O salón principal do «Auditorio Municipal» de São João da Madeira foi escenario o pasado 1-7-2023 do seu prestixioso «Open Nacional de Damas» que nesta ocasión alcanzou a edición Nº 30.
A proba, que se disputa na modalidade de partidas rápidas [Ritmo de 30 minutos para 4 xogos], trancorreu con esquisita deportividade e resultou enormemente competida. Tras as 5 sesións correspondentes, catro xogadores terminaron igualados nos primeiros postos cun rexistro de 4,5 puntos. O sistema de desempate establecido ditaminou a orde na clasificación final resultando vencedor Joaquim Silva «Pardal», con Nuno Vieira na 2ª posición e Tiago Manuel na 3ª. O outro implicado, Manuel Cardoso, quedou así desprazado do podio, tendo que conformarse cun honroso 4º posto.
Na proba colectiva, o título foi parar as vítrinas do laureado equipo local do «C.C.D. de São João da Madeira» que formado por «Pardal», Tiago, Cardoso e Justino Miguel, conquistou o triunfo de modo inapelábel. O 2º lugar foi ocupado polo «Vai Avante» de São Pedro da Cova e o 3º polo Capricho Setubalense.
Estupenda participación con 77 damistas inscritos. Fantástica organización, liderada polo mítico entusiasta Zé Dias Pereira e encomiábel colaboración das empresas da zona que encheron o escenario da sala con multitude de regalos que os xogadores puideron ir escollendo por orde segundo a súa colocación na clasificación final.
SELECCIÓN DE XOGOS COMENTADOS
1.10-14, 22-19;
A «Diagonal Cruzada», unha apertura que cada vez aparece con máis frecuencia nos torneos portugueses.
2.05-10 ...
Como explicamos moitas veces, esta é a máis fina continuación desde o punto de vista estratéxico. As brancas pretenden evitar trocas para tratar de explotar a acumulación de peóns no flanco de río negro.
2. ... 23-20;
A precipitada «Fuga Nº9», así denominada por ser este o número co que aparece no Tratado da «Enciclopedia Damista». Continuación inferior que, por ser pouco coñecida, Nuno usa esporadicamente para tentar sorprender.
3.14x23, 28x19; 4.11-14 ...
Así tamén segue no «TED» [Siglas coas que habitualmente se designa o citado tratado]. Unha posíbel alternativa podería ser 4.12-16, 27-23; 5.07-12, e agora se:
a) 5. ... 31-28; 6.12-15, 19x12; 7.08x15, 21-18; 8.04-08, 26-21; 9.10-14, 18-13; 10.09x18, 23-19; 11.15x22, 30-26; 12.16x23, 26x10; 13.06x13, 21x07; 14.03x12, 28x19; 15.12-15, 19x12; 16.08x15, 25-21; 17.15-19, 24-20; 18.19-22, 20-16; 19.13-17, 21-18; 20.17-21, 18-14; 21.22-27, 16-12; 22.27-31, 32-28; 23.31x24, 12-08; 24.02-06, 08-04; 25.21-25, 04-08; 26.24-31, 14-11; 27.06x15, 08x19; [EMP].
b) 5. ... 26-22; 6.10-13, 21-18; 7.06-10, 29-26; 8.01-05, 31-28; 9.04-07, 25-21; 10.13-17, 19-14; 11.10x19, 22x06; 12.02x11, 30-27; 13.03-06, 20-15; 14.12x19, 23x14; 15.08-12, 28-23; 16.12-15, *24-20; [Non 16. ... 32-28�; por 17.06-10, 27-22; 18.10x19, 23x14; 19.09-13, 18x02; 20.11x25, 02x20; 21.16x32, GB. Como nun xogo Tiago Manuel vs. Nuno Vieira disputado no Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos que se celebrou no mes de febreiro este ano 2023] 17.15x24, 23-19; 18.06-10, 27-22; 19.16-20, 19-15; 20.10x19, 15x06; 21.19-23, 06-03; 22.07-11, 22-19; 23.23-27, 19-14; 24.11-15, 14-11; 25.27-30, 18-14; 26.20-23, 11-07; 27.09-13, 07-04; 28.24-28, 14-10; 29.05x14, 04x09; 30.28-31, 03-13; 31.15-19, 13-18; 32.31x13, 09x08; 33.23-28, 32x23; 34.30x20, 08-19; 35.20-11, [EMP].
4. ... 27-23;
Apartando da ruta indicada no «TED» que presenta unicamente o desenvolvemento: 4. ... 20-16; 5.14x23, 27x20; 6.09-13, 26-22; 7.13-17, 21-18; 8.06-11, 18-13; 9.11-14, 13x06; 10.02x11, 32-28; 11.01-05, 28-23; 12.05-10, 30-26; 13.10-13, 25-21; 14.14-18, 21x14; 15.11x27, 31x22; 16.12-15, 20x11; 17.07x14, 22-19; 18.14-18, 19-14; 19.18-22, 26x19; 20.08-12, 16x07; 21.04x18, 19-15; 22.17-21, 15-12; 23.21-26, 29x22; 24.18x27, 12-08; 25.27-30, [EMP]. Como nun xogo Jorge Gomes Fernandes vs. Artur Gomes disputado no 3º Campionato de Almada que se celebrou no ano 1959.
5.09-13 ...
Tan só atopamos rexistros de tres xogos máis, e nos tres as brancas elixen esta continuación.
5. ... 21-17;
Unha aceptábel réplica en posición inferior. En cambio sería estrepitosamente mala a alternativa 5. ... 26-22�; que pode ser fortemente contestada con 6.*13-17 ... [O ataque adecuado] 6. ... 29-26; [A máis resistente. Se 6. ... 30-26; 7.01-05, 22-18; 8.05-09, 18x11; 9.06x22, 26x19; 10.17x26, 29x22; 11.10-13, 19-14; 12.13-18, 22x13; 13.09x18, 31-27; 14.12-16, 32-28; 15.08-12, GB. Se 6. ... 21-18; 7.14x21, 25x18; 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 20x11; 10.07x21, 22-19; 11.10-14, 19x10; 12.06x13, 23-19; 13.21-26, 30x21; 14.17x26, 29x22; 15.13-17, GB. Se 6. ... 20-16; 7.17x26, 30x21; 8.01-05, 21-18; 9.14x21, 25x18; 10.06-11, 32-28; 11.05-09, 29-26; 12.12-15, 19x12; 13.08x15, 26-21; 14.10-14, GB. Ou se 6. ... 20-15; 7.17x26, 30x21; 8.07-11, 24-20; 9.01-05, 32-28; 10.05-09, 21-17; 11.14-18, 22x13; 12.09x18, 20-16; 13.11x27, 31x13; 14.12-15, 19x12; 15.08x15, 29-26; 16.15-20, 28-24; 17.20-23, GB.] 7.*06-11 ... [O complemento do lance anterior. Inferior sería 7.01-05�, 31-27; 8.05-09, 20-15; 9.12-16, 15-12; 10.08x15, 19x12; 11.06-11, pois agora as negras con 11. ... 24-20!!; conseguen igualar ao non valer 12.04-08�, por 12. ... 20-15; 13.11x20, 22-18; 14.08x15, 18x04; GN. Por contra, sería errado 11. .. 12-08�; como aconteceu no 2º xogo da 5ª sesión do enfrontamento José Carlos Anjos vs. Nuno Vieira do «famoso» 2º Torneo de Matosinhos celebrado este ano 2023. Pois as brancas se o visen, dispoñían da manobra gañadora 13.*11-15 ... (E non 14.03-07�, como xogaron) 13. ... 27-22; 14.16-20, 23x07; 15.14x23, 21-18; 16.03x12, GB.] 7. ... 22-18; [Se 7. ... 20-16; 8.*01-05, 21-18; 9.14x21, 25x18; 10.05-09, 31-27; 11.10-13, 19-14; 12.12-15, 14-10; 13.15-19, 22x06; 14.13x29, 10-05; 15.03x10, 27-22; 16.29x28, 32x23; 17.17-21, 05-01; 18.02-05, 23-19; 19.21-25, 19-14; 20.10x19, 01x23; 21.25-29, 23-10; 22.29-12, 10-17; 23.12-19, 30-27; 24.19-32, 17-30; 25.09-13, 27-22; 26.32-10, 30-27; 27.13-17, 27-30; 28.10-13, 22-19; 29.17-21, 30x12; 30.08x22, 24-20; 31.22-26, 20-15; 32.26-29, 15-11; 33.29-15, GB.] 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 31-27; [Se 9. ... 18-13; 10.03-06, 31-27; 11.01-05, 13-09; (Con 11. ... 32-28; o xogo retomaría o curso da liña principal desta variante) 12.10-13, 20-16; 13.13-18, 26-22; 14.17x26, 30x21; 15.05-10, 22x13; 16.10x26, GB.] 10.03-06, 32-28; 11.*01-05, 18-13; 12.05-09, 21-18; 13.14x21, 25x18; 14.17-21, 26x17; 15.11-14, 18x11; 16.09x18, 20-16; 17.07x14, 30-26; 18.18-21, 26-22; 19.21-26, 23-20; 20.26-30, 20x11; 21.30x32, 11-07; 22.04x11, 16-12; 23.14-19, 22x15; 24.11x20, 24x15; 25.32-14, 12-08; 26.14-04, 15-12; 27.04-25, 08-04; 28.10-14, [GB].
6.12-15 ...
Cede a vantaxe permitindo equilibrar. Para manter a superioridade o mellor era seguir con 6.01-05, e agora se:
a) 6. ... 20-15; 7.05-09, 26-21; 8.07-11, 31-27; 9.11x20, 23x07; 10.04x11, 19-15; 11.11x20, 24x15; 12.03-07, 29-26; 13.07-11, 26-22; 14.11x20, 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.06-11, 27-23; 17.20x27, 30x23; 18.08-12, 23-19; 19.12-16, 32-28; 20.16-20, 28-24; 21.20-23, 19-15; 22.11x20, 24x15; 23.23-28, 15-12; 24.28-31, 12-07; 25.31-24, 07-04; 26.24-15, 18-14; 27.10x26, 17x10; 28.26-29, 10-06; 29.02x11, 04x14; [EMP].
b) 6. ... 31-27; 7.05-09, 20-15; 8.12-16, 26-22; 9.16-20, 23x16; 10.14x23, 27x20; 11.07-12, 16x07; 12.03x26, 30x21; 13.02-05, 29-26; 14.13-18, 21x14; 15.10x19, 32-28; 16.05-10, 20-15; 17.04-07, 24-20; 18.07-11, 28-24; 19.19-23, 20-16; 20.11x20, 24x15; 21.23-27, 15-12; 22.08x15, 16-12; 23.15-20, 12-07; 24.20-24, 07-04; 25.24-28, 26-22; 26.27-30, 22-19; 27.28-31, 19-14; 28.10x19, 04-18; 29.31x13, 17x10x03; 30.30-23, 03-12; [EMP].
6. ... 20x11;
Tentando complicar. Contra a outra captura 6. ... 19x12; o mellor sería 7.07x16!, con xogo máis tranquilo tras 7. ... 26-22; 8.06-11, 29-26; 9.01-05, 31-27; 10.04-07, 20-15; 11.11x20, 24x15; 12.13-18, 22x06; 13.02x20, 17-13; 14.05-10, 13x06; 15.03x10, 27-22; 16.20x27, 30x23; 17.07-11, 25-21; 18.08-12, 32-28; 19.12-15, 28-24; 20.10-13, 21-17; 21.14-18, 17x10; 22.18x27, 10-05; 23.27-31, 05-01; 24.31-28, 23-19; 25.15x29, 01x32; [EMP].
7.06x22, 26x19; 8.13-18, 24-20; 9.07-11 ...
A mellor.
9. ... 17-13; 10.10x17, 19x10; 11.08-12...
Preparando o ataque ao peón avanzado. Se fose feito agora, de modo directo, podería ser refutado como se indica deseguido:
a) 11.02-06�, 20-15; 12.11x27, 31x13; 13.08-12, 10-05; 14.01x10, 13-09; o peón vai a dama e [GN].
b) 11.02-05�, 10-06; 12.03x10, 20-15; 13.11x27, 31x06; [GN].
11. ... 23-19�;
Unha tremenda imprecisión que lle puido costar o xogo ás negras, pois o lance textual non serve para apoiar a defensa do peón avanzado que agora queda debilitado. Adecuado sería, por exemplo, 11. ... 30-26; 12.17-21 ... [Ou 12.02-06, 26-21!; 13.06x13, 21x07; 14.04x11, 32-28; 15.12-16, 28-24; 16.01-05, 23-19; 17.16x23, 31-27; 18.23x30, 29-26; 19.30x21, 25x02; 20.17-21, 02x15; 21.21-26, 19-14; 22.26-29, EMP.] 12. ... 26x17; 13.12-15 ... [Mellor que 13.02-05, 20-16; 14.05x14, 16x07; 15.03x12, 17-13; 16.18-22, 13-10; 17.12-15, 23-20; 18.15x24, 10-06; 19.22-27, 31x22; 20.14-19, 22x15; 21.11x20, 06-03; 22.20-23, 03-13; 23.24-28, 13-31; 24.04-08, 31x24; 25.23-27, 25-21; 26.01-05, 21-17; 27.05-09, 24-11; 28.27-30, 32-28; 29.30-16, 11-14; 30.16-20, 29-26; 31.08-12, 26-21; 32.20-16, 21-18; 33.16-30, 28-24; 34.12-15, 14-28; 35.30-21, 28-14; 36.15-19, 14x32; 37.21x07, 24-20; 38.07-03, 32-10; 39.03x13, 17x10; 40.09-13, EMP.] 13. ... 20-16; 14.04-07, 29-26; 15.02-05, 10-06; 16.03x10, 31-27; 17.05-09, 32-28; 18.11-14, 26-22; 19.09-13, 28-24; 20.14-19, 23x05; 21.01x10, 24-20; 22.15x24, 22-19; 23.24-28, 19-15; 24.28-31, 25-21; 25.31x08, 21x05; 26.08-22, 17x10; 27.22-13, 05-01; 28.13x03, [EMP].
12.18-22� ...
Sen decatarse da fraxilidade do mencionado peón. O acertado era atacar con 12.*02-05 ... [Iniciando unha manobra que necesitaba algún tempo para poder verificar a súa validez. Algo complicado nun xogo de rápidas] 12. ... 19-14; 13.*18-21 ... [Lance complementario clave] 13. ... 14x07; [Se 13. ... 25x18; 14.*12-16, 14x07; 15.05x21, 31-27; 16.*04x11, 29-25; (Ou 16. ... 27-23; 17.21-25, 30-26; 18.01-05, 32-28; 19.05-10, 28-24; 20.10-13, 26-22; 21.17-21, 22-19; 22.21-26, 29x22; 23.25-29, 22-18; 24.13x22, 19-15; 25.22-27, 15x06; 26.03x10, GB.) 17.16x23, 25x18; 18.17-21, 27x20; 19.21-25, 20-16; 20.25-29, 18-13; 21.11-14, 32-28; 22.14-19, 30-27; 23.29-25, 27-23; 24.25-04, 23x14; 25.04x09, 16-12; 26.09-18, 12-08; 27.18-04, GB.] 14.*04x11, 25x18; 15.05x21, 32-28; 16.12-15, 20-16; 17.03-07, 28-23; 18.21-25, 30-26; 19.15-19, 23x14; 20.11x18, [GB].
12. ... 32-28; 13.12-16, 28-23; 14.11-14, 30-26; 15.02-05, 19-15;
As posición das negras agora ata é mellor.
16.22-27, 31x22; 17.14-19, 23x14; 18.16x23, 15-11; 19.23-27, 11-06; 20.27-31� ...
O xogo volveuse confuso e complicado de conducir. Co lance textual as brancas pasan a estar perdidas. Aquí só valía 20.*04-07, 25-21; 21.27-30, 22-18; 22.07-11, 14x07; 23.05x14, 18x11; 24.03x10, 07-04; 25.10-14, 04-08; 26.30-27, 08-12; 27.27-31, 12-16; 28.14-19, 16-30; 29.31-28, 30-27; 30.28-31, 27-09; 31.01-05, 09x02; 32.19-22, 26x19; 33.17x26, 29x22; 34.31x07, [EMP].
20. ... 22-19�;
E agora Nuno tampouco acerta. Para gañar era necesario seguir con 20. ... *06-02; 21.31x07, 02x09; 22.07-16, *09-02; [Non 22. ... 26-22�; por 23.03-06, 10x03; 24.17-21, 25x18; 25.04-07, 03x12; 26.16x25, 22-19; 27.25-07, 09-27; 28.01-05, 27-23; 29.07-12, 19-14; 30.12-07, EMP.] 23.16-07, 26-22; 24.07-16, 22-18; 25.03-07 ... [Se 25.04-07, 25-21; 26.17x26, 29x22; 27.07-12, 18-13; 28.16-30, 22-18; 29.30-26, 13-09; 30.12-16, 02-24; 31.03-07, 10-06; 32.26-21, 18-13; 33.07-11, 06-02; 34.11-14, 02-15; 35.16-20, 13-10; 36.20-23, 15-06; 37.21-30, 24-11; 38.14-19, 06-03; GN.] 25. ... *02-06; 26.07-11, 06x15; 27.16-27, 15-22; 28.27-31, 10-06; 29.17-21, 06-02; 30.21-26, 22-19; 31.31x13, 29x22; 32.13x27, [GN].
21.31-18� ...
Agora a subsistencia unicamente era posíbel con 21.*31-27, 06-02; 22.27-16, 02x09; 23.03-06, 10x03; 24.04-07, 03x12; 25.16x30, 29-26; 26.30x21, 25x18; 27.17-21, 19-15; 28.21-26, 15-11; 29.26-29, [EMP].
21. ... 06-02; 22.18x07, 02x09; 23.07-16, 19-15; [GN].
As brancas abandonan debido a súa inconsistencia, agora moi evidente. Resta dicir que máis rápida sería a vitoria con 23. ... 09-27; 24.16x21, 25x18; 25.17-21, 18-14; [GN].
1.10-14, 23-19;
A «Diagonal Ortodoxa», tan popular que seguramente se emprega en máis xogos que nos que derivan de todas as outras aperturas xuntas.
2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.11-14 ...
A «Fuga Nº15», unha das formas de escapar das liñas tradicionais presentadas nos libros dos tratadistas clásicos españois. Pero actualmente tan empregada como calquera delas.
Para un estudo exhaustivo, o lector pode consultar o artigo do 4/6/2015 no que comentamos un xogo Fernando Gonçalves vs. Justino Miguel do Torneo de Carregosa dese ano 2015.
4. ... 28-23; 5.07-11 ...
Aquí con 5.12-16, aínda se podía traspoñer á «Lateral Esquerda». E como alternativa principal tamén se podía optar por 5.06-11, como fixo o propio Figueiredo no 3º xogo da sesión. Un duelo que seguiu con 5. ... 21-17; 6.12-15 ... [A réplica máis frecuente na práctica] 6. ... 19x12; 7.08x15 ... [Unha posición que tamén pode aparecer na «Esquerda Incidente» formada con 1.12-16, 23-20; 2.16x23, 28x19; 3.10-14, 19x10; 4.05x14, 32-28; 5.08-12, 28-23; 6.12-15, 21-17; 7.06-10] 7. ... 22-19; 8.15x22, 26x19; 9.14-18, 19-15; [Aquí a principal continuación é 9. ... 24-20; ao que pode seguir 10.02-06, 30-26; 11.04-08, 20-16; 12.10-13, 17x10; 13.06x13, 26-22; 14.01-05, 19-14; 15.13-17, 22x13; 16.09x18, 23-20; 17.08-12, 20-15; 18.12x19, 16-12; 19.07x16, 14x07; 20.03x12, 27-22; 21.18x27, 31x08; 22.16-20, 08-04; 23.20-23, 04-14; 24.23-27, 14x01; 25.27-31, EMP.] 10.11x20, 24x15; 11.10-14, 29-26; 12.02-06, 26-22; 13.04-08, 22x13; 14.09x18, 15-11; 15.06x15, 23-19; 16.15x22, 25-21; 17.18x25, 27x04; 18.25-29, 04-25; 19.29-22, 25-29; 20.22-15, 29x12; 21.08x15, 17-13; 22.03-06, [EMP].
5. ... 21-18; 6.14x21, 26x17;
Se 6. ... 25x18; o mellor é seguir con 7.10-13, e agora se:
a) 7. ... 23-20; 8.12-15, 19x12; 9.08x15, 27-23; 10.01-05 ... [Non 10.13-17�, por 10. ... 31-27; 11.01-05, 23-19; 12.04-07, 19x12; 13.07x23, 27x20; 14.05-10, 20-16; 15.03-07, 22-19; 16.10-13, 16-12; 17.07x16, 19-14; 18.13x22, 14x07; 19.09-13, 26x19; 20.06-11, 07-04; GN. Como nun xogo António Figueiredo vs. Joao Sepanas do «30º Open de Damas Clásicas Cidade de Setúbal» disputado no ano 2022] 10. ... 20-16; 11.15-20, 24x15; 12.11x27, 30x23; 13.06-11, 16-12; 14.05-10, 23-19; 15.13-17, 12-07; 16.03x12, 19-14; 17.10x19, 22x08; 18.02-06, 26-22; 19.17-21, 22-19; 20.06-10, 31-28; 21.10-13, 19-14; 22.13x22, 14x07; 23.04x11, 08-04; 24.11-15, 04x25; 25.22-27, 25-11; 26.15-19, 11-15; 27.27-31, 15x26; 28.31x24, [EMP].
b) 7. ... 19-14; 8.04-07, 24-20; con estas opcións:
➤ 9.12-16, 26-21; 10.13-17, 22-19; 11.17x26, 29x22; 12.01-05, 31-28; 13.09-13, 18x09; 14.11x18, 22x13; 15.05-10, 30-26; 16.10x17, 20-15; 17.07-12, 27-22; 18.03-07, 19-14; 19.12x19, 22x15; 20.06-11, 15x06; 21.02x18, 09-05; 22.18-21, 05-01; 23.21x30, 28-24; 24.30x20, 24x15; 25.17-21, [EMP].
➤ 9.12-15, 20-16; 10.15-19 ... [Se 10.01-05, as negras poden seguir con 10. ... 16-12!; 11.07x16, 14x07; 12.03x12, 23-19; 13.15-20, 19-15; 14.12x19, 22x15; 15.13x22, 26x19; 16.09-13, 19-14; 17.13-18, 14-11; 18.20-23, 27x20; 19.16x23, 11-07; 20.23-27, 31x22x13; 21.06-10, 13x06; 22.02x20, 07-04; 23.05-10, 04-18; 24.20-23, 18-27; 25.23-28, 27-23; 26.28-31, 23x01; EMP. Pero sería frouxa 10. ... 23-19�; por 11.*08-12 ... (Non 11.13-17�, 19x12; 12.08x15, 22-19; 13.15x22, 26x19; 14.17-21, como nun xogo António Figueiredo vs. António Guerreiro do «30º Open de Damas Clásicas Cidade de Setúbal» disputado no ano 2022, no que as negras poderían ter gañado se seguisen con 14. ... *16-12; 15.07x16, 14x07; 16.03x12, *19-14; 17.21-25, 27-23; 18.12-15, 14-11; 19.15-19, 23x14; 20.06x15, 14-11; 21.15-19, 11-07; 22.19-23, 07-03; 23.16-20, 03-12; 24.20-24, 12-19; GN.) 11. ... 27-23; 12.13-17, 30-27; 13.15-20, 29-25; 14.06-10, 25-21; 15.02-06, 19-15; 16.12x28, 31x15; 17.11x20, 22-19; 18.07-12, 16x07; 19.03x12, 27-22; 20.10-13, 14-11; 21.06x15, 19-14; 22.20-23, 14-10; 23.05x14, 18x11; 24.23-28, 11-07; 25.28-32, 07-04; 26.12-16, 04-11; 27.15-19, 22x15; 28.32-14, 11x18; 29.13x29, 15-11; 30.17x26, GB.] 10. ... 22x15; 11.13x22, 26x19; 12.11x20, 19-15; 13.06-11, 15x06; 14.03x28, 31x15; 15.07-11, 15x06; 16.02x11, 27-23; 17.09-13, 23-19; 18.01-05, 30-27; 19.11-15, 19x12; 20.08x15, 16-12; 21.15-20, 12-07; 22.20-24, 07-04; 23.24-28, 27-23; 24.28-32, 23-20; [EMP.]
7.11-14, 25-21;
Unha réplica que non presentamos no devandito estudo do ano 2015 no que seguimos unicamente con 7. ... 22-18; 8.14x21, 25x18; 9.02-05, 29-25; [Meritoria tamén sería 9. ... 27-22; 10.10-13, 17x10; 11.05x21, 29-25; 12.21-26, 30x21; 13.06-11, 31-27; 14.11-15, 21-17; 15.04-07, 25-21; 16.07-11, 21-18; 17.01-05, 17-13; 18.05-10, 13x06; 19.03x10, 24-20; 20.15x24, 18-14; 21.11x18, 22x06; 22.24-28, 06-03; 23.28-31, 03x16; 24.31x15, 23-19; 25.15x22, 16-23; EMP. Nova liña que ofrecemos aquí como aditamento] 10.12-15, 19x12; 11.08x15, 27-22; 12.15-19, *23x14; 13.10x26, 30x21; 14.05-10, 18-13; 15.09x18, 21x05; 16.01x10, 25-21; 17.06-11, 24-20; 18.03-07, 31-27; 19.10-14, 17-13; 20.14-19, 13-10; 21.19-23, 20-15; 22.*11x20, 10-06; 23.23x30, 06-03; 24.30x17, 03x23; [EMP].
Nótese que despois do lance textual a posición formada tamén podería presentarse na «Diagonal Transversal», xa que despois de 1.10-14, 21-18; 2.14x21, 26x17; 3.05-10, 23-19; 4.11-14, 25-21; 5.14x23, 28x19; 6.07-11, 32-28; 7.11-14, 28-23; aparece a coincidencia.
8.06-11, 22-18;
Outra posibilidade era 8. ... 29-25; 9.04-07, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.12-15, 19x12; 12.08x15, 23-19; 13.02-06, 19x12; 14.07x16, 18-13; 15.09x18, 22x13; 16.11-15, 27-23; 17.06-11, 13x06; 18.03x10, 31-27; 19.01-05, 23-20; 20.16x23, 27x20; 21.15-19, 20-15; 22.11x20, 24x15; 23.19-23, 15-11; 24.23-28, 11-07; 25.10-14, 07-04; 26.14-19, 17-13; [EMP].
Ao igual que na nota anterior, de novo tras o lance textual prodúcese outra transposición, pois a posición podería construíse na «Oblicua Clásica» con 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.05-10, 32-28; 4.11-15, 21-17; 5.06-11, 28-23; 6.11-14, se agora [En lugar da máis forte 6. ... 17-13!] o xogo seguise con 6. ... 25-21; 7.07-11, 22-18; 8.15x22, 26x19.
9.12-15, 19x12; 10.08x15, 27-22; 11.04-08 ...
Con idea de ir á casa «12», indiferentemente do que respondan agora as negras. Con esta mesma idea pódese xogar 11.04-07, como fixo o propio Figueiredo nun xogo disputado nun torneo posterior que se celebrou en Gondomar.
11. ... 30-26;
A máis combativa e a que máis atención require. Interesante tamén sería 11. ... 23-20; 12.08-12, 29-25; 13.12-16, 31-27; 14.16x23, 27x20; 15.03-07, 22-19; 16.14x23, 18-14; 17.10x19, 17-13; 18.09x18, 21x14; 19.11x18, 20x04; 20.23-28, 04x21; 21.19-23, 24-20; 22.28-31, 20-15; 23.23-28, 15-12; 24.31-22, 12-07; 25.28-32, 07-04; 26.22-08, [EMP].
12.02-06� ...
Para apoiar a ruptura na casa «13», pero creando un cóbado na estrutura branca que vai resultar letal para os seus intereses.
Nesta altura, na que se alcanza o punto culminante do xogo, non queda máis alternativa que seguir con 12.*08-12! ... [Lance único, que non só evita a derrota, senón que tamén obriga ás negras a facer o propio] 12. ... *17-13!; [Se directamente 12. ... 22-19�; 13.15x22, 26x19; 14.*09-13, 18x09; 15.11-15, 21-18; 16.14x21, GB.] 13.10x17, 22-19; 14.15x22, 26x10; 15.17x26, 29x22; 16.02-05, 10-06; 17.03x10, *23-20; 18.10-14, 20-16; 19.14x21, 16x07; 20.21-26, 24-20; 21.26-29, 22-18; 22.05-10, 20-16; 23.29-22, 07-04; 24.22x13, 04x05; 25.01x10, 16-12; 26.13-18, 31-27; 27.18x31, 12-07; 28.10-14, 07-03; 29.31-22, 03-06; 30.22-29, 06-24; 31.09-13, 24-31; 32.13-17, 31-24; 33.29-08, 24-02; 34.08-22, 02-11; 35.22-18, 11-15; 36.17-21, 15-06; 37.14-19, 06-15; 38.18-22, 15-11; 39.22-18, 11-15; 40.18-22, 15-11; [EMP].
12. ... 22-19; 13.15x22, 26x19; 14.10-13 ...
Nada hai que facer. Se 14.08-12, entronca na liña do 3º xogo da 4ª sesión do enfrontamento António Figueiredo vs. Fernando Gonçalves disputado hai uns días [28-10-2023] no Torneo do «Vai Avante» en Gondomar [Xogo ao que nos referimos antes, nas notas do undécimo lance branco. Formando a posición por medio da transposición 11.04-07, 30-26; 12.02-06�, 22-19; 13.15x22, 26x19; 14.07-12]. Seguiu 14. ... 24-20; 15.10-13, 19x10; 16.13x22, 20-16; 17.06x13, 16x07; 18.03x12, 17x10; 19.09-13, 10-06; 20.13-17, 21-18; 21.17-21, 06-03�; 22.12-15�, 03-17; 23.22-26, 29x22; 24.21-25, 17-06; [GN].
14. ... *19x10; 15.13x22, *21-18; 16.06x13, 17x10; 17.08-12 ...
Se 17.11-15, pode seguir 17. ... 31-27; 18.22x31, 24-20; 19.31x06, 20x02; 20.01-05, 29-26; 21.05-10, 02-05; 22.10-13, 05-14; 23.07-12, 23-20; [EMP].
17. ... 23-19; 18.12-16, 19-14�;
Un lance que semella ser fortísimo, pero que realmente estraga a vantaxe. Adecuado era 18. ... *19-15; 19.11x20, 24x15; 20.16-20, 15-11; 21.20-23, 11-06; 22.23-27, *29-25!; [A clave da manobra. Se 22. ... 06-02�; podería seguir 23.27-30, 02-11; 24.30-23, 11-02; 25.23x05, 18-13; 26.09x18, 02x09; 27.01-05, 09x02; 28.18-21, 02-09; 29.21-26, 09x27; 30.26-30, 27-16; 31.03-07, 16x03; 32.30-23, EMP.]. Agora se 23.03-07 ... [A máis resistente, en vista de que se 23.27-30, 25-21; 24.30x17, 06-02; 25.17x06, 02x26; GN.] 23. ... 06-03; 24.07-11, 10-06; [Se 24.27-30, 03x29; 25.30-17, 18-14; 26.17x06, 29-12! (As negras deben atacar con coidado e impedir o avance de peón á casa «13», que aínda permitiría salvar o xogo. Se por exemplo 26. ... 29-19�; 27.*09-13, 19-28; 28.06-20, 14-10; 29.13-18, 28-19; 30.20-16, 10-06; 31.01-05, 19x01; 32.18-22, 06-02; 33.22-26, 25-21; 34.26-29, 21-17; 35.16-07, EMP.) 27.06-24, 12-03; 28.24-15, 25-21; 29.15-02, 21-18; 30.02-15, 03-17; 31.15-02, 31-28; 32.02-05, 17-10; 33.05-02, 28-24; 34.01-05, 10x01; 35.02-06, 01-05; 36.06-13, 14-11; 37.13x22, 11-07; 38.09-13, 07-04; GN.] 25.27-30, 06-02; 26.11-15, 02x24; 27.30-21, 18-14; 28.21x04, 24-15; 29.04-14, 15x29; 30.14-05, 25-21; 31.05-14, 29-25; 32.14-19, 21-18; [GN].
19.*03-07 ...
Agora as brancas defenden ben. Se 19.11-15�, *31-27; 20.22x31, 24-20; 21.31x06, 20x02; [GN].
19. ... 10-06; 20.*22-27 ...
Para crear un «cóbado» na posición negra, e furalo ao seguinte lance.
20. ... 31x22; 21.09-13, 18x09; 22.11x27, 06-03;
Gaña un peón, pero esa vantaxe material resulta insuficiente. O xogo aínda seguiu uns lances máis, nunha posición na que o empate xa é bastante evidente.
23.27-31, 03x12; 24.16-20, 24x15; 25.31-24, 29-25; 26.24x06, 12-19; 27.06-17, 19-14; 28.17-30, 14-10; 29.30-17, 10-03; 30.17-30, 03-16; 31.30-17, [EMP].
1.12-15, 21-18;
A simétrica apertura «Paralela Transversal» na que as brancas sustentan unha lixeira vantaxe sempre que continúen inmediatamente colocando outra peza no centro.
2.10-14 ...
A única forma de manter esa pequena superioridade indicada na nota anterior.
2. ... 23-19;
A continuación natural recomendada como a teoricamente máis fina. Aínda que curiosamente 2. ... 26-21; [Lance co que se entra por transposición na «Partida Anderson»] é a réplica preferida na práctica. Con todo, 2. ... 25-21; tamén ten certa popularidade se o que se pretende é saír dos camiños máis coñecidos. Neste caso pode seguir 3.05-10, 23-19; 4.14x23, 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.10-14, 28-23; [Traspoñendo na «variante b» da alternativa de desvío do xogo principal con 3.14x23].
3.14x21 ...
A mellor. Se 3.14x23, 28x12; 4.08x15, 32-28; 5.05-10, 28-23; 6.10-14, e agora pode seguir:
a) 6. ... 26-21; [Co que estariamos de novo na «Partida Anderson», nunha liña formada con 1.10-14, 22-18; 2.12-15, 26-22; 3.05-10, 23-19; 4.14x23, 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.10-14, 28-23].
b) 6. ... 25-21; [Xa amplamente estudada no artigo do 10/7/2020 e que aquí volvemos expoñer de modo resumido] con estas opcións:
➤ 7.14-19, 23x14; 8.09-13, 18x09; 9.11x25, 27-23; 10.07-11 ... [Ou 10.01-05, 23-19; 11.05-10, 19x12; 12.07x16, 22-19; 13.03-07, 26-22; 14.07-12, 22-18; 15.06-11, 30-26; 16.04-08, 19-15; 17.12x19, 18-13; 18.10x17, 26-21; 19.17x26, 29x06; 20.02x11, 24-20; 21.16x23, 09-05; 22.25-29, 05-01; EMP.] 10. ... 23-19; 11.15-20! ... [Inferior sería 11.04-08, 19x12; 12.08x15, 22-19; 13.15x22, 26x19; 14.*11-14, 19x10; 15.06x13, 24-20; 16.01-05, 20-15; 17.03-07, 31-27; (Ou 17. ... 31-28; 18.13-18, 28-24; 19.18-22, 24-20; 20.05-10, 20-16; 21.10-13, 15-12; 22.07-11, 12-07; 23.*11-15, 07-03; 24.15-20, 03x17; 25.22-27, 30x23; 26.20x27, 17-10; 27.27-31, e agora se 27. ... 16-12; 28.*02-06, 10x03; 29.31-28, EMP. Ou se 27. ... 10-19; 28.*31-24, 19-32; 29.*24-15, EMP. O peón «16» non pode pasar sen perder o dominio do río) 18.*13-18 ... (Malo sería 18.13-17�, por 18. ... 27-23; 19.05-10, 23-20; 20.10-13, 20-16; 21.13-18, 15-12; 22.07-11, 12-07; 23.11-15, 07-03; 24.15-20, con vantaxe decisiva. Un xogo Joaquim Silva «Pardal» vs. Víctor Oliveira disputado no 18º Campionato de Portugal que se celebrou en Porto no ano 1998, agora seguiu co intuitivo 24. ... 03-10�; permitindo salvar ás brancas tras 25.*18-22, 16-12; 26.*22-26, 29x22; 27.25-29, EMP. Adecuado sería 24. ... 03-12!; 25.20-24, 12-19; 26.18-21, 16-12; 27.21-26, 29x22; 28.25-29, 19-15; 29.29x19, 15x29; 30.24-28, 12-08; 31.28-32, 08-04; 32.32-01, 30-27; 33.01-32, 04-25; 34.32-01, 09-05; 35.01x30, 29-26; 36.30x21, 25x14; GN.) 18. ... 30-26; 19.05-10, 26-21; 20.18-22, 27x18; 21.10-13, 18-14; 22.13-17, 21-18; 23.17-21, 15-11; 24.07-12, 18-13; 25.12-15, 13-10; 26.21-26, 29x22; 27.25-29, 22-18; 28.29-22, 18-13; 29.22-18, 10-06; 30.15-19, 06-03; 31.19-22, 13-10; 32.22-27, 10-05; 33.27-30, 03-17; 34.18-25, 05-01; 35.30-20, 01-05; 36.20x06, 17x03; 37.25x04, EMP.] 11. ... 24x15; 12.11x20, 22-18; 13.04-07, 30-27; 14.07-12, 19-15; 15.12x19, 27-23; 16.19x28, 31x15; 17.06-11, 15x06; 18.03x10, 26-22; 19.01-05, 22-19; 20.10-13, 18-14; 21.13-18, 14-11; 22.18-22, 11-07; 23.22-27, 07-03; 24.27-31, 19-15; 25.31-22, 15-11; 26.22-18, 03-07; 27.18-13, 07-16; 28.13-18, 16-07; 29.18-13, [EMP].
➤ 7.07-12 ... [A mellor] 7. ... 22-19; [Inferior resulta 7. ... 23-19; 8.14x23, 27x20; 9.12-16, 31-27; 10.16x23, 27x20; 11.06-10! ... (Coas brancas nunha posición moi superior. Se 11.01-05, permite ás negras equilibrar comodamente tras 11. ... 22-19; 12.15x22, 26x19; 13.05-10, 20-15; 14.11x20, 24x15; 15.10-13, 18-14; 16.06-11, 15x06; 17.02x25, EMP. Como nun xogo Camilo Silva vs. Manuel Vaz Vieira do 1º Torneo de Alcáçer do Sal celebrado no ano 2015) 11. ... 21-17; 12.10-14, 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.01-05, 30-27; 15.03-06, 27-23; 16.05-10, *23-19; 17.04-08, 19x12; 18.08x15, *17-13; 19.10x17, 20-16; 20.15-20 ... (Agora se 20.20.06-10, 16-12; 21.10-14, 26-21; 22.17x26, 12-08; 23.14x21, 08-04; 24.26-29, 04x25; 25.29x19, 25-11; 26.09-13, 11x20; 27.13-18, 20-11; 28.18-22, 11-18; 29.22-26, 18-22; EMP.) 20. ... 24x15; 21.11x20, 16-12; 22.20-23, 12-07; 23.23-28, 07-03; 24.28-32, 03x13; 25.32-23, 13-03; 26.23-30, 26-21; 27.17x26, 18-14; 28.30-16, 14-10; 29.16-23, 03-12; 30.23x05, 22-19; 31.05x23, 12x29; 32.09-13, 29-25; EMP.] 8.15x22, 26x10; 9.06x22, 27x18; 10.01-05, 31-27; [Ou 10. ... 23-19; 11.05-10, 30-27; 12.03-07, 27-23; 13.09-13, 18x09; 14.11-15, 21-18; 15.15x22, 23-19; 16.07-11, 24-20; 17.12-16, 19-15; 18.16x23, 15x06; 19.02x11, 09-05; EMP. Como nun xogo Vítor Cunha vs. Manuel Vaz Vieira do 24º Campionato de Portugal disputado en Foz do Arelho no ano 2004] 11.05-10, 27-22; 12.02-06, 24-20; 13.12-16, 21-17; 14.04-08, 30-26; 15.08-12, 23-19; 16.16x23, 19-14; 17.10x19, 22x08; 18.23-28, 18-14; 19.11x18, 08-04; 20.06-10, 04x25; 21.28-32, 26-22; 22.10-13, 17x10; 23.32x01, 22-18; [EMP].
3. ... 19x12; 4.08x15, 25x18; 5.05-10 ...
Agora como nunha posición que se alcanza tamén na «Diagonal Transversal» con 1.10-14, 21-18; 2.14x21, 25x18; 3.05-10, 23-19; 4.12-15, 19x12; 5.08x15.
5. ... 27-23;
A principal alternativa a 5. ... 28-23. A flexíbel posición que xorde despois do lance textual, coñecida por moitos como a Defensa Schaeffer, pódese formar tamén coa «variante do cambio» da «Partida Cruzada»: 1.10-14, 22-19; 2.12-15, 19x12; 3.08x15, 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.05-10, 27-22.
6.10-14, 29-25;
Unha moi interesante continuación coa que se aparta do recomendado no «TED» que segue con 6. ... 23-19; 7.14x21, 19x12; 8.07x16, 26x17; 9.01-05, con lixeira vantaxe branca.
7.14x21, 25x18; 8.06-10, 23-19; 9.04-08, 19x12; 10.08x15, 28-23; 11.10-14, 23-20;
Preferíbel a 11. ... 31-27; 12.14x21, 26x17; 13.02-05, 17-13; 14.09x18, 22x13; 15.05-09, 13-10; 16.15-19, 23x14; 17.11x18, 27-22; 18.18x27, 30x23; 19.09-13, 23-19; 20.13-18, 24-20; 21.18-22, 19-14; 22.22-26, 20-15; 23.26-30, 15-11; 24.07-12, 11-06; 25.30-21, 06-02; 26.21x04, 32-28; 27.04-18, 28-23; [EMP]. Como no 8º xogo do Match de adestramento disputado por Veríssimo Dias vs. Víctor Oliveira no Café Académico de Oliveira de Azemeis o 6/7/2018.
12.14x21, 26x17; 13.01-05 ...
Aquí o mellor semella ser seguir con:
➤ 13.09-13, 17x10; 14.02-05, 10-06; 15.03x10, 22-18; 16.05-09, 30-26; 17.10-14, 26-21; 18.01-05, 32-28; 19.05-10, 28-23; 20.10-13, 20-16; 21.13x22, 21-18; 22.14x21, 23-19; [EMP]. Como nun xogo José Rocha vs. Tiago Manuel do Torneo de Oliveira de Azemeis celebrado no ano 2011.
Por contra, sería moi malo:
➤ 13.07-12� ... [Perde] 13. ... 22-18; 14.01-05, 17-13; 15.05-10 ... [Ou se 15.11-14, 18x11; 16.09x18, como no 1º xogo da 5ª sesión do duelo que Perfeito Aguiar vs. Tiago Manuel disputaron na 21º edición deste Torneo no ano 2016, no que as negras agora poderían rematar con 16. ... *20-16; (O xogo seguiu con 16. ... 11-07; 17.18-21, 20x11; 18.21-25, 07-04; 19.25-29, 24-20; 20.05-09, 20-16; 21.29-15, 16x07; 22.15x06, 04-08; 23.03x12, 08x29; 24.06-11, 31-27; 25.09-13, 27-23; 26.13-18�, 29-25; GN. Pero 26.13-17, 29-08; 27.11-04, 08-29; 28.17-21, 29-25; 29.04-18, 25-29; 30.21-25, 23-19; 31.18-22, 19-14; 32.22-18, 14-10; 33.18-13, sería EMP.) 17.18-21, 16x07; 18.03x12, 11-07; 19.21-25, 07-03; 20.12-16, 03-12; 21.25-29, 12x19x01; 22.29-22, 31-28; GN.] 15. ... 13x06; 16.03x10, 20-16; 17.10-14, 16x07; 18.14x21, 07-04; 19.21-25, 04x18; 20.25-29, 18-27; 21.29-25, 27-22; 22.25-18, 22x13; 23.09x18 ...
23. ... *24-20; 24.15x24, 30-26; 25.02-06, 26-22; 26.18x27, 31x22; 27.06-11, 22-19; [GN]. Como no 1º xogo da 1ª sesión do enfrontamento João Silverio vs. Tiago Manuel desta mesma edición do Torneo de São João da Madeira.
13. ... 22-18; 14.15-19, 31-27!;
Invitando a que entren pola casa «22».
15.03-06� ...
Un erro nunha posición na que só un lance podía salvar ás brancas. Este era 15.*19-23, ao que podía seguir 15. ... 20-15; 16.11x20, 24x15; 17.05-10, 27x20; 18.07-11, 15x06; 19.02x11, 20-16; 20.10-14, 16-12; 21.14x21, 12-08; 22.21-25, 08-04; 23.03-07, 04-08; 24.09-13, 17x10; 25.25-29, 08-04; 26.29-25, [EMP].
As outras alternativas eran todas perdedoras. Vexamos:
a) 15.19-22�, 20-16; 16.22x31, 24-20; 17.31x13, 17x01; [GN].
b) 15.05-10�, 18-14; 16.11x18, 27-22; 17.18x27, 30x05; 18.09-13, 17x10; 19.02x09, 10-05; 20.09-13, 05-01; 21.13-18, 01-19; [GN].
c) 15.02-06�, 32-28; 16.06-10, 20-15; 17.11x20, 24x15; 18.19-22, 28-23; 19.22x31, 23-19; 20.31x13, 19-14; 21.10x19, 17x01; [GN].
15. ... 32-28; 16.06-10, 20-15; 17.11x20, 24x15;
18.19-22 ...
Nada había que facer. Se 18.07-11, 15x06; 19.02x11, 18-13; 20.09x18, 27-22; 21.18x27, 30x07; 22.10-14, 07-04; 23.14-19, 04-08; [GN].
18. ... *28-23; 19.22x31, *23-19; 20.31x13, 19-14; 21.10x19, 17x01; 22.07-11, 15x06; 23.02x11, 01x28; 24.09-13, 28-31; 25.13-17, 30-26; 26.11-14, 31-22; [GN].
1.12-15, 21-18;
Temos aquí outra vez a apertura «Paralela Transversal», que como sabemos está teoricamente considerada de prognóstico levemente favorábel para o segundo xogador.
2.10-13 ...
Apartando do xogo anterior e renunciando a conservar aquela leve vantaxe que proporcionaba a ocupación do centro con 2.10-14. Trátase dun lance empregado con bastante frecuencia na práctica pois a pesar de permitir o equilibrio, ofrece interesantes posibilidades se se sabe tratar con destreza.
2. ... 25-21;
O modo recomendado para igualar é coa reacción central 2. ... 23-19; pero aquí as negras prefiren retrasar ese lance, para evitar que o rival entre na «variante Lopes Padeiro» con 3 05-10, actualmente xa bastante explorada, grazas a popularidade que adquiriu ao ser usada con enorme éxito polo grande mestre Víctor Oliveira.
3.06-10 ...
A posición é pouco habitual e con escasos xogos rexistrados. Outras posíbeis rutas poden ser:
a) 3.13-17, 23-19; 4.08-12 ... [Ou 4.05-10, 19x12; 5.08x15, confluíndo nunha das liñas da «Variante Lopes Padeiro» que xa analizamos no artigo do 18/7/2019 ao comentar un xogo disputado por Justino Miguel vs. Carlos Bastos no XVII Campionato de Portugal de Rápidas celebrado en São João da Madeira no ano 2018 ] e agora se:
➤ 4. ... 27-23; [Forma unha posición que (Construída con 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 21-18; 3.10-13, 25-21; 4.13-17, 27-23) xa foi estudada no artigo do 20/8/2014 ao comentarmos un xogo José Carlos Anjos vs. Fernando Gonçalves disputado no 34º Campionato de Portugal de Lentas que se celebrou en Santa María da Feira no ano 2014]
➤ 4. ... 28-23; con estas ramificacións:
── 5.05-10 ... [Forma unha posición da «Paralela Ortodoxa» habitualmente construída con 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 28-23; 3.10-13, 21-18; 4.05-10, 25-21; 5.13-17, que xa estudamos no artigo do 2/6/2023 ao comentarmos un xogo Manuel Cardoso vs. Abilio Pereira disputado no XI Campionato de Portugal de Rápidas por Equipos que se celebrou en Santa María da Feira o pasado mes de febreiro].
── 5.06-10 ... [Conflúe na liña do xogo do Torneo da Baixa da Banheira que mencionaremos nas notas do terceiro lance negro].
b) 3.05-10, con estas opcións:
➤ 3. ... 23-19; 4.13-17 ... [Confluíndo na mesma liña da «Variante Lopes Padeiro» antes indicada].
➤ 3. ... 21-17; [Confluíndo nunha posición da «Dereita Marxinal que se adoita formar con 1.09-13, 21-17; 2.05-09, 25-21; 3.12-15, 21-18] 4.10-14 ... [Troca redutora similar á da «Partida Escocesa»] 4. ... 17x10; 5.14x21, 26x17; 6.06x13, 17x10; 7.02-06, 23-19; 8.06x13, 19x12; 9.08x15, 28-23; 10.01-05, 23-19; 11.07-12, 32-28; 12.05-10, 28-23; 13.04-08, 23-20; 14.12-16, 19x12; 15.08x15, 27-23; 16.10-14, 30-26; 17.13-18, 22x13; 18.09x18, 26-22; 19.18x27, 31x22; 20.03-06, 29-25; 21.06-10, 25-21; 22.10-13, 21-17; 23.14-18, 17x10; 24.18x27, 10-06; 25.27-31, 06-03; 26.31-28, 03-07; 27.28x01, 07x25; 28.16x23, 25-29; [EMP].
3. ... 21-17;
O máis adecuado para tentar buscar algo máis que o empate debe ser 3. ... 23-19; [Os movemento centrais, por norma xeral sempre adoitan ser os mellores] ao que pode seguir 4.08-12 ... [Evitando a troca para no debilitar o flanco] 4. ... 28-23; e estamos xa nunha posición teórica que aparece máis habitualmente na «Paralela Ortodoxa» formada con 1.12-15, 23-19; 2.08-12, 28-23; 3.10-13, 21-18; 4.06-10, 25-21. Para o seu estudo o lector pode consultar o artigo deste blog do 26/11/2011 no que comentamos un xogo do Torneo da Baixa da Banheira disputado por Manuel Vaz Vieira vs. Nuno Vieira.
4.10-14 ...
Troca coa que as brancas gañan mobilidade no flanco de río quedando en posición lixeiramente superior.
4. ... 17x10; 5.14x21, 26x17; 6.05x14, 23-19;
Agora son as negras as que realizan a troca con similar idea de liberar espazo e poder desenvolver as pezas con comodidade
7.14x23, 28x12; 8.08x15, 32-28; 9.11-14 ...
Conservando esa testemuñal vantaxe grazas á colocación dos dous peóns centrais.
9. ... 28-23; 10.01-05 ...
Para tentar progresar mellor era 10.14-18, aínda que despois de 10. ... 22x13; 11.09x18, 27-22; 12.18x27, 31x22; 13.01-05, 23-19; 14.05-10, 19x12; 15.07x16, 30-27; 16.10-14, 27-23; a posición non da máis de si. Podería seguir 17.04-07, 29-25; 18.07-11, 22-18; 19.14x21, 25x18; 20.03-06, 23-19; 21.16-20, 24x15; 22.11x20, 19-15; 23.20-23, 18-14; 24.23-28, 14-10; 25.06x13, 17x10; 26.28-31, 15-11; 27.31-13, 11-06; 28.02x11, 10-05; 29.13-10, 05-02; [EMP].
10. ... 23-19;
Omitindo a manobra 10. ... 24-20!; 11.15x24, 31-28; 12.24x31, 22-18; 13.31x13, 17x01; con vantaxe agora favorábel para as negras. Con todo o final tampouco resulta excesivamente difícil de defender e tras o obrigado 14.14-18, podería seguir 14. ... 01-10; 15.07-11, 23-19; 16.18-21, 10-17; 17.21-25, 30-27; 18.02-06, 17-30; 19.04-07, 30-21; 20.11-15, 19x12; 21.07x16, 27-23; 22.09-13, 21-14; 23.13-17, 14-05; 24.17-21, 05-02; 25.21-26, 02x24; 26.16-20, 23x16; 27.26-30, [EMP].
11.14x23, 27x11; 12.07x14, 24-20; 13.05-10, 20-15; 14.09-13, 30-27; 15.14-18, 27-23�;
Un exceso de confianza xusto no momento no que o xogo alcanza o seu punto máis interesante. Adecuado sería 15. ... 29-25; 16.03-07, 22-19; 17.04-08, 27-22; 18.18x27, 31x22; 19.07-11, 15x06; 20.02x11, 25-21; 21.11-15, 19x12; 22.08x15, 21-18; 23.15-19, 18x09; 24.19x26, [EMP].
16.18x27, 31x22;
E tras completarse a nova troca, as negras inmediatamente se decataron do seu erro.
17.*13-18, 22x06; 18.02x27, [GB].
Un xogo anódino, que remata cun inesperado «tres e dama».
Ningún comentario:
Publicar un comentario