domingo, 21 de novembro de 2010

Un célebre xogo de Cantalapiedra

Víctor Cantalapiedra Martín
[Foto da web de G. Westerveld]
Ofrecemos hoxe un xogo disputado entre dous dos asiduos ao «Cleto Domínguez», un torneo que se celebraba no «Café Ideal Nacional» de Valladolid nos anos sesenta. Agás na edición de 1966 gañada por Irineo Vecino, sempre foi Víctor Cantalapiedra o seu brillante vencedor.
Pinacho vs. Víctor Cantalapiedra
Valladolid, febreiro de 1970

1.10-14, 23-19;

A apertura «Diagonal Ortodoxa» orixe da popular «Partida do Río».
Para complementar o estudo, o lector pode consultar o "post" do 15/5/2010 titulado "Un xogo na Ludoteka".

2.14x23, 28x19;

A captura apropiada gañando espazo e loitando directamente pola preponderancia no centro do taboleiro.

3.05-10 ...

Lóxica continuación despois de ter aberto o camiño.

3. ... 32-28;

Levando pezas á fronte para fortalecer a súa estrutura.

4.01-05 ...

As brancas tamén achegan a súa peza máis afastada. Para moitos xogadores esta rápida mobilización ten un importante inconveniente; pois permite unha dobre troca con 4. ... 19-15 derivando así a posicións con tendencia ao empate. Por contra, 4.12-16 entrando na extraordinaria «Lateral Esquerda» eleva notablemente as posibilidades de vitoria.

4. ... 28-23;

As negras compactan as súas pezas. Se non lles interesa o empate, esta é a continuación máis combativa.

5.09-13 ...

Con idea de instalarse en «17» buscando gañar espazo no flanco para despois premer o centro das negras.

5. ... 21-18;

Naturalmente, as negras poden impedir o plan branco con 5. ... 21-17 entrando na «Contra Lateral Dereita». Neste caso, se agora o primeiro xogador escolle a «Variante do Centro» 6.11-14, débese contestar con 6. ... 24-20, mais se as negras xogan 6. ... 25-21 ou 6. ... 26-21 caen no famoso «Salto do peixe», un bonito golpe ideado por Pedro Ruíz Montero que xorde tras 7.14-18, 21x14; 8.13-18, 22x13; 9.12-15, 19x12; 10.10x28 [G.B.]

6.13-17 ...

Así queda configurada a «Lateral Dereita», unha liña á que o Dr. Orlando Lopes (OAL) lle asignou este nome debido ao desprazamento que o peón fai nese flanco do taboleiro.

6. ... 18-14;

Unha permuta con intención de gañar espazo para dispoñer de máis mobilidade para as súas pezas. Esta é a «Defensa de Garcez» publicada por primeira vez en 1684 por este célebre tratadista aragonés.

As negras tamén teñen á súa disposición outras dúas moi coñecidas continuacións: a «Defensa Ortodoxa» 6. ... 25-21 e a «Defensa Orixinal» 6. ... 18-13. Nesta última pódense ver perfectamente as intencións do plan das brancas: 7.11-15, 13-09; 8.10-13, 25-21; 9.05-10 e agora as negras deben mover con coidado, pois se por exemplo continúan coa natural 9. ... 21-18; perden irremisiblemente despois de 10.06-11 ao quedaren co centro paralizado. O propio Víctor Cantalapiedra derrotou a Antonio Pérez (Torrevieja, 1993) tras 10. ... 29-25; 11.12-16, 19x12; 12.08x15, 25-21; 13.10-14, 23-20; 14.16x23, 27x20; 15.15-19 [1-0].

7.11x18, 22x13; 8.07-11 ...

A continuación clásica, axuda no control do centro esperando acontecementos. O ataque ao peón 8.09-13, é contestado con 8. ... 24-20; seguido de 26-21 producindo un desbarato que impide ás brancas albiscar calquera posibilidade de vitoria.

As preferencias actuais recaen en 8.12-15, liña inglesa recomendada na Guía de Sturges (1800) pero tamén é xogable 8.12-16 traspoñendo á «Partida Bilateral».

8. ... 13-09;

A mellor réplica.

9.10-13 ...

Outra posibilidade é 9.12-15 entrando na que nós denominamos como «Variante da Rolla», continuación posta de moda por Medalha, Veríssimo e outros xogadores do círculo damista de Almada, localidade cercana a Lisboa e famosa pola súa produción de cortizas de sobreira coas que se fan as rollas.

9. ... 27-22; 10.05-10, 25-21;

Este é o tradicional seguimento que adoita vir nos libros clásicos, unha materia na que Víctor Cantalapiedra é un auténtico erudito e da que ten feito innumerables correccións e aditamentos en xornais e revistas.

11.11-14 ...

O lance apuntado por Garcez, lóxico a primeira vista; pero que a actual teoría rexeita de plano. Acertado era seguir con 11.04-07 proposto por Sena Carneiro.

11. ... 24-20!; 12.12-16 ...

Considerada como moi forte polo propio Garcez, pero perdedora segundo a moderna teoría.

Sena Carneiro propón na Enciclopedia Damista 12.06-10 como única para empate, pero pode que nin esta xogada salve ás negras.

12. ... 19-15!!;

A xogada decisiva que refuta as análises de Garcez.

13.03-07 ...

XOGAN AS NEGRAS E GAÑAN

Xa non había defensa. Se 13.04-07 pódese aplicar un golpe similar ao desta partida tal como ocorreu nun xogo Joao Moura Jacinto vs. Joao Amadeu (Lisboa, 1943). Ou se 13.13-18 (para evitar as xudías), 22x13; 14.03-07!, 15-11; 15.06x24, 13x06; 16.02x11, 09-05 e segundo o Tratado da Enciclopedia Damista as negras sempre gañan. Por exemplo:

a) 17.11-15, *21-18; 18.14x21, 05-02; seguido de 29-25 G.N. [Sena Carneiro]

b) 17.07-12, 23-20!; [a Enciclopedia Damista aconsella 17. ... 21-18; 18.14x21, 05-02; 19.11-14, 02-11; pero non se apercibe de que as brancas teñen unha boa defensa con 20. ... 23-19 EMP.] 18.16x23, 05-01 G.N.

c) 17.14-18, 21x14; 18.11x18, 05-02 G.N. [Sena Carneiro]

d) 17.08-12, 23-19! [mellor que 17. ... 21-18 aconsellado na E.D.] 18.14x23, 05-01 G.N.

e) 17.14-19, 23x14; 18.11x25, 05-01; 19.16-20, 26-21; 20.17x26, 30x21; 21.07-11, 21-17; 22.08-12, 17-13 e indo a dama G.N. [Sena Carneiro]

13. ... 21-18;

Aínda que pensando que só daba empate este golpe foi primeiramente presentado por Henrique da Cunha en 1939 no seu tratado publicado como suplemento da Revista Portuguesa de Damas.

14.14x21, 09-05; 15.02x09, 23-19; 16.16x23, 31-28; 17.23x32, 29-25; 18.32x14, 25x02; [0-1]

Podería seguir 19.10-14, 02-05!: 20.13-18, *05x19 (xogada coa que Víctor Cantalapiedra corrixe ao coñecido tratadista portugués no Jornal de Almada do 20/10/1970); 21.18x27, 30x23; 22.09-13, 19-14; 23.07-12, 15-11; 24.12-15, 14-25; 25.08-12, 11-06; [G.N.]

[Os movementos deste xogo pode que non estean presentados na orde exacta, porque foron deducidos a partir do diagrama que foi publicado no volume de "Meio do xogo" da Enciclopedia Damista e anteriormente no xornal "Avante" do 5/12/1985].

Ningún comentario: