xoves, 22 de decembro de 2011

Base de datos [16]

Delfim Alves vs. Manuel Madureira
X Campionato de Portugal [rápidas]
Sao Joao da Madeira, 2011
4º xogo da 1ª Sesión


POSICIÓN DESPOIS DE 12.03-07


1.12-15, 23-19 [A]; 2.08-12, 21-18 [B]; 3.10-14 [C], 19x10; 4.05x21, 25x18; 5.01-05 [D], 28-23; 6.05-10, 23-19 [E]; 7.10-13 [F], 27-23 [G]; 8.06-10, 23-20; 9.11-14, 18x11; 10.07x23, 20x11; 11.12-16 [H], 22-19; 12.03-07 [I], 19-14 [J]; 13.10x19, 31-28; 14.07x14, 26-22; 15.19x26, 28x10; 16.13-17, 30x21; 17.17x26, 29x22; 18.09-13, 22-19; 19.13-18, 19-15; 20.18-22, 15-11; 21.22-26, 10-06; 22.26-29, 06-03; [EMPATE].


A] Apertura «Paralela Ortodoxa» de prognóstico igualado.

B] Este lance dá orixe á que o Dr. OAL titulou como «Variante Moderna».

C] A mellor. Cando as negras teñen xogado o habitual 2. … 28-23; agora adoitase seguir con 3.10-13. A idea da «Variante Moderna» é replicar ao 3.10-13 con 3. … 27-23 que deixa ás negras cunha posición moi sólida.

D] Outra posibilidade era 5.06-10 que comunmente é respondida; ben coa recomendación de Teschleit 5. ... 28-23, ou ben coa «Defensa de Robertson» caracterizada pola troca «2x2» que se produce tras 5. ... 18-14; 6.10x19, 24-20; e 7.15x24, 22x08.
E] Unha posición moi coñecida que tamén se pode alcanzar na «Variante de Drummond»: 1.12-15, 23-19; 2.08-10, 21-17 e agora 3.10-13, 17x10; 4.05x23, 28x19; 5.01-05, 25.21; 6.05-10, 21-18.

F] A liña antiga 7.10-14 permite ás negras quedar nunha mellor posición, pero era interesante a continuación con 7.11-14.

G] Os teóricos recomendan 7. ... 32-28.

H] No 5º xogo do match de desempate do 26º Campionato de Portugal (2006), Víctor Oliveira xogou 11.03-07 contra Vítor Cunha e tras 11. ... 31-27; 12.07x14, 27x20; 13.12-16, 20-15; 14.16-20? ... [O correcto era 14.02-06] as negras non viron que con 14. ... 22-19; 15.14x23, 15-11 quedaban nunha posición moi superior, desaproveitando así unha gran ocasión que lles puido valer para gañar o título.

I] Ver o diagrama.

J] Ben xogado. Se 12. ... 11-06; 13.02x11, 19-15; 14.11x20, 24x15; 15.16-20, 31-28; 16.13-18, 28x19 con vantaxe branca tal como nun xogo John Alexander vs. Herbert Morrall do 11º Torneo Inglés de 1909.  


Ningún comentario: