Non é moi frecuente atoparse con mulleres afeccionadas ao xogo de damas. Quizais a razón está en que na nosa sociedade o costume de ir ao café para botar a partida e distraerse con divertimentos como as damas ou con outros similares como o xadrez, os de cartas ou dominó, está practicamente reservado para os homes. Con todo hai representantes do belo sexo que son auténticas virtuosas. Cabe destacar á Amangul Durdyeva de Turkmenistán ─actual campioa mundial na modalidade anglo-americana─, a Jan Mortimer de Nova Celandia ou ás irmás Breen de Irlanda.
Patricia Breen
[Foto de Chessbase]
No capítulo de hoxe imos prestarlle unha especial atención a unha destas famosas xogadoras. Estámonos a referir a Patricia Breen de Carlow (Irlanda) nacida o 23 de abril de 1976, que cando tiña tan só 13 primaveras logrou empatar un match coa mítica xogadora inglesa Joan Caws, a mesma á quen lle arrebatou o título mundial no 1993 baténdoa por 8 a 1 con 5 empates. Conseguiu defender o seu galardón en varias ocasións ata que no 2007 pasou a mans da tamén extraordinaria Amangul Duryeva. O éxito máis grande da súa carreira aconteceu cando foi seleccionada para representar ao equipo de Gran Bretaña e Irlanda no "Match Internacional" que os enfrontou aos Estados Unidos no ano 2001, sendo ata o de agora a única muller que conseguiu tal privilexio.
M. Shaughnesey vs. Patricia Breen
Campionato de Irlanda, 1992
«Apertura Central Ortodoxa»
1.11-14 ...
A «Apertura Central» tamén coñecida como a «Kelso», nome dunha vila escocesa coa que a designou John Drummond na segunda edición do seu famoso tratado (1851). Considerada inferior ao 1.10-14 porque aínda que se move para o centro, utilízase un peón do flanco máis débil. As negras teñen como mellor réplica 1. ... 24-20 co claro obxectivo de atacar no flanco que acaba de debilitar o rival.
1. ... 23-19
O sorteo deparou unha réplica que leva a xogos máis ou menos igualados pero non por iso menos interesantes. Queda conformada así a «Apertura Central Ortodoxa» na que as brancas non dispoñen da lixeira vantaxe que ostentaban na Partida do Río tradicional ao quedaren co burato no escaque número «11» en vez de no «10» que lle facilitaría un cómodo desenvolvemento dos peóns da gran diagonal.
2.14x23, 28x19; 3.10-14 ...
O habitual seguimento que tamén se pode alcanzar coa «Partida do Río» despois de 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; 3.11-14.
Unha posible alternativa é 3.12-16 [con idea de evitar 24-20] 32-28; 4.10-14, 19x10; 5.05x14, 28-23; 6.01-05, 22-19; 7.05-10 [Robert Stewart vs. Newell Banks, match polo Campionato do Mundo disputado en Glasgow no ano 1922] as negras quedan un pouquiño mellor con 7. ... 21-18.
3. ... 19x10; 4.05x14, 32-28
Lóxico desenvolvemento para centralizar o peón máis afastado entrando no que se coñece en Portugal como o «Xoguiño da Roña». Pero nesta altura tamén se pode continuar con 4. ... 24-20; ao estilo da Lateral Dereita coas cores invertidas.
5.01-05 ...
Levando tamén o peón cara ao centro. Unha alternativa habitual é 5.12-15, 21-18 [Nótese que agora non vale 5. ... 28-23; polo golpe 6.15-19, 22x15; 7.14-18, 21x14; 8.07-11 G.B.] 6.14x21, 25x18; 7.01-05, 28-23; 8.01-05, 23-19; [interesante é 8.... 22-19] 9.07-11, 19x12; 10.08x15, 22-19; [agora 10. ... 27-23; é ben contestado con 11.10-14] 11.15x22, 26x19; 12.10-14, 19x10; 13.07x22, 27x18; 14.03-07, 31-27; 15.02-05, 24-20; [Aquí 15. ... 27-23; di a «Enciclopedia Damista» que perde tras 16.05-10, 30-27; 17.11-15, 27-22; 18.07-11 alcanzando a POSICIÓN DE AMADEU un coñecido "gañan negras" publicado polo antigo subcampión de Lisboa Joao Amadeu do Serro na revista «Estrategia Damista» no 1939, pero a verdade é que tras 16.05-10 as negras poden responder con 24-20 e o xogo queda igualado] 16.05-10 ou 16.11-15 con empate. Neste último caso volve errar a «Enciclopedia Damista» pois di que gañan as negras despois de 16. ... 20x11; 17.07x21, 29-25; 18.21-16, 30x21; 19.09-13, 21-17; 20.05-10, 27-22; [G.N.] pero as brancas empatarían se xogasen antes 19.05-10 [e non 09-13], 21-18; 20.04-07, 27-23; 21.07-11, 23-19; 22.10-13 etc.
5. ... 28-23; 6.05-10, 22-18
Adelino Ribeiro xogou coas negras 6. ... 22-19 contra o Dr. Orlando Lopes no primeiro Campionato oficioso de Portugal disputado en Lisboa no 1957. As negras tiñan moito onde escoller, a xogada elixida por Patricia Breen neste xogo ten unha orixe antiquísima, foi presentada polo valenciano Lorenzo Valls no ano 1591 e con ela preténdese cercar o centro branco.
7.07-11 ...
Tamén era posible 7.12-15, 18x11; 8.07x14, 21-18; 9.14x21, 25x18; 10.06-11, 26-22; 11.02-06, 23-19; 12.08-12, 27-23; 13.04-08, 23-20; 14.12-16, 19x12; 15.08x15, 31-27; con posterior empate tal como nun xogo Luis Sá vs. Victor Nedio do 28º Campionato de Portugal; Odemira, 2008.
7. ... 26-22
Segundo o Dr. Sena Carneiro o xogo mantense equilibrado tras 7. ... 21-17; 8.14x21, 25x18; 9.10-14, 29-25; 10.14x21, 25x18; 11.06-10, 26-22; 12.03-06, 18-13; 13.09x18, 22x13; 14.12-15, 27-22; 15.08-12, 23-19; 16.04-08, 31-27; 17.12-16, 19x12; 18.08x15, 27-23; 19.11-14, 13-09; 20.14-18, 22x13, 21.10-14 e.t.c.
8.12-15, 23-20
Complementando o cerco iniciado na xogada sexta. Outra opción era a de abrir o xogo con 8. ... 21-17; 9.14x21, 25x18; 10.10-14, 18-13; con posición igualada. Pero resulta inferior 10. ... 29-25; 11.14x21, 25x18; 12.06-10, 23-19; 13.03-06, 19x12; 14.08x15, 18-13; 15.09x18, 22x13; 16.11-14, 30-26; 17.15-19, 26-21; 18.04-08 e aínda que un xogo publicado na Revista Internacional de Damas entre José María López Manresa e Víctor Cantalapiedra disputado no ano 1992 en Callosa de Segura terminou empatado, as brancas teñen vantaxe e deberían gañar. López Manresa, tamén coñecido como "El Carcelero", era un dos mellores xogadores levantinos daquela época pero curiosamente neste xogo non conseguiu facer o célebre "saque de peón". Por unha charla casual que tiven na "Ludoteka" co seu fillo, puiden enterarme que faleceu recentemente.
9.04-07 ...
9.08-12, 20-16; 10.14-19 (=).
9. ... 20-16; 10.07-12, 16x07; 11.03x12, 29-26; 12.12-16 ...
12.15-19 era outra posibilidade (=).
12. ... 31-28; 13.16-20, 21-17; 14.14x21, 25x18; 15.08-12 ... [VER DIAGRAMA]
A xogada que perde a partida. 15.10-14, 17-13 levaba ao empate.

XOGAN NEGRAS E GAÑAN
15. ... 18-14;
Patricia non desaproveita a ocasión para rematar cun bonito golpe.
16.11x18 ... Se 16.10x19, 27-23 gaña igualmente. 16. ... 22x13; 17.09x18, 27-22; 18.18x27, 30x07; [0-1]
As brancas abandonaron.

Ningún comentario:
Publicar un comentario