sábado, 24 de decembro de 2022

Problemas de Nadal [13º aniversario do blog]


Como é costume cando se achegan estas datas, queremos desexar a todos os damistas que pasen unhas felices festas de Nadal e que o vindeiro ano resulte próspero e venturoso.

Dedicado aos nosos lectores polo 13º aniversario de blog non esquecemos tampouco publicar a típica selección de problemas coa que esperamos poidan gozar do pracer de solucionalos e ao mesmo tempo adestrar a visión combinativa e mellorar a capacidade de cálculo.


























As solucións comentadas sairán nun novo artigo que publicaremos pouco antes da entrada do ano próximo o día 31 de decembro.


Ningún comentario: