No xogo Aadil vs. Dialo que vimos no «post» anterior as negras puideron tentar resistir moito máis se na xogada vixésimo novena moveran 29. ... 17-06. Nese caso para gañar o xogo o bando forte estaría obrigado a efectuar o famoso pase 16/31. Por exemplo, tras 30.22-26, 06-02; 31.26-29, 02-11; chegariamos a seguinte posición que imos estudar:
PASE DE PEÓN 16/31
XOGAN BRANCAS E GAÑAN
Por facelo máis didáctico imos numerar as xogadas como se fai nos libros de finais, comezando polo número 1 a partir da posición do diagrama.
Os autores clásicos xa trataron este tema, pero só os métodos do Dr. OAL e do Capitán Evaristo Borges explicaban todas as posibles hipóteses. Posteriormente outro damista portugués, Rodrigues de Sousa, conseguiu acurtar o proceso nos supostos máis complicados. Finalmente foi o mestre Manuel Melo quen perfeccionou o sistema e presentouno no libro do Dr. Sena Carneiro «Finais Prácticos Básicos», case tal como nós imos amosar agora aquí.
1.19-01, 11-06;
Para conseguir gañar este final hai que levar o peón ao escaque «23» e despois apoiar a súa coroación cunha dama en «24». As negras tentarán cortarlle o paso ou deixalo avanzar para empatar cun ataque que o obrigue a ir á casa «24».
2.29-19 ...
Esta dama está na diagonal axeitada, pero o afeccionado debe advertir que no caso de non dominar a paralela 08/29 debe ser o primeiro obxectivo conseguir facelo buscando entrar nela por «04» ou «29».
2. ... 06-02; 3.01-14 ...
Unha vez colocada a dama en «19» hai que entrar na diagonal 02/24. Como agora non poden ir ao cadro «05» fan unha xogada de espera.
3. ... 02-06; 4.14-05, 06-02; 5.05-09, 02-11;
Se 5. ... 02-06; as brancas seguen co mesmo proceso 6.09-02 e 7.02-15.
6.09-02 ...
Se 5. ... 02-06; as brancas seguen co mesmo proceso 6.09-02 e 7.02-15.
6.09-02 ...
Expulsando a dama inimiga para poder avanzar o peón.
6. ... 11-04; 7.02-15 ...
Así queda constituída a posición BASE. Estea onde estea a dama negra, por seguridade, as brancas deben colocar as damas na disposición que se amosa no diagrama.
POSICIÓN BASE
(A dama negra pode estar en calquera das casas posibles)
Partindo desta idónea colocación das pezas brancas, non só imos ver como se gaña nas posibles situacións que se poden dar a partir da posición reflectida no diagrama, senón tamén en todas as hipóteses onde poidera estar a dama negra se na quinta xogada movese 5. ... 02-06.
O REMATE
Unha execución depurada desde a posición BASE nunca debe sobrepasar os 11 lances para coroar o peón.
DAMA NEGRA EN «30»
1.15-20 ...
• 1. ... 30-21; (ou 1. ... 30-17) 2.19-26 e 20-23 G.B.
• 1. ... 31-27;. 2.19-14, 27-22; 3.20-23 G.B.
DAMA NEGRA EN «27»
1.15-20 ...
• 1. ... 27-18; (ou 1. ... 27-13; ou 1. ... 27-09) 2.19-22 e 20-23 G.B.
• 1. ... 27-30; 2.20-23 G.B.
DAMA NEGRA EN «03»
1.19-14 ...
Xogada de espera indicada no método de OAL.
REMATE DO DR. OAL
POSICIÓN DESPOIS DE 1.19-14 ...
• 2. ... 03-13; 3.15-22, 13x27; 4.14-23, 27x20; 5.16x23, G.B.
• 2. ... 03-17; 3.15-26, 17x30; 4.14-23, 30x20; 5.16x23, G.B
DAMA NEGRA EN «09»
1.19-10 ...
Xogada do Capitán Evaristo Borges.
• 1. ... 09-02; 2.16-20, 02-09; [o Capitán Borges xa advertiu da importancia da colocación da dama en «10» porque agora se 2. ... 31-27; 3.10-06 e (G.B.), doutro xeito era empate] 3.20-23 e non se pode evitar a coroación tras 15-24 e 23-28, G.B.
• 1. ... 09-27; (1. ... 09-18; 2.15-22 e 10-23 G.B.) 2.15-08, 27-09; 3.08-22 e 10-23 G.B.
DAMA NEGRA EN «13»
1.19-01 ...
• 1. ... 13-18; (ou 13-09) 2.15-22 e 01-23 G.B.
• 1. ... 13-17; 2.15-26 e 01-23 G.B.
• 1. ... 13-03; 2.01-14 [xogada de espera indicada no método de OAL que xa vimos como se remata no suposto da DAMA NEGRA en 03].
DAMA NEGRA EN «17»
1.19-01 ...
• 1. ... 17-21; 2.15-26 e 01-23 G.B.
• 1. ... 17-13; 2.15-22 e 01-23 G.B.
• 1. ... 17-03; 2.01-14 [xogada de espera indicada no método de OAL que remata coa entrega de ambas as dúas damas tal como vimos antes].
• 1. ... 17-30; 2.15-19, 30-21 (ou 30-17); 3.19-26 e 01-23 G.B.
DAMA NEGRA EN «04»
1.16-20 ...
O peón avanza xa pois non hai perigo de que sexa atacado.
• 2. ... 04-08; 3.19-29 G.B.
• 2. ... 04-07; (ou a calquera das outras dúas casiñas flutuantes) 3.19-28, 31x24; a «batería» queda montada e a dama dispara. G.B.
• 2. ... 04-25; 3.20-23 ... [e non se pode impedir a vitoria das brancas grazas que van pasar o peón creando un túnel colocando unha dama en «24»] 3. ... 25-04; 4.15-24, 04-08; 5.19-29, 08-04; 6.23-28 G.B..
DAMA NEGRA EN «25»
1.16-20 ...
Neste caso tampouco pode ser atacado o peón.
• 2. ... 25-29; 3.20-23, 29-25; 4.15-24, 25-29; 5.19-08 G.B.
• 2. ... 25-21; (ou a calquera das outras dúas casiñas flutuantes) 3.19-28, 31x24; e a «batería» dispara. G.B.
• 2. ... 25-04; 3.20-23, 04-25; 4.15-24 e o peón cólase G.B.
DAMA NEGRA EN «07»
1.19-05! ...
Liña de Manuel Melo.
POSICIÓN DESPOIS DE 1.19-05! ...
• 1. ... 07-04; 2.16-20, 04-08; [Se a dama vai a unha casiña flutuante pérdese disparando a «batería» que se forma despois do sacrificio con 3.05-28; por tanto a única opción que queda é 2. ... 04-25; pero tras 3.20-23, 25-29; 4.15-24, 29-19; (recurso desesperado para impedir a coroación do peón) 5.05-01, 19x32; 6.24-15, 31-28; 7.15-19 G.B.] 3.15-29, 08-04; 4.20-23, 04-21!; 5.29-15, 21-18; [Se 5. ... 21-30; 6.05-02 G.B.] 6.15-24, 18-22; [se 6. ... 18-09; 7.05-19! gaña máis rápido] 7.23-28, 22-09; 8.05-14, 09-22; 9.28-32 G.B.
• 1. ... 07-03; 2.05-14 producíndose unha posición á que OAL tamén chegou no seu método e que se remata coa entrega de ambas as dúas damas. Segundo para onde escape o negro segue 3.15-22 ou 3.15-26 e logo 4.14-23 G.B.
• 1. ... 07-18 ou 1. ... 07-21 perden con similar manobra á do comentario anterior.
• 1. ... 07-25; [a máis resistente] 2.16-20, 25-29; [xa sabemos que se a dama vai a unha casiña flutuante pérdese disparando a «batería» que se forma despois do sacrificio con 3.05-24; por tanto a única opción que queda é 2. ... 25-04; pero tras 3.20-23, 04-08; 4.15-24, G.B.] 3.15-08, 29-25; 4.20-23 coas seguintes posibilidades:
► 4 ... 25-21; 5.23-27, 31x22; 6.08x17 G.B.
► 4 ... 25-18; 5.08-15, seguido da coroación tras 6.15-24 G.B.
► 4 ... 25-07; [con idea de se 5.12-15, 07-16 EMP.] 5.08-22! ... [outra das vantaxes de ter a dama en «05» pois impide 5. ... 07-16 polo gancho con 6.05-09 G.B.] 5. ... 07-21; [contra 5. ... 07-03 segue 6.20-23, pero se 5. ... 07-04; 6.22-15 e non 6.23-27 que empata con 6. ... 04-08] 6.22-15, 21-18; [non 6. ... 21- 30 por 7.02-05, un gancho co que G.B.] 7.15-24, 18-22; 8.23-28, 22-09; 9.05-14, 09-18; 10.28-32 coroando en 10 lances.
► 4 ... 25-11; [para evitar 08-15] 5.08-22 ...
─ 5. ... 11-20; 6.05-09 G.B.
─ 5. ... 11-24; 6.05-02 G.B.
─ 5. ... 11-07 (ou 11-06); 6.23-27 e o peón coroa [G.B.]
─ 5. ... 11-02; 6.23-27, 02x09; 7.27-30 G.B.
─ 5. ... 11-04 (ou 5. ... 11-25); 6.22-15 para apoiar a coroación con 7.15-24 G.B.
─ 5. ... 11-21; 6.22-15, 21-18; [ Se 6. ... 21-30; 7.05-02 G.B.] 7.15-24, 18-22; [se 7. ... 18-09; 8.05-19, 09-02; (8. ... 09-18; 9.23- 27! Golpe e G.B.) 9.23-28, 02-09; 10.19-08, 31-27; (ante a «batería» as negras teñen que modificar o final) 11.28-32, 27-22; 12.08x29 G.B.] 8.23-28, 22-09; 9.10-14, 08-22; 10.28-32 con coroación en 10 movementos.
DAMA NEGRA EN «21»
1.19-10! ...
Liña de Manuel Melo. Non vai directamente ao cadro «05» como no suposto da DAMA NEGRA en «07» e axiña comprenderémolo porqué.
• 1. ... 21-04 2.16-20, 04-08; [Se a dama vai a unha casiña flutuante xa sabemos que as brancas gañan disparando a «batería» que se forma despois do sacrificio con 3.10-28; e a outra opción que queda 2. ... 04-25; tamén sabemos que perde con 3.20-23, 25-29; e a construción do túnel 4.15-24] 3.15-29, 08-04; 4.20-23, 04-21!; [Había ameaza de disparo con 23-27 e a alternativa 4. ... 04-25 permite 5.29-25 para seguir con 6.15-24 e pasar o peón] 5.29-12 ... [Nótese que agora non vale 5.29-15 porque ao non estar unha dama en «05» as negras empatarían con 5. ... 21-30] 5. ... 21-11 [O ataque ao peón desde «30» agora non vale por 6.12-16, tampouco é axeitado ir coa dama a «25» ou «04» porque permite 6.12-15 e igualmente a opción 5. ... 21-17 fracasa por 6.12-03 unha solución que deixa ver a importancia de ter a dama en «10» e non en «01» como no método de Rodríguez de Sousa que precisa de máis lances para rematar] 6.12-26! ... Alcanzando así unha famosa posición que xa fora tamén atopada polo propio Rodríguez de Sousa pero superando os seis lances na súa formación. Velaí vai o desenlace.
REMATE DE RODRIGUES DE SOUSA
POSICIÓN DESPOIS DE 6.12-26 ...
► 6. ... 11-24; 7.23-28 e 28-32 G.B.
► 6. ... 11-20; 7.26-30 G.B.
► 6. ... 11-04 (11-25 ou 11-18); 7.26-15 para túnel con 8.15-24 G.B.
► 6. ... 11-02; 7.10-14!, 02-09 [7. ... 02-06; 8.23-27 G.B.] 8.26-15, 13-09; 9.15-24 G.B.
• 1. ... 21-07; 2.10-05! e segue como no suposto da DAMA NEGRA en «07» aínda que neste caso necesita un movemento máis para coroar [11 no total].
• 1. ... 21-18; 2.15-22 e 3.10-23 G.B. [Método OAL]
• 1. ... 21-25; 2.16-20, 25-29; [ 2. ... 25-04; 3.20-23 e 15-24 G.B.] 3.15-08, 29-25; 4.20-23, 25-07; [4. ... 25-11; 5.08-26 e as brancas gañan como na posición de Rodríguez de Sousa xa explicada] 5. 08-26, 07-25; 6.26-15 e como tantas veces xa indicamos as brancas gañan levando a dama a «24» para pasar o peón.
• 1. ... 21-17; 2.10-01 e segue como no Suposto con DAMA NEGRA en «17».
• 1. ... 21-30; 2.15-12! ... [para impedir 2. ... 30-17; por 3.12-03 G.B.] 2. ... 30-21; [Se 2. ... 30-27; 3.10-23 G.B.] 3. 12-26, 21x30; 4.10x23 G.B.
DAMA NEGRA EN «18»
1.19-10! ...
Liña de Manuel Melo.
• 1. ... 18-04 2.16-20 e segue igual que no suposto con DAMA NEGRA en «21» despois de 2. ... 21-04.
• 1. .... 18-25; 2.16-20 e segue igual que no suposto con DAMA NEGRA en «21» despois de 2. ... 21-25.
• 1. ... 18-07; 2.10-05! e segue como no suposto da DAMA NEGRA en «07» aínda que neste caso necesita un movemento máis para coroar [11 no total].
• 1. ... 18-21; 2.15-26, 21x30; 3.10-23, 30x20; 4.16x23 G.B.
• 1. ... 18-09; 2.15-22, 09x27; 3.10-23, 30x20; 4.16x23 G.B.
• 1. ... 18-27; 2.15-04, 27-18 (ou 27-09); 3.08-22, 18x27; 4.10-23 G.B.
Ningún comentario:
Publicar un comentario