sábado, 4 de xuño de 2011

Derek Oldbury

Derek E. Oldbury foi un gran mestre inglés de Devon coñecido no ambiente damista como “DEO”. Cando naceu no ano 1924 os médicos vaticináronlle soamente unhas poucas semanas de vida. Felizmente conseguiu saír adiante aínda que moi diminuído. Unha paraplexía conxénita obrigouno a utilizar cadeira de rodas no resto dos seus días. Ao estar incapacitado para actividades que requiren exercicio físico aproveitou o moito tempo libre de que dispoñía e a súa prodixiosa mente para practicar e estudar varios xogos intelectuais, decantándose finalmente polo noso das damas.


Derek E. Oldbury
[Foto do Sandford Herald]

O seu esforzo non foi baldío e así alcanzou o seu primeiro grande éxito no ano 1950 cando se adxudicou o prestixioso «Torneo Aberto Escocés». Despois seguiron outras fazañas conseguindo catro “Gelsthorp Cups”, trofeo que se concede ao gañador do «Torneo Inglés», e tamén noutras tres ocasións chegou a proclamarse Campión Británico na modalidade de "match". Inconformista incansable e sedento de novos trunfos, viaxou ao Estados Unidos en varias ocasións para participar no "Torneo Americano", un fortísimo campionato que gañou no ano 1977.

Ata en sete ocasións loitou polo Campionato Mundial de damas angloamericanas conseguindo tal galardón no ano 1977 na modalidade de apertura libre, e no 1991 na de sorteada a tres lances. Por problemas de saúde retirouse no ano 1993 e morreu un ano máis tarde en xuño do 1994.

Os seus atinados comentarios cheos de ironía e as súas sonoras gargalladas fixéronse famosas nas salas de análise dos torneos. Grazas aos seus tremendos coñecementos e a este fino sentido do humor tamén destacou na faceta literaria. Entre os seus libros destacan especialmente "Move Over" dedicado aos principiantes e os 6 volumes da «Encyclopedia of Draughts» que publicou no ano 1991.

Dos seus escritos sacamos elucidativas sentencias coma estas:

• É moi importante o coñecer os xogos teóricos estudados durante séculos. O xogador que basea todo no seu propio esforzo é comparable ao músico que toca de oído.
• Forzar os movementos do opoñente é un dos segredos para gañar en damas.
• Usa a túa cabeza tanto como as túas mans.
• Pensa que o opoñente sempre vai xogar a mellor.
• Quen é o mellor xogador demóstrao nos finais.
• Non teñas medo de mover os teus peóns da base, non hai razón para intentar xogar con 8 pezas se o teu opoñente está usando 12.
• Analiza por eliminación, primeiro bota unha ollada aos movementos absurdos e aos que teñen peor pinta. Se conceden vantaxe ao adversario poden ser rapidamente desestimados para concentrarse nos mellores dispoñibles.

E despois desta pequena reseña, agora imos ver una mostra do seu estilo no que non faltan os golpes tácticos e os movementos agresivos loitando sempre na procura da vitoria. Sen dúbida algunha era un damista espectacular e o seu xogo engaiolaba aos espectadores.


Sam Cohen vs. Derek Oldbury
Campionato Británico; Sheffield, 1950
Apertura «Oblicua Marxinal»

1.11-15 …

Esta forma de abrir o xogo é coñecida como a «Oblicua». Ao mover desde o flanco máis débil e en dirección lateral só está considerada como a quinta mellor saída en forza, unicamente superior a 1.09-13 ou a 1.12-16.

Para os seguidores das teorías máis xenuínas na planificación das aperturas ten o inconveniente de desfacer moi prematuramente o triángulo estratéxico formado polos seis peóns situados nas casas: «2», «3», «4», «6», «7» e «11».

Non chegou a ser tratada polos clásicos españois e o seu estudo pioneiro foi publicado en Escocia na 4ª edición do libro de Drummond [1866] que a denominou como «Apertura Denny», o mesmo nome que o da vila onde se formou como xogador.

1. … 21-17;

A resposta «Marxinal» que a teoría estima de prognóstico igualado, pois aínda que move para un lado, as brancas agora non dispoñen de ningunha xogada que lles permita adiantarse na loita polas casiñas centrais.

1. ... 23-20 (atacando o flanco debilitado) ou 1. ... 21-18 (movendo cara ao centro) conceden unha lixeira vantaxe ao segundo xogador. Mentres que 1. ... 23-19, aínda que boa, quizá non sexa tan forte xa que pode ser ben contestada con 2.10-14, 19x10; 3.05x14 e se agora 3. ... 28-23; [3. ... 21-18; 4.14x21, 25x18; 5.07-11,28-23; 6.01-05, traspón á liña máis común da "Partida Anderson" coas cores revertidas] 4.15-19, 22x15; 5.12x28, 32x23; 6.01-05, e as brancas non se senten incómodas.

2.06-11 ...

Este xogo foi disputado con apertura sorteada dos 3 primeiros lances. A «Enciclopedia Damista» considera que esta continuación é difícil de xogar para as brancas e aconsella como mellor 2.10-14 para traspoñer a unha aceptable liña da «Diagonal Marxinal» ou seguir con 2.07-11, 23-19; [2. ... 23-20 sería unha boa opción] 3.10-14, 19x10; 4.05x14, coas seguintes posibilidades para as negras:

• 4. ... 22-18; 5.14x21, 25x18; e as brancas quedan ben tras 6.01-05, 28-23; 7.05-10, 26-22; [o xogo traspuxo para unha variante “frouxa” da Anderson coas cores revertidas].

• 4. .... 25-21; 5.01-05, 22-18; 6.05-10, 28-23; 7.15-19, 23-20; con vantaxe branca. Nótese que non valía a resposta típica no xogo angloamericano: 7. ... 32-28; porque as brancas entran en dama con 8.10-13, 17x10; 9.06x22, 27x18; 10.11-15, 18x11; 11.12-16, 23x14; 12.02-06, 11x02; 13.04-07, 02x20; e 14.16x32.

• 4. ... 22-19; 5.14x23, 28x19; 6.15x22, 27x18; 7.01-05, 26-21; 8.12-16, 18-13; 9.09x18, 21x07; 10.04x11, 32-28; 11.08-12, 28-23; 12.12-15 con lixeira vantaxe branca [Vaz Vieira vs. Silva Pereira; 18º Campionato de Portugal disputado en Coimbra, 1988].

• 4. ... 28-23; 5.15-19, 22x15; 6.12x28, 32x23; 7.08-12, 25-21; 8.01-05, 27-22; 9.05-10 ... [Vaz Vieira vs. Cap. Santos Deodato; Torneo Conmemorativo da Federación Portuguesa disputado en Lisboa no ano 1981] 9. ... 22-19; 10.11-15, 30-27; 11.15x22, 27x11; 12.06x15, 23-19; con xogo equilibrado.

2. ... 23-19:

A mellor, ocupando a principal casa central.

3.12-16 ...

Naquel tempo estaba considerada como a mellor. Hoxe é unha xogada pouco habitual e son máis empregadas 3.11-14 ou 3.10-13.

a) 3.11-14, 25-21; 4.14x23, 27x11; 5.07x14, 24-20; 6.14-19, 22x15; 7.12x19, 28-23; 8.19x28, 32x23; 9.10-14, 26-22; con vantaxe negra [Cap. Santos Deodato vs. Vaz Vieira; Torneo Conmemorativo da Federación Portuguesa disputado en Lisboa no ano 1981].

b) 3.10-13, 17x10; 4.05x23, 28x19; 5.01-05, 25-21; 6.05-10, 21-18; 7.12-16, 19x12; 8.08x15, 32-28; 9.02-06, 28-23. Agora debe seguir 10.15-20 con lixeira vantaxe negra, pero se 10.04-08 [común no xogo angloamericano] contéstase, non con 10. ... 23-19, senón con 10. ... 23-20; 11.16x23, 27x20 e as brancas non poden defenderse. Se por exemplo seguen con 12.10-14, 29-25; 13.14x21, 25x18; 14.15-19, 22x15; 15.07-12, 31-27; 16.12x19, 18-13; 17.09x18, 26-22; 18.19x26, 30x27; 19.03x12, 20-16; 20.12-15, 16-12 GN.

3. ... 19x12; 4.08x15, 25-21; 5.02-06 ...

Unha xogada típica en varias liñas desta apertura con idea de apoiar unha futura ruptura con 15-20.

a) Se 5.10-14, 22-19; 6.15x22, 26x10; 7.05x14, 24-20; 8.16x23, 28x10; 9.02-05, 10-06; 10.03x10, 27-22; 11.10-14, 30-27; 12.05-10, 27-23; [como no libro "Key Openings" de R. Pask] 13.11-15, 32-28; 14.01-05 ... [Se 14.07-10, 28-24 as negras teñen vantaxe] 14. ... 31-27; 15.14-19, 23x14; 16.10x26, 29x22; 17.05-10, con xogo igualado.

b) Se 5.07-12 ... [Perdedora no xogo angloamericano] 5. ... 28-23; 6.10-14, 22-18; 7.15-19, 23-20; [Interesante é 7. ... 27-22]  8.16x23, 27x20; 9.12-15, 31-27; [10.04-07, 27-22 con vantaxe negra. "Key Openings"] 10.05-10, 27-22; 11.02-06, 32-28*; 12.10-13, 21-17; para empate.

5. . .. 28-23;


POSICIÓN DESPOIS DE 5. ... 28-23

6.04-08 ...

Sam esperaba por 6. ... 23-19 para cortar con 7.15-20 e conseguir así unha posición satisfactoria. Pero a verdade é que a xogada compromete enormemente o xogo. Mellor sería seguir con 6.10-14, 22-18; 7.06-10, 31-28; 8.15-19!, 29-25; [8. ... 27-22; 9.11-15, 18x11; 10.07x14, 22-18; 11.03-07, 18x11; 12.07x14, 23-20; 13.16x23, 26-22; 14.19x26, 28x12; 15.04-08, 29-22; 16.08x15, 22-18; 17.14-19, 18-14; 18.19-22, 14-11; con final igualado] 9.04-08, 17-13; 10.10x17, 23-20; 11.16x23, 27x20; 12.07-12, 20-15; 13.11x20, 24x15; 14.19-22 con posición equilibrada.

6. ... 23-20;

Comezando unha "manobra de pinzas". Pero como DEO comentou posteriormente, é moito máis forte 6. ... 21-18; ameazado 17-13 seguido de 18-14 e o tiro con 23-20. Nunhas notas escritas a lapis di que é gañadora para as negras. En clásicas moi probablemente as negras poidan salvarse pero é terriblemente complicado. Quizás esta sexa a solución:  7.15-20, 24x15; 8.11x20, 32-28; 9.09x18, 22x13; 10.05-09, 26-22; 11.09x18, 22x13; 12.20-24 [12.06-11, 13x06; 13.03x10, 27-22; 14.20x27, 30x23; 15.01-05, 22-18; 16.05-09, 23-19; 17.07-12, 17-13; 18.10x17, 19-14; 19.11-15, 14-10; 20.15-19, 10-06; 21.19-22, 06-03; 22.17-21, 03-07; 23.22-26, 29x22; 24.25-29, 31-27 GN.] 13-09; 13.10-13, 17x10; 14.06x13, 27-22; 15.07-11, 29-26; 16.11-15, 26-21; 17.13-17, 22-18; 18.17x26, 30x21; 19.15-20, 18-14; 20.20x27, 31x22; 21.16-20, 14-10; 22.20-23, 09-05; 23.03-06, 10x13; 24.01x10, 03x13; 25.23-27, EMP.

7.16x23, 27x20; 8.10-14, 22-18;

Completando a manobra. As "pinzas" xa están formadas.

9.08-12 ...

Con intención de forzar a mover a portentosa peza de «20». Se agora 9. ... 26-22; 10.05-10 e as negras non teñen ningunha mellor que 10. ... 20-16. Con todo, en lugar da do texto, era preferible 9.05-10, 26-22; 10.07-12, 29-25; [Se 10. ... 20-16; 11.14-19 con gran superioridade das brancas] 11.12-16 que iguala facilmente.

9. ... 32-28;

Na sala escoitouse un murmurio. Os espectadores pensaron que con esta xogada Derek sobrevaloraba a súa posición e acababa de estragar o xogo.

10.12-16, 28-23; 11.14-19 ...

Aínda que Derek viña de gañar O "Scottish Open Tourney" [o seu primeiro torneo importante], no momento no que se xogou este encontro o favorito era Cohen -un xastre londiniense- que anos atrás xa tiña gañado en seis ocasións o Torneo Inglés e posuía tres entorchados de Campión Britanico.

Sam semellaba contento e os miróns asentían coa cabeza. Pero en vista do que vai pasar era mellor:

a) Ou ben 11.05-10, 26-22; 12.07-12, 31-27; 13.01-05, 29-25; 14.01-05, 18-13; 15.09x18, 22x13; 16.14-18, 21x14; 17.18x28, 13-09; 18.16x23, 09x02; 19.12-16, 27x20; 20.16x23, 17-13; 21.28-32, 13-10 e 24-20 seguido de 09-02 para empate.

b) Ou incluso 11.07-12, 31-27; 12.15-19, 20-15; 13.19x28, 15x08 con xogo igualado.

11. ... 23x14; 12.16x23 ...

O peón «23» ameaza con ir a dama e as brancas semellan ter o xogo gañado. Mais é agora cando salta a sorpresa. [Ver diagrama].


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

12. ... 18-13!!;

Pimba, pimba!

Impresionante desenlace. DEO dubidaba se estaba esperto, en infinidade de ocasións soñou con movementos coma este.

13.09x25, 31-27; 14.11x18, 27x04; e as negras gañaron o final [0-1].

Ningún comentario: