 7.11-15, 05-01; [GB]. Estamos na Posición «BASE».
1. ...32-01; 2.07-11, 01-32;
Se 2. ... 05-19; pode seguir 3.09-13, 17x10; 4.25-14, 19-22; 5.14x05, 22-26; 6.11-14, 26-22; 7.05-10, 22-08; 8.14-18, 08-04; 9.18-22, 04-08; 10.10-19, 31-27; 11.22x31, 08x26; 12.24-28, [GB]. Pola «Forzosa».
3.11-15, 32-05;
De xeito parecido ao comentado na nota anterior, agora se 3. ... 32-23; [Tentando evitar o avance 16-20] 4.09-13, 17x10; 5.25-14, 23-27; 6.14x01, 27-22; 7.15-20, 31-27; 8.20-23, 27x20; 9.16x23, [GB].
4.25-04 ...
Aquí tamén se podería alternar a orde e xogar primeiro 4.16-20 para seguir con 5.25-04. Pero sempre hai que ter coidado, pois se a dama negra estivese colocada na casa «10», en vez de «5», ese avance [4.16-20] non sería adecuado debido ao golpe con 4. ... *17-13; 5.09x18, 10-13; 6.18-21, 13-17; [EMP].
4. ... 05-01;
Unha vez máis se 4. ... 05-23; pode seguir 5.09-13, 17x10; 6.04-14, [GB].
Ou se 4. ... 05-10; 5.16-20, 10-03; 6.20-23, 03-16; [Se 6. ... 03-12; 7.*15-19, 12x22; 8.23-28, 22-19; 9.28-32, 19-15; 10.32-01, 15-29; 11.04-25, 29-08; 12.25-11, 08-29; 13.11-04, 29-08; 14.01-14, 08-12; 15.04-08, 12-16; 16.08-19, e agora se 16. ... 16-30; 17.14-07, 30-16; 18.07-03, 16-30; 19.19-26, 30x21; 20.09-13, 17x10; 21.03x30, GB. Ou se 16. ... 16-20; 17.04-07, 20-30; 18.07-03, 30-20; (Se 18. ... 30-27; 19.03-16, GB. Ou se 18. ... 30-21; 19.09-13, GB.) 19.03-16, GB.] 7.*15-20 ... [Non 7.23-28�, por 7. ... 17-13; 8.09x18, 16-12; 9.15-20, 12-16; EMP.] 7. ...16-03; 8.04-14, 03-16; 9.14-01, 16-03; 10.01-19!, 03-16; 11.19-22, 16-03; 12.23-27!, 03-16; 13.20-23, [GB].
5.16-20, 01-32;
No seguinte diagrama pódese apreciar como as brancas están a punto de alcanzar a posición desexada.
6.04-08, 31-27;
Se 6. ... 32-01; ou calquera outro movemento de dama
gáñase conforme explicamos na posición «BASE» de Mario Dinis Vaz.
7.08-12, 32-14; 8.12-03, 14-23; 9.09-13, 23x16; 10.24-28, 17x10; 11.03x31, 16-12; 12.15-20, 12-15; 13.20-24, 15-19; 14.28-32, [GB].
Ningún comentario:
Publicar un comentario