Comezamos hoxe co estudo da variante "Lateral Dereita" da "Partida do Río". En "TRES E DAMA" xa temos publicado varios xogos sobre este tema pero agora querémolo facer un pouco máis pormenorizado.
Nesta primeira entrega só amosaremos o esquema e as xogadas constitutivas:
1.10-14, 23-19
Ambos os dous lados respectan estritamente o precepto estratéxico de efectuar a primeira xogada co peón do río, sen tocar de momento o máis débil flanco do dobre curruncho. Así fórmase a histórica «Partida do Río» ou «Single Corner» como a denominan na literatura angloamericana. Esta é a apertura máis estudada e a máis xogada de todos os tempos.
2.14x23, 28x19
A máis forte réplica comendo cara ao centro. Se 2. ... 27x20; 3.05-10, 21-18; [En caso de 3. ... 20-15; despois dos cambios segue o ataque desde «12» e xa se fai notar a falta da «peza vértice» de «27» para defender o peón.] 4.01-05, 20-16; 5.10-14, 28-23; 6.14x21, 25x18; 7.12-15, 32-28 e as bancas están mellor.
3.05-10 ...
Pódese xogar 3.11-15 para entrar na Oblicua e impedir así a ocupación da casa dique de «15», ou tamén 3.12-16 que é ben contestada con 3. ... 22-18 traspoñendo á «Contra-Clásica». Pero tanto 3.09-13 [a liña moderna] como a elección do tronco [a liña antiga] adoitan ser as continuacións máis habituais.
3. ... 32-28
O lóxico desenvolvemento ao longo do río para achegar reforzos ao centro.
4.01-05 ...
Coa mesma idea que o rival. Mais neste momento tamén se pode seguir con 4.11-15 [Oblicua Antiga] ou coa agresiva 4.12-16 [variante Lateral Esquerda] ambas as dúas dirixidas a evitar a redución de material co cambio «19-15». Últimamente xa hai moitos xogadores que se decantan pola fuga 4.11-14.
Coa mesma idea que o rival. Mais neste momento tamén se pode seguir con 4.11-15 [Oblicua Antiga] ou coa agresiva 4.12-16 [variante Lateral Esquerda] ambas as dúas dirixidas a evitar a redución de material co cambio «19-15». Últimamente xa hai moitos xogadores que se decantan pola fuga 4.11-14.
4. ... 28-23
As negras tamén podían optar por 4. ... 27-23; [Defensa Toledana] ou pola pouco combativa 4. ... 19-15 [Defensa da Sentinela] que encamiña o xogo a un máis que probable empate. Se 4. ... 21-17; débese replicar con 5.11-14, 28-23; e agora 6.14-18 ou 6.09-13 [traspoñendo á «Variante do Centro» da «Contra-Lateral Dereita». Nótese que neste último caso, se 5.09-13 sería replicado con 19-14!; 6.11x18, 26-21; 7.07-11*, 21x07 e o negro ten un peón de máis.
5.09-13 ...
O «Ataque Crítico» 5.10-13 ten en 5. ... 21-17 unha boa réplica para obrigar a xogar 6.05-10 e traspor á «Contra-Lateral Dereita».
5. ... 21-18
5. ... 21-17; evita a xogada que as brancas van facer no tronco e por tal motivo denomínase como a Contra-Lateral. Esta liña tamén ten moitos simpatizantes.
6.13-17 ...
Así queda configurada a variante que o Dr. O.A.L. denominou de “Lateral Dereita”, debido ao desprazamento feito por este peón nese flanco do taboleiro.
"ENCRUCILLADA DA LATERAL DEREITA"
POSICIÓN DESPOIS DE 6.13-17
Nesta famosa «Encrucillada» as negras teñen á súa disposición 3 defensas moi coñecidas:
A) 6. ... 18-13; [Defensa Orixinal, tamén coñecida como Defensa do Principiante].
B) 6. ... 25-21; [Defensa Ortodoxa].
C) 6. ... 18-14; [Defensa de Garcez]
Ningún comentario:
Publicar un comentario