sábado, 28 de maio de 2011

A importancia dos finais

O coñecer os máis célebres finais artísticos e estudar a teoría dos que poden aparecer con máis frecuencia no campo práctico debe ser un dos principais obxectivos de todo bo afeccionado. Son moitas as partidas magnificamente xogadas na apetura que se estragaron por non dominar ben a súa fase final. Debido á trascendental relevancia que ten para nós, xa temos tratado este asunto noutras ocasións. Na columna desta semana  continuamos coa publicación de novos exemplos.

PRIMEIRO DIAGRAMA
["El Canónigo", 2ª metade do S.XVII]


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

A posición que amosamos neste primeiro diagrama pertence a un xogo extraído do manuscrito do «Canónigo del Sacro Monte de la Ciudad de Granada», que é unha copia do libro de Pedro Ruíz Montero [1591] ao que este xa famoso cóengo engadiu moitas liñas novas ata completar 352 páxinas. Grazas a un espléndido estudo que o mestre valisoletano Víctor Cantalapiedra fixo na desaparecida «Revista Internacional de Damas» da «Partida da Sentinela» este final chegou a ser coñecido do gran público. O seu desenlace descubrímolo deseguido:

1.32-28* ...

Só este sinxelo recurso táctico garante a vitoria.

1. ... 11x02; 2.28-24, 02x20; 3.24x06* ...

Naturalmente se 3.24x02, 17-13; 4.09x18, 21x14 as negras conseguen o empate.

3. ... 21-18;

Se agora a dama puidese ocupar o río sen ser expulsada o final non ofrecía dificultade ningunha, pero neste caso hai que ter en conta un pequeno pormenor.

SEGUNDO DIAGRAMA
["El Canónigo", 2ª metade do S.XVII]


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

4.06-10, 17-13; 5.10x17, 18-14; 6.17-06 ...

O final non alcanza a categoría de Estudo porque valía igualmente 6.17-13.

6. ... 25-21; 7.06-03* ...

Aquí temos a sutileza. Unha manobra de perda de tempo que, segundo Cantalapiedra, permite que o poidamos adxectivar co cualificativo de "primoroso final".

7. ... 14-11;

► Se 7. ... 21-17; 5.09-13 e GB.
► Ou 7. ... 21-18; 5.03-06 e tamén GB.

8.09-13, 21-17; 9.03-10, 12-07; 10.10-01 GB.

* * * * * * * * * *
 
No terceiro diagrama reflectimos un fascinante estudo do autor ruso A. Chochin que veu a luz por primeira vez no ano 1896. O destino quixo que na nosa península coñecésemos esta xema da composición artística grazas ao xenio do gran  xogador e problemista portugués Luis Antonio David que, tras asombrar aos afeccionados da "Brasileira", inmortalizouna coa súa publicación na revista «Século Ilustrado»  no 1948. Catro anos despois, sen chegar a cumprir a trintena, faleceu afectado pola maldita tuberculose co título de campión de Lisboa e sen ter coñecido nunca a existencia de Chochin.
 

TERCEIRO  DIAGRAMA
[Chochin, 1886]


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Para comprobar a súa dificultade primeiro imos ver que pasa se: 
  • 1.17-03, 15-11*; 2.09-13, 25-21; 3.13-17, 21-18; 4.17-21, 18-13; 5.03X17, 11-07; 6.21-25, 07-03*; EMP.
  • 1.09-13, 15-11*; 2.13-18 ... [e agora non 2. ... 11-07; por 3.17-03, 07-04; 4.03-17 GB] 3. ... 25-21* EMP.
E deseguido ofrecemos a súa solución:

1.17-13!!  ...

Agora se:

1. ... 15-12; 2.13-18!, 12-08; 3.09-13, 08-04; [3. ... 25-21; 4.18x25, 08-04; 5.13-18 GB.] 4.13-17 GB.

1. .... 15-11; 2.13-03*, 25-21; [e así o xogo conflúe na posición do "Canónigo" que estudamos antes] 3.09-13, 21-17; 4.03-10, 12-07; 5.10-01 GB.

1..... 25-21; 2.13-03, 15-11; [Se 2. ... 21-18 ou 2. ... 21-17 segue 3.03-07 GB] 3.09-13, 21-17; e como no punto anterior 4.03-10 GB.

* * * * * * * * * *

Este final foi disputado na Ludoteka [modalidade 1'+10"] no presente mes de maio de 2011. Xogaban Aadil vs. Marrakech_y e chamoume a atención a rapidez coa que as negras viron a manobra defensiva.

CUARTO DIAGRAMA
[Aadil vs. Marrakech_y; Ludoteka, 2011]


XOGAN BRANCAS
[As negras responden e empatan]

1.22-26 ...

Ante a ameaza de disparo con 12-07.

1. ... 29x22; 2.31x09, 12-08*; 3.25-29*, 21-18!; 4.09x31, 02-05; EMP.

Para gañar este tipo de finais con ese "tixolo" formado por un peón no cadro "4" vixiando a outro inimigo situado en "8", as brancas necesitan poder levar un segundo peón ao cadro "15". Como aquí ese peón está en "16" non se pode evitar o empate. A posición base gañadora fórmase con peón en "15" e as damas en "11" e "3". Nótese que en vez da dama de "11" tamén valería outro peón tal como se reflicte no seguinte diagrama:

QUINTO DIAGRAMA
[Posición Base]


GAÑAN AS BRANCAS
[Xogue quen xogue]

Debido a ameaza de entrega de peóns as negras están obrigadas a abandonar o río. Tras 15-19 o peón coroa con comodidade e GB.

* * * * * * * * * *

Cando o tempo escasea non é momento de poñerse a buscar as mellores xogadas. A importancia de coñecer este tipo de finais quedou ben reflectida no Torneo conmemorativo do 25 de abril celebrado en Oliveira de Azemeis neste ano 2011.

SEXTO DIAGRAMA
[Antonio Monteiro vs. Justino Miguel; Oliveira de Azemeis, 2011]


XOGAN NEGRAS E EMPATAN

Nesta posición correspondíalle ás negras -conducidas polo grandísimo xogador Justino Miguel- efectuar a súa trixésimo cuarta xogada, para nós primeira deste didáctico final.

1. ... 01-14;

Coa bandeira do reloxo colgando e a punto de caer, nin o mestre Justino pode decatarse que 1. ... 01-19 empata de xeito máis doado. Ambos os dous xogadores tiñan os nervos a flor de pel, incluso o seu rival, con brancas, acababa de mover o seu peón de "8" para "4". Ao ser avisado volveu o peón outra vez á casa "8" e moveu unha das damas sen que lle fose aplicada a regra de "peza tocada".

2.22-29, 14x04; 3.29-25, 16-12;

Movendo a velocidade vertixinosa chegou este erro que puido ser decisivo. Despois desto as negras quedan perdidas. Só valía 3. ... 17-13; 4.15-11 ... [4.15-19, 13-09; 5.19-28, 16-12; 6.08x15, 04-08; EMP] 4. ... 04x14; 5.25x07, 24-20* [Única, pois se 5. ... 13-09; 6.08-12, 24-20; 7.07-03, 16x07; 8.03x23 GB.] 6.08-12, 20-15; EMP.

4.15-11, 04x14; 5.25x16, 17-13; 6.16-03*, 13-09; 7.03-10, 24-20; 

E nesta posición Monteiro devolveu o favor xogando 8.08-12 e tras 20-16 acordouse o empate. Nada máis finalizar, un espectador que contemplaba a partida arrimouse un chisco á mesa e exclamou: "Estava ganho". El non sei que veu porque algo falaba da "dama preta", pero o certo é que a importancia de coñecer a teoría queda posta de manifesto, agora as brancas gañaban co famoso final de Antero Martins Gomes publicado na «Revista Portuguesa de Damas» en maio de 1939. Vexamos:

SÉTIMO DIAGRAMA
[Antero Martins Gomes, 1939]


 XOGAN BRANCAS E GAÑAN

8.10-28*, 20-15; 9.28-24, 15-12; 10.08x15, 09-05; 11.28-24 e agora para non quedaren bloqueadas as negras xogan 11. ... 05-02; pero tras 12.28-24 GB. [Non estou seguro pero creo lembrar que en certa ocasión lin na Enciclopedia Damista que antes de ver a luz en Portugal, curiosamente tamén este final foi publicado en Rusia]. 
  

2 comentarios:

Henrique Guerra dixo...

Recibín un correo preguntando pola "Brasileira".

Trátase dun famoso café siuado no barrio do Rossío no que se reunían os damistas lisboetas e no que, segundo palabras do Dr. OAL, Luis Antonio David marcou unha época dourada.

Сергій Казнадей dixo...

Este final (Diag. 7)não foi encontrado. Há um final canadense Saint-Maurise em 1894. PB 4 28 PP 9 19. Foi publicado em nossos livros.