Nun xogo Aadil vs. Dialo disputado o día 18 do pasado mes de marzo na Ludoteka [modalidade 1’ + 10”] despois de :
1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19; [Partida do Río] 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 28-23; 5.10-13, 21-17; 6.05-10 ... [Variante Marxinal da Contra-Lateral Dereita] 6. ... 26-21; 7.12-16 ... [liña favorita dos autores clásicos españois] 7. ... 19-15; 8.11x20, 24x15; 9.07-11, 23-20*; 10.16x23, 27x20; 11.04-07 ... [considerada mellor que o 11.03-07 do libro de Cecina Rica] 11. ... 30-27; 12.07-12*, 29-26; [aquí apártase do publicado 12. ... 22-18 de Sena Carneiro ] 13.12x19, 22x15; 14.10-14, 17x10; 15.06x13, 15x06; 16.02x11, 21-17; 17.13-18, 26-21; 18.03-07, 17-13; 19.14-19, 21x14; 20.11x18, 20-15; 21.19-22, 15-11; 22.07x14, 25-21; 23.18x25, 27x11; 24.09x18, 11-06; 25.25-29, 06-03; 26.29-19 ...
Chegouse a esta posición:
XOGAN NEGRAS E EMPATAN
Coñecido é que nesta posición amosada no diagrama se o bando forte consegue levar a dama o peón de «18» o pase do outro peón é gañador. Para evitar o avance á fatídica casa «21» as negras dispoñen de tres opcións, mais só unha delas é satisfactoria.
PRIMEIRA OPCIÓN:
1. ... 31-27!
A única forma de defenderse. As negras ameazan 1. ... 03-07.
A esta posición tamén se puido chegar no 3º xogo da Finalíssima do 21º Campionato de Portugal entre Vaz Vieira e Medalha da Silva, e o propio Medalha nos comentarios que fixo para o "Espazo Damista" [Separata de "ED"] xa indicou que esta era a defensa correcta.
Por suposto se 2.18-21 con 27-22 as negras apodéranse do «río» e empatan.
2. ... 03-13; 3.18-21, 13-18
E con esta «Luneta» cae unha das dúas pezas atacadas [EMP].
SEGUNDA OPCIÓN:
1. ... 03-17;
As negras ocupan a diagonal 17/30 para cortar o paso do peón. A decisión parece satisfactoria a primeira vista, pero o caso é que con esta continuación as negras quedan perdidas. A manobra gañadora deseñada por Francisco Henriquez foi publicada por primeira vez no ano 1945 na revista portuguesa «Estrategia Damista» e posteriormente explicada con detalle no Nº 26 da supercélebre «Enciclopedia Damista».
2.18-22* ...
Non se pode demorar o avance deste peón, pois hai que impedir 2. ... 31-27.
2. ... 17-30
A mellor. Se 2. ... 17-21; segue 3.08-12, 21-30; [Tampouco nada arranxaba 3. ... 21-17; por 4.12-16, e o peón de «22» avanza xa que se 4. ... 17-21; con 5.22-26, 21x30; 6.19-23 G.B.] 4.12-16, 30-27; 5.19-23, 27x20; [obrigada pola lei da calidade] 6.16x23, G.B.
XOGAN BRANCAS E GAÑAN
3.19-01 ...
Movemento de perda de tempo para descolocar a dama inimiga. A idea é conseguir chegar á mesma posición que no diagrama pero tocándolle xogar ás negras. Mentres tanto o bando débil debe tratar de defenderse xogando na diagonal 17/30 e colocando a súa dama en «30» sempre que a súa homónima branca se instale en «19».
O lector debe decatarse que non valía 3.08-12, por 3. ... 30-16*; [Non 3. ... 30-27; xa que con 4.19-28! G.B.] 4. 12-15, 16-12; 5.15-20, 12-16; 6.20-24, 16-27; 7.22-26, 27-22; EMP.
3. ... 30-21
Menos resistente é 3. ... 30-17; pois segue 4.01-14 que obriga á dama negra a xogar 4. ... 17-30; e con 5.14-19 acelérase o proceso. O xogo seguiría como no tronco tras a xogada sexta na que precisamente as brancas colocan a súa dama na casa «19».
4.01-05 ...
Outra vez perdendo tempo. Se 4.08-12, 21-07; 5.12-16 ... [5.12-15, 07-12; 6.15-19, 31-27; EMP.] 5. ... 07-12; 6.01-19, 12-08; 7.16-20, 31-28 (ou 31-27) [EMP].
4. ... 21-17*
Seguindo o consello. A dama negra só vai a «30» cando a branca está en «19».
5.05-14 ...
Vixiando o cadro «21» e obrigando por tanto á dama negra a ir a «30».
5. ... 17-30; 6.14-19 ...
E aquí está a mesma posición do diagrama pero coas negras tendo a vez.
6. ... 30-21;
Ou 6. ... 30-17; que agora dá o mesmo.
7.08-12 ... [G.B]
O xogo segue tal como xa amosamos nos comentarios da segunda xogada.
TERCEIRA OPCIÓN:
[A que se xogou na partida]
[A que se xogou na partida]
Neste caso xa indicamos o número das xogadas co que se corresponde da partida. Proseguimos coa vixésimo sexta efectuada polo xogador con nick "Dialo".
26. ... 03-07;
Ataca o peón para seguir dun xeito similar á segunda opción ocupando a diagonal de corte, pero neste caso, a perda de tempo facilita o labor das brancas.
27.18-22, 07-21; 28.08-12 ...
POSICIÓN DESPOIS DE 28.08-12 ...
Agora é o momento de avanzar este peón. Ao non estar a dama en «30», as negras non dispoñen do ataque desde a casa «16». Igualmente debido á boa colocación da dama branca non vale 28. ... 21-07 porque segue 29.12-16 e a dama en «19» impide a ameaza sobre o peón de «22» desde a casa «12». Por suposto, se nesta altura se xoga 29. ... 07-21 con 30.22-26 seguido de 31.19-23 G.B.
28. ... 21-17;
Permanecendo na diagonal de corte. Peor era 28. ... 21-30 porque tras 29.12-16 a dama xa queda atrapada.
29.12-16 ...
Coa ameaza 30.22-26 seguido da captura da dama inimiga con 19-23, as brancas están en disposición de promocionar o peón de «22» e entrar no famoso final gañador coñecido como «Pase 16/31» que estudaremos na próxima entrega.
29. ... 17-13;
29. ... 17-13;
As negras deben abandonar a diagonal de corte, pero fano mal.
30.22-26 ...
Obsesionado co avance do peón e apurado polo reloxo, Aadil non ve 30.19-23 que remataba de xeito directo.
30. ... 31-27; [1-0]
E antes de que as brancas apartasen a dama de «19», para impedir o desaloxe do «río» que se produciría tras 31.26-29, 27-22, as negras depuxeron as armas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario