O número de opoñentes pode ser calquera, pero xeralmente adoita estar entre vinte e corenta, aínda que nalgunha ocasión se teñen superado os dous centos. O exhibidor vai de taboleiro en taboleiro e cando chega diante de cada un, espera que o seu opoñente mova e despois el efectúa a súa xogada. O mestre pode facer unha pequena pausa para pensar, porén habitualmente adoita responder case de forma instantánea.
Ocasionalmente, os grandes mestres ofrecen exhibicións de simultáneas á cega. Neste caso van cos ollos vendados e reciben verbalmente a indicación das xogadas de cada opoñente e contestan do mesmo modo. O procedemento tamén se pode facer a través dun árbitro ou dun intermediario.
XOGO 1
N. W. Banks vs. J.W. Sullivan e W. F. Ryan vs. J.W. Sullivan
Exhibición de partidas simultáneas
POSICIÓN DESPOIS DE 8.12-16
1.10-14, 21-17 [A]; 2.05-10 [B], 25-21 [C]; 3.01-05, 22-18; 4.14-19 [D], 23x14; 5.10x19, 27-23; 6.06-10, 23x14; 7.10x19, 24-20 [E]; 8.12-16 [F], 17-13; 9.16x23, 13-10; 10.05x14, 26-22; 11.19x26, 28x10; [0-1]
A] Apertura «Diagonal Marxinal» de prognóstico favorable ás brancas.
B] Liña principal na Enciclopedia de Kear, pero quizais é moito máis habitual 2.14-18 traspoñendo á «Partida Bristol» na que se adoita seguir con : 2. ... 22x13; 3.09x18, 23-19; 4.12-15, 19x12; 5.08x15, 28-23; etc.
C] A réplica máis axeitada, coñecida na modalidade angloamericana como a «Ayrshire Lassie». Foi a favorita de James Wyllie e máis recentemente tamén empregada con éxito polo campión norteamericano Don Lafferty.
D] Todo moi coñecido. Outra posibilidade sería 4.12-15, 23-20!; 5.08-12, 27-22!; 6.14-19! Pero non 6.12-16 que perde tras 6. ... 17-13!; 7.16x23, 28x12; 8.10x17, 31-28; 9.07x16, 24-20; [G.N.] tal como nun xogo Miguel Ferramacho vs. Orlando Lopes do 8º Campionato de Lisboa (1955), recollido na «Enciclopedia Damista».
E] Unha liña coa que James Sullivan, un espelido afeccionado de St. Louis, sorprendeu en diferentes ocasións a dous dos mellores xogadores de todos os tempos e grandes especialistas nas exhibicións de partidas simultáneas.
A continuación máis popular aquí é 7. ... 31-27; 8.05-10, que pode ser ben contestada con 8. ... 28-23!; mais non se debe escoller 8. ... 27-23; porque nese caso as brancas seguen con 9.10-13!, 17x10; 10.02-06, 23x19; 11.06x22, 26x19; 12.11x25 [G.B.] un golpe incluído na Guía de Joshua Sturges (1800) que os mestres adoitan empregar para terminar coas ilusións de moitos dos seus inexpertos adversarios.
F] Apropiado era 8.02-06 (recomendada por Dick Fortman en "Basic Checkers" -libro do que copiamos o xogo-), ou incluso 8.05-10; pero curiosamente tanto Banks como Ryan, sen tempo para reflexionar, pican na trampa.
Prof. Hartshorn vs. Alfred Jordan
Exhibición de partidas simultáneas en Chicago
POSICIÓN DESPOIS DE 11. ... 22-19
A] Apertura «Dereita Marxinal» de prognóstico favorable ás negras.
B] Nas sesións de simultáneas normalmente os mestres adoitan levar as pezas brancas, pero nesta ocasión Jordan permitiu escoller color ao seu rival. O profesor Hartshorn, era un forte afeccionado, e algo sabía. Para o caso elixe a liña recomendada na Enciclopedia de Kear.
C] Permite a mobilización das pezas do flanco de río das brancas. Mellor é 6. ... 23-19; 7.11x20, 28-24; 8.04-07, 24x15; 9.07-11, 27-22; 10.11x20, 21-18; 11.06-11,19x14; 12.10x19, 22x06; 13.03x10, 26-22; 14.08-12, 32-28; 15.12-15, 29-25; e o xogo vai cara ao empate como sucedeu no enfrontamento Joaquim Bravo vs. Moreira do 2º Campionato oficioso de Portugal en 1977.
D] Un error monumental, do que se escusou Jordan dicindo «Eu nunca puiden xogar ben ás damas cando vai tanta calor».
Na Enciclopedia Damista segue con 10. ... 31-27; 11.09-13, 17x10; 12.05x14 con xogo igualado.
E] Ver o diagrama. Había que resignarse a perder un peón con 11. ... 15-11.
F] A partida foi extraída de «Basic Checkers» e o autor, Richard Forman, non indica se o xogo acabou aquí ou Jordan continuou algo máis. Como a posición non está aínda clarificada imos nós a ofrecer unha posible continuación para as damas clásicas que remata de xeito precioso:
15. ... 27-22; 16.01-05, 29-26; 17.08-12, 26-21; 18.05-10, 21-18; 19.13-17, 22-19; 20.17-21, 18-14; 21.10-13, 14-10; 22.03-06, 10x03; 23.12-15, 03x26; 24.15x29 G.B.
XOGO 3
Artur Gomes vs. un afeccionado
Exhibición de partidas simultáneas a 20 taboleiros en Almada, 1979
1.10-14, 22-19;
Esta é a «Partida Cruzada» definida así debido á dirección seguida no movemento efectuado polas negras. Deixa un oco no flanco do dobre curruncho pero a cambio ocupa unha casa central.
2.05-10 ...
Ao teren as negras ocupado o río non sería tan axeitado o cambio con 2.14-18 para facer un ataque ao dique, pois esa disposición é a mellor forma de loitar contra este tipo de ataque. A xogada branca, precisamente, pretende explotar o exceso de pezas negras na gran diagonal e tenta reducir a súa mobilidade.
2. ... 26-22;
Ten mellor sona o usar a «peza punta» de «27» para tapar o burato. Despois de 2. ... 27-22; as brancas adoitan encadear temporalmente o centro con 3.11-15. Para opoñerse a isto, e en contra da opinión da Enciclopedia Damista, para nós a continuación do texto é unha boa alternativa.
Na liña 2. ... 27-22; unha posible continuación pode ser: 3.11-15, 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.10-13, 19-14; 6.13-17, 23-19; 7.01-05, 28-23; 8.06-11, 30-27; 9.03-06, [EMP] [Khalidd vs. Verissimo_D, Ludoteka, 2008].
3.01-05 ...
Natural, aínda que hai quen prefire 3.11-15.
3. ... 23-20;
O habitual é 3. ... 22-18; contra a que a Enciclopedia Damista recomenda 4.12-15, 19x12; 5.08x15, 23-20; 6.14-19 pensando que as brancas adquiren unha gran vantaxe. Mais esa superioridade non é tal.
Se agora se continúa con 6. ... 20-16; 7.10-13, 30-26; 8.13x22, 27x18; 9.11-14, 18x11; 10.07x14, 21-17; 11.05-10 é verdade que a vantaxe das brancas é grande. Isto aconteceu no cuarto xogo do enfrontamento Vaz Vieira vs. Idalino Lopes [28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008] no que o gran campión afincando en Coimbra concedeu o empate porque xa ía gañando por 1-0 e con ese resultado vencía na rolda.
Pero pódese optar por 6. ... 28-23; 7.19x28, 32x23; 8.10-14, 27-22; 9.05-10, 31-28; 10.10-13, 21-17; 11.14x21, 25x18; 12.06-10, 29-25; 13.02-06, 25-21; 14.07-12, 20-16; 15.04-08, 16x07, 16.03x12, 23-19; con xogo equilibrado que posteriormente finalizou en empate [Medalha vs. Luis Carvalho, 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008]. Nótese que se agora se continúa coa xudía 17.11-14, 18x02; 18.12-16, 02x20; 19.16x32, 19-15; 20.32-14 as negras igualan con 20. ... 21-18; 21.14x21, 22-18; 22.21x20, 24x15.
Tamén sería unha boa réplica 6. ... 27-23; 7.10-14, 20-16; 8.06-10, 23-20; e as negras non teñen problemas.
4.14x23, 28-19; 5.09-13 ...
Outra opción é: 5.11-14, 31-28; 6.14x23, 28x19; 7.12-15, 19x12; 8.07x23, 27x20; 9.09-13, 21-18; 10.05-09, 32-28; 11. 03-07, 28-23; 12.10-14, 18x11; 13.07x14, 22-19; 14.14-18, 19-14; con lixeira vantaxe negra, como nun xogo Luis Carvalho vs. Vaz Vieira do 21º Campionato de Portugal disputado en Charneca da Caparica e Setúbal no 2001, que rematou cun posterior empate.
Ou tamén 5.12-15, 19x12; 6.07x23, 27x20; 7.10-14, 32-28; 8.08-12, 28-23; 9.12-15, 21-18; 10.14x21, 25x18; 11.05-10, 20-16; 12.15-20, 24x15; 13.11x27, 30x23; 14.03-07, 31-27; 15.10-14, 18x11; 16.06x15, 23-19; 17.15-20, 19-15; 18.07-11, 15x06; 19.02x11, 22-19; 20.20-24, 16-12; 21.24-28, 12-07; 22.28-31, 07-03; 23.31x08, 03-07; 24.11-15, 07-11; 25.15-19 EMP. [Veríssimo Dias vs. Victor Oliveira, 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008]
5. ... 20-15; 6.11x20, 24x15; 7.13-17, 32-28; 8.17x26, 30x21; 9.12-16, 28-23;
Parece natural pero vai resultar fatal. Correcto sería 9. ... 21-18; ameazando con infiltrarse pola casa 14.
10.07-12, 21-17; 11.05-09 ...
Artur, varias veces campión de Almada e campión portugués na modalidade por equipos, ve agora a posibilidade de lucirse e prepara unha astuta trampa. Mais con todo, era moito máis forte 11.04-07, 31-28; [Se 11. ... 29-26; 12.07-11, 22-08; 13.11x20, 18-13; 14.20-24, 13-09; 15.12-15, 19x12; 16.08x15, G.B. pois se 16. ... 26-22; 17.10-14, 22-18; 18.14x21, 25x18; 19.15-20 e agora 18-14 contéstase coa fermosa continuación 20.24-28 seguido de 21.06-11 para facer un salto triplo] 12.07-11, 28-24; 13.11x20, 24x15; 14.05-09, e grazas á ameaza 10-14, G.B.
11. ... 22-18;
Caen na trampa. As negras tiñan que seguir con 11. ... 25-21; aínda que despois de 12.04-07 as brancas conservan unha mínima vantaxe.
BRANCAS XOGAN E GAÑAN
12.09-13 ...
O comezo dunha fermosísima combinación, imitando un coñecido problema do ruso Petrov, que á súa vez copiou ao autor clásico Juan García Canalejas.
12. ... 18x09; 13.10-14, 19x10; 14.12x28, 31x24; 15.06x13, 17x10; 16.03-06, 10x03; 17.02-05, 09x02;
Formidable. Nin máis nin menos ca unha dobre xudía!
18.04-07 ...
E agora o remate co tema en escada.
18. ... 03x12; 19.08x15, 02x20; 20.16x30 [1-0]
As negras están perdidas. Como xa demostou Juan García Canalejas, agora teñen que entregar un peón e a dama cunha manobra en "v" para facilmente os outros dous.
[Xogo publicado sen os comentarios en "Diário" do 19/5/1979 e posteriormente na Enciclopedia Damista]
Ningún comentario:
Publicar un comentario