Os xogadores marroquís estanse preparando para o enfrontamento que van disputar contra os portugueses no vindeiro mes de xullo. Este foi un dos catro xogos de adestramento que disputaron nunha cafetería de El Jadida dous dos compoñentes da escuadra magrebí.
El Jadida [Marrocos]; 18/06/2011
« Partida Heroica »
1.12-16 24-20
O sorteo deparou a apertura «Esquerda Límite». Cada xogador dispoñía dunha hora de tempo para os catro xogos.
2.10-14 ...
Así fórmase a que o Dr. OAL designou como «Partida Heroica». A asignación deste nome é debida, sen dúbida, a que a defensa das negras resulta difícil debido ao bloqueo parcial a que son sometidas no flanco do río. Con todo, hoxe os xogadores coñecen os mellores métodos para poder saír dese afogamento e tras a oportuna liberación, tórnase nunha arma que ofrece moitas posibilidades.
2. ... 28-24
Tapando o burato para apoiar a liberación con 20-15.
3.05-10 ...
As brancas, sabedoras de que non poden aguantar o encerro do peón "20" por moito tempo, permiten a liberación. Tamén habituais son 3.08-12 ou 3.07-12 que manteñen a presión. No Match Portugal-Marrocos (Mohamedia, 2007), o Dr. Vaz Vieira xogou 3.08-12 contra Almamoune co seguinte desenvolvemento: 3. ... 32-28; 4.06-10 ... [Máis usadas e por tanto mellor coñecidas son 4.12-15 ou 4.14-18 ou tamén 4.05-10] 4. ... 20-15; 5.12x19, 22x06; 6.02x11, 27-22; 7.07-12, 21-18; 8.14x21, 26x17; 9.11-15, 30-27; 10.03-07, 25-21; 11.04-08, 29-26; 12.09-13 ... [Unha xogada de aparencia moi forte xa que agora non vale 12. .... 21-18 por 13.15-19, 18x12; 14.12-15 e GB; mais a continuación correcta sería 12.07-11, mantendo unha lixeira vantaxe] 12. ... 24-20!; [Refutando o plan do mestre portugués. Despois disto as brancas están perdidas] 13.15x24, 21-18; 14.07-11, 18x02; 15.10-14, 02x15*; 16.12x19, 22x15 [0-1]
3. ... 20-15
Como coñecen os lectores, así xogase a "Liña Orixinal". Esta e outras das continuacións que se poden empregar nesta altura xa foron estudadas neste Blog. [Clic aquí para ver].
4.11x20 24x15 5.07-11 ...
O plan branco consiste en permitir desfacer o primeiro cerco para crear agora outro novo premendo sobre o peón de "15".
5. ... 23-20 6.16x23 27x20 7.14-19 20-16
POSICIÓN DESPOIS DE 7. ... 20-16
Decisión sorprendente. A continuación habitual é 7. ... 21-17, tal como xogou Victor Oliveira contra o propio Belyamani no Match Internacional do 2007; aínda que o negro dispón doutras alternativas como 7. ... 32-28; 7. ... 21-18 ou 7. ... 22-18; pero o abrupto xeito de liberaración escollido por “Mamoune” é demasiado perigoso e fai honor ao nome da partida. A defensa vai ser ardua e difícil, sen compensación de ningunha clase.
8.11x20 22x15 9.20-24 ...
A vantaxe branca é máis que evidente. Con esta xogada prepáranse para atacar o débil peón da casa «15».
9. ... 32-28
Obrigadas a agardar polo ofensiva rival, as negras non teñen nada mellor que ir achegando peóns cara ao centro de operacións.
POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 32-28
10.04-07 ...
Se en vez de con este peón, as brancas atacan con 10.03-07 podería seguir 10. ... 21-18; 11.07-12, 16x07; 12.04x20, 25-21; 13.08-12, 30-27; 14.12-16, 21-17; 15.06-11, 26-22; 16.10-14, 29-25; 17.14x21, 25x18; 18.02-06, 28-23; 19.24-28, 31x15; 20.11x20, 17-13; 21.20-24, 18-14; 22.09x18, 22x13; 23.24-28, 23-19; 24.28-31, 13-10; 25.31x04, 10x03 EMP.
10. ... 21-18
Para sacudirse da acometida as negras sacrifican un peón. Outra opción era 10. ... 30-27; con estas posibles rutas:
• 11.07-12, 16x07; 12.03x19, 27-22; 13.10-14, 22x15; 14.01-05, 26-22; 15.14-19, 21-18; 16.19x26, 29x22; 17.06-11, 15x06; 18.02x11, 28-23; 19.05-10, 25-21: 20.08-12, 23-19; 21.12-16, 21-17; 22.16-20, 19-15; 23.10-14 EMP.
• 11.10-14, 27-22; 12.14-19, 21-17; 13.02-05, 22-18; 14.05-10, 18-14; 15.07-12, 16x07; 16.03x12, 14x05; 17.01x10, 26-21; 18.19-22, 21-18; 19.12x19, 18-14; 20.22-26, 29x15; 21.10x19, 25-21; 22.19-22, 31-27; 23.22x31, 21-18; EMP.
11.7-12 16x07 12.03x19 26-22
Rexeitando a idea de cargar sobre o peón «19» para gañar tempo no achegamento de máis efectivos ao centro. O intento con: 12. ... 30-27; 13.06-11, 27-22; [mellor é 13. ... 26-22] fracasa tras 14.11-15, 25-21; 15.08-12, 18-14; 16.12-16, 14x05; 17.01x10, 21-18; 18.10-13!, 18-14; 19.13-18, 22x13; 20.09x18, e as brancas gañan.
13.19x26 29x22 14.06-11 28-23
Para contraatacar polo cadro «19 se as brancas fan 15.10-13. Ou se 15.10-14, 23-20; 16.14x21, 25x18; equilibrando o xogo.
15.08-12 30-27
Agora 15. ... 23-20; non é viable por 16.12-16.
16.12-16 ...
Se 16.10-14, 22-19!; 17.14x21, 25x18; 18.09-13 ... [18.11-15, 27-22; 19.02-06, 23-20; 20.24-28 EMP.] 18. ... 18x09; 19.12-16, 19-15; 20.11x20, 23-19; con vantaxe branca, pero insuficiente para gañar.
16. ... 22-19 17.02-05 25-21
As negras conseguiron defenderse con habilidade e a súa boa disposición central compensa o peón de menos.
POSICIÓN DESPOIS DE 17. ... 25-21
18.24-28 ...
Adil fai un último intento, pero a posición non dá para máis.
18. ... 31x24 19.10-13 27-22 20.13-17 19-14 21.17x26 14x07 22.05-10 07-04 23.26-29 23-19 24.10-13 04-08 25.29-25 19-15 26.25x20 24x15 27.13-18 [Resultado: EMPATE].
Ningún comentario:
Publicar un comentario