sábado, 11 de xuño de 2011

Xadrez ou damas

Ao seren o xadrez e as damas dous xogos nos que hai que pensar xogadas que se executan movendo fichas sobre un taboleiro, as comparacións son inevitables. Que xogo contén maior beleza?, cal é máis divertido?, cal é máis difícil?, que é o que hai de bo nun xogo e non ten o outro?, cal se adapta mellor aos sistemas de competición?; son algunhas das preguntas que moitos se fan.

Newell W. Banks
[Foto da "British Chess Magazine"]

Falando dos parecidos e das diferenzas que existen entre ambos os dous xogos, nunha entrevista que concedeu á revista «A Chess Omnibus», Newell Banks (1887-1977) -célebre damista americano e gran xogador de xadrez- opinou o seguinte:

• As damas son un 80% memoria e un 20% intuición; o xadrez é exactamente ao revés.

• O xadrez é un xogo da apertura e do medio xogo. As damas é máis do final. 4 de cada 5 xogos de xadrez son decididos nos primeiros 30 ou 40 movementos, só ocasionalmente un xogador loita e gaña un final que partiu dunha posición igualada. Nas damas, os golpes no medio xogo son raros entre bos xogadores, e se hai decisión está adoita chegar nos finais.

• Unha posición de xadrez é máis fácil de valorar. Ti podes a miúdo atopar unha debilidade na formación rival botando unha ollada. En damas unha debilidade pode estar terribelmente ocultada e para ser descuberta é preciso analizar ordenadamente e con detalle unha longa secuencia de movementos.

• Nas damas son menos e están máis exhaustivamente explorados os primeiros movementos por iso nos torneos de mestres é necesario o sorteo das aperturas para intentar dar máis variedade e evitar a repetición de jogos teóricos enteiros.

• Para poder opinar cal xogo prefiro é cuestión de non pensar lixeiramente, pero aínda que xoguei o campionato americano de damas durante 25 anos, mentres que os meus mellores logros no xadrez foron vitorias illadas sobre Marshall e Kashdan nun torneo, teño que admitir que gocei máis co xadrez, principalmente pola súa variedade.


Ao ser preguntado sobre este mesmo tema, o célebre xadrecista Paul Morphy (1837-1884), respondeu con certo desprezo dicindo que non comprendía onde reside a beleza do xogo de damas. Para el era un xogo de pícaros (“traps”) dando a entender que se baseaba máis nos erros en que caía o rival que nos acertos propios. Por contra o controvertido escritor Edgar Alan Poe por esa razón consideraba superior o xogo de damas. O Dr. Carlos Lafora, non tiña preferencias e cultivou por igual os dous xogos. Chegou  representar a España na Olimpiada de xadrez en Hamburgo (1929) e publicou libros sobre o tema, mais tamén adoraba o xogo de damas dirixindo nos anos corenta unha sección de damas nun xornal canario e escribindo un tratado de finais. E outros como Oldbury, Tinsley ou dentro da nosa modalidade, o xogador portugués Víctor Oliveira ou o problemista Luis Xavier comezaron xogando xadrez porén logo escolleron as damas para alumear con brillo propio e entrar a formar parte de calquera antoloxía que deste xogo se faga.

Haberá quen se decante por un ou por outro segundo a dificultade que lle presente. É verdade que o xadrez ten moitas máis posibles posicións e movementos máis variados de pezas, pero cal é máis dificil de xogar. Cando me preguntan a min sempre respondo coa mítica frase de Marion Tinsley: «O xadrez é como indagar nun océano infinito, as damas é como facelo nun pozo sen fondo». Todos comprenden. Non hai mellor exemplo para percibir a idea.

Nunha próxima ocasión seguiremos falando do tema, agora imos coa parte práctica que como moi ben saben os nosos lectores é algo que nunca falta nos artigos deste blog. Pola relación que ten co que estamos tratando, e como non podía ser doutro xeito, hoxe imos ver como xogaban ás damas dous dos máis ilustres xadrecistas de todos os tempos:

O que fora gran campión do mundo de xadrez, o alemán Emmanuel Lasker (1868-1941) viaxou a Nova York para participar no famoso Torneo que alí se celebrou no ano 1924 e que gañou brillantemente por diante de Capablanca. Chegou uns días antes e foi invitado a visitar o “Club de Xadrez e Damas de Brooklin” onde xogou varias partidas amigables de ambas as dúas modalidades. Este xogo publicado na revista “The Draughts Review” de marzo de 1928, foi moi probablemente disputado nesa ocasión.


Chris Nelson vs. Emmanuel Lasker
Nova York, 1924


POSICIÓN DESPOIS DE 9. ... 28x19


1.12-16, 23-19 [A]; 2.09-13 [B], 21-17 [C]; 3.05-09 [D], 25-21 [E]; 4.11-14, 24-20 [F]; 5.16x23, 27x20; 6.14x23, 28x19; 7.07-11 [G], 20-16 [H]; 8.11-14, 31-28; 9.14x23, 28x19 [I]; 10.10-14 [J], 19x10; 11.13-18, 21x14; 12.06x13, 17x10; 13.08-12, 16x07; 14.04x27, 30x23; 15.02-05 [K], 10-06; 16.03x10, 23-20 [L]; [Resultado: 0-1]

A] Apertura «Esquerda Ortodoxa» diagnosticada como favorable ao negro.

B] Ben á do texto, ou ben 2.11-14 son as dúas mellores opcións.

C] Para evitar a ganancia de espazo con 3.13-17. Unha boa réplica tanto aquí como para responder na apertura 1.09-13.

D] Tapa o burato para apoiar a ruptura en «18».  A alternativa 3.11-14 é ben contestada con 3. ... 25-21; 4.14x23, 28x19 con moi bo xogo para o negro. Se agora 5.05-09 pode seguir 19-15 ou 5. ... 32-28; [Se 5. ... 24-20 o xogo traspón ao tronco desta partida]. Ou en caso de 5.07-12, 21-18; 6.04-07, 18x09: 7.10-13, 17x10; 8.05x23, 27x20; 9.16x23, 31-28; 10-07-11, 28x19; as negras teñen unha posición moi forte [Vaz Vieira vs. Veríssimo Dias; 10º Campionato de Portugal, Oliveira de Azemeis - 1990].

E] Impedindo a toma de aire con 13-18.

F] Chris Nelson era un dos mellores damistas de Brooklin e ademais de contra Lasker estaba xogando ao mesmo tempo noutro taboleiro contra un rapazote de 17 anos. Nese xogo, que se desenvolveu coa mesma apertura, as negras seguiron con 4. ... 25-29 para terminar empatando. Anos despois ese mozo que conducía as pezas negras chegou a converterse no campión dos Estados Unidos e a punto estivo de arrebatar a coroa do campión mundial Walter Helman cando lle empatou un match polo título. Como moitos dos afeccionados xa poden intuír, estamos referíndonos a Willie Ryan, o famoso "Cometa de Bronx". 

G] No 1º Campionato oficioso de Portugal [1957], Adelino Ribeiro xogou 7.06-11 contra o Dr. OAL e tras 31-28; 8.08-12, 19-15; 9.12x19, 22x06; 10.02x11, 26-22; 11.07-12, 22-19; 12.04-08 ... [12.01-05 ou 12.12-15 empate] 12. ... 20-16; 13.11-14, 16x07; 14.03x12, 26-29; 15.14x23, 28x19; 16.13-18, 21x05; 17.01x10, 26-21; 18.12-15, 19x12; 19.08x15, 21-18; 20.15-20, 32-27 [0-1].

H] Todo moi coñecido. Posible tamén é a liña preconizada polo Cap. Santos Deodato con 7. ... 31-28; 8.08-12, 20-16!; 9.11-14, 16x07; 10.04x11, 29-25; 11.14x23, 28x19; 12.11-14, 19-15; 13.06-11, 15x06; 14.02x11, 32-28; [Un xogo Libertino47 vs. Zorro398 disputado en novenbro do 2010 na Ludoteka (3'+10") seguiu con 14. ... 21-18; 15.14x21, 25x18; 16.11-15, 18-14; 17.10x19, 17x10; 18.19-23, 22-18; 19.15-19, 18-14; 20.23-28, 32x23; 21.19x28, 14-11; 22.28-32, 10-06; 23.03x10 con peón de máis, aínda que as negras conseguiron o empate] 15.11-15, 28-23!; 16.03-07 ou 14-19 [EMP].

I] Ver o diagrama.

J] Decisión canto menos, rara. Agora non vale 10.08-12 ... [para intentar traspor á "Liña Deodato" que vimos no apartado "H"] porque tras 10.16x07, 04x11; 11.04x11 segue 21-18! e GN. Pero era axeitado 10.06-11, 21-18; 11.03-07, 19-14; 12.10x19, 22x06; 13.13x22, 26x19; 14.02x11 con xogo máis ou menos equilibrado.

K] Isto é un erro grave. O empate chegaba con 15.02-06, 26-21; 16.06x13, 32-28; 17.13-17, 21-18; 18.17-21, 23-19; 19.01-05, 19-14; 20.03-06, 28-23; 21.06-10, 14-11; 22.21-26!, 29x22; 23.10-14 [EMP.]

L] Podería seguir: 17.10-14, 20-15; 18.14-19, 32-28; 19.09-13, 15-11; 20.13-18, 11-06; 21.18-22, 06-02; 22.05-09, 02-20; ou 02-24; forzando 23.19-23, 28x19: 24.22-27, 24-06; e 19-15 para ir a dama [GN].

* * * *
Lasker e Pillsbury durante o Torneo de Hanstings (1895)
[Foto do Libro sobre o Torneo de H. F. Cheshire]


Harry Nelson Pillsbury (1872-1906) foi un extraordinario xadrecista americano que saltou á fama cando gañou o prestixioso Torneo de Hanstings (1895) por diante dos mellores xogadores da época. Sempre tivo destacadas actuacións e mantívose na elite a pesar de estar enfermo de sífile. Morreu moi novo sen poder demostrar todo o seu saber. Aínda que dedicándolle moito menos tempo tamén destacou no campo damista participando en algúns torneos e chegando incluso a gañar un match ao mítico campión Melvin Pomeroy. As súas sesións de partidas simultáneas á cega nas que incluía ao mexmo tempo 16 partidas de xadrez, varios xogos de damas e unha man de whist marcaron un fito na historia deste tipo de exhibicións.

NN vs. Harry N. Pillsbury
Lugar e data descoñecidas
[Xogo publicado en “Denvir´s Traps and Shots", Nº 15]


XOGAN NEGRAS E GAÑAN


1.10-14, 22-18 [A]; 2.12-15, 26-22 [B]; 3.05-10, 23-19; 4.14x23, 28x12; 5.08x15, 32-28; 6.07-12 [C], 28-23; 7.12-16, 21-17 [D] [E]; 8.03-07 [F] [G], 23-19 [H]; 9.07-12 [I], 25-21; 10.01-05 [J], 30-26 [K]; 11.16-20 [L], 18-14; 12.11x25, 22-18: 13.15x22, 24x08; 14.06-11, 26x19; 15.02-06 ... [Resultado: 0-1]

A] Apertura «Diagonal Vertente» de prognóstico igualado.

B] «Partida Anderson». Empregada por primeira vez por Andrew Anderson no seu 5º match con James Wyllie [Edimburgo, 1847]. A idea foi aconsellada por John Mckerrow, axudante de Anderson nese famoso match, para evitar a «Partida Fife» [1.10-14, 22-18; 2.12-15, 23-20; 3. 08-12 ] que Wyllie xogaba á perfección.

C] Considerada inferior ao habitual 6.10-14.

D] Ata aquí o xogo é igual que no célebre match onde se introduciu a liña. Anderson seguiu con 7. ... 23-19 e tras 8.04-08 acabou gañando o xogo, pero 2 anos despois descubriuse que nesta altura as brancas quedan moi ben se seguen con 8.15-20 [xogada de Coltherd aplicada contra Robert Martins no ano 1849].

E] A semana pasada no artigo dedicado a Oldbury vimos que esta mesma posición con cores revertidas pode ser alcanzada cunha «Oblicua Marxinal»: 1.11-15, 21-17; 2.07-11, 23-19; 3.10-14, 19x10; 4.05x14, 22-18; 5.14x21, 25x18; 6.01-05, 28-23; 7.05-10, 26-22;

F] A liña tronco da Enciclopedia Damista segue por 8.10-14, 29-26; 9.14x21, 25x18; 10.01-05 ... [10.06-10, 18-13; 11.09x18, 22x06; 12.03x10, 26-22; 13.01-05, 22-19; 14.15x22, 27x18 con xogo igualado] 10. ... 23-19; 11.04-08, 19x12; 12.08x15, 27-23; 13.15-20, 24x15; 14.11x27, 30x23; 15.05-10, con posición equilibrada [OAL].

G] 8.01-05, 22-19; 9.15x22, 30-26; 10.03-07, 26x19; 11.11-14, 18x11; 12.06x22, 27-18; 13.10-14, 18x11; 14.07x14, 31-27; 15.04-08 ... [ Se 15.02-06 perde co golpe 15. ... 23-20; 16.16x30, 29-26; 17.30x21, 25x02 GN. Este final coas cores revertidas aconteceu no 15º Campionato de Portugal do ano 1995 e foi gañado por Veríssimo Dias a Antonio Perú] 15. ... 25-21; 16.08-12, 29-25; 17.12-15, 21-18; 18.14x21, 25x18; 19.05-10, 27-22; 20.09-13, 18x09; 21.10-14, 17-13; 22.14-18, 23-19; 23.18x27, 19x12; 24.27-30, 12-07; 25.16-20, 24x15; 26.30-17, 15-12; 27.17x03 EMP.

H] Richard Pask en «Key Openings» segue con 8. ... 23-20; 9.16x23, 27x20; 10.10-14, 31-27; 11.14x21, 25x18; para empate.

I] Frouxa. Era moito mellor 9.15-20, 24x15; 10.11x20, 27-23; 11. 20x27, 30x23; 12.06-11, 29-26; 13.07-12, 31-28; 14.11-15, 28-24; 15.02-06, 18-14; 16.16-20 con final nivelado.

J] Perde. Había que seguir con 10.04-08.

K] En clásicas era preferible 10. ... 29-25 para gañar comodamente.

L] A posición está representada no diagrama. As brancas ameazan 12.09-13 seguido de 11-14 e gañan o xogo, pero en vista do que aconteceu era preferible xogar 11.04-08 que complica a vitoria pois tras 11. ... 17-13; 12.10x17, 19-14; 13.06-10, 14x07; 14.10-14, 18x11; 15.02-06, 11x02; 16.05-10, 02x20; 17.16x30, 07-04; 18.10-14, 04x18; 19.30-27, 24-20; 20.27x16, as negras parece que non teñen moita forma de progresar.

Ningún comentario: