sábado, 31 de decembro de 2022

Solucións dos Problemas de Nadal



Nº 1

1.31-18 …
 
Chave que orixina dúas variantes temáticas.
 
[PRIMEIRA VARIANTE]
 
1. … 07-03; 2.18-21 ...
 
Un pequeno defecto. Pois aquí tamén se podía xogar de espera e despois seguir con 3.18-21. Isto podíase evitar se a dama de «13» estivese na casa «9», como nun estudo de Jorge Gomes Fernandes que veremos despois. Este detalle sumamente relevante fai que a composición do portugués non se poida considerar como plaxio.
 
2. ... 03x26; 3.30x21, 12-08; 4.21-04, [GB].
 
-B-
[SEGUNDA VARIANTE]
 
1. … 07-04; 2.18-25, 12-07; 3.13-18 …
 
Formado un famoso bloqueo que aparece por primeira vez neste histórico estudo.
 
3. … 07-03;
 
Aquí se 3. … 04-08; 4.18x04, 08-19; 5.30-26, 19x29; 6.04-08, [GB].
 
4.30-16 …
 
Agora vaise producir o que en termos técnicos coñécese como «mate cruzado».
 
4. … 04x21; 5.25x07, 03x12; 6.16x07, [GB].
 
***
Deseguido o lector pode ver outros 3 estudos co mesmo tema de bloqueo. Os dous primeiros poderían ser descalificados nun hipotético concurso pola clara anticipación de Kharianov. O terceiro, como xa explicamos, elimina o leve defecto do orixinal e por tanto non se lle podería facer ningunha obxeción.

***

Moi semellante a estes, aínda é coñecido outro estudo de Alexander Shoshin do ano 1901, pero está demolido por dual grave na formación do bloqueo. Chegou ata nós porque foi publicado na «Enciclopedia Damista», pero que quizais debido á demolición, non conseguimos atopar en ningunha das outras fontes que posuímos.



 
Nº 2

Un marabilloso final que fixo famoso ao seu autor. Só por este traballo o seu nome é coñecido no mundo das damas.
 
1.*30-17, 12-08; 2.*18-04, 03-12;
 
Se 2. ... 03-16; 3.17-30, [GB].
 
3.*23-16, 12-19;
 
Neste punto se:
 
a) 3. ... 12-29; [Atemática pois a dama encérrase de modo voluntario] 4.17-06, 29-19; [ Ou 4. ... 29-25; 5.*06-11, 25x07; 6.*16x03, GB.] 5.*06-15, 19x12; 6.16x07, [GB].
 
b) 3. ... 12-03; 4.16-20, 03-12; [Ou se 4. ... 03-16; 5.*17-30, GB.] 5.*17-03 ... [Única para poder progresar] 5. ... 12-19; [Se 5. ... 12-16; 6.*20-30, GB. Bloqueo simple] 6.*20-15, 19x12; 7.*03x16, [GB].
 
4.*17-26 ...
 
As brancas agora gañan empregando a célebre «artimaña de Timoneda», coñecida en Portugal coma a «jiga-joga».
 
4. ... 19x29; 5.*16-12, 29-25; 6.*12-29, 25-21; 7.*04x25, 08-04; 8.29-08, [GB].
 
 
Nº 3

Un exemplar que reúne no mesmo estudo os temas principais dos dous problemas anteriores.
 
1.*01-14 ...
 
Con dúas variantes temáticas:
 
-A-
[PRIMEIRA VARIANTE]
 
1. ... 07-04; 2.*14-25, 12-07; 3.*23-14, [GB]. Polo «Bloqueo Kharianov» que vimos no primeiro problema.
 
-B-
[SEGUNDA VARIANTE]
 
1. ... 07-03; 2.*30-17, 12-08; 3.*14-04, [GB].
 
E así temos a mesma posición de remate que no final artístico do damista canario Sinforiano Casañas, que amosamos no problema Nº 2.

***
Unha vez xa publicado o artigo recibimos un correo de Luís Xavier reclamando que a idea do meu estudo xa tiña sido publicado por el no senanario «Cidade de Tomar».  Vexamos o seu traballo.


No seu momento eu xa tiña visto ese artigo de Xavier pero lamentabelmente non me lembrei e pido publicamente disculpas Con todo, o lector pode notar que realmente non é exactamente a mesma idea pois na 
«variante B» as brancas tras 1.02-11, 07-03; 2.30-17, 12-08; 3.11-04, 03-12; gañan con 4.17-03, sen necesidade de seguir o tema de Casañas..

No mesmo correo tamén me alertou que o estudo do tema Laros co que inicialmente introducin este artigo de Solucións tiña igualmente xa sido composto por el, Foi outra anticipación que neste caso coincidía totalmente, e como o obxectivo que eu pretendía de homenaxear o 13º aniversario do blog, así non tina sentido, decidín eliminalo. Non obstante, nunha colección histórica de problemas que estou preparando si que vai aparecer coa súa autoría. 



Nº 4

Antolóxico problema variábel de Joaquim Eliseo Restivo, un dos compositores máis representativos da Escola Moderna.
 
1.17-21 ...
 
-A-
[PRIMEIRA VARIANTE]
 
1. ... 26x17; 2.18-09, 07x31; 3.02x22, 31x18; 4.09x06, [GB].
 
-B-
[SEGUNDA VARIANTE]
 
1. ... 07x14; 2.18x31, 26x17; 3.02x20, 19x26; 4.20-30,
 
Un bloqueo que vimos por primeira vez neste problema.
 
4. ... 26-19;
 
Ou se 4. ... 26-21; 5.31-13, 17x10; 6.30x06, [GB].
 
5.31-22, 19x26; 6.30x21, 17-13; 7.21-14, [GB].
 

 

1.28-31, 15x26; 2.27-30, [GB].
 
E temos en xogo práctico o mesmo bloqueo que vimos no variábel de Joaquim Restivo.
 



Final de xogo disputado na modalidade de damas rusas, pero que se pode extrapolar á nosa. Curioso desenlace porque axiña se pode ver o que hai que facer, mais logo xa non tan rapidamente como facelo.
 
1.11-15, 20x11; 2.29-25 ... [Ameazando disparo con 2.22-26, e comer os peóns que queden no aire] 2. ... 04-07; [Se 2. ... 11-07; 3.22-26, 30x21; 4.25x14, EMP.] 3.25-29, 07-04; 4.29-25, 04-07; 5.25-29, 07-03; 6.29-25, 03-07; 7.25-29, [EMP].
Por repetición de posición.
 


Nº 7

Outro final instrutivo. De solución fácil en aparencia pero que, ao revés do anterior, precisa afinar o cálculo para ver o primeiro lance.
 
1.13-31! ... [Para poder dominar o río e ao mesmo tempo os ataques ao peón  que vai ir á casa «15». O xogo seguiu con 1.13-17�, 12-07; 2.03x12, 25-21; 3.17x30, 11-06; 4.12-15, 06-02; EMP.]
1. ... 12-07; 2.03x12, 11-06; 3.12-15, 06-03; 4.31-28, 25-21; 5.15-20, 03-06; 6.20-24, [GB].
 


Nº 8

Golpe que ata agora permanecía inédito e no que puido caer, segundo indican os números ELO, o de lonxe mellor xogador portugués desde que existen eses rexistros.
 
1.17-21, 26x10; 2.18-21, 24x15; 3.02-06, 25x18; 4.06x31, [GB].
 


Nº 9


Un exemplo que ideei para explicar da forma máis sinxela o que é un tipo de problema que se denomina «estudo» [Problema con variantes nas que ao menos existe un movemento libre (é dicir, efectuado sen obrigación de capturar)].
 
1.32-01 ...
 
A chave, teoricamente o movemento máis difícil de atopar. Orixina tres variantes temáticas. O problema ten unha cuarta variante [1. ... 11-06]
que, curiosamente, é a máis resistente, pero ao desembocar directamente nun final práctico común, non se pode considerar como temática.
 
-A-
[PRIMEIRA VARIANTE]
 
1. ... 04-07; 2.17-30, 07x16; 3.01-23, 16x27; 4.30x06, [GB].
 
-B-
[SEGUNDA VARIANTE]
 
1. .. 04-08; 2.17-10, 08x05; 3.01x07, [GB].
 
-C-
[TERCEIRA VARIANTE]
 
1. .. 11-07; 2.17-03, 04-08; 3.03-10, 08x05; 4.01x04, [GB].
 


Nº 10

Un problema clásico, como se denomina ás producións ríxidas sen variantes. A súa denominación débese aos autores clásicos españois que adoitaban usar este tipo de composición. Os primeiros autores portugueses, no primeiro tercio do século XX, crearon tamén infinidade de problemas deste tipo que se caracterizaban por enmascarar a solución usando unha gran cantidade de pezas. Na escola moderna prefírense os variábeis ou os estudos, pero en todo caso nada de quebracabezas, e si desenlaces máis curtos e enxeñosos.
 
1.09-13, 30x20; 2.13-03, 19x32; 3.29x12, 16x07; 4.03x01, [GB].
 


Nº 11
 
Adaptación dun problema de damas internacionais do autor H. Laros no que se emprega unha manobra que non lembramos ter visto antes en damas clásicas.
 
1.18-21, 25x18; 2.29-25, 04x14; 3.02-05, 14x01; 4.25x32, [GB]. Rematando cun bloqueo bipolar.
 

 

Nº 12

Un estupendo estudo do ruso Pankratov que xa tiñamos publicado noutra ocasión neste blog. Aquí completamos a información que lle faltaba indicando o medio e o ano de publicación.
 
1.09-27 ...
 
Chave que orixina as seguintes variantes:
 
a) 1. ... 23-01; [Contra 1. ... 23-05; segue o mesmo proceso, pero tamén vale o dual con 2.06-02, GB.] 2.06-11, 30x23; 3.11-14, 01x19; 4.29x15, [GB].
 
b) 1. ... 23-14; 2.29-25, 30x23; 3.25x11, [GB].
 
c) 1. ... 23-28; 2.06-24, 30x23; 3.24x31, [GB].
 
d) 1. ... 23-32; 2.06-24, 30x23; 3.24-28, 23-20; 4.28-01, 20-16; 5.29-19, 32x14; 6.01x19, [GB].
 
e)
1. ... 23-16; 2.06-03, 30x23; 3.29-12, 16x07; 4.03x27, [GB].
 

* * *

Este problema é unha anticipación doutro que publicaría o Dr. Orlando Augusto Lopes no ano 1947 [Un tempo no que eran totalmente descoñecidas as obras rusas en Portugal] e que amosamos no diagrama seguinte.


Usando un peón, en vez de unha dama, semella mellor construída a versión do portugués por ser máis económico, pero eu aínda prefiro outra disposición que eu xa tiña descuberto no ano 1993, moito antes de ver na «Enciclopedia Damista», no seriado de Eduardo Valente, «Estudos nunha Escola de Aldeia» que o meu problema xa non era meu debido á anticipación de OAL. Como curiosidade deseguido amoso como eu o tiña concibido.


Con posición simétrica «desprazada» e coa chave, eu penso, que un pouco máis agochada.

Unha proba de que crear un problema sobre o tema da dama negra en total ou parcial liberdade no río ten pouco campo para explorar queda patente con estoutra coincidencia da que me decatei recentemente ao preparar o artigo.

Ningún comentario: